PROXECTO LECTOR DE CENTRO 2019-20

Page 1

PROXECTO LECTOR DE CENTROEN

CEIP MALLÓN Curso 2019-20


Proxecto Lector - CEIP Mallón

ÍNDICE 1. CONTEXTUALIZACIÓN E XUSTIFICACIÓN…3 2. OBXECTIVOS…………………………………….4 3. METODOLOXÍA…………………………………..6 4. RECURSOS……………………………………….8 5. ACTIVIDADES…………………………………...13 6. AVALIACIÓN E DOCUMENTACIÓN………….22 7. BIBLIOGRAFÍA E DOCUMENTACIÓN……….24

1.

CONTEXTUALIZACIÓN E XUSTIFICACIÓN 2


Proxecto Lector - CEIP Mallón

O CEIP Mallón está situado na parroquia de Mallón, a 2km do centro de Nigrán e a 1’5km do centro da Ramallosa, contando cun alumnado que provén tanto de medios rurais como urbanos. Para a biblioteca contamos cun espazo de aproximadamente 50 metros cadrados, no que teñen cabida tanto nen@s de Infantil como de Primaria. A biblioteca converteuse nos últimos anos no principal eixo dinamizador do centro, xa que na actualidade unha importante parte das actividades que se desenvolven no colexio parten dende a biblioteca. O Equipo de biblioteca propón diversas actividades e iniciativas ao longo de todo o curso, xa sexa para conmemorar diferentes celebracións como: Magosto, Samaín, Nadal, Día das Letras Galegas, Día do libro, etc., como para realizar actividades encamiñadas ao fomento da lectura, mellora da expresión escrita, educación documental, tratamento da información, etc. Dende a biblioteca tamén se leva a cabo un Proxecto Documental Integrado cada ano, no que se traballa unha temática concreta cada curso. Xeralmente e, na medida do posible, algunhas celebracións como o Nadal ou o Entroido seguen a temática do proxecto que se leva a cabo dende a biblioteca.

3


Proxecto Lector - CEIP Mallón

Dende o curso 2011-12 está a funcionar o blog da biblioteca bibliodemallon.blogspot.com, que recolle todo o que acontece entorno á biblioteca e ás actividades que parten dela.

2. OBXECTIVOS O fin último que se pretende acadar coa consecución dos obxectivos recollidos neste proxecto lector é o de formar ao alumnado cara a consecución da competencia lectora no seu sentido máis amplo. Entendemos a competencia lectora como o conxunto de habilidades que consisten en: - Comprender e empregar textos escritos. - Reflexionar a partir de ditos textos. - Amosar interese pola lingua escrita. A consecución desta competencia permitiralle ao alumnado: - Desenvolver o coñecemento e o potencial persoal. - Participar activamente na sociedade.

4


Proxecto Lector - CEIP Mallón

Para acadar ditas habilidades servirémonos dos obxectivos que expoñemos a continuación: - Desenvolver a competencia lectora. - Fomentar o hábito da lectura. - Formar

ao

alumnado

cara

unha

visión

crítica

da

sociedade. - Facilitar a adquisición das competencias básicas. - Espertar no alumando o pracer pola lectura. - Converter a biblioteca no centro cultural e dinamizador do colexio.

5


Proxecto Lector - CEIP Mallón

3. METODOLOXÍA A metodoloxía propia deste proxecto lector segue a liña metodolóxica do centro, respectando dous aspectos que para nós son fundamentais á hora de educar ao noso alumnado: - A flexibilidade das actividades propostas, adaptándose en todo momento ás necesidades dos alumnos e das súas familias, así como nas posibilidades que pode ofrecer o propio centro e a contorna próxima. - O compromiso do equipo directivo do centro e de gran parte do profesorado en intentar mellorar día a día o noso colexio, así como facer chegar os aspectos culturais que se propoñen dende o centro e dende a biblioteca a toda a comunidade educativa, sen que os factores económicos sexan un impedimento para a realización das diferentes actividades. Outros aspectos metodolóxicos do proxecto lector que cabe destacar son os seguintes: 6


Proxecto Lector - CEIP Mallón

- Facer partícipes aos alumnos, familias e mestres deste proxecto. - Facilitar o achegamento e participación das familias en diferentes

actividades,

dado

o

tremendo

grao

de

motivación para os nenos que levan consigo este tipo de iniciativas. - Empregar os diferentes recursos TIC dispoñibles no centro (encerados dixitais, ordenadores, etc.) para o fomento da lectura e a busca e tratamento da información. - Espertar o interese pola lectura e a produción de textos a través de actividades como: o empréstito semanal de libros en todos os cursos, elaboración de producións propias sobre diferentes temáticas, elaboración de pequenos traballos escritos sobre temas diversos, hora de ler, preparación de pequenas adaptacións teatrais sobre contos da biblioteca, contacontos, etc.

7


Proxecto Lector - CEIP Mallón

- Fomentar o traballo cooperativo a través do Proxecto Documental Integrado. - Potenciar o uso da biblioteca escolar e da biblioteca de aula, entendendo estes espazos como unha fonte de recursos onde buscar todo tipo de información.

4. RECURSOS Unha axeitada organización do ambiente, incluíndo espazos, recursos e distribución do tempo, é fundamental para a consecución dos fins educativos. Presentamos aquí unha estimación xenérica e flexible dos recursos que prevemos necesarios pero que poden ser ampliados ou reducidos en función dos criterios de calidade, funcionalidade e necesidades propias de cada momento. Estes recursos son entendidos como os medios que nos facilitarán o achegamento ao noso fin último: formar lectores competentes. De forma xeral destacamos: 8


Proxecto Lector - CEIP Mallón

• Recursos humanos: Os

recursos

persoais

posúen

un

valor

fundamental

no

desenvolvemento do proceso de ensino/aprendizaxe. Partimos da idea de que os propios alumn@s, o profesor, compañeir@s, familia, así como outros membros da comunidade educativa, son mediadores da cultura. A propia comunidade educativa: os mestres, os alumnos, familias... todos eles de forma persoal aportan as súas experiencias e vivencias acerca do proxecto; sendo un recurso fundamental á hora de motivar ao alumnado. O equipo de apoio á biblioteca escolar: debido á gran relación existente entre o Proxecto Lector de Centro e a Biblioteca, é fundamental que o coordinador e os membros do quipo de biblioteca faciliten e aporten os recursos necesarios para a consecución dos nosos obxectivos. O Claustro de mestres: todos eles de forma conxunta e coordinada son a ferramenta clave para facer realidade a posta en práctica do Proxecto Lector do Centro, así mesmo incluirán 9


Proxecto Lector - CEIP Mallón

nas súas programacións as actividades previstas segundo a temporalización que nel se acorde, determinando a dedicación diaria para a inclusión de prácticas de comprensión e fomento da lectura e da escritura. O Departamento de Orientación e a Comisión de Coordinación Pedagóxica: as súas indicacións axudarán a adaptar ó proxecto ás características

específicas

dos

alumnos

con

necesidades

educativas especiais, así como ao resto do alumnado, paliando na medida do posible as diferenzas persoais, así como na orientación ás familias e ao entorno máis próximo do neno. O Equipo Directivo: son quen de facilitar a tarefa e os medios que se precisen a nivel organizativo e material. Entidades culturais do entorno: a biblioteca do concello e da contorna,

as

bibliotecas

familiares

ou

calquera

outra

infraestrutura cultural que poidan aportar coñecemento e contidos para o proxecto.

10


Proxecto Lector - CEIP Mallón

Recursos materiais: Todo o material funxible que existe no centro ou no entorno

pode ser, nun momento puntual ou de forma permanente, empregado para esta fin. A biblioteca escolar é un eixo dinamizador fundamental xa que aporta un gran número de recursos en diferentes soportes que servirán de apoio e medio para o proxecto. Sen a existencia da mesma non sería posible a posta en marcha do proxecto lector. Os materiais axéitanse ás características e necesidades específicas do contexto educativo e, consecuentemente, ás características permiten

individuais

distintos

graos

do de

alumnado. uso,

Estes

materiais

ofrecendo

múltiples

posibilidades de utilización en función das necesidades de cada situación e momento. Os recursos materiais seleccionados son de natureza moi variada, flexibles e adecuados ás necesidades de cada momento. En todo caso, temos presente unha serie de criterios na súa 11


Proxecto Lector - CEIP Mallón

selección: 

Deben adecuarse ás necesidades dos nenos, e

aos proxectos de traballo. 

Responder

ás

necesidades

de

seguridade,

manipulación e limpeza. 

Incitar á observación e a exploración.

Permitir

a

multifuncionalidade,

así

como

posibilitar a acción individual e de grupo. 

Diversa

tipoloxía:

audiovisual,

impreso,

manipulativo, relacionados coas tecnoloxías da información e comunicación, etc.

Recursos espaciais: A organización dos espazos parte da necesidade de crear ambientes agradables e funcionais cos que os alumnos poidan identificarse e desenvolverse: espazos para actividades que requiran concentración e espazos amplos que faciliten o movemento. 12


Proxecto Lector - CEIP Mallón

5. ACTIVIDADES As propostas de actividades serán flexibles e abertas. Ditas actividades terán ás veces un carácter permanente e outras puntual dependendo de diferentes criterios como: o resultado, a participación, os contidos a traballar, etc. Así mesmo as propostas levaranse a cabo en diferentes espazos en función das características da actividade. Todos estes criterios serán definidos no momento inicial da actividade e serán debatidos e comunicados nas reunións do claustro e do Equipo de biblioteca, así como no Plan Anual de Lectura. Propostas de actividades: •

Contacontos. A través dos contos achegamos aos nosos alumnos e

alumnas

diferentes

valores,

sentimentos,

experiencias

e

contidos. Por iso atopamos neles un recurso excepcional para traballar dunha forma integral todos estes aspectos e transmitir aos nosos rapaces o gusto pola lectura. 13


Proxecto Lector - CEIP Mallón

Os Contacontos que se farán ao longo do curso levaranse a cabo aproveitando diferentes temáticas, o PDI que esteamos realizando ou acontecementos que poidan xurdir e participará neles toda a comunidade educativa. As persoas que realizarán esta actividade poderán variar, así pois teremos: contacontos realizados por profesionais, polos mestres, polas familias ou mesmo polo propio alumnado (de 4º a 6º prepararán contos para contarllos a Infantil e 1º e 2º). - Hora de ler. Actualmente ten unha duración de 30 minutos diarios e realízase despois do recreo. Nesta iniciativa participamos todos os mestres, tanto titores como especialistas, adecuando a lectura á especialidade que se estea a traballar. A metodoloxía será dinámica, quedando suxeita ás decisións dos mestres que lle toca realizala. Haberá desde lecturas libres a lecturas escollidas polos mestres,

desde

lecturas

silenciosas

e

individuais

ata 14


Proxecto Lector - CEIP Mallón

contacontos por parte de nais e pais, mestres e alumnado. - Festival do Samaín: Neste festival os alumn@s poñerán en escena para o resto do colexio os materiais e actividades preparadas nas primeiras semanas do curso, tales como: pezas teatrais, presentación de libros de rimas, cancións, bailes, etc. Ademais realizarase a tradicional exposición de calacús. - Semana do libro. Na semana do vinte e tres de abril (podendo ser a anterior ou posterior) celebramos a semana do libro, na que teñen lugar diferentes actividades como poden ser: o festival do día do libro (na que o alumnado presenta os materiais elaborados na hora semanal

de

biblioteca),

posta

en

común

dos

materiais

relacionados co PDI, contacontos, lecturas compartidas, etc. - Letras Galegas: No festival do Día das Letras galegas, que organiza o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, a biblioteca tamén está presente, xa que os alumn@s dos diferentes cursos presentan os 15


Proxecto Lector - CEIP Mallón

materiais elaborados nas últimas semanas na hora de biblioteca. Cada ano prepáranse materiais diversos na biblioteca sobre a persoa á que se lle dedica este día; rimas, contos, caligramas, acrósticos, carteis, biografías, etc. •

Revista escolar. A nosa revista escolar,

que conta con moitos anos de

antigüidade, non se cansa de contarnos, ano tras ano, as vivencias,

experiencias,

encontros,

festexos

e

momentos

relevantes dos nosos alumnos e alumnas ao longo de cada curso.

PDI O PDI é un traballo de investigación no que o alumno

participa activamente na busca de información sobre a temática escollida, é un formato no que se fomenta a autoaprendizaxe e a aprendizaxe significativa, partindo sempre das súas inquedanzas e intereses. A

temática elixida divídese noutras

temáticas máis

específicas que se traballarán por ciclos ou niveis e a súa 16


Proxecto Lector - CEIP Mallón

finalidade será intercambiar e compartir a información obtida cos demais compañeiros, podendo así ampliar os contidos traballados.  Blogue da biblioteca: bibliodemallon.blogspot.com O blogue da biblioteca nace en Novembro de 2011 coa finalidade de achegar ás familias, ao alumnado e ao profesorado a todo o que acontece neste espazo. Outro fin fundamental que busca conseguir dito blogue, é o de motivar ao alumnado de cara a súa participación en todas as actividades que se propoñen dende a biblioteca, así como para fomentar a lectura e animalos a escribir e realizar as súas propias

creacións,

xa

sexan

contos,

pequenos

relatos,

comentarios, etc. Tamén teñen a opción de acceder ao catálogo da nosa biblioteca en MEIGA, onde poderán buscar os fondos que temos dispoñibles. Para finalizar, cabe dicir que este blogue nace como unha ferramenta máis para intentar transformar a biblioteca no centro de dinamización de todo o colexio.

17


Proxecto Lector - CEIP Mallón

 Obradoiros de estimulación da linguaxe en Educación Infantil: O obxectivo destes obradoiros que se imparten nos tres cursos de Ed. Infantil (1 hora semanal), é estimular a linguaxe a través da adquisición de vocabulario, buscar a pronunciación correcta dos fonemas, mellorar as súas habilidades expresivas o coidado da voz e o inicio cara a adquisición do gusto pola lectura. Para isto realizaranse actividades baseadas en xogos como: bingo de palabras, inventar e contar historias, xogos de soplo, lectura e representación de contos, obras con títeres, etc.

 Obradoiro de lectura en 1º de Primaria: O obxectivo deste obradoiro é que os nen@s adquiran gusto pola lectura e a adquiran correctamente. Para isto leremos contos entre toda a clase, representarémolos, faremos preguntas, imaxinaremos outros comezos e finais, etc.

 As familias tamén contan: Na hora semanal de biblioteca darase a posibilidade de contar coa presenza de familiares que acoden a realizar diferentes actividades

como:

contar

un

conto,

realizar

diferentes

obradoiros, falar das profesións, etc.  A Brigada de apoio á biblioteca biblioteca “Gloria Fuertes”: O alumnado de 5º e 6º de Primaria forma parte de maneira 18


Proxecto Lector - CEIP Mallón

voluntaria da Brigada de apoio á biblioteca. Os nen@s que así o desexan colaboran en manter a biblioteca ordenada nos recreos e asesoran aos compañeiros máis pequenos. Os membros da Brigada de biblioteca acoden en diferentes grupos de 4 ou 5 unha vez cada 15 días. Tamén reciben formación por parte dos integrantes do Equipo de biblioteca.  O recuncho para as familias: Neste recuncho, as familias teñen a súa disposición diferentes libros seleccionados polo Equipo de biblioteca para axudalos na tarefa de educar aos seus fillos. Tamén contarán con libros relacionados co proxecto que se traballará dende a biblioteca, así como dos materiais que elaboran os cativ@s. As familias poden consultar os exemplares mentres agardan no recibidor, pero tamén os poden levar para casa anotándoos nas follas de préstamo existentes neste espazo.

6. AVALIACIÓN A

avaliación é un elemento

curricular fundamental e

inseparable da práctica educativa que ten como fin recoller permanentemente, diversa información para axustar os procesos

19


Proxecto Lector - CEIP Mallón

de ensino e aprendizaxe e contribuír a mellorar a calidade do ensino. O proceso de avaliación será sempre flexible, global e continuo. Realizarase en diferentes momentos do proxecto lector; un contacto inicial para estudar a realidade concreta do o centro, en diferentes momentos ao longo do curso (polo menos unha vez por trimestre) e ao finalizar o curso para valorar o traballo feito e os aspectos de mellora cara ao vindeiro curso. Entre os aspectos susceptibles de avaliación contaranse os seguintes: • O deseño do proxecto. • A intervención e efectividade dos recursos. • O clima de traballo. • A metodoloxía proposta • A efectividade e organización das actividades. • Grao de consecución dos obxectivos planificados e o nivel de coñecementos adquiridos. • A organización dos espazos, tempos e materiais, o clima 20


Proxecto Lector - CEIP Mallón

escolar e a interacción entre o alumnado e a relación entre profesorado e alumnado. • A adecuación do proxecto na contribución á adquisición das competencias básicas. • A coordinación entre o equipo de biblioteca e o resto do claustro. • A produción e calidade do traballo xerado. • As posibilidades de modificación e mellora do proxecto. Os medios para a medición son: •

Enquisas

aos

membros

da

comunidade

educativa

adaptándoas as diferentes características dos membros •

O debate e a conversa xurdida espontaneamente ou de

maneira guiada en diferentes contextos. •

A través da observación directa e sistemática. Debemos complementar a avaliación cunha completa recollida

de información a través da utilización de diferentes técnicas, entre

os

que

destacamos:

Parécenos

tamén

fundamental

introducir procesos de autoavaliación a través de reflexións 21


Proxecto Lector - CEIP Mallón

sinxelas.

7. BIBLIOGRAFÍA E DOCUMENTACIÓN

- COLOMER, TERESA (2006), Andar entre libros: la lectura literal en la escuela. México: FCE. - SOLÉ, Isabel (2001) Estrategias de lectura. Barcelona. Graó - MUÑOZ, Rafael (1998) Animar a escribir para animar a leer. Revista Educación y Biblioteca. - Mata, Juan (2008) Diez ideas claras: hacer de la lectura una práctica feliz, trascendente y deseable. Barcelona. Graó. - Marina, J.A. Y Valgoma, María de la (2005) La magia de leer. Barcelona. Plaza y Janés. - http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/ - http://rayuela.org - http://pntic.es 22


Proxecto Lector - CEIP Mallón

- http://ediga.net - http://cnice.mec.es - Lei Orgánica 2/2006 do 3 de maio, de Educación. (LOE). - Lei Orgánica 8/2013 do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa. (LOMCE). - Asesoría de Bibliotecas Escolares.

Proxecto Lector de Centro aprobado en Claustro e Consello Escolar do día 5 de Novembro de 2019.

23


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.