Selección de Textos. Rosalía de Castro.

Page 1

LITERATURA DO SÉCULO XIX ROSALÍA DE CASTRO SELECCIÓN DE TEXTOS

SELECCIÓN DE TEXTOS

Sofia Rama


LITERATURA DO SÉCULO XIX ROSALÍA DE CASTRO SELECCIÓN DE TEXTOS

TEXTO I, VAGUEDÁS , FOLLAS NOVAS, 1880

(texto 1)

Daquelas que cantan as pombas i as frores, Todos din que teñen alma de muller; Pois eu que n’as canto, Virxe da Paloma, Ai! De que a terei?

CASTELLANOS DE CASTILLA… CANTARES GALLEGOS (1863/1872) Castellanos de Castilla, Tratade ben ôs gallegos: Cando van, van como rosas, Cando vên, vên como negros. Cando foi, iba sorrindo, cando veu, viña morrendo A luciña d'os meus ollos, o amantiño do meu peito. Aquel, mais que neve branco, aquel de doçuras cheyo, aquel por quen eu vivía E sin quen vivir non quero. Foi a Castilla por pan, E saramagos lle deron; Déronlle fel por bebida, Peniñas por alimento. Déronlle, en fin, canto amargo Tén á vida no seu seo... ¡Castellanos, castellanos! Tendes corazón de ferro. ¡Ay! no meu corazonciño Xa non pode haber contento, qu'está de dolor ferido, qu'está de loito cuberto. Morreu aquel qu'eu quería, e para min n'hai consuelo: Sólo hai para min,Castilla, A mala ley que che teño.

Sofia Rama

(texto 2)


LITERATURA DO SÉCULO XIX ROSALÍA DE CASTRO SELECCIÓN DE TEXTOS

Permita Dios, castellanos, Castellanos que aborreço, qu'antes os gallegos morran qu'ir a pedirvos sustento. Pois tan mal corazón tendes, secos fillos do deserto, que si amargo pan vos ganan Dádesllo envolto en veneno. Aló van, mal pocadiños, todos d'esperanzas cheyos, E volven ¡ay! sin ventura, con un caudal de despreços. Van pobres, e tornan pobres, van sans, e tornan enfermos, qu'anqu'eles son como rosas, tratádelos coma negros. ¡Castellanos de Castilla, tendes corazón d'aceiro, alma como as penas dura, e sin entrañas o peito! En trós de palla sentados, sin fundamentos, soberbos, pensás qu'os nosos filliños para servirvos naceron E nunca tan torpe idea, tan criminal pensamento coupo en máis fátuas cabezas ni en máis fátuos sentimentos. Que Castilla e castellanos todos nun montón, a eito, non valen o que un-ha herbiña d'estes nosos campos frescos. Sólo peçoñosas charcas detidas no ardente suelo Tés, Castilla, que humedezan esos teos labios sedentos. Que o mar deixoute olvidada e lonxe de ti correron

Sofia Rama


LITERATURA DO SÉCULO XIX ROSALÍA DE CASTRO SELECCIÓN DE TEXTOS

as brandas auguas que traen de prantas cen semilleiros Nin arbes que che den sombra, nin sombra que preste alento... llanura e sempre llanura, deserto e sempre deserto.... Esto che tocou, coitada, por herencia no universo, ¡Miserable fanfarrona!.... triste herencia foi por certo. En verdad non hay, Castilla, nada como ti tan feyo, qu'ainda mellor que Castilla valera decir inferno. ¿por qué aló foches, meu ben? Nunca tal houberas feito, trocar campiños frolidos por tristes campos sin rego. Trocar tan craras fontiñas, ríos tan murmuradeiros por seco polvo, que nunca mollan as bágoas do ceo. Mas ¡ay! d'onde a min te foches sin dor do meu sentimento, y aló á vida che quitaron, aló a mortiña che deron. Morreches, meu quiridiño, e para min n'hay consuelo, que ond'antes te vía, agora xa sólo un-ha tomba vexo. Triste com' á mesma noite, farto de dolor o peito, pídolle á Dios que me mate, porque xa vivir non quero. Mais en tanto no me mata, Castellanos qu' aborreço Hei, para vergonza vosa, héivos de cantar gemendo:

Sofia Rama


LITERATURA DO SÉCULO XIX ROSALÍA DE CASTRO SELECCIÓN DE TEXTOS

¡Castellanos de Castilla, tratade ben ôs gallegos: Cando van, van como rosas, cando vên, vên como negros!

A XUSTIZA POLA MAN, FOLLAS NOVAS Aqués que tén fama d' honrados na vila roubáronme tanta brancura qu' eu tiña; botáronme estrume nas galas dun día, a roupa de cote puñéronma en tiras. Nin pedra deixaron en dond' eu vivira; sin lar, sin abrigo, morei nas curtiñas; ó raso cas lebres dormín nas campías; meus fillos... ¡meus anxos!... que tant' eu quería, ¡morreron, morreron ca fame que tiñan! Quedei deshonrada, mucháronm' a vida, fixéronm' un leito de toxos e silvas; i en tanto, os raposos de sangre maldita, tranquilos nun leito de rosas dormían. ―Salvádeme ¡ouh, xueces!, berrei... ¡Tolería! De min se mofaron, vendeum' a xusticia. ―Bon Dios, axudaime, berrei, berrei inda... tan alto qu' estaba, bon Dios non m' oíra. Estonces, cal loba doente ou ferida, dun salto con rabia pillei a fouciña, rondei paseniño... (ne' as herbas sentían) i a lúa escondíase, i a fera dormía cos seus compañeiros en cama mullida. Mireinos con calma, i as mans estendidas, dun golpe ¡dun soio! deixeinos sin vida. I ó lado, contenta, senteime das vítimas, tranquila, esperando pola alba do día. I estonces... estonces cumpreuse a xusticia: eu, neles; i as leises, na man qu' os ferira.

Sofia Rama

(texto 3)


LITERATURA DO SÉCULO XIX ROSALÍA DE CASTRO SELECCIÓN DE TEXTOS

CANTARES GALLEGOS

(texto 4)

Probe Galicia, non debes Chamarte nunca española. Qu' España de ti s' olvida Cando eres ay! tan hermosa. Cal si na infamia naceras Torpe, de ti s' avergonza, Y á nay qu' un fillo despreça Nay sin coraçon se noma. Naide por que te levantes Ch' aIarga á man bondadosa. Naide os teus prantos enxuga, Y homilde choras e choras. Galicia, ti non tés patria, Ti vives no mundo soya, Y á prole fecunda tua S' espalla en errantes hordas, Mentras trist' e solitaria Tendida na verde alfombra O mar esperanzas pides De Dios á esperanza imploras. Por eso anqu' en son de festa Alegre á gaitiña s' oya Eu podo decirche Non canta que chora.

NEGRA SOMBRA, FOLLAS NOVAS Cando penso que te fuches, negra sombra que m' asombras, ó pé dos meus cabezales tornas facéndome mofa. Cando maxino qu' es ida, no mesmo sol te m' amostras, i eres a estrela que brila, i eres o vento que zoa. Si cantan, es ti que cantas; si choran, es ti que choras; i es o marmurio do río, i es a noite i es a aurora. En todo estás e ti es todo pra min i en min mesma moras, nin m' abandonarás nunca, sombra que sempre m' asombras.

Sofia Rama

(texto 5)


LITERATURA DO SÉCULO XIX ROSALÍA DE CASTRO SELECCIÓN DE TEXTOS

UNHA VEZ TIVEN UN CRAVO… FOLLAS NOVAS

(texto 6)

Unha vez tiven un cravo cravado no corazón, i eu non me acordo xa se era aquel cravo de ouro, de ferro ou de amor. Soio sei que me fixo un mal tan fondo, que tanto me atormentou, que eu día e noite sin cesar choraba cal chorou Madanela na pasión. “Señor, que todo o podedes -pedínlle unha vez a Diosdaime valor para arrincar dun golpe cravo de tal condición”. E doumo Dios, arrinqueino, mais…¿quen pensara…? Despois xa non sentin máis tormentos nin soupen que era delor; soupen só que non sei que me faltaba en donde o cravo faltou, e seica, seica tiven soidades daquela pena…¡Bon Dios! Este barro mortal que envolve o esprito ¡quen o entenderá, Señor…!

Prólogo de CANTARES GALLEGOS, ROSALÍA DE CASTRO - 1863

(texto 6)

Por esto, inda achándome debil de forzas, e n´habendo deprendido en máis escola que a dos nosos probes aldeáns, guiada solo por aqueles cantares, aquelas palabras cariñosas e aqueles xiros nunca olvidados que tan docemente resoaron nos meus oídos desde a cuna, e que foran recolldos polo meu corazón como harencia propia, atrevinme a escribir estos cantares (...) Sin gramáticas nin regras de ningunha clas, o lector topará moitas veces faltas de ortografía, xiros que disoarán os oídos dun purista, pro ó menos, e pra disculpar en algo estes defectos, puxen o maior coidado en reprodusir o verdadeiro esprito do noso pobo.

Sofia Rama


LITERATURA DO SÉCULO XIX ROSALÍA DE CASTRO SELECCIÓN DE TEXTOS

ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES… CANTARES GALLEGOS Adiós, ríos; adiós, fontes; adiós, regatos pequenos; adiós, vista dos meus ollos: non sei cando nos veremos. --Miña terra, miña terra, terra donde me eu criei, hortiña que quero tanto, figueiriñas que prantei, --prados, ríos, arboredas, pinares que move o vento, paxariños piadores, casiña do meu contento, --muíño dos castañares, noites craras de luar, campaniñas trimbadoras da igrexiña do lugar, --amoriñas das silveiras que eu lle daba ó meu amor, caminiños antre o millo, ¡adiós, para sempre adiós! --¡Adiós groria! ¡Adiós contento, ¡Deixo a casa onde nacín, deixo a aldea que conoso por un mundo que non vin! --Deixo amigos por extraños, deixo a veiga polo mar, deixo, en fin, canto ben quero... ¡quen pudera no o deixar...! ............................... --Mais son probe e, ¡mal pecado!, a miña terra n'é miña, que hastra lle dan de prestado a beira por que camiña ó que naceu desdichado. --Téñovos, pois, que deixar, hortiña que tanto amei,

Sofia Rama

(texto 7)


LITERATURA DO SÉCULO XIX ROSALÍA DE CASTRO SELECCIÓN DE TEXTOS

fogueiriña do meu lar, arboriños que prantei, fontiña do cabañar. --Adiós, adiós, que me vou, herbiñas do camposanto, donde meu pai se enterrou, herbiñas que biquei tanto, terriña que nos criou. --Adiós Virxe da Asunción, branca com'un serafín: lévovos no corasón; pedídelle a Dios por min, miña Virxe da Asunción. --Xa se oien lonxe, moi lonxe, as campanas do Pomar; para min, ¡ai!, coitadiño, nunca máis han de tocar. --Xa se oien lonxe, máis lonxe... Cada balada é un dolor; voume soio, sin arrimo... Miña terra, ¡adiós!, ¡adiós! --¡Adiós tamén, queridiña...! ¡Adiós por sempre quizais...! Dígoche este adiós chorando desde a beiriña do mar. --Non me olvides, queridiña, si morro de soidás tantas légoas mar adentro... ¡Miña casiña!, ¡meu lar!

Sofia Rama


LITERATURA DO SÉCULO XIX ROSALÍA DE CASTRO SELECCIÓN DE TEXTOS

PRÁ HABANA! , AS VIÚDAS DOS VIVOS… FOLLAS NOVAS

(texto 8)

I Vendéronll'os bois, vendéronll'as vacas, o pote do caldo i a manta da cama. Vendéronll'o carro i as leiras que tiña; deixárono soio coa roupa vestida. -María, eu son mozo, pedir non me é dado; eu vou polo mundo para ver de ganalo. Galicia está probe, i á Habana me vou... ¡adiós, adiós, prendas do meu corazón! II Cando ninguén os mira, vense rostros nubrados e sombrisos, homes qu'erran cal sombras voltexantes por veigas e campíos. Un, enriba dun cómaro séntese caviloso e pensativo; outro, ó pe dun carballo queda inmóbil, coa vista levantada hacia o infinito. Algún, cabo da fonte recrinado, parés qu'escoita atento o murmurío da auga que cai, e eisala xordamente tristísimos sospiros. ¡Van a deixa-la patria!... Forzoso, máis supremo sacrificio. A miseria está negra en torno deles, ¡ai! ¡i adiant'está o abismo!... III O mar castiga bravamente as penas, e contr'as bandas do vapor se rompen as irritadas ondas do cántabro salobre. Chilan as gaviotas ¡alá lonxe!... ¡moi lonxe!

Sofia Rama


LITERATURA DO SÉCULO XIX ROSALÍA DE CASTRO SELECCIÓN DE TEXTOS

na práctica ribeira solitaria que convida ó descanso i ós amores. De humanos seres a compauta línea que brila ó sol adiántase e retórcese, mais preto e lentamente as curvas sigue do murrallón antigo do Parrote. O corazón apértase d'angustia, óinse risas, xuramentos se oien, i as brasfemias s'axuntan cos sospiros. ¿Onde van eses homes? Dentro dun mes, no simiterio inmenso da Habana, ou nos seus bosques, ide a ver que foi deles. ¡No etern'olvido para sempre dormen!... ¡Probes nais que os criaron, i as que os agardan amorosas, probes! IV -Ánimo, compañeiros tod'a terra é dos homes; a aquel que non veu nunca máis que a propia, a iñorancia o consome. ¡Ánimo! ¡A quen se muda Dio-lo axuda! E anque ora vamos de Galicia lonxe, verés desque tornemos o que medrano os robres. Mañán é o día grande ¡á mar, amigos! ¡mañán, Dios nos acoche! ¡No sembrante a alegría, no corazón o esforzo, i a campana harmoniosa da esperanza, lonxe, tocando a morto! V Este vaise i aquel vaise, e todo, todos se van, Galicia, sin homes quedas que te poidan traballar. Tes, en cambios, orfos e orfas e campos de soledad, e nais que non teñen fillos e fillos que non tén pais. E tes corazóns que sufren longas ausencias mortás, viúdas de vivos e mortos que ninguén consolará.

Sofia Rama


LITERATURA DO SÉCULO XIX ROSALÍA DE CASTRO SELECCIÓN DE TEXTOS

CAMPANAS DE BASTAVALES. CANTARES GALLEGOS Campanas de Bastabales, Cando vos oyo tocar, Mórrome de soídades. l. Cando vos oyo tocar, Campaniñas, campaniñas, Sin querer torno á chorar. Cando de lonxe vos oyo, Penso que por min chamades, E das entrañas me doyo. Dóyome de dor ferida, Qu' antes tiña vida enteira, Y oxe teño media vida. Solo media me deixaron Os que d' aló me trouxeron, Os que d' aló me roubaron. Non me roubaran, traidores, ¡Ay! uns amores toliños, ¡Ay! uns toliños amores. Qu' os amores xa fuxiron, As soidades viñeron... De pena me consumiron. II. Aló pó la mañanciña Subo enriba dos outeiros, Lixeiriña, lixeiriña. Com' un-ha craba lixeira, Para oir das campaniñas A batalada pirmeira. . A pirmeira d' alborada Que me traen os airiños, Por me ver mais consolada.

Sofia Rama

(texto 9)


LITERATURA DO SÉCULO XIX ROSALÍA DE CASTRO SELECCIÓN DE TEXTOS

Por me ver menos chorosa, Nas sus alas má traen Rebuldeira e queixumbrosa. Queixumbrosa e retembrando Por antr' e verd' espesura, Por antr' o verde arborado. E pó la verde pradeira, Por riba da veiga llana, Rebuldeira e rebuldeira. III. Paseniño, paseniño, Vou pó la tarde calada, De Bastabales camiño. Camiño do meu contento; Y en tant' o sol non s' esconde, Nun-ha pedriña me sento. E sentada estou mirando, Com' á lua vay sahindo, Com' ó sol se vay deitando. Cál se deita, cál s' esconde Mentras tanto corre á lua Sin saberse para donde. Para donde vay tan soya, Sin qu' á os tristes qu' á miramos Nin nos fale, nin nos oya Que si oira e nos falara, Moitas cousas lle dixera, Moitas cousas lle contara. IV. Cada estrela, o seu diamante; Cada nube, branca pruma, Trist' á lua marcha diante. Diante marcha crarexando Veigas, prados, montes, rios,

Sofia Rama


LITERATURA DO SÉCULO XIX ROSALÍA DE CASTRO SELECCIÓN DE TEXTOS

Dond' ó dia vay faltando. Falt' ó dia, e noit' escura Vaixa, vaixa, pouc' á pouco, Por montañas de verdura. De verdur' e de follaxe, Salpicada de fontiñas Vaixo á sombra do ramaxe. Do ramaxe donde cantan Paxariños piadores, Que c' á aurora se levantan. Que c' á noite s' adormecen Para que canten os grilos Que c' as sombras aparecen. V. Corre ó vento, ó rio pasa, Corren nubes, nubes corren Camiño da miña casa. Miña casa, meu abrigo, Vanse todos, eu me quedo, Sin compaña, nin amigo. Eu me quedo contemprando As laradas d' ás casiñas Por quen vivo suspirando. ....................... Ven á noite... morre ó dia, As campanas tocan lonxe O tocar d' Ave Maria. Elas tocan pra que rece, Eu non rezo, qu' os saloucos Afogandome parece Que por min tên que rezar; Campanas de Bastabales, Cando vos oyo tocar, Mórrome de soidades.

Sofia Rama


LITERATURA DO SÉCULO XIX ROSALÍA DE CASTRO SELECCIÓN DE TEXTOS

DÚAS PALABRAS DA AUTORA, Prólogo de FOLLAS NOVAS

(texto 10)

Gardados estaban, ben podo decir que para sempre, estes versos, e xustamente condenados po-la sua propia índole á eterna olvidanza, cando, non sin verdadeira pena, vellos compromisos obrigáronme á untalos de presa e correndo, ordenalos e dalos á estampa. N'era esto, en verdade, o qu'eu queria, mais n'houbo outro remedio; tuben que conformarme c'o duro d'as circunstancias que asi o fieron. —Vayan en boa hora, lles dien estonces, estes probes enendros d'a miña tristura; vaya antr'os vivos ó que a é po-la sua propia natureza, cousa d'un-ha morta ben morta!—E fóronse, sin qu'eu sepa pra que, nin me faga falla ô sabelo. Mais de dez anos pasaron —tempo casi-que fabuloso á usgar po-la presa con que hoe se vive—desque á mayor parte d'estos versos foron escritos, sin que as contrariedades d'a miña vida desasosegada, e un-ha saude decote endebre, me permitise apousar n'eles os meus cansados ollos y o meu fatigado esprito. Ô leelos de novo, vin ben craro, como era incompreto e probe este meu traballo poetico, canto Ile faltaba pra ser algo que valla, e non un libro mais, sin outro merito que á perene melancolía que o envolve, e que alguns terán, non sin razon, como fatigosa e monotona. Mais as cousas teñen de ser com'as fan as circunstancias, e s'eu non puden nunca fuir âs miñas tristezas, os meus versos menos. Escritos n'o deserto de Castilla, pensados e sentidos n'as soidades d'a natureza e d'o meu corazon, fillos cativos d'as horas de enfermedade e d'ausencias, refrean quisais con demasiada sinceridade, o estado d'o meu esprito un-has veces, outras á miña natural disposicion (que n' en valde son muller) á sentir como propias as penas alleas.

TECÍN SOIA A MIÑA TEA… AS VIÚDAS DOS VIVOS E AS VIÚDAS DOS MORTOS FOLLAS NOVAS Tecín soia a miña tea, sembrei soia o meu nabal, soia vou por leña ó monte, soia a vexo arder no lar. Nin na fonte nin no prado, así morra coa carrax, el non ha de virm'a erguer, el xa non me pousará. ¡Que tristeza! O vento soa, canta o grilo ó seu compás... Ferve o pote... mais, meu caldo, soíña t'hei de cear.

Sofia Rama

(texto 11)


LITERATURA DO SÉCULO XIX ROSALÍA DE CASTRO SELECCIÓN DE TEXTOS

Cala, rula, os teus arrulos ganas de morrer me dan; cala, grilo, que si cantas, sinto negras soïdás. O meu homiño perdeuse, ninguén sabe en onde vai... Anduriña que pasache con el as ondas do mar; anduriña, voa, voa, ven e dime ond'está.

XAN DA TERRA FOLLAS NOVAS

(texto 12)

Xan vai coller leña ó monte, Xan vai a compoñer cestos, Xan vai a poda-las viñas, Xan vai a apaña-lo esterco, e leva o fol ó muíño, e trai o estrume ó cortello, e vai á fonte por augua, e vai a misa cos nenos, e fai o leito i o caldo... Xan, en fin, é un Xan compreto, desos que a cada muller lle conviña un polo menos. Pero cando un busca un Xan, casi sempre atopa un Pedro. Pepa, a fertunada Pepa, muller do Xan que sabemos, mentras seu home traballa, ela lava os pés no rego, cátalle as pulgas ó gato, peitea os longos cabelos, bótalles millo ás galiñas, marmura co irmán do crego, mira si hai ovos no niño, bota un ollo ós mazanceiros, e lambe a nata do leite, e si pode bota un neto ca comadre, que agachado traillo en baixo do mantelo. E cando Xan pola noite chega cansado e famento,

Sofia Rama


LITERATURA DO SÉCULO XIX ROSALÍA DE CASTRO SELECCIÓN DE TEXTOS

ela xa o espera antre as mantas, e ó velo entrar dille quedo: —Por Dios non barulles moito... que me estou mesmo morrendo. —¿Pois que tes, ña mulleriña? —¿Que hei de ter? Deita eses nenos, que esta madre roe en min cal roe un can nun codelo, i ó cabo ha de dar comigo nos terrós do simiterio... —Pois, ña Pepa, toma un trago de resolio que aquí teño, e durme, ña mulleriña, mentras os meniños deito. De bágoas se enchen os ollos, de Xan ó ver tales feitos; mas non temás, que antre mil, n' hai máis que un anxo antre os demos; n' hai máis que un atormentado antre mil que dan tormentos.

FOLLAS NOVAS… VAGUEDÁS, FOLLAS NOVAS

(texto 13)

Follas novas! risa dame Ese nome que levás, Cal s'a un-ha moura ben moura, Branca ll'oise chamar. — Non Follas novas, ramallo De to os e silvas sôs, Hirtas, com'as miñas penas, Feras, com'á miña dor. — Sin olido nin frescura, Bravas magoás e ferís... ¡Se n'a gándara brotades, Como non serés así!

Sofia Rama


LITERATURA DO SÉCULO XIX ROSALÍA DE CASTRO SELECCIÓN DE TEXTOS

QUEN NON XIME? DO ÍNTIMO FOLLAS NOVAS

(texto 14) ¿QUEN NON XIME?

Luz e progreso en todas partes... pero As dudas n'os corazós, E vagoas qu'un non sabe por que corren, E dores qu'un non sabe por que son. Outro cantar din cansados D'este estribilo os que chegando van, Nun-ha nova fornada, e qu'andan cegos Buscando o qu'inda non hay. — ¡Reprobos!... sempre ô oculto perguntando Que mudo nada vos di. Buscade á fé, que se perdeu n'a duda E dei ade de emir. — Mais eles tamen perdidos Por un-ha y outra senda van e vên

Sin que sepan ¡coitados! por ond'andan, Sin paz, sin rumbo e sin fé. — ...................... Trist'é o cantar que cantamos ¿Mais que facer s'outro mellor non hay? Moita luz deslumbra os ollos, Causa inquietude ó moito desear. Cand'un-ha peste arrebata Homes tras homes, n'hay mais Qu'enterrar de presa os mortos, Bai á-la frente, e esperar Que pasen as correntes apestadas... ¡Que pasen!... qu'outras vendrán.

Sofia Rama


LITERATURA DO SÉCULO XIX ROSALÍA DE CASTRO SELECCIÓN DE TEXTOS

ESTRANXEIRA NA SÚA PATRIA DO ÍNTIMO! FOLLAS NOVAS

(texto 15)

Na xa vella varanda entapizada de hedras e de lirios foise a sentar calada e tristemente frente do tempro antigo. Interminable precesión de mortos, uns en corpo nomais, outros no esprito, veu pouco a pouco aparecer na altura do direito camiño que monótono e branco relumbraba, tal como un lenzo nun herbal tendido. Contemprou cal pasaban e pasaban collendo hacia o infinito, sin que ó fixarse nela os ollos apagados e afundidos deran siñal nin moestra de habela nalgún tempo conocido.

SILENCIO! VAGUEDÁS FOLLAS NOVAS

(texto 16)

A man nerviosa e palpitante o seo, as niebras nos meus ollos condensadas, con un mundo de dudas nos sentidos i un mundo de tormentos nas entrañas, sentindo cómo loitan en sin igual batalla inmortales deseios que atormentan e rencores que matan, mollo na propia sangre a dura pruma rompendo a vena hinchada, i escribo..., escribo..., ¿para qué? ¡Volvede ó máis fondo da ¡alma, tempestosas imaxes! ¡Ide a morar cas mortas relembranzas! ¡Que a man tembrosa no papel só escriba palabras, e palabras, e palabras! Da idea a forma inmaculada e pura ¿dónde quedóu velada?

Sofia Rama


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.