Períodos da lírica galega

Page 4

Esta triple dirección, estética de raíz costumista, crítica ou sentimental, percorrerá a producción lírica ata inicios do século XX. Século XX

A liña de adoración á paisaxe está vixente na poesía de Noriega Varela. Séntese atraído polas rnanifestacións máis humildes do acontecer cósmico e da vida vexetal nunha linguaxe poética que recolle os moldes clásicos de Virxilio e Ovidio e os portugueses de Camoes, Guerra Junqueiro e Teixeira de Pascoaes. Fronte a esta poesía monocorde de paisaxismo costumista (que figura tamén en Leiras Pulpeiro ou Crecente Vega, sen o carácter reivindicativo que tiña no XIX) a poesía de Cabanillas, militante activista das Irmandades da Fala e poeta bisagra de transición entre a poesía decimonónica e a vangardista, caracterízase, alén do perfecto dominio da métrica e do ritmo, pola pluralidade temática: á violenta resposta anticaciquil (Da terra asoballada), á evocación saudosa do pasado (Na noite estrelecida), únese a descrición dos motivos costumistas, o sentimento amoroso ou o culto á paisaxe, baixo unha mesma actitude estética debedora do Modernismo. A etapa Nós rompe decididamente coa inercia decimonónica. Aínda que xeración de prosistas, hai das voces poéticas importantes: Xohan Vicente Viqueira e Ramón Otero Pedrayo. Na súa órbita xiran os membros da Xeración do 1925, escritores nados arredor do 1900 (novecentistas), que coa adopción do versolibrismo, a actuación de efectos visuais, a crebadura das coordenadas espazo-temporais, dan mostra dunha actitude nova de concibir a arte. Por vez primeira o poeta expresa a maneira de ver o mundo sen reflectir na escrita que estaba a facer unha lingua sen normalizar (Pondal) ou desprestixiada e acosada (Rosalía e Curros). Tres son as Tiñas fundamentais que adoptan. O neotrobadorismo, representado por Fermín BouzaBrey (no poemario Nao senlleira) e Alvaro Cunqueiro (Cantiga nova que se chama ribeira), suporá a volta aos modelos medievais na recreación de ambientes, símbolos e estruturas poéticas e con eles a volta á tradición na súa temática saudosa, cortés ou mariñeira. A utilización destas fórmulas servirá tamén para construír imaxes simbolistas, creacionistas e surrealistas ou mesmo para inscribirse nunha corrente neo-popularista da vangarda (cfr. Lorca e Alberti). A tradición, en presenza de sentimento, atingue tamén ao hilozoísmo ou animismo, representado por Amado Carballo coas súas obras, Proel e O galo. Combina imaxes (por iso tamén se lie chamou á súa poesía «imaxinismo») de raíz vangardista con estrofas populares —ou de aparencia popular— para ofrecernos unha animación da natureza. Pero na identificación coa paisaxe, por máis que estea tinguida de propósitos innovadores, latexa unha mostra de sentimento que será visto a través da desolación, a saudade e a incerteza ante a condición humana na poesía de Manuel Antonio, representante do terceiro movemento, o creacionismo. O autor prescinde de toda referencia ao real (o propósito é crear unha realidade nova, como predica Vicente Huidobro) para ofrecernos a súa visión da natureza, e especialmente do mar, na súa obra cume: De catro a carro (1928). Na posguerra destacan tres xeracións poéticas (Méndez Ferrín, 1984): Xeración de 1936 Intégrana os poetas nados entre 1910 e 1920. Fórmanse nos anos da II República, algúns figurando na Federación de Mocidades Galeguistas e outros adoptando un radicalismo político no seo da universidade ou militando nas filas do nacionalismo, e a súa función na literatura galega haberá de ser a ponte entre os creadores anteriores (as súas fontes de información e expresión serán Nós, A nosa Terra, O Seminario de Estudos Galegos, Lar, etc.) e as novas xeracións que descoñecen, pola idade, as circunstancias políticas que impuxeran un novo silencio. Coexisten diferentes liñas poéticas, algunhas herdeiras da poesía de preguerra (imaxinismo —Manuel Casado Nieto, X. María Castroviejo—, neotrobadorismo —Alvaro Cunqueiro, Álvarez Blázquez, Díaz )(acorne— e o paisaxismo humanista ou neovirxilianismo —Díaz Castro e Aquilino Iglesia Alvariño—, que pode remontarse á poesía de Noriega Varela e Crecente Vega, pero vai evolucionando cara a unha preocupación existencial, mesmo relixiosa, e a unha apreciación telúrica —Uxío Novoneyra—). A carón destas tendencias recupérase a poesía de denuncia baixo o nome de social-realismo, na obra de dous exiliados, Luís Seoane e Lorenzo Varela, e logo na de Celso Emilio Ferreiro (O soño asulagado). Á actitude de denuncia e de solidariedade cos oprimidos une outros temas: nostalxia dun paraíso perdido, escepticismo e esperanza. O prosaísmo, compensado polos usos do símbolo ou a vigorosa arquitectura do poema, é unha constante.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.