Page 1

OS TÓPICOS Os tópicos constitúen, dentro da inventio da Retórica (fase elaborativa xunto coa elocutio), o estudo das máis frecuentes e consagradas ideas para ordenar un discurso. Nas seguintes liñas expoñeremos os tópicos tradicionais, aqueles pensamentos que perviviron ao longo da historia da literatura galega. Seguindo a clasificación de Antonio Azaústre e Juan Casas (1997) distinguiremos os tópicos referidos á persoa (atributos e comportamentos) e á cousa (actos e circunstancias). TÓPICOS DE PERSOA

Humildade autorial (humilitas autorial). Son as fórmulas utilizadas no exordio dunha obra (introducción, dedicatoria, etc.) para manifestar a humildade do autor: Máis de dez anos pasaron [...I desque a maior parte destes versos foron escritos lelos de novo, vin ben craro como era incompreto e probe este meu traballo poético, cánto lle faltaba para ser algo que valla, e non un libro máis, sen outro mérito que a perene melancolía que o envolve, e que algáns terán, non sin razón, como fatigosa e monótona. (Rosalía de Castro, Follas novas)

Individuo como navegante (identificación da vida como navegación). Está presente no poemario de Manuel Antonio De catro a catro: ..alguén que chora dentro de min por aquel outro eu que se vai n-o veleiro para sempre coma un morto c'o peso eterno de todol-os adeuses. (Manuel Antonio, De catro a catro)

Panexírico do individuo ou eloxio persoal. Está dirixido á loanza de nobres e tamén para destacar a sabedoría e o valor ou a beleza da amada: Perdeu, marrando tan ditosa vida, a humildá prego; a Piedade, tempro (que derrubou, ¡oh Mortc!, túa Gadaña); mundo, Reina; o Rei, súa Margarida. (Gómez Tonel, Exequias da raíña Margarida) Señora, gran crueldade faredes en olvidar a quen non le pras mirar se non vosa gran beldade (Alfonso Alvarez de Villasandino)


—O razoarnento da utilidade da novela pode sancionar o feito de escribila, corno fai Blanco Amor no seu «Prólogo útil» de Xente ao lonxe. O escritor tamén pode manifestar a maneira en que accedeu á historia que conta, dunha maneira irónica, como fai Castelao en Un ollode vidro (as memorias dun esqueleto compradas a un enterrador), ou tratando de crear unha sensación de verosimilitude, tal como se presenta na «Documentación» de A esmorga: «Conque collendo deiquí e daló e cavilando pola miña conta púxenme agora a escribir esta crónica» (Blanco Amor). —A identificación do libro e a escritura son comúns na poesía de Luz Pozo, que tamén ofrece paralelismos entre a creación literaria e a pictórica tal como se aprecia no propio título e no poemario Códice Calixtino: Amei os días indecisos. Había un río inmóvil. Aínda a ausencia implacable escribía nunha letra miúda a nosa historia e pechamos nun códice as derradeiras páxinas do amor. Opera omnia. (Luz Pozo, Códice Calixtino)

Conclusión. A xustificación da conclusión pode consistir no «remate» que fai Castelao en Os dous de sempre, ao resaltar o absurdo dun acto e ironizar sobre o sentido da obra: «O anarquista fixo cachizas o mundo e secomasí tornou a saír o sol ao seguinte día, para que eu poidese escribir esta novela e para que ti poideses lela. Que ben che preste, amigo, e deica outra».

A consolación e morte: recóllense as fórmulas de afrontar a morte. —Vista como inevitable: Arestora un irónico paxaro peteira na gaiola do meu peito, non quero pescudar o cemiterio dos crebados ensaios dos meus egos, os imperfectos testos de cerámica diste meu barro, ás veces Kaolín puro dina lámpada do locir eterno, outra trollo calcado por os cascos dos armentíos mouros do pecado, ou tristeiros refrexos de outos ceus apreixados na lama. Deste barro feito e desfeito deica a man da Morte, a suprema escultora das facianas. (Otero Pedrayo, «A casa sola»)


—A morte ven seudo sempre rexeitada e o defunto loado: Morte cruel, esa treidora maña de roubar de socato á humana vida ¿con que ollos a podeches ver comprida na Santa Reina que hoxe perde España? (E Vázquez de Neira, Exequias da raíña Margarida)

—A morte trae dcsconsolo: Dende que te perdín, a terra, o ceo, todo é para min da mesma cor da morte. O sol non me alumea, nin os campos para min ten frores. (M. Curros Enríquez, Aires da miña terra)

O espazo

Locus amoenus. A descrición do lugar caracterizase pola harmonía e exuberancia que invita ao descanso, ao amor ou á lembranza: Ouh, largasío val de Celanova (pie o meu amor de neno acariñache con sombras de outos paxaros e ventos cantando polos boscos. As mazairas os acebos, i os pinos que te arrolan apréixanche a cintura tan galana, tan cinguida de ríos namorados, meu rumoroso val de pitorreises, das calandrias, das pegas, das papuxas polo serán enriba nun solpor de lonxanos horizontes. (C. Emilio Ferreiro, O soño sulagado)

Locus eremus. É a paisaxe oposta e serve a miúdo como referente negativo: Unha tarde alá en Castilla brilaba o sol cal decote naqueles desertos brila: craro, ardoroso e insolente, con perdón del, pois non é modo aquel de queimala xente e secar con tales bríos a probe inxeliña pranta, a fonte e os sedentos ríos. Unha tarde, ¡ou, que tristeza me acometeu tan traidora, yéndome en tal aspereza! (Rosalía de Castro, Follas novas)

A invocación da natureza. A natureza convértese en destinataria de chamadas ou confidente de lamentos:


¡Ouh, fumas da miña terra que abren os bicos do mar, decote o misterio berra no voso seo un cantar! Mar bravo, terra bravía, forte un, i outra roáis forte; falades coa valentía dos que rin diante da morte. (G. López Abente, Alento da raza)

Beatus ille. Defensa moralizante, que se debe a Horacio, dun modo de vida afastado do mundo, para acadar a sabedoría: Feliz aquel, que, tras de percorrer, como Ulises, as mil aventuras dos mares do mar e dos mares da paixón vermella arrebatada; [...] tras cortar incidentes como rosas retorna a Vilanova dos Infantes completo de sabiduría. (X. L. Méndez Ferrín, O fin dun canto)

O tempo

Ubi sunt? Interrogación retórica sobre un tempo pasado que foi mellor: As nosas maus sempre estarán atadas. Meu corazón, donde se foi a esperanza dos verdes anos, i aquelas brancas, fondas, tenras, outas inquedanzas? (C. Emilio Ferreiro, O soño sulagado)

Carpe diem. Convida ao goce da vida, a aproveitar o momento presente, o esplendor da xuventude ante o paso do tempo ou a presencia da morte: De tódolos amores o voso amor escollo: Miñas donas Giocondas, en vós ollo tódalas damas que foron no país, unhas brancas camelias, nutras froles de lis.

Le temps s'en va! Ou dádesine ese bico que cheira a rosas de abril do Mil e Pico ou finarei chorando na mina soedá, namentras envellezo: Le temps, le temps s'en va!

(A. Cunqueiro, Dona do corpo delgado)

O máis alá. En torno ao paso do tempo, Deus figura como retiro despois do paso do home pola vida: Ai os xeonllos doridos a carón deste mundo, as maus xuntas que axuntan un intre a ialma toda, os beizos que agurgullan oracións coma fontes na noite cecha, copas de sangue que fomega!


[...]

Saben os dios que hai tralo valado un Reino e que do anxo hasrra o grilo brinca o gozo de Deus. E Deus a boa fada aos ollos namorados que chegaron abertos á porta do mencer. (X. M. Díaz Castro, Nimbos)

Comparacións A vida como viaxe marítima. A alegoría náutica serve para mostrar ao home navegante na travesía da vida: Proa aos mares intaitos, corazón dorna vermella... Para os esquecementos roitas novas, mariñeiro con novas arelas. Para fondeadeiro porto novo, cala virxe, inédita. (…) Proa aos mares intaitos, corazón, iza tódalas velas... (A. Sevillano, O muiño albeiro)

A vida como camiño. A vida tamén se compara a un camiño, sendeiro ás veces triste: Eu, dareiche delor, co tempo vida, porque me agardan lonxe, xa me espera un camiño sen luz., unha tristura que xa me está medrando, xa me medra coma unha frol de ourono nun carreiro. (C. Emilio Ferreiro, O sollo sulagado)

Derivada deste paralelismo, outra comparación importante é a establecida entre vida e río ou morte e río: Ollaime ben, eu son un arbre triste afincado na orela dun río interminábel, misterioso de muda voz como o falar das pedras. (C. Emilio Ferreiro, O soño sulagado) Podería chamar agora por Kerouac porque entre os dous hai un río de tristísimo outono [...1 podería chamar agora por Kerouac ou mocidade perdida porque antre os dous escoa o río da morte. (X. L. Méndez Ferrín, Con pólvora e magnolias)


Tópicos  
Advertisement
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you