Page 1

PERÍODOS DA LÍRICA GALEGA. TEMAS, OBRAS E AUTORES Literatura medieval

Aínda que non se dubida da existencia dunha ancestral tradición poética con motivos e estruturas populares de transmisión oral, o contacto coa prestixiosa lírica provenzal tivo unha importancia capital para a fixación escrita da poesía galega na Idade Media. O que conservamos desta lírica atingue a tres períodos: 1. Período primitivo ou preafonsino. Últimos anos do século XII e primeira metade do XIII (1245). 2. Período de florecemento. Reinados de Afonso X, Afonso III e Don Denís (1245-1354).

Estes dous primeiros períodos cobren un corpus de 1.711 cantigas profanas e 240 relixiosas escritas por preto de 160 autores. A recompilación destas obras faise en cancioneiros individuais ou colectivos. Os tres principais cancioneiros profanos son: —Cancioneiro de Ajuda (século XIII). Recompilacións case exclusivas de cantigas de amor, contemporáneo

dos poetas que escolma.

—Cancioneiro da Vaticana e Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa ou Colocci-Brancutti (século XVI). Feitos en Italia, recollen os diferentes tipos de cantigas: amigo, amor e escarnio e maldicir.

Recentemente incorporouse a este corpus o Cancioneiro dun grande d' Hespaña ou Cancioneiro de Berkeley (copia do Cancioneiro da Vaticana). Outros restos de menor envergadura son : —Pergamiño Vindel (copia do XIII das sete cantigas de amigo de Martín Códax con notas musicais de seis

delas).

—Pergamiño da Torre do Tombo (cantigas de amor de D. Denís con notas musicais) ou Pergamiño Sharrer. • Tensó entre Afonso Sánchez e Vasco Martins de Resende • Cinco lais de Bretaña • Tavola Colocciana ou catálogo de autores debido a Angelo Colocci. O cancioneiro relixioso é obra de Afonso X e está composto polas 427 Cantigas de Santa María, conservadas en catro manuscritos distintos, con interesantes ilustración e anotacións musicais.

Os autores clasifícanse atendendo á súa categoría social: trobador (poeta de orixe aristocrática), xograr (intérprete asalariado) e segrel (escudeiro ou fidalgos de escaso rango). Os poetas agrúpanse arredor dun mecenas nunha verdadeira corte literaria. Entre outros destacan: Bernal de Bonaval, Airas Nunes e Xoán Airas (escola compostelá); Afonso X, Afonso Eanes de Cotón, Pero da Ponte, Pero Amigo de Sevilla e Paio Gómez Charinho (cortes de Afonso X e Afonso III); D. Denís (corte de don Denís). Ao ser o galego o idioma lírico peninsular temos poetas doutras procedencias: Afonso X (casteláns), Martín Moxa (aragonés), Bonifacio Calvo (provenzal) e Rimbaud de Vaqueiras (xenovés). As cantigas segundo a Arte de trovar inscribense en dous xéneros maiores: amoroso e satírico, á súa vez subdivididos en subxéneros: amor, amigo, escarnio e maldicir. —Cantiga de amor: sitúase dentro do código de amor cortés de orixe provenzal, onde o namorado fala das

calidades físicas e morais da dama suplicándolle a súa atención ou laiándose da dor por ese amor non corres-


pondido. Coñécense como xéneros menores o pranto, a tenzón, o lais e a pastorela. —Cantiga de amigo: o poeta fínxese muller namorada e desde unha perspectiva feminina dóese pola ausencia

do amado nun monólogo ou diálogo coa nai, amigas, irmá, etc. Como subxéneros temos: a alba, a bailada, a mariña ou barcarola, cantiga de romaría e cantiga de monteiro. —Cantiga de escarnio: poema satírico no que se ataca a persoas ou institución de forma encuberta. —Cantiga de maldicir: o ataque é directo, nunha linguaxe clara.

—Xéneros menores: tenzón (tensó), cantiga de seguir e pranto. —Composicións híbridas (integran elementos da tradición con outros importados): descordo, pastorela, lai e alba. 3. Período de decadencia. Segunda métade do século XIV e todo o XV. Esta etapa de decadencia coincide coa do afastamento entre galego e portugués e das dúas literaturas. Adoece dunha gran contaminación lingüística castelá. Trátase dunha poesía decadente (artificiosa e virtuosista) que segue a utilizar os aspectos formais da vella escola, pero sen o enxeño e a frescura doutros tempos. Figuras destacadas foron Afonso Álvarez de Villasandino (castelán) e Macías o Namorado (un dos poucos galegos da escola). Os textos figuran en coleccións híbridas como o Cancioneiro de Baena (1430) ou o Cancioneiro Xeral de García de Resende (1516). Séculos Escuros

A contrafío da tendencia uniformadora e imperialista do poder central castelán, aínda se poden atopar algunhas manisfestacións literarias: —Restos da etapa medieval con tratamento folclórico en cancioneiros musicais. —Manifestacións do folclore de Nadal: os vilancicos. Pola súa temática reciben varios nomes: panxoliñas, nadais, aninovos, reis, etc. —Composición cultas de circunstancias: • Execución do Mariscal Pardo de Cela («Lamento da Frouseira»). • Saqueo de Cangas polos turcos en 1617. —Nacemento dalgún príncipe ou visita dalgún alto cargo a Galicia: • Cántiga a D. Felipe el Hermoso, con motivo da súa chegada á Coruña (1506). • Soneto de Monterrey e de Isabel de Castro e Andrade, condesa de Altamira (século XVI). • Sonetos de corte barroco de Xoán Gómez Tonel e Pedro Vázquez de Neira, impresos nun volume en honra da raíña Margarida de Austria. • Décimas de Martín Torrado, que sae ao paso con ironía da polémica de 1617 acerca de nomear a Santa Teresa copatroa de España. —Con fins laudatorios conservamos algúns romances que interviñeron nos certames literarios denominados Festas Minervais, celebrados en Santiago en honor de D. Afonso de Fonseca (1697). No século XVIII coménzase a oír a primeiras voces pola dignificación e atención á lingua (Padre Feixoo, Padre Sobreira e Padre Sarmiento). No campo da lírica, Diego Cernadas e Castro, cura de Fruime, escribiu quince composicións en galego e, en menor medida, María Francisca de Isla e Losada e X. Cornide Saavedra.


Século XIX Primeira metade

O rexurdir literario foi acompañado dunha toma de conciencia histórica e política por parte da intelectualidade galega. Carballo Calero (1975) rexistra, como literatura patriótica, panfletos e diálogos escritos con intención propagandística ou de intención didáctica, nos que se tratan temas de actualidade (a Guerra da Independencia, loita entre liberais e absolutistas, as guerras carlistas, etc.): —O romance anónimo Un labrador que foi sarxento aos soldados do novo alistamento, é unha chamada a loitar pola patria. —Proezas de Galicia de X. Fernández de Neira, en forma de diálogo entre labradores combatentes.

—De carácter liberal é o romance «Rogos dun gallego», de Manuel Pardo de Andrade, sátira contra a Inquisición e na que se pide á Virxe protección para as Cortes Constituíntes de Cádiz. Seguindo a tradición do vilancico galego debemos anotar os conservados na catedral de Mondoñedo, anónimos ou de autoría coñecida (Antonio de Castro, Lois Corral). Finalmente, de Nicomedes Pastor Díaz ternos a Égloga de Belmiro e Benigno e a Alborada (16 estancias de versos hendecasíiabos e heptasílabos). O Rexurdimento

Os feitos de 1846 afirmaron os alicerces do proceso de reconstrución de Galicia. Primou o clima de entusiasmo provincialista informado polas ideas romántico-liberais do momento que se caracterizaban pola súa atención aos pobos asoballados, ás súas linguas, tradicións e valores. A conciencia de abandono en que vive Galicia, e a desesperanza e desacougo que isto supón, provoca na literatura un ton elexíaco e melancólico, que vai atopar a súa expresión na saudade. C Cando esa conciencia pase de individual a colectiva o ton será de verdadeira denuncia social. — Os precursores

En 1853 X. M. Pintos escribe o primeiro libro da idade moderna escrito parcialmente en galego: A gaita gallega. Xunto con Francisco Añón e Manuel Turnes participan en 1861 nos Xogos Florais da Coruña. Estes xogos, que foron creados a imitación dos xogos florais medievais e movidos polo exemplo dos loes Florals cataláns de 1859, recollen nunha publicación, Álbum de la Caridad (1862), as composicións premiadas e unha primeira antoloxía da poesía en galego e castelán que se estaba a facer neses anos. — Segunda xeración

En 1863 publícase Cantares gallegos de Rosalía. Tanto Cantares gallegos como Follas novas (1880) son achegas para comezar a restauración da conciencia galeguista, que pretende afiunzar os valores da poesía galega e denunciar as inxustizas cometidas contra a súa xente. Á problemática social enraizada na traxedia da emigración, ou á visión idílica centrada na descrición e tipos da Galicia rural, como medio de combater as descualificacións foráneas, une Rosalía unha desolada visión da existencia, que pola súa mesurada expresión cobre tinguiduras simbólicas máis que románticas. En 1886 Eduardo Pondal cos seus Queixumes dos pinos, empeñado por arraigar o mito celta e codificar simbolicamente a forza da terra, abre unha escola formalista (da cal forman parte Alberte García Ferreiro, Florencio Vaamonde e Francisco Tettamancy) caracterizada polo afastamento da actitude ruralizante e a construción dunha Galicia heroica. Curros Enríquez será o máis importante poeta civil. A dirección de conciencia crítica consolidase na «lira torva» do poeta ourensán. A súa poesía, fundamentalmente Aires da miña terra (1880), tomará un partido decidido polas ideas progresistas e revolucionarias, o que haberla de costarlle exilios e cadea e ata unha excomuñón polo bispo de Ourense.


Esta triple dirección, estética de raíz costumista, crítica ou sentimental, percorrerá a producción lírica ata inicios do século XX. Século XX

A liña de adoración á paisaxe está vixente na poesía de Noriega Varela. Séntese atraído polas rnanifestacións máis humildes do acontecer cósmico e da vida vexetal nunha linguaxe poética que recolle os moldes clásicos de Virxilio e Ovidio e os portugueses de Camoes, Guerra Junqueiro e Teixeira de Pascoaes. Fronte a esta poesía monocorde de paisaxismo costumista (que figura tamén en Leiras Pulpeiro ou Crecente Vega, sen o carácter reivindicativo que tiña no XIX) a poesía de Cabanillas, militante activista das Irmandades da Fala e poeta bisagra de transición entre a poesía decimonónica e a vangardista, caracterízase, alén do perfecto dominio da métrica e do ritmo, pola pluralidade temática: á violenta resposta anticaciquil (Da terra asoballada), á evocación saudosa do pasado (Na noite estrelecida), únese a descrición dos motivos costumistas, o sentimento amoroso ou o culto á paisaxe, baixo unha mesma actitude estética debedora do Modernismo. A etapa Nós rompe decididamente coa inercia decimonónica. Aínda que xeración de prosistas, hai das voces poéticas importantes: Xohan Vicente Viqueira e Ramón Otero Pedrayo. Na súa órbita xiran os membros da Xeración do 1925, escritores nados arredor do 1900 (novecentistas), que coa adopción do versolibrismo, a actuación de efectos visuais, a crebadura das coordenadas espazo-temporais, dan mostra dunha actitude nova de concibir a arte. Por vez primeira o poeta expresa a maneira de ver o mundo sen reflectir na escrita que estaba a facer unha lingua sen normalizar (Pondal) ou desprestixiada e acosada (Rosalía e Curros). Tres son as Tiñas fundamentais que adoptan. O neotrobadorismo, representado por Fermín BouzaBrey (no poemario Nao senlleira) e Alvaro Cunqueiro (Cantiga nova que se chama ribeira), suporá a volta aos modelos medievais na recreación de ambientes, símbolos e estruturas poéticas e con eles a volta á tradición na súa temática saudosa, cortés ou mariñeira. A utilización destas fórmulas servirá tamén para construír imaxes simbolistas, creacionistas e surrealistas ou mesmo para inscribirse nunha corrente neo-popularista da vangarda (cfr. Lorca e Alberti). A tradición, en presenza de sentimento, atingue tamén ao hilozoísmo ou animismo, representado por Amado Carballo coas súas obras, Proel e O galo. Combina imaxes (por iso tamén se lie chamou á súa poesía «imaxinismo») de raíz vangardista con estrofas populares —ou de aparencia popular— para ofrecernos unha animación da natureza. Pero na identificación coa paisaxe, por máis que estea tinguida de propósitos innovadores, latexa unha mostra de sentimento que será visto a través da desolación, a saudade e a incerteza ante a condición humana na poesía de Manuel Antonio, representante do terceiro movemento, o creacionismo. O autor prescinde de toda referencia ao real (o propósito é crear unha realidade nova, como predica Vicente Huidobro) para ofrecernos a súa visión da natureza, e especialmente do mar, na súa obra cume: De catro a carro (1928). Na posguerra destacan tres xeracións poéticas (Méndez Ferrín, 1984): Xeración de 1936 Intégrana os poetas nados entre 1910 e 1920. Fórmanse nos anos da II República, algúns figurando na Federación de Mocidades Galeguistas e outros adoptando un radicalismo político no seo da universidade ou militando nas filas do nacionalismo, e a súa función na literatura galega haberá de ser a ponte entre os creadores anteriores (as súas fontes de información e expresión serán Nós, A nosa Terra, O Seminario de Estudos Galegos, Lar, etc.) e as novas xeracións que descoñecen, pola idade, as circunstancias políticas que impuxeran un novo silencio. Coexisten diferentes liñas poéticas, algunhas herdeiras da poesía de preguerra (imaxinismo —Manuel Casado Nieto, X. María Castroviejo—, neotrobadorismo —Alvaro Cunqueiro, Álvarez Blázquez, Díaz )(acorne— e o paisaxismo humanista ou neovirxilianismo —Díaz Castro e Aquilino Iglesia Alvariño—, que pode remontarse á poesía de Noriega Varela e Crecente Vega, pero vai evolucionando cara a unha preocupación existencial, mesmo relixiosa, e a unha apreciación telúrica —Uxío Novoneyra—). A carón destas tendencias recupérase a poesía de denuncia baixo o nome de social-realismo, na obra de dous exiliados, Luís Seoane e Lorenzo Varela, e logo na de Celso Emilio Ferreiro (O soño asulagado). Á actitude de denuncia e de solidariedade cos oprimidos une outros temas: nostalxia dun paraíso perdido, escepticismo e esperanza. O prosaísmo, compensado polos usos do símbolo ou a vigorosa arquitectura do poema, é unha constante.


Promoción de enlace Con este nome coñécese aos poetas nados nos anos vinte e que viven nunha tónica de penuria intelectual que percorre a España da década de 1950 paralela á económica. Reciben o influxo das correntes líricas da preguerra, que tiña perdurado no grupo do 36, á vez que aparece unha liña nova, a liña existencialista e intimista: Luz Pozo (Códice Calixtino), Antón Tovar, M. Cuña Novas (Fabulario novo). Xeración das Festas Minervais Fronte ás dúas anteriores, esta xeración non coñeceu a Guerra Civil, pero viven baixo o maxisterio dos membros da xeración do 36. Maioritariamente universitarios, durante os anos cincuenta adoptan posturas libertarias (tomadas fundamentalmente das viaxes por Europa) próximas ao movemento beat e ao existencialismo, e posteriormente, arredor de 1962, reaccionando ante a problemática condición de Galicia como nación oprimida, sofren un proceso de radicalización, evolucionan a posicións máis críticas e activas no seo do nacionalismo. Está caracterizada, xunto coa anterior, por unha poesía de desarraigamento e estrafiamento, á que non é allea a preocupación relixiosa (Manuel María, Bernardino Graña, Xohana Torres...). Na liña clasicista ou culturalista entra a poetización do cotián e o íntimo. Usa frecuentemente da intertextualidade e ensaia formas métricas clásicas (Aquilino Iglesia Alvariño, Alvaro Cunqueiro, Carballo Calero). Tras a crise do socialrealismo dos poetas desta xeración, Méndez Ferrín (Con pólvora e magnolias) e Arcadio López Casanova (Mesteres), marcarán novos rumbos no léxico poético, nos temas e nas actitudes líricas. En liñas xerais pódese dicir que a poesía galega máis recente aproxímase a modelos europeos en que o culturalismo, a linguaxe poética e unha nova apertura temática e estilística son as marcas máis frecuentes, sen existir unha liña temática (irracionalismo, intimismo, liña erótica e amorosa, etc.) que se mostre, ata o de hoxe, preponderante.


Períodos da lírica galega