XANELA
editorial Es
te ano abrimos o nº 9 da revista Xanela con moita ilusión. Proba disto é o aumento de colaboradores e colaboradoras que se embarcaron neste proxecto. En total, unha boa parte do profesorado e máis dunha vintena de alumnos e alumnas somos os que nesta xeira formamos o consello de redacción. Como é habitual, na Xanela cabe todo. Nela poderedes ler as creacións literarias do noso alumnado, cuxa calidade vai mellorando ano a ano. Temos o convencemento de que de aquí sairán verdadeiros talentos e ao mellor algún día falarase deles noutras revistas como hoxe falamos do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas, Valentín Paz Andrade, galeguista comprometido coa súa terra. Tampouco podiamos esquecernos doutro home coñecido polo seu enorme compromiso como galego e como artista, Isaac Díaz Pardo, que nos deixou neste ano e ao que dende as nosas páxinas lle rendemos unha sincera homenaxe. A alta participación que houbo neste novo número propiciou que saísen propostas moi interesantes. Así, destacamos a calidade do deporte na nosa bisbarra, que aporta unha gran canteira de deportistas de alto nivel no mundo do remo, tenis, piragüismo… Tamén analizamos temáticas que nos están afectando moi especialmente; como é o caso dos incendios forestais ou mergullámonos na imaxinación que flota por estes lugares do Barbanza, indagando sobre as súas lendas. Falamos de solidariedade na reportaxe “Coñece a Paula” e de compromiso co medio ambiente nun artigo sobre as fragas do Eume, que recentemente foi víctima dun dos incendios máis voraces cos que espertou a primavera.
Na revista Xanela hai seccións que nunca faltan. Véxase Xente do Barbanza, adicada a persoeiros destacados no mundo da cultura; ou a de Sendeirismo Cultural, onde propoñemos interesantes roteiros. Tampouco esquecemos a historia deste pobo, Boiro, e esta vez recordamos a dúas mulleres represaliadas por defender os seus ideais nos tempos da ditatura, Brígida Muñíz e Manuela Del Río. Pero se hai algo do que realmente estamos orgullos de mencionar nesta revista, son as numerosas iniciativas que se están levando a cabo no noso instituto. Esta é a proba máis evidente da ilusión da que falabamos ao inicio deste artigo, do traballo en equipo e do noso compromiso coa educación . Dende aquí queremos agradecer a todos os que emprendestes iniciativas ou actividades, sexades educadores ou alumnado, a vosa adicación. Sabemos que - como dicía aquel grupo vigués no seu tema Malos tiempos para la lírica- son pésimos tempos para a educación; pois aínda hai quen pensa que educar é dar clase sen máis, cumprir un horario e marchar para a casa coa maleta baleira. Por iso, dende a Xanela queremos demostrar o contrairo e render, en certa medida, unha homenaxe a ese esforzo non recoñecido, ás moitas horas investidas, ás xornadas de bocata de mediodía, aos malabarismos coas contas e recursos...e sobretodo á moita ilusión que lle poñedes.
De tod@s nós, ánimo e mil grazas!
1
XANELA ● Editorial ....................................................... 1 ● Sumario ..................................................... 2 ● Homenaxe a Manolo Román ...................... 3 ● Cadro de honra ........................................... 5 ● As nosas letras ........................................... ..8 ● Horas perdidas…….. ………………………. 16 ● Cara a cara con Isabel Castro …….……….18 ● Xente do Barbanza………….. ……………. .22 ● Poesías e banda deseñada ………….……. 24 ● Ese máxico soño …………………...…….. 26 ● Valentín Paz Andrade…………………..……28 ● O xogo do dicionario …………………….…. 31 ● Coñece a Paula …….…………………..…... 32 ● Os incendios forestais ................................ .34 ● O entroido ................................................... .35 ● E agora….que? …………………….....……. 40 ● Isaac Díaz Pardo
………………………….46
● Boirensas na lembranza ............................. .47 ● Iniciativas do noso centro …………………..48 ● Os nosos deportistas .................................. .61 ● Recuncho científico .................................... .63 ● Lendas do Barbanza .................................. .65 ● Sendeirismo cultural ……….. ……… …... 67 ● Enredos ……………... ………………….…. 68
Consello de Redacción Silvia García, Carme Rodríguez, Pilar Hermo, Fernando Blanco, María Dieste, María Suárez, Maitane Dacosta, Cristina Suárez, Lois Pimentel, Denís Hermo, Loreto Abalo, Laura Triñanes, Nuria Outeiral, Javier Outeiral, Belén Hermo, María Silva, Mateo Núñez, Paula Vidal, Miriam Quintela, Marta García, Aldara Sobrado, Paula García, Lara Blanco, Vanesa Barcala, Daniel Abuín, Jorge Nine, Pablo Romero, Ainoha Sieira, Raquel Ares, Lidia Pérez. Maquetación Silvia García Souto
Edita Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES A Cachada. - Boiro. 2
XANELA
MANOLO ROMÁN
H
ai hoxe un ano, era Manolo Román a persoa que
estaba ao fronte da revista XANELA e nunha das súas páxinas homenaxeaba a outro compañeiro que segundo el acababa de pasar a mellor vida, isto é, xubilábase. Tratábase de Don Enrique, e despois de destacar as súas virtudes, recoñecía sentir certa envexa por ese estado ao que chega o ser humano cando se xubila. Este ano tócame a min escribir a páxina nº 3 desta revista recordando a Manolo Román, e por suposto tamén manifesto sentir envexa pola vida que está pasando. Coñecín a Román hai case tres anos, cando chegaba por primeira vez ao meu destino no IES A Cachada. Nada máis entrar no departamento, recibo unha agarimosa aperta dun home falangueiro de pelo branco que dicía ser o coordinador do Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Comezou a falarme de todas as actividades que realizaban no centro e , coma se dun mago se tratase, ía sacando revistas, calendarios, marcapáxinas, cartaces que eu, abrumada, metía no meu bolso. Case sen darme tempo a pestanexar, preguntoume se quería colaborar co equipo, ao que eu asentín vítima dunha especie de abraio, bloqueo e certa inquedanza que pouco a pouco foron esvaecéndose cando máis tarde me convidou a un café. Despois deste primeiro encontro subín ao coche e fun para a casa coa sensación de que neste instituto e con ese compañeiro non me ía aburrir. E así foi. Cada día que entraba no instituto alí estaba Manolo traballando e exclamando: “ A ver mociñas, temos que escoller os gañadores do concurso de narrativa” ou “haise que poñer coa revista” ou “temos que ir pensando no calendario…” E cando xa pensabas que non quedaba nada que facer, chegaba el e dicía: “temos que catalogar os libros que chegaron”. Nós, mirabamos para el con cara de pena e diciámoslle: - Manolo, por favor, necesitamos un cafeíño. Ao que el, sen perder o sorriso, contestaba: - Vale logo. Cinco minutiños . 3
XANELA
Manolo poñía paixón en todo o que facía. Polas tardes ensaiaba cos rapaces de teatro, investigaba sobre os personaxes ilustres de Boiro. Outras veces convertíase nun verdadeiro rato de arquivo debullando os datos do catastro de enseada, das parroquias, os documentos antigos… De súpeto, o rato espreguizábase e dicía: - Veña, imos facer un roteiro de sendeirismo. Hai que avisar os rapaces. Con Manolo un nunca se aburre. Aínda hoxe segue enviándome ao correo cousiñas relacionadas coa lingua. Sei que segue estando aí para o que faga falta, aconsellándome cando teño dúbidas, botando unha man … El é desas persoas que un atopa na vida e que pensa que paga a pena coñecer. Un traballador incansable, un home comprometido e un auténtico educador. Educador no amor pola terra, no traballo en equipo, no compromiso coa lingua. A Manolo bótaselle de menos. Cónstame que está feliz coa súa nova vida, porque a xente coma el non lle ten medo á xubilación. Como el mesmo di: - Pensei que me ía aburrir pero a verdade é que estou encantado. Fago o que me gusta. Pois así é. Neste momento anda a publicar algún que outro libro, a investigar sobre a súa querida Lourenzá, a pasear o can, tomar os viños, ver os partidos… Si. Igual ca el hai un ano, eu tamén sinto envexa .
Silvia García Souto. Coordinadora do Equipo de Dinamización da Lingua Galega 4
XANELA
CADRO DE HONRA O xurado do concurso de Poesía Letras Galegas 2012, convocado no IES A Cachada, acordou ditaminar do seguinte xeito:
1º Ciclo 1º Premio : “ O sentir da terra” de Carme Abelleira Vicente 2º Premio : “ A nosa Galicia” de Antía Otero Carou 3º Premio : deserto
2º Ciclo 1º Premio : deserto 2º Premio : deserto 3º Premio : deserto
5
XANELA
O xurado do concurso de Relato curto Letras Galegas 2012, convocado no IES A Cachada, acordou ditaminar do seguinte xeito:
1º Ciclo 1º Premio : “Ese máxico soño” de Alejandro Davila Pena 2º Premio : “A vida dun boli” de María Alborés Lojo 3º Premio : ”A ladroa de felpudos” de Alejandro Segade Fungueiriño
2º Ciclo 1º Premio : “A voltas polo pasado” de Mateo Núñez Pérez Ex-aequo “E agora… que?” de Lois Pimentel Iglesias 2º Premio : “ O son do vento” de Irene Muñiz Ortiz Ex-aequo “Auga afiada” de Maitane Dacosta Urbieta 3º Premio : “O tren do olvido” de Nuria Outeiral Pais Ex-aequo “Quen son eu?” de Lois Vázquez Fernández
6
XANELA
O xurado do concurso de Cómic Letras Galegas 2012, convocado no IES A Cachada, acordou ditaminar do seguinte xeito:
1º Ciclo 1º Premio : “Horas perdidas” de Víctor Piñeiro Figueira 2º Premio : “ O raposiño e as xemelgas” de Sandra Moares Hermo . 3º Premio : Deserto
2º Ciclo 1º Premio : “Mariano Manstesoiras” de Mateo Núñez Pérez
2º Premio : Deserto
3º Premio : Deserto
7
XANELA
A voltas polo pasado Mateo Núñez Pérez
O camareiro da melena escura ollaba in- semellaba telo atormentado e extremadamente crédulo para a quinta copa de asente que Nathan infeliz. levara á boca durante a cea á que fora convidado
Malia isto, sempre intentara levar a verda-
días antes polos integrantes do seu partido políti- de por diante na súa curta carreira, xa que se traco nun gran restaurante da cosmopolita cidade de taba dun home bastante novo para adicarse á poNova Iorque.
lítica, aínda que o seu novo aspecto desaliñado
A bebida era a técnica empregada en moi- ocultaba a súa verdadeira idade, e mesmo a súa tas ocasións polo mesmo Nathan para desinhibirse identidade.
Con este método, é dicir, coa verda-
en momentos nos que se atopaba nun alto grao de, intentaba imitar ou parecerse aos poucos pero de aburrimento e de tensión. Asemade, conseguía grandes políticos doutras épocas, que conseguiran esquecer por un instante os problemas que ocupa- afrontar todos os problemas por medio, exclusivaban a maior parte da súa monótona vida e, xeral- mente, da verdade, como Nelson Mandela, Martin mente, da realidade á que dun xeito ou doutro, Luther King ou John F. Kennedy. Pero o propio estaba sometido.
Nathan sabía que ese camiño non o levaría a nada
Nathan Elliot era un político fracasado da nun mundo actual movido pola mentira e a hipocidade de Detroit e con tendencias suicidas, sumi- crisía, e cuxo maior propósito eran os cartos, sen do nunha fonda depresión ocasionada polo estrés dar importancia a outros aspectos sumamente e sobre todo, polos desenganos amorosos que se importantes, coma a ecoloxía, os conflitos sociais foran sucedendo ao longo da súa vida e que rema- ou o desenvolvemento dunha pésima educación taran por provocarlle un odio á súa persoa e á do que empeoraba o rendemento dos nenos ameriresto das persoas do planeta. Para o resto das canos. Así que o propio político depresivo se conpersoas do planeta, Nathan tan só se trataba dun vertera no que el máis detestaba, nunha persoa home moi serio, con graves problemas co alcohol, egoísta e hipócrita. demasiado extravagante e hedonista. Mais esta
Durante a cea, unha espiral de escuridade come-
imaxe fora creada polo propio Nathan como un zara a apoderarse do campo de visión do extravatipo de armadura que tapaba unha soidade que gante Elliot, que acabou por dominar por comple8
XANELA
to a súa mente. Isto conlevou unha perda de cons- algo divino chegara ata a posición do mozo, lle ciencia durante un insignificante período de tem- entrara polos oídos e chegara a todas e cada unha po, aínda que resultou ser suficiente para notar un das partes doentes do seu corpo, estas dores insogolpe seco na súa caluga, que fixo desaparecer esa portables marcharon del nun abrir e pechar de espiral negra. A dita escuridade trocouse nun gol- ollos. pe de luz moi branca e brillante, aparentemente
O propio mozo non atopaba lóxica ningu-
cegadora, que deu paso a unhas borrosas siluetas, nha ao ocorrido, pero sen lle dar demasiada imcase inapreciables. Estas siluetas fóronse facendo portancia, proseguiu o seu camiño. Mais algo esmáis nítidas e acabaron por descubrir o rostro dos traño comezara a ocorrer na mística cidade de demais políticos hipócritas que formaban a súa Nova Iorque logo do misterioso incidente. Nathan mesa, e mesmo doutras persoas que Nathan non Elliot comezou a observar a todas as persoas que logrou recoñecer e que supuxo que serían algúns nese mesmo momento percorrían a Quinta Avenidos camareiros do luxoso restaurante neoiorqui- da, así como os edificios, os automóbiles, o decono, necesitados dun pouco de morbo e espectácu- rado da rúa… lo para animar, dalgún modo, as súas tarefas nun
Un estremecedor arrepío atravesou por
traballo tan simple e rutineiro coma aquel. Aínda completo o corpo do bébedo home, que se fretaque o corpo e a cabeza do bébedo home de De- ba repetidas veces a faciana, pola cal comezaran a troit dicían completamente o oposto, as súas cor- esvarar, con excesiva rapidez, unhas gotas de suor das vocais limitáronse a asentir unha e outra vez que lle chegaban ata o queixo e se perdían polo que se atopaba ben, aínda que algo canso e atur- espazo ata caer ao chan de formigón da Quinta dido, e explicoulles aos seus compañeiros que tan Avenida. só necesitaba volver á habitación do hotel para
Coma se de maxia se tratase, Nathan fora
descansar e intentar durmir algo. Así mesmo, re- transportado no tempo ata, aparentemente, a xeitou calquera tipo de axuda para a viaxe.
Nova Iorque dos anos 60. Sen máis dilación, e sen marxe ningunha coa que o señor Elliot puidera
Nathan saíu pola porta do restaurante case pararse a reflexionar, un home traxeado que dessen manterse en pé, cunha dor de cabeza que lle prendía unha elegancia inusual, apareceu a uns provocaba náuseas e un mareo insoportable, pero escasos cinco metros do seu corpo, e invitou o axiña puido recompoñerse un pouco,e continuou fracasado político a entrar nun luxoso á par que co traxecto ata o hotel. Pero de súpeto, coma se misterioso local situado á súa esquerda. Practica9
XANELA
mente sen darse conta, ambos os dous mozos tacular, e cuxa elegancia deslumbrou ao mozo de entraron ao interior do local. Dito local resultara Detroit. Ese home non era outro que John Fitzgeser un restaurante, cuxo interior semellaba aínda rald Kennedy, o presidente dos Estados Unidos máis maxestoso que a súa fachada. O portentoso dende 1960 ata a súa norte en 1963. restaurante estaba dividido en varias zonas: nunha
O corpo de Nathan quedou completamen-
había preto de dez mesas practicamente cheas, a te xeado. Os seus músculos semellaban de aceiro. maioría de dúas persoas, aínda que tamén existían Pero, coa mesma velocidade coa que lle estaban a dúas ou tres de maior capacidade, todas baleiras. acontecer os feitos esa noite do venres, Kennedy Outra das zonas estaba composta por unha longa comezou a falar con el. As palabras resoaban en barra que daba paso a un gran moble repleto de todo o local, e as antenas receptoras resultaron licores de todos os tipos e que exercía a modo de ser os oídos do mozo, quen non podía crer de ninmini-bar. Estaba custodiada por un miúdo cama- gún xeito o que lle estaba ocorrendo. reiro, que tamén desprendía unha elegancia digna
Aínda así, os dous comezaron unha conver-
dos camareiros do restaurante máis importante sa na que, pouco a pouco, comezaron a intervir de todos os Estados Unidos. A última zona, e qui- máis homes e mulleres presentes naquela mesa. A zais a máis pequena, así como a máis interesante e situación atípica desa madrugada de inverno deu misteriosa, consistía unicamente nunha longa me- paso a unha conversa sobre política, economía e sa, moi similar á utilizada nos casinos para xogar temas relacionados coa marxinalidade e os probleao blackgammon, outra das adicións do mozo de- mas económicos e sociais que arremetían contra presivo, tapizada en veludo vermello escuro e cu- aquela Norteamérica dos anos 60. xos bordes de madeira eran dignos do mellor carballo galego.
Co asombro dun neno de 5 anos, e coa pasividade de todo un político famoso e respectado,
A mesa estaba practicamente repleta de o señor Elliot fixérase un oco naquela insólita conmozas moi novas e fermosas, así coma de homes versa co presidente Kennedy, o seu maior referenvestidos cuns traxes impecables e cun olor fresco te, e un dos políticos tomados como modelo na a perfume que penetraba directamente no nariz súa carreira. E cando esa conversa chegaba á súa de Nathan Elliot. O home que o convidara a pasar, parte máis interesante, todo se esvaeceu coa mesconvidouno, esta vez, a sentar na longa mesa de ma rapidez e sinxeleza coa que as cousas lle estaveludo a carón da única persoa que se atopaba de ban ocorrendo ao incrédulo de Nathan. O presicostas a eles. Era un home cun porte físico espec- dente Kennedy esfumouse, así como o luxoso res10
XANELA
taurante neoiorquino e as persoas presentes nel. dos seus ollos, da súa mente, e acabou por durA penetrante dor de cabeza retornou, e o fracasa- mirse de novo. do alcohólico aparecía tirado na Quinta Avenida
A voz dunha fermosa enfermeira de pelo
fronte á porta do restaurante ao que asistira cos vermello e ollos grises fixo espertar ao mozo ameseus compañeiros de partido. A continuación, un ricano, anunciándolle a hora da comida e poñénson de ambulancia deu paso a unha espiral de dolle unha bandexa nas pernas, constituída por un escuridade que acabou por rematar coa conscien- pequeno zanco de polo acompañado dunha escacia de Nathan Elliot.
sa cullerada de arroz, mais un ínfimo anaco de
Un fráxil raio de luz procedente do sol ma- pan. De seguido, entrou na habitación outra enferdrugador entraba pola ventá do branco cuarto no meira de cabelo rubio, visiblemente tinxido, moito que Nathan estaba prostrado, cando este conse- maior e tamén moito menos atractiva cá primeira, guiu abrir os ollos. Unha rápida ollada ao seu re- dado as engurras que se apoderaban da maior dor tan só serviu para alimentar, máis se couber, o parte da súa cara graxenta, e a gran anchura que desconcerto do bébedo mozo de Detroit. A peque- presentaban as súas cadeiras e pernas. Desta vez, na habitación do hospital fíxoselle familiar ao se- a vella enfermeira informou ao señor Elliot da súa ñor Elliot, pois xa estivera ingresado en máis oca- alta médica, e continuou advertíndolle ao mozo sións por diferentes problemas de saúde, moitos do perigo do alcohol e as consecuencias deste, deles provocados por intoxicacións etílicas e so- pero Nathan non lle fixo caso ningún. No tempo bredoses de diferentes pílulas e menciñas.
no que a enfermeira estivera na habitación, a ban-
Aínda que o seu cerebro se estaba recupe- dexa do enfermo estaba baleira, e Nathan Elliot rando, como o resto do seu corpo, dunha noite de estaba vestido coa roupa coa que pasara a anteexcesos co alcohol, este seguía traballando arreo e rior noite co presidente J.F.Kennedy. Nathan non podía deixar de pensar no acontecido
O inseguro político de Detroit, pasou todo
na madrugada anterior. A presenza do presidente o camiño no taxi cara o hotel cavilando sobre a Kennedy acompañárao durante toda a noite, e o súa posible tolemia, na súa viaxe da noite pasada, precioso restaurante no que o home traxeado o e repasando todos os feitos acontecidos nela. Isto convidara a pasar, tornárase naquela pequena e creoulle unha obsesión que o afastaba do mundo infame habitación de hospital. Todo este barullo real. Esa noite cambiou a estancia en Nova Iorque de pensamentos e sensacións acabou por afogar o de Nathan Elliot. Mesmo a súa vida virou totalfracasado de Nathan Elliot. O cansazo apoderouse mente. Para Nathan non existían días nin noites. 11
XANELA
Almorzos ou ceas. Durmía o necesario, comía e
O bébedo mozo ollou confuso ao seu ca-
bebía o necesario, á hora necesaria, un día ás cin- rón. Alí atopou a súa petaca, baleira, e tirada soco da tarde, outro ás cinco da madrugada. Cada bre o frío formigón da rúa. Levantou a mirada, e noite voltaba á porta do restaurante da Quinta perante a el amosábase, esplendorosamente, o Avenida, esperando a inusual elegancia do home cartel “5st Avenue”. Un fresco olor a perfume intraxeado, a que dito restaurante se convertese no vadiu o nariz do mozo, o fume procedente do tubo maxestoso local daquela noite do venres, a que o de escape dun flamante Rolls Royce batíalle na vello home que se sentaba na mesa do fondo do cara, e unha elegancia inusual transformada en restaurante neoiorquino todas as noites, adquirise traxe chamaba por el a uns dez metros. Nathan o porte e a elegancia propios do presidente Ken- mirou o seu reloxo dixital. Era venres. nedy, e acabara por transformarse nel. A monoto-
Desta vez, o elegante home traxeado non
nía e a rutina entraron de novo con forza na vida o convidou a pasar ao fermoso local da súa esde Nathan, e o seu pensamento volvérase axitado querda, senón a un luxoso automóbil aparcado no de máis, inducido por unha posible tolemia que o arcén da dereita, que resultou ser o Rolls Royce, afogaba e mesmo lle quitaba as gañas de vivir. A cuxo fume do tubo de escape lle batera na faciana súa vida convertérase nun pesadelo. Nun constan- minutos antes. No seu interior, o olfacto de Elliot te pensamento borroso e gris. Nunha mesa de captou o fume dun habano, o olor dos frescos blackgammon vermella que unha vez aparecera e perfumes franceses que o deleitaran o venres ano fixera sentirse feliz por un curto período de tem- terior e un ambientador de vainilla. Estes formapo. Alí estaba el, Nathan Elliot, perante á pequena ban unha mestura de olores que á súa vez, se unípetaca que comprara anos antes nunha visita de an nun só aroma, canto menos peculiar. E alí estatraballo a Washington D.C., e que o acompañara ba o elegante John, cuxa presenza non resultaba nos malos momentos da súa solitaria vida. Grolo a ser unha sorpresa para Nathan, senón todo o congrolo, o asente fora transformando as fondas pre- trario. Tiña a fe de volver atoparse co seu ilustre e ocupacións que se apoderaran da súa mente na quizais, imaxinario novo amigo. O esplendor do última semana en Nova Iorque, nunha espiral de presidente Kennedy contrastaba coa inseguridade escuridade, de sobra coñecida polo novo político e o nerviosismo do novo político de Detroit. Aínda americano. A espiral de escuridade acabou por lle que conseguira que as súas preocupacións se esfugañar terreo a todas esas preocupacións e unha maran, deixando de lado a súa posible tolemia, e luz fíxose paso entre ela.
intentando desfrutar do momento co seu falecido 12
XANELA
ídolo, notaba como un arrepío lle atravesaba as cio, que mesmo parecía que o miraba en fite. Alí, costas, e remataba nas puntas dos dedos maimi- fronte ao fracasado político, como convidándoo a ños do pé.
introducirse nel, amosábase o famoso hotel Asto-
O luxoso e impecable Rolls Royce arrancou, ria. E pouco despois, J. F. K, Christine e o resto dos e con el, tamén arrancaron as interesantes con- elegantes compañeiros do presidente, comezaron versas que caracterizaban as noites co ex presi- a camiñar ata a xigantesca porta principal do dito dente americano. De novo, Nathan, volveuse sen- hotel. A espiral de escuridade voltou para ocupar tir respectado e importante, e non dubidou en toda a vista de Nathan Elliot, e o frío entrou polo expoñer as súas ideas fronte aos interesados com- seu corpo, devolvéndoo ao formigón da beirarrúa pañeiros que compartían o automóbil con el. In- da Quinta Avenida. cluso con Christine, unha nova e fermosa moza
Todos os venres, o alcohólico de Nathan,
loura, co cabelo sempre perfectamente rizado, e asistía á súa cita, real ou imaxinaria, con Kennedy, cuxa pel branca era similar á da neve das monta- Christine e os demais compañeiros e políticos dos ñas de Dakota, nas que Nathan pasara os mellores sesenta, no luxoso restaurante do primeiro día ou días da súa infancia. Christine era unha gran com- tamén no salón de reunións do hotel Astoria, pañeira de John Fitzgerald nas dúas noites que facendo así unha profunda amizade co presidente, coincidira con ela, como se podía observar nas falecido na realidade, pero moi vivo na súa alma. A miradas e movementos cómplices entre os dous. súa vida xiraba en torno ás historias do poderoso Quizais habería algo máis, mais escapaba dos co- presidente e do seu fervente amor pola compañeiñecementos de Nathan. Pero, dende o primeiro ra deste. O desconcerto do político de Detroit deinstante no que a mirada do fracasado Elliot se saparecera, xa que a súa mente se acostumara ás cruzou coa da nova dama, notou certa complicida- noites do venres, e convertera en realidade o que de e conseguiu, dunha vez por todas, abrirlle a ao principio parecía produto do seu subconscienarmadura á que o seu corazón se aferrara anos te. antes despois do enésimo desengano amoroso.
Malia que as súas preocupacións remata-
O Rolls Royce parouse e, con el, as estupen- ran, non o fixeron para algúns dos seus compañeidas conversas que naceran no seu interior. O cho- ros de partido, que non crían absolutamente nada fer do automóbil abriulle a porta aos seus viaxan- do que o incomprendido de Elliot lles contaba. tes, e a vista de Nathan cravouse no enorme e Ademais, os comportamentos deste non axudabrillante letreiro situado no cumio do luxoso edifi- ban. A súa vida non parecía a dunha persoa nor13
XANELA
mal, bebendo a todas horas e chegando a vivir ble faltar a dita viaxe. nunhas condicións precarias. A súa habitación de
Nathan sabía que era unha loita a contraco-
hotel convertérase nun desastre total, mesmo rrente. Chegados a ese punto decidiu actuar meparecía un crebacabezas con todos os datos das diante o seu método preferido: a verdade. E coma experiencias nocturnas dos venres e do desenvol- se dun tolo se tratase, comezou a contarlle a vemento e os detalles da súa relación con Christi- J.Fitzgerald todo o acontecido nesas marabillosas ne, que se convertera nun amor mutuo, pero ne- semanas. Contoulle que viña do futuro. Que era cesariamente oculto, por medo a que isto influíse un fracasado político de Detroit, hipócrita e solitana relación dos dous con John.
rio. Contoulle que mantiña unha apaixonada rela-
Nunha das súas saídas ata o Astoria dos ción secreta con Christine, a súa compañeira, e anos sesenta, descubriu, para a súa sorpresa, a que fora ela quen lle conseguira volver abrir o seu data na que se atopaba a súa mente ese venres de corazón. Contoulle que, de asistir a Dallas o venres madrugada. Era venres, 15 de novembro de 1963. seguinte, sería asasinado. Intentou informalo de Unha semana antes do asasinato de JFK en Dallas. todo mediante datos que lle viñan á mente sobre A noticia caeulle coma un xerro de auga xeada, e a fatídica visita a Dallas, en Texas, o 22 de novemos seus músculos tensáronse. Quizais sería a últi- bro de 1963. Datos sobre a súa vida persoal, que ma vez que estaría co trixésimo quinto presidente saíran á luz grazas a un invento odiado polo mesamericano. Ou quizais non, se podía evitalo. Algu- mo Nathan, como era Internet. Contoulle todo. nha que outra vez lera que, no caso de poder via- Todo o que podía contar para convencer alguén xar ao pasado, non se podería cambiar nada que de algo. Mais Kennedy respondeulle mirándoo en puidese influír no presente. Pero a esas alturas, fite, e a continuación, cun sorriso e un aceno que Nathan viuse na obriga de intervir. Por Kennedy. o mozo de Detroit non foi quen de descifrar. Logo Por Christine. Pola súa amizade, e polos momen- unha espiral negra apoderouse da súa vista e da tos máis felices da súa vida, foran reais ou imaxi- súa mente, e o sorriso de John F. Kennedy perdeunarios. Así que optou por pasar a noite intentando se entre a escuridade… convencer a Kennedy para que non fose o venres
E espertou. Pero, para sorpresa e descon-
seguinte a Dallas, mais tan só sacou en claro unha certo do alcohólico N. Elliot, non espertou nun cousa: o teimudo que podía chegar a ser o presi- recuncho do frío formigón da Quinta Avenida. dente, xa que non atendía a razóns, e só se limita- Espertou nunha habitación completamente branba a repetir unha e outra vez que lle sería imposi- ca e recostado sobre unha dura cama gris, atado 14
XANELA
de mans e pernas cunha camisa de forza. A peque- va, pero os seus pensamentos non cesaran en ninna habitación non lle resultaba familiar. Non se gún momento. O que acontecera todos os venres trataba do hospital. Na marxe esquerda dese in- durante a súa estancia en Nova Iorque escapaban quietante cuarto, situábase unha branca, aínda de calquera tipo de ciencia ou relixión. De calqueque oxidada polas esquinas, porta metálica. A por- ra tipo de crenza. A súa mente e o seu corazón ta tiña unha pequena ventá circular na súa parte falaban máis forte que calquera investigación real superior, por onde entraba o único raio de luz que que desbaratara todos os feitos vividos nesas seenvolvía a habitación. Nathan tratou de encaixar manas tan especiais. Pero tamén sabía que coa as evidencias, e por fin asumiu que se atopaba na morte do presidente Kennedy, as posibilidades habitación dun psiquiátrico.
dunha visita ao pasado eran nulas, mais en ningún
Paralelamente á súa visita ao Astoria na momento perdeu a fe. madrugada do Venres, Sarah, unha compañeira do Sarah, a súa compañeira de partido que o ingresaseu partido, puxérase en contacto cun doutor do ra no inmundo hospital psiquiátrico, decidiu visitar psiquiátrico para amosarlle o estado no que se o solitario mozo, aproveitando un oco na súa atopaba o desgraciado político. Este non dubidou axenda, aínda que non sabía se sería adecuado en internalo, dadas as circunstancias que envolví- visitalo pola noite. O doutor ao que recorrera ela, an a vida de Nathan Elliot.
acompañouna ata a habitación na que estaba in-
O mozo de Detroit non daba creto ao suce- gresado Nathan, pero ao pasar ao seu interior, tan dido, pero as paredes brancas da súa nova habita- só atoparon unha camisa de forza nun recuncho e ción do manicomio non ocupaban os seus pensa- unha cama feita cunha nota na súa almofada que mentos, aínda que o fixeran baixar ao mundo real. dicía: A súa mente quería crer nas historias deses máxi-
“Estimado Señor Elliot. Está vostede invitado a
cos venres, mais a súa actual situación desbotaba unha cea no Astoria as 00:30. calquera posibilidade de que eses feitos foran re-
Reciba un cordial saúdo.
ais. Nathan asumiu con total enteireza a súa nova
John F. Kennedy”.
vida, pero a súa mente e o seu corazón non para- A nota tamén firmaba coma venres 22 de novemban de pensar na noite anterior e no seu amigo, bro de 1963. Kennedy non asistira finalmente a por unhas semanas, John Fitzgerald Kennedy. Os Dallas. días ían pasando e N. Elliot rexeitaba calquera tipo E esa noite era venres. de visita que rompera coa súa monótona vida no15
XANELA
16
XANELA
17
XANELA
CON
Por Lois Pimentel
Como vén sendo habitual na nosa revista “
A Xanela”, cada ano achegámo-
nos a unha persoa, mediante un pequeno cara a cara, para coñecer un pouco máis o seu labor profesional e, como non, a súa opinión sobre certos temas de actualidade e mesmo, sen chegar a ser indiscretos, os seus gustos ou afeccións. Atopámonos no Departamento de Orientación para manter unha conversa con Isabel Castro Domínguez, xefa do Departamento de Orientación.
Entrevistador: Ola, Isabel. Levo tres anos no instituto e teño oído falar en varias ocasións de orientación e mesmo feito traballos e seguido pautas e suxestións dadas a partires deste departamento. Pero, se son sincero, son moitas as dúbidas. Por exemplo… Quen forma o Departamento de Orientación? Isabel: O Departamento de Orientación está formado por un profesor de pedagoxía terapéutica, un titor de cada un dos ámbitos (sociolingüístico e científico-matemático) e pola xefa de dito departamento, licenciada en psicopedagoxía e psicoloxía. Se tamén contaramos neste instituto con ciclos de FP habería outra persoa a maiores. E– Impartes clases nalgunha titoría? I- Non, os orientadores non temos función docente. E- En que consiste logo o teu labor? 18
XANELA
I- A miña función engloba tres ámbitos: o da familia, o do profesorado e o do alumnado. A función principal é a de asesoramento. Concretando máis, coas familias. O que máis se traballa é a información sobre as saídas académicas do alumnado, se titula ou non, a valoración psicopedagóxica dos fillos (se a demandan), o asesoramento a nivel de pautas de conduta e estudo… Co profesorado, fundamentalmente cos/coas titores/as e en coordinación con eles/ elas, desenvolvemos o plan de acción titorial do centro en tres bloques importantísimos: hábitos de estudo, técnicas de estudo e orientación académica profesional. Cando se rematan os estudos, con ou sen titulación, tamén se coordinan diversos talleres de temas transversais. Previa demanda do profesorado, fanse valoracións psicopedagóxicas para detectar posibles dificultades de aprendizaxe en alumn@s. En xeral: información e asesoramento, así como a coordinación co equipo directivo en problemas de conduta. E- Prefires traballar dende atrás, por así dicilo, ou preferirías ter contacto directo co alumnado? I- Eu estou a gusto como estou traballando, pero o certo é que ás veces si se bota en falta non poder ter máis contacto co alumnado. E- Coas familias, como é o xeito de abordar as distintas problemáticas que se poidan dar? I- Coas familias, sempre a través de entrevistas persoais, así como de pautas escritas. Posteriormente, faise un seguimento. O maior problema é a conciliación da vida laboral dos pais coa vida familiar; xa que non poden controlar os hábitos de estudo seus fill@s. Se os problemas dos alumnos/as son casos moi graves, xa se desviarían a un clínico (psicólogo, psiquiatra…). E- Supoño que levas moitos anos en contacto co ensino. Cres que a mocidade actual adica menos tempo aos estudos? I- En xeral penso que si. Na miña opinión estudades doutra maneira, e co tempo mal 19
XANELA
organizado. E- En varias ocasións vemos nas noticias e nalgúns centros de secundaria o tema das agresión tanto entre alumnos, como alumnos cos profesores. Este instituto aseméllase neste tipo de situacións? I- Non. No noso centro, por sorte, este tipo de casos son moi illados, excepcionais. E- Na época de crise que estamos atravesando estanse a producir unha serie de recortes que afectan a varios sectores públicos. En particular, que opinas con respecto ao que se está producindo en educación? I- Non sei se o que opino se pode publicar… (Risas). Eu estou totalmente en desacordo. É un atraso tremendo no ámbito da educación. A nivel profesional, podería aceptalo, pero por suposto que non nos recursos. Isto é un retroceso! E- No caso do noso instituto, xa se notou o seu efecto? En que? I- Por suposto que si. Notouse nun recorte de profesorado que leva consigo un recorte na atención á diversidade que non se pode atender de maneira axeitada. En concreto, carecemos dun especialista en Audición e Linguaxe, cando temos alumnado con dificultades moi específicas e necesidades deste profesional. E- Que valores intentas inculcar aos rapaces/as do instituto? Cres que o consegues? I- Os principias son o respecto e a integridade. Os orientadores en xeral, estamos frustrados, xa que os nosos logros non se poden observar a curto prazo, senón en períodos máis longos. E-Tendo en conta que ti estás en contacto todos os días con mozos e mozas, cres que a situación actual do galego mellorará ou empeorará? I- Non creo que empeore. Eu creo que, polo menos en Boiro, se manterá. Neste centro a situación está bastante ben, xa que se traballou moito. E- Cal é o tema de actualidade (política, economía, sociedade…) que máis che preocupa? Por que? I- O paro. É moi difícil animar aos alumnos porque as perspectivas de futuro son 20
XANELA
bastante negras e negativas. E- Hai agora máis fracaso escolar que cando ti estudabas? Se é así, a que cres que se debe? I- Non é equiparable. Agora todo o mundo ten acceso á educación. Antes non estaba cuantificado este fracaso, porque só ían os poucos que verdadeiramente querían estudar e podían. E- Se tiveses que convencer a unha persoa á que en principio non lle guste ler, faríalo? Como tratarías de convencela? I- Si, por suposto. Pois, buscaría convencela de moitos xeitos. Empezando por soporte informático ata o papel (cómic, relato curto…), dende textos moi sinxelos sobre temas que lle interesen á persoa. E- Gústache ver a televisión? Que adoitas ver nela? I- Ben…regular. Adoito ver informativos, algunhas películas e algúns documentais.
Rolda de preguntas curtas: Película favorita: Casablanca. Grupo de música: The Beatles, Rosendo, Sabina, Serrat… Libro preferido: Calquera novela histórica. Un sabor: Unha laranxa. Un olor: O das gardenias. Unha comida: Un bo cocido. Unha paisaxe: Costeira, con cantís. Un recordo: A miña avoa materna, que era moi tenra. E para rematar… un desexo
21
XANELA
Xente do Barbanza Entrevista a Tucho Abalo “Ser é transmitir porque todo ser transmite… A arte é vida porque todo ser vivo é unha obra de arte que crea arte voluntaria e involuntariamente. A vontade é a que fai o artista…”
Tucho Abalo é un escultor de Cabo de Cruz. Iniciou a súa formación artística na escola de artes e oficios Mestre Mateo en Santiago de Compostela. Hoxe, nesta entrevista, dános a súa visión particular sobre a escultura, o seu significado e a crítica a través da arte. Por Laura Triñanes e Nuria Outeiral Cando empezaches a adicarte á escultura? Haberá nove ou dez anos aproximadamente. Por que decidiches empezar? Porque sempre me gustou traballar coas mans e facer o que me viña á cabeza, o que quixen. Meu pai é carpinteiro e con el teño traballado e colaborado. Ademais é satisfactorio ver, cando acabas algo, que está ben. Que é o que máis che gusta do teu traballo? Que podo facer o que quero. Cal das túas obras é a que máis che gusta? Todas teñen moito valor para min, pero hai unha que fixen con Oscar Aldonza, un mestre da escultura co que traballei durante catro anos, que se chama O Druída Poeta que me gusta moito. Tamén hai outra que parte de min. Fíxena eu ao completo e está realizada con lixo recollido da praia. Tes algún tipo de formación académica na escultura ou es autodidacta? Estiven catro anos cursando escultura en Mestre Mateo. Alí aproveitei todo o tempo para estar nos talleres e desenvolvín unha técnica propia consistente en mesturar cristais con resina. Que che gusta facer no teu tempo libre? Tocar. De feito toco percusión; aínda que tamén me gusta ler, debuxar... pero a maior parte do meu tempo libre adícollo á escultura, ben pensando que críticas vou realizar; porque claro, a miña escultura son críticas e pensamentos. Ese espírito crítico transfórmoo en volume. Esa é a miña base ou punto de partida. 22
XANELA
Cales son os teus escultores de referencia? Miguel Ángel e Rodin. Tes en conta outro tipo de artes para inspirarte cando traballas, como por exemplo a pintura, a música…? Eu sempre traballo con música, vivo con música, póñoa cando me levanto ata que me deito. A música faite viaxar. Onde podemos contemplar as túas obras? Agora mesmo algunhas atópanse no centro social de Cabo de Cruz, unhas cinco, e en myspace (http:// www.myspace.com/tuchoeu ) Estás traballando nalgunha obra actualmente? Si, sempre estou traballando nalgunha obra. Agora mesmo estou realizando unha trompeta que me encargou un veciño; unha trompeta de cristais con resina. Ao mesmo tempo tamén estou traballando cun deseñador de interiores. Que proxectos tes para o futuro? Teño pensado rematar a páxina web que me están facendo e tamén me gustaría realizar unha viaxe por Europa para moverme polas súas galerías de arte e ver que opcións teño. En Polonia e en Roma xa teño contactos. De feito, actualmente hai once obras miñas en Italia e dúas en Porto.
Agradecémosche, Tucho, que nos concedeses esta entrevista e dende a revista Xanela desexámosche moito éxito en todos os teus proxectos relacionados coa escultura.
23
XANELA
A NOSA GALIZA Voume achegando paso a paso ao meu pobo, á miña terra que tan fermosa como sempre segue aí, agardando tal e como o ollei por primeira vez. Xa avisto as centenarias torres do camposanto, os verdes outeiros e as fermosas e recortadas costas galegas. Xa chego á miña terra! Á terra onde nacín! Á terra galega! Da igrexa santa ao cabo de Fisterra, do cume máis alto ao pequeno outeiro, do río Miño ao regato pequeno. Cada recuncho paga a pena ver, porque toda é Galicia.
O SENTIR DA TERRA Lúa chea, noite estrelada estou divisando coa miña mirada. Choiva que cae, vento que funga nesta terriña envolta por auga. Sol resplandecente, querido verán contigo xa chega o San Xoán.
Esta é a nosa terra! coa súa xente e coa súa fala. Falemos galego! Pensemos galego! Vivamos como galegos!
Benditas fogueiras, que alumean, bendita xente que as rodea. Sinto a gaita, vexo gaiteiros, saen ao mar os mariñeiros.
Antía Otero Carou
Síntome leda, síntome forte destes airiños do mar do Norte. Vivo contenta, vivo esperando, os bailes da terra sigo bailando. Lúa chea, noite estrelada, estou agardando coa súa chegada. Carme Abelleira Vicente
24
Mateo Núñez
XANELA
25
XANELA
Ese máxico soño Alejandro Davila Pena
A
lugar estraño que descoñecía totalmente: non nxo era un neno de dez anos fascinado po-
había casas, nin estradas, nin paus da luz, nin un
los dinosauros. No seu cuarto tiña un montón
só papel tirado no chan! En definitiva, non había
destes exemplares: Thyrannosaurus, Edmonto-
un só rastro de vida humana. Só se vían pedras,
saurus, Velociraptor, Protoceratops… Dende pe-
algunha vexetación e un gran lago no medio. Da-
queno quedara abraiado pola película “Na busca
do que ía moita calor, decidiu darse un baño. De
do val encantado”, cuxo protagonista é un peque-
súpeto, levou un bo susto ao observar que á su-
no cuellilargo chamado “Piecito”. Dende entón
perficie afloraba un rabo moi grande. Saíu corren-
encantáballe todo o que tiña relación coa prehis-
do e ocultouse detrás dunha árbore. Do fondo do
toria, en especial a Era Mesozoica.
lago comezaron a emerxer burbullas ata que apa-
Anxo era moi forte. Gozaba de moi boa saúde e
receu un crocodilo xigante. Nunca na súa vida
case nunca estaba enfermo. Mais un día, e para
vira un animal tan enorme. Aguantou a respira-
sorpresa súa e dos seus pais, Anxo non puido ir ó
ción para non ser descuberto, mais o réptil en
colexio, a pesar de que lle encantaba atoparse
seguida se decatou da súa presenza e dirixiuse a
cos amigos e aprender cousas novas. Tiña case
el. Anxo tentou fuxir, pero este animal desprazá-
trinta e nove de febre e doíalle moito o estóma-
base cunha velocidade abraiante. Parecía famen-
go. Mais non era unha dor feble, senón todo o
to, debido aos continuos bruídos que emitía. Can-
contrario: semellaba que lle estivesen cravando
do alcanzou a Anxo, o rapaz tremía de medo. O
agullas. Non lles quixo contar nada aos seus pais
crocodilo mostrou os seus grandes e afiados cani-
e decidiu deitarse no sofá, tapado coa súa manti-
nos. Tiña que se facer á idea de que ía ser devora-
ña, a ver a súa película favorita. Xa no comezo,
do. De socato, apareceu un dinosauro cuellilargo
sentiu que estaba moi canso. Porén, Anxo tenta-
que se enfrontou ao crocodilo facéndoo fuxir. Alí
ba non se durmir, ata que a fatiga puido con el e
había animais que el xa coñecía moi ben. Aqueles
as súas pálpebras se pecharon completamente.
vertebrados que tiña en fronte súa eran, como
Atopouse miles de anos atrás no tempo, vestido
non, os dinosauros.
unicamente cun taparrabos de pel, no medio dun
O cuellilargo, non tiña a mínima intención de fa26
XANELA
cerlle dano a Anxo. De feito, era vexetariano e só Anxo non se podía mover e Salva montouno sobre quería salvar e protexer ao pobre rapaz. Anxo non o seu lombo. Logo de camiñar uns dous minutos daba creto ó que estaba vendo. O seu gran salva- chegaron a unha cova. Salva púxose ao seu carón dor era Piecito, o animal que tantas veces vira na e mirouno aos ollos. Semellaba que lle quería dicir súa película favorita e que tanto desexara coñe- algo e non sabía como. A súa linguaxe era diferencer. O neno acariciouno e o animal deixábase fa- te, pero aínda así, Anxo comprendeu que Salva só cer.
quería axudalo. O dinosauro colleu coa súa boca o
Decidiu chamalo “Salva” e fixéronse moi amigos. pau que sobresaía do corpo de Anxo. Despois de Anxo estaba tan entusiasmado co seu novo com- sacalo, comezou a lamber a ferida ata que curou. pañeiro que case non oíu as voces e ruídos que se Xa non quedaba nada máis que unha pequena e ían achegando. Subiuse ao alto dun outeiro e viu a redonda cicatriz. Anxo quedou durmido xunto co un grupo de homes que, vestidos con peles de seu amigo. animais, intentaban cazar algún ser coas súas lan- Ao espertar, nada cambiara na súa casa. Seguía zas. Xa descubrira que se atopaba na prehistoria, vestido, tapado coa súa manta e coa televisión pero … como era posible que houbera persoas na acendida. Na pantalla estaban saíndo os créditos época dos dinosauros? Quizais tamén se achaban da película que xa rematara. Anxo non podía crer nun soño, coma el. Pero parecía que se tomaban que tan só pasaran dúas horas. Recordou entón o moi en serio a caza: todos seguían apuntando na motivo polo que non fora á escola. Tomou a febre súa dirección. Por máis que os dinosauros intenta- e aínda non cesara. A dor do seu ventre continuaban fuxir, non o conseguían. Cada vez había máis ba a ser intensa, pero tampouco lle deu moita cazadores que se lles aproximaban. Anxo non pui- importancia, pensando que sería gastroenterite. do esquivar a frecha que lle lanzaran e que termi- Foi á cociña e pediulle á súa nai que lle preparara nou por afundirse no seu abdome. Nunca sentira unha macela. tanta dor. Era tan intensa que parecía que lle atravesaban as entrañas. De seguir coa lanza cravada remataría desangrándose. Mediante uns sons que Anxo non conseguiu comprender, Salva díxolles algo aos seus compañeiros. Entre eles e algunhas aves que os sobrevoaban, conseguiran espantar aos homes.
- Neno, íspete e vai á ducha. Sentarache ben. Anxo comezou a sacar a roupa, quedando tan só en calzóns. - Que tes no ventre, Anxo? O rapaz observou o seu abdome e descubriu unha cicatriz redonda e pequena. Se cadra, os soños ás veces fanse realidade.
27
XANELA
Letras Galegas 2012
Valentín Paz Andrade V
alentín Paz Andrade foi avogado, político e empresario, amais de ensaista, poeta e xornalista. Son moitas as facetas desta rica personalidade que se caracterizou, por encima de todo, polo compromiso co país. Naceu o 23 de abril de 1898 en Lérez, Pontevedra. Durante os seus anos mozos coñece a través do seu tío Juan Bautista Andrade a Castelao, quen daquela acababa de chegar a Pontevedra. Este autor, ao que chamaba “o meu mestre”, influiu fondamente na súa obra . Nesta época tamén se vai iniciar no xornalismo. En 1917 comeza a estudar dereito en Santiago de Compostela. Será nomeado presidente do Grupo Autonomista Galego de Estudantes, afín ás Irmandades da Fala. Así inicia a súa traxectoria política. Logo de rematar a carreira, comeza a exercer en Pontevedra ata que é chamado a filas e ten que ir loitar á fronte a África. Dende alí escribe crónicas de guerra que se publicarán en El Noroeste da Coruña. Só con vinte e catro anos asume a dirección do xornal Galicia, subtitulado Diario de Vigo, cun espírito liberal, independente e galeguista. Este xornal desaparecerá durante a ditadura de Primo de Rivera. En 1930 é nomeado presidente do Grupo Autonomista Galego que se constitúe en Vigo e que despois se fusionará co Partido Galeguista creado en 1931. Durante esta época participa en mitins xunto con figuras galeguistas como Castelao, Xosé Núñez Búa, Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco, Ramón Cabanillas e Alexandre Bóveda. Ademais da súa faceta política, cabe destacar o seu labor como asesor xurídico dos armadores, e cos anos converterase nun dos mellores especialistas xurídicos galegos en temas marítimos e en economía pesqueira; sendo un dos impulsores da creación da empresa Pescanova. A partir dos anos cincuenta comezará a realizar unha serie de relatorios sobre o tema por distintos países de América. Durante a guerra civil e tras ela sofre varios desterros debido ao seu compromiso político, aínda que será a súa condición de exiliado o que o faga comezar a escribir poemas en galego. Tamén coñece a que sería a súa muller, Pilar Rodríguez Prada. Instálanse en Vigo, onde traballará no seu bufete e desta unión nacerá un fillo. Morreu o 19 de maio de 1987 en Vigo aínda que será enterrado no Lérez envolto na bandeira galega polo seu expreso desexo. 28
XANELA
OBRA Valentín Paz Andrade comezou publicando numerosos artigos xornalísticos na súa etapa como colaborador do periódico Gaceta de Galicia. Incluso chegou a ser director do periódico galeguista Galicia entre 1922 e 1926, cando foi pechado pola ditadura de Primo de Rivera. Nos anos seguintes continuou escribindo artigos, sobretodo políticos, en diversos xornais e revistas, como en El Pueblo Gallego. Dende moi cedo, tamén demostrou unha viva preocupación polos temas pesqueiros que afectaban a Galicia. Dentro deste eido, dirixiu a revista de economía e tecnoloxía Industrias Pesqueras e é o autor do primeiro tratado sobre Principios de economía pesquera, editado pola FAO. Ademais, escribiu e achegou información sobre estes temas en escritos e obras como: Producción y fluctuación de las pesquerías (1954), Sistema económico de la pesca en Galicia (1958), Los derechos sobre el espacio marítimo (1960). El capital como factor del desarrollo de Galicia (1970), El concepto de zona económica en el nuevo derecho del mar (1974). Sen embargo, a súa principal obra céntrase na narrativa e na poesía. Como poeta pertenceu á xeración do 25 e na maior parte da súa produción poética evidénciase unha motivación patriótica que predominará en moitas das súa obras. En cambio, non se iniciou na literatura a través da poesía, senón da narrativa e en 1921 publicou a novela Soldado da morte. Xa a partir de 1955 aborda o eido da poesía con Pranto Matricial, no que evoca a morte de Castelao, persoa que influiu moito nel. Esta é unha das obras máis importantes e coñecidas de Paz-Andrade, pois chegou a ser reeditada en 1975 en cinco linguas. Valentín continuará a liña poética da súa primeira obra en Sementeira do vento (1968), libro no que canta á paisaxe, á xente, ao exilio e aos poetas galegos. As súas dúas últimas obras poéticas son Cen chaves de sombra (1979) e Cartafol de homenaxe a Ramón Otero Pedrayo (1985). Como xurista, ademáis das múltiples contribucións a libros e publicacións na prensa, mostrou a súa preocupación pola xeral problemática socio-económica e a progresión de Galicia, escribindo deste xeito ensaios literarios, históricos e económicos, destacando: Galicia como Tarea (1959), La anunciación de Valle-Inclán (1967), La marginación de Galicia (1970), A galecidade na obra de Guimarães Rosa (1978) ou Galicia lavra a sua imagem (1985). Dentro deste gran número de ensaios, cabe destacar a obra Castelao na luz e na sombra (1982), xa que está considerada como unha das mellores e máis completas biografías do autor de Rianxo. Premios e distincións Valentín Paz-Andrade foi membro da Real Academia Galega (1964) e da Academia Galega das Ciencias (1985). Foi galardoado co premio Pedrón de Ouro no 1975, coa Medalla Cidade de Pontevedra en 1979, coa Medalla Castelao no 1984 e co Premio Trasalba da Fundación Otero Pedrayo en 1986. E para rematar, adícaselle en 2012 o recoñecemento máis especial de todos: ser homenaxeado no Día das Letras Galegas 2012. Por María Suárez e Mateo Núñez 29
XANELA
BOAS-VINDAS, MARIÑEIROS O QUE TODO GALEGO CHORARÍA
Boas-vindas ao porto, mariñeiros, agora que anoitece nos peiraos. Sobre do chan macizo agonías dos astros desdibuxan vosa varuda estanza revenida na dozura das tintas vesperales, e voso corazón pasaro en revoada cara o niño, xa de ledicia canta en súa ponla.
Chora, Terra, teu pranto das augas e dos eidos, e dos ares, as vivas páreas cósmicas da raza, en mantelo de brétemas envoltas, que noso fin ao noso orixe ligan. Deita nas áurias leiras do hourizonte labradas de solpores e de abrentes, en adoas de luz a debullarse, as sementes feridas de túa door. Arpas de nobres cordas esquecidas, ceiba teu son no curazón retido, e fai acordes en total latexo almas, paxaros, ríos e paisaxes.
Vivos ergueitos bronces, entre metaes líquidos fundidos, con fasquía de lobos amansados na cadea do mar: un lumaréu de viride queimada, fabulario de tesouros novos, un arume salgado de pradeiras en fanales sumidas… gañan con vós o porto na escurada.
Chora, Terra, teu pranto xeneroso, O que todo galego choraría, en roda de multánime silenzo e ollares abatidos sobor do longo corpo derrubado que fora vivo mastro en loita núa; perto d-aqueles beizos, seca fonte da verba nunca d-antes mais belida; do peito petrucial, reflorecido de mapoulas pampeiras, que envexan a nacencia das chorimas; xunto das postas maos voltas ao xelo, onde a eito agromaron do seu arte, no cerne da galega patrona, vizosas primaveiras.
Pola boca das Illas, denticulada cróa na fronteira da incertidume máxica, vindes cansos das loitas arxentadas, co torso ao leu de sal e sol maduro, anónimos heroes. Vindes da comunión coas estrelas guiadoras do leme, vindes da retesía co misterio, amoedados en vivo e circulante nos reinados acuáticos.
Chora, Terra, teu pranto matricial O que chora todo galego choraría, se inda chorar pudera, até cobrir de vagaos o mare. De Pranto matricial. Bos Aires, 1955
De Sementeira do vento. Vigo 1968 30
XANELA
Este curso continuamos facendo o xogo do dicionario xa iniciado tempo atrás. Consiste en darlles a todos os alumnos/as do IES unha serie de palabras que entrañan certa dificultade para que eles e elas escriban o seu significado sen consultar o dicionario. Unha vez revisadas as contestacións, publícase cada palabra co seu significado correcto, o número de alumnos e alumnas que acertaron e aquelas contestacións máis simpáticas e anecdóticas que houbo.
ORBALLO: Chuvia miúda e persistente con apariencia de néboa. Humidade da noite que molla.
Noraboa!!! Acertastes a definición 125 de vós. Outras definicións disparatadas: -Burato da leira por onde nacen as arañas -Árbore que non dá froitos -Peixe que vive nas profundidades do Índico -Árbore empinada cara á dereita -Pintar con pintura orballada -Especie de árbore que mide 1000 metros -Aparato reprodutor das albóndigas -As pallas para poñerlles aos pitos -Vasoira das bruxas -Casar nun carballo -Unha cousa que se utiliza para desfacer os callos -É a órbita dun allo -“Orbe” para os cabalos -Esta palabra non se usa
FARRAPO: Anaco de tea rota e gastada . Folerpa . Peza de roupa usada e rota . Flocos que adornan a gaita.
Noraboa!!! Acertastes a definición 102 de vós. Outras definicións disparatadas: É o que din os vellos “farrapo de gaitas” Ferro cun trapo É un tipo de música O que toca a farrapa Cousa que non serve para nada Mancha nos calzóns, normalmente de merda Calzoncillo pequeno Cu dun sapo Roupa que leva Tarzán Pano para os mocos Que o que di non ten sentido É un animal que come galiñas Resto de churrasco 31
XANELA
Por Paula García Paula ten vinte meses, naceu sen sacro e con dúas vértebras mal formadas. Isto aféctalle directamente ás extremidades inferiores; xa que os nervios que van ás pernas non se desenvolveron correctamente. Tamén lle afecta aos pés. Tíñaos equinovaros e segundo os médicos que a trataron dende o seu nacemento, é o primeiro caso destas características aquí, en España. Despois de máis dun ano de tratamento no hospital clínico de Santiago de Compostela, os seus pais observaron que os médicos non sabían que facer con ela; así que tiveron que consultar outros centros hospitalarios máis lonxe. Atoparon un centro médico en Düsseldorf (Alemaña), onde si podían e sabían tratar a Paula. Pediron un traslado para este centro e que a seguridade social se fixese cargo de parte destes gastos, ao que os médicos se negaron alegando que descoñecían a clase de tratamento que recibiría Paula en Alemaña. Cando souberon isto, decidiron facer público este caso xa que non dispoñían de tantos cartos para afrontar todo o tratamento. Que é exactamente o que lle ocorre á vosa filla? Paula ten Agenesia Sacra, é dicir, fáltalle todo o sacro e parte de dúas vertebras. Ten afectados os membros inferiores, xa que as conexións nerviosas que saen do sacro están afectadas. Sendo un problema de nacemento, como é que isto non se descubriu antes de que Paula nacera ? A esta pregunta non podo dicirche nada máis que topei cun equipo de médicos que nin sequera dous días antes de nacer Paula, viron que lle faltaba TODO O SACRO... menos mal que estaba tratada como "embarazo de alto risco". Cando o descubristes, que solución vos deron ? O tratamento a seguir despois de detectaren a enfermidade de Paula foi a colocación de xesos. Citárona para cambiarllos nunha semana, e mandáronnos esperar. Cada vez que iamos á consulta, a nosa pregunta era: a nena vai poder camiñar ? A súa resposta non variaba. Sempre era: depende da evolución da nena. E despois de esperar un ano, o especialista comunícanos que é o primeiro caso que se lle presenta e que non sabe que facer coa columna de Paula. Paula está sendo atendida en Alemaña. Como coñecedes a clínica e por que decidides recorrer a ela? Coñecemos a clínica a través dunha rapaza alemá que estivo en Galicia cunha bolsa de estudos Erasmus. Fomos aló a unha consulta por saber outra opinión, e o resultado da consulta foi moi esperanzador. Pasamos de que en Santiago non sabían como tratala, a atopar cun médico que nos di que é urxente empezar o tratamento para que a nena poida camiñar e que con 18 meses a nena estaría camiñando se a poñemos nas súas mans. Aínda que o que realmente nos fixo confiar nel foi oír o primeiro si a esa pregunta que tiñamos na cabeza dende o principio. 32
XANELA
Por que a seguridade social non se fixo cargo de parte destes gastos? Porque o médico que a tratou en Santiago, a pesar de recoñecer de forma verbal que non sabía como tratar a Paula, non quixo iniciar os trámites para que Paula fose tratada nun centro con experiencia. Como vos sentistes ao observar que moita xente estaba colaborando coa causa? Pasamos de sentir unha vergonza inmensa por ter que poñer a vida da nosa filla nos medios de comunicación, a sentir unha enorme gratitude con todos os que colaboraron. A día de hoxe podemos dicir que estamos hipotecados de por vida con todos os que fixeron isto posible. Ata cando Paula vai recibir operacións? É moi complicado dar unha data, pero o que está claro é que teñen que reconstruír todo o sacro a medida que vai evolucionando e ata que deixe de crecer. Se todo vai ben, Paula tardaría moito en camiñar? Pois polo de agora todo vai indo moi ben. Paula xa camiña con axuda, apoiandose nos mobles e no andador ou agarrándose das mans. O día que camiñe soa, será o día máis feliz da nosa vida. Pouco a pouco, a xente foi descubrindo grazas ás redes sociais e á axuda dun equipo de persoas de Boiro e arredores, o problema de Paula. Non fixo falta moito tempo para que fose cada vez máis xente a que axudaba á rapaza. Empezáronse a realizar actos benéficos, de música, baile, etc. Tamén propostas coma “Un doce por Paula” ; quizais a máis recoñecida, pois ademais de en Boiro realizouse tamén en Padrón, Neda, Ferrol e Narón. Outra das accións solidarias foi “Un xoguete por Paula”, cuxa finalidade era que cada rapaz trouxera un xoguete e cada pai ou nai un euro. Así, rapaces con certos problemas económicos, poderían desfrutar dos nosos queridos Reis Magos de Oriente e á mesma vez, recoller cartos para Paula. Ademais de actos e propostas, tamén existen as famosas “Huchas de Paula” ou a recollida de tapóns que chegaron de todas partes de España. É tanto o movemento solidario que se creou, que moitos famosos se implicaron na causa doando cousas de seu como Belén Esteban, Cristina Castaño ou “Juditt Becker”. Shakira non quixo ser menos e enviou unha camiseta e un dos seus discos. Outros famosos foron Xesús Vázquez ou Dani Martín. Mesmo Fernando Alonso mandou para a rapaza a súa gorra asinada. Equipos de fútbol tan grandes coma o Fútbol Club Barcelona e o Real Madrid cederon balóns e camisetas usadas en grandes competicións e asinadas por todo o equipo sobre os que se realizou unha poxa. Tamén queremos destacar a Pablo Cimadevila, un rapaz moi novo de Pontevedra, campión de natación, que está en cadeira de rodas ; xa que deu para Paula unha das dúas medallas de ouro gañadas nas súas primeiras Paraolimpíadas de Sidney no ano 2000. O pasado 31 de marzo, celebrouse no Hotel Porta do Camiño en Santiago de Compostela, unha cea solidaria na que varios dos obxectos xa citados foron sometidos a unha poxa a través de “Ebay”. A gala foi presentada por Boris Izaguirre e animada musicalmente por Serafín Zubiri e Mar Davila, unha cantante de preto de Boiro. Tamén estiveron Óscar Pereiro, Pablo Coira e os nadadores paraolímpicos Miguel Luque e Pablo Cimadevila. Nesta cea, Paula e seus pais foron galardoados polo periódico Diario de Arousa como barbanzáns do ano, na sección Acción Social, pola enorme marea solidaria que crearon con esta causa. 33
XANELA
Dada a gran seca que estamos a sufrir no que vai do 2012, cremos importante falar na nosa revista dun problema que xa nos está afectando a estas alturas do ano: os incendios forestais que se están producindo na nosa bisbarra. Analizaremos, pois, este fenómeno xunto coas causas que os provocan. Que son os incendios forestais? É o lume que se expande sen control en terreo forestal, afectando a combustibles vexetais que non estaban destinados a arder. Cando as reservas de auga do solo se encontran por riba do 30%, a evaporación de auga das plantas vese compensada pola humidade do solo. Por baixo desta porcentaxe, a planta xa non se pode hidratar e son os seus propios zumes os que se evaporan provocando así que na seca sexan altamente inflamables. Cales son as zonas que máis arden? Non todas as plantas arden igual. No que atinxe ao bosque galego, cómpre indicar que os piñeiros, eucaliptos e polo xeral todas as especies resinosas que existen ao longo das nosas costas, son máis inflamables que aquelas zonas onde predominan as especies autóctonas caducifolias. Cales son as causas que dan lugar aos incendios? A maioría non son causas naturais as que provocan o lume senon a acción humana de xeito intencionado ou non. Podemos establecer, deste xeito, tres bloques: Intencionados: representan un 60-70% dos casos. Na maioría corresponden a queimas non autorizadas, ilegais e incontroladas de superficies agrícolas co gallo de eliminar restrollos ou para a rexeneración de pastos. Outras motivacións son a piromanía, os usos cinexéticos, o vandalismo, vinganzas persoais, especulación urbanística ou intentar baixar o prezo da madeira. Neglixencias e outras causas accidentais: representan un 15%-25% dos casos. Neste apartado están as queimas agrícolas autorizadas sobre as que o autor perdeu o control do lume estendéndose este pola superficie forestal colindante. Outras causas son as cabichas e pequenos lumeiros mal apagados, queima de lixo, traballos forestais, etc. Naturais: representan menos dun 5% dos casos e débense case sempre á acción dun lóstrego.
34
XANELA
Máis currado :
4ºB
Shrek
Máis simpático : Gnomeo e Xulieta
2ºB
Máis orixinal : Brancaneves e os ananos
3ºB
Máis numeroso: Piratas do Caribe
1º D
35
XANELA
36
XANELA
37
XANELA
38
XANELA
Non todos os incendios teñen a mesma gravidade. Nivel 0: poden ser controlados cos medios de extinción previstos. Nivel 1: poden ser controlados cos medios de extincion previstos polo Plan Infoga. Nivel 2: deben ser controlados por medios estatais non previstos polo Plan Infoga. Nivel 3: referido a aqueles incendios que pola súa especial gravidade así son declarados polo Ministerio do Interior. “Estamos ante unha auténtica bomba” Con estas mesmiñas palabras os axentes forestais barbanzáns refírense ao estado da nosa comarca nun artigo publicado en La Voz de Galicia o 28/03/2012. Estas persoas que cada día patean o noso monte, indican que a seca deste inverno deixou o terreo completamente desamparado ante o lume. Na comarca, actualmente, hai dous equipos municipais operativos ao 100% para actuar en caso de incendio. Están en Ribeira e Boiro. Moitas veces, cando se produce un lume, ademais das persoas que están de garda, actúan tamén os voluntarios. Segundo os expertos, a cifra de monte queimado é alarmante, sobre todo, porque aínda está recentemente estreada a primavera. E nós, que podemos facer? Estas son algunhas das medidas que nós podemos tomar para axudar a previlos.
Non tirar nin mistos, nin cabichas nin cigarros; aínda que o ideal sería non fumar no monte.
Nunca tirar lixo no monte, xa que as bolsas teñen materiais inflamables. Tampouco debemos deixar cristais polo chan, xa que actúan como lupa.
Nunca se debe facer lume, e de facelo, só nas zonas habilitadas cando é época de baixo risco de incendios. Dende maio ata novembro non se debe facer lume nin nas zonas habilitadas.
E lembra que provocar un incendio está tipificado como delicto na lexislación española! Por Daniel Abuín 39
XANELA
E agora… que? Lois Pimentel Iglesias
Xa
Ás veces, poucas, penso no que sería de sei que o que fixen non min, se ese 25 de abril do 1998, ocorrera como estivo ben. Si, tamén sei calquera outro día normal: chegaría do instituto á
que debín controlarme e non deixarme invadir casa esgotado, protestaría (como de costume) por polos nervios. Sei que foi un fallo imperdoable. Sei ter que comer peixe ou verdura ou calquera poque puiden telo evitado. Sei que non fun quen de taxe de meu pai que eu tanto detestaba. Faría os coller a situación polos cornos. Mais o que tamén deberes, xogaría na rúa cos meus amigos, enviaría sei, é que se me foi das mans. Pero agora iso xa as mensaxes aos colegas... Oxalá ese día fose así non ten solución. Son culpable do que fixen, aínda de normal. Oxalá! Pero o certo é que non; non foi que non o quixese facer. Agora estou aquí só, así... rodeado de xente, pero só. Cabreado co mundo,
Recordo aquel día coma se acabara de
comigo mesmo! Xa non son quen de razoar, de acontecer agora mesmo. Pero o certo é que xa pensar, de ser un rapaz... Supoño que me con- pasaron máis de trece anos e aínda non o dei asuvertín nun pequeno monstro. Porque tamén son mido. Levanteime como sempre, ás présas, almoreu o que agora estou condenado a pasar o resto cei e antes de marchar deille un bico ao meu pai. da miña vida aquí, no caldeiro. Si, nese sitio do Saín correndo para o instituto. Xa alí, matemátique escoitas falar de pequeno na televisión e pen- cas á primeira. Vaia aburrimento! Ter que estar sas: “Que mala debe ser a xente que vai ao cárce- dando as raíces cadradas, e aínda por riba, con re. Eu portareime ben e nunca xamais irei”. Pero “Doña Segismunda”. Que muller! Falaba máis rápiás veces, non é así. No meu caso, non foi así.
do do que o seu cerebro pensaba ...“VAMOS NI40
XANELA
ÑOS, RÁPIDO, EL TEMARIO ES EL TEMARIO”. Logo, unha marquesiña onde nos puidemos refuxiar. galego e castelán. Recreo de media hora coas Esperamos un pouco ata que escampara. Estaba habituais voltas polo patio falando das novidades encharcado. Que sensación máis noxenta! Cando e dos chismes.
retomamos a marcha, como ía distraído pensando
Hoxe penso que a partires da seguinte no mal que me saíra o exame, a pouco máis lévasesión, coido que foi inglés, empezáronme a acon- me por diante un coche. tecer sinais. Sinais que auguraban un futuro negro.
- Pero que fas, aparvado! - Gritárame o condutor
Sinais que, pouco a pouco, se irían engrandecendo malhumorado. ata chegar á gran desgraza final onde todas as
Xa entrando no ascensor para ir á miña
demais xa non importarían, serían totalmente casa atopeime coa veciña do terceiro: Dona Xoainsignificantes. Tras esta clase que se me fixo eter- na. Aquela vella roñona, coa que en contadas ocana, tivemos tecnoloxía. Pensei: Que guai! Polo sións falara e que sempre me dicía “fas moito ruímenos, algo bo nesta mañá. Bo! Un exame sorpre- do coa trompeta, meu neno, por que non vas ensa! Posuía todo o material necesario para facer saiar ao medio dunha leira?” Váiase vostede ao acender unha lámpada. E non fun capaz! Fun o medio dunha leira! Pensaba eu. Non me gustaba único de toda a clase que non fora capaz de facela nada atoparme con alguén e ter que subir con el acender. O único! Que vergoña, eu que sempre ía no ascensor. Nunca sabía que dicir. Bah! Sería un sacando as actividades adiante. Pois ese día, resis- traxecto no que ninguén falaría. Ao mellor diríame tiuse.
ola, eu contestaríalle, e xa está. Ou quizais me Ao saír, fun andando coas dúas compa- diría “que mal tempo fai” ou se cadra “carambas!
ñeiras de sempre. Que mal tempo facía, o tempo Como medraches, meu meniño”. Pero desta volta, cambiara de forma brusca dende que rematara o non foi así. Foi unha conversa que me deixou torecreo. Tivemos que ir correndo un bo cacho ata talmente desencaixado: 41
XANELA
-Ola rapaz... como estás? - contárame a veciña Xoana. - Ola! Que tal? - Respondín.
Eu, atacado polos nervios que se foran formando en min naquel curto traxecto, baixei cando
- Meu probe, debes estar descomposto, eu acá- dei reaccionado. Subín as escaleiras de tres en bome de enterar da noticia e aínda non o podo tres. O meu corazón ía latexando como un barco crer. Síntocho moito! - e sen me dar tempo a pre- de vapor a todo funcionamento. Timbrei na casa. guntarlle de que falaba, continuou, deixando facer Como tardaba tanto en abrir? Era a décima vez visible a tristeza nos seus ollos-. Eu non me espe- que timbraba e meu pai non me abría. Baixei coraba algo así nesta vila, e menos de teu pai... Debe rrendo polas escaleiras gritando Xoana! Xoana! ser un momento moi complicado para ti. Primeiro Xoanaaaa! Timbreille no seu piso. Non me abría, o de túa nai, e agora, isto de teu pai... Pero debes pero eu escoitábaa saloucar. Díxenlle: ábrame, por ser forte e superalo! Ti es un mozo e aínda podes favor, sei que está aí. De alí a medio minuto, canir coa túa nai!
do xa estaba a piques de chorar pola impotencia,
- Pero, Dona Xoana... de que me fala? - respon- escoitei despechar a porta e apareceu diante dos dinlle totalmente perplexo.
meus ollos ela, Dona Xoana.
- Como...? Aínda non sabes nada? Ai, perdoa meu ben! Perdóame... Eu non quería...
- Por favor, dígame que pasou. Meu pai non está na casa... Que lle pasou a meu pai? DÍGAMO, por
Non o podía crer. Xoana, esa vella malencarada, favor...- os meus ollos xa se empezaban a mostrar que sempre andaba a roñar polo baixo, estaba chorosos- Por favor... – díxenlle chorando como chorando. Chorando de tristeza. Ou se cadra de un rapaz pequeno. rabia, ou con bágoas de crocodilo. Pero... por que?
- Non chores meu rei, eu xa che explico. Verás...
Cando estaba piques de volver preguntarlle, abriu- teu pai, como xa sabes... esto... – rompeu a chose a porta do ascensor e rapidamente Xoana saíu rar, pero deseguido continuou. -.Pois xa sabes que del e entrou na casa.
teu pai, dende que a túa nai vos abandonou, anda42
XANELA
ba algo tristeiro, cartos había poucos... Ela tamén beira do seu corpo. Batera coa cabeza no bordo, fixo mal porque tiña a súa familia e deixouvos...
había sangue polo chan. A xente seguía chegando
Eu non sei que máis cousas seguiu dicindo e comezaba a berrar, a mirarme e sinalarme co aquela muller, pero non me aclaraba o que pasa- dedo, comezaban a cravar a vista en min. Deime ra. Ao contrario, na miña cabeza aumentaba a de conta do que acontecía. O policía, ao bater coa confusión... Saín cun enorme sarillo na cabeza e cabeza no bordo (por culpa do meu empurrón, volvín timbrar na miña casa. Nada! Ninguén abría. froito da carraxe que me invadía), pasáralle o peEstaba comezando a volverme tolo! Saín á rúa. or... o peor... Morrera... Non! Non morrera! MatáNon había sinais de nada.
rao eu! Era un asasino. Estaba comezando a vol-
Botei a correr pola rúa arriba e cando me verme tolo. Xa non daba máis. Seguían a chegar dei de conta, estaba a falar cun policía local que todos os veciños da vila. Algúns empezan a acheme estaba explicando que efectivamente, un garse a min: María, a do pan, Xosé o do segundo. home da vila roubara nun banco e fora abatido a Tamén o da tinturaría. Ao lonxe ía aproximándotiros polo vixiante deste.
se... unha silueta que se me fixo coñecida, corría...
Empezoume a invadir a carraxe, chegando pero... era... meu pai! Meu pai? Papá? PAPÁ! E ao máis profundo de min. Desexaba que calara estaba de pé, normal, andando, aquí ao meu lado, aquel policía. Que parara de contarme aquela des- coa cara desencaixada. Non, isto non pode ser, graza. Desexaba ver a meu pai e que me dixera isto ten que ser un soño... que estaba ben. Desexaba descargar a miña furia,
O que recordo despois disto é a meu pai
os meus nervios. Eu xa non aguantaba máis. O chorando nunha cadeira en fronte miña, na comihome seguía coa historia... Empurreino tan forte- saría de policía. mente... Eu non aguantaba máis! Despois diso, sei
- Meu fillo – díxome a chorar meu pai- Pero, que
que a xente comezou a chegar, a acumularse á fixeches? Por que? Que pasou? 43
XANELA
- Papá, estás ben? Como é posible? Se mo con- deiro! Son un asasino. Meu pai vén todos os días tou todo dona Xoana...
verme. Miña nai... supoño que non quererá verme
Meu pai non entendía nada.
nun sitio así. Andará moi ocupada co seu novo
Entre choros, lamentos, saloucos... por fin lle dei traballo, ou coa súa nova familia! Ou será iso o explicado o que me contara a veciña.
que eu quero pensar...
-Ai! Meu Deus, pero esa pobre muller que historia se formou. O home que cometeu o atraco foi Xoán, o de Murás. E claro ao coincidir o nome, a probe de Xoana armouse un sarillo na súa feble cabeza e... Ai meu Deus...! - Pero ti papá, non estabas na casa? Canseime de timbrar! Nada de nada! Onde estabas? Se ti sempre me agardabas coa comida na mesa, esperando que che berrara polas lentellas, ou a verdura... - As cousas do destino. Eu fora a buscar unha pizza para que a comeras quentiña e agardei un pouco demais por ela...
Nese intre entrou o inspector da policía a tomar declaración dos feitos acontecidos na porta da Policía Local. O resto xa o imaxinades. Fun culpable dun asasinato! Primeiro, nun centro de acollida. Deus! Que malos recordos! E agora, no cal44
E agora... que?
XANELA
Chove a cántaros!!
O ENDL prosegue coa campaña que iniciou cursos pasados destinada a erradicar o uso de castelanismos que habitualmente contaminan a lingua galega. A novidade deste ano é que non nos centramos en palabras concretas senon en expresións e frases feitas que usamos a cotío. Non vos cortedes e usádeas!
Fuxir a fume de carozo
Chove a cachón!! eto ui q in cu le n bu u e l r o bu iñ Se n gu u i r rm Se fo o r Te
Andar na verza
Estar feito unha piltrafa
Andar nos cerros de Úbeda Estar feito un cascallo 45
XANELA
OBITUARIO
Por Vanesa Barcala e Lara Blanco Isaac Díaz Pardo, nado en Santiago de Compostela o 22 de agosto de 1920 e finado na Coruña o 5 de xaneiro de 2012, foi un intelectual e artista galeguista que se impuxo a tarefa de preservar, fortalecer e reconstruír a cultura e a memoria de Galicia. Seu pai foi pintor e escenógrafo (Camilo Díaz Baliño) e na súa casa tiñan lugar xuntanzas diversas relacionadas coas Irmandades da Fala. O seu pai foi asasinado cos primeiros movementos da Guerra civil española, o que fixo que Isaac tivera que agocharse ata poder saír de Santiago de Compostela. Pasou logo a traballar como rotulador na Coruña. Despois da guerra, cursou entre 1939 e 1942 estudos na Escola de Belas Artes de San Fernando, traballou de profesor na Escola Superior de Belas Artes de Sant Jordi e comezou as exposicións en España e no estranxeiro. Ao seu regreso inicia unha etapa de dedicación plena á pintura que abandonaría en 1948, para entregarse por completo a un proxecto de modernización e internalización da cultura galega e de rexeneración da historia de Galicia. Deste xeito abandonou as artes plásticas, pasando á cerámica e fundando a fábrica de Cerámicas do Castro no Castro de Samoedo (Sada), onde o nomearían fillo predilecto. Na Arxentina construiu o Laboratorio de Formas. Foi precursor doutras actividades de desenvolvemento como as levadas a cabo na Cerámica de Sargadelos, o Museo Carlos Maside, o Instituto Galego de Información, a editorial Edicións do Castro, o Seminario de Estudos Galegos, etc. En 1963 dirixiu e administrou o Grupo Sargadelos. Foi escritor de ensaio e crítica e redactou artigos en xornais. Ao longo da súa vida recibiu moitas distincións e recoñecementos. En 2007 nomeárono doutor Honoris Causa pola Universidade da Coruña, recibiu a Medalla de Ouro de Galicia e a Medalla ao Traballo. Morreu o 5 de xaneiro do 2012 aos 91 anos de idade no Hospital San Rafael na cidade da Coruña . “A memoria éo todo”. “Non teño vocación de profeta. Son un mandado da xente do exilio”. “Non hai máis que mirar os nosos ríos. Todos os ríos non son nosos”. “O galego acabará sendo unha lingua litúrxica porque o pobo non a fala”. “Os xoves xa non fan o amor en galego, fano en castelán” 46
XANELA
Cando se produciu a sublevación militar en 1936, centos de mulleres comprometidas coa legalidade e cos valores cívicos e sociais que representaba a República, foron perseguidas, inhabilitadas, encarceradas, torturadas, violadas, fusiladas ou tiveron que partir cara o exilio, nunha viaxe, para algunhas, sen retorno, ou viviron un exilio interior.
Brígida Muñiz Suárez
Manuela Teresa del Río
Brígida Muñiz foi unha labradora de Triñáns que, afiliada á sociedade agraria La Fraternidad, cría que se podería mellorar a situación dos labregos e clases máis desfavorecidas. Vai destacar como unha muller de coraxe, belixerante contra as arbitrariedades do poder e tamén como persoa xenerosa e solidaria. O seu compromiso vaina levar a formar parte da corporación municipal que, a partir de marzo do 36, integrarían galeguistas, socialistas e republicanos de esquerda, converténdose na primeira concelleira na historia do municipio. Pero a Guerra Civil suporía a prematura creba deste goberno, e un período de desmedida represión contra os esquerdistas. Brígida sufriría o asañamento dos novos garantes da orde pública. Foi forzada a percorrer Boiro ao son dun tambor, coa cabeza rapada e as siglas UHP (¡Uníos, Hermanos Proletarios!) pintadas na fronte, non sen antes recibir unha malleira. Ademais, como concelleira, faríana responsable subsidiaria da desaparición de fondos municipais, atribuída ao alcalde Virel na súa apurada saída de Boiro. Sabéndose inocente, Brígida litigará coas novas autoridades ata o momento da súa morte.
Manuela, que nacera en 1890 no seo dunha familia de ricos propetarios agrícolas, herdaría do seu tío, ademais da vocación polo ensino, unha escola. Tiña unha formación moi superiror á media. Convencida da necesidade dun cambio decidido na sociedade, cando se proclama a II República, igual ca Brígida Muñiz, vaise vencellar á reivindicativa “Sociedad Agraria La Fraternidad” . Foi unha pioneira na participación feminina na vida política, nun tempo e nun lugar no que as mentalidades estaban obstinadamente ancoradas no pasado. Colaborou en revistas e semanarios políticos como “La Lucha”. Na Fraternidad, coincidirá con Brígida Muñiz, convencida igual ca ela que a unión era o único camiño para que obreiros e labregos conseguisen mellorar as súas miserentas condicións de vida. Con todo, Manuela non sufriría malleiras nin vexacións, aínda que si o seu marido, que pasaría varios anos no cárcere. Por Miriam Quintela e Paula Vidal
47
XANELA
INICIATIVAS NO NOSO CENTRO O
RO UTU
DE
TIV A C I IND
F
AFORRO ENERXÉTICO
COMERCIO SOSTIBLE
48
XANELA
Amores Prohibidos 2.0 é un novidoso proxecto presentado o 14 de febreiro pola compañía de teatro Chévere (recentemente galardoada con 5 premios María Casares) que tivo lugar no noso IES. Consiste na adaptación da historia de Romeo e Xulieta (no noso caso Romero e Xiana) ao mundo de hoxe, sendo eles dous rapaces que viven en Boiro no 2012. Como se relacionan? Aquí reside o innovador desta proposta. Pois a través das redes sociais. A obra realizouse desde os sitios reais onde aconteceu a acción, sendo pois en tempo real! Ademais retransmitiuse en directo durante 5 días: do 23 ao 27 de abril (coincidindo o 23 co día no que faleceron Shakespeare e Cervantes). Pero... como seguir a obra? Pois durante estes días fóronse subindo fotos, vídeos, comentarios ás redes socias: redenasa.tv, tuenti, twitter... Así mesmo, puidose interactuar cos personaxes que xa teñen as súas propias contas de Tuenti. Aínda que a mellor maneira foi seguilo dende a rede social de Chévere, redenasa.tv, xa que nola puido contar “Xespir”. A historia ten como fundamento unha loita entre dúas bandas rivais: uns que falan castelán e outros que defenden o galego. E no medio destes Capuletos e Montescos, un rapaz e unha rapaza de bandas contrarias que se namoran. Os rapaces que participaron reuníronse dende o mes de xaneiro no noso instituto, todos os mércores durante 3 horas. Foi moito o traballo realizado: analizouse a situación sociolingüística en Galicia, adxudicáronse os personaxes, realizaronse moitos ensaios, o guión repasado ao detalle, así como aspectos do ámbito informático para implementar na obra. Houbo unha gran cantidade de alumnado implicado, así como unha boa parte do profesorado. O instituto enteiro seguiu con gran expectación e ilusión a estrea desta experiencia que non deixou indiferente a ninguén. Por Lois Pimentel
49
XANELA
COMERCIO SOSTIBLE
Entrevista a Abrahan Rey
Por Loreto Abalo e Sara Hermo
Dentro das iniciativas que se están a levar a cabo no noso instituto durante o curso 2011/12 cómpre destacar a que partiu do departamento de Tecnoloxía xunto co alumnado de 3ºPDC. Estes compañeiros crearon unha empresa de fabricación e comercialización de xabóns ecolóxicos. Para que no lo explicaran máis polo miúdo temos como portavoz a Abrahan Rey. 1. Cómo xurdiu a idea de crear unha empresa? A idea xurdiu do departamento de Tecnoloxía, da man da profesora Flor Domínguez, quen nos propuxo embarcarnos neste proxecto a inicios deste curso académico. 2. Que tipo de empresa é e cal é o seu nome? A nosa empresa é unha sociedade e o seu nome é “ Natur”. 3. Cantos socios forman parte dela? Esta empresa conta con oito socios, todos alumnos e alumnas de 3º PDC. 4. Que funcións ou responsabilidades teñen os socios desta empresa? Cal e a túa función nela? Como en todas as empresas que se adican a crear e a comercializar un produto, son varios os postos e funcións dos seus compoñentes. No meu caso, eu son o Director Xeral, pero tamén contamos con Xefas de deseño e publicidade ( Yasmina Fernández Piñeiro, Cristina Rodríguez Cespón e Carla España Sóñora), Xefes de produción en taller ( Brais Fernández González e Alejandro Caamaño Souto), un Xefe de prevención de riscos ( Pablo Collazo Viturro), e persoal encargado da Administración e publicidade ( David Dasilva Giance e eu, Abrahan Rey Blanco) . 5. Por qué comezades a fabricar este tipo de produtos ecolóxicos? Porque cremos que a fabricación dun produto non ten que levar implícita a deterioración do medio ambiente. De feito, os nosos son produtos saudables e contribúen a conservar o medio que nos rodea. 6. Que variedade de xabóns fabricades? A nosa empresa está especializada na elaboración de xabóns de lavanda con aceite de coco, de rosa mosqueta con aceite esencial de laranxa e de menta con aceite de améndoas. 7. Cal é o obxectivo da empresa? Como é de esperar, o obxectivo da nosa empresa é o de obter beneficios pero sen renunciar a utilizar 50
XANELA
materias primas de moi boa calidade e totalmente ecolóxicas e respectuosas co medio ambiente. 8. A que vai dirixida esta produción, principalmente? O noso produto vai dirixido aos consumidores en xeral: profesorado, alumnado e a xente allea ó centro. 9. De cantos ingresos podemos falar ata o de agora? Como repartides as ganancias entre os socios? A comercialización dos xabóns comezou antes do nadal e nesta campaña obtívose un beneficio duns 200 euros aproximadamente. Por suposto, as ganancias repártense sempre a partes iguais. 10. Participades nalgún proxecto solidario con ditas ganancias? Si, o 25% das ganancias van destinadas a axudar a Paula, a rapaciña de Boiro que naceu sen sacro. 11. Pódesme facer un resumo da fabricación de xabóns ecolóxicos? Partimos da materia prima básica, o aceite virxe, agua mineral e sosa. Ao cabo de 50 minutos nos que estamos removendo lentamente, engadímoslle os aceites esenciais. Tamén engadimos medio zume de limón como conservante natural. A mestura introducímola nuns moldes ( que son envases de iogures) e deixamos que solidifique quince días. 12. Utilizades algunha medida de seguridade en dita fabricación? Por suposto, é moi importante o uso de gafas e máscaras pola reacción da sosa coa auga. Tamén utilizamos luvas e mandilóns. 13. Cómo vos sentides despois de levar a cabo este proxecto? A verdade é que estamos moi satisfeitos polo traballo realizado e, en xeral, por todo o proxecto e co traballo en equipo. 14. Dádesvos a coñecer en internet? Si, por suposto. Cremos que as novas tecnoloxías son unha ferramenta imprescindible para calquera empresa que desexe dar a coñecer a súa activade a toda a sociedade. Podedes localizarnos no enderezo www.empresanatur.blogspot.com
51
XANELA
INSTITUTO VERDE
Proxecto Aforro Enerxético Entrevista a Carlota Ozores e Belén Hermo Por Denís Hermo
Outra das iniciativas que están levando a cabo no noso centro e dirixidas dende o departamento de Tecnoloxía, é o Proxecto de Aforro Enerxético no que está moi implicado o alumnado de 2º de ESO. Por iso decidimos entrevistar a dúas alumnas que participan nel para que nos conten máis polo miúdo en que consiste. Elas son Carlota Ozores e Laura Hermo. Quen leva a cabo esta iniciativa, quen participa e a quen vai dirixida ? Os alumnos de 2º de ESO, nel participa todo o instituto e vai dirixido a todos. Canto vai durar este proxecto ? Estaba previsto que durase tres meses. Así que xa está a punto de acabar aínda que non descartamos que poida ter continuidade no vindeiro curso. Cal é o voso obxectivo e que buscades con el ? Queremos conseguir aforrar enerxía e se se pode, cartos. Ademais, co diñeiro aforrado gustaríanos comprar estores para poñer nas aulas o que nos permitiría ter unha luz axeitada na aula sen necesidade de botar man da luz eléctrica. Que medidas ou protocolo se puxeron en marcha para iniciar este aforro ? En primeiro lugar, comezamos mirando que nas aulas as luces e os ordenadores estean apagados, as persianas permanezan subidas para que entre a luz e que xunto aos radiadores haxa un corredor para que a calor circule por toda a clase. Contades co apoio do equipo directivo ? Dende logo. Dende que lle expuxemos o proxecto colaboraron con nós en todo o momento, informando ademais aos membros do claustro sobre el. Credes que a día de hoxe os alumnos do centro están colaborando e que medidas tomades para que isto sexa así? Algúns si, pero outros aínda non se dan por enterado. Non sabemos se é porque se esquecen ou por falta de interese. No tocante ás medidas a tomar, só intentamos conciencialos de que deben cumprir o que o resto fai. E que pasa co profesorado? Ben, podemos dicir que este está máis concienciado; aínda que sempre hai quen se despista. Por que hai tantos colectores azuis e amarelos distribuídos polos corredores e escaleiras do centro? Puxéronse para reciclar, e deste xeito, clasificar o lixo en cada un deles. Así, cando os alumnos soben ás clases poden depositar o lixo no lugar correspondente, en vez de tiralo na papeleiras onde se mestura todo. 52
XANELA
Vemos que a miúdo andades a sacar fotos ós colectores. Por que ? Para comprobar que se está reciclando ben e para que o alumnado vexa o que fai. Por que é tan importante o tema da reciclaxe ? Pensamos que a reciclaxe é fundamental para que non haxa tanta contaminación no noso planeta. Sabemos que a diario, os humanos xeramos millóns de toneladas de lixo. Gran parte del poderíase reciclar, aforrando así unha gran cantidade de enerxía e evitando a destrución dos recursos naturais. Credes que o alumnado está concienciado co medio ambiente ? A verdade é que con respecto a isto non somos moi optimistas pois aínda non o vemos moi concienciado. Hai aínda un longo camino por percorrer. Nós xa estamos aportando o noso gran de area.
Tedes en estudo algo en concreto para o próximo curso ? Se conseguimos aforrar diñeiro, presentarémonos a un concurso. Tamén crearemos unha mascota que poñeremos mensualmente na porta da clase que máis colabore co proxecto. Faremos unha mochila verde e intentaremos que o alumnado se conciencie de comprar “material verde”, como libretas con follas de papel reciclado, lapis sen verniz, típex sen produtos tóxicos e inflamables, etc . Ademais non descartamos dar algunha charla informativa dirixida ao alumnado ou ao público en xeral. Desexámosvos moito éxito con esta iniciativa! 53
XANELA
Por Cristina Suárez
Fut
uro de indicativo é un proxecto no que participan alumnos e profesores do noso instituto e que a través de ferramentas audiovisuais trata de darnos a coñecer o mundo no que vivimos e opcións de fututo dende unha visión económica e solidaria. O proxecto esta dividido en tres bloques, un por avaliación, que son os seguintes:
Que hai baixo os adoquíns Pertencente á primeira avaliación, aquí analizamos a crise económica non só no presente senon ao longo da historia. Para iso fixemos dúas actividades: na primeira analizamos varias épocas históricas a través da música. A segunda foi un mercado de valores no que por grupos vendiamos uns valores que pensabamos que se estaban perdendo na actualidade. Participamos nunha actividade pioneira en Galicia, o Campus eduEmprende. Financiado por BICGalicia (da Consellería de Industria) e xestionado por Promove Consultora, consistiu en seleccionar empresas caracterizadas pola súa xestión emprendedora e respectuosa co medio, preparar un dossier de visita ás mesmas, e impartir aulas ós rapaces seleccionados para participar nela (nós, os Futuro de Indicativo). As empresas estaban ubicadas na zona da Ulloa (Granxa Maruxa, Arqueixal, Ovos Pazo Vilane), e podedes ver unha crónica no artigo “Visita á Ulloa”. Foi valorada moi positivamente tanto polo alumnado como polas xestoras que organizaron, e montouse un vídeo ilustrativo da experiencia que proximamente será presentado oficialmente polo IGAPE.
Pesos a catro pesetas Neste bloque contamos coa axuda inestimable do director de cine Luis Avilés, quen veu darnos unha charla sobre a produción audiovisual. Esta iniciativa foi financiada polo concello, xunto cunhas docencias a cargo da profesional do sector Inés Dosil. Luis ficou encantado da actitude e iniciativa destes rapaces e ofreceuse a colaborar en proxectos futuros! Aproveitando o que aprendemos con el, gravamos e montamos unhas pequenas pezas audiovisuais denominadas “Pecha-kuchas”, pequenos spots que buscan vendernos un servizo: a educación pública, un centro limpo, a anti-globalización e o non consumismo.
54
XANELA
A terra non nos pertenece, nós pertenecemos á terra Neste bloque levarase a cabo unha horta no centro co obxectivo de volver a traballar coas mans como antigamente. Tamén se pretende facernos pensar sobre a relación que hai entre entre a produción dun produto e o seu consumo; con todo o que supón e hai polo medio destes procesos. Celebrarase a primeira xornada Cachohorta, cuxo obxectivo é a volta ós valores naturais, tanto na alimentación (biodietética) como no traballo (agricultura e patrimonio cultural). Os profes do Futuro recibiron, asemade, unha charla a cargo de Lidia Senra, presidenta do Sindicato Labrego Galego. Nela falouse de conceptos como a soberanía alimentaria e o dumping, preparando o camiño para unha serie de accións encamiñadas a concienciar a alumnado e profesorado da necesidade de afastarse do ritmo acelerado e artificial da vida actual e aproximarse ós valores da terra. Como colofón, terá lugar a viaxe a Granadilla, un proxecto sufragado polo MEC e que é requetechulo: consiste en vivir unha semana nunha vila-escola emprazada nun encoro de Cáceres, onde interactuaremos con outros dous centros, e participaremos dos diversos obradoiros que organiza a escola: alfarería, cestería, albanelería, horticultura... VISITA A ULLOA O pasado martes día 31, os alumnos que participamos no proxecto Futuro de Indicativo fixemos unha visita a Ulloa coa fin de coñecer outro tipo de empresas diferentes ás que estamos acostumados. A primeira visita foi a Granxa Maruxa, granxa de vacas ecolóxica e alí atendeunos Marta, a xefa, unha muller moi agradable e que nos contou a relación tan especial que ten coas súas vacas: ponlles música, cántalles e dixo que incluso ao principio durmiu con elas na corte. Tamén nos ensinou onde facían as galletas e convidounos a probalas. A segunda empresa á que fomos foi Pazo Vilane, unha explotación avícola que vende os ovos que producen as súas galiñas, ademais de marmelada e sirope de froitas feito por eles mesmos. A moza que nos recibiu explicounos como funcionaba a súa empresa, como distribuían o seu produto, como se daban a coñecer, etc. Logo disto dirixímonos a comer á Parada das Bestas onde o propietario, despois de xantar, nos explicou como comezou co seu negocio. Por último visitamos Arquiexal, onde non só se fai queixo de forma artesanal senon que tamén hai unhas cantas casas rurais ecolóxicas nas que a xente pode manterse á marxe da contaminación da cidade. Contounos como estaban contruídas, que utilizaban materiais non contaminantes e a menor tecnoloxía posible.
55
XANELA
Por María Dieste
O IES A Cachada vén de solicitar ao OAPEE (www.oapee.es) a aprobación dun proxecto Comenius que leva por nome "Tell me about famous people in your country"; nome en inglés por ser esta a lingua franca entre os seis membros do proxecto: seis centros escolares de Alemaña, Rumanía, Francia, Polonia, Lituania e España. De ser aprobado, este proxecto implicaría a alumnado e profesorado do noso instituto, que levarían a cabo unha serie de actividades, maiormente audiovisuais, sobre persoeiros galegos. Durante os dous cursos que duraría o proxecto (2012-2014) os socios viaxarían aos outros cinco países participantes, onde presentarían os resultados do seu traballo. Para concebir este proxecto, as nosas profesoras Berta Gómez e Ana Moreiras viaxaron a Bad Dürheim (Alemaña) entre os días 11 e 15 de xaneiro, onde se reuniron con profesores franceses e alemáns. Antes de final de curso recibiremos unha resposta; esperemos que sexa positiva! E nese caso, animádevos a participar!!
56
XANELA
OS RECREOS ARREPIANTES Para celebrar a chegada do mes de novembro e con ela o Samaín, organizáronse os Recreos Arrepiantes na biblioteca do noso centro. O Equipo de Dinamización da Lingua Galega, xunto cos departamentos de linguas e o equipo da biblioteca fixeron que dese
medo entrar alí. Tiñades que ver como estaba todo. Daba verdadeiro arrepío! Durante a semana do 24 ao 28 de outubro, e nos recreos, puidemos asistir á lectura de varios relatos de terror nas distintas linguas que utilizamos no noso centro: galego, castelán, francés e inglés.
terroríficos. Dende logo que neste instituto hai moita imaxinación!
TEATRO EN FRANCÉS
CALENDARIO O Equipo de Dinamización da Lingua Galega, tal e como fixo nos últimos anos, publicou un calendario para o 2012. Como ben sabedes, o do pasado ano inspirouse nos xoguetes tradicionais cos que xogaban os nosos pais e avós. Por este motivo, cremos que o do 2012 debería centrarse nos xogos nos que participamos os rapaces e rapazas de hoxe en día. Así que, entre todos escollemos aqueles que están tendo máis éxito e aceptación entre nós. Todos eles, os doce, distribúense en tres grupos: actividades físicas, xogos de mesa e videoxogos.
SAMAÍN Como xa vén sendo un costume no noso centro, o departamento de Inglés organizou o seu tradicional concurso de cabazas. Houbo deseños moi orixinais e outros bastante 57
O 7 de febreiro, o alumnado de francés viaxou a Santiago de Compostela para ver a obra teatral Cyrano de Bergérac; magnífica representación coa que todos o pasaron moi ben. Logo, cada curso realizou unha actividade distinta: os alumnos de primeiro foron ao Mupega e ao Museo do Pobo Galego. Os de segundo fixeron de reporteiros e realizaron unha enquisa sobre o numero de xente que fala francés na cidade. Por outra banda, os compañeiros de terceiro visitaron o CGAC, onde puideron desfrutar das obras de Jeff Wall. Finalmente, as alumnas de cuarto, analizaron a presenza do francés en Santiago, procurando información nos distintos locais da zona. A continuación , divididos en grupos, participaron nun xogo de pistas polas rúas de Santiago e que lles permitiu coñecer os diferentes edificos da cidade.
XANELA
VISITA A TUI O martes día 14 de febreiro, os alumnos de 2º de ESO, xunto cos departamentos de Relixión e Sociais, viaxaron a Tui para facer unha visita guiada á cidade e tamén á Catedral. Ao principio, un guía levounos a dar unha visita ás numerosas igrexas e monumentos que había na zona. Tamén puideron contemplar o río Miño desde un mirador. Logo da visita, houbo un tempo de descanso para mercar algo de picar. Por último visitouse a catedral de Tui e aínda que estaba previsto ir ata o monte Aloia, por causas do mal tempo foi imposible. De regreso, pararon no centro comercial Gran Vía de Vigo onde tiveron tempo para xantar e facer algunas compras.
ACCIDENTES E LESIÓNS DE MÉDULA O pasado 7 de marzo asistimos a unha charla na casa de cultura da Cachada sobre prevención de accidentes e lesións medulares. Convidado polo departamento de Orientación, un membro de AESLEME, explicounos as consecuencias dunha condución imprudente; insistindo moito en que hai que ser responsable no volante. A charla resultou moi inte-
resante e didáctica pois ía acompañada de vídeos, moitos deles da DXT, que amosaban as consecuencias de moitas imprudencias.
CONCERTO NA CACHADA O pasado 3 de marzo os alumnos de música asistiron na Cachada a un concerto de Jazz a cargo do cuarteto Drop. Este cuarteto está integrado por un pianista, un guitarrista, un contrabaixista e un batería. O concerto foi organizado polo departamento de música e financiado polo propio alumnado.
CORO DO IES A CACHADA Como xa vén sendo habitual nos últimos anos, o departamento de música leva ensaiando dende a segunda avaliación un coro formado por 25 rapaces e rapazas de 1º, 2º e 3º de ESO. Os ensaios realízanse nos segundos recreos dos mércores e venres e nesta terceira avaliación ampliaranse tamén aos luns. O obxectivo do coro é preparar un concerto de fin de curso. Hai rumores de que o fan moi ben e dende aquí animámolos e dicímoslles que estamos desexando escoitalos. 58
MULLERES DE PELÍCULA Co gallo de celebrar o día da muller, o Equipo da Biblioteca organizou unha semana de cine durante os días 5 e 8 de marzo. Cada unha destas tardes proxectáronse varias películas cuxas protagonistas eran mulleres con xenio: Mulan, Miss Potter, Million dollar baby... Ademais, como en todo bo cine, houbo flocos de millo e gratis!
TEATRO EN CASTELÁN O Departamento de Lingua castelá e literatura organizou para o 9 de marzo unha visita a Santiago para os alumnos de 3ºESO. A finalidade era asistir á representación teatral de El Lazarillo de Tormes no colexio de La Salle, espectáculo organizado por Recursos Educativos dentro do seu programa “Haz Teatring”. A obra resultou ser unha divertida adaptación da pequena novela na que os actores fixeron un excelente traballo. Seguramente o ano que vén repetirase a experiencia!
XANELA
FRAGAS DO EUME O mércores día 23 e o día 30 de marzo, o alumnado de 2º de ESO realizou unha excusión ás fragas do Eume organizada polo departamento de Ciencias Naturais. Ao chegar alí, un guía explicoulles os distintos tipos de árbores e arbustos que había na zona. Logo fixeron un roteiro de sendeirismo polo arredores,e polo camino, foron observando as distintas especies pertencentes á flora autóctona galega.
NANORRELATOS Co gallo de celebrar o Día do Libro, o equipo da biblioteca organizou un concurso de nanorrelatos. O alumnado participante tivo a oportunidade de poder redactar as súas creacións en calquera das catro linguas que se imparten no noso centro: galego, castelán, inglés e francés. A verdade é que houbo unha ampla participación e desta actividade saíron relatos moi interesantes.
titulada Sleepy Hollow. A peza está inspirada na obra do escritor Washington Irving coñecida como A lenda de Sleepy Hollow, e foi levada á gran pantalla polo xenial Tim Burton, que naquela ocasión escolleu ao camaleónimo actor Johnny Depp para o papel de sagaz investigador. A representación tivo moi boa acollida, pois puidemos contemplar unha adaptación teatral desta arrepiante historia do xenete sen cabeza.
do mosteiro de Santo Estevo e o mirador de Vilouxe.
PROXECTO TERRA Partindo dunha iniciativa impulsada polo departamento de Ciencias Naturais, o alumnado de 3º de ESO tivo a oportunidade de participar no Proxecto Terra durante o 27 e 28 de abril.
O primeiro día comezou cun percorrido pola cidade de Ferrol e o parque raíña Sofía, onde visitaron a aula de ecoloxía urbana e o ALLARIZ-TERMAS DE OUTA- parque Acuaciencia. A continuación puideron desfrutar dun paRIZ-CANÓNS DO SIL seo en barco pola ría ata a ponte Durante os días 25 e 26 de abril, das pías, visitando máis tarde o o alumnado de 2º de ESO de castelo de San Felipe. Ciencias Naturais, tivo a oportunidade de desfrutar dunha ex- Despois de pasar a noite nun cursión de dous días cun gran albergue, iniciaron o segundo día valor ecolóxico, cultural e tamén cun roteiro polas fragas do Eume que ía dende a Capela ata Caveilúdico. ro; realizando a que se coñece O primeiro día realizaron un per- como a ruta das tres pontes.
corrido cultural pola vila de Allariz e unha visita ao Ecoespazo do Rexo, onde ademais tiveron a oportunidade de xantar. Logo, puideron desfrutar dunha tarde a cabalo para rematar a noite no TEATRO EN INGLÉS albergue dos salesianos onde lles O día 24 de abril, o alumnado de proxectaron a película A lingua das bolboretas. O segundo día comezou cunha visita á zona termal das Pozas de Outariz en Arnoia. Ao mediodía, dirixíronse a visitar o cenobio de San Pedro de Rocas e o centro de interpretación da Ribeira Sacra. 3º e 4º de ESO asistiu a unha Despois do xantar, puideron rearepresentación teatral en Vigo lizar un roteiro polos arredores 59
VISITA A TVG E FACULTADE DE FÍSICAS O 30 de abril, o alumnado de 4º participou nunha actividade organizada polo departamento de Tecnoloxía. Esta consistiu nunha visita ás instalacións da TVG e á facultade de Físicas.
XANELA
Chegamos ao aeroporto do Prat en Barcelona o martes 27 de marzo nunha mañá soleada. Este día aproveitouse para coñecer o hotel no que nos aloxamos en Salou, o Salou Park, acomodarnos, darnos un chapuzón na praia e na piscina e comprar algún agasallo para a familia. Pola noite fíxose unha festa entre os alumnos pero pronto nos retiramos a descansar pois o día seguinte sería moi longo. Xa ás oito da mañá do martes, erguémonos, almorzamos ben e preparámonos para unha hora e media de autobús ata chegar a cidade condal. Sen dúbida ningunha mereceu a pena; pois foi un dos mellores días da excursión. Primeiro visitamos o Camp Nou realizando un percorrido por todas as súas salas e gradas. Coa fame no corpo despois desta visita fomos comer ao Hard Rock Café que causou furor sobre todo entre as mozas que, sen pensalo dúas veces, acudiron á tenda para mercar algunha das moitas camisetas que había. Máis tarde collemos un bus e, acompañados dun guía, coñecemos o centro da cidade, o porto, as obras de Gaudí, Montjuic… facendo fincapé na Sagrada Familia e rematando a visita no aquarium. Pero aí non remata a cousa; pois esa noite fomos a unha discoteca de Salou. O terceiro día, mércores, estabamos todos un pouco cansos pola gran festa de noite anterior; pero aínda así fomos ata Tarragona onde pasamos toda a mañá entretidos coas ruínas romanas: anfiteatro, circo, muralla… Tamén xantamos na cidade e, posto que era día de folga xeral, ás catro demos volta a Salou e descansamos toda a tarde. Pola noite formáronse dous grupos: un foi a unha xigante discoteca e outro fixo festa no hotel. Tristemente chegaban as últimas 24 horas, que pasariamos dende a mañá en Port Aventura. Moi boa temperatura; aínda que entre o clima e as longas esperas toleamos. Foi unha mágoa que estivera tan cheo de xente e que tres das atraccións principias estiveran pechadas. Iso amolounos bastante. Logo, nada máis chegar ao hotel comezou a festa. Era a última noite e non podía pasar coma se nada. Así que moitos e moitas xa non tocamos a cama; posto que ás cinco había que estar en pé para ir ao aeroporto e regresar á casa. Foi unha excursión estupenda e inesquecible. Tan só queda dar as grazas ás profesoras que nos acompañaron e que se portaron de marabilla con nós. Por Javier Outeiral 60
XANELA
Os nosos deportistas REMO
PIRAGÜISMO
Club de remo de Cabo de Cruz
Cristian Silva Pérez
Este prestixioso e veterán club foi fundado o 9 de setembro de 1979, iniciándose no mundo da competición e sendo referente do remo galego durante dez anos, tanto en Galicia coma en España. En 1993 asínase un convenio co concello de Boiro e iníciase unha mellora das instalacións así como a diversificación da actividade; pasando a formar parte no ano 2003 da LIGA ACT na que militou ata a súa renuncia no 2009 debido a problemas cos desprazamentos. Mostra da alta cualificación dos seus membros é que algún dos remeiros forman parte do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, onde practican remo olímpico e chegando ao máis alto nos campionatos de España. PALMARÉS 1 liga galega de traíñas 2009 2 campionatos galegos 2006 e 2008 2 badeiras Príncipe de Asturias 2000 e 2001 1 bandeira de El Corte Ingles en Bilbao 2003 2 bandeiras da Pobra 2002 e 2009 1 bandeira Xunta de Galicia 2005 1 bandeira da Lanzada 2005 1 bandeira do Grove
Estudante do IES A Cachada naceu no 96 e empezou a practicar piragüismo aos 13 anos. De seguida se deu conta do importante que era para el ese deporte e dous anos despois, con moito esforzo conseguiu entrar no C.G.T.D. (Centro Galego de Tecnificación Deportiva) en Pontevedra. Actualmente cursa os seus estudos no instituto IES Sánchez Cantón de Pontevedra.
No pasado ano acadou resultados moi bos: - 1º no Campionato de España de Inverno, sobre a distancia de 5000 m en Sevilla. - 1º no Campionato de España de 1000 m en Asturias. - 1º no Circuíto Galego de Pista.
Agora segue adestrando para alcanzar novas metas pero, por suposto, sen deixar de estudar. Por Daniel Abuín e Laura Triñanes 61
XANELA
Os nosos deportistas TENIS Pablo Chouza Oujo
O club de tenis
Comezou a xogar ao tenis con trece anos. Hoxe en día, ademais de estar cursando 4º da ESO, é o mellor tenista cadete coruñés tras gañar hai uns meses o open provincial. Chegou ao tenis porque uns amigos o convenceron para que se animase a probalo; pois ao principio, parece que lle tiraba máis o fútbol. Falando con el, contounos que ten outras afeccións como son o trial, tanto en moto como en bici, e que os seus ídolos a nivel galego son Xabier Castillo, o seu adestrador, e Blas Sobrido. Aínda que a nivel mundial afirma que é Roger Federer o mellor polo seu estilo de xogo e a súa técnica depurada. Cóntanos tamén que o tenis é un deporte moi sacrificado ao que hai que adicarlle moitas horas de adestramento en pista e tamén de ximnasio. Un día normal da súa vida comeza con dúas horas en pista e tres no ximnasio traballando a musculación. A isto hai que engadirlle 40 ou 60 minutos de carreira e moitísimos abdominais para conseguir fondo. Preguntado sobre cal foi a súa máxima meta conseguida no tenis ata o momento, respóstanos que foi o día que gañou o máster provincial na categoría de cadete; pois ese día viu todo o seu esforzo recompensado. Como despedida da nosa entrevista, este gran deportista anímanos a todos a xogar ao tenis; pois, coas súas propias palabras: é un deporte que che fai medrar como persoa.
Este club naceu no ano 1993 na Pobra do Caramiñal cunha pequena masa social que pouco a pouco foi aumentando. Comezou centrando a súa actividade nas pistas municipais e iniciando colaboracións con concellos próximos para que a máis da súa escola, medraran outras coas que logo se puidesen intercambiar xogadores para facer un grupo de competición. Froito destas colaboracións son as escolas de Boiro, con 70 alumnos, Riveira (70), Rianxo (40), Rois e Urdilde (15), Lousame e Noia (27), Valga (19), Padrón (10), Porto do Son (25), Catoira(15) ou A Portas (20). Algunhas delas serviron para contribuír ao nacemento doutros clubs da comarca, coma o Club Tenis Padrón, Club Tenis Boiro, Club Tenis Fieiro-Noia ou o Club Tenis Riveira. A día de hoxe, a nosa escola conta con 76 nenas e nenos e 15 adultos, a mais de levar a escola municipal que conta con 10 alumnos. Para que todo funcione, o club conta con 2 monitores (Blas e Víctor Sobrido), varios axudantes e a directiva encabezada por Tomás Dieste que leva xa 13 anos como presidente. Do centro do IES A Cachada somos varios os alumnos que pertencemos a este club: Emma Brea, María Silva, Lara Ozores, Laura Hermo, Carlota Ozores, Belén Hermo, Félix Romero e Adrián Cespón, todos federados.
Por Belén Hermo e María Silva 62
XANELA
Por Maitane Dacosta As Fragas do Eume, como o seu nome indica, é un espazo de árbores caducifolias que abrangue as beiras do río Eume. Situado nos terreos dos concellos das Pontes de García Rodríguez, Monfero, Pontedeume, Cabanas e A Capela e cunha extensión de 9.126 hectáreas foi declarado parque natural o 30 de xullo de 1997. Tamén ten a categoría de Lugar de Importancia Comunitaria. As Fragas contan con dous preciosos mosteiros dentro dos seus límites: o mosteiros de Caaveiro e o de Monfero. O Mosteiro de San Xoán de Caaveiro, declarado Monumento Histórico-Artístico no 1975, estableceuse na zona aproximadamente no ano 934. Habitado primeiro por monxes da Orde de San Bieito e logo por cóengos de Santo Agostiño tivo un gran poder económico ao longo da historia. O máis característico do mosteiro é a torre barroca co escudo de armas da Coroa de Castela e a ábsida románica.
O Mosteiro de Santa María de Monfero construído no s. X é de orixe románica cunha bela fachada barroca única en Galiza pola combinación que nela se fai de xisto e granito e as columnas con capiteis corintios. Nel atópanse as tumbas de Nuno Freire de Andrade, Fernán Pérez de Andrade e Diego de Andrade. O conxunto arquitectónico ten mostras de románico, gótico, renacentista e barroco. 63
XANELA
A flora do parque é variada e puramente galega. Nela atopamos dende grandes árbores caducifolias coma carballos (Quercus Robur), bidueiros (Betula pubescens), castiñeiros (Castanea sativa), freixos (Fraxinus excelsor), pradairos (Acer pseudoplatanus), loureiros (Laurus nobilis), abeleiras, (Corylus avellana), salgueiros (Salix) e amieiros (Alnus glutinosa) entre outras; algunha conífera como o teixo (Taxus baccata) e matogueiras de acivro (Ilex aquifolium), érbedo (Arbutus unedo) e estirpeiro (Pyrus cordata). A fauna, como en tódolos bosques de ribeira é de gran biodiversidade. Temos aves coma o bufo real (Bubo bubo), a curuxa (Tyto alba), a avelaiona (Strix aluco), o peto real (Dendrocopos major), o azor (Accipiter gentilis), o miñato negro (Milvus migrans), o
falcón peregrino (Falco peregrinus) e algunhas de singular beleza coma o picapeixe (Alcedo atthis), o peto verde (Picus viridis) e o ferreiriño bacachís (Cyanistes caeruleus), mamíferos coma a lontra (Lutra lutra), o gato montés (Felis silvestris), armiños (Mustela erminea), xabarís (Sus scrofa), corzos (Capreolus capreolus), lobos (Canis lupus) e raposos (Vulpes vulpes). No río Eume hai troitas (Salmo trutta faria) e reos (Salmo trutta trutta) ademais de píntegas comúns (Salamandra salamandra), píntegas galegas (Salamandra salamandra gallaica), sapos (Bufo bufo), ras patilongas (Rana Ibérica) e outras trece especies de anfibios das quince que temos en toda Galiza. Por último, entre os invertebrados destacan as lesmas (Geomalacus maculosus), caracois de Quimper (Elona quimperiana), mexillóns de río (Margaritifera margaritifera), vacalouras (Lucanus cervus), escarabellos dourados (Chrysocarabus lateralis) e bolboretas da especie Apatura iris. Nota: No momento en que se está a escribir este artigo, as fragas do Eume son víctimas dun xigantesco incendio que arrasou con máis de 750 ha desta paraxe natural. Non sabemos as consecuencias que isto terá na súa biodiversidade e se algunhas das especies que aquí se mencionaron poderán sobrevivir.
64
XANELA
endas do Barbanza A charca de Abanqueiro Hai moito tempo, en Abanqueiro, reinaban dúas deusas: a deusa Auga e a deusa Lama. Estas non se levaban ben e se, por exemplo, a deusa Auga deixaba facer festa en Abanqueiro, Lama prohibíallo. Tras moitas discusións, decidiron loitar en combate pero sempre empataban. Despois de numerosas loitas, a noite de San Xoán pelexaron a morte. Esta noite, a deusa Lama lanzou unha enorme morea de lama e a deusa Auga, para defenderse, botou auga. De súpeto, ante todos os que alí estaban, formouse unha charca coa auga e a lama lanzadas polas deusas coñecida ata hoxe como “A charca de Abanqueiro”. Agora, todos os anos pola noite de San Xoán, saen da charca as dúas deusas para renovar o combate e contan os máis vellos que cando unha das dúas gañe a batalla, a charca desaparecerá. Jorge Nine Sieira
A princesa do Barbanza Nos tempos da conquista romana chegou ao Barbanza unha cohorte de tropas que puxo en alerta aos celtas de Touta. A defensa dos nosos guerreiros celtas era impenetrable para os militares romanos e despois de moitas loitas sen victoria para os romanos, estes pagaron a un traidor e lograron facer prisioneira a filla do rei Touta. A cambio da súa liberdade esixían que se rendesen e así foi. Os romanos devolvéronlles a princesa viva pero cos dous peitos cortados. Dende entón, cóntase que o río Barbanza, antes de chegar ao mar, berra case con máis forza e co mesmo ruído que fan as armas ao caeren unhas sobre outras. Á beira do mar os homes do lugar lanzan pedras e ao rebotar na superficie os seus desexos fanse realidade. A estas pedras chámaselles runos (que son cantos rodados do río) que significa “segredos” en lingua celta. Pablo Romero Treus
Bico do mar Hai moitos anos nun lugar do concello de Boiro chamado Bico de Mar había unha lenda que contaba que todas as persoas que cruzasen o pozo de Comba serían engulidas por un remuíño. Un bo día de Primavera , un home que viña de Noia a Bico de Mar montado nun cabalo, quixo cruzar o pozo de Comba, inconsciente da lenda. Cruzou o río pero a corrente era tan forte que ao chegar á metade viuse arrastrado e afundiuse nun pozo moi profundo e, por desgraza para el e o seu cabalo , a 65
XANELA
lenda era certa e nunca máis se soubo deles. Esta lenda pasa agora de boca en boca por todos os habitantes de Bico de Mar. Ainoha Sieira
O pazo de Goiáns No pazo de Goiáns vivían antes os nobres e conta a lenda que había un túnel secreto que chegaba dende unha habitación do Pazo ata o río onde se atopaba o embarcadoiro. Ao anoitecer, a marea subía e inundaba o túnel dando lugar a un camiño para seres mariños. Un home pasaba por alí todas as noites e sempre escoitaba unha especie de “cantos”; así que unha noite sentiuse enmeigado polos cantos dunha serea e chegou ata a habitación do túnel. Alí estaba a serea. Nada máis vela, o home namorouse perdidamente dela e mergullouse nas augas seguindo o seu amor. En honra a esta serea fíxose no Pazo de Goiáns unha pequena fonte co seu rostro. Hoxe aínda segue alí, pero decapitada, e, en canto ó home… nunca xamais se soubo del. Lidia Pérez Treus
O Castelo de Vitres No alto da serra do Barbanza, entre a Curota e o Iroite, enriba dunha afastada aldea chamada Mosquete encóntrase o Castelo de Vitres. A este abraiante lugar accédese pola estrada de Runs. Cóntase que hai anos, un rapaz chamado Manoliño foi co seu irmán de pesca a un río preto do lugar. Cando o rapaz se cansou díxolle ao ser irmán que marchaba para a casa. Mentres baixaba polo monte, unha espesa néboa cubriuno todo. Desorientado, Manoliño caeu ao río e afogou. Coouse por un buraco e desapareceu. Durante meses, servizos de vixianza, policías, amigos e familiares buscaron ao rapaz sen éxito. Un ano máis tarde, un pastor facía a súa ruta coma todolos días. Pasaba polo río Coroño cando, de súpeto, unha ovella escapou. Foi detrás dela ata chegar a un barranco. Nel podíase ver o cauce do río que nesa época secara. O pastor viu algo raro, achegouse e atopou un cadáver. Era o de Manoliño. Ninguén se explicaba como chegara o corpo do rapaz ata alí; así que se puxeron a investigar e atoparon unha calzada romana. Alí, descubriron un pasadizo cunhas escaleiras que os levaba a unha pequena torre tapada polas plantas. Tratábase dun antigo posto de vixianza dende o que se podía observar toda a ría e os ataques de posibles inimigos. Raquel Ares Queiruga 66
XANELA
A Silva
Mieites
A Cuncheira
Comoxo
Comeza esta ruta na fonte-lavadoiro de Cucos, en Comoxo, xusto á beira da estrada BoiroNoia. Desde este punto, e cruzando a calzada, dirixímonos ata a parte baixa da aldea. Pronto pasamos por diante da fonte-lavadoiro de Comoxo, chegando a unha encrucillada onde hai un cruceiro. Desviámonos á esquerda por un camiño beireado de muros feitos con pedras de granito, desde onde se ve unha preciosa vista do val do Coroño e que parece ser foi noutros tempos Camiño Real á Pobra do Deán e por onde circulaban correos e carruaxes. Axiña chegamos á que foi no hedras e mergullada entre rexas acabrasonadas cun fermoso escudo e segue en pé. Voltando polo mesmo mos ver a capela de San Salvador e a lestino García Romero, arqueólogo, galega.
seu día a Casa da Quintana, tapiada de cias que medran no interior das ruínas cun pombal do século XVlll, que aínda camiño imos cara a Comoxo, alí podeCasa do Pazo, onde naceu o xesuíta Cehistoriador e cultivador insigne da lingua
Pronto chegamos á Cuncheira, onde atopamos unha serie de pequenas fon- Cruceiro, Comoxo tes acondicionadas recentemente e dous cruceiros de capela. Seguindo a pista saímos á estrada Boiro-Noia, en Mieites. Ao pouco podemos ver a preciosa fonte-lavadoiro de Cartas e desde alí, indo cara á Silva, atopamos un cruceiro e a fonte-lavadoiro de Allarijo. Completamos o circuíto voltando ao lugar de partida. Fonte de Cartas
Fonte na Cuncheira 67
XANELA
BUSCA O NOME DE DOCE ÁRBORES
VEXAMOS QUE TAL ANDAS EN ZOOLOXÍA… PONLLES NOME A ESTES ANIMALIÑOS
68
XANELA
1.
O cume máis alto de Galicia é Pena Trevinca, con a) 95m b) 2.095m c) 1.095m d) 3.095m
2. Castelao foi profesor de debuxo nun instituto de a) Rianxo b) Santiago c) Pontevedra 3. Prisciliano foi a) central do Dépor
b) defensa do Hai que roelo
4. Martín Códax foi a) un deus do viño
b) xograr galego
d) Boiro
c) bispo decapitado por herexe d) cantante
c) novelista do XIX
d) bispo de Santiago
5. A capital da zona onde se produce o viño do Ribeiro é a) O Porriño b) Ribas de Sil c) Ribadavia
d) Noia
6. A música do himno galego foi composta por a) Verdi b) Pascual Veiga c) Segio Dalma
d) Xoán Montes
7. Cantas eran as capitais do antigo reino de Galicia? a) catro b) cinco c) seis d) sete 8. O día das Letras Galegas comezou a celebrarse en 1963 conmemorando o centenario da publicación de a) Aires da miña terra b) Cantares gallegos c) Crepúsculo d) Queixumes dos pinos 9. A praza do Obradoiro está en a) A Coruña b) Vigo
c) Santiago
d) Pontevedra
10. As burgas son fontes de auga quente que están en a) Ourense b) O Carballiño c) Ribeira 11. Cabo Silleiro está na entrada da ría de a) Vigo b) Ortigueira c) Muros e Noia 12. Este ano, o Día das Letras Galegas adícaselle a a) Castelao b) Valentín Paz Andrade
69
d) Caldas de Reis
d) Viveiro
c) Lois Pereiro
d) María Mariño
XANELA
ADIVIÑAS Un prato de abelás que de día se recollen e de noite esparéxense .
Quen é algo e nada á vez?
Coa miña cara vermella, o meu ollo negro e o meu vestido verde a todo o campo alegro. Todos pasan por min,eu nunca paso por ninguén. Todos preguntan por min,eu nunca pregunto por ninguén.
SOLUCIÓNS ENREDOS
CHISTES Na escola, a mestra pregunta: - A ver Luis, como imaxinas a escola ideal? - Cerrada, mestra! ——————————————————————————— Jaimito é un neno bastante traveso, pero esta vez vai coa súa nai a unha festa e esta quere que se oporte ben. Así que lle di: - Jaimito,se tes ganas de ir ao lavabo, dime que te vas a América,vale? -Vale mami, direicho Están os dous na festa e ao cabo dun momentiño, Jaimito dille á súa nai: - Mami,voume a América!” A nai entende o que dixo o seu fillo, pero a señora que estaba a falar con ela non. Así que lle pregunta a Jaimito: - E que farás só alí. - Pois señora,vou ver Chi-Cago” ——————————————————————————— Como se di en xaponés “un perro con unha lámpara en el culo”? Un can cun quinqué no cu Como se chama o ministro de defensa árabe? Alí vai a bala E o seu fillo? Alí vai balín
PON A PROBA A TÚA CULTURA 1b2c3c4b5c6b7d8b9c10a11a12b ADIVIÑAS As estrelas O peixe A mapoula A rúa
ANIMALIÑOS tatu (7), preguiceiro (6), arroaz (11), golfiño (15), toniña (5), macaco (12), teixugo / porco-teixo(10), doniña (4), lontra (13), lama (3), esquío (9), leirón (8), porcoespiño (2), ourizo-cacho(14), toupa (1) 70
XANELA
Boa sorte e bo futuro!
71
XANELA
72