XANELA
editorial X
Letras Galegas, este ano adicadas ao poeta Xosé María Álvarez Blázquez; a Entrevista, concedida polo presidente da Fundación Castelao, Avelino Pousa Antelo; Cadro de honra, que recolle os premiados nos distintos concursos convocados no IES; As nosas letras, onde compañeiros/as nosos nos obsequian con interesantes creacións literarias; O espello das verbas, onde recoñecidos escritores nos achegan uns orixinais traballos; Recuncho científico, onde o Departamento de Ciencias da Natureza fai unha brillante aportación sobre os “Impactos ambientais”; en Xentes do Barbanza, contamos coa arte e coa amabilidade de Soledad Peralta.... Aparecen novos apartados como: O Entroido, O concello de Boiro, Boirenses na lembranza...
a estamos aquí de novo, con ganas de sacar adiante esta pequena e nova XANELA — a quinta, por certo — para que poidades atopar un recuncho enteiramente en galego, chea de ideas e novas para entreter e engaiolar. Se pasades as follas atoparedes multitude de temas interesantes de actualidade: culturais, literarios, creativos, festivos... que enchen o noso día a día.
NAO Vel ahí ven pola ribeira a barca dos namorados. Ai, amor!, como camiña lixeira.
Nesta revista manifestamos o noso compromiso coa lingua, porque é importante, é o noso sinal de identidade o que nos diferencia dos demais. É un legado que os nosos antergos nos deixaron, o máis importante, e temos que enriquecelo e darlle forma; non deixar que caia no esquecemento. Nós dende aquí aportamos o noso gran de area coa edición desta revista, elaborada por alumnos/as e profesores/as do noso instituto. Queremos con este traballo, queridos lectores, espertar en vós o interese pola cultura e a inquietude por utilizar sen medo nin vergoña a nosa lingua e proxectala máis aló das nosas fronteiras.
Nin trae remos nin trae velas, a barca dos namorados, ai, amor!, que a gobernan as estrelas. Abule, que vel ahí ven a barca dos namorados, ai, amor! para nos levar tamén.
Abre esta nova XANELA e axexa os segredos das distintas seccións con que te obsequia. A carón das xa coñecidas páxinas, como:
X.Mª Álvarez Blázquez
1
.