Skip to main content

xanela 2006

Page 1

XANELA

editorial A

brímosvos un ano por manter o que sempre nos pertenmáis esta xanela, esta entrada á nosa ceu, o que sempre nos pertencerá . lingua que fixemos con esforzo e deEsta XANELA sae á luz con toda a dicación para todos vós. Nela intentanosa ilusión. Esperemos que vos guste. mos mostrar a importancia do noso Falamos de Lugrís Freire, que é o galego. Fomos agasallados cun imescritor homenaxeado este ano no Día portante sinal de identificación que, das Letras Galegas. Tamén contamos posiblemente, non sabemos aproveicoa excepcional entrevista do fundador tar. Na conduta dalgúns de nós reflícdesta data tan significativa na nosa tese a estupidez humana, xa que, se cultura, Francisco Fernández del nos paramos a pensar, non somos Riego, que ademais é acádemico e exdemasiado intelixentes se non sabePresidente da Real Academia Galega, mos utilizar e explotar o que é noso, o que nos institución que este ano cumpre o seu centenario. pertence, o que os nosos devanceiros gardaron No espello das verbas contamos con para nós, o que estamos deixando perder. Co colaboracións tan destacadas como as de Xerardo constante propósito de facer perdurar a nosa lin- Agrafoxo, Yolanda Castaño, Lupe Gómez e gua, fixemos esta revista. Nela podedes atopar Martín Veiga . O Equipo de Normalización unha serie de contidos que agardamos sexan do Lingüística preséntanos o resumo dunha rigorosa voso interese. Entrevistas, enenquisa para coñecer mellor a quisas, reportaxes, poesías, Na fala galega vive realidade sociolingüística do relatos ou artigos de opinión A alma da nosa terra; noso Centro. Tamén nos fan dela unha mostra da nosa A redención de Galicia lembramos da excursión que cultura, da nosa identidade. Nos seus acentos latexa. os alumnos de 4º fixeron á Aproveitamos para agradecer a neve; os Departamentos de Polo que o seu verbo esquece Ciencias Sociais e Ciencias colaboración de todos aqueles que se comprometeron con este É traidor á natureza; Naturais obséquiannos cuns proxecto, sen os que non tería Como irmáns todos falemos magníficos traballos sobre a saído cara adiante. Deixámos- A nobre fala galega. inmigración, a orixe da vos así disfrutar do noso trabahumanidade e os alimentos llo, que esperamos sirva para transxénicos, e o Verbos de loita (1919) recoñecer o compromiso que Departamento de Relixión temos todos nesta loita actual con un sobre a Paz. Lugrís Freire

1


XANELA

● Editorial ...................................................... 1 ● Manuel Lugrís Freire .................................. 3 ● Entrevista a Fernández del Riego .............. 5 ● Cadro de honra .......................................... 10 ● As nosas letras ........................................... 13 ● Xente do Barbanza..................................... 27 ● A excursión de 4º ESO ............................... 28 ● O espello das verbas.................................. 29 ● As nosas fotos ............................................ 34 ● Enquisa ...................................................... 35 ● Xornada para a paz .................................... 38 ● Recuncho científico .................................... 40 ● Opinión ....................................................... 42 ● Novas ......................................................... 45 ● Alimentos transxénicos .............................. 47 ● Foto Flash .................................................. 48 ● Galería de cine e libros .............................. 49 ● A inmigración en Galicia ............................ 51 ● Sabías que ................................................. 53 ● Enredos ...................................................... 55

Equipo de coordinación Beatriz Quintela Rúa, Manuel Román Ramos, Mª Dolores López Ameijeiras, Carme Rodríguez Varela.

Consello de redacción Beatriz Quintela , Manuel Román , Mariano Muñiz , Nuria Bermúdez , Aislinn García , Noemí Amigo , Rebeca Romero, Sergio Gómez , Tamara Roca , Tania Mato , Sonia Paz , Nuria Piñeiro , Aitana Piñeiro , Lorena Rivero , Angela Santamaría .

Maquetación Manuel Román Ramos.

Colaboradores Xerardo Agrafoxo, Lupe Gómez, Martín Veiga, Yolanda Castaño, Juan Lorenzo, Elisabeth Muñiz, Antía Pimentel, María Tubío, Nuria Tubío, Laura Mª Bermúdez, Guillermo Vicente, Mirian García, José Ignacio Peleteiro, Ismael Calvo, Paula Abeijón, Mónica Rivas, Ana Redondo, Silvia Barreiro, Débora Sánchez, Mercedes Becerra, Departamento de Relixión, Departamento de Ciencias Naturais (alumnos 4ºA e 4ºC) e Departamento de Ciencias Sociais.

2


XANELA

Manuel Lugrís Freire “Unha vida de total entrega á dignificación e á normalización da lingua galega, sempre unida á defensa de Galicia e que participou na creación de moitas entidades políticas e culturais” Fundou na emigración o primeiro xornal editado completamente en galego, A Gaita Galega , que saíu na Habana entre os anos 1885 e 1889. Foi presidente da Escola Regional de Declamación, primeira compañía teatral en lingua galega e coa que estreou algunhas das súas pezas máis destacadas. Foi membro da Academia Galega e presidente desta institución entre abril de 1934 e agosto de 1935. Participou activamente na fundación das Irmandades da Fala. E colaborou na redacción do anteproxecto do primeiro Estatuto de Galicia. Morreu na Coruña o día 15 de febreiro de 1940.

VIDA

M

anuel Lugrís Freire naceu en Sada (A Coruña) o día 12 de febreiro de 1863. Pasou en Sada e na súa contorna os primeiros vinte anos da súa vida. Dedicará á súa vila natal e ás terras daquelas queridas e fermosas mariñas moitas referencias nos seus escritos. Con vinte anos emigrou a Cuba e alí foi un dos principais animadores da política e da cultura galegas de principios do século XX. En 1896 regresa a Galicia e instalouse na Coruña, onde participou activamente na defensa e promoción do idioma galego así como nos procesos de creación de institucións e fitos históricos relacionados coa cultura e idioma galegos: Ribazo de Morazón de penedos medoñentos de triste recordazón Onde a ardentía do mar nas noites de triste inverno non se cansa de bruar daime o voso fero son pra despertar os galegos que aínda teñen corazón

Óleo de Francisco Lloréns : Sada desde Sada de arriba

3


XANELA

Mareiras (1904), a acción sitúase no mundo mariñeiro de Sada, de onde toma tipos reais. Esclavitú (1906) , obra na que aparecen ideas patrióticas e na que se ataca ao foráneo en defensa do autóctono. O pazo (1917) é unha obra na que se critica con dureza aos castelánfalantes a través da oposición cidade-campo. Estadeíña ((1919) é unha censura das supersticións populares. Deixa o teatro para se dedicar definitivamente á poesía, que xa iniciara con Soidades, poemario publicado en 1894. O seu segundo libro, Noitebras (1901), está dedicado á súa defunta muller, Concepción Orta . Versos de loita aparece en 1919, como suplemento do periódico El Noroeste. Ardencias (1927) está dedicado á xuventude galega. As mariñas de Sada (1928) é unha homenaxe á sociedade de Sada e os seus contornos. En prosa, publicou Contos de Asieumedre (1909).

OBRA Como a maior parte dos escritores galegos do seu tempo, realizou un labor literario á par que político. Como escritor foi polifacético: prosa, narrativa, ensaio... pero destaca a súa obra teatral, sendo o primeiro escritor teatral que utilizou a prosa. A costureira da aldea , publicada en A Gaita Galega, foi a súa primeira obra dramática. A ponte (1903), supuxo unha ruptura respecto do teatro anterior polo emprego dunha lingua contemporánea, o uso da prosa e a referencia constante a unha temática social próxima á revolucionaria. Minia (1904), a acción dramática sitúase en As Mariñas de Betanzos. A obra é unha crítica dun sistema político corrupto. ADIANTE Unha nai solo deunos a vida, e nos espazos hai solo un sol; solo unha terra, sempre querida, por patria nosa donounos Dios. Nobre Galicia, terra sagrada, dos fortes celtas amante nai, recibe a ofrenda para ti donada ô santo grito da libertá. Adiante sempre! Nos hourizontes escentilea xa un novo sol, que po-las vilas, veigas e montes trai a fogaxe da rendención. Loitemos todos pol-o progreso; xuremos todos têr hirmandá; y-así libremos un pobo opreso ô santo grito da libertá.

Unha das máis célebres caricaturas de Lugrís Freire, feita polo seu amigo Álvaro Cebreiro

Versos de loita (1919)

4


XANELA

ENTREVISTA FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO Ex—Presidente da Real Academia Galega A revista XANELA ten o honor e o privilexio de contar nesta sección cun dos personaxes máis transcendentes da historia de Galicia do século XX. Hai xa máis de noventa e tres anos viu a súa luz primeira ao pé do mosteiro benedictino de Vilanova de Lourenzá, nas terras da mariña luguesa. Chámase Francisco Fernández del Riego. Desde os seus anos mozos militou no galeguismo activo: colaborou na Revista Nós e no Seminario de Estudos Galegos a carón de figuras tan senlleiras como Otero Pedrayo, Vicente Risco, Castelao ou Lugrís Freire, entre outros; foi membro de Partido Galeguista e Secretario xeral das súas Mocedades nos anos da 2ª República, participando en numerosos mitins con outros militantes tan lembrados como Alexandre Bóveda, Castelao, Villar Ponte, Ramón Cabanillas… Nesa época participou na comisión redactora do Estatuto de Autonomía de Galicia aprobado en xuño de 1936. Tras a Guerra Civil, e despois de represalias que lle fan perder o seu traballo como docente universitario, fixa a súa residencia en Vigo. Alí, nos anos corenta, reorganiza o Partido Galeguista na clandestinidade; en 1950 funda, xunto con Ramón Piñeiro e Illa Couto, a Editorial Galaxia, auténtica alma mater da cultura galega nestes anos escuros; mantén un contacto permanente coa Galicia do exilio; anima dun xeito teimudo aos seus coetáneos a escribir en galego: Álvaro Cunqueiro co seu Merlín e familia e Celso Emilio Ferreiro con Longa noite de pedra son dous bos exemplos; en 1963, e dentro de Galaxia, funda a revista literaria Grial, e del sae a idea da institucionalización do Día das Letras Galegas. No ano 1964 é cofundador, xunto con Cesáreo Saco, Xosé Manuel Beiras, García-Bodaño … do PSG (Partido Socialista de Galicia). Toda esta actividade non lle impediu escribir milleiros de artigos e publicar decenas de libros. É membro numerario da Real Academia Galega desde 1960, da que foi Presidente entre os anos 1997 e 2001, institución que dinamizou renovando uns caducos estatutos que databan do ano 1906. Este home, de sólida formación intelectual, de conduta recta e inquebrantable, que fixo do seu amor, dedicación e lealdade a Galicia a causa principal da súa xa longa traxectoria vital, é hoxe o auténtico patriarca da cultura galega. “ Unha palabra soia, mañifica, magnética, da natureza da luz, da raíz máis fonda da alma convén a Francisco Fernández del Riego : a de amigo” R. Otero Pedrayo

5


XANELA

fillo Urbano. P: Segundo Vde. ¿cal foi a aportación de Lugrís Freire máis destacada ás letras e á cultura galega? R: Foi un dos fundadores da Academia Galega e logo seu Presidente. Era un home que amaba profundamente a Galicia. Empezou a traballar ao servizo de Galicia e da súa cultura na emigración. Cultivou todos os xéneros literarios: o teatro, a poesía, a narración… Foi un autodidacta, non tiña formación universitaria, pero estaba consagrado de cheo á cultura galega.

PREGUNTA: Sr. Del Riego, vostede tivo moito que ver co nacemento do Día das Letras Galegas. Lémbrenos como foi. REPOSTA: Eu vía que o día do libro español se celebraba cada ano oficialmente o día do pasamento de Cervantes. Entón, pensei en buscar unha data específica para as letras galegas; quería que a data coincidise coa estancia dos estudantes nos cursos. Despois de moito remexer, atopei Cantares Gallegos de Rosalía, que eu consideraba que era a primeira produción universal, en galego, que se facía nos tempos contemporáneos. Busquei o pé de imprenta, e non o había… pero vin que a adicatoria a Fernán Caballero estaba datada o 17 de maio de 1863. Inmediatamente, como ademais coincidía co centenario da aparición do libro, fixen un escrito á Academia solicitando que se adicase ao Día das Letras Galegas esa data e, como era preceptivo que fosen tres numerarios os que asinasen a proposta, convidei a dous grandes amigos: o arquitecto Manuel Gómez Román e o arquiveiro Xesús Ferro Couselo; asinaron, e a Academia acordou, por unanimidade, aprobar a proposta. Para declarala con carácter oficial, cumpría tamén a aprobación da autoridade gubernativa, e solicitóuselle permiso ao ministro de Información e Turismo, que daquela era Fraga Iribarne, o cal contestou de forma rápida, en sentido positivo, por telegrama, que logo ratificou por escrito. Dende entón cada 17 de maio vénse celebrando o Día das Letras Galegas, adicado a unha figura das letras galegas que xa finara nun tempo igual ou superior a dez anos.

P: ¿Parécelle xusto que se lle adique a el o Día das Letras Galegas deste ano? R: Eu propuxen para este ano a Carballo Calero, pero retirei a proposta porque me parecía xusto que Lugrís fora o homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, xa que foi un dos fundadores da Real Academia Galega e Presidente, e este ano cúmprese o centenario desta institución. Ademais disto, fixo unha importante obra. P: ¿A quen cre que se lle debe adicar o próximo ano 2007? R: Penso que é merecente, enormemente merecente , Carballo Calero, que fixo unha obra extrordinaria, xenerosa, copiosa, de sacrificio, xa desde a época da República, por Galicia. Aínda non estando de acordo totalmente coa súa posición rexeneracionista, que por outra parte é unha postura tan lícita coma outra calquera, non me parece lóxico vetalo, e eu pretendo, aínda que sexa a última cousa que faga na miña vida, volcarme para que o Día das Letras Galegas do próximo ano se lle adique a el.

P: ¿Coñeceu persoalmente a Lugrís Freire? R: Si, perfectisimamente e colaborei con el en mitins. Un dos primeiros que pronunciei eu como galeguista, sendo aínda rapaz, foi con el en Carral. Coñecín moito a Lugrís, e fun amigo seu a pesar da diferenza de idade. Tamén tratei moito ao seu

P: ¿Parécelle que a Academia está facendo o suficiente a prol da nosa lingua e da nosa cultura?

“ Ninguén tan xeneroso, tan abnegado, tan desposto ó sacrificio calado e continuo pola Terra; ninguén tan esntusiasta e tan incansable na defensa do noso pobo e do seu patrimonio espiritual e material; ninguén tan exemplar na súa lealdade integral—case relixiosa– á nobre causa de Galicia” Ramón Piñeiro

6


XANELA

R: O que lle corresponde facer a unha Academia. Publicou un dicionario, publica unha revista de forma periódica, ademais ten en preparación e está a punto de saír unha Gramática oficial, feita por xente moi capacitada; celebra o Día das Letras Galegas e responde a todas as consultas que se lle fan. Penso que está cumprindo a súa función.

libro. Logo de publicalo, e diante do éxito do Merlín, foron aparecendo posteriormente: As crónicas do sochantre, Don Hamlet, Escola de menciñeiros, Xente de aquí e de acolá… Fronte aos que dicían que a súa literatura era unha litratura evasiva, sen futuro, el sempre me dicía que esta literatura era que ía perdurar e non outra. E acertou.

P: O pasado mes de novembro os alumnos do noso Instituto visitaron no Museo do Pobo Galego a exposición conmemorativa do 50 aniversario de Merlín e familia. Alí comprobaron o moito que Vde. tivo que ver con este libro e a súa amizade con Álvaro Cunqueiro. Fálenos un pouco sobre disto. R: A Cunqueiro coñecino de rapaz, en pantalón curto. Ía ás festa do Conde Santo, as festas patronais do meu pobo, co seu pai. Mantivemos unha fonda amizade sempre, pero onde establecemos unha íntima relación foi en Santiago, cando el ía examinarse por libre en Filosofía e Letras. Foi neste tempo cando publicou os seus primeiros libros: Mar ao norde, Poemas de si e non e Cantiga nova que se chama ribeira. Os dous primeiros eran libros de vangarda, que sincronizaban moi ben cos movementos que se levaban en París e tamén en España; o terceiro foi de reactualización das formas medievais, pero cun sentido novo. Despois da Guerra e, aínda que non actuara politicamente, debeu coller medo polos seus sentimentos galeguistas e colaborou en diversos periódicos do réxime, nesa época estivemos afastados, el seguiu un camiño e eu outro. Anos despois volveu a refuxiarse en Mondoñedo. Nesa época estaba desfondado, triste, desmoralizado. Eu souben da súa estancia en Mondoñedo, escribinlle unha carta e animeino a escribir prosa en galego. Ao principio non se animou, pero eu son un teimudo e insistinlle, e por fin un día apareceu en Vigo cuns vinte folios de Merlín e familia. Animeino a continuar e el, xa con outros folgos, foi facendo entregas sucesivas ata rematar o

P: Vostede, ten bo coñecedor da historia, da xeografía e das paisaxes de toda Galicia ¿Que nos pode dicir da nosa terra de Boiro? R: Boiro, en xeral a Barbanza, é para min unha paisaxe non soamente chamativa na orde xeográfica, senón tamén na prehistoria, que alí ten unha significación grande. Teño recorrido moitas veces a Península dándolle a volta, vindo desde Muros, por Noia, Portosín, Corrubedo, Ribeira, A Pobra, Boiro… Precisamente en Boiro pasei, sendo mozo, unhas vacacións na casa dos irmáns Martínez López, bos amigos meus. P: Aproveitando a súa amizade con Ramón Martínez López, cóntenos algo sobre este fillo predilecto de Boiro. R: Coñecino xa sendo mozos. Foi un dos fundadores do Seminario de Estudos Galegos, xunto con Bouza Brey, Filgueira Valverde e Lois Tobío. Estudou a carreira de Filosofía e Letras e doutorouse despois. Foi catedrático no Instituto de Lugo e profesor de español en Lisboa, nos tempos que era embaixador Claudio Sánchez Albornoz, gran amigo seu. Sorprendeuno a Guerra na capital portuguesa e incorporouse ao bando republicano, chegando a ser coronel dos carabineiros. Logo acabou exiliado en Austin (Texas) onde traballou como catedrático de Filoloxía Románica na súa universidade. Ao establecerse a democracia en España voltou a Galicia, onde foi Presidente do Partido Galeguista e morrerá máis tarde de Parkinson en Pontevedra.

“Hoxe , a figura de Del Riego agrándase, medra, fulmina ao quen a ouse ollar de fite a fite. Porque el representa a lealdade sen xestos. Granítico, Del Riego é o símbolo hogano da permanencia da Patria e da reivindicación da súa Liberdade, nunca acadada” Méndez Ferrín

7


XANELA

Durante esta última época retomamos a nosa relación e eu asistín como conferenciante a varias homenaxes que se lle fixeron, unha delas precisamente en Boiro, na Casa da Cultura.

que interesa é que o idioma cale en todas as profesións do país, que se xeneralice o seu uso, iso é o fundamental e por iso hai que loitar. Na miña época o idioma escrito era anárquico, cheo de apóstrofes e guións e eu fun quen estableceu a primeira normativización, sen ter formación para iso, utilizando o sentido común, suprimindo apostrófes, guións e todo aquilo que dificultase a lectura, e tivo éxito porque... moita xente seguiume.

P: Tamén coñecido seu é outro fillo, este adoptivo de Boiro, don Raimundo García Domínguez “Borobó”. ¿Cal foi a relación que tivo con el? R: Moitísima. Coñecino cando el era redactor no Correo Gallego e en La Noche, onde dirixía as páxinas literarias, páxinas que tiveron gran importancia porque nelas se deron cabida aos escritores novos que triunfaban nas chamadas Festas Minervais.

P: ¿Que lle pareceu a última reforma das Normas Ortográficas de setembro de 2004? R: Foi un acordo da Academia, de consenso, para evitar males maiores.

P: Vde. que xa leva vivido moitos anos ¿Que diferencia atopa, referente á lingua e á cultura galega, entre os anos da súa mocidade e o momento actual? R: Hoxe hai un progreso indubidable que non se pode negar. O galego na miña época utilizábano só os labregos, mariñeiros e algúns artesáns na fala, non na escrita. Considerábase ao galego como un idioma inferior. O dos señoritos, o dos cultos, era o castelán. Pero nese tempo o galego empezou a asentarse nunha minoría que era obxecto de burla e risa pola xente máis ou menos letrada, pero que mantiveron a raíz, a base que herdaran dos Precursores e da xente do Rexurdimento. Empezaron a fundarse institucións de carácter galego: A Academia, as Irmandade da Fala, o Seminario de Estudos Galegos e o chamado cenáculo ourensán fundou a Revista Nós.

P: Ao seu xuízo ¿cal debería ser a política do noso goberno en materia de Normalización Lingüística? R: Vixiar e controlar máis, incluso ao profesorado, porque hai moitos profesores de galego que só lles interesa o posto de traballo pero que non senten absolutamente nada, de forma que incluso fan antipático e hostil o ensino do galego. A intervención do goberno ten que ser fundamental neste aspecto, sobre todo no ensino e nos medios da súa influencia. Ten que facer efectiva a cooficialidade dos dous idiomas, de maneira que teña tanto valor e significación un coma o outro. Hai que seguir prestixiando o galego. P: ¿Que ten que dicir o mundo do ensino neste campo? R: Os tribunais examinadores do profesorado teñen que decatarse de que clase de persoa é, e como vai desempeñar a súa función. Hai que facer unha criba, unha peneira, porque eu coñezo a moitos que falan sistematicamente castelán na rúa e dentro da aula fan antipática a asignatura. Se estes instrumentos encargados da difusión e do coñece-

P: ¿Normalización ou normativización? ¿Cal debería ser o primeiro? R: Creo que o fundamental é a Normalización; a Normativización xa está establecida e non hai problemas serios, fóra de discusións bizantinas. O

“Se queremos buscar semellanzas históricas, podemos situar a Paco del Riego na liña de Murguía, de Vilar Ponte, de Lousada Diéguez, de Otero Pedrayo e de Castelao, que vén a ser a liña das Irmandades de Fala, da xeración “Nós”, do Seminario de Estudos Galego e do Partido Galeguista… E despois da Guerra, de Galaxia, da Fundación Penzol e da Real Academia Galega”.

8


XANELA

P: Vde., ao longo de toda a súa vida, fixo un tremendo esforzo para que a lingua e a cultura galega ocupasen o lugar que lles corresponde ¿cre que mereceu a pena? R: Penso que si, aínda que eu esperaba un resultado maior. Nós queimamos a nosa vida para darlle continuidade ao sentimento galeguista, pero houbo frustracións, incluso ao politizarse houbo terxiversacións.

literatura determinada, se convertese en idioma litúrxico e que chegase a desaparecer como lingua viva. O galego perviviu momentos duros cando durante séculos desapareceu como idioma escrito e só se mantivo como idioma oral na boca de labregos , mariñeiros e artesáns. Conservouse porque tiña forza e unha autenticidade non inventada. Estaba mamado e servía, por iso non conseguiron acabar con el.

P: ¿Concibe Vde. unha cultura diferenciada sen lingua? R: Non, imposible. A cultura está baseada sempre no idioma. Valle Inclán, Torrente Ballester, Cela ou Menéndez Pidal, por nacer en Galicia, non pertencen á cultura galega, porque fixeron a súa obra noutro idioma. A literatura francesa, italiana ou inglesa baséanse no idioma, non noutra cousa. Conrad, por exemplo, escribe nun idioma que non é o seu, logo pertence a esa literatura.

P: Entre os moitos libros que Vde. ten publicados ¿de cal garda mellor recordo? R: O que máis me satisface é Letras do noso tempo porque non hai ningún libro en galego, que eu saiba, que se ocupe da literatura universal. Claro que non é un libro de investigación, nin de análise, nin de crítica, é de impresións. Son impresións que produciron en min esas lecturas, é un libro impresionista no que se recolle, desde o galego, todo o que no meu tempo se producía na literatura universal.

P: Galicia como país con personalidade propia e coas características que o identifican (recordando a Cunqueiro) ¿vivirá mil primaveras máis? R: Dos idiomas nada se pode dicir , quen ía imaxinar que o latín, que estaba imposto en toda Europa e que tiña tras de si unha cultura e unha

P: Por último, ¿Galicia ou Galiza? R: Pódese dicir de calquera xeito, pero eu toda a miña vida dixen Galicia. En cambio Castelao e Risco dicían Galiza. Creo que máis que nada por buscar diferenciacións, pero ten tanta autenticidade a palabra Galicia como Galiza nas súas orixes.

Del Riego cuns amigos de Boiro, na praia de Barraña na época da República 9


XANELA

CADRO DE HONRA O xurado do concurso de Relato Curto Letras Galegas 2006, convocado no IES A Cachada, acordou fallar do seguinte xeito:

1º Ciclo 1º Premio : “As pirias do acantilado” de Antía Pimentel Iglesias. 2º Premio : “¡María foi secuestrada!” de Nuria Tubío Santamaría. 3º Premio : Deserto.

2º Ciclo 1º Premio : “O valor dun segundo” de Lorena Rivero Rodríguez. Ex-aequo “ O derradeiro bico” de Juan Tomé Loureiro. 2º Premio : “A revolución estelar” de Ana Isabel Dacosta Urbieta. 3º Premio : “A forza dos desexos” de Alba Pérez Piñeiro.

10


XANELA

O xurado do concurso de Cartel e lema Letras Galegas 2006, convocado no IES A Cachada, acordou fallar do seguinte xeito:

1º Ciclo 1º Premio : “Oílos falar en galego… non ten prezo” de Antía Pimentel Iglesias. 2º Premio : ” ¿Comeuche a lingua galega o gato?” de Nuria Tubío Santamaría. 3º Premio : ”Que o galego non se esvaia” de Laura Mª Bermúdez Hermo.

2º Ciclo 1º Premio : “Sementa o teu futuro” de Guillermo Vicente Saborido 2º Premio : ”Non lle deas xaque mate” de Mirian García García. Ex-aequo “Lévao contigo” de José Ignacio Peleteiro Ramallo. 3º Premio : ” Non te líes, fala galego” de Ismael Calvo Muñiz. Ex-aequo “ Non pares o teu corazón, deixa que o galego flúa nas túas veas” de Paula Abeijón Abal.

11


XANELA

O xurado do concurso de Poesía Letras Galegas 2006, convocado no IES A Cachada, acordou fallar do seguinte xeito:

1º Ciclo 1º Premio : Deserto. 2º Premio : Deserto. 3º Premio : Deserto.

2º Ciclo 1º Premio : “Na serea do abismo” de Noemí Amigo Calo. 2º Premio : “ A lenda dunha realidade “ de Aitana Piñeiro Fungueiriño. 3º Premio : “A nosa terra ” de Sergio Gómez Blanco.

12


XANELA

O DERRADEIRO BICO Juan Lorenzo Loureiro

A

nia avanzou a duras penas entre os corpos sudorosos que se axitaban, frenéticos violentos húmidos eléctricos ao ritmo da intensa melodía electrónica que retumbaba en todo o local. Chegou á barra e pediu unha tónica e fixouse por vez primeira no aspecto do pub no que decidiran entrar. Desde a súa posición Ania tiña unha visión panorámica do lugar, xa que a barra estaba ao final do local nun punto un pouco elevado respecto ao resto do local. A rapaza cavilou que non era unha boa estratexia comercial, pois para pedir unha bebida había que abrirse paso por todo o longo do antro, e non era doado.

pub. Nin o seu ambiente, xa que a maioría das persoas presentes eran bastante maiores ca ela e a súa pandilla, e había moitos individuos vestidos de forma gótica. A dicir verdade, practicamente a totalidade do persoal que había vestía con roupa escura. Sentíase observada, como se todos eses ollos empapados de rímel lle preguntaran que facía alí. Ania comentoulles aos seus amigos que deberían buscar outro sitio, que este non era o típico pub de adolescentes. Pero os demais rapaces rexeitaron a proposta baseándose en que xa pediran bebida, así que quedaron alí. Ania volveu a vista á pista de baile. Pensou que unha gran cantidade das persoas que bailaban debían estar completamente colocadas, pois movíanse como se tiveran espasmos. Parecía un enxame de abellas, con todos os seus membros axitándose freneticamente. Mesmo semellaba o inferno, con todas as persoas bailando de maneira endemoníaca e suando coma porcos. Definitivamente Ania estaba inqueda. Había algo nese sitio que lle facía sentirse insegura. Algo que non sabía precisar, pero que lle producía malestar.

Ao pub accedíase desde unha pequena porta do exterior. Baixábase por unhas escaleiras negras que daban paso ao local. Este era escuro e moi estreito, pero bastante longo.Nos extremos da pista de baile había sofás de coiro vermello, que combinados co negro das paredes e a multitude de adornos de madeira que tiña o local, dábanlle un aspecto un tanto bizarro. Ania pensou que ese non era o seu estilo de 13


XANELA

Moito malestar.

Ania quedou como en trance.

Moi insegura.

Non podía parar de pensar naquel estraño tipo.

Sentouse e fixou a vista no resto de ocupantes da barra. Chamoulle a atención un individuo que bebía solitario un gin-tonic no outro extremo da barra. Tería uns 30 anos, calculou ela, e vestía elegantemente, cunha chaqueta totalmente negra. Negra como os seus cabelos lisos, peiteados cara atrás cunha abundante cantidade de xel fixador. O rostro, polo contrario, era moi pálido, no que sobresaía un nariz fino e longo.

Doíalle a cabeza. Moitísimo. O borracho que batera contra o misterioso individuo desplomouse ao chan, inconsciente. RIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIII IIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIING Ania abriu os ollos, sobresaltada.

Era atractivo. Vlad. Chamábase Vlad. Desprendía un estraño magnetismo e Ania non podía separar a vista del. O tipo bebeu un trago longo do seu gin-tonic e de súpeto, mirou fixamente á rapaza.

Non sabía como, e o máis importante, non sabía por que, pero sabía que o misterioso home que atopara onte se chamaba Vlad.

Aos ollos.

Sabía seguro que ese era o seu nome. Iso asustábaa e fascinábaa ao mesmo tempo. Pero había un sentimento que sobresaía entre todos os demais: o desexo de atopalo. O desexo de volver a ver as súas faccións finas e afiadas. A súa cute pálida como a máis pura neve. Os seus cabelos negros como o acibeche. E, por suposto, eses ollos penetrantes tamén negros como a noite. Como a noite máis escura.

Cruzaron as miradas durante uns tres segundos e despois o tipo levantouse e foise. Era alto, pero non moi corpulento. Tiña un andar altivo. Ania observou que a xente lle tiña respecto, apartábase abríndolle un camiño ata a saída. De súpeto, un borracho bateu con el sen querer.

A Ania pasoulle o día moi lentamente. Saíu a pasear á tarde, a dar unha volta para despexar a cabeza. Semellaba unha alma en pena, un corpo sen espírito. Os seus pés guiábana pesadamente cara a ningures. O seu corpo estaba alí, pero a súa mente atópabase moi lonxe: era noite pecha e ela camiñaba por unha escura rúa. O chan empedrado da rúa estaba mollado. Chovía a cántaros. Ania sentía pena, e furia, pero tamén tiña unha sensación como de orgullo, de seguridade en si mesma. De… poder. Pero tamén moita ira. E no máis profundo do seu ser sentía un estraño pracer. Algo que nunca antes sentira. E gustáballe.

Ania xuraría que a atronadora música parara. O individuo deu a volta e mirouna e fixamente aos ollos, desafiante. As súas faccións mostraban un profundo desprezo. O borracho quedou quedo, case petrificado. Silenzo. A música despertou cando o individuo comezou a camiñar. Antes de desaperecer escaleiras arriba xirou a cabeza e volveu a mirar a Ania, durante un brevísimo instante.

-Ania! Aos ollos. 14


XANELA

Era unha sensación tan fascinante… Cada vez era máis forte…

chegou ata a barra, onde o vira por vez primeira. Non estaba. Imposible. Tiña que estar alí. Sabíao. Sentíao. Deu a volta e penetrou entre as rabiosas abellas. Esquivando os corpos, sentiu como a rabia se apoderaba do seu ser. Vlad… ¿por que non estaba alí? ¿por que…?

-Ania! Ania! Ania atopouse de repente cun mozo duns dezasete anos, loiro e grande.

-Por fin. Estábate agardando. -Ania! Andas flipada, tía. Estabas camiñando cos ollos pechados… Hai que saber controlarse, amiga.- O mozo estalou en gargalladas.

Ania xirouse e viuno. Estaba alí. Era el, Vlad.

-Non estou colocada, estúpido. Ía pensando nas miñas cousas.

Colleuna da man e levouna por unha porta traseira do local. Pasaron a unha estancia ampla, algo semellante a unha sala de estar, e sentaron nun sofá vermello. Miráronse. Aos ollos.

-Ben, ben, tranquiliña. ¿ Onde te metes, que non se che ve o pelo? -Non sei… Estiven ocupada, Xacobe.

-Vlad….

-Mira, xa sei, ¿vas saír de marcha esta noite?

-Dime, Ania…

-Si, ben, non sei. Pode ser.

-¿Como sabes o meu nome?

-Pois pégasme un toque e xa nos vemos. ¿ De acordo? Que hai moito que non nos vemos, e temos moito de que falar. Veña, guapa, voume. Vémonos á noite.

-¿Como sabes ti o meu?-replicoulle Vlad, e sorriu misteriosamente. Ania decatouse do sobrenatural da situación, e un calafrío sacudiu o seu corpo.

-Vale. Daquela, ata a noite. -¿Como sei o teu nome? ¿Como sabes ti o meu?

Ania non tiña pensado chamar a Xacobe. Tiña que buscar a Vlad. Tiña que atopar a Vlad.

-Volves a equivocarte, Ania. A pregunta non é “como”. A pregunta é “por que”. ¿Por que me buscaches? ¿Por que nos atopamos?

E a noite chegou, escura, coma sempre. Ania maquillouse máis que de costume. Debuxou unha sombra negra no contorno dos seus ollos, e palideceu a súa morena pel.

-Non sei… atráesme, supoño.

Estaba fermosa, si, pero tiña un aspecto máis insán que de costume. Menos inocente.

-Non é simple atracción. Empeza a decatarte: isto non é unha situación normal. Eu non son normal.– Mirouna fixamente.

Saíu da casa. Os pés guiábana ao pub onde estivera a noite anterior. Tan pronto entrou no local, invadiuna a certeza: Vlad estaba aí. Aínda que non o vía, sabíao. Sentíao.

-Non…non entendo o que queres decir. -¿Con cantos mozos estiveches?

Cruzou o enxame de epilépticos bailaríns e

-¿Que?- A Ania non lle encaixaba unha pre15


XANELA

gunta tan banal na conversa que mantiñan-…Con tres.

non, morrería. Non mato por pracer…case nunca. -Matas á xente para beber o seu sangue. Iso é horrible.

-Eu tamén con tres…mil. Como mínimo. De todos os tipos: loiras, morenas, rubias….A maioría duráronme unha soa noite.-A Vlad escapóuselle un sorriso.

-Non. É natural. Agora ven.-Vlad achegouse máis a Ania, e susuroulle suavemente: Qúerote. Ania mirouno longamente. Estaba namorada, enfeitizada por ese home que nin sequera era humano. Pero non podía deixarse enmeigar polos seus trucos. ¿A cantas mozas enganaría como a ela, para despois chucharlles o sangue ata deixalas secas? ¿ E se a convertía a ela nun monstro coma el, ou peor aínda, a asasinaba? Dentro de Ania transcorría unha épica loita: a súa mente, que lle aconsellaba escapar de aí de inmediato, e o seu corazón, que se negaba a admitir que Vlad quixera facerlle mal.

-¿Intentas facerte o simpático? -Nunca. ¿Cantos anos tes? -Dezasete. -Eu cinco…séculos. ¿Segues sen entender? Ania dubidou…¿estábase burlando dela? Era o máis probable, aínda que o home lle transmitía unha sinceridade que lle dicía que non estaba mentindo.

E como pasa sempre nestes casos, gañou o corazón.

-Ania, son inmortal. Non son unha persoa normal. Ania…son o que ti chamarías un vampiro.

-Eu tamén. Quedei namorada de ti desde a primeira ollada. Arrisco moito confesando os meus sentimentos. Non me falles, suplícocho. Amarte é xogar á ruleta rusa.

Un vampiro. A Ania empezoulle a dar voltas a cabeza. Vía todo borroso. Vlad…un vampiro. Non podía ser. Os vampiros non existen…pero…agora todo encaixaba. O sobrenatural da situación tiña explicación na sobrenaturalidade do propio Vlad. Por iso o sentía. Por iso o buscou. Por iso esa atracción cega. Todo tiña sentido. Nada tiña sentido.

-Tranquila, Ania. Non che vou facer mal. Déixate guiar por min. Mergúllate nos meus ollos, e comeza a soñar. Lentamente, os beizos de Vlad fóronse achegando aos de Ania. Ania tentou separarase, pero algo a atraía cara a el. Un estraño magnetismo imposibilitaba separarse del e, rendida, pechou os ollos. Entón as bocas uníronse, e pareceu coma se nunca antes estiveran separadas. Coma se os beizos estiveran feitos para encaixar suavemente. Ania come-

-Ania, sei que é difícil de crer, pero existimos. -Pero…se es un vampiro…chupas sangue. ¿Mataches a alguén algunha vez? ¿Bebiches o seu sangue? -Si. A Ania produciulle repulsión.E terror. Pero de súpeto, como unha bofetada, decatouse dunha verdade innegable. Amaba a Vlad. Odiaba a Vlad. -O beber sangue non o podo evitar. Igual que ti necesitas comer e beber, eu necesito sangue. Se 16


XANELA

zou a tremer, non de medo, senón de emoción. Nunca sentira algo semellante. Nunca ninguén a bicara dese xeito. Máis que un bico, era un cúmulo de sensacións que facían que o corazón de Ania latexara cunha forza nunca vista, ao compás do peito de Vlad. Máis que un bico, era unha viaxe, unha sinfonía, unha preciosa coreografía entre dous beizos .

do? ¡Estáballe tentando a oferta de convertirse nunha asasina! ¡Nun monstro! Tiña que facer algo. Escapar antes de que fora tarde. Pero non era capaz… Necesitaba a Vlad. Xa non era simple atracción…nin sequera amor. Era fascinación. Nese momento, Ania divisou un coitelo cunha folla grande, moi afiada. Estaba na mesa. Podería collelo sen esforzo. E era de prata. Sabíao.Igual que soubo que Vlad estaba alí. Semellaba a súa única opción… Aínda que fora terrible. Se non acababa con Vlad, este acabaría con ela.

O problema era que podería ser unha viaxe sen retorno, unha sinfonía que non debería escoitar, unha coreografía que non conseguiría seguir. O problema era que Vlad era un vampiro, e Ania, soamente unha rapaza namorada.

-¿Pasa algo, Ania?

-Ania, ven comigo. Acompáñame.

-Non, nada. Bícame outra vez, Vlad.

-¿ Onde?

Mentres os seus beizos se acariñaban entre eles , Ania colleu o coitelo e gardouno debaixo da chaqueta. Tíñao que facer. Estaba condenada. Fixera o que fixera, estaba condenada. E sentía tanto pracer… Colleu o coitelo fortemente. Non podía converterse nunha chupasangues. Antes morta. E antes que morta, matar. As bágoas agromaron nos seus ollos.

-Onde eu vaia. Necesítote. Quero que esteas xunto a mi sempre. Ania non dixo nada. Simplemente volveuno a bicar. Non quería pensar no mañán. Só lle importaba o agora, o presente. Desexaría que ese intre durara sempre. Vlad comezoulle a bicar o pescozo. -Eu pódoche dar o que queiras...-Ania non era quen de dicir nada- …O que queiras… O mundo será teu se vés comigo… -bicáballe cada vez con mais paixón-… Eu pódoche entregar incluso…a vida eterna.

-¿Por que choras, Ania? -Síntoo, Vlad- alcanzou a dicir entre a súa axitada respiración– Síntoo. E o frío coitelo –TCHAC- cravouse na morna pel do amado. Vlad mordeu os labios, e mirouna moi fixamente, cunha mirada que cortaba tanto como o propio coitelo .

Unha parte de Ania era consciente do perigo da situación. Poderíalle morder no pescozo en calquera momento. A outra parte estaba rendida ao pracer e á paixón.

-Vlad…en serio…síntoo…non podía converterme nalgo coma ti.

Ania cavilou un momento. ¿Por que renunciar á vida que lle ofrecía Vlad? ¿ Por que renunciar ao amor que sentían o un polo outro? ¿Por que renunciar a unha vida cargada de emoción e aventuras, en contraste coa súa aburrida existencia actual? ¿ Por que renunciar a unha vida sen fin, á inmortalidade?

Maldito Vlad. -Ania, non chores. Estiven con miles de mulleres e ti fuches a que máis amei de todas. Porque es… diferente. Fuches a máis valente de todas, e por iso me fascinas. Non che gardo rancor… Ademais, xa vivín tanto... Chegou a miña hora, miña querida. Supoño que estaba escrito. Era o meu destino.

Ania parou en seco os seus pensamentos e conseguiu apartar o pescozo. ¿Que estaba dicin17


XANELA

Ania namorouse máis, se cabe, despois desas románticas e tráxicas palabras. E non puido evitar darlle o último bico. Achegou os seus beizos e bicouno case con rabia, con odio. O sabor agridoce do seu sangue mesturouse co salgado das súas bágoas. Ese derradeiro bico foi o máis grande erro da súa vida.

sede. Chamou a Xacobe. Uns minutos despois, o mozo xacía no empedrado chan totalmente pálido, con dous pequenos e profundos buratos no pescozo. O seu corazón non latexaba. Cincuenta metros máis adiante, unha escura silueta feminina camiñaba segura de si mesma pola rúa.

Maldito Vlad. Maldito bico.

Xa non era Ania. Ania mirouno por derrradeira vez. Aos ollos. Despois, escapou correndo. Saíu do local e comezou a camiñar. A noite era moi tormentosa. Ania sentíase morrer. De pena, de rabia, de remordimentos. Sabía que fixera o correcto, pero iso non lle impedía de sentirse horriblemente. Acababa de matar ao home que amaba. A persoa que lle fixera pasar o mellor e o peor da súa vida. A tristeza decrecía en favor da rabia, que ía apoderándose dela. Ania maldicía o seu sino e a súa maldita fortuna.

Xa non era unha rapaza. Xa non era mortal.

Chovía a cántaros. Entre a rabia e a tristeza, naceu outro sentimento, o cal non o podía explicar moi ben pois nunca antes o sentira. Era unha mestura entre orgullo, poder e ira. Ania intentaba escapar deste sentimento, pois non tiña motivo para sentirse así, pero non era capaz. Outra sensación comezou a agromar no seu corpo…Necesitaba algo…Tiña sede… Sede de sangue. Nese instante comprendeuno todo: nese derradeiro bico, Vlad infectáraa co seu sangue. Maldito Vlad. Maldito bico. Maldita Ania. Fíxérao con intención, era a súa cruel vinganza. Vlad morrera matando. Vlad morrera amando. Vlad morreu do xeito en que viviu a través dos séculos. Ania non aguantaba… Nin sequera tiña xa remordementos, nin temor pola transformación que estaba sufrindo. Tan só quería saciar a súa 18


XANELA

O VALOR DUN SEGUNDO Lorena Rivero Rodríguez

A

soidade. ¡Como dicilo, como expresar con palabras algo tan persoal! O certo é que ninguén que non a experimentara na súa forma máis profunda sería quen de explicala, xa que non é un sentimento que poidas compartir, non é algo que poidas ensinar aos teus fillos sen que eles a vivisen previamente no seu interior. Teño que dicir que a estas alturas da miña vida, cando non teño forzas nin ganas de seguir aquí, non me supón un gran esforzo convivir con ela; logo de tanto tempo é para min a miña única compañeira e confidente. Aínda así, hai días nos que cobra demasiado protagonismo, hai días nos que aperta tan forte que estou segura de que me vai afogar, que me vai consumir. O certo é que sería a mellor solución aos meus problemas (por así chamalos). Á fin e ao cabo ninguén me botaría en falta, nin eu mesma o faría. Cando boto a vista cara atrás decátome do insignificante da miña existencia. ¿Acaso fixen algo polo que me recoñecesen?, ¿levei a cabo algunha actividade importante? Non, certamente non. Pero tampouco me avergonzo por iso, no

fondo, o que máis ou o que menos é tan insignificante coma o do lado. De que me serviría ser un político, un rei, unha estrela do rock se todos temos escrito no noso destino a mesma fin. A min teríame bastado con ser unha persoa forte, unha muller con temperamento, capaz de manterse unida á súa familia, capaz de superar as adversidades que se lle presentasen. Pero non, tocoume ser isto, un desperdicio humano do que ninguén se lembra. Sempre pensei nas razóns polas que cheguei a esta situación, e sempre o fixen coa seguranza de que a responsabilidade do acontecido non era miña, pero neste punto da miña existencia comezo a preguntarme se non sería eu a única culpable de todo. De calquera xeito, fora eu a culpable ou non, estou aquí, nesta agoniante espera cara á miña fin, neste corredor infinito cheo de almas vencidas coma a miña. - Ten visita- estas palabras interromperon as miñas reflexións, dando lugar a unha pequena esperanza por atoparme fronte a min con algunha cara coñecida. Aínda que se son sincera

19


XANELA

(e é algo que sempre me caracterizou), teño que dicir que tiña a esperanza de atoparme con esa cara coñecida. Unha vez máis o meu sentimento bate contra o chan cando alí, na pequena cela que me asignaron dende a miña chegada, se presenta aquel home alto, ben vestido e con cara de fracasado, diante de min. O seu nome é David, e é o avogado de oficio que me asignaron xunto coa miña cela cando, hai un mes, cheguei a este corredor, o corredor da morte. -¡Veño con boas novas, Uxía!- entra triunfante, con cara de ter algo moi importante que dicirme, aínda que teño o presentimento cotián de que non será máis que unha das novas que parecen resolver todo pero que ao final deixan as cousas como estaban ou, no peor dos casos, cáusanche unha confusión mental máis profunda sobre a túa propia vida, a vida á que todo o mundo chama “caso”- Estiven falando con algunhas persoas e cren que as probas atopadas na gasolineira poden axudarnos a demostrar a túa inocencia, xa que parece que, xunto coas túas pegadas dactilares, están as doutro individuo aínda non identificado. Esta información supón unha nova esperanza por demostrar a miña inocencia, unha das poucas cousas que teño clara nestes momentos. Pero non quero facerme demasiadas ilusións porque estes casos van con lentitude, a maioría das veces con tanta demora que as solucións e respostas chegan tarde e xa non serven para arranxar nada, só para converterse nunha morea de papeis acumulados ou arquivados nalgunha oficina do Estado. Debín poñer, sen intención de ofender as súas pescudas, claro, unha cara pouco sorprendida ou decepcionante, porque David comeza a explicarme as cousas dunha maneira atropelada e ininterrompida, con tanta ansiedade por transmitirme a súa emoción, que nin el mesmo sabe con claridade o que me está a explicar. O certo é que tiven sorte con el. É un home novo ao que lle gusta o que fai e, polo tanto, intenta dar todo o posible en cada vida que lle adxudican para salvar. Iso, queiras ou non, acábase notando, e sempre está ben saber que, aínda que sexa por obriga, alguén se preocupa por ti. - Pero agora tesme que volver dar o teu

testemuño sobre o acontecido, debo entregar unha gravación ás persoas que che acabo de dicir- ante a miña sorpresa intenta suavizar a situación- xa sei que é algo doloroso para ti, do que non che gusta falar, pero douche a miña palabra de que esta será a última vez que o teñas que facer. E con isto comezo, espero, a miña derradeira narración dos feitos vividos aquela terrible noite: - Eu traballaba na gasolineira da autopista de_________ dende había pouco tempo. A miña situación familiar non era boa e necesitaba facer quendas de noite para compaxinar os meus horarios de traballo. - Uxía, pediríache que concretaras a túa situación familiar, razóns polas que estabas nos Estados Unidos...- interrómpeme David- Xa sabes, os detalles poden dar a clave para atopar a solución... - De acordo. Casei con 17 anos cun home chamado Martín García. O noso foi máis un acordo para saír da miña miseria que unha declaración do noso amor. A miña nai, viúva dende que eu era pequena, traballaba a reo para sacar á familia cara a adiante, así que eran poucos momentos do día os que estabamos con ela. Nunha ocasión, dei con este home e comezamos a vernos con frecuencia. El prometía ser un importante empresario, un home de futuro. Era dezaoito anos maior ca min e necesitaba unha muller guapa que poder pasear nas súas festas luxosas. Eu, pola miña conta, necesitaba saír da Coruña, necesitaba, como dicía miña nai, unha oportunidade para ter unha vida mellor. Deste xeito, como se asinaramos unha especie de acordo, contraemos matrimonio, e nun tempo record fuximos de Galicia. A el xurdíralle a oportunidade de montar unha empresa aquí, nos Estados Unidos, e viñemos de contado, sen ter tempo de despedirme da miña familia, da que non volvín ter noticias. Nos anos seguintes, rodeada de luxos, tiven á miña filla Laura, e digo tiven porque criar a unha filla non consiste en enchela de regalos e tarxetas de felicitación nos aniversarios e festas importantes. El estaba demasiado ocupado nos seus asuntos e non tiña tempo para nós. Esta situación mantívose durante moito tempo, o tempo dabondo para que entre o meu marido eu eu se consumise a comunicación, o 20


XANELA

tempo suficiente para que nos abandonara, para que nos deixara fundidas na máis pura miseria. Que ía facer eu cunha nena de cinco anos sen casa, traballo, cartos... sen nada. Non sei de onde puiden sacar as forzas para seguir, pero o certo é que o fixen. Durante uns meses a miña filla e mais eu vivimos na casa dunha amiga, da que non conservo tal amizade, ata que eu dispuxen de traballo e cartos suficientes para alugar un apartamento. Deste xeito, coma se a miña familia, aquela que vivía na miña terra, en Galicia, tivera un mal de ollo ou un conxuro para nos deparar a todas o mesmo futuro, vivín ata hai pouco tempo unha vida de estrés e traballo constante que me separou por completo da miña filla Laura, da miña pequena. Pouco a pouco e sen darme de conta, ela foi medrando, e cos dentes de leite e as bonecas marchou tamén a nosa relación, aquela que na nosa vida rodeada de luxos nos mantiña unidas, inseparables. A diario a casa enchíase de berros e discusións que cada vez e sen darme tempo a ser consciente do mesmo, establecía entre nós as dúas un abismo de incomunicación, un mar de dúbidas pola miña parte e un gran sentimento de rancor pola súa. Ademais, para acentuar esta situación, había meses que a nosa situación económica empeorara. A escasez de traballo facíanos atravesar unha das nosas peores épocas. Estaba eu nisto cando, por casualidade, souben da posibilidade de traballar na gasolineira da que antes falaba. Sen dubidar, presenteime no lugar e comecei a traballar en quenda de noite. Só levaba dúas semanas alí cando ocorreu todo aquel horror. - Acabou o tempo- anuncia de súpeto o garda interrompendo a miña testemuña. - Está ben, saio de contado, grazas- contesta sobresaltado David- ¡Que magoa que non dese tempo a rematar! Se che parece ben, mañá veño a primeira hora e rematamos con isto. ¿Paréceche?- expón esperando a miña aprobación. - Vale, cando queiras- contesto con frialdade. - Veña entón, ata mañá, que pases boa noite- despídese cun xesto de aprezo cara a min. O estrondo da porta déixame de novo sumida nos meus pensamentos. O feito de abrir de

novo a ferida que tanto intento pechar cáusame unha profunda dor interior. Intento esquecer os motivos polos que estou aquí, intento levar a miña espera coa maior calma posible, pero o recordo de Laura báteme na cabeza sen piedade ningunha e a soidade apodérase de min facendo que as bágoas esvaren pola miña demacrada cara. Espérame unha noite complicada, debo ter forza para superar estas situacións tan repetidas nas últimas semanas. Pasan varias horas e cando levo tanto tempo pensando nos erros cometidos, nas oportunidades desperdiciadas, o sono dáme unha tregua ata o día seguinte. A claridade que entra pola pequena fiestra que me comunica co exterior libérame dos meus pesadelos e devólveme a unha realidade peor na que non desexo permanecer un minuto máis. Aséome a desgana e cando estou vestida e sentada na cama mirando o tempo pasar, David entra no meu recuncho, no meu noxento “fogar”. Xa sei ao que vén así que, sen demorarme máis, remato a miña narración: - Aquela noite, un home cun Audi chegou á gasolineira acompañado por outro ao que non puiden ver con claridade. Mentres enchía o depósito, o copiloto saíu do coche e entrou na tenda; non sei con que intención. Cando entrei de novo, unha vez atendido o cliente, un estraño presentimento levoume ao cuarto de baño. Abrín con coidado a porta do aseo masculino e alí, deitado no chan, atopei a horrible imaxe protagonizada polo copiloto do coche que acababa de atender, protagonizada por aquel home tan coñecido para min, aquel co que vivira parte da miña vida: era Martín. Un gran charco de sangue procedente do costado do meu odiado marido inundaba a estancia e a horrible expresión do morto fíxome articular un berro de angustia. Envolta en pranto e nerviosismo collín a navalla que había no chan e toquei o morto, non sei con que propósito, e ao decatarme de que era un corpo sen vida, saín do establecemento coa intención de comunicarllo ao seu amigo, que supuña lle estaría a esperar con impaciencia. Ao atravesar a porta da tenda, a ausencia do Audi e a presenza dun novo home paralizáronme. Non entendía nada. Durante a miña intención por atopar unha explicación razoable ao que me estaba sucedendo, a muller do novo cliente saíu do automóbil 21


XANELA

e mentres ela chamaba con nerviosismo á policía, o home entraba no cuarto de baño para ver a procedencia do sangue que cubría o meu corpo. Cando saíu da estancia coa mesma expresión de horror que se apoderara de min, eu intentei explicar o que acababa de pasar, pero a imaxe de Martín apoderábase da miña mente impedíndome articular palabra. Nos minutos seguintes, non sabería dicir cantos, chegou a policía e o resto da historia creo que xa se coñece. Entrei nun longo xuízo e a sentenza declaroume culpable, xa que non había probas que respaldaran a miña historia, non había indicio ningún de que aquel audi estivera alí ou de que outra persoa entrara pola porta traseira a realizar tan macabro asasinato. Ademais, tendo en conta a nosa recente separación, dito asasinato podía, e de feito así foi, presentarse como unha calculada vinganza. En consecuencia, nada podía demostrar a miña inocencia. Deste xeito, entrei nesta prisión onde paso - son consciente- os meus derradeiros días de vida. Pero se son sincera, non é iso o que máis me doe, senón que por culpa deste asunto, a única persoa que daba sentido á miña vida, abandonoume. A tormentosa relación que dende meses atrás viña mantendo coa miña filla, non foi quen de soportar tan fortes acusacións como as que me facían, e dende que entrei aquí, nada volvín saber dela. - Está ben, creo que é suficiente– detén David o meu relato, quitándome así parte da presión que se apodera de min- En canto saiba algo virei visitarte, de acordo? Non te inquedes se non recibes noticias miñas, xa que, como ben sabes, estas cousas non son precisamente rápidas- sen máis, recolle as cousas e marcha pola mesma porta que me impide saír cara a miña liberdade. Pasan os días, e ese rexurdir do pasado ten sobre min o mesmo efecto que o pesadelo que se repite sen piedade ningunha nas noites desconsoladas dun pobre rapaz. Agora si que podo afirmar que teño medo. David non vén dende hai tempo; visitoume algún día pero non trouxo con el máis que a mesma desesperación que eu sentía. A fin deste corredor vese cada vez máis preto e a impotencia de non poder facer nada pola miña salvación, faime sentir aínda peor. Nos últimos días non durmo, non como, non articulo ningunha palabra; a única compaña que teño é a miña propia

soidade, a miña desesperación. Nesa actitude paso semanas, meses...que sei eu! Xa non son consciente do tempo nin de por que existe, non lle atopo o sentido. Xa non desexo seguir máis así, quero que remate todo isto, non quero seguir, por piedade, non podo máis! Necesito acabar con todo. Intento, á vista do fracaso das miñas súplicas afogadas, acabar eu mesma coa miña propia existencia, pero non sirvo nin para iso, e cada segundo é máis desesperante có anterior. Acabando coa miña espera, anúncianme a miña execución: -Será dentro de dous días- dime o meu pobre avogado cunha verdadeira e sentida expresión de dor e impotencia. Hai tempo que se pechou a posibilidade de que aquelas pegadas na gasolineira puideran facer algo por min, e sei que non volverán a chegar novas no meu caso; agás, claro, a da miña fin. Dous días, corenta e oito horas, dous mil oitocentos oitenta segundos que parecen non ter pensado rematar. Agora sei o que é unha conta atrás! Non podería explicar as cousas que me pasan e que se acumulan na cabeza durante a miña espera, pero si que podo dicir que unha das que máis me afecta é a perda de Laura. Agora sei que xa non vai volver, agora son consciente de que fracasei como persoa, pero o que é peor para min, sei que fracasei como nai. Faltándome ela, non hai razón pola que debera salvar a vida, e aínda habéndoa, non podería nin querería salvala. Coa pesada harmonía dos pensamentos na miña cabeza, consómese o segundo mil oitocentos oitenta da miña conta atrás e o meu forzado verdugo vén na miña procura para conducirme á sala na que porán fin á miña vida. Na sala, como se dunha exposición se tratase, está permitida a presenza de público, que no meu caso non ha de ser moi numeroso, xa que non teño ningún familiar ou amigo que poida querer ver o meu derradeiro segundo de insignificante existencia. Coa única conversación establecida polos meus pasos e o eco que eles mesmos producen, avanzo polo corredor vendo aos meus compañeiros de agonía, aos que tanto lles ten unha vida máis. No meu caso, escolleron a inxección letal 22


XANELA

Aínda que pareza unha das mellores e tendo en consideración que ningunha morte é boa, teño que dicir que a que me asignaron é unha das máis dolorosas. Sei que, pouco a pouco, cada un dos meus órganos irá deixando de funcionar, pero que o feito de que o cerebro sexa o último sobre o que actúe o veleno, permitirame sentir cada parada de actividade dentro de min, e iso producirame unha dor que non alcanzo a imaxinar. Xa cheguei á sala. Dentro dela unha padiola, unha complexa máquina con tubos e un teléfono acompáñanme na miña agonía. Tómbanme e átanme con cordas impedíndome o movemento. Non podo describir o pánico, soidade e amargura que se apoderan de min. É algo tremendamente angustioso. Un home comeza a preparar a estraña máquina, outro está ao lado do teléfono que non soará e o último dá paso á xente que veu presenciar o acontecemento. A miña posición non me permite ver á xente que entra na sala, pero podo distinguir a figura do meu xove avogado e o corpo dunha muller que non logro recoñecer. Pasan uns minutos, ou iso creo, e o encargado da máquina, cunha mirada de complicidade co do teléfono, disponse a introducir a morte nas miñas veas. Cámbianme de posición e inxectan un líquido no meu brazo dereito. Non sei que veleno será, pero podo sentir como avanza de vagar polo brazo queimando o meu interior e provocando unha dor que xamais experimentei. Pero o peor está por chegar. Permanezo cos ollos pechados, e vendo a miña vida pasar, todo o tempo que me é posible mentres a misteriosa substancia queima e absorbe cada un dos meus órganos. A dor non me permite pronunciar un só berro de angustia e retórzome no meu cadaleito sen poder facer nada por aliviar esta dor xamais vivida, esta dor que me arrinca a vida, esta dor que acaba co pouco que quedaba de min, esta dor tan inexplicable, tan horrible! Xa non son consciente de ónde teño cada unha das partes do meu corpo, só podo sentir unha agoniante espera que non remata. O veleno chegoume ao peito e avanza paseniño cara ao meu danado corazón. Sei que ao chegar a ese órgano todo rematará, pero agora a cruel substancia inxectada avanza máis amodo pola resistencia ofrecida por costelas e pulmóns. Isto queima máis que nada no mundo e é neste momento e só neste cando o corpo me permite artellar un berro de

inimaxinable dor. Como resposta ao meu son pronunciado, os meus oídos permítenme escoitar un laio producido por unha voz demasiado familiar, unha voz especial que por un segundo me aparta totalmente do meu corpo dándome un, e só un, derradeiro segundo de paz. Abro os ollos e alí, diante de min, podo ver á miña pequena mirándome con expresión de terror. Nunca mo perdoarei, nunca esquecerei, estea onde estea, se é que chego a estar nalgún lugar, a dor que nestes momentos lle fago experimentar á miña filla. Agora si que estou aterrada. Teño demasiadas cousas que dicirlle e agradecer á miña querida Laura. Teño un caos na cabeza e tanta dor no corpo que non son consciente de nada. Só podo sentir sufrimento e desesperación. Sei que estou chegando a miña anhelada e á vez odiada fin. Sei que isto está a rematar, podo sentilo dentro de min. Xa só espero, espero a que pase todo. A miña vida é un recordo. Xa non me sinto dentro do meu corpo. Todo é escuridade. Sei que isto remata. Xa non me sinto nesa odiada sala e o único que me fai consciente de que permanezo nela, é o pranto desconsolado da miña nena. Chegou a miña fin, marcho deste mundo e a última cousa que percibo antes de abandonar completamente o meu corpo e a miña vida, é a canción descompasada dun infinito segundo, o ruído dun teléfono que sinto xa moi lonxe e un último berro de desesperación e amor por parte da miña pequena. Rematou todo: rematou a vida, rematou o tempo, rematei eu e comigo marchou a conta atrás e o verdadeiro significado e duración dun infinito segundo.

Elisabeth Muñiz 23


XANELA

¡Non me rompades! ¡Non me esquezades!; a min vosa nai, creadora da cultura, mapa das verbas. Sen prestixo e mala fama, así fun no meu pasado, pero agora quero ser forte, ¡que se me oia nos meus dous mares! Contruídeme un futuro. Nuria Tubío Sanmartín

Formade unha descendencia comigo, ¡Non me fagades caer nas mans do desuso! Que sexa testigo da miña presencia. ¡Quero ser útil e coñecida!

Na serea do abismo

Se non prefiro morrer soa sen dialectos, na miña terra, terra consagrada e testigo da miña perda.

Deixarei de vivir nos teus ollos para comezar a albergar o desacougo que serea en min o adro da morte.

Aitana Piñeiro

Acreditarei á miña vida a vinculación dun pasado agoniante e paseniño non lle deixarei de enlazar unha campa voraz contra as tebras. E mentras esvaezo no desacougo non podo deixar de oír o rumor das ondas ao bater decote contra os cantís desta ánima. Prefiro ser o desasosego cadavérico antes que a brevaxe da frivolidade para así non volver á aprehensión da penumbra e lograr que unha paisaxe outoniza sexa o espello da miña alma. Porque de ti quero aseñorarme, porque debezo en repousar o meu sangue encol do teu fulgor: ocultando a metáfora do tempo.

Paula Abeijón Abal

Noemí Amigo Calo

24


XANELA

AS PIRIAS DO ACANTILADO Antía Pimentel Iglesias Xa chegou a primavera. Quenta o Sol. Xa é o mediodía. Reina a tranquilidade no Castro de Neixón. Cada membro da unidade familiar afánase por rematar a súa tarefa. O pai vestido con peles de animais, acaba de chegar cargado cun gran xabaril. A nai, con toda a tenrura, recolle os froitos que os pequenos e as pequenas van metendo nas cestas.

O Gran Reux e Filia tiñan dúas meniñas xemelgas: Liria e Nauta. Fermosas e loiras como aquel gran Sol ó que todos os días lle agradecían o ben que recibían. Liria e Nauta sempre seguían os consellos dos seus pais. Había moitos nenos e nenas no castro de Neixón. Pola mañá, xuntábanse na peza principal do castro e coas súas pedras enceradas aprendían moitas cousas co Gran Reux. Gustáballe moito observar a natureza; ela si que era sabia, e dela aprendían…..

Hoxe podería ser outro día máis. Pero a familia Prietus sabe que non vai ser así. Tiñan un mal augurio. Aquela noite o mar soara dese xeito… como sempre que algo malo ía acontecer…

-Si, avoa, pero ti dixeches que aquel día o mar non sei que tiña…, o seu ruido…, avoa! cóntame que foi, que pasou!.

-Sigue, avoa, sigue. Sempre que me contas un conto, páraste nunha parte interesante.

-Non desacougues. Gústame recordar aqueles días felices, a tranquilidade e a harmonía da natureza……

-Será que, aínda que xa pasaron moitos anos desta historia, sinto a mesma inquedanza cada vez que a recordo. Pois ben, a familia Prietus era a que tiña o mando no castro. Nada se facía sen consultar ó ``Gran Reux´´ como así lle chamaban. El decidía o día de caza, cando se sementaban os campos, cando as mulleres fiaban a lá… Era a Lúa a súa gran conselleira. O Gran Reux era querido e venerado porque era xusto e bondadoso. A súa dona, Filia, tiña moi boa man na combinación de plantas con fins medicinais: para que os meniños non tivesen catarros, xuntaba aquelas diminutas herbas de flores marelas que medraban preto do acantilado; aló, ó lonxe recollía aqueles fieitos na lúa nova, que fervidos facían que as dores de barriga cedesen… Era a curandeira, e tiña a súa sona de milagreira ben merecida. 25


XANELA

Aquela tarde Filia e as súas fillas foron recoller as herbas preto do acantilado. Liria e Nauta estaban moi preto do mar, xa que ollaran para unha fermosa piria, que se alzaba maxestuosamente. Naquel tempo eran difíciles de atopar. Nauta decidiu baixar a collela ela soa, pensando no orgullosa que a familia estaría dela: era a herba máxica, tiña efectos relaxantes e era moi apreciada en todo o castro.

te! Despois de nulos intentos Reux comunícalles ás xemelgas a terrible noticia. Á mañá seguinte era o enterro. Nesta cerimonia os familiares da falecida lévanlle as cousas máis queridas para enterralas con ela. -E… miña rula, a que non sabes que lle levaron as nenas?

Nauta baixou a coller a herba. Liria pensou que era arriscado e avisouna. Nauta xa estaba a piques de arrincala, pero… naquel intre unha enorme ola enguliu a pequena Nauta!

As xemelgas deixaron para a súa nai a “piria”. Aquela piria pola que ela morrera, pola que se tirara ao mar, a primeira piria da tempada.

-Avoa, era ese o mal augurio, non pares! que pasou? -Escoita, nena, acouga; déixame coller folgos…

Despois do enterro, Liria e Nauta tiñan moi claro que de maiores elas serían as novas curandeiras do castro. Fora súa nai quen lles ensinara a recoller con tenrura as distintas herbas e a súa preparación.

Liria avisou á súa nai; esta, sen pensalo dúas veces, lanzouse ó mar en busca da súa filla Nauta.

O tempo pasou no castro. Reux pasou a ser un velliño sabio que entretía coas súas historias ós cativos e cativas que o escoitaban con ledicia. Liria e Nauta xa eran unhas fermosas mozas.

Despois duns interminables minutos, o mar solta a Nauta e a Filia. Filia nada ata a orilla coa súa filla debaixo dun brazo. A Filia fáltalle o alento, ten o tempo xusto para empurrar a Nauta contra a beira…

O tempo seguía pasando. Non había primavera na que as pirias medraran ao lado do acantilido. Era o recordo agarimoso daquela nai que a pesares da distancia seguía en contacto coa súa familia.

-Como? Que lle acontece a Filia? Que tristura!

-Avoíña, acabas de inventar toda esta historia? Di que si: É moi triste para ser verdadeira. A avoa e a nena pecharon os ollos. Deitadas sobre as húmidas herbas do Castro de Neixón, unha suave brisa acariciaba a súa pel. Avoa e neta deixaron voar a súa imaxinación moitos anos atrás.

Liria corre en busca do seu pai, quen ó enteirarse da noticia ordena ás mulleres coidar das xemelgas; logo, cos demais fai unha búsqueda por todo o mar. De súpeto, un berro dos castrexos arrebata a Reux dos seus pensamentos. Ó lonxe o corpo de Filia flota sobre o mar. Reux colleu nos seus ardentes brazos o corpo sen vida da súa dona e levouno á terra. Que faría el agora? E as xemelgas? Reux fai esforzos inutíles por recuperala das perigosas mans da morte. -Avoa! que mágoa! que historia tan tris26


XANELA

Xentes do Barbanza Mónica Rivas A Mónica gustoulle pintar desde moi nena. Pasaba tardes e tardes cos seus debuxos. Todo isto empezou a intensificarse máis ao chegar á facultade, onde empezou a desenvolver un estilo propio. Inspírase basicamente en escritos poéticos propios e desenvolvementos doutros temas que están relacionados coa súa pintura. Traballa moito nos espazos, coa relación entre o chan e o ceo, a liña que os divide; o horizonte, na espiritualidade dese punto que os separa.

“ Este cadro é unha interpretación dun poema escrito por min, no que fago unha metáfora a través das imaxes dunha relación de amor. As árbores, o horizonte, as texturas son espazos planos, son simboloxías propias da miña linguaxe e un recurso de identificación propia, nesa búsqueda de transcribir a poesía escrita en poesía visual”. Mónica Rivas

TÍTULO : Árbores namoradas. TÉCNICA : Óleo sobre lenzo. ANO : 2002 MEDIDAS : 81 x 54

27


XANELA

No pasado mes de febreiro, os alumnos de 4º da ESO do noso Instituto fixemos unha excursión á neve. O lugar que escollemos foi a estación Port Ainé, situada na provincia de Lleida. Os profesores que nos acompañaron foron: José Navas, Emilio Regueira e Alberto Albán. Tamén viñeron connosco algúns amigos dos profesores e outras persoas que se apuntaron a través da axencia de viaxes que a organizaba. Na semana que estivemos alí, fixemos moitos amigos, entre eles os nosos monitores. Eles mesmos dixeron que non pasara por alí un grupo tan bo coma o noso dende había moito tempo. Un dos días visitamos a vila de Sort, onde entramos na súa famosa administración de lotería para facernos unhas fotos coa famosa bruxa. Na viaxe de ida todos estabamos moi espilidos: cantabamos, xogabamos… Pero na viaxe de volta á casa todos estabamos rendidos, e non viamos o momento de chegar á casa para descansar. Todos tivemos as nosas pequenas aventuras de montaña. Uns equivocáronse de pista o primeiro día e foron para unha das máis difíciles, outros quedamos varados fóra da pista…

Aínda que pareza mentira, esta excursión parecía que tiña un mal de ollo. Houbo un montón de accidentados, leves, por iso o ánimo non decaía e algunhas noites fomos á discoteca. A última noite, os mairores quixéronnos gastar unha broma. Consistía en que ía vir a policía a rexistrarnos. Mentres levaron a cabo todo, había cámaras ocultas gravándonos. Todo isto era para que tiveramos as maletas feitas. Pero, aínda así, houbo quen se deitou ás cinco da mañá sen facela. O derradeiro día esquiamos con pena porque xa nos tiñamos que marchar. Sabiamos que o botariamos de menos, como así foi. Quedamos con ganas de máis, e ata dixemos que nos tiñan que invitar para a o próximo ano. Todos pensamos que esa semana non a cambiariamos por nada do mundo. Serviunos para coñecernos mellor entre nós, e para pasalo xenial. En definitiva, foi unha viaxe inolvidable.

Tamara Roca 4º B Serxio Gòmez 4º B

28


XANELA

O ESPELLO DAS VERBAS

29


XANELA

que se abría coma un ollo perturbador sobre un muro do adobe encalado, apreciou o rostro dunha moza, desprovista do ascetismo que lle proporcionaría o hiyab, capturou nun instante a súa beleza. Accionara a cámara coma se fose un experto reporteiro, sen deixarse intimidar pola rigorosidade dos costumes daquela comunidade nin polo malestar que exhibira ela ao mergullarse no interior da súa casa debuxando nos seus beizos unhas palabras incomprensibles.

ENCONTRO EN BENI ISGUEN Xerardo AgraFoxo

Non desexaba revivir un amor imposible, nin sequera conquistar cun agasallo a beleza dunha muller ideal. Soamente procuraba reparar o agravio que cometera cando atravesara os muros daquela cidade sagrada de maneira irrespectuosa. Partira dende a costa ata o mesmo corazón do deserto. Unha viaxe inquietante polas inclemencias dun sol esmagador e a perigosidade dunha rota ateigada de beduínos dispostos a cumprimentar as súas albardas. Despois dunha semana de travesía dexergou na liña do horizonte o destino que nas últimas semanas sempre estivera presente nos seus soños. Cando o ano anterior o viaxeiro visitara esta urbe, quedara engaiolado pola cor azul pastel das súas casas e o acougo que se respiraba nas súas rúas retorcidas. Semellaba un paraíso silencioso e purificador. Unha urbe protexida por unha sólida muralla con catro portas orientadas a un val ateigado de palmeiras e unha mesquita empoleirada no cumio dun outeiro rochoso. Penetrar naquel recinto relixioso semellaba unha cuestión imposible. Grazas á axuda dun profesor, que coñecera na recepción do hotel onde se aloxara, conseguiu introducirse naquel labirinto prohibido aos estranxeiros. Antes prometera cumprir as súas estritas regras: permanecer en silencio, non dirixirlle a palabra a ningún cidadán e non beber, comer ou fumar durante a súa breve estadía. Tamén prometera non realizar fotografías, pero, cando detrás dunha fiestra 30

Agora só desexaba reparar a afronta cometida naquel arrabalde relixioso. Un neno levouno ata as portas daquela casa. Aproveitou as horas que os pais estarían traballando no vizoso oasis. Ela recoñeceuno ao instante. Non lle permitiu entrar na súa casa, pero aceptou o agasallo que el lle conseguira no zoco da medina. Un libro que gardou axiña debaixo dunha lousa do corredor. ¿Lería algunha vez aquelas misteriosas páxinas? No seu interior escondíase a fotografía que lle realizara o ano anterior. No seu dorso escribíralle varias cifras que ela talvez nunca entendería. Unhas semanas despois, cando xa regresara daquela viaxe inevitable, soñou coa moza retratada no dédalo da medina erguida naquel deserto indómito. Ese mesmo día recibiu unha insólita chamada.


XANELA

PARA SER ALMIBRE Agora que xa non nos bicamos gostaría de estilar en licores almibrados néctar de mel para ser vaso xarope delicia a chorros estílame para ser deleite líquido ondulante lácteo bébeme zume embriagador licor de froitas azucradas agora que xa non nos bicamos.

Eres a poeta amada e rebelde. Camiñas por Compostela coas mans sangrando. A min na escola fálanme de ti e dinme que eres “santa”. Eu cando vou á misa síntome estraña.

YOLANDA CASTAÑO

Nacías o 24 de febreiro e traías os ollos cheos de flores. As mulleres de Fisteus choran pola noites. Eu co meu pai e coas vacas parezo Heidi. Facer poesía é sachar na Terra.

LUPE GÓMEZ

31


XANELA

Unha chuvieira súpeta asombra o arco das pontes como no cadro de Turner, vaporoso trebón que se inflama e se desata.

TRAVESÍA SOLLEIRA No corazón da foz, enferruxado acaso polo ar esleigado das lagorzas é de ver como na tarde de verán pasa o tren rengueando ao pé de cais baleiros, troupelea nos carrís, bate manso nas trabes: dormentes de Mondoñedo camiño de Cobh.

Co renxer das pingueiras, encalma o tren por fin o seu fluír e arriba, ferido de escamallo, á estación mariña onde sen o desexar, sen máis naufraga.

Todo rencor ou desconforto ficou atrás, na plataforma que abeira unicamente rostros amábeis onde adoito conflúe a rúbrica do riso, fidelidade antiga aos engados da conversa.

Martín Veiga

Á beira da illa lemúridos ridentes enredan no refugo traído polo mar con carromeiro e ponlas abatidas. Tremece a píllara cinsenta en xunqueiras avesías, en cunchidos, nos abismos da baixamar que dilatan a consistencia areosa das olladas, zafiras a esculcar amodo desde vagóns palustres, augacentos. En vagaroso transcorrer pairan refachos dun vento amaro que ceibaron do pañol cando o pailebote branco de Manuel Antonio ancorou na poalla de Irlanda: tren mareiro que devagar zumega un ronsel lucente ensarillado nos seixos, en pelouros. Choen o ceo raiolas de sol como vimbieiras tensas, douradas nun serán de chemineas grises onde revoa tépeda voaxa, coroación de cínifes artúricos. No trevo mole das ladeiras chirlan aves illanas: o paíño, a arcea, o bilurico; convocan a pegas e grallas, seitura vizosa de choias que corvexan nos agros, o merlo de Adlestrop no fulgor de xuño.

32


XANELA

Xerardo AgraFoxo (Noia, 1952). Mestre e investigador. Estudou Maxisterio e Filosofía e Letras. É licenciado en Xeografía e Historia, graduado en Historia e doctor en Prehistoria. É autor de quince libros sobre temas de arqueoloxía , didáctica e historia. O triángulo de Óscar Wilde (2003) foi a súa primeira aposta literaria, a que lle seguiu Unha viaxe nun Ford T , coa que conseguiu o Premio García Barros.

Yolanda Castaño naceu en 1977 en Santiago. Licenciada en Filoloxía Hispánica, é poeta, conferenciante e articulista na prensa galega. Foi secretaria da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Na actualidade é colaboradora do diario “Galicia Hoxe” e guioniza, dirixe e presenta o programa “Mercuria” en TVE-Galicia dedicado ás vangardas artísticas. Os seus poemarios son Elevar as pálpebras (premio ‘Fermin Bouza Brey’), Delicia, Vivimos no ciclo das Erofanías (Premio ‘Johán Carballeira’ e Premio Crítica Española, 1998), Edénica e O libro da egoísta.

Lupe Gómez (Fisteus-Curtis 1972). Estudou Ciencias da Información en Compostela e colabora en diversas publicacións periódicas de ámbito galego. As súas primeiras obras literarias son de xénero poético. Segundo os especialistas en crítica literaria,suxpuxeron “ un baño de naturalidade, valentía e frescura para as letras galegas do finais do século XX”. Recentemente obtivo o XVII premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón co seu poemario Azul e estranxeira. Desenvolveu o seu labor literario noutros campos, como por exemplo o da literatura infantil— Querida Uxía - , ou de libros de conversas –Luz e Lupe.

Martín Veiga (Noia, 1970). Licenciado en Filoloxía GalegoPortuguesa. É poeta, ensaísta, profesor e tradutor. Como poeta publicou as obras Tempo de porcelana (1990), As últimas ruínas (1994, Premio Espiral Maior) e Ollos de ámbar (2005, Premio Esquío). A súa poesía recibiu varios premios literarios e está incluída en numeroras antoloxías, tanto galegas como de fóra. No eido do ensaio, realizou varios traballos sobre a vida de Antón Avilés de Taramancos. Na actualidade desenvolve labores docentes e de investigación no Departamento de Estudos Hispánicos de University Collage Cork, Irlanda. 33


XANELA

Nuria B

ermúd ez hai m

oitos, m

í Aqu

está

i ho d Nac

oitos an

o zad sfra

O C.D. Boi

ro cadete q

ue esta tem pada partici pou en cate goría Rexio na

OS QUE SE VAN

4º B

4º A

34

l

os


XANELA

ENQUISA Este ano XANELA quixo pescudar sobre a situación lingüística do alumnado do noso IES. Os resultados son os seguintes:

Lingua do alum nado

A lingua de instalación da maioría do alumnado do noso Centro é o galego (72,6 %) , porcentaxe que diminúe considerablemente no ámbito urbano (52 %) e aumenta no mundo rural (86 %).

Lingua dos pais

19%

Galego Cast elán

27% Galego Cast elán 73%

nos m u l a cada 4 lego e d 3 Case en ga n a l a f do IES

81%

Lingua dos avós

11%

Galego Cast elán

89%

En canto á evolución xeracional, apréciase unha perda progresiva de falantes do noso idioma, aínda que se segue a manter moi por riba do castelán; así, temos da xeración dos avós unha porcentaxe que se achega ao 90% , pasando a un 81 % no caso dos pais.

35


XANELA

Se analizamos a lingua de aprendizaxe e as competencias lingüísticas do noso alumnado, vemos como máis dun 52 % teñen o galego como lingua materna, o que unido aos que afirman ter aprendido a falar nas dúas linguas por igual, elévase a porcentaxe a máis dun 70 %, fronte ao 28 % que din ter o castelán como lingua materna. Estas porcentaxes varían considerablemente se temos en conta o hábitat, xa que vemos como no ámbito urbano a presenza do castelán como lingua materna aumenta ata un 40 %.

Lingua m aterna

Nas dúas 1

Cast elán Galego

0

20

40

60

A lingua materna maioritaria é o galego

Lingua na que aprenderon a ler e escribir

Nas dúas 1

Cast elán Galego

0

20

40

Ao chegaren á escola, a situación coa que se atoparon os nosos rapaces/as foi a seguinte: case un 50 % afirman ter aprendido a ler e escribir nas dúas linguas, mentres que un 27 % fixérono unicamente en castelán e un 24 % foron escolarizados en galego. Vemos, pois, como a escola non respectou o punto de partida lingüístico dos nosos rapaces/as, e como continúa a ser un medio desgaleguizador á vista do resultado da enquisa.

60

36


XANELA

Boa actitude dos alumnos/as cara ao galego

O apartado das actitudes reflite un panorama esperanzador para o noso idioma, xa que vemos como a maioría (un 82 %) considera que o galego debe ser a lingua habitual de Galicia, fronte a tan só un 1 % que se inclinan polo castelán. Así mesmo hai un 72 % que afirman que o noso idioma debería ter o mesmo status de dereitos e obrigas que o castelán e non permanecer na situación de inferioridade na que está.

Lingua que cren que debería ser a habitual en Galicia

Galego

37%

Castelán 1%

Consideran, que igual có castelán, o deber de coñecer o galego debera ser obrigatorio

23%

Si Non

5% 72%

Élle igual

37

62%

As dúas


XANELA

NON HAI CAMIÑOS PARA A PAZ; A PAZ É O CAMIÑO Aproveitar unha efeméride pode ser oportuno para divulgar algúns aspectos que, coa mesma, pretendemos resaltar. Tal é o caso do 30 de xaneiro, DÍA ESCOLAR POLA PAZ, instituído en conmemoración da morte de Mahatma Gandhi co fin de lembrarnos a necesidade de formar persoas solidarias, críticas, repectuosas e felices. Unha comunidade humana só pode subsistir se: Se aproba un ordenamento xurídico. Se resolven sen violencia as diferenzas. Se os seus membros se tratan mutuamente con confianza. Se encontra sempre a conciliación entre os intereses dos individuos e o ben común. Unha paz duradeira só pode conseguirse se as relacións non están marcadas pola violencia, se en vez da agresión e a confrontación, imperan o diálogo e a cooperación. Trátase de chegar a unha ética universal que terá como máximas as dúas seguintes: “Todo ser humano debe ser tratado humanamente”

n China desexes Relixió e non u on llo “O q esmo n utras m ti a ao par mpouco fagas ta ” persoas onfucio 15,23 C

Hinduismo “Un non debería comportarse cos demais dunha forma que sexa desagradable para si mesmo. Mahabharata XIII, 114 ,8

Budismo “Unha situación que non é agradable ou grata para min, tampouco debe selo para el; e unha situación que non é agradable ou grata para min, ¿Como podo esixirlla a outro?” Samyutta Nikaya

38


XANELA

Estes dous principios levan ás seguintes obrigas: Obrigación a unha cultura de non violencia e de respecto a toda vida. Toda persoa ten dereito á vida, á integridade corporal e o libre desenrolo da personalidade, na medida en que non viole os dereitos dos outros. Ningunha persoa ten dereito a torturar física ou psiquicamente, lesionar nin moito menos matar a outra persoa. Ningún pobo, ningún Estado, ningunha raza, ningunha relixión, ten dereito a discriminar, “limpar”, exiliar nin moito menos liquidar a unha minoría étnica ou ideolóxica. Obrigación a unha cultura de solidariedade e a un sistema económico xusto. Ningunha persoa ten dereito a roubar a outra –sexa cal sexa a forma– nin a atentar contra a súa propiedade ou contra a propiedade colectiva. Pero, en sentido contrario, ningunha persoa ten dereito a usar da súa propiedade sen ter en conta as necesidades da sociedade e da terra. Obrigación a unha cultura de tolerancia e a unha vida en veracidade. Ningunha persoa, ningunha institución, ningún Estado, nin ningunha igrexa ou comunidade relixiosa ten dereito a dicir falsidades ás persoas. Obrigación a unha cultura da igualdade de dereitos e á participación igualitaria do home e da muller. Ningunha persoa ten dereito a reducir a outra a mero obxecto da súa sexualidade, a sometela a unha dependencia sexual ou a mantela nela.

on que n o o s o m r t . ís Xuda fagas a ou fagan a ti” e a “Non que eles ch , Sabbat 31 l s e a l r l i i e qu Rabí H

Crist ia “Todo nismo home o que que s, facé irades del qu Mateo lo tamén v e vos faga ós n os 7, 12 ; Luca a eles” s 6,31 Islam “Ningún de vós é un crente mentres non lle desexe ao seu irmán o que se desexe para si mesmo” 40 Hadit, ditos de Mahoma –de an– Nawawi 13

Departamento de Relixión

39


XANELA

¿De onde vimos? ¿Cal é o noso auténtico antecesor? ¿Como pode ser que o noso antecesor sexa microscópico? Aínda que pareza mentira, procedemos dunha célula microscópica. Por un proceso de evolución, hai millóns de anos na Terra xurdiron a partir dunha célula outras que realizaban a fotosíntese. Estas, que habitaban nos mares, obtiñan materia orgánica a partir de materia inorgánica e luz do Sol, e desprendían osíxeno. Destas primeiras células fotosintéticas xorden as primeiras plantas. O osíxeno vai saturando a auga do mar até que , unha vez cumprido o proceso, pasa ao exterior. A atmosfera vai adquirindo o osíxeno preciso para a vida. Pouco a pouco as plantas van saíndo e poboando a terra firme. Así, de pequenas e febles plantas, obtemos grandes e frondosas árbores. Tamén dunha célula, pero que se alimentaba de materia orgánica, xurdiron os animais. A partir da unión de células formáronse complexos organismos. Miles de anos máis tarde, tras a época en que os réptiles dominaron a Terra e Paranthropus boisei despois da desaparición dos dinosaurios, comeza a época dos pequenos mamíferos, que logo foron aumentando considerablemente o seu tamaño. Aí é onde aparece o noso “pai”, o Ardipithecus ramidus, que é considerado o primate que deu paso aos homínidos,cunha antigüidade que supera os catro millóns de anos.A seguinte especie relacionada con nós é o Australopithecus anamensis, que vivía no leste de África, do que se conserva unicamente a mandíbula, a partir da cal se pode deducir como era o seu corpo, adaptado xa a gabear polas árbores, xa que a maior parte de África era unha inmensa fraga. Saltando varias xeracións, chegamos ao primeiro homínido, o Homo habilis, seguramente un dos máis semellantes a nós, pois os anteriores parecíanse aos simios. Un exemplo de simio que viviu á vez que o Homo habilis é o Paranthropus boisei,que se asemellaba ao orangután. O boisei era herbívoro e sedentario; nun vídeo da BBC aparecía baixo unha forte chuvia sen resgardarse, e saltaban e berraban, non sabemos se pola desagradábel sensación da chuvia sobre eles ou pola alegría de que estivese a chover.

40


XANELA

O Homo habilis, ao contrario do boisei, sabía resgardarse da chuvia, como se aprecia no vídeo, e facer pequenos obxectos punzantes de pedra; maioritariamente, eran carroñeiros, aínda que tamén comían algúns vexetais. Estes homínidos debían de comer moita carne para manter o seu cerebro, que lles consumía unha enerxía considerable. O seu cerebro, aínda que lle servía para moito, tiña á vez Homo ergaster Homo habilis certas desventaxas. Por evolución do Homo habilis aparece o Homo ergaster, e despois o Homo erectus.Este último foi atopado en África, pero tamén en Xeorxia, Xava, Indonesia e China. Este homínido viaxeiro será o primeiro en empregar o lume, e adaptouse á xungla de bambú. Atopáronse fósiles de gran tamaño e seguro que escritores e cineastas con moita, moita imaxinación, os relacionaron con King kong. Os achados que se atoparon en Atapuerca, en Burgos, permitiron aos investigadores definir ao Homo antecessor, que procedería-segundo algúns investigadores- do Homo erectus, que viaxou a Europa e foi coetáneo ao Homo sapiens

Departamento de Ciencias : Alumnos de 4º A 41


XANELA

a soberanía para indagar nas miñas capacidades e limitacións, terei a propiedade exclusiva do uso da miña vontade. Vacilarei nalgunhas opcións, deixarei ocos en branco nas probas nas que desconten un quintal por cada fallo, se eu así o desexo; se quero, poderei deixar as cousas a medias, recuarei, laiareime e erguereime á fin para ocupar o baleiro. Rematada esta fase, co café como estereotipo de bebida tonificante, erros e contas novas, noites de troula, sono, até esmorecer o corpo de seu, características de boa estudante, sabendo que deixei á atrás a etapa na que, se ben eran poucos os meus plantexamentos, as miñas reflexións pasaban desapercibidas, eran ignoradas por completo, xa reparada para saír á rúa e enfrontarme a ela... e agora, agora que? Na rúa busco, soa, sen axudas, con máis empurróns que cabos firmes onde agarrar e manterme estábel. Culta, con formación a esgalla(publicacións varias, cursos no estranxeiro e máis alá, dominio dos idiomas a niveis elevados con bo oral e escrito, publicacións de artigos en revistas nacionais, provinciais e locais, até debutei como atrezzo alí ao fondo naquel corto de tirada nacional), atenta, con independencia familiar, con capacidade para amoldarme aos cambios, flexibilidade de horarios, inclusive podo dicirche que estou disposta a traballar a cachos, sen boas remuneracións, con horas extras, día e noite, a lusco e fusco, na penumbra, todo me sería indiferente con tal de encher o currículo. Así, todo un elenco de recomendacións, aptitudes e actitudes propias; cos que reforzar unha ficha estensa, impecábel, abigarrada de notas medias que o mesmo dono da informática quixera de seu. Iso si, sen un padriño con enchufe ao que lamberlle as puntas das cachas cada vez que pola rúa mo cruzo e me recorda o afortunada que son por ter praza de fixa no traballo que sempre soñei grazas aos seus contactos, e sen experiencia laboral no eido en concreto, aínda que sempre exceptuando esas experiencias enriquecedoras na barra do bar mentres todas as túas amigas se lían os canutos na praia e ti, coma unha campioa, consegues que as consumicións que fan os borrachos se tripliquen dende a túa chegada, ou aquela outra limpándolle o cu á tía Rosalía porque

O PINIÓN P I N I Ó N OPINIÓN O NOSO PSEUDOFICIO Sentareime tarde a tarde no meu estudio, centrado na memorística heteroxénea, no conglomerado de termos inutilizábeis no oral, inalcanzábeis na escrita: inservíbeis. E fareino día a día, mes a mes, ano tras ano, acostumada, sen lóxica, por obriga, dentro do mecánico absurdo, porque o mostraron como regra, unha norma estabelecida, unha idea preconcebida que me manterá atada á cadeira xiratoria sen motivación propia ou interese no aprendido, por non ver logro a longo prazo, porque todo o lido non perdurará na mente, non calará fondo. Chegarei ao momento da elección a risco propio, pasada a secundaria, os anos decisivos para cagala aínda máis ou para formarme e librar batallas con éxito (ou fracasos dos que repoñerse), xa como adulta, e encamiñarme na vida real; co devir do tempo descubrirei se foi o elixir adecuado, o bo, co que realmente podía chegar a sentirme plena, conforme, orgullosa de telo feito sen meu pai e miña nai; sairei do cascarón, das fortalezas amuralladas que me mantiveron relaxada, aburrida, allea á civilización hostil das responsabilidades, da decisión a conta propia, xa sen dar explicacións do ir e vir, da esmorga; escaqueareime da monotonía cega do mandato, da orde, terei 42


XANELA

ás propias fillas lles dá pudor cando fai de ventre por si, ou aqueles meses de Nadal cando Anxo o do 24 horas se vai de vacacións e non atopa a ninguén que teña tanta necesidade coma min para ocupar o seu lugar de dependente. Polo tanto: non es o perfil adecuado que buscamos, non presentas as condicións válidas para desempeñar este cargo, non es o suficientemente apta para este posto. Por que, señores, non deixarvos de eufemismos e espetarme as palabras que as súas mentes albergan e que espero ouvir dende que, suando, me sentei na cadeira tísica das interrogacións indiscretas que máis que para unha entrevista de traballo parece para a revista de corazón que sae ao luns(a cal me trae certas reminiscencias á época estudantil pero moi alonxadas da realidade)e ollaron con desprezo a miña apariencia de aldeá pagá, esa mesma que se rebaixa por dar dunha vez cun suministro menos desinteresado de cartos que o peto erniado de miña nai? E de novo erguereime, coa cabeza baixa, contenta de saber que todos eses anos, non foron en balde.

“Sexa moderado o teu sono, o que non madruga co sol, non goza do día ”-Miguel Cervantes; “ninguén se arrepentiu de terse acostumado a madrugar e a casar novo”-Lutero ; ou un dos refrans máis coñecidos “a quen madruga, Deus lle axuda”pero...¿que é isto?,¿onde se viu que a alguén lle sentase ben madrugar?¡coa satisfacción que dá erguerse un día ás once! ¿Non é verdade que xamais houbo neno tan adorable que a súa nai non quixera velo durmido? ¿Que é realmente o que a sociedade ten en contra de durmir?¿é que temen que a xente soñe?¿Canto tempo terá que pasar para que os cidadáns de a pé poidan levantarse á hora que lle praza o día que lles conveña? ¿Canto tempo terá que pasar para que establezan un horario asequible ás nosas necesidades? ¿Canto tempo terá que pasar para que o home poida durmir tranquilo, sen preocupacións? Non sei cando sucederá, pero nese instante eu terei cumprido o meu cometido. Entón será nese momento e non noutro no que os homes viviremos libres e poderemos durmir tranquilos.

ANA REDONDO LOXO

SOÑAR DURMINDO

SILVIA BARREIRO LÓPEZ 4º B

Estamos aquí todos reunidos neste día (quizais non pasará á historia, non se falará nunca máis del e probablemente até nós nos olvidaremos de ter estado aquí) coa intención de cambiar algo, algo que nos preocupa a todos e á vez a ninguén , algo polo que loitar e ó mesmo tempo algo polo que non asistir a unha loita. Hoxe, estimado público,non poderemos cambialo, pero si faremos que chegue ao oído dos de arriba. Ese algo é o dereito a levantarnos ás once da mañá de luns a domingo, de un a trinta e un días do mes e do primeiro ao último día do ano. A nosa sociedade impuxo que o feito de levantarse cedo resultase bo para o ser humano,

¿QUEN É O ANIMAL? Hoxe vin pola televisión unha noticia que me conmocionou. Tratábase duns cans que foran mutilados e maltratados a unha espantosa morte. Isto sucedeu en varios lugares de España.Estes cans estaban amarrados de maneira que non podían fuxir e menos defenderse. Desgrazadamente hai persoas ou mellor dito animais que encontran unha diversión macabra en facerlles dano aos cans.Hai persoas que tamén os maltratan pero en menor grao, son as que os deixan en lugares apartados de maneira que non poden voltar. Os animais ofrécennos a súa comprensión ,cariño e compañía, eles só nos piden a cambio o mesmo trato,¿é un prezo moi alto?¿non hai outras opcións máis que a morte?

43


XANELA

Eu penso que si as hai xa que hai centros de acollida para os animais cuxos donos non os poden coidar,e nestes centros encárganse de buscarlles unha nova familia. Creo que é moi importante axudar a estas asociacións xa que non teñen apoio económico para poder coidar ben destes animais.O mellor sería que en cada concello houbera un pequeno incremento na subvención derivada dun imposto por parte dos cidadáns para poder facilitarlles o traballo a estas persoas que coidan e protexen os animais sen pedir nada a cambio e entre todos poderiamos axudar. Se algunha vez queres ter unha mascota, pensa ben a túa responsabilidade con ela de maneira que no futuro non te convirtas nesa clase de persoas que abandoan ou maltratan os animais . E recorda: oxalá foramos tan civilizados como os animais.

1º-Agardar ata cumprir os dezaoito. 2º-Pedirlle unha autorización aos pais. Isto é todo, aquí acaba a miña crítica. MERCEDES BECERRA

¿PARA QUE A PENA DE MORTE? Pódenos dar vergoña afirmar que no século no que vivimos en moitos lugares aínda existe a pena de morte.¿E que é necesario que unha persoa pague un delito coa súa vida?¿Ou é que é máis xusta e digna a morte que o feito de visitar a cadea? En moitos países, como en Estados Unidos, é unha practica pouco frecuente como condea dun delito, pero non inexistente.

DÉBORA SÁNCHEZ

O motivo de que esta práctica aínda exista, segundo o meu punto de vista, é a mala organización dos gobernos e a inxustiza. Ninguén ten dereito de matar e creo que a pena de morte é unha condena excesiva que non debería existir, pois cada un ten dereito á vida e ninguén lla pode sacar. Isto reflíctese na famosa canción “IMAGINE” de John Lennon, na que se di: “Ninguén ten dereito a morrer nin a matar”.

OS PIRCINGS Nesta crítica vou falar dos pircings. Cada un ten a súa opinión e con isto non pretendo cambiar a forma de pensar dos demais, só quero expoñer o que eu opino deste tema.

Cada día nos telexornais e nas noticias vense máis casos de morte, ¿para que matar culpables se xa morren suficientes inocentes? Temos que concienciarnos do que está ben e do que é unha inxustiza, mostrarnos sensibles ante feitos así; xamais debemos conformarnos. Se non, nunca rematarán feitos así.

Creo que os pircings non son malos, todo o contrario, cada un é libre de facer co seu corpo o que queira, e se se sente a gusto e conforme, non somos quen de criticar a ninguén. Os pircings son como outro adorno calquera e non lle molestan a ninguén, así que me parece absurdo que haxa xente que insulten a persoas só por levar un pircing, a eles que máis lles dá.

A pregunta é: ¿Desaparecerá esta inxusta condena algún día? TANIA MATO 2º B

Estou de acordo con que nalgunhas partes do noso corpo haxa risco ao poñelos, pero temos que saber en que nos metemos e se somos maiores de idade podemos tomar as nosas propias decisións, e se non, só tes dúas opcións: 44


XANELA

NOVAS ONOMÁSTICA: EXPOSICIÓN O curso pasado alumnos e alumnas do Centro fixeron uns carteis sobre nomes: a súa orixe, significado, lendas sobre el, festividade, personaxes famosas que teñen ese nome. Todo iso enmarcábase nunca campaña promocionada polo ENL titulada Chámame en galego, que tiña como obxectivo a conservación e recuperación da onomástica galega. Por falta de tempo non se pudieron expoñer estes carteis o curso pasado, por iso no segundo trimestre deste curso estiveron expostos no hall do IES. BROMAS? Na semana do 16 ao 21 de xaneiro houbo no noso Centro unha onda de bombas fétidas. Botáronse en varias aulas de 3º, nos corredores e nos cuartos de baño. O olor foi insoportable e o enfado dos profesores, inesquecible. DESFILE O 25 de novembro, ás 10 da noite, os rapaces e ra-

pazas de 4º de ESO organizaron un desfile de modelos na discoteca Tonos. A finalidade era recadar fondos para a excursión de fin de curso. Pola pasarela luciron a súa elegancia , “o seu saber estar” e –por que non dicilo– o seu tipo: Susana Saavedra, Juan Lorenzo, Sara Carreño, Santiago Blanco, Patricia Da Silva, Rubén Román … TEATRO

Despois do bo sabor de boca que nos deixou a representación da obra O achado do castro o curso pasado, alumnos de 4º, 3º e 2º dirixidos polos profesores do ENL e do Departamento de Galego e coa colaboración dos Departamentos de Plástica e Tecnoloxía imos poñer en escena Os cravos de prata do autor húngaro Nicolás Bela. Cóntase que a estrea sexa na Semana das Letras Galegas. ¡Animádevos a vela!. Poderedes presenciar a actuación estelar de : Nuria Tubio, Paula Abeijón, Noemí Amigo, Sergio 45

Gómez, Aislinn García, Alba Sánchez ,Silvia Barreiro, Juan Vila, Tamara Roca, Nuria Bermúdez e Lino Piñeiro. CRUZ VERMELLA A Cruz Vermella está ofrecendo no presente curso unhas charlas para as titorías sobre Promoción e Educación para a Saúde que tratan diversos temas de interese para o alumnado. Así, no mes de decembro falouse de Habilidades Sociais, en marzo de Transtornos alimenticios e queda pendente para xuño unha sobre Sexualidade. CHARLAS DE DROGODEPENDENCIA A Unidade de Prevención de Drogodependencia de Boiro e Rianxo, durante a última semana de marzo e primeira de abril, realizaron unha serie de actividades dirixidas a 2º, 3º e 4º da ESO, organizadas da seguinte maneira: 2º Habilidades Sociais. 3º Saber beber. 4º Coñecer as drogas.


XANELA

TEATRO EN FRANCÉS O día 6 de marzo os alumnos/as de 3º de francés foron a Santiago para asistir á representación teatral da famosa obra de Molière Le malade imaginaire interpretada pola compañía Eina de Escola. XORNADA POLA PAZ O pasado mes de xaneiro e co gallo do Día Escolar da Paz, o Dep artamento de Relixión organizou unha exposición de carteis-murais coa temática da paz. Máis de 90 adornaron as paredes dos corredores. Tamén houbo uns premios para os que demostraron máis habilidade e imaxinación á hora de confeccionalos: 1º Ciclo 1º Premio: Laura Mª Bermúdez Hermo 1ºC 2º Premio: Sara Blanco Romay 1ºC 3º Premio: Marta Abuín Montull 2º E 2º Ciclo 1º Premio: Tamara Roca Vázquez 4º B 2º Premio: Araceli Adrán Otero 4º C 3º Premio: Aislinn García Hermo 4ºB

MERLÍN E FAMILIA Nos pasados meses de outubro e novembro e con motivo de 50 aniversario da publicación da xenial obra de Álvaro Cunqueiro, Merlín e familia o Museo do Pobo Galego organizou unha exposición sobre este evento. Nela había tres salas: unha adicada á selva de Esmelle, outra ao autor e unha terceira á obra. Para finalizar unha membro de grupo de teatro Sarabela facían unha representación dalgunhas pasaxes de Merlín e familia, e contou coa colaboración de alumnos/as e profesores/as. O día 3 de novembro os alumnos/as de 4º ademais de visitar esta exposición tamén visitaron

o Centro Galego de Arte Contemporánea e os tellados da Catedral de Santiago. Esta actividade estivo organizada polos departamentos de Galego e Relixión. Foi o día 30 de novembro cando foron os alumnos de 2º ver a mesma exposición e tamén os tellados e Catedral de Santiago, actividade na que participaron os Departamentos de Galego e Sociais.

46

PLANTACIÓN O profesorado do Departamento de Ciencias Naturais, coa colaboración de alumnos de 2º, fixo unha plantación de 80 tullas na zona perimetral do Instituto. Esperemos que medren coa axuda e COIDADO de todos/as. ENGLISH THEATRE O venres, día 10 de marzo, os profesores do Departamento de Inglés levaron a Vigo aos alumnos/as de 1º e 2º para asistir á representación da obra teatral Off the Record , representada pola compañía Chambers Teatre. CONCERTO O día 7 de marzo os alumnos que reciben música neste Centro, preto de 300, asistiron a un concerto didáctico de música galega, no salón de actos da Casa da Cultura. O concerto correu a cargo do gaiteiro de Moaña , Xabier Blanco. Nel o solista fixo unha ampla escolma de temas do noso folclore,mesturando música instrumental coa vocal, interpretando muiñeiras, xotas, alalás, regueifas, cantos de seitura etc. Os rapaces e rapazas disfrutaron e valoraron moi positivamente o seu traballo artístico.


XANELA

TRANSXÉNICOS: COMO CREAR ORGANISMOS QUE NON EXISTEN ¿Que son? Un alimento transxénico ou OMG (organismo modificado xeneticamente) é aquel obtido a partir dun organismo modificado por enxeñería xenética. Dito doutra forma, é aquel alimento obtido dun organismo ó cal se lle incorporou un xen doutra especie para producir unha característica desexada. Por exemplo: tomar os xens dun peixe, que lle permiten resistir ao frío e incorporarllos a unha planta de tomate, que agora resistirá as xeadas. Vantaxes Cultivo de hortalizas en áreas adversas, como os desertos, polo que poderían erradicar a fame no mundo. Crecemento rápido, aumento do tamaño dos froitos cultivados e aumento das calidades nutritivas dos propios alimentos. Resistencia dos cultivos a certas pragas. Inconvenientes Diminúen a biodiversidade, as plantas transxénicas poden invadir os ecosistemas naturais e eliminar ás autóctonas. Aumentan o uso de pesticida polo que contribúen á contaminación da auga e do solo. Aparecen bacterias resistentes aos antibióticos e maleza resistente aos herbicidas. A incorporación de xens alleos aos alimentos aumenta o risco de provocar reaccións alérxicas. Só benefician a unhas poucas multinacionais que dispoñen destes produtos, ás cales llos teñen que comprar os campesiños aumentando o seu nivel de pobreza, polo que non contribúen a erradicar a fame.

Lexislación En España comezáronse a usar os organismos transxénicos ou modificados xeneticamente (OMG) no ano 1998. É o único da Unión Europea que cultiva variedades transxénicas a escala comercial. Os cultivos transxénicos utilizados para alimentación humana na UE son fundamentalmente algunhas variedades de millo e de soia que, en forma xeralmente de fariñas, forman parte de máis do 60% dos alimentos que inxerimos. Algúns exemplos de ingredientes e aditivos derivados do millo e da soia, e por tanto “sospeitosos” de ter unha orixe transxénica, son: •Soia: fariña, proteínas, aceites, graxas vexetais, emulxentes (lecitina-E322), E471 e ácidos graxos. •Millo: fariña, amidón, aceite, sémola, xarabe de glucosa, fructosa, sorbitol (E420), caramelo(E150) etc… Dende o 18 de abril do 2004 todos os alimentos (excepto os produtos derivados de animais como a carne, leite e ovos) procedentes de colleitas transxénicas teñen que ter na etiqueta a mención “modificado xeneticamente”.

Departamento de Ciencias Naturais: Carlos Rey Varela 4ºC Diego Fernández Vicente 4ºC Steven Muñiz Lago 4ºC Iris Vidal Fungueiriño 4ºC Jennifer Ozores Rodríguez 4ºC

47


XANELA

FOTO-FLASH FOTO-FLASH FOTO-FLASH NOME: Ana Redondo Loxo IDADE: 17 anos ESTUDOS: ESO (facendo 2º de Bach). UN ACTOR: Eduard Norton UNHA ACTRIZ: Susan Sarandon UN LIBRO: La insoportable levedad del ser de Milan Kundera. UN CANTANTE: Dave Grole UN DÍA: A noite de San Xoán UNHA MATERIA: Plástica. UNHA PRENDA : Os calcetíns. Aínda que pareza que non, son imprescindibles. UN IDIOMA: O Galego, sen dubilalo.

UN CD : Nirvana UNHA CIDADE: Santiago de Compostela. UNHA VIAXE: A Cardiff. UNHA COR: O vermello UN LUGAR PARA VIVIR SEMPRE: Boiro. UN LUGAR CON SIGNIFICDO ESPECIAL: O mar, encátame. UNHA PELÍCULA: Nine songs, recoméndovola. UNHA FRASE: “Mañá verás as cousas con máis claridade”. 48

ESCRITOR/A: Gústanme os galegos tales como Blanco Amor ou Neira Vilas, e en especial Rosalía. UNHA PALABRA GALEGA: Enxebre TRAZO QUE DESTACAS DO TEU CARÁCTER: A lealdade e o mal carácter. QUE MÁIS APREZAS DUN/ HA AMIGO/A A lealdade, pois conleva respecto, fidelidade, sinceridade, confianza… todo aquilo que unha boa compañía debe ofrecer. QUE CHE GUSTARÍA SER DE MAIOR Gustaríame ser forte.


XANELA

TÍTULO: GOOD NIGHT AND GOOD LUCK DIRECTOR: George Clooney NACIONALIDADE : USA XÉNERO : Thriller político SINOPSE: Acontece durante os primeiros tempos do periodismo televisivo en EE.UU, na década dos 50. É a crónica do auténtico enfrontamento entre E.R. Murrow, presentador das noticias, e o senador J. McCarthy e o Comité de Actividades Antiamericanas. Coa firme vontade de informar dos feitos, Murrow e o seu equipo fan fronte ás presións corporativas e ás tácticas alarmistas perpetradas por McCarthy durante a súa “caza de bruxas” comunista.

TÍTULO : PRIDE & PREJUDICE DIRECTOR: Joe Wright NACIONALIDADE : Reino Unido XÉNERO : Drama romántico. SINOPSE : Clásica historia de amor e malentendidos. Ten lugar na clasista Inglaterra de finais do século XVIII. As cinco irmás Bennet foron cria das por unha nai cuxa única fixación é atoparlles home. Pero Lizzy, intelixente e con carácter, desexa unha vida con perspectivas máis abertas, unha arela respaldada por seu pai. Cando o rico e solteiro Sr. Bingley se instala nunca mansión veciña, as irmás Bennet non poden crer a súa sorte ...

TÍTULO : Cargo DIRECTOR : Clive Gordon NACIONALIDADE: España/Reino XÉNERO : Suspense SIPNOSE : Chris, un xove mochilero que viaxa por África acaba, tras unha pelexa coa policía, indocumentado. Nun bar do porto coincidirá cun grupo de mariñeiros, que discuten sobre unha carga ilegal que planean levar a Europa. Chris, desesperado, colarase como polizón . Cando é descuberto, os mariñeiros manifestan a súa animadversión cara ao mozo polizón, algo que aumentará cando un a un vaian morrendo os tripulantes do barco sen que ninguén saiba por que.

49


XANELA

● TÍTULO :

OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE

● AUTOR : Alfonso R. Castelao ● EDITORIAL: Xerais ● COMENTARIO: Os vellos non deben de namorarse é unha excelente mostra das ideas e das capacidades teatrais de Castelao, que logrou plasmar nela un mundo escénico no que a tradición popular galega avivece en contacto coas tendencias renovadoras do teatro europeo. Pedra angular da literatura dramática galega, a popularidade desta fermosa peza non deixou de medrar desde a súa estrea en Bos Aires no ano 1941.

● TÍTULO :

AIRE NEGRO

● AUTOR : Agustín Fernández Paz ● EDITORIAL : Xerais ● COMENTARIO: Tres anos despois de ocorridos os feitos un expsiquiatra cóntanos unha experiencia estremecedora coa súa primeira paciente. Imos coñecendo por el e pola voz narradora de Laura Novo a historia da aparición de Gran Besta. Confírmase así a mitoloxía do lugar , que tan ben coñece un dos traballadores da casa de turismo rural na que se veu hospedar a protagonista.

● TÍTULO:

A ESFINXE DE AMARANTE

● AUTOR: Antón Riveiro Coello ● EDITORIAL : Xerais ● COMENTARIO: Inesquecible polos seus personaxes, subxugante pola trama, maxistral pola sabia utilización dos recursos da narración, A esfinxe de amarante vai descubrindo pouco a pouco ante o lector os segredos e as intrigas que conforman a historia dunha estirpe, desde a figura mítica do fundador da familia, un portugués cun escuro pasado na colonia chinesa de Macau, ata Rosa, herdeira dos saberes culinarios, e Verónica, última representante dunha saga de mulleres. A través deses personaxes imos participar nunha historia que comeza na actualidade, a carón das dunas de Corrubedo, na marabillosa paisaxe da praia do Vilar.

50


XANELA

N

os últimos anos estase a observar unha tendencia á alza das entradas de poboación estranxeira na nosa comunidade. Actualmente, en Galicia residen de xeito oficial 69.352 cidadáns procedentes doutros países, e é grazas a estas persoas que volve a aumentar a nosa poboación. De feito, o INE(Instituto Nacional de Estadística) atribuíu á comunidade 11.213 habitantes, dos cales 10.976 son cidadáns de orixe estranxeira. A pesar do incremento observado, a cifra de estranxeiros que recibe Galicia segue a ser moi baixa en comparación coa do resto do Estado, xa que a taxa de inmigración en España é moito maior ( 9´6 por cada 1000 habitantes) que a que temos aquí ( 2´7 por cada 1000). En Galicia pódese falar de dous tipos de inmigración: unha chamada “de retorno”, que se corresponde coa volta ao país de antigos emigrantes galegos –de idades xa avanzadas- mais os seus descendentes, e outra inmigración, asociada ás oportunidades laborais, de nacionalidade estranxeira e xente nova. Cómpre sinalar que este novo sector da nosa poboación actúa como un factor de rexuvenecimento, xa que preto da metade dos estranxeiros que se reparten polas nosas provincias teñen, agora mesmo, menos de 30 anos. Se analizamos os países de onde proveñen, temos que a maioría son de orixe sudamericana ( Arxentina, Venezuela, Uruguai—que son, comos vemos, países de grande tradición na emigración galega— pero tamén de Colombia ou Ecuador,por 51

Inm igrantes por cada 1000 habitantes 15 Galicia

10 5

Resto de España

0 1

2

exemplo), seguidos de cidadáns procedentes da CEE ( deles, un 70% proveñen de Portugal, quizais debido á proximidade xeográfica e cultural), africanos( sobre todo de Marrocos , pero tamén do Senegal, Mozambique…), de Europa do Leste (principalmente ucranianos), asiáticos( de China) e mesmo do Canadá e dos EEUU. O motivo fundamental que os trae aquí é o económico, xa que a maior parte proveñen de países con escaso desenvolvemento, ou que atravesan unha forte crise económica, social…que os leva a fuxir do ambiente de inseguridade que se vive no seu lugar de orixe. Moitos dos inmigrantes, ao contrario do que se pensa, teñen unha cualificación que sobrepasa á da media española, pero a dificultade- ou mesmo a imposibilidade, ao carecer de concertos entre os países- de homologación dos seus títulos, fai que non poidan desempeñar un posto de traballo que se corresponda cos seus estudos; de feito, non é estraño atopar a xente licenciada adicada ao servizo doméstico –no caso de mulleres- ou á venta ambulante, ao traballo nas obras…-no caso dos homes-.


XANELA

Agora imos amosarvos o testemuño dunha marfileña que se veu a Galiza hai dez anos e que, como veremos, corrobora algunhas das afirmacións que acabamos de expor, aínda que se aparta do caso típico de inmigrante nalgúns aspectos, como por exemplo o motivo da súa chegada ao noso país, que no seu caso responde máis ben a motivacións persoais, de carácter afectivo, que a causas económicas. Chámase Jeanne, ten 28 anos, e provén da Costa de Marfil. Reunímonos con ela o venres, 20 de xaneiro, nunca cafetería da nosa vila.Chegou acompañada do seu fillo,Jack, de catro anos, e mais dunha amiga, tamén inmigrante, que era de Madagascar e que levaba aquí oito meses. Dende o primeiro momento, Jeanne amosouse leda e con moitas ganas de falar conosco.Parecía unha muller moi sociable e extrovertida, como máis tarde comprobariamos.Entramos no bar, sentámonos e pedimos algo de beber. Comezounos entón a falar da súa vida no seu país e contounos o seguinte: “Eu vivía en costa de Marfil, nunca cidade na que se fala o francés. A vida era alí bastante boa. Miña nai traballaba nunca froitería e nunca nos faltou que comer. O meu pai morrera cando eu tiña oito anos, por iso vivía só coa miña nai e cos meus catro irmáns. Todos teñen traballo e estudos, igual ca min. A miña irmá menor ten 18 anos e está estudando perruquería; o meu irmán maior abriu a súa propia imprenta; O irmán que me segue a min é o máis listo, e está estudando enxeñería informática na universidade. Eu saquei o graduado escolar e teño estudos de corte e confección. Gustaríame seguir en España con este oficio, pero aquí non se paga tan ben como alá, e por iso teño

que ir á conserva.” Mentres ía pasando o tempo, Jeanne ía collendo máis confianza, ao igual ca nós. Mostrábase moi risoña e agradable. Contaba anécdotas coas que todos riamos. O seu fillo íase quedando dormido e , mentres a súa amiga coidaba del, nós seguimos falando, até chegar ao momento en que se veu a Galiza. O seu marido, Gonzalo, é mariñeiro e, estando en Costa de Marfil, coñeceuna. Namoráronse e pasaron alá o seu noivado. A relación foi indo a máis e decidiron casar. A súa voda celebrouse alí, no seu país, pero máis tarde pediu a nacionalidade española e o libro de familia. Foille concedido e veuse a vivir a España, xa coa nacionalidade, despois, iso si, de moito papeleo. Chegou a España o día 15 de xuño do 96. O traballo non foi para ela un problema, xa que o seu home tiña coñecidos que lle atoparon traballo na conserva, pero si o foi a adaptación á lingua e , sobre todo, aos costumes do noso país. Agora xa entende o galego perfectamente e fala o castelán moi ben ; un dos feitos que di non comprender da nosa sociedade é a forma de ser de moita xente dos pobos que se preocupa por saber todo sobre os seus veciños, moitas veces só para criticar o seu comportamento. De feito, ela afirma que se sentiu moitas veces acosada polas preguntas dalgunha xente, e polo feito de sentir que lle queren gobernar a súa vida. Tamén observa algúns comentarios de tipo racista, como por exemplo a xente que se refire a ela despectivamente como “ a negra de Gonzalo”. A pesar de todo isto, afirma que está moi contenta de vir vivir a España, e que xa se sentía moi integrada no noso país.

Departamento de Sociais Alumnos/as de 4º B

52


XANELA

En Londres, o 5 de maio de 1848, caeu unha chuvia moi rara. O ceo estaba apacible e de súpeto comezou a soprar un forte vendaval, o sol apagouse e na densa escuridade comezou a caer dende o alto un chuvasco de auga e peixes. Durante case unha hora caeron miles de pequenos peixes de 15 cm de longo, cor prateada e grandes aletas. Examinados por expertos, non puideron ser recoñecidos. Mandáronse mostras a todas as universidades de Inglaterra e ningunha puido dicir de que especie eran ditos peixes. Finalmente, unha comunicación chegada dende O Cairo afirmou que os peixes pertencían a unha especie de auga doce do mar de Galilea, os peixes de San Pedro.

Afonso Raimúndez (1073-1134), fillo de dona Urraca e do conde Raimundo de Borgaña, foi coroado rei de Galicia no ano 1111 na catedral de Compostela.

Un presa de terra equivale a un pequeno mundo habitado por infinidade de microbios. Tal é así, que nunha porción de terra duns 18 cm de profundidade, atópanse ata 100.000 microbios por cada cm3.

O kabuki é unha forma popular do teatro xaponés que se desenvolveu a finais do século XVII, e nela os homes representan os papeis femininos e masculinos.

53


XANELA

A web é o conxunto de todas as páxinas de internet que forman unha gran “rede” ou “arañeira mundial”, baseada na presentación gráfica de toda a información contida nelas. A expresión web provén do inglés que significa “arañeira”. Por iso, as páxinas da Internet chámanse páxinas web e cada unha presenta ligazóns a outras páxinas relacionadas, de maneira que, indo dunha á outra, “navégase” pola web.

Os Precursores son aqueles escritores galegos que escribiron nos anos inmediatamente anteriores ao Rexurdimento (1833-63). Eran escritores eminentemente líricos, cun claro compromiso na recuperación cultural de Galicia. Os Precursores máis importantes son Xoán Manuel Pintos, autor de A gaita gallega, (1853) e Francisco Añón.

Os suevos foron un pobo xermánico que penetrou na Península Ibérica no século V. Instaláronse en Galicia e parte de Portugal, e constitúen o primeiro reino da Península independente do Imperio romano. Desde o ano 411 ao 585 establecéronse en Galicia arredor de 30.000 suevos e pactaron con Roma a autonomía do reino. O primeiro monarca suevo en Galicia foi Hemerico (411) e o último Erborico (583-585).

No ano 1798, o médico inglés Edgar Jenner descubriu a primeira vacina ao visitar unha granxa; alí observou que os encargados de muxir as vacas non contraían a varíola, que causaba por aquel entón graves danos ás persoas dos pobos dos arredores. Jenner descubriu que os muxidores foran contaxiados por unha enfermidade benigna da vaca, chamada vacina, e por iso non enfermaban. De seguido, inocolou aos enfermos o contido das bostelas que se formaban no ubre das vacas (varíola benigna), inmunizándoos.

54


XANELA

CRUZADA VISUAL N

Z

F

Y

X

A

L

M

D R M E X

A

E

R

G

Sitúa na cuadrícula os nomes dos escritores galegos que aparecen fotografados ao pé de páxina.

R

55

Pistas : Títulos de obras súas A esmorga. Cartas de inverno Dos arquivos do trasno Os eidos ¡Asústate, Merche! De catro a catro. Memorias dun neno labrego. Tristes armas. Morning Star O libro da egoísta Unha presa de terra A mansión dos Pampín Adeus, María


XANELA

ENCRUCILLADO 1

2

3

4

5

6

7

8

9

10

11

1 2 3 4 5 6 7 8 9

HORIZONTAIS 1. .Planta gramínea.Cano con chave para abrir ou pechar a saída dun líquido.2.Labre un campo.Conxunto de normas dun estado.Unidade monetaria do Xapón.3.Dirixíase.Que pertence a outros.Nota musical.4. Símbolo do xofre. Dono. Río. Romanos, cincuenta. 5. Parte dura e sólida do esqueleto. Cada unha das boliñas que forman un colar, adorno...6. Símbolo do fósforo. Feminino , plantígrado. Peza dental posterior. Vogal. 7. Adverbio de lugar. Expresión de despedida. Pronome persoal. 8. Masa formada polo conxunto de ovos dos peixes e crustáceos,=míllara. Ao revés, camiño dentro dunha poboación. Emprego, utilizo. 9. Parte do día desde que comeza a pórse o sol ata que se fai noite. Calcular a cantidade que vai custar algo VERTICAIS 1. Adverbio de cantidade. En plural, anaco de madeira. 2.Cólera, furia. Vogal.Certo imposto. 3.Ao revés, pronome persoal.Cociño á acción directa do lume.Ao revés anfibio. 4. Consoante.Pon á vista, deixa ver.Preposición. 5. Órgano do sentido da vista.Primeiro home. 6. Pronome persoal.Pronome persoal. 7. Ao…, de través. Parede,valado.8. Vogal.En plural, ó rgano p olo q ue percib imo s o s sons.Consoante. 9. Romanos,cincuenta e un.Gaba, eloxia. Breixo, torga, urce. 10. Percorrer coa vista un escrito comprendendo o que di. Vogal. Demostrativo. 11. Aro de metal,sortella. Cheiro

CHISTES Eran tres homes que chegan á porta do ceo e están con San Pedro,quen lles pregunta: - ¿Cantas veces lle fuches infiel á túa muller? - Eu nunca –dixo o primeiro. - Pois colle un “Mercedes” e tira para arriba. - Eu unha vez –dixo o segundo. - ¡Uf!. Colle un “Ford” e tira para arriba. - Eu unha vez ao mes –dixo o terceiro - ¡Meu Deus! Ben, colle unha furgoneta e tira para arriba. Vai o da furgoneta ao ceo e atópase co do “Mercedes” chorando, e dille: - ¿Que che pasa? Tes o mellor coche, non lle fuches infiel á muller… - ¡Cala! Desa non me fales, que a acabo de ver pasar en patinete.

Este era un home que foi ao cine ver a Tarzán, pero equivocouse de sala e entrou na de King Kong. Ao día seguinte, pregúntalle un amigo: - ¿Que tal a película? - ¡Ah! A Tarzán non o vin por ningún lado, pero ¡Chita pegou un estirón…!

56


XANELA

REFRÁNS Liño bo e liño malo florecen en maio Agosto claro, moitas castañas e moi bo nabo

Ata o corenta de maio non quites o saio; e, se volve chover, vólveo poñer.

SOLUCIÓNS XEROGLÍFICO : O escano

XEROGLÍFICO

¿Onde queres que me sente?

57


XANELA

Os meus recordos …………………………………………………………………………………………………………… …………………………………………………………………………………………………………… …………………………………………………………………………………………………………… …………………………………………………………………………………………………………… …………………………………………………………………………………………………………… …………………………………………………………………………………………………………… ………………....................................................................................................................... ........................ ....................................................................................................................................................................... ....................................................................................................................................................................... ....................................................................................................................................................................... ....................................................................................................................................................................... ....................................................................................................................................................................... ....................................................................................................................................................................... ....................................................................................................................................................................... ....................................................................................................................................................................... .......................................................................................................................................................................

58


XANELA

Os meus compañeiros …………………………………………………………………………………………………………… …………………………………………………………………………………………………………… …………………………………………………………………………………………………………… …………………………………………………………………………………………………………… …………………………………………………………………………………………………………… …………………………………………………………………………………………………………… ………………....................................................................................................................... ........................ ....................................................................................................................................................................... ....................................................................................................................................................................... ....................................................................................................................................................................... ....................................................................................................................................................................... ....................................................................................................................................................................... ....................................................................................................................................................................... ....................................................................................................................................................................... ....................................................................................................................................................................... .......................................................................................................................................................................

59


XANELA

dedicatorias

60


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
xanela 2006 by garcia souto - Issuu