21 MARZO DÍA SÍNDROME DOWN

Page 1

Tan diferentes como iguais


Federación Down Galicia


QUEN SOMOS? Ao longo dos anos 90, a ausencia de dereitos, atención e inclusión social das persoas coa síndrome de Down, impulsou ás súas familias a xuntarse para defender a súa calidade de vida. Nacen así 7 entidades Down, para cubrir todo o territorio galego, así como a Federación Down Galicia, coa finalidade de remar xuntas.


A NOSA MISIÓN A misión da Federación céntrase en coordinar, apoiar e impulsar o labor de contribución das entidades membro á mellora da calidade de vida de cada persoa coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais e das súas familias, a través da inclusión social e da utilización dos recursos comúns da comunidade, asumindo o establecido na Convención de Nacións Unidas sobre dereitos das persoas con discapacidade.


OS NOSOS PRINCIPIOS

Diversidade O normal é que sexamos diferentes

Igualdade de oportunidades

Dignidade Son unha persoa

Coma ti, podo con apoio

Autodeterminación

Inclusión

Vivo a miña vida

A miña inclusión é o éxito de todos


A NOSA FORMA DE TRABALLAR A Federación e as súas entidades desenvolven un Servizo de Promoción da Autonomía Persoal (SEPAP) para persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais, que abarca todo o seu ciclo vital.


DOWN GALICIA EN DATOS 741 persoas usuarias

2.223 familiares Máis de 130 profesionais traballando nas entidades Down Máis de 60.000 visitas anuais á web da entidade Máis de 6.500 persoas seguidoras en redes sociais Máis información: downgalicia.org/transparencia/


Por que unir as nosas forzas?


TEMOS UN OBXECTIVO COMÚN Sabemos que o Concello de Pontevedra é unha administración comprometida e por iso queremos compartir o voso camiño e unir esforzos na busca dunha sociedade máis diversa e inclusiva.

COA NOSA UNIÓN CONSEGUIREMOS CHEGAR MÁIS LONXE!


Cales son as nosas propostas?


“TAN DIFERENTES COMO IGUAIS” As persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais soen atoparse invisibilizadas e habitualmente non contan coas mesmas oportunidades que o resto da poboación. Por iso, unha campaña de sensibilización sobre a súa valía e as súas posibles achegas á sociedade é tan necesaria, máis se cabe no momento de incerteza e crise económica e social na que nos encontramos. Desde o ano 2019, Down Galicia aproveita o Día Mundial da síndrome de Down, que se celebra en todo o mundo o 21 de marzo, para levar a cabo a súa campaña “Tan diferentes como iguais”.


Esta campaña busca poñer en valor o concepto da diferenza e dar visibilidade á idea de que ningunha persoa é igual a outra e que, precisamente, esa diferenza é a que nos enriquece como sociedade.

Os principais obxectivos desta iniciativa son: • •

Dar visibilidade ás persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais Sensibilizar á sociedade para aproximarse con naturalidade ás persoas que teñen discapacidade intelectual e comprender as súas dificultades e esforzos Favorecer a inclusión educativa e social das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais


Con motivo do Día Mundial da síndrome de Down de 2021, as entidades do Movemento Down en Galicia teñen previsto que esta campaña xire en torno a varias accións: • •

• •

Promoción da campaña nas webs e redes sociais dos concellos colaboradores Promoción da campaña a través do uso de calcetíns diferentes, destacando deste xeito o valor da diferenza Promoción do vídeo divulgativo “Síndrome de Down – Guía rápida” Difusión do Protocolo de Atención Educativa do alumnado coa síndrome de Down Outras posibles actividades en colaboración cos Concellos e cos Centros Educativos da súa área


PÁXINA WEB E REDES SOCIAIS DO CONCELLO

Visibilización do Día Mundial da Síndrome de Down Nova na páxina web do Concello e nas súas redes sociais con información sobre este día, que pode incluír un enlace ao vídeo “Síndrome de Down – Guía rápida” co que a Federación Down Galicia quere sensibilizar á sociedade galega sobre o valor da diferenza (detallado máis adiante). Difusión da campaña “Tan diferentes como iguais” do Movemento Down en Galicia Apoio do concello na promoción da campaña “Tan diferentes como iguais” levada a cabo polo Movemento Down en Galicia na súa páxina web e redes sociais, animando á sociedade a sumarse e formar parte desta iniciativa.


CENTROS EDUCATIVOS Promoción do Día Mundial da síndrome de Down e programación de actividades Informar sobre a conmemoración do Día Mundial da Síndrome de Down á comunidade educativa (profesorado, alumnado e familias) a través das páxinas webs dos centros, dunha circular informativa ou do profesorado nas aulas. Sería moi interesante que o profesorado dos centros educativos da súa área de influencia aproveitase esta conmemoración para reforzar varios aspectos na aula durante as semanas previas á conmemoración desta efeméride: o esforzo do colectivo para superarse cada día e a necesidade de empatizar e non poñer barreiras ás persoas con algún tipo de discapacidade. Ademais, desde as entidades Down podemos apoiar ao profesorado na programación de actividades para sensibilizar ao alumnado durante todo o mes.


CENTROS EDUCATIVOS Difusión dun vídeo divulgativo sobre a síndrome de Down A Federación Down Galicia conta cun vídeo de sensibilización, que explica de xeito moi sinxelo e visual que é a síndrome de Down. Esta peza, pensada tanto para nenos e nenas como para maiores, foi estreada con motivo do Día Mundial da síndrome de Down 2019 e será facilitada a tódolos centros e a aquelas administracións que o soliciten. Solicitamos a colaboración do Concello na presentación desta iniciativa aos equipos directivos dos centros educativos para a súa posterior visualización nas aulas. No caso de que o Concello acepte esta proposta de colaboración, Down Galicia faralle chegar o vídeo para a súa divulgación a comezos de marzo de 2021.


CENTROS EDUCATIVOS “Tan diferentes como iguais”: Carteis informativos Entre as accións da campaña “Tan diferentes como iguais” recóllese a colocación a semana do 15 ao 21 de marzo dun cartel co lema da mesma na entrada dos centros educativos. Solicitamos a colaboración do concello na impresión e distribución das mesmas, para que a mensaxe da inclusión chegue ao maior número de persoas posible. No caso de que o Concello acepte esta proposta de colaboración, e para facilitar a execución da mesma, propoñemos dúas opcións para levala a cabo: •

O concello escolle ao seu provedor e leva a cabo as xestións pertinentes

Down Galicia xestiona a elaboración dos carteis co seu propio provedor, previa aprobación do orzamento por parte do Concello


CENTROS EDUCATIVOS Difusión da iniciativa “Calcetíns desparellos” Desde hai uns anos, é habitual ver a xente utilizando calcetíns distintos para conmemorar o Día Mundial da Síndrome de Down. Esta iniciativa, creada por unha familia inglesa, vai acorde totalmente coa nosa campaña “Tan diferentes como iguais”, polo que a Federación Down Galicia decidiu sumarse á mesma. Por iso, solicitamos colaboración na difusión desta iniciativa, animando a todas as persoas vinculadas aos centros educativos a participar, aínda que o Día Mundial da Síndrome de Down sexa un domingo. O funcionamento é moi sinxelo: o día 21 de marzo leva calcetíns desparellos para dar visibilidade á síndrome de Down e sube unha foto a redes sociais mencionando a @downgalicia e utilizando o hashtag #CalcetinsDesparellos.


CENTROS EDUCATIVOS Difusión do Protocolo de atención educativa do alumnado coa síndrome de Down No ano 2018, a Federación participou na elaboración do Protocolo de atención educativa do alumnado coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual da Consellería de Educación.

É de vital importancia que o profesorado galego coñeza este recurso para que, no caso de contar entre o seu alumnado con unha persoa coa síndrome de Down ou outra discapacidade intelectual, o poida poñer en práctica. Por iso precisamos da colaboración de tódolos axentes da sociedade, entre os que se atopan as administracións públicas. Solicitamos a colaboración do Concello na difusión deste recurso entre os equipos directivos dos centros educativos da súa área de influencia.


COMERCIOS LOCAIS “Tan diferentes como iguais”: Carteis informativos Como comentabamos antes, entre as accións da campaña “Tan diferentes como iguais”, recóllese a colocación de carteis na entrada dos centros educativos. Solicitamos a colaboración do concello para que tamén faga partícipes da campaña ás tendas e comercios que queiran participar na mesma o día 21 de marzo. Así, o concello podería incrementar o número de impresións para poder distribuír os carteis entre os negocios locais (que poderían pegar o cartel no escaparate para unha maior visibilidade), para que a mensaxe da inclusión chegue ao maior número de persoas posible.


DATOS DE CONTACTO Down Pontevedra “Xuntos” xuntos@downgalicia.org 986 86 55 38 Persoa de contacto: Paula Villaverde Gondar



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.