PARENTABILIDADE POSITIVA

Page 1

APOIO Á PARENTALIDADE POSITIVA Financiado por:


QUE É A PARENTALIDADE POSITIVA? É unha maneira de entender a crianza e a educación. Está baseada respecto ás necesidades dos nenos e nenas e na posta en marcha de accións que favorezan o seu desenvolvemento, tendo en conta a contorna de cada familia e as habilidades dos pais e nais.


CAL É O SEU OBXECTIVO? A parentalidade positiva pretende favorecer un desenvolvemento e un benestar adecuado para os nenos e nenas. Por iso, dende Cruz Vermella, impulsamos este programa para intentar transmitir ás familias as necesidades infantís de atención, respecto, educación, igualdade e afecto. Isto permitirá que os nenos e nenas poidan desenvolverse como persoas cunha boa autoestima, o que lles fará crecer de forma sa e feliz en sociedade.


Este programa preséntase como un apoio nas labores de crianza e socialización dos nosos fillos


A QUEN VAI DIRIXIDO?


A TODO TIPO DE FAMILIAS


Que buscan ferramentas para axudar aos seus fillos e fillas a converterse en cidadáns adultos, responsables e comprometidos coa sociedade así como un apoio nas labores de crianza e socialización dos seus fillos. Para elo é clave ofrecerlles un fogar sen violencia, cargado de amor e respecto.


QUERES SABER MÁIS? Non dubides en contactar connosco para obter máis información sobre o programa de parentalidade positiva


CRUZ VERMELLA PONTEVEDRA Cruz Vermella, 26 | 36002 | Pontevedra L-X 8:00h a15:00h e 16:00 a 19:00h V 8:00h a 15:00h.

986 852 115 pontevedra@cruzroja.es www.cruzvermella.org


APOIO Á PARENTALIDADE POSITIVA Financiado por:


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.