1 minute read

TEST, QUE AUTOR GALEGO ERES?

1.- Atácache unha lesma xigante, que fas?

A Tentas falar con ela e convencela de que non che ataque

Advertisement

B Loitas contra ela para que non peligre ninguén máis

C Mátala con estilo para que non che moleste máis

D Nada máis vela corres a reventala a puños

E Tentas distraela para escapar correndo

2.- Suspendeches un exame, cómo reacionas?

A Fáloo cos meus pais e esfórzome para sacar boa nota no seguinte

B Aceptas que suspendeches de boa forma e miras onde faiaches para non repetilos

C Suspender? Eu nunca suspendo

D Cómo que suspendín? Vou ameazar ao profe!

E Invéntome unha boa excusa para conseguir que me faga unha recuperación e que non se enteren meus pais

3.- Que animal cres que che representa máis?

A O can, bonitiño e peludiño

B A águia, símbolo dos nobles ceos

C O león, o rei da sabana, que manda sobre todos

D O crocodilo, pura forza e voracidade

E O golfiño, xoguetón e enxeñoso

4.- Vas ir á túa primeira cita nun restaurante pero dache diarrea, que fas?

A Dígolle á miña cita que me atopo mal e que quedamos outro día

B Ante todo, dígolle o que me pasa e ofrézolle vir á miña casa en vez de ir ao restaurante, todo con tal de poder vela

C Que se espere, dígolle que non podo e xa

D Vou á cita aínda que me esté cagando enriba

E Dígolle que me atopo mal, pero que se quere, podemos ter a cita por videochamada e todo!

5.- Cal é a túa maior meta?

AAxudar a todos os que poida e ser doutor/a, veterinari@, mestr@...

B Conseguir facer cousas importantes e que me recorden polo meu duro traballo

C Chegar a ser presidente de Galicia e cambiar a bandeira por unha foto do meu cu

D Irlle pegando a todolos que vexa pola rúa

E Calqueira cousa que me faga crear: Escritor, Poeta, YouTuber, Ensaísta…

RESPOSTAS:

Se respondiches a maioría das veces “A”, eres Rosalía de Castro, unha persoa amable e sempre disposta a axudar.

Se respondiches a maioría das veces “B”, eres Castelao, unha persoa noble e comprometida coa súa causa

Se respondiches a maioría das veces “C”, eres Pedrayo, unha persoa moi crida, un pouco subidiño de máis.

Se respondiches a maioría das veces “D”, ERES RAMÓN CABANILLAS, E SEMPRE ANDAS A BERRAR E CUNHAAGHRESIVIDADE QUE NON TE COLLE DENTRO

Se respondiches a maioría das veces “E", eres Carlos Negro, unha persoa moi creativa capaz de facer calqueira cousa só coa súa imaxinación

Un Pouco De Humor Gr Fico

Un Pouco De Humor Gr Fico

This article is from: