1 minute read

MUÍÑO DA SERRALLEIRA

Next Article
SAÍDAA MANZANEDA

SAÍDAA MANZANEDA

Con motivo do proxecto de centro deste ano, centrado nas relacións entre as distintas xeracións e a aprendizaxe e o respeito aos maiores, Aurelia, Joaquín, Jesús, Tomás, Sofía, Carme e Carmucha, usuarios do Centro de día acompañaron ao alumnado de terceiro e cuarto de Primaria na visita ao muiño de Teaio. Nunha contorna natural de gran beleza, Isabel contounos a historia do muiño da Sorralleira e outros que hai ao longo do regueiro e que a súa familia está intentando restaurar O mecánico José explicounos o seu funcionamento e botouno a andar. Puidemos debullar o millo, peneiralo , moelo, tocar e ulir a fariña, xogar a construir cos carozos e gozar da paisaxe e da compaña Mamá Isaura lembrou algunhas cantas do muíño e cantamos e tocamos a pandeireta. Foi unha xornada deliciosa que nos axudou a por en valor o noso.

Advertisement

Moitas grazas a Isabel e a súa familia por este labor de recuperación e ao Centro de día por compartir connosco. Para ver todas as fotos e vídeos podedes usar o código QR que aparece a continuación

20000 Leguas De Viaxe Submarina

No mes de marzo, o alumnado de terceiro e cuarto de Primaria saimos a Santiago a ver a versión teatral da obra de Julio Verne, 20.000 leguas de viaxe submarina, no auditorio Abanca. A obra, da compañía La Negra, presenta unha lectura actual, comprometida e preocupada pola conservación dos océanos e do noso planeta

Despois da representación merendamos na Praza de San Martiño Pinario e fixemos unha pequena ruta pola zona vella de Compostela, para rematar cun pouco de relax e xogos no parque de Bonaval

Segundo ciclo

Creaci Ns Con Follas Do Outono

Os alumnos de 4º de primaria gozamos recollendo follas das árbores que se atopan no patio de Primaria, poñéndoas a secar no medio de periódicos e facendo diferentes composicións.

Visto o resultado decidiuse que estas composicións ían servir de agasallo para os maiores do cento de Día de Dodro cando nos viñeran a visitar ao CPI

Os nosos compañeir@s de 4º da ESO pintáronnos as bandexas para que nos dese tempo a ter o agasallo rematado para o día da visita. Grazas compañeiros. Esperamos que os nosos maiores desfruten do agasallo tanto coma nós realizándoo.

This article is from: