2 minute read

CLUB DE DEBATE

Igual ca o ano anterior, este ano decidimos participar no Club de Debate.

Advertisement

Moitos dos que fomos o ano pasado repetimos (Samuel Saborido, Martiño Rivo, Jorge Lozada,Antonio Lesende e Paula Vigo), e conseguimos meter novas caras de 4º da ESO coma Naiara Vidal, Nicolás Valdivieso,Alma Figueira e Xián Rial Tamén conseguimos que un alumno de 3º se nos unira:Anxo Tarrío.

Co equipo completo, xa estabamos listos para comezar a debatir Na primeira xornada tiñamos que debatir sobre o seguinte tema: "Somos menos sociais coas redes socias" Contamos a historia de Xoan Carlos e Tulio, dous bonecos que nos axudaron a facer un tremendísimo debate, xunto coa maravillosa conclusión de Jorge, que nos demostrou que o amor e os amigos non veñen da man das redes.

Axudámonos moitísimo entre nós, fixemos moi bos amigos e algúns ata ligaron! Definitivamente, a primeira fase foi boísima, pero aínda quedaba a final.

Último tema: "a mocidade renuncia ao galego" Dous grupos, a favor e en contra Comémonos a cabeza e as unllas para poder facer os discursos. É un tema moi difícil. No noso centro, o 99% falamos galego, así que moitos podedes pensar que non, que tódolos mozos o falan O certo é que non As novas xeracións (sobre todo as que nacen en cidades) renuncian ao galego por moitísmos motivos Un deles é internet Seguro que moitos de vos tedes redes sociais, pero en castelán Pois isto mesmo fan moitos, quens se crean Instagram, YouTube e outras redes en castelán por que non pensan que o galego os vaia a levar a ningún lado.Ao final non gañamos (un roubo, un atraco), pero pasámolo xenial O CLUBE DE DEBATE É UNHAEXPERIENCIAQUE

CHE CAMBIAAVIDA Pódeno dicir tanto os integrantes que debatiron comaAna e Marga

Dentro do proxecto de centro deste curso "Interxerando" o alumnado de 3º ESO actuou como titor do de 1º ESO para axudarlles a facer as cúpulas de Leonardo da Vinci. O certo é que os máis pequenos da ESO colleron enseguida a rutina das cúpulas e o fixeron moi, moi ben! Estas cúpulas son una forma divertida e educativa de traballar sobre as estructuras ideadas por Leonardo da Vinci. Así, partindo de patróns xeométricos, pódense construir cupulas autoportantes que se sosteñen por si mesmas, é dicir, sen ningún tipo de unión entre os elementos cos que se forman. Desta forma, usando pezas de madeira cunha forma xeométrica definida, o alumnado pode construir cúpulas a partir do acoplamento tridimensional de elementos que van apoiados uns noutros Grazas a esta actividade, o alumnado conseguiu traballar conceitos que teñen que ver coa xeometría, a tecnoloxía, a arte e a historia, sempre traballando de forma colaborativa a través do traballo en quipo

Por outra banda, algúns encontraron unha utilidade a maiores para estas cúpulas (espazo de reflexión para alumnos rebeldes)

O alumnado de 1º e 2º de ESO construiu maquetas con material de refugallo que representan o pasado, presente e futuro de aparellos varios como lavalouzas e lavadoras, medios de transporte como coches e helicópteros, sistemas de calefacción e tendas de moda. Todas elas contan cun circuito de lámpadas (en primeiro da ESO só con mando por interruptor e en segundo un circuito con interruptor e o outro con conmutadores) e un mecanismo que fai funcionar un motor de corrente continua (no caso de segundo da ESO, conta tamén cun circuito inversor de xiro do motor) Os operadores mecánicos son poleas con correa e mecanismos de piñón cremalleira

En cuarto de ESO construíron unha maqueta a escala do Centro de Día do Concello de Dodro e ampliaron as instalacións engadindo un spa, un horto , un xardín, un espazo de relax, un taller de carpintería e un lugar para acomodar ás mascotas, mostrando así o que sería un centro para maiores ideal A maqueta conta cun mecanismo de motor de corrente continua, que baixa e sube unha cadeira para dar accesibilidade ao spa, circuitos de luces, luces de cores relaxantes na zona "chill out", un circuito pneumático que simula a un operario cortando leña, e un pequeno circuito electrónico que pretende facer funcionar un cortacéspede de xeito automatizado.

Podedes ver todas as fotos das maquetas no QR:

This article is from: