3 minute read

CHARLAALMORZOS SAUDABLES

O venres 16 de decembro, tivemos unha sesión adicada aos almorzos saudables, con moitos xogos participativos nos que participamos o alumnado de 1°e 2° de E P

Advertisement

Paparota En Franc S

No mes de febreiro e coincidindo coas datas do Entroido, o profesor de Francés, Xoan Bautista, organizou unha xornada gastronómica con primeiro e segundo da ESO, na que se prepararon as crêpes francesas Así o alumnado puido comprobar que, aínda que estivesen moi boas, os franceses aínda non chegaron ao nivel de perfección das filloas galegas (por moito que se esforcen unha cassoulete non é unha fabada nin unha crêpe unha filloa) A actividade foi pensada no marco do proxecto Contratos Programa, en concreto no proxecto Inclúete. O alumnado tivo a oportunidade de coñecer a receita e cociñar eles mesmos estes doces Todos puideron probar diferentes recheos para as crêpes e compartir a experiencia cos compañeiros e profesores Moi rico todo, Xoan!

Este venres houbo troula, houbo unha grande festa, no Auditorio de Galicia, celebrouse a Regueifesta.

Dodro estivo alí presente, coa rapazada de sexto, que enfiou tan ben as coplas que levou ata un premio.

A regueifa é coñecida, pero alí aprendimos, que no Ulla son atranques, e no Courel cantan brindos

Por Vilariño de Conso, o que crean son as bombas, en Euskadi bersolaritza, por Catalunya as glosas cos seus bombos e aixadas, fixeron tremer o palco, quedamos marabilladas

Esta festa da poesía , e da palabra cantada , foivos unha regalía, vai ser por nós recordada

Desde Trives o folión,

Este ano para facer un videoclip no que todos fóramos ao regho decidimos facelo todo a vimbiazos Toma Vimbio é o novo videoclip do centro realizado polos alumnos de 4º. Na parte de música traballaron coa letra e co son, logo os de plástica puderon realizar o guión, TRABALLO

NOS LEVOU! Despois de tanto traballo conseguímolo.

Toma Vimbio

Foi moi duro, xa que todos estábamos moi estresados e ao primeiro non nos poñíamos de acordo A solución foi moi fácil: hostias por tódolos lados. Conseguimos gravar na casa dos avós de S. Rey, aos cales agradecemos enormemente, por que nesa casa, Xoán Bautista, Margarita González e Samuel Saborido molláronse, metéronse de hostias e remataron todos no chan!

Cousiñas que pasaron

Como antes dixemos, pasámolo xenial facendo este videoclip. Durante media mañá, Samuel estivo en calzóns e o resto do día pasouno mollado Maneles estivo a vimbiazos connosco, ata na hora de comer! Pero iso sI, ir ao balneario non lle pareceu mal O cámara, o director e os actores din que soamente gravaron uns planos e foron para casa, pero a nós non nos enganan; ben sabemos que, despois de gravar, estes tiveron unha sesión de relaxación mix no balneario.

Sesi Ns Muse En Primaria

Entramos na maxia do MUSE da man de Mercedes Prieto co Zampadanzas Na primeira sesión coñecemos a Zampadanzas, un chef ao que lle gusta cociñar e danzar. Con el, imaxinamos e escenificamos ser cociñeiros remexendo o pucheiro coas distintas partes do corpo, simulamos que eramos ondas do mar, improvisamos pasos de baile e tamén nos axustamos aos pasos propostos para distintas receitas de pratos tipicos dalgúns países do mundo: Danza del rogle, Los machetes e A carrasquiña. Foi unha sesión ben entretida e, coa axuda da imaxinación, tamén ben saborosa

Na segunda sesión, volvemos ao restaurante de Zampadanzas Desta volta, levounos ao outro lado do mundo: á Polinesia. Tivemos que ir moi lonxe para facer unha viaxe en canoa e atopar un novo fogar nas Illas Cook. Os nenos e nenas de 1 ° acompañamos o rey Tiki bailando ao son do Hoe Ana Os de segundo repasamos A carrasquiña e viaxamos a México coa danza Os machetes. Ata Bélxica fomos os de sexto coa Polka de Ramón e os de quinto quedamos en Portugal bailando Toma lá

O mércores 29 de marzo Zampadanzas e a súa irmá Filismina,apaixonada das clases de baile, guiáronnos nun percorrido polo mundo Os raios do sol e o vento lixeiro acompañaron os nosos pasos na Danza del rogle, Polca de Ramón, Bitte Mand i Knibe (Danza da moto), Ciranda, Tanko Bushi. Partimos de Cataluña e pasamos por Bélxica, Dinamarca, Brasil, Xapón e rematamos de novo en Galicia, no marabilloso patio do noso cole bailando A carrasquiña En breve, todas as familias serán convidadas ao famoso restaurante Zampadanzas para bailar todxs xuntxs guiados por Mercedes Prieto

Nesta cuarta sesión con Mercedes son xs alumnxs os que propoñen movementos e estas propostas constrúen a coreografia Desta maneira inventamos e creamos danzas distintas a partir do que lemos no libro

Zampadanzas e preparámonos para a seguinte sesión, na que estarán convidadas as familias para unha actividade conxunta. Agardamos ansiosos!

O mércores 26 de abril tivemos a última sesión MUSE deste trimestre. Asistiron un bo número de familias que bailaron connosco diferentes danzas do mundo Mercedes explicounos a fondo en que consiste este programa que tanto nos aporta e confiamos en seguir mantendo en cursos vindeiros

Aprendemos moito e pasámolo moi ben todxs xuntxs!

This article is from: