Page 1

criaturas abril 2015 路 #n煤meroun

antagonismosi


criaturas #númeroun

#monográfico

#monográfico

o humor na lix galega

8

#monográfico

28

18

o humor na obra de paula carballeira

#monográfico

#monográfico

o humor no teatro infantil

34

cara a cara

44

38

de cando o humor volveu para quedar

#monográfico constelacións

54

paula carballeira | francisco castro


#monográfico unidade didáctica gorentosas castañas en abril

crítica

A galiña azul

crítica

64 Osos

76 74 Boy (relatos de infancia) / voando só crítica

crítica

crítica

Janosch

crítica a filla do grúffalo

72

78 Agustín Fernández paz

82

onde viven os contos el pozo de los tres deseos

#reportaxe salón do libro infantil e xuvenil de pontevedra

80

86

94

CRIATURAS.GAL #númeroun A revista Criaturas é unha publicación dixital dedicada á Literatura Infantil e Xuvenil de Galicia. Os contidos publicados pertencen as súas correspondentes autoras e autores.

Portada: Recueil des modes de la cour de France, ‘Arlequin’ , Nicolas Bonnart (France, 1637-1717)

Coordinación Ledicia Costas · Daniel Landesa

Contacto revistacriaturas@gmail.com

Consello Editorial Fran Alonso · Burghard Baltrusch · Carlos Nogueira Nuria Díaz · Agustín Fernández Paz · María Jesús Fernández · Mar García Pérez · María Lado · Montse Pena Presas · Xabier P. Docampo · Mercedes Queixas Zás · Laura Sáez · Gracia Santorum · Miguel Vázquez Freire Coordinación sección crítica Montse Pena Presas

Deseño Daniel Landesa (srlandesa@gmail.com) Deseño web Daniel Landesa, María Longa e Diego Oca Tipografías Myriad (Robert Slimbach, Carol Twombly 1992) Caslon (William Caslon 1725 / Carol Twombly 1990). Editada en Vigo por Revista Criaturas ISSN 2386-9119


imaxe: Nisha Gill, India. Licenza libre


Monográfico

1 O HUMOR NA LIX GALEGA TEXTO: MARÍA JESÚS FERNÁNDEZ


Ilustración de Walter Crane en The song of sixpence picture book. (Public Domain)

O humor na literatura infantil e xuvenil galega

C

Texto: María Jesús Fernández

omezarei citando a autoridade de quen considero un incuestionable referente da literatura para a infancia, o galés Roald Dahl, autor de enorme éxito entre varias xeracións de lectores de todo o mundo. Pois ben, cando Roald Dahl especifica o que considera esencial da Literatura infantil, este gran coñecedor dos gustos dos pequenos lectores sinala que, independentemente do tema que se trate, o que nunca debe faltar nos libros para este público é o humor.


Sen dúbida os nenos e nenas gozan co humor desde moi novos, mesmo antes de adquirir a linguaxe obteñen gran pracer das situacións humorísticas que nestas temperás idades están relacionadas coa xestualidade e os sons. E isto vai evolucionando, facéndose máis rico e complexo na medida que medran, acadan o dominio da expresión verbal e adquiren novas capacidades.

Pero non todas as formas e manifestacións do humor na literatura son axeitadas para o público infantil. O humor é por definición unha distorsión da realidade coñecida e polo tanto presupón estar nas claves desa realidade para poder comprender en que consiste a transgresión humorística. Así pois, os recursos utilizados deberán adaptarse á madurez dos receptores.A lgúns destes recursos como a ironía, a sátira ou a parodia, que aparecen frecuentemente en libros para adultos e mozos, non son axeitados para o lectorado infantil que sen embargo gozará coas esaxeracións hiperbólicas, as analoxías impropias, a transgresión das normas (lingüísticas e sociais), os equívocos,as situacións disparatadas… Neste artigo tentaremos facer unha análise, que en ningún caso se pretende exhaustiva, da presenza do humor e as súas formas na Literatura que se fai en Galicia e en galego para a infancia e a mocidade O humor do absurdo e o disparate

Xa nos inicios do que consideramos a moderna Literatura Infantil de Galicia aparece un libro singular en moitos aspectos. A peza teatral escrita por Carlos Casares As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas (1973) utiliza con gran mestría os recursos humorísticos do absurdo. Este humor, inglés na súa orixe, recollido nas Nursery Rhymes e desenvolvido polos mestres do “nonsense” como Lewis Carroll e Edward Lear, atopa unha excelente representación nesta peza teatral que mestura personaxes e ambiente do rural galego coas fórmulas disparatadas desta modalidade de humor. Aquí o riso vén provocado polas situacións absurdas que rachan coa lóxica do

esperado e que polo tanto supoñen un forte contraste coa realidade coñecida.

Despois deste brillante comezo, outros autores e autoras galegos seguiron e seguen optando por esta variante do humor. Ben coñecidos son os traballos do tándem artístico formado por Carlos López e David Pintor, Pinto & Chinto, que, tanto como autores de cómics, de álbums ilustrados ou narracións, utilizan con gran acerto os recursos do humor absurdo. Calquera dos seus libros editados podería servir como exemplo do seu ben recoñecible estilo no que se mesturan parodia, surrealismo, sorpresa, disparate … Podemos citar moitos exemplos: Minimaladas, Nicomedes o pelado, Contos para nenos que dormen deseguida, A peripecia de Roi, Circo Rigatoni, entre outros que contribúen a conformar o estilo propio desta parella de autores. Na mesma liña traballa tamén Antón Cortizas, sobre todo como autor de poesía; nos seus poemarios o humor vén dado en gran medida polos xogos de linguaxe, nos que a propia palabra e tamén a rima e os sons, son os principais elementos humorísticos. Falamos de títulos como Era unha vez na Quimbamba ou Vaia tropa!, libro este último no que a composición estrófica preferente é o “limerick”, forma popular do folclore inglés, moi utilizada por Edward Lear nas súas composicións burlescas e que se adapta perfectamente as peculiaridades do noso idioma. Humor, fantasía e “nonsense” son os ingredientes que tamén utiliza con acerto Daniel Ameixeiro, tanto en verso, Piratas, bruxas e outros amigos, como en prosa no seu delicioso O capitán da baía.

Un exemplo de relato no que atopamos como principal recurso humorístico a esaxeración hiperbólica atopámolo no conto titulado Bolsas e máis bolsas que forma parte do libro O armario novo de Rubén, de Xabier P. Docampo. Nesta ocasión, un acontecemento tan cotián como é a tendencia a acumular bolsas de plástico nas casas é levado a extremos delirantes que rachan coa realidade e provocan situacións de gran comicidade. Este mesmo Revista Criaturas

9


escritor, apoiándose nas imaxes creadas por Xosé Cobas, volve a utilizar o ridículo por esaxeración no álbum para primeiros lectores titulado O home que inventou unha maneira de andar, ou presenta ao pai da protagonista buscando desesperadamente uns calzóns limpos nun dos episodios de libro Adelaida, Henrique e demais familia, que tamén supón unha benhumorada crítica de certas condutas masculinas respecto dos traballos domésticos.

Un caso singular é o da escritora Gloria Sánchez, autora dunha extensa e recoñecida obra. Tanto en prosa como en verso, na narrativa e no teatro, xéneros que Gloria cultiva, posúe unha indiscutible capacidade para este tipo de humor consistente en romper a coherencia do discurso introducindo o elemento inesperado e chocante, cambiando bruscamente o rexistro no que se desenvolve a historia para provocar así a sorpresa e a risa. Seguidora avantaxada da arxentina María Elena Walsh, os seus poemas supoñen un continuo xogo coa linguaxe que neles se descobre como un material lúdico cheo de posibilidades. Influenciada tamén polas Nursery Rhymes, como podemos observar no libro A raíña de Turnedó, todos os seu libros teñen un inconfundible selo persoal que os caracteriza. Noutras ocasións, o humor da historia recae nos personaxes protagonistas de situacións absurdas, como é o caso de Chinto e Tom, historia na que estes dous personaxes tentan por todos os medios meter na súa pequena casa a gran cama que herdaron da súa tía, tarefa imposible na que a precipitación e inxenuidade dos protagonistas choca unha e outra vez coa teimuda realidade. E así poderiamos seguir citando outros títulos desta autora, como O Grande Tronante, Dez piratas, Manual para unha pequena meiga, Sete casas, sete bruxas e un ovo, Bichos con gaseosa,… En moitos deste libros cabe salientar a complementariedade tan axeitada que supoñen texto e ilustracións

10 Revista Criaturas

xa que, adaptándose ao discorrer humorístico e disparatado de Gloria Sánchez, atopamos artistas tan excelentes e vangardistas como Xan López Domínguez ou Pablo Otero “Peixe”.

Outros recursos propios do humor absurdo son a distorsión e os equívocos. Recursos estes que aparecen utilizados con mestría no álbum ilustrado dirixido a primeiros lectores titulado Manu, obra de Irene Pérez Pintos e Ramón Trigo, historia versificada na que un problema de audición do pequeno protagonista converte en divertidos disparates a lista de encargos que a nai lle encomenda. Unha idea similar, e tamén excelentemente resolta, contén o álbum Animais de compañía do que son autores Manuel Lourenzo e Enjamio, nesta ocasión o equívoco prodúcese cos nomes de pacíficas mascotas que, ao ir pasando de boca en boca, se transforman en terroríficos e estraños animais. O uso da ironía.

O libro máis paradigmático da moderna literatura infantil galega é tamén unha excepcional mostra de humor. Das cousas de Ramón Lamote, escrito por Paco Martín e publicado no ano 1985, supón unha exhibición desa especial forma de sutil ironía que en Galicia chamamos retranca. O protagonista da historia é un ser idealista e sensible nun mundo de individuos groseiros, corruptos e ignorantes, acumuladores de riquezas e desprezativos da cultura. É a maneira de presentar este contraste onde se dan as claves do humor que comentamos, Ramón Lamote aparece como un elemento estraño nun mundo de persoas vulgares e deshonestas e é simplemente a súa presenza


a que os fai ridículos e caricaturescos. Moi ilustrativa do que dicimos resulta a lectura da que posiblemente sexa a mellor escena dialogada da literatura infantil-xuvenil galega, un prodixio de humor irónico é o diálogo entre Ramón Lamote e unha muller que está sentada nas escaleiras da casa onde el ten que ir dar unha clase de chairego e que non lle permite pasar. Os lectores sufrimos co personaxe, identificámonos coa súa educada impaciencia e aborrecemos a señora , ao tempo que non podemos deixar de rir pola disparatada situación que o autor nos amosa. Outra maneira de facer crítica por medio do humor é utilizando o recurso do estrañamento. Este recurso permite retirarse todo o posible do obxecto ou realidade que se describe co fin de gañar obxectividade e poder presentar a vida cotiá desde un novo punto de vista esclarecedor, desprovisto de prexuízos e carga cultural. Deste xeito conséguese reducir ao ridículo crenzas e situacións que moitas veces non se cuestionan porque xa están fortemente arraigadas. Un autor que utiliza moi ben este recurso é Pepe Carballude en libros como O deus desaparecido, escrito en colaboración con Andrés García Vilariño, no que se presenta ao deus Apolo aparecendo de repente, e con gran asombro pola súa parte, nunha das grandes cidades galegas da actualidade. E volve utilizar o recurso do estrañamento no libro O home can, que amosa a sociedade actual observada desde o punto de vista deste animal. Humor de ultratumba

Unha das máis notorias, e saudables, características do humor é que nos permite tratar con irreverencia e comicidade asuntos e situacións que na vida real nos producen respecto e mesmo temor, como é o caso da morte e os mortos.

A morte e os mortos, presentes con frecuencia na literatura galega tanto na popular como na culta, tratados desde un punto de vista

humorístico, tamén teñen representación na moderna LIXGA. Para mozos e mozas escribe Pepe Carballude a novela Romaxe de desventuras, que ten como protagonista a ánima dun defunto que volve do outro mundo para levar a cabo a peregrinación a San Andrés de Teixido, e que pasa por unha serie de grotescas e divertidas aventuras derivadas da súa excepcionalidade no mundo dos vivos. Tamén para este público lector, e moi enraizada na tradición, está a novela breve de Ana Prado e Suso Cubeiro A costureira das ánimas, que presenta de maneira desenfadada o trato cotián cos defuntos a través do personaxe da costureira especializada en ir polas casas facendo mortallas para a última viaxe.

Nun libro que xa é un clásico de terror na Literatura xuvenil galega, Cando petan na porta pola noite de Xabier P. DoCampo, atopamos o ingrediente humorístico na última das historias, a única das catro que non se axusta ao modelo narrativo imposto pola tradición oral. O cumpremortes mantén en todo o seu desenvolvemento o ton dramático que require o tema do home que tenta fuxir do seu destino inapelable, para rematar cun xiro inesperado, sorpresivo, que engade un toque de frivolidade e deixa un sorriso na expresión dos lectores. Realmente arriscado e novidoso é tratar este tema para o público infantil como o fai Ledicia Costas no seu moi recoñecido e premiado libro Escarlatina a cociñeira defunta, que se desenvolve con absoluta naturalidade nun mundo de ultratumba e que ten como principal protagonista a unha encantadora nena morta. Cun estilo claramente inspirado na estética e procedementos de Tim Burton, a autora xoga con elementos humorísticos que distorsionan e suavizan, sen agachalo, o que a historia puidera ter de macabro. Tamén para o público infantil están dirixidos os dous libros escritos por Jacobo Fernández Serrano Mil cousas poden pasar (I e II). Nestas historias nas que o humor surrealista e a sorpresa son parte fundamen-

Revista Criaturas

11


seus libros para a infancia se concreta nas formas de vinganza dos máis débiles sobre os prepotentes por medio do ridículo e do escarnio. O riso cómplice e liberador dos pequenos lectores xorde mediante o mecanismo de ridiculizar a aqueles que representan a autoridade, o abuso e o egoísmo. E deste escarnio non se libran os propios nenos, como no caso dos outros rapaces gañadores do billete dourado no libro Charlie e a fábrica de chocolate, pero sobre todo o sofren certos adultos, que poden ser profesores como vemos en Matilda, ou mesmo familiares próximos como os impresentables pais no xa citado Matilda, ou os avós como sucede en La maravillosa medicina de Jorge. No seu libro Os cretinos, Roald Dahl presenta a estes seres repugnantes pasados polo filtro da comicidade, amosando con gran pracer como gozan co escatolóxico e coas maldades que se prodigan mutuamente.

tal da trama, aparecen como personaxes os alegres e coloristas defuntos do cemiterio local. Un tanto excepcional, ao ser un álbum ilustrado que ten como destinatario o público de máis de doce anos, é O ano en que os pitos perderon a cabeza, obra traducida da que son autores Pablo Albo e Mikel Mardones, unha divertidísima e irreverente historia de zombis que contén moito humor negro. Humor derivado de escarnecer a autoridade.

Comezamos o artigo citando a Roald Dahl e agora é o momento de volver a este autor tanto polo que representa a súa obra como pola influencia que exerceu noutros autores e autoras de todo o mundo e, xaora, tamén de Galicia. Tense dito que R.D. é un gran especialista en humor negro que no caso dos

12 Revista Criaturas

Entre os autores galegos seguidores desta “comicidade vingativa” na estela de Roald Dahl, atopamos a Agustín Fernández Paz que utiliza o recurso en historias como No corazón do bosque, na que a nena protagonista válese da amizade co trasno para ridiculizar e poñer en evidencia aos compañeiros abusóns, ou en A escola dos piratas, onde é algún profesor quen sae mal parado. Gloria Sánchez no libro Matapitos.com fai aparecer unha profesora cunha gran semellanza coa terrible Trunchbull de Matilda e que tamén como ela atopa o seu merecido castigo. Así mesmo, Xabier P. DoCampo amosa a súa faceta “Roaldiana” cando no libro Os ollos de Ramón utiliza a visión diverxente do protagonista para escarnecer comicamente e tomar xustiza dos abusóns e prepotentes. Co álbum ilustrado Dinosauro Belisario, escrito por Pepe Cáccamo con ilustracións de Carles Arbat , historia rimada que vai retratando a un tipo déspota que abusa da forza para impoñer a súa autoridade caprichosa e que como castigo é despoxado dos seus atri-


butos e amosado espido, ridículo na súa nudez para escarnio propio e ledicia dos pequenos lectores. A elección da voz narradora.

Non son infrecuentes as historias nas que o humor deriva da elección do punto de vista narrativo e, fundamentalmente, das características da voz narradora. Temos, por exemplo, os relatos narrados en primeira persoa polos seus protagonistas infantís. Na literatura universal o exemplo mellor coñecido é o de Le petit Nicolas, xenial creación dos franceses Sempé e Goscinny, e en Galicia a autora que mellor utiliza este recurso é Fina Casalderrey. Esta voz e este punto de vista permiten amosar a implacable mirada dos nenos sobre o comportamento dos adultos, unha mirada lúcida e desprovista de hipocrisía que, mesmo sen pretendelo, ridiculiza condutas, desmontando os convencionalismos, as verdades a medias, os lugares comúns, os falsos argumentos de autoridade que as persoas maiores usamos como bastóns para andar pola vida. Tamén xoga coa confusión que na aínda precaria comprensión dos nenos se pode producir entre o sentido literal e o sentido figurado da linguaxe, dando lugar malos entendidos que propician situacións cómicas. Estas características atopámolas en moitos dos títulos de Fina Casalderry: O estanque dos parrulos pobres, Unha raíña negra, Alas de mosca para Anxo, O misterio dos fillos de Lúa, entre outros. Este mesmo recurso é tamén utilizado por outros autores e autoras nas súas obras para este público, como é o caso de Breogán Riveiro co libro Tonecho de Rebordechao, Concha Blanco con Boris , ou Cándido Casal con Eu, coma sempre, por citar algúns dos máis representativos.

moi común en libros para prelectores e primeiros lectores, cando se utiliza en libros dirixidos a nenas e nenos de máis idade acostuma ter carácter humorístico. É o caso do libro de María Solar A verdadeira historia da mosca da tele , no que este familiar insecto ademais de protagonista é a narradora da historia o que permite, a través dos seus comentarios, ver o mundo “con ollos de mosca” e propicia peripecias e reflexións realmente divertidas. A parodia

Xa dixemos que algúns recursos do humor requiren certa madurez por parte dos receptores. Un recurso moi eficaz, pero tamén difícil é a parodia, ridiculización caricaturesca e desmitificadora dun heroe ou dunha situación establecida ou que se pretende exemplarizante. A súa dificultade estriba en que é imprescindible que os lectores coñezan o referente e sexan quen de comprender, e admitir, o xogo de sustitución. Como exemplo ben coñecido de parodia volvemos a citar a Roald Dahl e o seu libro Cuentos en verso para niños perversos, no que os “heroes” que se poñen en cuestión de maneira absolutamente humorística e irrespectuosa son os archicoñecidos personaxes dos contos tradicionais. Os nenos e nenas, que ata pouco tempo antes, esixían absoluto rigor na narración destes contos, gozan agora coa burla e transgresión que supón a parodia. Na LIXGA atopamos moitos

Con frecuencia a literatura infantil recorre á personificación, atribuíndo calidades humanas a seres inanimados ou a animais. Isto, que é Revista Criaturas

13


exemplos de autores e obras que utilizan este recurso. De novo citaremos a Agustín Fernández Paz, esta vez co libro O laboratorio do doutor Nogueira, unha das súas historias máis divertidas na que presenta a un personaxe millonario e “filantrópico”, parodia do coñecido heroe Batman . O relato, que tamén utiliza eficazmente a ironía, supón unha ridiculización das perigosas actitudes mesiánicas , e faino amosando os sucesivos fracasos do doutor Nogueira que cada vez que pretende solucionar un problema ocasiona outro aínda meirande. Os heroes e heroínas dos contos clásicos son tamén na nosa LIXGA frecuente obxecto de revisión paródica. O autor Manuel Lourenzo retoma o personaxe do príncipe azul nos seus libros Tanis I, O Mocos e Estanislao , príncipe de Sofrovia, presentando un modelo de anti-príncipe, maleducado, caprichoso, un tanto porco, cunha imaxe física pouco convencional e unha linguaxe máis propia do argot xuvenil das tribos urbanas, e que mesmo acaba renunciando á súa condición de herdeiro do trono porque opina que a monarquía non é o que cómpre nas modernas sociedades democráticas. Este mesmo personaxe do príncipe azul é obxecto de parodia burlesca en outros contos dirixidos a lectores máis novos como Florentino, o príncipe Quino de Gloria Sánchez e O porco centelludo de Irene Pérez Pintos. Tamén Paula Carballude, unha autora con gran capacidade para o humor, fai unha recreación humorística e paródica dos temas que aparecen nos contos marabillosos e dos seus personaxes no poemario As outras historias. Tampouco se libran da desmitificación os personaxes do folclore, mesmo aqueles que tradicionalmente están dedicados a poñer medo. O libro O aprendiz de home do saco está escrito por Antonio Reigosa, un dos maiores especialistas en historias procedentes da tradición oral, que retoma humoris-

14 Revista Criaturas


ticamente a figura do “home do saco” para traelo aos tempos actuais e desposuílo dos seus temibles atributos.

Un can retranqueiro e nada épico é a testemuña que pon a voz narradora no libro de Pere Tobaruela As viaxes dun can de palleiro. Nesta ocasión o que se parodia é un dos grandes clásicos da literatura universal, “A Odisea,” o paradigma dos relatos de aventuras, e é precisamente a mirada do can, un tanto escéptica e mesmo un chisco cínica, a que introduce no relato o elemento desmitificador. Para o lectorado xuvenil o escritor Jaureguízar ten escritas dúas novelas paródicas, unha continuación da outra: Rutina corsaria e Balea morta ou lancha a pique!. As dúas son relatos humorísticos, mesmo de “sal gordo”, que retoman as clásicas historias de aventuras no mar e os personaxes de piratas e bucaneiros. E tamén cómpre falar, xa para poñer remate, do estupendo relato de Gonzalo Navaza Santos e difuntos, que cun humor moi sutil e respectuoso toca un tema realmente dramático como é o da emigración e o desarraigo que esta supuxo para a sociedade galega. O libro presenta o personaxe dun vello emigrante baixo a figura dun entrañable pícaro que busca tirar partido dos lacrimóxenos programas televisivos que explotan a vea sentimental dos reencontros familiares.

Neste repaso da presenza do humor na LIXGA quedan sen citar moitas e interesantes obras e, sobre todo, prescindiuse de comentar tres manifestacións literarias que contan con notables obras de carácter humorístico, refírome á literatura popular de tradición oral, ao teatro e á banda deseñada. As tres teñen suficiente entidade e importancia para que no futuro se lles dedique a cada unha delas un número específico de Criaturas e poidamos darlles o tratamento que neste e noutros aspectos se merecen.

BIBLIOGRAFÍA. Libros que se citan neste artigo: As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas. Carlos Casares. Galaxia, Vigo. (1973) Minimaladas. Carlos López / David Pintor. Edicións Xerais de Galicia, Vigo (2007) Nicomedes o pelado. Pinto & Chinto. Edit. Kalandraka, Pontevedra (2014) Contos para nenos que dormen deseguida. Pinto & Chinto. Kalandraka, Pontevedra (2010) A peripecia de Roi. Carlos López / David Pintor. Edit. Tambre (2009) Circo Rigatoni. Pinto & Chinto. Edit. Everest-Galicia , A Coruña (2008) Era unha vez na Quimbamba. Antón Cortizas. Edit, Tambre (2006) Vaia tropa!. Antón Cortizas.Edicións Xerais de Galicia, Vigo (2011) Piratas, bruxas e outros amigos.Daniel Ameixeiro. Edit. Galaxia, Vigo (2007) O capitán da baía. Daniel Ameixeiro. Edit. Rodeira, A Coruña (2005) O armario novo de Rubén. Xabier P. Docampo. Edic. Xerais de Galicia, Vigo (2008) O home que inventou unha maneira de andar. Xabier P.Docampo/Xosé Cobas. Galaxia,Vigo (1998) Adelaida, Henrique e demáis familia. Xabier P. Docampo. Edit. Galaxia, Vigo (1996) A raíña de Turnedó. Gloria Sánchez/Pablo Otero. Kalandraka, Pontevedra (2014) O Grande Tronante. Gloria Sánchez/Xan López Domínguez. Xerais, Vigo. Dez Piratas. Gloria Sánchez. Edit. Obradoiro (2007) Manual para unha pequena meiga. Gloria Sánchez/Mª Fe Quesada.Rodeira,A Coruña (1998) Sete bruxas, sete casas e un ovo. Gloria Sánchez/Xan López Domínguez. SM (2005) Bichos con gaseosa. Gloria Sánchez / Fran Jaraba. Edit. Bruño (1992) Manu. Irene Pérez Pintos / Ramón Trigo. Edit. Kalandraka, Pontevedra (2005) Animais de compañía. Manuel Lourenzo / Enjamio. Edit. Kalandraka (1998) Das cousas de Ramón Lamote. Paco Martín. Edit. Galaxia, Vigo (1ª edición en 1985) O deus desaparecido. Andrés García Vilariño/Pepe Carballude.Everest-Galicia,A Coruña (2011) A historia do home can. Pepe Carballude. Everest-Galicia, A Coruña (1993) Romaxe de desventuras. Pepe Carballude. Edit. Rodeira, a Coruña (1997) A costureira das ánimas. Ana Prado / Suso Cubeiro. Everest-Galicia, A Coruña (2012) Cando petan na porta pola noite. Xabier P. Docampo. Edicións Xerais de Galicia, Vigo (1994) Escarlatina, a cociñeira defunta. Ledicia Costas. Edicións Xerais de Galicia, Vigo (2014) Mil cousas poden pasar (I). Jacobo Fernández Serrano. Edicións Xerais de Galicia,Vigo, (2009) Mil cousas poden pasar (II). Jacobo Fernández Serrano. Edicións Xerais de Galicia,Vigo (2011) O ano que os pitos perderon a cabeza. Pablo Albo/Mikel Mardones. OQO, Pontevedra (2011) Charlie e a fábrica de chocolate. Roald Dahl. Edicións Xerais de Galicia, Vigo. Matilda. Roald Dahl. Edit. Obradoiro (1995) La maravillosa medicina de Jorge. Roald Dahl. Edit. Alfaguara. Los cretinos. Roald Dahl. Edit. Alfaguara. No corazón do bosque. Agustín Fdez. Paz. Edic. Xerais, Vigo (2002) A escola dos piratas. Agustín Fdez. Paz. Edit. Rodeira , A Coruña (2005) Matapitos.com. Gloria Sànchez. Edic. Xerais de Galicia, Vigo (2001) Os ollos de Ramón. Xabier P. DoCampo. Edit. Everest-Galicia, A Coruña (2001) Dinosauro Belisario. Pepe Cáccamo/Carles Arbat. Kalandraka, Pontevedra (2001) El pequeño Nicolás. Sempe / Goscinny. Edit. Alfaguara. O estanque dos parrulos pobres. Fina Casalderrey. Edit. Rodeira, A Coruña (1995) Unha raíña negra. Fina Casalderrey. Edit. Rodeira, A Coruña (2005 – 5ª edición) As de mosca para Anxo. Fina Casalderrey. Edicións Xerais de Galicia, Vigo (1998) O misterio dos fillos de Lúa. Fina Casalderrey. Edit. SM (1995) Tonecho de Rebordechao. Breogán Riveiro. Edit. Galaxia, Vigo (2005) Boris. Concha Blanco. Edit. Galaxia, Vigo (2004) Eu, coma sempre. Cándido Casal. Edit. Sotelo Blanco (2002) A verdadeira historia da mosca da tele. María Solar. Edit. Galaxia, Vigo (2012) O laboratorio do doutor Nogueira. Agustín Fernández Paz. Edicións Xerais de Galicia (1998) Tanis I, O Mocos. Manuel Lourenzo. Edicións Xerais de Gallicia, Vigo (1998) Estanislao, príncipe de Sofrovia. Manuel Lourenzo. Edicións Xerais de Galicia,Vigo.(2002) Florentino, o príncipe quino. Gloria Sánchez. Edicións Xerais de Galicia, Vigo (2010) O porco centelludo. Irene Pérez Pintos/Lázaro Enríquez. Xerais, Vigo (2003) As outras historias. Paula Carballeira. Edit, Galaxia, Vigo (2011) O aprendiz do home do saco. Antonio Reigosa. Edicións Xerais de Galicia, Vigo (2013) As viaxes dun can de palleiro. Pere Tobaruela. Edicións Sotelo Blanco (1999) A rutina corsaria. Jaureguízar. Edicións Xerais de Galicia, Vigo (1998) Balea morta ou lancha a pique!. Jaureguízar. Edicións Xerais de Galicia , Vigo (2002) Santos e defuntos. Gonzalo Navaza. Edicións Xerais de Galicia (2001)

Algúns enlaces para saber máis do humor na Literatura Infantil. Revista Barataria. El humor en la literatura infantil y juvenil: un asunto serio. Luis Pescetti. Apuntes sobre el humor, los niños y lo infantil. Peonza. Revista de literatura infantil y juvenil. Nº 86. El humor en la literatura infantil.


imaxe: galos (Šcriaturas)


Monogrรกfico

2 O HUMOR NA LITERATURA INFANTIL E JUVENIL PORTUGUESA CARLOS NOGUEIRA


O humor na literatura infantil e juvenil portuguesa Detalle de cartel publicitario: Plasma Phosphatado. Litografía a Cor, 1917 Empresa Técnica Publicitária. (Biblioteca Nacional de Portugal -Welcome Library Collection)

Texto: Carlos Nogueira

O

filósofo francês Henri Bergson publicou em 1900 três artigos sobre o riso na Revue de Paris, editados em livro nesse mesmo ano. As suas noções, muitas vezes exageradas e sobrevalorizadas, foram sucessivamente revistas, corrigidas e enriquecidas, mas cabe-lhe o mérito de ter sido o único na sua época a elaborar uma teoria geral do cómico, aplicável ao gesto, ao movimento, ao caráter, à ação e à palavra.


A essência do cómico está, segundo Bergson, na oposição entre o ser humano e a sociedade em que vive: “O que a vida e a sociedade exigem de cada um de nós é uma atenção constantemente desperta, pondo a claro os contornos da situação presente; uma certa maleabilidade do corpo e do espírito que nos ponha em condições de a ela nos adaptarmos. Tensão e elasticidade, eis duas forças complementares uma da outra que a vida faz entrar em ação”1. Recorde-se que a sua célebre tipologia – “cómico de situação”, “cómico de caráter” e “cómico de linguagem” – tem presidido a múltiplas propostas de análise minuciosa, sobretudo as que, na crítica literária portuguesa, têm incidido sobre a obra de Gil Vicente. Seguiu-se, em 1905, o sentencioso livro de Freud Der Witz und seine Beziehung Zum Unbewussten (O Chiste e a sua Relação com o Subconsciente). Nele, o autor, à força de querer atribuir a zombaria exclusivamente ao trabalho do subconsciente, acabou por esquecer a vastidão do cómico. As teorias sobre o tema evoluíram muito desde esses dois marcos, até se constituírem nos nossos dias numa autêntica indústria em crescimento contínuo, que inclui uma extensa organização profissional, o ISHS (International Society for Humor Studies), revistas académicas (Humor e Humor Studies), assim como numerosos e concorridos congressos anuais em lugares tão díspares como Birmingham, Sydney ou Paris. Para lá das diferenças individuais, responsáveis pela variação e vitalidade do riso, esta manifestação exclusiva do homem é, em grande parte, um ato sociocultural, cuja rede de significados depende dos códigos de comunicação de cada grupo. Donde a observação bergsoniana de que o homem não é apenas um “animal que ri” (homo ridens) ou que “sabe rir”, mas também um “animal que faz rir”2 (homo risibilis). Sempre que os padrões da risibilidade coletiva sofrem, em contexto literário, uma estilização programada em função de determinadas intenções autorais, gera-se um novo território de prazer e de descoberta de outros ângulos de observação do real.

O humor, que constitui para muitos estudiosos a forma mais refinada do cómico, não é fácil de definir. No vasto território coberto pelos termos humor ou humorismo, há espaço para matizes muito diversos e contraditórios. Segundo a perspetiva mais comum e mais abrangente, oriunda da Psicologia e extensível até à Literatura, o humor português, ou a graça portuguesa, é um sistema de signos organizados por uma imaginação jocosa menos intelectualizada e mais risonha do que o gracioso e elevado esprit francês, o humour cinicamente sério, cruel e calculado dos ingleses ou o humor sarcástico poucas vezes alegre da literatura espanhola3. Neste artigo procuramos identificar e discutir as principais características do humor da literatura infantil e juvenil portuguesa (que não se deixa definir em sínteses fáceis como as que enunciamos acima). Partimos da definição lata de humor enquanto processo cognitivo e emocional de construção de um objeto, e a partir daqui tentaremos determinar e compreender tanto quanto possível quer o que leva um autor a querer produzir humor nos seus textos (e que tipo de humor), quer as sensações e pensamentos desencadeados no receptor, quer ainda os efeitos produzidos, no plano das subjetividades (pessoais ou coletivas) e no das objetividades empíricas (referimo-nos aos sinais cinésicos imediatos, à comunicação corporal: gestos, movimentos, posturas e expressões faciais que revelam emoção, hilaridade, repulsa, reforço ou mudança de ideias ou comportamentos, etc.). Apesar da importância de que se revestiu a revista de Lisboa Biblioteca Familiar e Recreativa, Oferecida à Mocidade Portuguesa (duas séries, uma de 1835 a 1841, com oito volumes, a outra de 1842 a 1845, com dois volumes), é sobretudo em finais do séc. XIX, princípios do séc. XX, que começa a haver em Portugal (e um pouco por toda a Europa) uma preocupação efetiva com os textos destinados ao público infantil e juvenil. Mas o humor, seja o de situação, de caráter ou de linguagem, Revista Criaturas

19


não é ainda praticamente admitido nos livros de João de Deus (Cartilha Maternal, 1876), Guerra Junqueiro (Contos para a Infância, 1877) ou Antero de Quental (Tesouro Poético da Infância, 1883), nem nas versões de contos populares de Maria Amália Vaz de Carvalho (Contos para os Nossos Filhos, 1882), Ana de Castro Osório (Histórias Maravilhosas da Tradição Popular Portuguesa, s.d.; coleção Para as Crianças, 1897-1899) ou F. Xavier de Ataíde Oliveira (Contos Infantis. Coleção de Pequenas Narrativas Tendentes a Imprimir no Espírito das Crianças os Princípios mais Convenientes à Sua Educação Religiosa e Social, 1897). Entendia-se que as crianças e os jovens (aqueles que frequentavam a escola) deveriam receber ensinamentos morais e normas de conduta, não recrear-se a ponto de rir (a Nova Pedagogia instituída pelos vários governos da efémera Primeira República não puderam alterar, no essencial, esta visão). Escritora, professora, conferencista e feminista militante, Emília de Sousa Costa (1877–1959) ilustra perfeitamente este pensamento, que vigorou até à Revolução de Abril de 1974. Tanto nos contos da sua autoria como nas versões de contos tradicionais e de fadas, mas também nas obras mais extensas a que podemos chamar novelas juvenis ou memórias (ficcionais), Emília de Sousa Costa promove princípios morais, normas e padrões de comportamento considerados exemplares. Esta é uma literatura que visa, antes de mais, uma pragmática. Os livros da série Polichinelo são talvez aqueles que, de entre os textos mais extensos da autora, poderiam ainda hoje ser lidos com proveito por crianças e jovens. Polichinelo em Lisboa (1918), Polichinelo em Trás-os-Montes (1918) e Polichinelo no Minho (1921) são uma espécie de narrativas de aventuras em que a finalidade formativa aparece equilibrada por situações imprevistas que prendem a atenção dos

20 Revista Criaturas

leitores. O leitor, que acompanha, em cada uma destas obras, uma viagem de Polichinelo, Giorgio e o professor, é seduzido pelas notas relativas a paisagens, costumes, tradições, escritores e outras personalidades, monumentos e outros aspectos da história dos espaços onde a ação vai decorrendo. Apesar das constantes repreensões moralistas do adulto, há boa disposição e aprendizagem, mas o humor quase não existe, nem nas atitudes nem na linguagem. Acentua-se constantemente a dimensão didática e utilitarista destas narrativas, nas quais o narrador e os adultos aconselham e advertem, censuram e castigam os mais novos. O estilo da série Polichinelo, ora solto e familiar ora mais formal, permite a precipitação dos acontecimentos. As frases mais longas e espetaculosas do narrador ou do professor (“Uma fitazinha luminosa penetrava pelos interstícios da janela, fazendo revolutear, em sarabanda, uma poalha dourada”4) alternam com as falas de Polichinelo, cujo humor (se assim se pode dizer) é claramente regrado: “Venha um beijinho, que estou curado deste, paizinho do mais meigo dos bonecos! – galhofou Polichinelo”5. Mas esta não era a posição de Aquilino Ribeiro (1885-1963), que em 1924 publicou aquele que é um dos grandes clássicos da literatura para a infância e a juventude: o Romance da Raposa. É um livro, improvável na época em que apareceu, que está bem dentro do espírito de toda a escrita de Aquilino. Nesta obra, livre de moralismos e preocupações estritamente formativas, o autor expõe uma experiência que tem tanto de desconforto e indignação perante todos os tipos de injustiça e perante as ingerências do ser humano na natureza e no ambiente como de deslumbramento perante a beleza do mundo natural e de esperança num tempo livre dos totalitarismos e da ignorância do humano sobre o não humano. A célebre de-


finição de André Breton – “révolte supérieure de l’esprit” – acentua bem o caráter aberto do humor de Aquilino, neste livro mas também na Arca de Noé, III Classe (1936) e n’O Livro da Marianinha (1967); um humor sem limites nem imposições de qualquer espécie, que liga o corpo e a inteligência do leitor ou do ouvinte. O humor de Aquilino, que se vê em personagens e em cenas mas sobretudo na linguagem, é sempre um ato estético, vinculado a uma característica essencial da linguagem poética: a sua funcionalidade própria e o seu fechamento, condições imprescindíveis para a autonomia artística e discursiva do texto. A função estética prende-se com a utilização da palavra como objeto, com a capacidade do significante suplantar o significado e produzir literariedade, através da sua materialidade, densidade e estranhamento. No incipit do Romance da Raposa atualiza-se imediatamente este princípio: “Havia três dias e três noites que a Salta-Pocinas – raposeta matreira, fagueira, lambisqueira – corria os bosques, farejando, batendo mato, sem conseguir deitar a unha a outra caça além duns míseros gafanhotos, nem atinar com abrigo em que pudesse dormir um soninho descansado”6. Nesta inscrição no literário que se vale do humor adquirem relevo particular o prazer articulatório da linguagem (muito mais do que a sua decifração referencial), mais ou menos intensificado pela especificidade da arte poética convocada, e a perceção da vertente marcadamente ficcional do texto. Esta perceção liga-se ao conceito de fingimento artístico enquanto modelação estético-verbal que constrói um mundo imaginário, detentor de uma verdade imanente e intrínseca. N’O Livro da Marianinha, em que se ouve o eco das rimas infantis e de outros textos tradicionais populares, que Aquilino conhece e recria com a mestria da tradição oral, é ainda mais saliente o jogo de um humor que promove a fantasia e a evasão, o prazer e a liberdade; um humor que contraria os preconceitos mais

enraizados no indivíduo e na sociedade, e que, fundindo realidade e imaginação, dá ao leitor (ou ao ouvinte) a possibilidade de contrariar a sua solidão, revertida em espanto, admiração e euforia perante um mundo complexo e continuamente desafiador: “– Serrobico, Serrobico,/ Com esse pontudo bico,/ farda de general/ e uma petulante crista/ de ministro ou flautista,/ a gula não desarmas”7. Os livros de Aquilino Ribeiro constituem uma exceção no que diz respeito ao humor (e não só) na literatura infantil e juvenil portuguesa do séc. XX. Com Virgínia de Castro e Almeida (1874-1945), que foi primeiro partidária do “ideário iluminista positivista da Primeira República”8 e depois defensora convicta do Estado Novo, o humor volta à literatura produzida pensar no público mais jovem, mas em termos muito diferentes dos de Aquilino Ribeiro. No “Prefácio” do romance juvenil (ou infanto-juvenil) História de Dona Redonda e da Sua Gente (1942), a autora refere-se com convicção a esta atitude de espírito e de linguagem, e confessa que é seu objetivo “criar uma obra que tenha sobre os pequenos portugueses o efeito e a influência que Alice in Wonderland teve e tem sobre aqueles para quem foi escrito”9. Nesta fase Virgínia de Castro e Almeida já deixara, segundo as suas próprias palavras, o “patético dogmatismo” que a levara a afirmar, num outro prefácio de um seu livro, mais de trinta anos antes: “Não contes nem deixes contar ao teu filho histórias inverosímeis… Divertir as crianças é povoar-lhes a imaginação de fantasias mentirosas”10. O maravilhoso “foi-se-lhe revelando a pouco e pouco através de muitos e muitos anos de vida intensamente e duramente vivida”, e a leitura das obras de Lewis Carrol Alice’s Adventures in Wonderland (1865) e Through the Looking-Glass and What Alice Found There (1871) fez com que ela se rendesse ao nonsense e ao “mais subtil sense of humour, – essa tábua de salvação ou válvula de segurança do convencionalismo inglês”11. Revista Criaturas

21


Virgínia de Castro e Almeida parece estar mais do lado daqueles que, como o brasileiro Sílvio Romero, veem nos portugueses um povo cultor da “rude chalaça e da pilhéria sem elevação” e incapaz do “riso delicado e artístico”12. Por isso, com a História de Dona Redonda e da Sua Gente, a autora não pretende uma inflexão brusca e integral do riso nacional, já que, “Nós, os latinos, tão hábeis na piada ou no jeu de mots, entendemos dificilmente o humour, essa varinha de condão que toca nas almas simples e robustas e provoca o lindo fogo de artifício do riso sem malícia”13. Virgínia de Castro e Almeida quer que a “História de Dona Redonda seja um ensaio de humour ao alcance das crianças latinas”14, e quer ainda que o livro seja “um ensaio de princípios tónicos, estimulantes e duros, adaptados aos tempos modernos nos quais a Vida toma imprevista feição e as lutas são já diferentes das que se pelejavam há pouco; princípios que arvoro em contraposição à moral adocicada, à goody-goodyness já dessorada e sem efeitos construtivos, mas que ordinariamente envolve e domina ainda a nossa literatura infantil”15. História de Dona Redonda cumpre, enquanto texto atravessado pelo cómico, o destino que Virgínia de Castro e Almeida lhe quis atribuir. Nesta obra, mais do que o humor fino

22 Revista Criaturas

ou discreto, encontramos o chiste, a piada, o comentário de que se espera uma risibilidade aberta, e vemos, em todos estes registos, um certo grau de orgulho, ambição, violência e autoridade que se liga a uma vontade de educar mais energicamente e de afastar a “moral adocicada”16. Não sabemos se esta escritora conhecia as opiniões de Bergson e de Freud sobre o riso (a que aludimos acima), nem sabemos se procurou compreender o efeito do humor dos seus textos (ou de outros) junto dos leitores. Mas parece óbvio que reconhecia e valorizava a marca comum a todo o tipo de humor: a percepção súbita de uma incongruência entre duas realidades distantes ou dissemelhantes, para sintetizarmos o que Schopenhauer disse sobre o humor no livro O Mundo como Vontade e Representação (1819); ou, dito de outro modo, “a ruptura do determinismo”, na expressão de Jean Fourastié, que vê numa manifestação de humor uma inflexão súbita no curso habitual dos acontecimentos, determinada por um impulso momentâneo, um corte (“Le rire naît d’une rupture de déterminisme. On s’attende à une chose, une autre survient”)17. Não por acaso, portanto, o humor, na História de Dona Redonda e da Sua Gente e nas Aventuras de Dona Redonda (1943) inscreve-se diretamente numa das áreas mais universais do cómico: o burlesco, que desconstrói os jogos de poder e engano, e cuja ação, atuando sobre a integridade física, a moral e as palavras, é total. Vejamos um exemplo, retirado das Aventuras de Dona Redonda: Sarapantão, uma personagem que representa o capitalismo (e é ridicularizada logo a partir do nome), esforça-se por convencer Dona Maluka a vender-lhe uns versos que ela inventara de repente e a trabalhar para ele como “principal figura” da sua publicidade. Perante a insistência dele, que usa frases como “Sou tenaz na minha vontade”18, a resposta é contundente: “Dona Maluka levantou o braço e ouviu-se um estalo… mas um estalo de tal ordem que mais parecia a explosão de um morteiro. E o Sarapantão foi projetado contra a parede uivando


de dor e com ambas as mãos apertadas contra a bochecha esquerda”19. Humor (burlesco) pelo humor, mas também um humor satírico que visa combater o poder, o dinheiro, a sociedade mercantilista, a “vaga de materialismo e de positivismo na qual os homens do século XIX se afogaram”20. O humor, que nega a lei, explora a amplificação das consequências da rigidez do normativo; e percorre um caminho que conduz inevitavelmente a um ponto de ruptura, a uma crise de perspetivas que confronta a lei com o seu absurdo. É em grande parte o humor que faz com que estes livros de Virgínia de Castro e Almeida, que de outro modo seriam ilegíveis para crianças e jovens, não sejam apenas mais dois livros para adultos destinados a leitores infantis e juvenis por erro ou teimosia. O humor destas obras, visível, como no exemplo que vimos, nas ações das personagens e na linguagem, está, antes de mais, como n’As Aventuras de Alice no País das Maravilhas (1865), no nonsense. Tudo é possível nestes livros, que surgem como uma reação à “moral adocicada” da literatura infantil e juvenil portuguesa, para retomarmos a expressão de Virgínia de Castro e Almeida no “Prefácio” da História de Dona Redonda e da Sua Gente; uma reação, também, como escreveu Miguel Esteves Cardoso a propósito de Alice no País das Maravilhas, “Ao tédio da vida e dos livros infantis”21 (recordemos que Alice, no início da narrativa, ainda tentou ler o livro que a sua irmã lia, mas desinteressou-se rapidamente, porque nele não havia imagens nem diálogos). Mas não nos iludamos demasiado relativamente à oposição da autora à “moral adocicada”, porque, apesar do humor pronunciado e saudável, estes dois livros de Virgínia de Castro e Almeida não deixam de promover uma moral; e essa moral é a do Estado Novo, que nestas obras surge camuflada (mas não menos atuante) pelo maravilhoso, que, como bem mostrou Manuel António Teixeira Araújo no estudo A Emancipação da Literatura Infantil, atrás citado, “corresponde a uma pretensa despolitização do texto, afinal

conformado às estratégias (…) do discurso salazarista”22. Nestes livros tudo é possível, dizíamos: personagens humanas interagem com animais que falam, incluindo seres da mitologia, como um dragão, Dona Redonda fica do tamanho de uma formiga e entra num formigueiro, Bruno e Iria fazem uma viagem no tempo acompanhados pelo Tempo, etc. Podemos perguntar que sentido faz todo este sem-sentido quer para um leitor jovem da década de 40 do século passado, quer para os leitores das décadas seguintes. A memória (possível) da nossa própria experiência de leitura infantil e juvenil ajuda-nos a dar uma resposta, mas temos estudos sobre experiências de leitura a que recorrer. Baseada em inquéritos, entrevistas e grupos de discussão, a tese de doutoramento A Descriptive Study of How Humor in Literature Serves to Engage Children in their Reading (The Ohio State University, 2003), de Matthew David Zbaracki, sublinha a importância do inesperado das aventuras e do humor, que mantém o interesse da leitura porque dele advém o poder de visualização e de presentificação das personagens e dos acontecimentos. “As crianças precisam de ser espantadas. Pode ser por maravilha. Ou medo. Ou curiosidade”23. Estas palavras de Miguel Esteves Cardoso, no posfácio a uma edição portuguesa de Alice no País das Maravilhas a que já nos referimos, são um bom mote para a continuação desta nossa

Revista Criaturas

23


síntese das manifestações e dos significados do humor na literatura infantil e juvenil portuguesa. Depois de Aquilino Ribeiro e, em parte, de Virgínia de Castro e Almeida, podemos dizer que só com o 25 de Abril de 1974 passa a ser possível deslumbrar de novo os leitores mais novos através do humor. Seria injusto dizer que antes de Aquilino não havia riso nos textos literários dirigidos à infância e à juventude, mas não há dúvida de que é ele quem, em Portugal, primeiro põe em prática na literatura infanto-juvenil uma verdadeira explosão carnavalesca de energias interiores essenciais à vida. Aquilino Ribeiro não se submeteu ao contexto sociocultural, político e religioso que determinava o controlo dos vários registos do cómico na literatura de receção infantil e juvenil, e é, por isso, o grande antecessor de escritores que, a partir das décadas de 70 e 80, alguns com uma carreira que chegou até ao séc. XXI, fazem de cada um dos seus textos um encontro lúdico de prazer e conhecimento. E é assim porque esses autores são capazes de criar um magnetismo que vem muito da linguagem e das atitudes de espírito dos narradores ou das personagens; um magnetismo que se materializa num riso que ora é sobretudo um fim em si mesmo (o que já não é pouco), ora acompanha uma das missões mais antigas e elevadas da literatura: a crítica social, a denúncia das injustiças e a construção de um mundo mais humano. Estes elementos aparecem sempre na medida certa, às vezes quase imperceptivelmente, às vezes mais dilatados mas nunca ostensivos nem demasiado azedos, e em muitos casos nada ficam a dever em qualidade ao chamado humor britânico. Em António Torrado (1939), por exemplo, o humor acompanha sempre a ironia e a sátira, dando-lhe ares de inteligência e racionalidade. Num conjunto muito significativo de textos deste escritor temos a valorização dos desprotegidos e marginalizados, e a ridicularização dos poderosos, como o nobre de Dom Pimpão Saramacotão e o Seu Criado Pimpim (1985) e o rei de Zaca Zaca (1987). O primeiro parágrafo

24 Revista Criaturas

de Dom Pimpão anuncia bem o tom do texto, que se vai ocupar da desfiguração caricatural burlesca da personagem “nobre” do título: “Dom Pimpão Saramacotão era um grande e nobre senhor, de imensos bigodes fartos e ar de nenhuns amigos. Tinha um enorme castelo, onde vivia. E tinha muitas terras à volta: pinhais, trigais, milheirais, hortas, bosques, pomares e muito dinheirame arrecadado à beira de sobreiros, que só ele sabia quais eram, ora pois”24. No verso, podemos ter o improviso irreverente dos poetas populares, como em Zaca Zaca (canta Tibúrcio: “Havia um rei doutro tempo/ que comia todo o tempo/ alheio ao pouco sustento/ de quem de seu tinha pouco.// Era o rei um talharoco/ de tudo gostava muito/ de nada gostava pouco,/ mas por ovos era louco.// Vejam que teve o descoco/ de molestar mais o povo/ com um estranho imposto novo:/ por cada cidadão, um ovo”25). Também Álvaro Magalhães (1951) é exímio na construção de um humor que é, muitas vezes, subtil, mas que não deixa de ser compreendido e suscitar o pensamento reflexivo e problematizante sobre temas muito sérios. Nos Contos da Mata dos Medos, série de quatro narrativas publicada entre 2003 e 2010, o Chapim explica nestes termos aos outros ani-


mais o que é morrer: “– O problema é esse: nunca mais vai [a coruja] a lado nenhum. (…) Morrer é isso: nunca mais ir a lado nenhum”26. Nesta definição, ele lamenta e simultaneamente aceita o ciclo de vida e de morte. Esta leitura configura uma tese cuja clareza de expressão contrasta com a obscuridade de muitas teorias filosóficas que sustentam a mesma ideia: morrer é ficar parado, “sem se mexer”27, é deixar de existir. O humor é a tonalidade que acompanha, discretamente mas em profundidade, estas meditações: um humor inteligente e perturbante que dialoga com a ironia e até com o riso satírico (na caricatura do caçador, que representa a absurda e irracional ferocidade humana contra a natureza animal); um humor que, um pouco à maneira surrealista, pode desafiar o destino e a ordem cósmica: “– E eu escapei por pouco – acrescentou o Coelho. – A esta hora, onze menos um quarto, podia ser um coelho morto”28. A grande literatura infantil e juvenil portuguesa é, como qualquer literatura, linguagem sem qualquer limitação ou censura. Ao humor que a anima deve-se muita da sua liberdade humanista sem fronteiras, da sua autonomia absoluta, da sua heterodoxia escandalosa e subversiva da falsa civilidade (social, cultural, religiosa, política, etc.).

- Notas-

1 O Riso. Ensaio sobre o Significado do Cómico, 2.ª ed., tradução de Guilherme de Castilho, Lisboa, Guimarães Editores, 1993 (1.ª ed., 1900), pp. 26-27. 2 O Riso. Ensaio sobre o Significado do Cómico, p. 18. 3 Néstor Luján, O Humorismo, Rio de Janeiro, 1979, p. 91. 4 Emília de Sousa Costa, Polichinelo no Minho, ilustrações de Alfredo de Morais, Livraria Clássica Editora, Lisboa, 1921, p. 30. 5 Idem, p. 93. 6 Romance da Raposa, ,ilustrações de Benjamim Rabier, Venda Nova, Bertrand Editora, 1961, p. 13. 7 O Livro de Marianinha, ilustrações de Maria Keil, Venda Nova, Livraria Bertrand, 1967, p. 33. 8 Manuel António Teixeira Araújo, A Emancipação da Literatura Infantil, Porto, Campo das Letras, 2008, p. 183. 9 6.ª ed., Lisboa, Clássica Editora, 1987, p. XI. 10 Idem, p. VII. 11 Idem, p. X. 12 Carlos Duarte, A Graça Portuguesa, Lisboa, Livraria Clássica Editora, 1923, p. 8. 13 História de Dona Redonda e da Sua Gente, p. X. 14 Idem, p. XI. 15 Idem, pp. XI-XII. 16 Idem, p. XII. 17 Jean Fourastié, “Réflexions sur le rire”, in Diogène, n.º 121, 1983, p. 132. 18 5.ª ed., Lisboa, Clássica Editora, 1990, p. 125. 19 Ibidem. 20 “Prefácio”, in História da Dona Redonda e da Sua Gente, p. VII. 21 Miguel Esteves Cardoso, “Posfácio”, in Lewis Carrol, As Aventuras de Alice no País das Maravilhas, tradução e notas de Margarida Vale do Gato, pinturas de Diogo Muñoz, fotografias de António Homem Cardoso, s.l., Zero a Oito, 2010, p. 95. 22 P. 184. 23 Miguel Esteves Cardoso, “Posfácio”, in Lewis Carrol, As Aventuras de Alice no País das Maravilhas, p. 94. 24 António Torrado, Vem Aí o Zé das Moscas e Outras Histórias, ilustrações de Maria João Lopes, Porto, Livraria Civilização Editora, 2006, p. 25. 25 António Torrado, Zaca Zaca, Lisboa, Edições Rolim, 1987, pp. 34-35. 26 Um Problema Muito Enorme – Novíssimos Contos da Mata dos Medos, ilustrações de Cristina Valadas, Cacém, Texto Editores / Câmara Municipal de Almada, 2008, p. 52. 27 Idem, p. 53. 28 Ibidem.

Revista Criaturas

25


Imaxe: Open mic de Ed Schipul (2007)


Monogrรกfico

3 O QUE SE AGACHA TRAS A RISA TEXTO: MIGUEL VรZQUEZ FREIRE


“O que se agacha tras a risa” Notas arredor do teatro de Paula Carballeira

Representación de O refugallo (de Paula Carballeira) por Berrobambán no ano 2013. Foto de culturagalega.gal

O

Texto: Miguel Vázquez Freire

teatro é un xénero mal tratado (mesmo maltratado) e non só no ámbito da literatura infantil. As editoriais, con boas razóns, considérano un produto dificilmente vendible. Os prescritores lémbranse raramente dos textos dramáticos á hora de recomendar lecturas e nas bibliotecas, escolares e públicas, por non falarmos das privadas familiares, ocupan sempre un lugar marxinal. Por fin, os grupos teatrais escolares (que son máis numerosos do que se pensa) adoitan recorrer ás fotocopias. Destas premisas conclúese que comprometerse na escrita do xénero teatral ten algo próximo ao heroico. A heroína de que nos imos ocupar é unha das máis teimudas cultivadoras do xénero: falamos de Paula Carballeira.


Paula Carballeira Título: Boas noites

Título: O lobishome

Título: O refugallo

Idade: a partir de 7 anos.

Idade: a partir de 7 anos.

Idade: a partir de 7 anos.

Ilustrador: Noemí López.

Ilustrador: Pablo Otero.

Ilustrador: Dani Padrón.

Editorial: Xunta de Galicia / Xerais. Biblioteca Dramática Galega.

Editorial: Planeta Oxford. Colección Camaleón.

Editorial: Xunta de Galicia / Xerais. Biblioteca Dramática Galega.

Dirase que a súa teima ten explicación ben doada. Paula é tamén intérprete e directora de espectáculos teatrais, animadora xunto con Chiqui Pereira do grupo Berrobambán, ademais de afamada contacontos. Non comparto eu a concepción, que nalgún intre tivo certa acollida no espazo crítico galego, segundo a cal a debilidade da nosa escrita dramática tería que ver coa preferencia dos grupos teatrais por recorrer a operacións de dramaturxias de textos

ou historias non concibidas inicialmente para a representación. Un punto de vista que fai esquecemento da historia do teatro, coma se Shakespeare non fose el mesmo, ademais de autor, actor e director dunha compañía. Cómpre mellor laiarse de que a ampla e valiosa obra de autores vinculados a grupos teatrais, como Paula Carballeira, atope dificultades para pasar das táboas ao libro. Aquí ocuparémonos dos únicos tres (deixamos de lado tanto os dirixidos ao Revista Criaturas

29


público adulto como A cabana de Babaiagá, adaptación dun conto popular ruso) que viron a luz, prescindido da súa extensa obra inédita. Sen dúbida, o humor é un dos recursos fundamentais do teatro dirixido á infancia e nestas tres obras está ben presente. Un humor que se sostén tanto no xogo verbal como nun intelixente dominio dos recursos escénicos, remitindo neste último caso a figuras xestuais que, naturalmente, o texto só suxire porque ha ser a realización escénica quen materialice esa suxestión. Cando falamos de xogo verbal cómpre advertir que non se debe confundir co “chiste”, a broma graciosa que, non estando de todo ausente, case nunca ocupa o primeiro plano nos textos de Carballeira. Estes constrúen espazos dialóxicos onde se xoga con varios niveis de tensións contraditorias das que se fará nacer a risa.

Está, en primeiro lugar, a tensión entre o que cada personaxe dialogante quere amosar e o que quere agochar. Así, en Boas noites temos a unha nena que non quere durmir por non desaproveitar o tempo e empregalo en xogar; e a Pedro Chosco, cuxo traballo é xusto facer que a nena durma. “Pois eu

30 Revista Criaturas

non quero durmir”. “Pois tes que durmir”. “Pois non”. “Pois si”. N’O lobishome, un cazador e unha cazadora de lobishomes que non queren recoñecerse entre eles. “Estás esperando a alguén”. “Non, non, pasaba por aquí”. “Aquí? No medio da nada?”. “É un sitio ben bonito. Co seu cruceiro e... (decátase de que non hai nada máis) co seu cruceiro.” Finalmente, n’O refugallo esa tensión acada a máxima complexidade e abstracción porque nos sitúa entre a realidade de quen nada ten (cada un dos nenos protagonistas só é posuidor dun obxecto) e a infinda potencia da imaxinación e o desexo. O refugallo, onde viven, é “un monstro que cheira mal” pero é tamén “a nosa casa”. E aquí a risa fica xa embazada, coma se non soubese se é ese o seu lugar. Porque o humor de Paula Carballeira de ningún xeito se deixa levar pola facilidade das figuras superficiais do ridículo (esa risa que se alimenta da burla do outro) nin elude afrontar a dureza do real, aínda que esta poida chegar a limitar o estourar da gargallada. Ben ao contrario, a súa obra amósase coma un excelente exemplo de como é posible comunicar cos nenos e nenas sen menosprezalos senón dignificando a súa intelixencia. Ou de como baixo a risa se poden agochar cousas moi serias. No universo dramático de Paula Carballeira o real cotiá convive coas presenzas simbólicas do fantástico, nunha nova tensión que non só devén motor do xogo cómico senón que ademais se traduce nunha lúcida e crítica revisión das convencións sociais que afogan as potencias do imaxinario. Nunha dialéctica con recoñecibles ecos do teatro do absurdo, os personaxes infantís resístense a deixárense someter pola lóxica dos mandatos adultos, coma acontece de


xeito evidente en Boas noites, onde a nena protagonista opón o tempo libre do xogo ao tempo acoutado que os pais lle queren impoñer. Mais o que nesta peza pode verse aínda como unha simple variante do ideal peterpanista (co Monstro dos medos infantís lembrando ao pai que tampouco el ten por que renunciar a volver a xogar), nas dúas restantes acada unha dimensión máis ampla. É a tensión final entre a palabra mesma, a linguaxe, co seu potencial produtivo, inventivo, e as resistencias do real codificado. Así, vemos aos dous cazadores d’O lobishome atrapados na súa función baldeira de axexadores do monstro, cal novos Vladimir e Estragón, recoñecer: “Abúrrome”, “Eu tamén”. A referencia a Beckett é aínda máis notoria n’O refugallo, prodixiosa (por dificilmente concibible a priori) translación ao universo infantil do nihilismo devastador de Ou, os fermosos días do mestre irlandés. As palabras son o poderoso refuxio fronte á privación dun mundo onde nada hai senón restos dunha abundancia pasada. Os nenos d’O refugallo cantan unha canción

para viaxar aínda que sexa a modiño, como as tartarugas. “E onde?”, “Onde queres ir?”, “Non sei”, “Aquí estamos ben”. Tamén eles cansarán de seren tartarugas e aparecerá o aburrimento. E de novo acudirán á palabra para fuxir, para viaxar nun barco imaxinario dirixido polo neno pirata Lustrecú. Cantando: “Que máis ten, / que nos importa / o lugar, / o que nós queremos / é viaxar / entre o refugallo / e poder escapar.” A risa, como a linguaxe, é tamén un medio para escapar. Mais, Paula Carballeira nolo demostra, sen por iso dar costas á dureza do real. A linguaxe e a risa como medios para escapar dos códigos inanes e embrutecedores das rutinas sociais. Como lle di o pequeno vampiro Ludovico ao seu irmán Anastasio: “Non sexas bruto, pareces un humano!” A risa do teatro de Paula ben pode ser unha contribución para sermos humanos menos embrutecidos.

Revista Criaturas

31


Imaxe: Tres actores representando un drama, tinta sobre tĂĄboa 1857 (autorĂ­a: Kunisada)


Monogrรกfico

4 AS VERTENTES DO HUMOR NO TEATRO INFANTIL E XUVEIL CONTEMPORรNEO TEXTO: ROBERTO PASCUAL


As vertentes do humor no teatro infantil e xuvenil contemporáneo

‘The merry Andrew’ por W.J. Taylor. 1792. (Welcome Library Collection)

Texto: Roberto Pascual

O 34 Revista Criaturas

humor é en todos os contextos e en todas as súas vertentes, unha poderosa ferramenta comunicativa e emancipadora. Canto máis diversos son os usos e tipoloxías humorísticas que emprega a escena para o público familiar ou infanto-xuvenil, máis eficaz acostuma ser o encontro escénico en termos de fomento do pensamento crítico, desmitificación, transgresión ou enfoque creativo arredor de temas decotío afastados da educación, protexidos da mirada infantil ou connotados con valores negativos e polo tanto comunmente prexulgados como inapropiados, feos, toscos ou mesmo traumatizantes.


O desenvolvemento do sentido do humor leva da man o da intelixencia, o respecto e a autoestima, como ten amosado e explicado, por exemplo, Ángel Calvante, director andaluz de obras como La vida de un piojo llamado Matías ou El fantástico viaje de Jonás el espermatozoide, a través dos códigos escénicos do xénero dos monicreques, o teatro físico, a música e a normalización de conceptos e expresións vinculadas á sexualidade, onde o humor non consiste na risa pacata sobre a denominación das personaxes e dos espazos dramáticos, coma o “pantano vaxina” ou o “testículo esquerdo”, senón que a risa vén dada polas peripecias de elementos maioritariamente eufemísticos tratados con normalidade no xogo escénico. Nestas breves liñas, daquela, queremos dar a coñecer algúns dos usos máis innovadores do humor que o público miúdo poderá atopar nos escenarios hoxe e, polo tanto, que responden tamén á arte escénica máis sorprendente, experimental ou evolucionada. Fóra de toda dulcificación e asepsia está a obra dramática da quebequesa Suzanne Lebeau, unha das autoras máis recoñecidas e estimulantes da literatura dramática infantil actual e cuxa obra O ogrocho chegou á escena galega da man de Teatro de Ningures. O humor negro mestúrase coa tenrura e situacións poéticas dun protagonista que desexa superar as tres probas que lle permitan superar a súa ogridade e así non vivir refuxiado coa nai na soidade do bosque. Os desafíos dun personaxe que comparte a idade do espectador, as súas incertezas, os seus desexos e curiosidades, son aquí amosados dende o extremo dun personaxe que se move entre a subversión e o desexo por conquistar autonomamente o saber: “Por que estás a mirarme outra vez con eses ollos que fan as preguntas e ao mesmo tempo dan as respostas?” (replícalle o ogriño á súa nai) e, por outra banda, un humor terrorífico que evidencia o desexo da autora por transcender as fronteiras do politicamente correcto á vez que

entronca a violencia implícita e ameazante das forzas antagonistas da tradición popular coa forza da liberdade de se encontrar e dominar todo o salvaxe. Deste xeito remata a peza: “para termos ocupadas as mans e a mente, Pamela e mais eu modelabamos dediños gordos do pé coa cera das candeas [...] A deda gorda de Pamela, a verdadeira, mordina, pero non a traguei. Consérvoa no peto coa pinguiña de sangue seco que non quere desaparecer.” Sobre a(s) monstruosidade(s) e o descubrimento e superación das fontes do medo tamén fala Ra, ra, ra de Cańdido Pazó, se ben o humor principalmente recae na metateatralidade, elemento recorrente na obra do autor e na dos sistemas artísticos, coma o de Lebeau, que procuran a renovación da escrita poñendo en crise a cuestión da ilusión teatral. Deste xeito, a personaxe da Corrente adoptará o brechtiano rol de narradora, empregando a ironía ou apelando á complicidade do espectador: “A noite non sempre é escura, o que sempre é escuro é o medo” ou “son as vantaxes que ten isto do teatro, que o público ve máis e sabe máis que as personaxes”. Rir co espermatozoide ou co piollo e non del, rir da desgraza máis tétrica, espertar a consciencia de que o teatro é un artificio lúdico que nos esperta o sorriso e a comprensión das inxustizas, do intrigante ou simplemente enfrontarse a aquilo para o que ás veces non hai unha soa e certa explicación, son os convites que nos fan estas novas e refrescantes escenas de humor diverso, dende Abrapalabra a Tanxarina, dende Suzanne Lebeau a Cándido Pazó.

Revista Criaturas

35


Imaxe: Tres membros da Comisi贸n da Campa帽a contra a Malaria levando o seu equipo. Amedeo John Engel Terzi. 1900 (Welcome Images - London) Revista Criaturas

36


Monogrรกfico

5 DE CANDO O HUMOR VOLVEU PARA QUEDAR TEXTO: MONTSE PENA PRESAS

Revista Criaturas

37


De cando o humor volveu para quedar na literatura infantil e xuvenil (con Roald Dahl e Christine Nöstlinger ao fondo) ‘Home moendo cacao’ por Nicolas de Blegny. 1687. (Welcome Library Collection)

Texto: Montse Pena Presas

“Con los libros me pasa un poco lo mismo: estoy dispuesta a contemplar cualquier posibilidad, a tragarme kilómetros de frases, a condición de que el texto muestre un desfase con lo cotidiano, de una manera u otra. El humor es mi segundo aliado, si es gracioso, consigo leer...” -Agnès Desarthe. Cómo aprendí a leer-


A

cita que precede este artigo é da autora francesa Agnès Desarthe, para min descoñecida ata que caeu nas miñas mans esa marabilla que é Comment j'ai aprris à lire, unha obra cunha grande parte autobiográfica na que, esa muller que hoxe escribe volver ser a nena que foi. Unha rapaza que odiaba ler, que desprezaba mesmo esta actividade e que non entendía o pracer que outras persoas da súa familia atopan en debullar letras como se fosen mazarocas de millo e que pasaban páxinas ata que o libro só quedaba en carozo, esencia da historia que se gozou. E á moza Agnés, ademais da fantasía, houbo algo que indubidablemente a achegou finalmente ao goce da literatura: a posibilidade de sorrir, de rir, a través do que outra persoa escribía. Quizais porque o vencello con alguén que provoca en nós a gargallada ou o sorriso tímido é dificilmente substituíble, como se unha intimidade inquebrantable se formase nese momento en que dous humores, ou o que é o mesmo, dúas sensibilidades, se atopan. Mais en realidade, a sensación experimentada por Desarthes debese ter tida en conta cada vez que os mestres e as profesoras tentamos que a rapazada goce da lectura, sobre todo porque, se o riso é contaxioso, tamén o pode ser a lectura, ou porque, como nos lembra Cervera (1991: 78): “el humor es tan comunicativo, que cuando el niño 'aprende' un chiste, o una

adivinanza, lo repite inmediatamente a otros niños o adultos de su confianza”. O mesmo ocorre coas obras humorísticas, cando unha cativa se divirte con elas, prodúcense dúas situacións: por unha banda deixa pouso en ela mesma (a historia repítese para unha) e pola outra, a lectura adquire o seu carácter máis social. Compártese o que se gozou, para revivilo. Porén non sempre ás nenas, aos nenos, se lles deu a posibilidade de rir na literatura infantil e xuvenil. O humor estaba xa en moita literatura popular -e cómpre non esquecer que boa parte da literatura para a infancia provén desa póla, tamén marxinal, dentro do universo literario- e alí manifestábase, en non poucas ocasións, na súa forma máis irreverente e dura: o humor negro. Non por acaso, os primeiros pedagogos axiña se encargaron de prohibir as historias de cerna popular como lectura das nenas e mozos, quizais porque os achegaban a dúas cuestións controvertidas, como eran o mal nas súas diferentes manifestacións e a liberdade (Carranza, 2009: 258). A pesar disto, existiron unha serie de obras que superaron esas barreiras e seguiron amosando que o riso supoñía un xeito de enfrontarse á realidade. Quizais os exemplos máis paradigmáticos, dende diferentes perspesctivas sexan As aventuras de Pinocho de Carlo Collodi, Alicia no país das marabillas de Lewis Carroll e os

39

Revista Criaturas Imaxe: EFStig (2012)


versos satíricos protagonizados polos pícaros Max e Moritz creados por Wilhem Busch. Aínda así, tratouse de illas que, inda sendo moi significativas, non conseguiron transformar a concepción xeral que se tiña da LIX como unha ferramenta para educar moralmente á infancia e a mocidade. Así, non foi ata os anos 60 do S. XX cando os textos para mozas e nenos se liberaron de maneira colectiva da súa carga moral máis forte, como resultado dos ideais xurdidos no maio do 68. Nesta etapa, as obras pareceron unirse na tarefa de buscar a praia debaixo dos adoquíns, desterrando así os vellos valores -esa idea de que a literatura para infancia era practicamente un manual de comportamento para cativos obedientes- para que a fantasía e a problemática das relacións persoais comezasen a ocupar o primeiro lugar como materia narrativa. A importancia de poñer palabras aos problemas, a tentativa de negociar a autoridade, a adaptación aos cambios e a minimización da fronteira mundo adulto/ mundo infantil serán moitos dos novos valores que proclamarán os textos. En consonancia con isto, temáticas anteriormente non tratadas por considerárense inadecuadas para este público, como o amor ou a guerra, e outras non abordadas por pensárense inapropiadas, como os conflitos ou a escatoloxía pasarán a ser agora as protagonistas (Colomer, 1998: 109-110). E por riba de todas elas, a imaxinación e o humor coparán case todas as ficcións, nunha sorte de feliz revolución silenciosa. Quizais, unha maneira de dotar ao lectorado con instrumentos con que afrontar a realidade, amosada agora con todas as súas caras e os seus matices, sen a tona protectora doutros tempos. Dentro do panorama renovador que se inicia nesta etapa, hai un nome que se erixe como pioneiro desta revolución do humor1, presente

40 Revista Criaturas

en moitas das nosas biografías lectoras cando pensamos naqueles textos que, nalgún momento, provocaron en nós o engado do sorriso. Por iso, pronunciar o nome do británico Roald Dahl (Gran Bretaña, 19161990) é convocar todo un abano de sensacións para aquelas que nalgún momento nos fixemos comedoras de palabras porque conseguimos crear intimidade cun dos seus textos. Como sinalou Martín Ortiz (2009: 88-89): El humor es una de las piezas clave en la literatura de Dahl. El autor, reflexionando sobre su propia creación, reconoce cómo el elemento humorístico es fundamental para el lector infantil. A través de esta vía el autor establece una complicidad con el niño, le hace guiños desde las páginas de los libros, establece una relación de empatía con él, y de esta forma el adulto/escritor ya no pertenece al mundo de los enemigos/ adultos, presidido por la corrección y la seriedad, caracterizado por las normas que hay que acatar- donde se incluyen los profesores y los padres- sino que pasa a formar parte del universo infantil... Nesta altura son xa moitas as páxinas escritas sobre como o autor galés manexa os fíos da comicidade, polo que estas liñas van encamiñadas a lembrar este elemento en dúas das súas obras mellor coñecidas, coa esperanza de que sexan recuperadas nas aulas, convencida como estou de que o riso e a lectura son elementos para seren compartidos. Así, mostra singular da nova literatura infantil xurdida dos anos 60, Charlie e a fábrica de chocolate (1964)2, é a obra perfecta para comezar a analizar como o galés emprega a compoñente humorística. Porque en Dahl o humor nunca contén o pracer de rir polo simple feito de rir, senón que sempre vai aparellado a unha tentativa de querer cambiar o mundo dunha ou doutra


maneira, de enfrontar unha realidade que non sempre é de agrado. Máis alá da potente compoñente fantástica que ten a obra, entre o conto de fadas e a ciencia-ficción (quen non quixese coñecer aos Oompa-Loompas, os diminutos traballadores da fábrica de Willy Wonka?), desa capacidade para facernos soñar a través da fervenza de chocolate que xurariamos ter probado algunha que outra vez, a historia contén unha interesante ensinanza: se se é egoísta, lapadoiras e antolladizo, como o son os compañeiros de Charlie na visita á fábrica, dificilmente se conseguirá o que se soña. O humor vólvese entón nun arma para ridiculizar actitudes presentadas como inadecuadas, porque para que este funcione deben existir as regras. Despois, el elixe se se prega ou non a elas. Non obstante, non todo foi doado para Dahl no mundo da literatura, pois foron varios os editores británicos que comezaron rexeitando os seus textos. Non por acaso estes supoñían unha importante ruptura coa literatura infantoxuvenil anterior e tocaban temas de xeitos e maneiras que non se consideraban adecuados para a infancia. Aínda que isto se superase no mundo editorial, a polémica sobre a conveniencia ou non de que moitos dos seus textos fosen axeitados para a rapazada, continuou moito tempo despois no mundo da crítica (Mangan, 2014). Isto contrasta, sen dúbida, coa capacidade para convocar lectorado de Dahl, que xa en 1972 vendera máis de 200.000 copias dos seus tres primeiros libros. Sen dúbida cómpre relacionar isto non só coa súa habilidade para conectar cos máis novos, senón tamén polo gusto deste lectorado polo prohibido, polo subversivo, polo que ofrece unha nova orde social e transgrede a existente. No caso de moitas rapazas lectoras, esa obra que cambiou o establecido foi Matilda (1988), pois por vez primeira un autor nos

daba a oportunidade de recoñecernos naquela nena que lía e lía e lía e non tiña medo nin de soñar nin de apoñerse ás circunstancias adversas que lle tocaban vivir. Lembro aquela forza como se fose unha sorte de misterio e unha admiración profunda cara a aquela protagonista de cinco anos precisamente porque se negaba unha e outra vez a baixar a cabeza. Coa axuda da maxia, os poderosos son desautorizados con dureza, reducidos a unha caricatura aceda acaída para facer sátira social contra a incultura e os malos modais (exemplificados no pai de Matilda, o señor Wormwood) e os prexuízos e as apariencias (respresentados da nai de Matilda e na súa famosa frase: “looks is more important than books”), mais tamén contra o abuso de poder e as inxustizas (cuxa maior expoñente é a temible directora, a señorita Trunchbull). A tenrura gárdase para os personaxes máis indifensos da obra: a señorita Honey, mestra de Matilda e alter ego da mesma na idade adulta, sometida ao poder da súa directora; e por suposto, para a propia protagonista. Ese novo valor, a negociación da autoridade, polo tanto, tórnase aquí fundamental. A defensa da cultura, da sensibilidade e dunha educación aberta tamén compoñen ideoloxicamente a obra, dado que o lectorado comproba como os personaxes que simbolizan os valores contrarios son vítimas da deformación propia do esperpento e dun agudizado sentido da ironía. O humor negro, perdido na tradición popular ou nas obras que bebían directamente dela, torna aquí aparecer: non importa o que vivan os personaxes marcados como negativos, o destino vólvese contra eles, porque a crueldade que amosaron anteriormente parece xustificar, no seu caso, calquera final. A realidade contada sen ambaxes, con toda a súa dureza. Neste caso, tamén para explicar cuestións consideradas tabús. Revista Criaturas

41


Como por exemplo, como nos lembra un dos fragmentos iniciais da obra, que hai pais que senten tal adoración polos seus fillos que promulgan que son uns xenios, mais que hai outros, moito peores, que non amosan ningún tipo de interese por estes, abandonándoos emocionalmente. A escrita de Dahl, a súa capacidade para transgredir co obxectivo de devolver a “orde xusta” a un mundo case por definición inxusto e de facelo ademais deleitando, marcou profundamente non só ao seu lectorado, senón a escritoras e escritores posteriores, supoñendo un antes e un despois nas historias da literatura infantil. Porén, non sería xusto esquecer que existiron outras autoras coetáneas que tamén se valeron do humor para transitar novos camiños literarios. Non por casualidade, a investigadora Teresa Colomer (1999: 212213)3, chega á conclusión de que a segunda innovación temática dos libros deste tempo é precisamente o xogo de transgresión das normas sociais e literarias, como resultado da crise dun modelo moral único e da flexibilización das normas. Evidentemente, a compoñente humorística é fundamental para aboardar esta temática cun mínimo de éxito. Curiosamente, os novos temas sociais e os conflitos psicolóxicos son, á súa vez, a primeira e a terceira innovación temática rexistrada nas obras deste tempo. Unha autora que combina nas súas obras estas tres vertentes é Christine Nöstlinger (Austria, 1936), sen dúbida unha das clásicas vivas da LIX, considerada unha das pioneiras en abordar as novas realidades sociais que estaban a vivir as rapazas e rapaces. Xustamente nesa tarefa, a de amosar unha colectividade en transformación, na que se relata literariamente como a infancia asume e enfronta situacións conflitivas (como poden ser a separación dos pais, as

42 Revista Criaturas

problemáticas entre iguais, a marxinación de certas persoas, o amor adolescente ou a tolerancia a diferentes niveis), Nöstlinger emprega o humor o para destramatizar e normalizar situacións que son xa habituais nas novas sociedades. A diferenza é que anteriormente non foran narradas, o que é tanto como negar a súa existencia. Non por acaso, polo seu ideario fondamente progresista, a súa obra tamén vai ter que pasar a barreira dos mediadores, un obstáculo que supera -do mesmo xeito que ocorría con Dahl- grazas ao éxito que os seus textos acadan cos lectores e lectoras. Así, a cuestión dos ciumes entre iguais son materia narrativa en dúas obras que constitúen as primeiras entregas dunha serie protagonizada por Susi e Paul: Diario secreto de Susi, Diario secreto de Paul (1984) e Querida avoa... a túa Susi (1985). No primeiro caso, porque Paul non atura que a súa eterna mellor amiga teña outro compañeiro de aventuras, Ali (que ademais é marroquino, polo que se aborda tamén deste xeito o tema da integración); no segundo, porque é agora Susi a que non pode soportar a nova amiga que Paul botou nas vacacións en Grecia, antes de que ela chegara. A linguaxe sinxela e coloquial de Nöstlinger aupa ao humor colocándoo da beira da tenrura, e son os propios protagonistas dos ciúmes, a través das súas descricións hiperbólicas das maldades e dos defectos dos seus “opoñentes” os que se van decatando da absurdo da situación. As voces narrativas, transmitidas no primeiro caso grazas a dous diarios de vivencias e a través do xénero epistolar no segundo, parecen facerse cómplices do lectorado sen se decatar para deixarse en evidencia, desdramatizando así as situacións vividas. Isto tamén se consegue a través das irreverentes e frescas ilustracións pensadas pola propia autora que, cun aire infantil e inxenuo, delimitan


tamén visualmente aos seus personaxes achegándolles credibilidade. Algo semellante ocorre coa separación dos pais de Paul: o rapaz lévao francamente mal e mesmo soña que os tres volven vivir xuntos. Non obstante, isto non ocorre -como era de esperar- e o riso corrosivo volve aquí ser empregado para deixar en evidencia a aquel personaxe que máis o “merece”, neste caso o pai do protagonista, cuxa actitude deixa moito que desexar. Quizais por finais “reais” coma estes, en que non se acaba cun esperable “e comeron perdices para sempre”, a literatura de Nöstlinger ten sido tan controvertida dende este punto de vista. Quizais tamén polo mesmo motivo, a súa é un dos expoñentes máis claros da retomada función do humor nesta nova etapa: La risa es corrosiva y herética, y por esta razón se lleva muy mal con el optimismo de la literatura infantil. Existe una literatura (y no se trata de un hallazgo contemporáneo) que no ve al niño como un receptor de certezas, sino como un compañero inteligente de ruta. Una literatura que no ofrece respuestas, que no construye estatuas, sino que las destruye, las corroe para poder siempre pensar las cosas de otro modo. (Carranza, 2009: 272-273) Pensar. Velaí a palabra clave. Inda que o humor non sexa un elemento exclusivo da LIX coetánea, parece evidente que houbo que agardar aos textos de finais dos anos 60-principios dos anos 70 do século XX para que o riso como axente de cambio, como saboteador de certezas, entrase de novo para darlle unha reviravolto a uns textos, ou a mundo que, esta vez si, quería ser outro. E o elemento principal desa outredade: a posibilidade de que a infancia e a mocidade se enfrontasen á realidade e a observasen criticamente a través do humor, convén non esquecela nunca.

NOTAS 1 Refírome aquí á pegada do humor máis contemporáneo na LIX e non á tradición de humor negro que, como expliquei, provén das orixes da LIX e do seu vencello coa literatura popular. Para saber máis sobre isto, fundamental é o artigo de Carranza (2009). 2 Os anos de publicación referidos son os da edición orixinal en lingua inglesa, se ben na bibliografía aparecen referenciadas as obras na súa versión galega. 3 Que analiza 150 obras publicadas entre 1977 e 1990.

BIBLIOGRAFÍA

Carranza, Marcela (2009). “El humor negro: una poética de la irreverencia en la literatura para niños”. En VV. AA, Literatura infantil y matices. I Encuentro Internacional de Estudio y Debate. Zaragoza: Fundación Tarazona Monumental. 245-277. Cervera, Juan (1991). Teoría de la literatura infantil. Bilbao: Universidad de Deusto-Ediciones Mensajero. Colomer, Teresa (1999). La formación del lector literario. Madrid: Fundación Germán Sánchez-Ruipérez. Colomer, Teresa (1998). Introducción a la literatura infantil y juvenil. Madrid: Editorial Síntesis. Dahl, Roald (1996, 1964). Charlie e a fábrica de chocolate. Vigo: Edicións do Cumio. Dahl, Roald (1989, 1988). Matilda. Madrid: Alfaguara Ediciones. Desarthe, Agnès (2014). Cómo aprendí a leer. Cáceres: Editorial Periférica. Mangan, Lucy (2014). “Charlie and the Chocolate Factory at 50”. The Guardian, 30-9-2014. Dispoñible en liña Martín Ortiz, Patricia (2009). “Presencia del humor en la literatura de Roald Dahl”. Anuario de Investigación en Literatura Infantil y Juvenil 7: 87-98. Nöstlinger, Christine (1989, 1984). Diario secreto de Susi, Diario secreto de Paul. Vigo: Edicións SM. Nöstlinger, Christine (1990, 1985). Querida avoa... a túa Susi. Vigo: Edicións SM.

Revista Criaturas

43


cara a PAULA CARBALLEIRA


Entrevista

a cara FRANCISCO CASTRO

fotografías: Lucía Estévez Daniel Landesa

(@srlandesa)


“S

on as sete e media da tarde. Sopra un vento que xoga a inflar e desinflar os toldos das tendas facendo voar todo o que atopa ao seu paso. Subimos pola rúa Carral observando de esguello os edificios que se elevan como as cicatrices dun Vigo que xa non existe. Os negocios daquela zona, a principios do século XX eran cosmopolitismo e prosperidade, eran luz, papel brillante, escaparates de ciencia ficción. Agora parecen cambalear por momentos. Mais na metade da rúa, hai un lugar que sempre nos acolle con sorrisos e tenrura: A despensa de Castilla. Paula Carballeira e Francisco Castro xa están agardando por nós. Miguel, o dono do local, entre as larpeiradas e delicatessen que rodean o mostrador, énchenos de bicos e apertas. Logo de contarlle en poucos minutos que pasou nas últimas semanas, o ritmo que seguen as nosas vidas, sentamos e colocamos as gravadoras sobre a mesa. Paula e Francisco intercambian un par de miradas cómplices. Chegou o momento de que eles, os protagonistas desa tarde, empecen a falar do humor na LIX. Dámoslle ao botón vermello e calamos para que eles falen.

46 Revista Criaturas


Francisco Castro. Hai algo que eu boto de menos na literatura para adultos. Observo continuamente como desaparece a temática do humor e que, cando aparece esta temática, é claramente caricatura. Porén, cando escribimos para o público infantil o humor semella moi natural. No meu libro Chamádeme Simbad, que é un intento de presentar o alzheimer aos pequenos, un dos obxectivos que eu tiña era que fose un libro moi simpático. De feito é o que comenta a rapazada cando vou aos centros de ensino, que ademais de comprender a dureza da enfermidade, gozan cos momentos tan divertidos que hai ao longo da obra. Supoño que está no ADN da nosa maneira de contar. Un libro fundacional como é Alicia no país das marabillas é un libro de humor. Podemos facer moitas lecturas, pero é unha obra tremendamente simpática. A min o personaxe da raíña que quere decapitar a Alicia e a todo aquel que ouse gañarlle ao críquet paréceme moi cómico. Paula Carballeira. Eu, na literatura galega, si que considero que hai unha grande tradición de humor. Desde Castelao ata Cunqueiro, pasando por outros clásicos. E logo hai moitos antecedentes na literatura infantil galega (Fina Casalderrey, Xabier P. Docampo…) que foron os que abriron as portas, e que tamén botaron e botan moitas veces man do humor. Os grandes clásicos da literatura infantil galega son libros cunha compoñente de humor moi importante. Imaxino tamén porque é, como ti dicías, Fran, unha maneira moi rápida de achegarse á rapazada.

Revista Criaturas

47


Francisco Castro. A literatura en xeral eu creo que sempre nos pon no punto do disparate. Eu nunca souben moi ben o que significa literatura realista. Probablemente toda a literatura, mesmo a que intenta ser realista, é fantástica. A linguaxe natural dos pequenos e das pequenas é a fantasía. Logo parece que andando os anos estamos obrigados a perder esa dose de fantasía. Para eles é moi automático que todo se poida interpretar en clave de humor. Creo que ese ingrediente é algo que lle deberiamos pedir a toda a literatura infantil e xuvenil. Ten que existir sempre a perspectiva do disparate, fainos graza o que é disparatado. A esencia do chiste é que, de súpeto, pase algo que normalmente non acontece. Paula Carballeira. Hai que ter en conta tamén o propio xogo. Eu son unha defensora total do xogo. E na literatura, que é xogar con palabras, para min hai un referente clarísimo: Gloria Sánchez. Ela xoga continuamente coas palabras, fai contrastes sorprendentes. Eu concordo contigo, Fran, en que na literatura de adultos, se cadra falta esa compoñente. Francisco Castro. Falta absolutamente. E á literatura galega fáltalle máis que a outras. Á literatura galega o que lle pasa é que ten que demostrar continuamente que é unha gran literatura. Eu isto entendino hai anos nun Galeúsca. Recordo un escritor vasco explicando que a literatura galega, vasca e catalana nace nun contexto de resistencia e desde o primeiro momento temos que demostrar que somos James Joyce. E iso é terrible. Iso é o que fai que os escritores e escritoras que escriben para adultos se poñan terriblemente trascendentes. É

48 Revista Criaturas


algo que a min me provoca unha certa sensación de ridículo alleo. Creo que hai que desmitificar a literatura e non hai nada máis desmitificador que o humor. Un le Merlín e Familia e abráiase de todo o que atopa nesa obra. Do realismo máxico, dese galego marabilloso. Pero, ademais, é un libro moi divertido. Eu creo que os escritores e escritoras galegas que non cultivan o xénero infantil e xuvenil pecan de serios. Na escrita e na actitude. Pasa tamén cos poetas. Ás veces parece que hai poetas empeñados en que absolutamente ninguén entenda o que están dicindo. Ten que ver coa necesidade tráxica de seguir demostrando que somos unha gran literatura.

de moita xente, empecei escribindo para persoas adultas e logo pasei á literatura xuvenil, á infantil, e rematarei traballando o campo do álbum ilustrado. Para min é moito máis complexo achegarme ao mundo infantil que escribir para persoas adultas. Suponme un esforzo moi grande. Gloria Fuertes é unha autora coas que moitos nos criamos porque a víamos na televisión. Todos os días saía nun programa da tele recitando poemas. Hai pouco, Fina Casalderrey lembrábame un poema de Gloria Fuertes: “yo como, tú comes, él come. Nosotros comemos, vosotros coméis, ellos no”. É moi difícil dicir tanto, facerlle unha radiografía ao planeta, neses poucos versos.

Paula Carballeira. Ao fío disto que contas venme a cabeza Conta atrás, que é un libro meu de poesía inclasificable. Está editado nunha colección de Positivas de poesía para adultos, pero esa obra trabállana nos centros de ensino en todas as franxas de idade, porque é un libro inxenuo e fácil de ler. Non é simple, é sinxelo, que son cousas distintas. E iso desconcerta. Parece menos poesía se é para nenas e para nenos. Eu creo que perviven uns tópicos que non conseguimos deixar atrás, aínda que esteamos no camiño. Francisco Castro. Son tópicos e tamén son complexos. A todas as persoas que escribimos LIX, nalgún momento vannos preguntar cando escribirá unha obra de verdade. Eu fixen o camiño ao revés Revista Criaturas

49


Paula Carballeira. O que pasa é que entramos en terreos que imos esquecendo cando nos facemos persoas adultas. Eu creo que, se non temos conta, a medida que medramos podemos perder o humor como esencia do xogo, a capacidade de sorpresa, que é outro elemento propio do humor. Falo do humor surrealista, dese humor que é propio dos nenos e que ás veces nós non comprendemos. Francisco Castro. Isto para min conecta cunha traxedia que é o fracaso do sistema educativo. Cando vas facer un obradoiro con pequerrechos que ás veces case nin saben ler, é xenial levarlles papel e darlles pinturas e dicirlles: imos debuxar. Todos saben debuxar. Ti colles nenos de 7,8, 9 anos e lles dis “imos cantar” e ningún che di que non sabe cantar. Non son conscientes de que non teñen sentido da perspectiva, ou de que desafinan. Pero hai un momento en que interiorizan un canon de corrección e, de súpeto, pensan que non serven para debuxar, ou para cantar, ou para imaxinar. Toda a literatura é unha actividade política. As escritoras e escritores ima-

50 Revista Criaturas

xinan mundos alternativos porque non lles vale aquel no que viven. O humor é unha arma, unha forma de transgresión. Paula Carballeira. vivimos nun mundo tan globalizado, tan preocupado en que todas as persoas sexamos iguais, que esquecemos quen somos en realidade. Para ser universais hai que saber de onde vimos, coñecer a nosa cultura. A rapazada rapidamente colle as cousas. A morte, por exemplo, para o público infantil non é nada tráxica. Para eles é ciencia ficción. Dan por sentado que só morren os vellos e non o viven de xeito tráxico. Todo o que sexa xogar con eses tabús sempre funciona, porque ti es unha adulta xogando cos seus propios tabús. Francisco Castro. E xa es transgresora só por iso.


Paula Carballeira. Efectivamente. E hai distintos niveis do humor. O riso da escatoloxía, por exemplo, ou o riso que provoca unha caída, pasa. Pero o outro humor, o que é máis elaborado, que é tamén o humor que ten que ver con nós, perdura. Francisco Castro. Tamén é certo que o humor non se percibe en todos os lugares da mesma maneira. Isto levaríanos a un debate sobre se existe ou non o humor galego. Paula Carballeira. Eu creo que existe un humor universal e logo matices propios de cada cultura. Como a nosa retranca, ou o humor inglés, que hai xente que non comprende… As grandes empatías veñen polo sentido do humor. Francisco Castro. De feito, unha das categorías que establecen os nenos e nenas para valorar un libro é se lles pareceu divertido ou non. Iso non o facemos as persoas adultas cando lemos unha obra. Buscamos outras cousas. Para o público infantil un libro ten que ser divertido. Eu creo que o mérito está en conseguir un equilibrio. Traballar a profundidade da historia, que

sexa literatura, e logo o humor haberá que dosifícalo, meténdote no mundo da festa que é o mundo infantil. Se un cativo non ri, hai motivos serios para preocuparse. A súa esencia é a festa, o xogo. Paula Carballeira. Pero ollo: o xogo ten unhas reglas. Iso as nenas e os nenos sábeno. Como tamén saben que hai que respectar as reglas do xogo, iso é básico e tamén moi serio. Eles teñen isto moi claro, tanto no teatro coma na literatura. Por moi realista que sexa a historia que se conta nun libro, os cativos saben que é ficción, que todo o que hai nese libro é xogo. A partir desta premisa, sabendo isto, as autoras e os autores xogamos co lectorado. En adultos non se xoga co lector. Moitas veces, nestoutro rexistro, soltamos o que temos na cabeza perdendo de vista o lectorado. Francisco Castro. Hai unha dicotomía que se pode plantexar dentro do tema do humor, diferenciando o humor que se emprega como ferramenta para facer pensar e humor coma disfraz da traxedia. E agora mesmo estou pensando no noso grande humorista Alfonso D. Revista Criaturas

51


Rodríguez Castelao. Se vemos a representación de Os vellos non deben de namorarse fundamentalmente hai riso, hai diversión, gargallada. Pero o pouso que hai debaixo desa historia non é en absoluto cómico. Pasa tamén con Memorias dun esquelete. Pode resultar moi graciosa a historia que vai contando o esquelete, pero a pouco que rañemos, o que atopamos debaixo é unha traxedia. Ás veces, a única maneira que hai de narrar algo tráxico é desde o cómico. No cine faise moi ben. Estou pensando na película La vida es bella. Nese filme non paras de rir, aínda que o espectador está contaminado todo o tempo polo contexto do tempo histórico e aínda que

sexa unha película sobre o fanatismo, un filme de denuncia. Cando un libro consegue isto, cando unha traxedia está rodeada polo envoltorio do riso, dixírese moito mellor. Paula Carballeira. É tamén unha cuestión de distanciamento. Ao pensar que unha obra é ficción, o lector sitúase nun plano afastado, alleo. O humor, aínda que conte cousas moi serias, no fondo é unha menciña, co cal produce un certo alivio. Tamén hai veces que se confunde o que ti escribes co que ti es. Podes

52 Revista Criaturas

ser unha tipa que manexa moi ben o humor na literatura e logo, na túa vida real, ser unha muller moi seria. Pasa, por exemplo, con Xabier Puente Docampo. Manexa moi ben o humor e por iso se lle presupón unha enorme simpatía. E, certamente, Xabier é un home simpático pero, en principio, el tampouco vai diso, a priori é unha persoa seria. Moitas veces confúndese o autor coa obra. Francisco Castro. Son planos distintos que convén distanciar, unha cousa é a obra e outra ben distinta a persoa. O feito de ir pola vida de escritor ou de escritora, iso tamén é bastante cómico. Mesmo ridículo. E habelos hailos. Paula Carballeira. DPois cos nenos e nenas, se tes un disfraz de escritor, poeta, artista ou do que sexa, desaparece ao momento. A eles iso non lles importa nada porque van á esencia. Francisco Castro. Si. É verdade. Podes ter centos de premios e centos de obras que, aos nenos, pouco lles importa. Cando estás, por poñer un exemplo, nunha sesión de contacontos, o que eles valoran non é quen es, senón o que transmites. Paula Carballeira. Velaí o fantástico do público infantil! Francisco Castro. A xeito de conclusión, á literatura galega fáltalle humor. Paula Carballeira. Si! Queremos máis humor. Necesitámolo.


ler ĂŠ soĂąar

criaturas


Foto da Biblioteca da Kungliga Tekniska hĂśgskolan -Real Instituto de tecnoloxĂ­a Estocolmo- [KTH Library]


Monográfico

CONSTELACIÓNS Ao igual que no número cero de Criaturas queremos recoller a nosa propia constelación de lecturas relacionadas co humor. Nunha revista non poden coller todas as palabras impresas que nos fixeron sorrir, máis sirva esta pequena supernova para encher algún espazo máis de divertimento. Como un libro nos leva a outro, así naceu esta sección. Sabemos que moitos dos nosos lectores atopan nesta constelación de títulos unha ferramenta moi útil, ben sexa para coñecer novos universos literarios, ben como instrumento de traballo na aula, no obradoiro, no acompañamento lector na casa. Queda aquí poís ao voso dispor. Mar García Pérez


Título: Un canguro polo Nadal Autor: James Flora Ilustradora: James Flora Tradutor: Rafa Salgueiro Editorial: Lata de sal Ano: 2012 Lugar: Madrid ISBN: 978-84-940584-1-7 Colección: Vintage Público destinado: de 0 a 6 (prelectorado/lectorado inicial)

56 constelacións

Un sorprendente agasallo de Nadal vai poñer patas arriba a casa de Catarina e toda a vila. Un magnífico álbum do ilustrador James Flora que se publica por primeira vez en España 50 anos despois de que saíra á luz.

Título: Luis vai á praia Autor e ilustrador: Guy Delisle Editorial: Faktoria K de libros Ano: 2010 Lugar: Pontevedra ISBN: 978-84-96957-85-5 Público destinado: de 11 a 14 (lectorado xuvenil) O pequeno Luís quere gozar dun día de praia. Xunto co seu cubo, unha pelota e o seu moneco divertirase neste día onde sucédenlle unha morea de aventuras. Un cómic exento de palabras e cheo de accións para rir lembrando eses días de verán.

Título: 28 Historias para rir Autora: Ursula Wölfel Ilustrador: João Vaz de Carvalho Tradutor: Franck Meyer Editorial: Kalandraka Ano. 2006 Lugar: Pontevedra ISBN: 978-84-8464-599-3 Público destinado: de 7 a 11 (lectorado autónomo)

Título: Un burro dous gatos e máis cousas Autor: Xabier P. Docampo Ilustrador: DNL Editorial: Everest Galicia Ano: 2013 Lugar: A Coruña ISBN: 978-84-403-1225-9 Colección: Ler é vivir Público destinado: de 11 a 14 (lectorado xuvenil)

Conxunto de pequenas historias que nos presentan uns personaxes moi especiais ao que lles acontece todo tipo de disparatadas aventuras. Este libro forma parte da triloxía de microcontos xuto con “27 historias para tomar a sopa” e “29 historias disparatadas”

Doce contos para ler e contar. Contos de animais de estraños obxectos que nos levan as lareiras e aos contos dos avós, cheos de sabedoría e retranca.

Título: A fraga Milmañas Autora: Carlos Amil Ilustrador: Manel Cráneo Editorial: Demo Ano: 2013 Lugar: A Coruña ISBN: 978-84-940349-7-8 Público destinado: de 11 a 14 (lectorado xuvenil) As aventuras da raposa Fonsa e o lobo Ferocio volven dez anos despois de ser publicadas na revista Golfiño. Por primeira vez as peripecias destes personaxes da fraga aparecen nun compendio para que os nenos e os non tan nenos gocen coas historias desta parella espelida.

Título: O capador de boinas Autor: Xerardo Neira Ilustrador: Dani Padrón Editorial: Galaxia Ano: 2013 Lugar: Vigo ISBN: 978-84-9865-510-0 Colección: Árbore. Público destinado: de 11 a 14 (lectorado xuvenil) Un bo día tras esperta don Arximiro, o párroco de San Breixo da Torrevedra, descobre que alguén arrancoulle o rabo da súa boina. Pero esta e a primeira de outras moitas boinas capadas da vila. Conmocionado polos feitos don Arximiro pon en marcha un plan para descubrir ao pillabán.


Título: A verdadeira historia da mosca da tele Autora: María Solar Ilustradores: Ana Francisco e Jorge Vázquez Editorial: Galaxia Ano: 2012 Lugar: Vigo ISBN: 978-84-98654-58-5 Colección: Árbore Público destinado: de 11 a 14 (lectorado xuvenil) Un orixinal punto de vista que constrúe unha disparatada historia na que unha mosca cóntanos como por accidente pasou de ser unha mosca común da tele a viaxar en avión e formar unha ONG para axudar aos insectos que se perden nas viaxes. Ao redor do mundo.

Título: A nai do heroe Autores: Roberto Malo e Francisco Javier Mateos Ilustradora: Marjorie Pourchet Tradutor: Paco Liván Editorial: Oqo Ano: 2011 Lugar: Pontevedra ISBN: 978-84-9871-311-4 Público destinado: de 0-6 (prelectorado e lectorado inicial) Unha historia clásica de reis, cabaleiros ogros e trasnos... ata que chega a nai do heroe e pon toda historia patas arriba. Preocupada en todo momento do seu fillo esta muller non

Título: O paseo de Rosalía Autor e ilustrador: Pat Hutchins Tradutora: Silvia Pérez tato Editorial: Kalandraka Ano: 2011 Lugar: Pontevedra ISBN: 978-84-8464-747-8 Público destinado: de 0 a 6 (lectorado inicial) A galiña Rosalía sae despreocupada a dar unha pequena volta pola granxa, lonxe de decatarse de que moi preto dos seus pasos están os do raposo disposto a devorala . Este libro posúe unha dobre lectura, xa que as imaxes dotan ao texto doutra historia paralela na que vemos ao pobre raposo como é incapaz de cazar a galiña.

gafas e algo regordecho que mostra con humor como vive unha familia normal do barrio madrileño de Carabanchel. Barrio no que hai case de todo segundo o noso protagonista: “ hai unha cárcere, autobuses, nenos, presos, nais, drogadictos e panaderías, pero non hai cornos para as trencas”.

Título: A peripecia de Roi Autor: Carlos López Autor: David Pintor Editorial: Tambre Ano: 2009 Lugar: Vigo ISBN: 978-84-92404-57-5 Público destinado: de 11 a 14 (lectorado xuvenil) O día que Roi foi a feira non sabía a viaxe tan extraordinaria na que se embarcaría. Oitos globos de helio con forma de animais levarano ata as estrelas polo que o noso protagonista terá que atopar o xeito de regresar.

Título: Manolito Catrollos Autora: Elvira Lindo Ilustrador: Emilio Urberuaga Tradutor: Antón Palacio Editorial: Alfaguara Ano: 2009 Lugar: Santiago de Compostela ISBN: 978-84-8224-051-0 Colección: Obradoiro Público destinado: de 11 a 14 (lectorado xuvenil)

Título: A escola de Briador Autor: Antonio Reigosa Ilustrador: Noemí López Editorial: Everest Ano: 2007 Lugar: A Coruña ISBN: 84-403-0535-4 Colección: Montaña encantada Público destinado: de 11 a 14 (lectorado xuvenil)

A primeira entrega da saga protagonizada por este neno con

As memorias dun trasnos e as súas aventuras e desventuras

Revista Criaturas 57

deixará so nin por un intre ao protagonista o que lle dificulta enormemente a súa tarefa de espadachín.


cos humanos é o punto de partida para que Briador asesore aos seus de como deben actuar no misterio que agarda tras a estraña doenza da filla do inspector xefe de policía da Parroquia. Unha divertida historia que nos mostra a tradición que existe na literatura galega sobre os trasnos.

58 constelacións

Título: Os xogos olímpicos de Ningures Autores e ilustradores: Pinto & Chinto Editorial: Galaxia Colección: Árbore Ano: 2012 Lugar: Vigo ISBN: 978-84-9865-416-5 Público destinado: de 11 a 14 (lectorado xuvenil) Cincuenta historias breves nas que se nos presentan a cincuenta deportistas do máis estrambótico. Dende un saltador de trampolín que non salta se non que voa, ata unha nadadora fachendosa que afogou por non deixar na casa as súas medallas todos participan nestes Xogos olímpicos de Ningures.

Título: As costureiras das ánimas Autores: Suso Cubeiro e Ana Prado Ilustrador: Suso Cubeiro Editorial: Everest Ano: 2012 Lugar: A Coruña

ISBN: 978-84-403-1217-4 Colección: Punto de encontro Público destinado: máis de 15 (lectorado mozo)

Lugar: Pontevedra ISBN: 978-84-9871-074-8 Público destinado: de 0 a 6 (lectorado inicial)

Humor negro acompaña a esta vella costureira ao tempo que lle conta a unha amiga como foi a súa vida cosendo de vila en vila ata que se atopou cunhas ánimas que precisaban do seu traballo.

Divertido álbum que nos ensina que ao mal tempo boa cara. E mal tempo é o que ten o pobre de Ernesto esa tarde de domingo na que se dirixe a merendar a casa da súa moza. Un fermoso libro que nos amosa ao tempo o que lle sucede o pobre Ernesto e o que acontece na casa de Henriqueta.

Título: O Deus Desaparecido Autores: Pepe Carballude e Andrés García Ilustradora: Beatriz García Trillo Editorial: Everest Ano: 2011 Lugar: A Coruña ISBN: 978-84-403-1163-4 Colección: Punto de encontro Público destinado: de 11 a 14 (lectorado xuvenil)

Título: Nano Autores e ilustradores: Jorge Quiroga e Cristina Pérez Navarro Editorial: Quitapenas Ano: 2009 Lugar: Sevilla ISBN: 978-84-92608-18-8 Público destinado: máis de 15 (lectorado mozo)

Un fenómeno paranormal ou unha sabotaxe? O detective Sito Pescudo ten que descubrir todo o acontecido en relación a desaparición do Deus Apolo do famoso cadro de Velázquez. Unha sorprendente novela policial onde ficción, pintura e mitoloxía únense ao humor.

Título: Ernesto Bo Día Autor: José Campanari Ilustrador: Joâo Vaz de Carvalho Editorial: OQO Ano: 2008

Nano é un gnomo pechado entre as liñas que forman os cadros da banda deseñada. Todo o seu universo está marcado por estas liñas das que quere fuxir. Un xogo de rebelión gráfica no que nos mergullamos xunto a este personaxe estrafalario.

Título: Pingueiras e tarteiras Autora: Teresa González Costa Editorial: Xerais Ano: 2009 Lugar: Vigo ISBN: 978-84-453-4816-1


O día día aburrido do Castelo Grisallo muda cando chega ata as súas portas o Circo do Paraugas. Música e diversión acompañan a este circo. Divertida peza teatral galardoada co IIIº Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil.

Título: Sopa de xarope Autor: Xosé A. Neira Cruz Ilustradora: Marta Álvarez Miguens Editorial: Xerais Ano: 2010 Lugar: Vigo ISBN: 978-84-9914-147-3 Colección: Biblioteca dramática galega Público destinado: de 11 a 14 (lectorado xuvenil) Unha peza cómica na que o pobre Doutor Amorodo vese obrigado a facer feitizos para que as Princesas Resistentes ao amor se namoren, mentres que el soamente quere facer unha cousa na vida... realizar a sopa de xarope de amora que fai dona Chismunda, a súa namorada. Comedia de enredos onde a crítica social está presente como transfondo.

da revisión do conto clásico de Carapuchiña que nos propón o conto narrado dende un día frío de inverno.

Título: Nicomedes o pelado Autores e ilustradores: Pinto & Chinto Editorial: Kalandraka Ano: 2013 Lugar: Pontevedra ISBN: 978-84-8464-697-6 Colección: MareMar Público destinado: de 0 a 6 (lectorado inicial) Divertido xogo visual neste álbum onde o noso protagonista Nicomedes loita contra a súa nudez na cabeza. Cambios surrealistas, visten a cabeleira ata que atopa unha solución ao seu problema.

Título: As manoplas de Carapuchiña Autora: Inés Almagro Ilustrador: Mikel Mardones Tradutora: Marisa Núñez Editorial: OQO Ano: 2010 Lugar: Pontevedra ISBN: 978-84-9871-286-5 Colección: O (Oqo) Público destinado: de 0 a 6(prelectorado e lectorado inicial) A Carapuchiña non lle sae nada ben neste conto... Esta nevando, vai frío, non hai flores, non está o cazador, nin o lobo e nin sequera ten a súa cesta para levarlle a comida a súa avoa e para remata cando chama a porta ninguén lle abre. Que está a acontecer?. Unha diverti-

Título: A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza Autor: Werner Holzwarth Ilustrador: Wolf Erlbruch Tradutor: Franck Meyer Editorial: Kalandraka Ano: 2000 Lugar: Pontevedra ISBN: 978-84-8464-643-3 Colección: Tras os montes Público destinado: de 0 a 6 (lectorado inicial) Un álbum cómico e escatolóxico que narra a historia dunha pequena toupiña que vai por toda a granxa intentando descubrir que lle fixera tal cousa enriba da súa cabeza.

Título: As bruxas Autor: Roald Dahl Pearson Ilustrador: Quentin Blake Tradutora: Xela Arias Editorial: Xerais Lugar: Vigo ISBN: 978-84-9782-499-6 Público destinado: de 11 a 14 (lectorado xuvenil) O clásico da LIX na que James e a súa avoa teñen que loitar contra o maléfico plan das bruxas para rematar con todos os nenos. Unha hilarante historia que nos aloxan do terror das bruxas para introducirnos no

Revista Criaturas 59

Colección: Biblioteca dramática galega Público destinado: de 11 a 14 (lectorado xuvenil)


fantástico mundo da ironía e do absurdo imaxinado por Roald Dahl.

Título: Instrucións para espertar a unha cadeira durmida Autor e ilustrador: Pablo Prestifilippo Editorial: Faktoria K Ano: 2007 Lugar: Vigo ISBN: 978-84-935804-2-1 Público destinado: de 11 a 14 (lectorado xuvenil)

60 constelacións

O método científico proposto polo profesor Roxelio Troncoso para domesticar unha cadeira salvaxe. Unha revisión a historia das cadeiras, con diferentes advertencias e explicacións sobres as utilidades e funcións que poden ofrecer estes seres salvaxes. Chapas da revista Criaturas. Nuria Díaz (2014)

Título: A guía necsia de marcas, misterios, sucesos incribles, inventos e outras marabillas Autor: David Wapner Ilustrador: Marc Taeger Tradutor: Ramón Nicolás Editorial: Faktoria K Ano: 2013 Lugar: Pontevedra ISBN: 978-84-15250-54-8 Público destinado: de 11 a 14 (lectorado xuvenil)


soĂąar ĂŠ vivir criaturas


Imaxe: “chestnuts” (Randi Hausken)


Monográfico

GORENTOSAS CASTAÑAS EN ABRIL ANIMACIÓN LECTORA E INTERDISCIPLINAR A PARTIR DE O CASTAÑEIRO DE ABRIL


‘Castiñeiro’ por J. Laporte. 1796. (Welcome Library Collection)

Gorentosas castañas en abril: animación lectora e interdisciplinar a partir d’O Castañeiro de Abril Texto: Patricia Gil Otero, Noemí González López, Celia Méndez Veiga, Icía Rey Porta

N

o ano 2013 O castañeiro de abril acadou o premio Merlín de literatura infantil. O xurado destacou as tres condiciones “máxicas” que se poden agardar dunha obra: “lese dunha tirada, está magnificamente escrita e os seus personaxes permanecen no recordo”. Hoxe en criaturas queremos facer vixente esta magnífica novela coa seguinte proposta didáctica multidisciplinar para traballar na aula.

64 Revista Criaturas


Algúns apuntamentos sobre O castañeiro de abril Presentamos este proxecto de fomento e animación á lectura, baseado no libro O castañeiro de Abril, gañador do Premio Merlín de Literatura Infantil 2013, escrito por Antonio Manuel Fraga e ilustrado da man de Antonio Seijas. O libro relata as aventuras de Baltasar, un neno cego e orfo de nai que malvive coas súas malvadas tías e ao que sempre acompaña o seu can Barriga Branca. O punto de partida de toda trama é a aparición en escena, na praza do pobo, do 'Castañeiro de abril'. Durante todo o libro, o protagonista amosa un incrible afán de superación ante todas as adversidades, mostrando así unha personalidade forte, loitando día a día e soñando con que algunha vez o pai, embarcado, tornará ao seu carón e será feliz de novo. A idea principal do libro é a aceptación de que as cousas pequenas, que poucas veces temos en conta, son as que fan mover ao mundo, e ás persoas, sendo a base da nosa vida: “A xente xamais lles dá importancia ás cousas miúdas, aínda que estas adoitan ser a principal orixe dos nosos desgustos e satisfaccións. Unha rapaza a chorar porque se lle estragou unha torta? Que parvada!” (Fraga, 2013: 146). A trama xira arredor do valor da tolerancia e da amizade, representado este a través do seu mellor amigo Buto, un home de 50 anos que traballa como zapateiro no barrio. É un home insolente e maleducado cos clientes e intolerante cos namorados. Aínda así, será a persoa que axude a Baltasar cada vez que se lle presente un problema. Ademais, a obra deixa ver as relacións do ser humano cos animais, neste caso a relación de Baltasar co seu can Barriga Branca, do que nunca se separa, presentándose fiel e leal, defendéndoo e axudando ao neno na

súa vida diaria. Igualmente, hai unha crítica tanto á diferenza de clases coma aos medios de comunicación, xa que presenta a televisión coma un medio que, ademais de enganar aos espectadores, utiliza medios e técnicas reprochables para gañar audiencia. As ilustracións axudan a marcar esta crítica, utilizando xogos de luces e sombras recollidas con cores laranxas e amarelas para representar aos personaxes con máis valores e os cales contrastan con aquelas que presentan tons grises e negros utilizadas en momentos de tensión. O libro ofrece dous planos ou espazos ben diferenciados entre si: o mundo máxico e fantástico caracterizado pola aparición do Castañeiro en Abril que toma forma de profeta adiviño do futuro; e o mundo real, no que ten lugar toda a trama. Asóciase este personaxe do castañeiro coa frase: “Castañas! proben as miñas gorentosas castañas! Nunca probaron nada semellante!” (Fraga, 2013: 62) e tamén cunha adiviña que recita cada vez que fala con Baltasar. Proposta didáctica Para traballar este libro na Educación Primaria presentamos o seguinte proxecto cuns obxectivos baseados no Decreto 130/2007, do 28 de xuño polo que se establece o currículo da Educación Primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e cun enfoque interdisciplinar moi amplo, introducindo as áreas de Matemáticas, Ciencias Socias, Ciencias Naturais, Educación Plástica e Música, así como a Lingua Galega e a Educación Física. En liñas xerais, pretenderase que o alumno sexa quen de desenvolverse no ámbito da fala, da lectura, da escritura e da escoita así coma no coñecemento e distinción dos diferentes tipos de texto que existen na nosa literatura. Revista Criaturas

65


Fomentamos o coñecemento, a valoración e o respecto cara a música do folclore tradicional galego como parte do noso patrimonio ademais de adquirir unha linguaxe musical axeitada á idade dos lectores. Ademais de todo isto, perséguese que o discente sexa quen de adquirir conceptos relacionados coas proporcións e as escalas. Alén destes obxectivos, co conxunto da proposta preténdese que o alumno sexa quen de comprender e valorar todos e cada un dos temas sociais tratados no libro como a solidariedade e a tolerancia. Unha achega á clase de lingua: “Coñece a Baltasar” Tendo en conta os obxectivos, traballaremos o libro mediante unha asemblea na que se traten temas relacionados coa obra, introducindo o debate con preguntas relacionadas coa vida cotiá, animando así aos alumnos a mergullarse na personalidade do neno protagonista tocando puntos como o maltrato, as discapacidades e a fame. O que se pretende é coñecer a sensibilidade dos nenos cara este tipo de situacións que se sofren, e cada vez con máis frecuencia, no mundo actual. Unha vez que os nenos teñan unha idea xeral de toda esta temática, propoñemos a creación de adiviñas por parte do alumnado facendo fincapé na importancia que ten este tipo de texto na obra, acompañándoas con algún debuxo que representen o seu contido. Posteriormente a isto, para un maior achegamento a “O castañeiro de abril” e mediante a visualización da ilustración do libro que se pode ver na marxe esquerda, pódense traballar os sentimentos e as emocións que crean as irmás Carabullo nos nenos. O papel do mestre debe ser o de condutor do debate, tendo incidencia

66 Revista Criaturas

nas respostas do discente e tomando como punto de partida un pensamento do discurso efectivo, fomentando así o desenvolvemento de microhabilidades cognitivas no alumnado como pensar o discurso e producir a resposta. Despois disto, proponse a lectura individual e autónoma do libro escollido, pretendendo que o alumno leve a cabo unha lectura intensiva para ter claras as ideas que se manifestan na obra; ademais dunha lectura reflexiva para logo poder intervir de forma coherente nunha posta en común na que os alumnos expoñerán todas aquelas novas ideas. Unha perspectiva dende a educación musical: “Sexamos músicos” Dende a área de Educación Artística e, máis concretamente, dende a clase de música, por grupos, os nenos farán o acompañamento vocal e instrumental dalgúns momentos da representación teatral baseándose na “Melodía do Castañeiro de Abril”.


Se puideses ver, verías no outro extremo do cadrado un home que cambalea e vai ser atropelado. Chorarao o barrio todo pois éche moi apreciado, por taberneiros alegres, polas donas do mercado. (Fraga, 2013: 32)

Se puideses ver, verías na casa grande do ensino onde agroma a intelixencia cultivada con gran tino, un lume que medra oculto nun agocho clandestino. A súa intención é mala, e o seu nome: asasino (Fraga, 2013: 64)

Axudados de frautas doces,o acompañamento á guitarra do mestre e diverso instrumental Orff como o xilófono, o metalófono e a caixa chinesa, poñeranlle música ás tres adiviñas que aparecen ao longo do libro. Así pois, o obxectivo da elaboración desta melodía é un achegamento entre a música e a literatura amosando ao mesmo tempo os diferentes ámbitos dende os que se pode traballar un libro de literatura infantil e xuvenil.

Se puideses ver, verías como cae desde as alturas un branco e precioso círculo e bate na pedra dura. Desde a casa Carabullo verías toda a amargura da incosolábel traxedia o venres, na noite escura. (Fraga, 2013: 79)

O agrupamento instrumental que se propón é o seguinte: cinco alumnos tocarán a caixa chinesa, moi importante para o desenvolvemento do ritmo na partitura; outros cinco tocarán o xilófono e outros cinco o metalófono. Por último, xa que a parte máis melódica a leva a guitarra, tocarán a parte da frauta doce tres nenos e os sete restantes cantarán as melodías. Unha vez fóra da aula, os agrupamentos Revista Criaturas

67


cambiarán dependendo do número de alumnos necesarios para levar a cabo a representación teatral que se propón ao final deste proxecto. Unha proposta dende a educación física inclusiva: “Non ver, sentir” - Atopa a pelota. Os nenos agruparanse en equipos de catro persoas, cada un cunha pelota dunha cor diferente. Un dos membros levará os ollos vendados que representará á persoa con discapacidade visual. Colocaranse todas as pelotas nun espazo limitado e cadrado, con cada equipo situado ao redor do mesmo, que darán as indicacións pertinentes para que o compañeiro atope a pelota. - O tren cego. Formaranse grupos de entre catro e seis alumnos e colocaranse en fila uns detrás dos outros agarrándose polos ombros. Todos eles terán os ollos vendados agás un, o último da fila (maquinista) o cal terá que guiar ao tren mediante sinais táctiles no resto dos compañeiro como, por exemplo, un toque no ombro dereito, virar á dereita. Ao final da sesión dedicaremos un tempo á reflexión grupal, na que se comentarán as distintas experiencias vividas, os sentimentos e que utilidade cren que teñen. Un achegamento á obra dende as Ciencias Sociais: “Coñecemos a vila de Baltasar” Propoñemos unha actividade motivadora, unha saída didáctica ao centro dunha vila que conteña lugares semellantes aos que aparecen no libro co fin de recrear un contorno parecido ao da historia de Baltasar.Así,centrarémonos en elementos tales como os soportais, xeralmente

68 Revista Criaturas

feitos en pedra e situados na zona vella da cidade, onde podemos observar o movemento continuo do núcleo; as prazas principais da vila, onde se aparecía o Castañeiro; as tendas de barrio situadas nas zonas baixas dos edificios con mobiliario antigo semellantes ás das tías do protagonista do libro, a carpintaría, o local do zapateiro Buto, etc. Diferentes vilas galegas como Chantada, Noia, Betanzos ou Mondoñedo poderían servir de escenario para realizar esta actividade. Desta maneira pretendemos que os nenos sexan capaces de reconstruír a historia nas súas mentes, o cal axudará á comprensión lectora e ao mesmo tempo permitirá que teñan máis información de como era a cidade de Baltasar facilitando así a resolución dos demais exercicios. Ademais, faremos pequenas recreacións dalgunhas escenas do libro nas cales os nenos indiquen, posteriormente á lectura deste, en que lugares se situaría o protagonista nos diferentes momentos ao longo da historia. Despois da excursión levarase a cabo a explicación da paisaxe facendo referencia á cidade visitada e, ao mesmo tempo, tratarase de comparar o contorno do colexio co lugar onde transcorre a historia do libro para logo facilitar a construción do escenario na representación teatral. Unha encrucillada entre a educación artística, as matemáticas e a literatura: “Sexamos monicrequeiros” Nesta actividade estará presente a interdisciplinariedade coa área de Educación Artística na construción das marionetas, e coa de Matemáticas nas proporcións. Fomentaremos desta maneira a iniciativa persoal e o traballo autónomo, sen esquecer o traballo cooperativo.


Nun primeiro momento, explicaranse as proporcións en Matemáticas co obxectivo de ter unha noción xeral do tema para logo poder construír as marionetas de forma correcta e coherente: o tamaño do can ten que ser diferente ao dunha persoa ou ao dunha casa, intentando así indicar a importancia das proporcións á hora de facer unha construción. Logo de ter claros os distintos personaxes e as súas características, propoñeremos a construción das marionetas para posteriormente empregalas na representación teatral. Os alumnos recompilarán todas aquelas características sobre os personaxes da obra máis salientables co fin de escoller, a posteriori, os materiais necesarios para a construción da maqueta, desenvolvendo así, o traballo autónomo e individual. Agora toca construír entre todos o escenario, neste caso sería o lugar onde vivía o protagonista do libro diferenciando os soportais, a carpintaría ou a tenda das tías entre outros, promovendo o traballo cooperativo. Posteriormente á construción do escenario, repartiranse unhas tarxetas para recordar as características físicas e psíquicas do personaxe que elaborou cada rapaz, para que logo eles desenvolvan un guión tendo en conta o que van dicir cada un dos personaxes segundo as características e as ideas que eles adquiriron. CONCLUSIÓN

Cabe destacar o seu valor como ferramenta interdisciplinar así como as súas múltiples posibilidades de traballo. Nos libros para nenas e nenos coma este que se propón, pódense tratar conceptos matemáticos, lingüísticos, sociais, colaborativos, ou incluso tecnolóxicos tal e como se pode observar neste proxecto. Os mestres e mestras teñen un obxectivo fundamental, xerar no alumnado gusto e interese pola lectura en si mesma. O correcto sería procurar unha literatura adaptada ao nivel de destrezas lectoras dos nenos, así como investigar sobre os seus gustos e preferencias persoais para recomendarlles lecturas que os motiven e interesen. A partir de aquí poderase ampliar o imaxinario do neno, o espectro e os temas de lectura, así como incrementando o nivel de dificultade das mesmas, facendo que eles mesmos constrúan unha opinión crítica a cerca da literatura, investigando e aprendendo cousas novas que non poderían lograr doutro modo. Consideramos pois que esta obra sería un gran recurso para fomentar a reflexión e, consecuentemente, a crítica libre baseada nos gustos persoais dado que trata diversos temas, xa indicados con anterioridade, que permiten ao lector establecer relación entre estes. Un exemplo disto, e o cal nós consideramos moi proveitoso, é a imaxe dos medios de comunicación que presenta O Castañeiro de abril, así pois actualmente existe unha gran dependencia destes medios considerados pola gran maioría totalmente verídicos e irrefutables. Deste xeito, cremos que esta negativa e indesexable presenza dos medios de comunicación na obra poden ser un bo comezo á formación dunha mente crítica e reflexiva.

A literatura é un medio de aprendizaxe e socialización que inculca valores positivos e de interese para o desenvolvemento das persoas.

Revista Criaturas

69


Secci贸n da Cr铆tica


crítica

María Jesús fernández

osos de ruth krauss e maurice sendak

M

oitos de nós recordamos con claridade as primeiras imaxes do libro Onde viven os monstros (Where the wild things are) onde podemos ver a clase de trasnadas que Max, vestido co seu traxe de lobo, fixo aquel día e que lle valeron que a súa nai o mandase para a cama sen cear.

Ruth Krauss e Mauice Sendak Ruth Krauss e Maurice Sendak colaboraron en multitude de títulos como Bears, A very special house, Open house for butterflies, I’ll be you and you be me, etc.

72 Revista Criaturas

Seguramente estas imaxes estaban tamén na cabeza de Maurice Sendak (1928 – 2012) cando no ano 2005 a escritora Ruth Krauss (1901-1993) lle propuxo ilustrar unha nova edición do seu libro Osos (Bears), que xa fora editado por primeira vez no ano 1948, naquela ocasión con imaxes de Phyllis Rowand. O xenial debuxante tivo entón a feliz idea de recuperar a figura de Max e continuar amosándonos as extraordinarias, e salvaxes, cousas que ocorren no seu cuarto. O texto de Ruth Krauss é moi breve,tan só unas poucas frases e varias onomatopeas que non gardan relación directa coa historia visual que se desenvolve ante os nosos ollos grazas as imaxes creadas por Maurice Sendak que amplían extraordinariamente o significado deste texto. Diremos ademais que se trata de imaxes de trazo rápido, feitas a lapis, perfiladas con trazo groso e coloreadas con acuarelas. A xeito de prólogo, na páxina interior na que figuran o título e a dedicatoria, (despois dunhas fermosas gardas que reproducen o papel pintado do cuarto de Max), atopamos dúas imaxes que enlazan directamente esta historia con Onde viven os monstros: Na da esquerda, Max vestido co seu traxe de lobo, garfo en man, semella pasalo moi ben toleando na compaña do seu canciño amarelo; na da dereita, ademais de Max e o can, aparece o osiño de peluche colgado dunha corda polo pescozo. Nas imaxes seguintes, que se sitúan tamén en páxinas preliminares, en catro ilustracións secuenciadas vemos que Max se arrepinte desta


Ficha técnica crueldade, rescata o osiño e se deita con el na cama; tamén vemos que o can, moi contrariado ao verse postergado nos afectos do rapaz, rapta o osiño e emprende con el unha tola carreira sempre perseguido polo neno que quere recuperar o seu xoguete. (Todas estas imaxes previas aparecen debuxadas directamente sobre o fondo branco) Aquí é onde empeza propiamente o texto de Ruth Krauss, que se inicia cun reiterado “Osos, osos, osos, osos, osos” na parte superior da dobre páxina, mentres vemos aparecer unha fileira de enormes osos con aspecto de poucos amigos. Max persegue o can entre as súas patas. Nas seguintes sete páxinas vai proseguir a carreira, que se apoia nun texto rimado (rima que figura no orixinal en inglés e que conserva a tradución de Xosé Ballesteros) e que vai presentando en distintas situacións de gran riqueza visual os enormes osos entre os que foxe e se agacha o can ladrón: “Osos estirados, osos ben sentados, osos aseados, osos enfadados, osos viaxeiros, osos apurados, osos fachendosos…” É precisamente entre estes “osos fachendosos”, cos seus sombreiros, tocados e colares, cando Max consegue recuperar o seu osiño. Fin da carreira, fin do xogo. Na dobre páxina seguinte aparece de novo o reiterado “Osos, osos, osos, osos, osos”, onde estes animais semellan pouco contentos con que remate a historia, amosan unha actitude ameazante e Max ten que facerlles fronte, como xa fixera cos monstros. Tampouco o can parece moi feliz coa fin do xogo.

Título Osos

Autores Ruth Krauss Maurice Sendak Tradución Xosé ballesteros Editora Kalandraka, 2015

Chegamos así as últimas páxinas que nos levan de volta á casa, ao cuarto de Max, con aquela ventá na que lle gusta asomarse a lúa (nesta ocasión con cara de oso). E alí, cun texto que di “Osos … amorosos”, e , nun novo xiro da historia, cando o canciño triste pensa que vai volver ser rexeitado, Max, deixando o peluche no chan, o colle e o mete na cama con el. Unha vez máis, restableceuse o equilibrio. E unha vez máis tamén, estamos ante un libro exemplar, unha fermosa mostra da frutífera colaboración de dous creadores que suman as súas respectivas artes para acadar un álbum ilustrado modélico, outro xeito de linguaxe caracterizada precisamente pola súa natureza mixta. Ademais da autoría deste libro, Ruth Krauss e Maurice Sendak colaboraron por espazo de dúas décadas con títulos como A hole is to dig (1952) ou A very special house (1953). Revista Criaturas

73


crítica Montse Pena Presas

Unha relectura d’A galiña azul con ollos de hogano E de Carlos Casares

Carlos Casares

(Ourense 1941-Nigrán 2002) escritor destacado pola súa contribución á novela galega con títulos fundacionais como Vento ferido ou Cambio en tres. Contribuiu de modo substancial ao inicio da literatura infantil moderna con títulos como A galiña azul ou A laranxa máis laranxa de todas as laranxas.

74 Revista Criaturas

scrita nunha época en que os libros infantís e xuvenís galegos eran practicamente un soño, A galiña azul (1968) de Carlos Casares funcionou como unha obra-pioneira e unha obra-revulsivo a un tempo. Obra-pioneira, porque foi a gañadora do I Concurso de Contos Infantís organizado pola Asociación O Facho da Coruña, concibido como un xeito de estimular a produción para o público infantil; obra-revulsivo, porque nun panorama literario en que dominaba o existencialismo pesimista e obxectalista da Nova Narrativa e o socialrealismo poético tan necesario como reiterativo para combater a longa noite de pedra, A galiña azul xurdiu cunha luz especial, que combinaba a fantasía cunqueiriá, a forza poderosa da narración oral e un subtil humor absurdo, sen esquecer o seu contexto: o dos tempos delongadamente grises que se seguían a vivir na Galicia de finais dos anos 60. Estruturada en cinco pequenos contos, estes relaciónanse entre si por dous personaxes-fío, que funcionan como un perfecto nexo de unión. Un deles é Leoncio, que encarna ao tolo da vila, sendo un enlace entre a realidade e a fantasía, mais tamén entre o mundo adulto e o universo infantil. Un ser capaz, a un mesmo tempo, de evitar que castiguen a un neno e de inventar o papapío, a lingua para falar cos paxaros e coas formigas. A outra é Ana, a nena que aparece na dedicatoria inicial, tan fermosa que “parece unha mazá”. Para ela, para que non esqueza a súa lingua, di o autor que escribe estas historias, sendo á vez a imaxinada lectora implícita á que parece dirixirse en diversas ocasións.


Fan a súa presenza xa, nesta primeira obra infantil de Casares, varias pegadas da súa poética para o lectorado en formación que caracterizarán a produción futura: o respecto e o interese polas ilusións e os soños infantís; a posibilidade de facer unha dupla lectura dos textos (unha dirixida para o público adulto, outra focalizada nos receptores primixenios deste grupo de historias); a potencialidade do humor como posicionamento dende que o ollar o mundo critica e ironicamente (a pesar das prohibicións, o enxeño e o sorriso preséntanse como as mellores armas para encarar a realidade); o rexeitamento da violencia (tan claro no veciño da escopeta d’As laranxas máis laranxas de todas as laranxas); o poder da narración oral (especialmente evidente n’”O peixe da fonte do xardín”); a aparición de personaxes minusvalorados polas comunidades para transmitir verdadades alternativas (“Os avións non son paxaros e polo tanto non poden voar”, afirma Leoncio), a importancia dos animais que axudan a comprender a realidade e interaccionan no universo humano (como ocorre n’O can Rin e o lobo Crispín) e mesmo a presenza da bomba de xoguetes e caramelos, posiblemente un precedente desas laranxas enormes que estoupan regalando todo tipo de obxectos a Anxa e os seus veciños n’As laranxas... Mais se algo diferenza este texto do resto da produción infantil casariana é a súa condición de ser a obra máis combativa de entre todas as súas. A galiña azul resulta unha convincente arma contra a inxustiza, unha clara defensa da diversidade. Porque a maioría dos personaxes relevantes que van pasando por estas páxinas fanno para lembrar que aínda é posible loitar contra a homoxeneidade cando esta vén imposta, que formas alternativas de resistencia seguen existindo aínda que sexa pintando galiñas de azul e organizándose de xeito colectivo. Xa sexas un paxaro que se sacrifica por axudar a alguén diferente (un peixe), ou alguén loitador que teima e teima en chegar á súa meta aínda que non o consegue (a formiga esquiadora) ou un dos veciños que soñou con arrepoñerse ao poderoso (Manolito Listón) e o conseguiu ideando a súa realidade dunha cor distinta, esta é a túa obra. Unha obra que non só resiste poderosamente ben o paso do tempo, senón que ademais as actuais condicións sociais fan que estea de plena actualidade ao convidarnos a estar activos, a non deixarnos agochar baixo o gris. Unha obra que, permítanme que o diga, debera ser lectura recomendada (lembren: o verbo ler non soporta o imperativo, como deixou dito Pennac) en todas as escolas e institutos do país, porque obriga a pensar, a respectar á outra e a valorar o que é diferente a nós. Todo isto á vez que se reiventaba unha literatura infantil na que entraban a fantasía e o humor sen esquecer a realidade.

Ficha técnica Título

A galiña azul Autor Carlos Casares Editora Galaxia

Este texto publicouse orixinalmente no blog da Editorial Galaxia en xuño de 2012. A versión que agora se presenta contén modificacións sobre a primixenia

Revista Criaturas

75


crítica

Mario Regueira

Boy Voando só de Roald Dahl

A

Roald Dahl

Un dos máis importantes autores de literatura infantil do século XX con títulos tan coñecidos como Charlie e a fábrica de chocolate ou Matilda. Este ano 2015 Sushi books deitou ao galego os seus dous títulos autobiográficos, Boy (relatos de infancia) e Voando só

76 Revista Criaturas

s autobiografías son aburridas, iso é algo que Roald Dahl deixa perfectamente claro no comezo dos seus dous volumes de memorias. E se cadra non lle falta razón, a aposta por contar a propia historia habitualmente vese tinguida dunha sorte de competición coa memoria, na que rescatar o máis mínimo detalle e deixar unha especie de testemuño dos tempos son a miúdo os obxectivos principais. Unha tentación da que non se libran nin os grandes escritores pero á que o autor galés renuncia para quedar só con aquilo que interesa aos bos narradores: o relato, a impresión inesquecíbel, a anécdota que se conta saboreando a tensión narrativa, ás veces simplemente polo gozo de crear esa mesma tensión. Dahl non precisa nin forzar o recordo para ofrecernos as súas historias, se cadra porque, como ben di o subtítulo de Boy son antes relatos dun momento da vida que memoria precisa do vivido. Eses momentos que non se lle foron da memoria ao autor son, naturalmente, ben distintos en cada un dos libros. Boy relata os seus primeiros anos de vida, dende as primeiras lembranzas até a fin do seu proceso educativo e a súa marcha a África como empregado da Shell. Aínda que é certo que a propia historia familiar de Dahl, fillo dunha familia norueguesa asentada en


Gales, é suficientemente curiosa como para dedicarlle un libro, a maior parte deste céntrase nesas pequenas fazañas da infancia que nunca esquecemos na vida adulta. Trasnadas, por suposto, algunhas delas épicas e capaces de deixar unha lembranza duradeira tamén na memoria do lector mozo. Polo medio, as outras impresións de calquera neno: os traumas médicos, os veráns luminosos (que os Dahl pasaban en Noruega), ou a aventura do primeiro paseo en coche. Porén, destaca especialmente neste libro a relación coas institucións educativas. Sendo Roald Dahl un autor que brillou pola súa xestión do sinistro en libros pensados para a infancia, non deixamos de ver no tratamento desta parte unha técnica semellante. Porque o paso do autor por escolas e liceos afeccionados ao castigo físico e a humillación tería moito de tétrico se non fose peneirado pola forza do relato e a capacidade de Dahl de sacar un sorriso e unha chiscadela cómplice até do suceso máis duro.

Ficha técnica

Título Boy (relatos de infancia) / Voando Só Autor Roald Dahl Ilustracións Quentin Blake Editora Sushi books, 2015

Voando só, pola súa parte entra máis no clásico libro de lembranzas. Sorprendido pola II Guerra Mundial mentres traballaba na África Oriental, Dahl dedica case todo o libro a narrar a súa mobilización e a súa formación como piloto de guerra, así como o seu papel na aviación aliada. Os escenarios, entre África, Oriente Medio e a campaña de Grecia, dotan ao relato dun certo exotismo e, aínda que non faltan anécdotas curiosas e intranscendentes, fano avanzar tamén pola senda dos libros de aventuras. Dahl non se reserva nel ningún papel heroico, e aínda que as súas historias son trepidantes por momentos, temos a sensación constante de que está a dar un punto de vista honesto, do que non aforra a confusión, o medo, a inconsciencia e o absurdo que envolven calquera guerra. Dous volumes para asomarse á vida dun dos grandes nomes da literatura xuvenil do pasado século e facelo coa guía certa da súa man de narrador, a mesma que sempre tivo esa capacidade de marabillarnos. Revista Criaturas

77


crítica

Gracia Santorum

Janosch sobre a obra de Horst Ecker ( Janosch)

H Janosch Ilustrador e escritor en lingua alemá nacido en Zabdre (Polonia). Comezou a publicar nos anos 60 iniciando unha dilatada carreira como autor de literatura infantil.

orst Ecker naceu en 1931 nunha vila en Alta Silesia, preto da fronteira polaco-xermana. Nas súas palabras: “nacín ás 5:25 da mañá, a non ser que o reloxo non funcionase, o que é moi probable, porque a miña avoa só tiña un espertador de metal medio roto; pesaba 5,5 Kg, igual ca un ganso ben alimentado”. Viviu unha infancia de extrema pobreza; cando rematou a escola empezou a traballar nunha ferraría e cerrallaría e logo nunha fábrica de téxtiles. En 1953 mudouse a Múnich e inscribiuse na Academia da Arte pero botárono por falta de talento. Logo, estableceuse como artista independente. Un seu amigo, o editor George Lenz, foi quen lle recomendou dedicarse á Literatura infantil e propúxolle o seu nome artístico: Janosch. Asemade, foi el quen lle publicou o seu primeiro libro en 1960. Porén, o éxito tardou en chegar: non sería ata 1979 cando publicou o seu primeiro libro de sona internacional: “Que bonito é Panamá”. Os seus libros son amados polo lectorado máis novo e o máis adulto, xa que transmite valores como a amizade e a tolerancia cun toque de ironía e de humor. Os seus personaxes máis emblemáticos son Pequeno Oso e Pequeno Tigre, onde a tenrura e a simpatía combí-

78 Revista Criaturas


nanse á perfección, xunto coa inocencia. As ilustracións desprenden ese pouso de humor sentimental que amosan inocencia e optimismo.

A editorial Kalandraka ten publicado no noso idioma: .- Que bonito é Panamá! .- Correo para Tigre .- Imos buscar un Tesouro .- Eu curareite, dixo oso pequeno Este último presenta a doenza de Tigre Pequeno que requirirá os coidados máis cariñosos do seu amigo Oso Pequeno. Porque cando un enferma precisa mimos, e entre

amigos isto é ben doado. Ou cando menos iso é o que nos

Ficha técnica

Autor Janosch (Horst Ecker) Obra A súa obra supera os corenta títulos. En galego traducíronse catro deles, todos publicados por Kalandraka: Que bonito é Panamá! Correo para Tigre Imos buscar un Tesouro Eu curareite, dixo oso pequeno

amosa Janosch cos seus personaxes, onde a amizade é o valor máis digno que se pode ter. Todos os veciños amosan esta mesma actitude, e solidarízanse coa dor -ollo ao

humor presente sobre

todo no hospital!- dun dos seus amigos, por-

que estar enfermo é o peor que a un lle pode pasar.

Destacamos a Janosch como un autor que so-

bresae pola súa habilidade de imprimir tenrura combinada

con humor nos seus libros, de que aquela saiba espertar emoción no lector e de que sutilmente os nosos beizos debuxen un sorriso calmo. Unha mestura perfecta.

Revista Criaturas

79


crítica

Armando Requeixo

amañando o mundo sobre o humor na obra de Agustín Fernández Paz

M

isterio, humor, sensibilidade. Velaí tres sinais de identidade da escrita toda de Agustín Fernández Paz, voz referencial da nosa literatura nas últimas décadas.

Que a intriga (esa necesidade de desvelar segredos, razóns ocultas e avesos plans) e mais a sensibilidade (no individual, co imperio dos sentimentos, no colectivo coa memoria do pobo, os seus dramas, as súas alegrías) son ingredientes indispensables para ben comprender a obra do escritor vilalbés é doado de comprobar abrindo calquera dos seus moitos libros, nos que se amosa como un auténtico virtuoso do mistérico e, tamén si, das máis literais (e literarias!) adhesións cordiais.

Agustín Fernández Paz

Vilalba (1947) é un dos nomes clave na literatura infantil e xuvenil contemporánea, non só pola cantidade de títulos senón tamén polo seu éxito entre o lectorado máis novo.

80 Revista Criaturas

Mais desta volta quero determe nesoutro pé da trepia que percorre, transversalmente, a práctica totalidade dos títulos do autor: o humor. Nas súas máis variadas manifestacións (ironía, retranca, rexouba, hilaridade, humor conceptual), agás aquelas máis virulentas (sarcasmo, mordacidade, burla feroz), é unha bandeira narrativa que distingue a escrita de Fernández Paz, quen ten asinado libros nos que a súa pegada se fai notoria e mesmo se converte na columna vertebral. Por citar só algúns exemplos, son unha mostra acabada do que afirmo Contos por palabras (1991) ou O raio veloz (2010), no eido xuvenil, e Fantasmas no corredor (1993) ou A pastelaría de dona Remedios (2008), no infantil. Ende ben, estou convencido de que a proposta de Fernández Paz que máis nidiamente se inscribe no xénero do humorístico é a que representa a novela curta xuvenil O laboratorio do doutor Nogueira, publicada vai para vinte anos na colección Merlín de Edicións Xerais de Galicia con ilustracións -fantásticas- de Francisco Bueno Capeáns.


Cando en 1998 Fernández Paz ideou o disparatado e entrañable doutor Roberto Nogueira e mais a súa inseparable axudante Rosa Novoa procuraba a homenaxe aos grandes do cómic humorístico, tamén aos caricaturistas, viñetistas e outros grandes do xénero que, dende as imaxes en xogo coa palabra, nos achegaron, de sempre, a máis complexa realidade ollada a través do filtro do sorriso. Neste sentido, a dedicatoria do libro fala por si soa: “A Benejam, Coll, Escobar, Vázquez... e a todos os que, nos meus anos de neno, me ensinaron que o humor pode ser un xeito privilexiado de enfrontar a realidade. A Xaquín Marín, que segue a aprendermo cada día. E ó Profesor Franz de Copenhagen”. O laboratorio do doutor Nogueira instálase no territorio do humor por un desprazamento de realidades ou, máis ben, un desenfoque respecto da proxección da vontade e a comprensión do real social. Polo breve: a novela presenta as aventuras dun atípico científico que, no seu desexo por librar a Humanidade dos males que a aprisionan, encérrase no soto da súa mansión e, co concurso da súa axudante, inventa químicos remedios para tamaños males: contra a alopecia, un milagroso crecepelo que acaba transformando en lobishomes as persoas; contra o empobrecemento da linguaxe, un marabilloso fármaco que proporciona unha fluidez oratoria inicial que, ao final, rematará transformando as xentes en monstros verborreicos; contra o racismo, unha apócema que fai que todos os humanos de cor viren de raza branca, o que termina por causar o colosal enfado dos que non queren mudar de raza, pois senten que iso é a negación da súa esencia e, no fondo, a constatación dunha discriminación racial polo feito mesmo de seren convidados ao cambio. Daquela, o humor procede no libro do desenfoque entre o que semella unha boa solución e o que sabemos que é un auténtica barrabasada. É máis, hai un pouso de melancólico sorriso en todo, pois no proceso de lectura somos conscientes da actitude admirablemente quixotesca dos protagonistas, quen, como na célebre historia de Cervantes, pretenden amañar o mundo sen decatarse de que están fóra del, da comprensión das súas leis, do recoñecemento das súas dinámicas. O absurdo, a ignorancia do elemental e dos desastres que unha actitude errónea pode causar, explican por que o doutor Nogueira e Rosa Novoa (unha sorte de Batman e Robin hilarantes) non ven o que para os demais é evidente: que as súas solucións aos enormes problemas que presupoñen e que, xaora, non son tales, provocan un desaguisado de dimensións monumentais. O laboratorio do doutor Nogueira é un clásico do humor galego porque nel este xoga o papel revelador, didacta e hermenéutico ao que move sempre o mellor riso: a reflexión e a comprensión das razóns, causas e consecuencias do que nos rodea. E nese terreo, como en tantos outros, Agustín Fernández Paz é todo un mestre.

Revista Criaturas

81


crítica

Daniel Landesa

A filla do Gruffalo de Julia Donaldson e Axel Scheffer

U

Julia Donaldson

Nacida o 16 de setembro do 1948 é unha das autoras de literatura infantil británica máis recoñecidas na actualidade. Comezou escribindo cancións para programas infantís de televisión.

82 Revista Criaturas

nhas semanas antes de O Grúffalo (Patasdepeixe editora) saír do prelo chegoume á caixa do correo unha versión non definitiva da tradución que con tanto atino realizaron Laura Sáez, Piño Sáez e John Rutherford. Atopeime ante un deses libros que axiña entran na categoría de clásico moderno, esa etiqueta que tan a miúdo se encarga de acomodar libros de estrutura e fórmulas clásicas publicados na actualidade. Mais resulta que este exemplar realmente o é. É clásico porque emprega todos eses artificios dos que bebe calquera relato popular (oralidade, ritmo, rima, fabulación,...) mais cunha vestimenta de actualidade que vai máis aló da súa data de publicación. O Grúfalo é unha posta en escea renovada desaliteratura astuta (como non) que se transmite de xeración en xeración. Este ano o Grúfalo volve a Patasdepeixe, no seu empeño en achegar ao noso idioma pezas singulares do álbum ilustrado europeo, da man da súa filla na secuela do popular libro de Julia Donaldson e Axel Scheffer. Se no primeiro volume, editado orixinalmente no ano 1999, atopamos no camiño un astuto rato que xoga cos medos dos seus predadores para evitar formar parte do seu menú cun xeito de imaxinación intelixentísima, neste segundo volume


Ficha técnica Título

A filla do Grúfalo faremos o camiño de volta acompañando á pequena Grufaliña nunha procura chea de inocencia e, sobre todo, valente curiosidade. Volve estar presente o medo nas criaturas do bosque mais sempre acompañada cun fino sentido do humor que a narración non perde nesta segunda entrega. O grúfallo xa non é a fera máis temida do bosco malia as súas evidentes condicións naturais. O relato d’A filla do Grúfalo comeza cun evidente cambio de roles, agora é o feble rato o animal misterioso e temido e será a curiosidade da cativa quen faga de fío condutor.

Autora Julia Donaldson Ilustracións Axel Scheffer Tradutores Laura Sáez e Piño Sáez Editora Patasdepeixe, 2015

Resulta moi interesante a elección do título da tradución ao galego. Na versión inglesa orixinal (The Gruffalo’s child), non hai flexión de xénero, polo que child pode referirse tanto a filla como a fillo. As linguas da nosa contorna máis próxima (castelán e portugués) escolleron que a crianza do Grúfalo fose un neno mentres que a edición galega opta pola considerala, como no caso da tradución italiana, unha nena. No ano 2009, coincidindo co décimo aniversario da primeira edición do Grúfalo, a propia Julia Donaldson recoñece en varias entrevistas, que se trata dunha cativa e que, ademais, foi unha elección consciente e meditada. O acerto da tradución galega fai resaltar o traballo de enorme coidado que este selo dedica a cada un dos seus volumes. Revista Criaturas

83


imaxe: ‘Old corner book store’. (Boston) [imaxe da Biblioteca Pública de Boston]


librarĂ­as


Onde viven os contos

O mundo do libro non só son os libros. En Criaturas queremos saber como son as súas casas, as paredes que os acollen mentres non chegan as mans dos seus lectores. El pozo de los tres deseos (Cangas do Morrazo) é unha desas singulares pequenas librarías especializadas que lle dan unha vida chea de vida a cada un dos seus habitantes.

86 Revista Criaturas


E

sta aventura comezou no ano 2008, cando dúas amigas xuntaron as súas emocións para crear un lugar único en Galicia. Giovanna Chapela e Carmen Montes son de Cangas, e por aquel entón, Carmen traballaba no mundo da publicidade en Vigo, e Giovanna, logo dunha tempada traballando en Londres, coidaba do seu pequeno, de volta en Galicia. O fastío do mundo empresarial, das présas e da cidade, por unha banda, e a necesidade desesperada de atopar cousas para educar o seu fillo pola outra, fixeron que Carmen e Giovanna decidiran deixalo todo para comezar a darlle voltas a un novo proxecto. Aínda non sabían cal, pero sabían que tiña que ter libros, arte, e que tiña que ser algo diferente. Como eran dúas persoas alleas ao mundo da LIX, pensaron que o máis importante era informarse. Pasaron case un ano na casa buscando información sobre o sector, contactando editoras, visitando

librarías… E todo este esforzo fixo que chegaran a saber o que querían: Unha libraría especializada baseada nos libros, nos obradoiros e nos xogos. Despois chegou a aventura da busca dun fogar para o proxecto. Percorreron Cangas de arriba abaixo para buscar o lugar. A única condición: os nenos tiñan que ter espazo para ir andando ata a libraria e espazo para xogar diante sen coches que os molestasen (Tonucci asentiría compracido). Logo de moito buscar, chegaron á rúa do Sol, onde un local sombrizo e chamicento que non facía honra ao nome da rúa acabou por namoralas. O interior era vello, escuro e húmido, e tiña un almacén na parte traseira cheo de refugallos. Porén, estas mozas deixaron voar a imaxinación e alí sentiron que alí habían quedar. Meses despois, as paredes negras deixaron ver o fermoso granito, o chan transformouse nunha tarima de madeira noviña de todo, as paredes cubríronse de andeis, e os andeis enchéronse de libros. Por fin o sol entrara naquela casiña de pedra.

Revista Criaturas

87


A librería abriu as súas portas en outubro de 2008, ofrecéndolle á zona vella de Cangas un lugar único non só no seu deseño, senón pola proposta cultural que El pozo implicaba. A selección do libro. Lembro perfectamente a primeira vez que entrei no Pozo de los tres deseos. Debeu ser ao pouco de abriren, e non podía dar crédito que alí… en Cangas! puidese ver o que estaba vendo. Supoño que ao vir da cidade (é dicir, do outro lado da ría), dábame moitos aires, e non concibía que naquel recunchiño branco e verde duns dez metros cadrados vivisen os Media Vaca, os Jimmy Liao, os Suzy Lee, os Barbara Fiore, os Zorro Rojo, todos, todiños eles alí nos andeis agardando polos seus lectores.

Pero iso non foi todo. Mentres limpaban o almacén, que había de converterse no salón para facer obradoiros e contacontos, atoparon… Un pozo! Un pozo de verdade, dos de antes, no que guindabas unha pedriña e ao cabo duns segundos oes… glub! Aló foi o nome que tiñan pensado para a libraría, porque este pozo había converterse na seña de identidade do local. Un pozo onde por suposto, habita un duende, que concede desexos aos pícaros e pícaras que guindan nel fabas e pedriñas. Daquela naceu El pozo de los tres deseos. Carmen e Giovanna xa tiñan unha idea, un local, e un pozo!

88 Revista Criaturas

A selección de libros daquela librería impactoume. A aposta tan forte polo álbum ilustrado para nenos e para adultos fixo que Carmen e Giovanna ganaran o meu respecto en medio segundo. Ademais, creo que foi das primeiras librerías que visitei en Galiza que por

aquel entón non mandaban o libro galego ao andel-ghetto do “Gallego”. Nos andeis de El Pozo mesturábanse os libros de Kalandraka cos de Kókinos, os de OQO cos de Ekaré, e todos así, ben mesturadiños e revoltos.


Os criterios de clasificación eran outros: por idades, por temas, por tamaños… como tiña que ser, vaia. Cando lle preguntei a Giovanna polos criterios de selección dos libros para a librería, a resposta foi breve: “A nós o que nos interesa e nos moveu desde o comezo é a arte. Queremos mostrar os camiños da arte, e a arte como forma de entender o mundo desde as primeiras lecturas. E así, con ese criterio, seleccionamos os nosos libros. Mesmo tiñamos un eslógan, para facelo máis fácil: “Mundo Disney e Mundo Tele, Non!” Hai tanto que ver, que hai cousas que sobran, polo menos aquí”.

O xoguete. Outra cousa sorprendente aló polo 2008 é que esta era unha das poucas librarias que dedicaban tanto esforzo á selección do libro como á selección do xoguete. Hoxe é máis fácil atoparmos librarías-xogueterías, pero daquela, El pozo de los tres deseos foi pioneira tamén nisto. Por suposto, tampouco lles valía calquera xoguete. Carmen e Giovanna fixeron un enorme esforzo por buscar xoguetes por toda Europa que contasen coas mellores valoracións pedagóxicas, e só ofrecen obxectos que teñan un desenvolvemento pedagóxico de fondo. De feito, quen visite El Pozo darase conta de que os xoguetes que alí venden non son xoguetes normais, primeiro, porque non se atopan

Revista Criaturas

89


Se a túa criatura non ve aquí unha mesa. Falamos.

@juegamates


en ningún outro sitio. E segundo, porque sempre hai algún cativo espatarrado polo chan, xogando cos xoguetes que teñen de mostra. Os obradoiros. Desde os seus comezos, El pozo de los tres deseos desenvolveu unha forte liña de obradoiros de arte. Estes tiñan lugar na parte de atrás da libraría, un espazo enorme cuxas paredes teñen árbores, cunha porta que dá a unha pequena leira e por se fora pouco, cun pozo no medio do cuarto. Os obradoiros tiveron tanto éxito que mesmo acabaron por facer no ano seguinte unha exposición na sala de exposicións do concello, pois Giovanna e Carmen converteran a metade dos pícaros

de Cangas en artistas en potencia, e iso había que mostralo! Na parte de atrás da librería non só hai obradoiros de arte. Hai contacontos, presentacións de libros, reunións de editores independentes de todas partes, debates… É un lugar escondido e máxico, onde calquera cousa pode pasar. A experiencia vital de seren libreiras. No ano 2014, a librería pasou por un cambio estrutural e agora é Giovanna quen leva as rédeas deste recuncho máxico. Segundo ela, ser libreira só ten unha desvantaxe, común a todo canto autónomo/a hai neste país: A tiranía da burocracia e as ataduras dos horarios. Polo de-

máis, é o mellor traballo do mundo. Ver pasar os cativos polo escaparate e os sorrisos desde a rúa, como turran dos seus pais para entraren na libraría mentres eles van apurados porque lles pecha o súper. Ver medrar os nenos e nenas da vila, non só fisicamente, senón ver como o pouso das lecturas que alí axudan a formalos como persoas. As amizades cos pais, sentir afinidades entre a xente, coñecer milleiros de persoas cada día. Aprender a lidiar cos clientes repunantes e cos encantadores. Todo, todo son vantaxes. E para rematar… un libro. Para rematar, a pregunta do millón. Pregunteille a Giovanna cal era o seu libro favorito. Non o pensou nin medio minuto: “Érase 21 veces caperucita roja”, de Media Vaca, e calquera de Olivia. Olivia, por suposto. E co sorriso que nos deixou o recordo desta porquiña tan linda, rematamos a entrevista e fomos por un café.

Revista Criaturas

91


imaxe: fotografía dunha das actividades do Salón do Libro de Pontevedra. ©Alba Sotelo e Edu Banga


librarĂ­as


O sal贸n que non quixo ser feira Texto: Ana L贸pez. Pontevedra

漏Alba Sotelo e Edu Banga


S

on as dez da mañá do 27 de febreiro. A rúa Alexandre Bóveda quedou en relativo silencio despois de que a habitual procesión de coches e autobuses para os colexios e institutos se fose desfacendo pouco a pouco. Os estudantes están nas aulas e os pais, os máis afortunados nos tempos que corren, nos seus postos de traballo. Ata dentro das oficinas do Pazo da Cultura comezan a chegar as voces de nenos. Lonxanas primeiro, co ton alto dos berros da infancia minutos despois. Son os nenos do CEIP Pedro Antonio Cerviño de Campo Lameiro. Eles non son conscientes , pero son uns privilexiados: serán os primeiros en coñecer a XVI edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, un evento que nunca quixo ser feira. Na porta, agárdaos o lobo Orbil (a palabra ‘libro’ escrita do revés), a mascota de tan especial cita coa lectura; un animal que esperta paixóns entre os máis pequenos. Non sei como será o rato Mickey de Euro Disney, pero podo asegurar que o noso personaxe local ten un tirón incrible. Poucas veces vin tanto ‘selfie’ por minuto. Diso pasou xa máis dun mes e agora o Pazo da Cultura volve estar baleiro, agardando por algunha exposición, feira ou evento singular. Foron máis de catro semanas adicadas en exclusiva ás letras -en galego maioritariamente-, aos libros e a máis de 300 actividades para tódolos gustos que enredaron a 34.000 persoas. Contacontos, obradoiros, teatro, danza, cinema, charlas, presentacións de libros… formaron parte dun programa que este ano levou por título ‘Da ciencia á ficción’. A desmontaxe non durou nin dous días, canta rapidez para un traballo que levou semanas á Asociación Paspallás! Begoña Paz, unha das directoras artísticas do traballo de decoración xunto con María Paz, asoma a cabeza pola oficina de Prensa e saúda sorrindo: “Ola! Canto tempo!”. Certo, parece que pasara moito dende que ela e os seus compañeiros se afanaban en pintar as paredes da sala de exposicións do Pazo, “inspirándonos en películas como Star

Wars, Alien ou 2001, Odisea no espazo”, como ela mesma recoñecería aos xornalistas. Levan unha década adicando o seu tempo a pensar o mellor xeito de sorprender a nenos e adultos en cada edición do Salón do Libro. Non é unha tarefa fácil, pero a realidade é que consiguen deixar coa boca aberta ao público ano tras ano. Neste fixérono, entre outras cousas, cun ovni de grandes dimensións ‘aparcado’ no teito e do que un alieníxena xurdía entre unha néboa de luces de cores.

O Salón do Libro ten tocado moitas temáticas, pero sen dúbida a deste ano, baseada na ciencia e na ficción, prometía moito, e tanto foi así que ata Pontevedra chegaron, para colaborar, persoas e institucións doutros puntos de España e tamén do extranxeiro. Rosana Largo foi unha delas. A vallisoletana aportou unha exposición con estruturas de seis contos clásicos: Carapuchiña Vermella, As viaxes de Gulliver, Pinocho… O espazo que o seu traballo ocupou, recibindo ao público, foi dos máis aplaudidos e fotografados. Tamén participaron con mostras a Fundación Museo de la Ciencia de Valladolid, o museo Nacional de Ciencia y Tecnología (Muncyt) e a Fundación Barrié, entre outros. O listado de colaboradores é longuísimo, polo que entre libros e contos se sucederon os obradoiros e charlas do Centro Superior Revista Criaturas

95


de Investigacións Científicas (CSIC), das universidades de Vigo e Santiago, do Consello da Cultura Galega, do Parque Tecnológico de Galicia (Tecnópole), das asociacións galegas de Escritores en Lingua Galega, de Editores e de Ilustradores, que se uniron a outros colectivos a nivel local, como o Seminario Permanente de Jazz, a Banda de Música de Pontevedra, orquestras da cidade, a Galería Sargadelos ou a Biblioteca Pública Antonio Odriozola. Pero ese listado quedaría incompleto se non se nomease a persoeiros recoñecidos como o psicopedagogo italiano Francesco Tonucci ou o músico portugués Paulo Lameiro, que tamén estiveron na cidade do Lérez para esta ocasión. E, coma sempre, os habituais do Salón do Libro, eses escritores sen os cales este evento non tería sentido: Agustín Fernández Paz, Marilar Aleixandre, Luis Rei, María Solar, Ledicia Costas, Lucía Aldao, María Lado, Elena Gallego… Non fai falla falar coa organización para saber que os colexios son os verdadeiros protagonistas do Salón do Libro. Sobra con botar un ollo á sala de exposicións para ver que o lugar privilexiado estaba ocupado polos traballos que os nenos aportaron. O resultado nunca é perfecto -de ter sido sería para sospeitar!-, pero non hai mellor recompensa que velos chegar ao Pazo da Cultura collidos das mans ou agarradiños a unha corda buscando cos seus mestres o espazo específico no que se atopa a súa creación. Aí xurde sempre algún flash.

96 Revista Criaturas

Cada ano o número de centros escolares que participa coa cita coa lectura vai en aumento. Nesta edición foron 40 e as súas visitas serviron para que os rapaces chegasen ás súas casas contando mil e unha aventuras que animaron aos seus pais a levalos de volta un día tras outro. Non hai público máis fiel que o infantil. “Había nais que me contaban que os seus fillos lles preguntaban o resto do ano cando comezaba o Salón do Libro”, asegura Luz Pérez, encargada do posto de información instalado á entrada do Pazo. Entre as novidades do Salón para este ano figurou a súa extensión tanto en tempo como en espazo. A XVI edición durou unha semana máis que as anteriores e ocupou tamén o Recinto Feiral. Houbo días nos que as instalacións eran un auténtico fervedoiro de nenos, horas dignas de tirar de ibuprofeno ou paracetamol, pero tamén outros, non vexo razón algunha para negalo, moito máis tranquilos, tardes desas nas que o bo tempo gaña a partida á cultura, que pasa a ocupar un segundo plano. Coméntase polos corredores do Pazo da Cultura que a vindeira entrega xa está comezando a xestarse. Aos xornalistas, nestes casos, cóntasenos o xusto. É cuestión de ir coller un café disimuladamente e poñer a orella a ver se cae algunha palabriña que nos dea unha pista sobre a temática do ano que vén, unha cuestión que cada ano xera un titular de apertura nas seccións de Cultura dos xornais locais. Entre os papeliños que os asistentes depositaron na furna de suxestións estes días, algúns nenos pediron “que trate de animais”. Creo que me uno á súa petición. Non sei de que maneira se podería materializar este título, pero se me ocorren varios xeitos de facelo sen que anoxemos aos amigos ecoloxistas nin convirtamos isto nun circo, nin zoolóxico nin nada parecido. Iso si, xa avanzo que calquera parecido deste desexo meu e dos pequechos coa realidade sería pura casualidade.


97

Revista Criaturas ŠAlba Sotelo e Edu Banga


98 Revista Criaturas


Entrevista

Anxos Riveiro responsable do Sal贸n do Libro e concelleira de Cultura de Pontevedra

Revista Criaturas

99


Falamos con anxos riveiro responsable do Salón do libro de Pontevedra

En 2016 o Salón do Libro mudará de mes e celebrarase en abril” Texto: Ana López. Pontevedra

Remata un novo Salón do Libro de Pontevedra. Que balance fai? Moi positivo. Tendo en conta sobre todo que é un Salón que vén dunha serie de cambios que comezamos no 2014 e que se consolidaron este ano. O proxecto vai cara un formato moi diferente no 2016, cando nos gustaría iniciar unha nova etapa. Cantos ‘salóns’ ten Anxos Riveiro detrás? Con este, levo catro anos, un tempo durante o cal o Salón do Libro foi mudando igual que o fixo a cidade de Pontevedra. Neste período tamén mudaron as editoriais e os hábitos de lectura. O que a xente non sabe é que organizar cada edición leva case un ano enteiro.

100 Revista Criaturas

De feito, a edición XVII xa comezou… Si. É fundamental organizalo con tempo porque queremos que sexa un proxecto serio, que agrade e introduza novidades. A idea é que sexa algo diferente ao que os nenos poden atopar nas actividades extraescolares ou nos propios centros de ensino. Iso require un traballo de moito tempo e de falar con moita xente, porque a participación é fundamental nesta iniciativa. E parece que xa están a falar da temática do Salón do Libro 2016… Aínda non está claro a día de hoxe o tema porque estamos agardando tamén a aportación de ideas dos editores galegos e doutros colectivos moi vinculados ao Salón. O que si podo avanzar é o cambio de data, xa que terá lugar en abril. Tamén hai algunha novidade máis que aínda non podo contar. Vai todo nese camiño de seguir dándolle unha


volta ao Salón, tanto ao espazo como á filosofía. Será algo moi fermoso que fará que o de Pontevedra se diference aínda máis doutros deste estilo. Porque hai moita xente que pensa que isto é unha feira do libro. Claro, pero non o é porque naceu coa finalidade de achegar e promover a lectura entre os máis pequenos, pero nunca quixo ser unha feira do libro. Quen sabía no 1999 que era un contacontos? Foron xurdindo propostas nun espazo divertido e diferente. A cara visible do Salón do Libro son os monitores, pero hai máis persoas detrás… Quen está ao pé do canón son os monitores, son unha parte fundamental, pero si que é certo que hai outras persoas imprescindibles, dende a xerencia ata a producción, mantemento… pasando polo gabinete de prensa e de atención aos centros de ensino, cuestión esta última que leva moitísimo traballo. Tamén hai que ter en conta a todas esas asociacións que colaboran aportando contidos, ideas ou actividades. Pódese cuantificar a repercusión do Salón do Libro? Para nós é moi importante que se vexa que Pontevedra é unha cidade vizosa na que tratamos marabillosamente aos nenos, esas persoas principais. É difícil cuantificar en cultura; o importante é

sacar proxectos adiante. Para min non hai maior cuantificación que o feito de que de cada Salón do Libro quede pouso e que sirva como motivación para achegarse á cultura. Coñécese fóra de Galicia esta labor? Bueno, isto é un traballo de formigas. Darnos a coñecer fóra e poñernos en valor é un obxectivo. Hai algún tipo de dato ou estatística que demostre que o Salón do Libro axudou ao fomento da lectura entre os máis pequenos? Non. Iso é moi difícil. Ao final co que nos movemos é coas sensacións, que son difíciles de cuantificar, pero que falan de que por aquí pasan miles de nenos. O Salón do Libro axuda á apertura a cultura, a que en tódalas familias estea presente a literatura dalgún xeito. Os nenos len en galego? Len perfectamente. As barreiras ao idioma poñémolas os adultos. O 99 por cento dos libros que hai no Salón están en galego e os rapaces o pasan estupendamente. Os nenos non teñen ningún tipo de prexuizo. Os prexuizos están fóra, arriba de todo. Revista Criaturas

101


.gal

Profile for REVISTA CRIATURAS

REVISTA CRIATURAS #NÚMEROUN  

REVISTA CRIATURAS. Número un. O humor. Abril 2015. CRIATURAS.GAL A revista Criaturas é unha publicación dixital dedicada á Literatura Infan...

REVISTA CRIATURAS #NÚMEROUN  

REVISTA CRIATURAS. Número un. O humor. Abril 2015. CRIATURAS.GAL A revista Criaturas é unha publicación dixital dedicada á Literatura Infan...

Advertisement