REVISTA CRIATURAS #NUMEROCERO

Page 41

ou por cubrir ese baleiro. Este ano, en concreto, o Premio Merlín foi Escarlatina, a cociñeira defunta, que me parece un texto moi novidoso na literatura infantil en galego. Iso independentemente de que en Escarlatina tamén haxa receitas, e de que ademais dunha obra literaria tamén sexa un libro de cociña. Creo que necesitamos que os autores vexan esa necesidade de traballar estes temas, deixando un pouco o tema realista. Ás nenas e os nenos de aquí vanlle gustar tanto coma os que veñen doutras tradicións, e os editores estamos dispostos. Falta atrevemento dos autores. Jacobo Fernández. Os autores traballan coa súas influencias e hai que perder os medos. Helena Pérez. O que pasa é que moitas veces as obras que nos chegan son libros que se prescriben nos centros escolares, libros de lectura, e os autores deixanse levar polo seu didactismo. Hai un exceso de didactismo e quizais sería o momento de evitalo porque, realmente, a literatura é iso, pasalo ben, gozar e divertirse lendo. No momento en que os

libros rompan coa prescrición e dean o salto e se vendan a maiores, poderemos arriscar. Por exemplo, Geronimo Stilton foi capaz de saltar e de venderse non só pola prescrición escolar, senón que foi quen de venderse nas librerías polo ti a ti, como pasa con moitas películas. Jacobo Fernández. E incluso é cultura. Sería tamén marca de imaxe ao exterior. Algo do que hai que presumir e que hai que exportar, presentalo como un valor. BIBLIOGRAFÍA Jacobo Fernández Serrano: Marcopola, a illa remeira: As orixes de Marcopola; Vigo: Edicións Xerais, 2012. Marcopola, a illa remeira: Os piratas da Lúa; Vigo: Edicións Xerais, 2013. Marcopola, a illa remeira: Dragoneta; Vigo: Edicións Xerais, 2014. Os amigos de Archimboldo Roque, Vigo: Factoría K de libros, 2008, Mil cousas poden pasar I, Vigo: Edicions Xerais, 2009. Mil cousas poden pasar II, Vigo: Edicions Xerais, 2011. A gardería de dona Bixelmina, Vigo: Edicions Xerais, 2005. Burton, T., La meláncolica muerte de Chico Ostra, Barcelona: Anagrama, 2000. Poe, E.A., Cuentos macabros, Il. Benjamin Lacombe, Madrid: Edelvives, 2013. Costas, L., Escarlatina, a cociñeira defunta, Vigo: Edicions Xerais de Galicia, 2014. Mi nombre es Stilton, Gerónimo Stilton, Barcelona: Destino, 2010 Toriyama, A., Dragon Ball : ultimate edition; Barcelona: Planeta DeAgostini, 2006. Shelley, M., Frankenstein ou o moderno Prometeo., Vigo: Galaxia, 2000. Tolkien, J.R.R., O Hobbit, Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 2007. FILMOGRAFÍA La novia cadáver. Director: Tim Burton. Piratas del Caribe: la maldición de la perla negra. Director: Gore Verbinski. Monstruos, S.A.. Director: Dan Scanlon. Mi vecino Totoro. Director: Hayao Miyazaki. La Princesa Mononoke. Director: Hayao Miyazaki.

Revista Criaturas

41


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.