FILOSOFÍA PARA NENOS/AS CON "ROSA CARAMELO"

Page 1

FILOSOFÍA PARA NENOS E NENAS Sesións Día Internacional da Muller Recursos de carácter intercultural cultural empregados Imos usar o libro Rosa caramelo de Adela Turin e Nella Bosnia.

Ilustración 1: Portada do libro

Normas do xogo dialóxico Descargamos pictogramas do sitio Arasaac e, con eles, representamos graficamente as regras que queremos seguir durante o diálogo. Nesta ligazón pódense consultar: http://atropadepaulo.blogspot.com.es/2016/09/as-regras-do-xogo.html

Habilidades de pensamento e preguntas para o diálogo •

Conceptualización: formular conceptos precisos. ◦ Relemos o texto. ▪ Hai algunha palabra que non coñezades? Cal? ▪ Que é unha peonia?

Percepción: observar cores. ◦ Miramos atentamente os elefantes do conto. ▪ De que cores son os elefantes?

Tradución: interpretar. ◦ E por que teñen esas cores?

Que tema/concepto/valor estarei traballando? •

Bo gusto: manifestar preferencias. ◦ Reflexionamos sobre a vida das elefantas. ▪ Que facían as elefantas rosas todo o día? E os elefantes? ▪ Que vida vos gusta máis? Por que?

Páxina 1 de 3

26/02/18


Liberdade/disciplina: pensar sobre a fuxida das elefantas. ◦ Falamos: ▪ Onde vivían as elefantas rosas? Por que vivían alí? ▪ Que fixeron ao quinto día? E por que? Pensamos como se sentían alí dentro.

Avaliación figuro-analóxica Servíndonos de novo de pictogramas, comezaremos un breve diálogo final onde reflexionemos sobre a sesión. A folla de pictogramas e as preguntas avaliadoras pódense ver nesta ligazón: http://atropadepaulo.blogspot.com.es/2016/11/a-avaliacion-figuroanaloxica.html

Rexistro do diálogo Ao non dispoñer de gravadora de sons, utilizaremos para rexistrar as sesións a aplicación Android Easy Voice Recorder.

Organización espacial e temporal Levaremos a cabo as sesións nas 6 aulas de EI adaptando as preguntas ao desenvolvemento e características de cada grupo-clase. Usaremos a zona que serve de asemblea en cada aula.

Desenvolvemento das sesións 1. Comezaremos colocándonos en corro, de tal maneira que nos vexamos todos/as mutuamente. 2. Lerei o conto ou veremos o vídeo. 3. Iniciaremos o diálogo lembrando antes as normas do mesmo e usando as preguntas antes comentadas (véxase anexos). 4. Remataremos de ler o conto. 5. Pasaremos, logo, á avaliación figuro-analóxica. 6. Remataremos coa representación gráfica.

Bibliografía consultada •

TURIN, A. e BOSNIA, N. (2016): Rosa caramelo. Pontevedra: Kalandraka.

SÁTIRO, A. (2012): Jugar a pensar con niños de 3 a 4 años (Proyecto Noria). Barcelona: Octaedro. + INFO: http://atropadepaulo.blogspot.com.es/2018/01/filosofando-cunha-sopina.html

Páxina 2 de 3

26/02/18


ANEXO I Preguntas para a 1ª sesión •

Relemos o texto. ◦ Hai algunha palabra que non coñezades? Cal? ◦ Que é unha peonia?

Miramos atentamente os elefantes do conto. ◦ De que cores son os elefantes? ◦ E por que teñen esas cores?

Reflexionamos sobre a vida das elefantas. ◦ Que facían as elefantas rosas todo o día? E os elefantes? ◦ Que vida vos gusta máis? Por que?

Falamos: ◦ Onde vivían as elefantas rosas? Por que vivían alí? ◦ Que fixeron ao quinto día? E por que? Pensamos como se sentían alí dentro.

Páxina 3 de 3

26/02/18


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.