PuntoPSdeG 3

Page 1

BOLETÍN INFORMATIVO DO PSdeG-PSOE

punto

PSG DE

02 AS NOSAS CANDIDATURAS // Os socialistas presentamos un proxecto ilusionante. 04 O NOSO PROGRAMA // Temos un plan para cambiar o rumbo de Galicia. 06 PACHI VÁZQUEZ // Coñece máis a fondo ao noso candidato á presidencia da Xunta. 07 ENREDANDO // ¿Que se move nas redes socialistas? Vídeos, fotos, webs...

“Precisamos unha saída xusta da crise preservando a educación e a sanidade”

www.pachivazquez.es

PACHI VÁZQUEZ

PROGRAMA

21-O

ELECCIÓNS AUTONÓMICAS 2012

CANDIDATURAS

NAS REDES

Biografía do candidato: unha traxectoria cunha sólida vocación social e de servicio

Emprego, economía produtiva e dereitos sociais, os alicerces do noso proxecto

O PSdeG presenta ás eleccións un equipo progresista, de esquerda e galeguista

Unha nova páxina web concentra toda a marea socialista nas redes sociais

¿Sabes por que Pachi se chama Pachi? Aquí poderás coñecer todos os pormenores.

Resumimos en 25 puntos as principais propostas do noso programa electoral.

Os nosos candidatos ofrecen un proxecto serio e responsable para sacar adiante este país.

www.pachivazquez.es é unha ferramenta de participación para que ti sexas mensaxeiro do cambio.


2

21-O ELECCIÓNS AUTONÓMICAS 2012

A NOSA CANDIDATURA

“Precisamos un goberno que saia da crise preservando os dereitos” O candidato socialista á presidencia da Xunta, Pachi Vázquez, presentou aos 95 candidatos e candidatas do PSdeG-PSOE co obxectivo de “presidir un goberno de progreso, un goberno forte, cunha maioría clara para a saída xusta da crise preservando a educación, a sanidade e os dereitos de todos e todas”. Pachi Vázquez presidiu un despido en sanidade ou no persoal acto cos candidatos socialistas docente” para manter a calidade no parque de San Domingos de dos servizos públicos, aprobará un Bonaval, en Santiago de Com- plan de emprego xuvenil para postela, no que presentou “un garantir a contratación de 25.000 goberno de progreso cunha cla- mozos e mozas, dixo que “un ra maioría para facer realidade os país cun 50 por cento de paro xusoños dos galegos e galegas e venil escribe a súa sentenza de acabar co pesadelo dunha derei- morte”, e comprometeuse a recuta que fixo culpables ás vítimas da perar a gratuidade dos libros de crise”. texto. Vázquez presidiu este Pachi Vázquez dixo acto no que presenhoxe que Galicia tou o lema de será “o bastión PACHI VÁZQUEZ p r e c a mp a ñ a para frear a ‘Galicia quere, unha dereita “OFRECEMOS UNHA Galicia pode’ insensible” e GALICIA ALEGRE, e ofreceu aos aos recortes galegos e gaque repreFORMADA, legas “cambiar sentan “Rajoy INNOVADORA, o sufrimento e o seu correspor crecemenponsal en GaliCOMPETITIVA” to” económico cia Núñez Feijóo”. sempre “preservando Apuntou que “nunca a educación, a sanidade e os Galicia foi tan decisiva, undereitos dos galegos e galegas”. has eleccións galegas tiveron tanO candidato do PSdeG-PSOE ta importancia nin nunca tanta presentouse disposto a encabezar xente estivo mirando para os gao “equipo do socialismo galego legos e galegas” porque, dixo, para que Galicia cambie” a un go- “Galicia é decisiva” para “facer vaberno “progresista, de esquerda e ler a nosa forza e dicir basta”. galeguista” grazas aos 49 homes e Engadiu que “temos a opor46 mulleres que concorrerán as tunidade de expresarnos fronte á eleccións autonómicas. Dixo que dereita, e a mellor expresión de o equipo socialista preséntase vontade política é ir ás urnas” para “con humildade, franqueza, seguridade e confianza para ofrecer un proxecto e ideas para sacar OS NOMES PROPIOS adiante este país”. Suprimir o copago Pachi Vázquez retratou a situación difícil dos principais sectores económicos e industriais de Galicia e ofreceu un “modelo de Galicia alegre, innovadora, competitiva, formada, optimista, para a que os dereitos sociais son o primeiro”. Lembrou a proposta de suprimir o copago aos pensionistas ou a anulación dos convenios cos colexios que segregan por sexo. Anunciou que un goberno socialista “non fará un só

A Coruña

Lugo

Ourense

Pontevedra

1. Francisco Caamaño Rodríguez 2. José Luis Méndez Romeu 3. Beatriz Sestayo Doce 4. Xosé A. Sánchez Bugallo 5. Marisol Soneira Tajes 6. Emilio Vázquez Blanco 7. Marián Ferreiro Vidarte 8. Alicia Ferreiro 9. María Torres Pose 10. José Miguel Alonso Pumar

1. Concepción Burgo López 2. Juan Carlos González Santín 3. José Ramón Val Alonso 4. Ricardo Vicente Docasar Docasar 5. Mª Elba Veleiro Fernández 6. Miguel Ángel Fernández López 7. Horacio Rouco Ferro 8. Fe Álvarez Sánchez 9. Leticia Seara Losada 10. María Loureiro García

1. Manuel Vázquez Fernández

1. Abel Fermín Losada Álvarez 2. Patricia Vilán Lorenzo 3. Pablo García García 4. Carmen Gallego Calvar 5. José Manuel Gallego Lomba 6. Julia López Vázquez 7. José Manuel Civeira López 8. Silvia González Pereira 9. Julio Torrado Quintela 10. Belén Louzao Vieites

2. María Remedios Quintas Álvarez 3. Raúl Fernández Fernández 4. Mª Carmen Acuña do Campo 5. Noela Blanco Rodríguez 6. Juan Carlos Francisco Rivera 7. Eladio Osorio Montenegro 8. María Jesús Boo Montes 9. Jonathan Da Silva Vecino 10. Ana María Rodríguez Blanco 11. Teresa González Fernández


21-O ELECCIÓNS AUTONÓMICAS 2012

FUNCIONARIOS

AUTOGOBERNO

“CUN GOBERNO SOCIALISTA NON HABERÁ UN SO DESPIDO EN SANIDADE OU NO PERSOAL DOCENTE”

“HAI QUE DEFENDER UNHA GALICIA QUE CREA EN SI MESMA E NON SE POÑA DE XEONLLOS”

3

A GALICIA QUE NON QUEREMOS

“Feijóo quixo dividir Galicia en dúas: a Galicia dos que poden pagar e a dos que non poden pagar” EXTRACTO DO DISCURSO DE PACHI VÁZQUEZ ANTE O COMITÉ NACIONAL GALEGO

Pachi Vázquez presentou en Bonaval, en Compostela, os candidatos socialistas ó Parlamento de Galicia.

dicirlle a Feijóo e Rajoy que “non queremos nin mais enganos nin mais sufrimento”. Axenda oculta Advertiu de que a “axenda oculta” do PP consiste en “ir polas pensións e as prestacións de desemprego dos galegos e das galegas, destrozar a sanidade e minorar a educación pública”. O candidato socialista ofreceu “un goberno para defender a Galicia e non para bailarlle a auga a Rajoy”. Presentou un modelo de esquerda que garanta “a educación, a sanidade e a dependencia”,

que defenda un sistema financeiro propio, que garanta o crédito e “devolverlle os cartos aos 43.000 galegos e galegas estafados pola fraude das preferentes e subordinadas”. Pachi Vázquez defendeu “unha Galicia que crea en si mesma e non se poña de xeonllos” e advertiu que “poñeremos pé en parede para defender o noso autogoberno, o respecto á nosa lingua e a cultura galegas”. Anunciou o “rexeitamento frontal a quen teña a intención de minorar o noso autogoberno e diminuír as nosas competencias”.

Compañeiras e compañeiros, grazas. Feijóo quedará no recordo das galegas e dos gaNon perdamos o tempo con frases feitas e pa- legos como o presidente que incumpriu na súa tonos quentes. Hai que dicirlle á xente a verdade den- talidade aquel famoso contrato con Galicia, que de o primeiro momento e falar claro. ía ser a panacea e non foi mais que unha mentiEstamos metidos na crise máis voraz e de- ra masiva. Quen ía resolver todos os problemas predadora que viron as galegas e os galegos. E dela de Galicia, algúns en só 45 días, como o do paro, non se sale con sufrimento e castigando aos tres anos despois so deixa recesión e decepción. máis débiles, sáese con valentía e con liderazgo po- E deixa algo aínda peor. Para sempre quedará lítico. Valentía e liderazgo político. Iso temos os como o presidente tramposo que, sabendo que ía socialistas galegos, iso veño ofrecervos e iso imos perder, quixo facer trampa reducindo o Parlamento ofrecerlles ás galegas e ós galegos: valentía e lide- e tratando a Galicia como se fora un país banarazgo, o que non ten Feijóo. neiro, unha colonia onde o único que importa e A min non me vai dicir ninguén o que teño que conta é que estén contentos os señoritos de que facer. Eu non teño que consultar nada con Madrid. Herdou a Galicia do benestar e Feiningún Rajoy coma Feijóo, nin teño que jóo vainos deixar a Galicia do sufriir a Madrid a pedir permiso coma mento. Feijóo, nin fago as cousas en Compañeiras e compañeiGalicia pensando si lle converos: “FEIJÓO É O PEOR llen a Madrid ou me van serFeijóo pasará a historia PRESIDENTE DA vir para pillar un bo posto en coma o presidente que quixo Madrid, coma Feijóo. Eu só partir e dividir Galicia en HISTORIA consulto con Galicia. dous e aos galegos e galegas en DEMOCRÁTICA DE Con máis de 300.000 perdúas clases: a Galicia das galesoas no paro, a política econógas e dos galegos que poden paGALICIA” mica de Galicia non pode seguir gar, e a Galicia das galegas e dos baseándose exclusivamente nos regalegos que non poden pagar. A Gacortes e no control do déficit. Porque non licia enriquecida e insolidaria daqueles nos van sacar da crise e porque aínda nos van me- que poden pagar por tér mellores oportunidades. ter noutra fase peor. Porque o sufrimento masi- A Galicia sacrificada e recortada dos que non povo só trae máis sufrimento e máis masivo. Porque den pagar para ter mellores oportunidades. só serve para que se fagan mais ricos os que xa se E xa todo o mundo sabe que non o fai pola crifixeron ricos coa crise. se, porque xa todo o mundo sabe que así non se Feijóo é o peor presidente da historia demo- sale da crise, que así so fan bos negocios os amicrática de Galicia. Vai pasar a historia como o pre- guetes. E xa todo o mundo sabe que non o fai pola sidente que empezou a lexislatura con dúas cai- austeridade, porque xa todo o mundo sabe que a xas e a acabou sen ningunha. Feijóo vai quedar na austeridade só serve para facer mais ricos a quen historia como o maior destrutor de emprego da a predican. Non é a crise, non é o déficit, non é a autonomía. Vai pasar á historia como o presidente austeridade, non é a economía… xa todo o munque por puro sectarismo e cometendo desviación do sabe que é a ideoloxía da dereira señorita que de poder anulou un Plan Eólico que ía investir pensa que Galicia so é un sitio para ir de vacacións. 6.000 millóns de euros e crear 14.000 postos de traÉ o que queren, son os seus valores, esas son ballo. Feijóo vai quedar na historia como o peor as dúas Galicias que quere Feijóo. A Galicia pripatrón que tiveron nunca os traballadores públi- vilexiada onde teña boa educación quen poida pacos en Galicia e o maior precarizador dos nosos gala… e a Galicia sacrificada dos que no podan servizos públicos. Feijóo xa é o presidente do co- pagala… algo faríades para merecelo, esa é a respago e será para sempre o presidente do copago. posta que da Feijóo a quen non pode pagar.


4

PROGRAMA ELECCIÓNS AUTONÓMICAS 2012

O emprego, a economía produtiva e os dereitos sociais, as claves do noso programa electoral O cambio da Galicia do sufrimento pola Galicia do crecemento é o obxectivo primordial da candidatura do PSdeG-PSOE á Xunta de Galicia. Crear emprego, potenciar a economía produtiva e blindar os dereitos sociais son os principais alicerces dun programa que se pode resumir nestes 25 puntos.

EMPREGO E ECONOMÍA 1 25.000 mozos e mozas desempregados terán

bolsa-contrato durante un ano para incorporarse a empresas en sectores de futuro. Non suporá amortización de emprego. Os salarios serán aboados pola Xunta. 2 15.000 desempregados de longa duración, con cargas familiares e que teñan esgotadas as prestacións, terán acceso a un programa mixto de traballo e formación. 3 Reformaremos o IGAPE, para que sexa efi-

caz, rápido e transparente, unificando as distintas canles de axuda ás empresas, impulsando a internacionalización e a innovación. Poderán crearse empresas cun só trámite. Mellor accesibilidade das PEMEs á contratación pública, eliminando cláusulas restritivas ou de competencia desleal. 4 Aumentaremos os ingresos fiscais mediante

o incremento dos tipos sobre os grandes patrimonios e sobre as rendas máis elevadas, así como sobre as transaccións bancarias, as grandes superficies e as actividades lesivas para o medio ambiente. 5 Apoiaremos que haxa un banco competitivo con presenza de capital galego e vinculado ao noso territorio, cun proxecto rigoroso, implicado cos sectores produtivos estratéxicos do país. Defendemos a supervivencia da obra social das antigas caixas. Crearemos unha Comisión de Investigación sobre a actuación e indemnizacións dos directivos das antiguas caixas de aforro de Galicia. Defenderemos en tódolos foros unha solución xusta para os afectados pola estafa das participacións preferentes, con recuperación de todo o seu capital. 6 Plan estratéxico para o sector naval. Apoio ó programa de vehículo eléctrico na automoción. Plan Renove de vehículos. Recuperación das em-

presas de economía social no téxtil. Programa de impulso das Empresas de Base Tecnolóxica. 7 O gasto en I+D tenderá á media estatal. Plan de captación de investigadores. Pulo da transferencia tecnolóxica. 8 Recuperación do liderato en enerxía eólica. Pulo da enerxía miniéolica para pequenas industrias e consumo doméstico. Desenvolvemento da rede gasística. Posta en funcionamento das centrais de biomasa paralizadas. 9 Impulso dun grupo lácteo galego. Contratos homologados con prezos xustos.No sector cárnico mellora da trazabilidade, etiquetado e das estratexias de marca. Promoción da agricultura ecolóxica. Afrontaremos prioritariamente as causas estructurais dos incendios forestais poñendo en valor o potencial forestal. 10 Plan de pensións para as mariscadoras e seguro de mal tempo para os mariñeiros. Crearemos seis novas reservas mariñas e potenciaremos a DOP do Mexillón e Pesca das Rías. Plans de xestión por segmento de flota e plans estratéxicos da conserva e do conxelado favorecendo a innovación na forma de pescar e nos produtos do mar. 11 Promoción da calidade turística en aloxamentos e servizos. Creación e comercialización de novos produtos. Pulo da desestacionalización. Promoción coordinada nos mercados emisores.

ESTADO DE BENESTAR NECESARIO E VIABLE 12 Ampliación de prazas para menores de 3 anos. Prestación por nacemento de 3.000 euros para as familias monomarentais que se atopen no paro ou nas que todos os seus membros estean desempregados. Duplicaremos os orzamentos

G Q G P


GALICIA QUERE, GALICIA PODE.

PROGRAMA ELECCIÓNS AUTONÓMICAS 2012

5

EMPREGO

FISCALIDADE

FINANZAS

HABERÁ BECASCONTRATO PARA 25.000 MOZOS E MOZAS E CONTRATOS DE TRABALLO PARA 25.000 PARADOS

IMPULSAREMOS UNHA NOVA FISCALIDADE MÁIS XUSTA NA QUE PAGUEN MÁIS AQUELES QUE MÁIS TEÑEN

LOITAREMOS POR TER UN BANCO GALEGO E POR ACADAR UNA SOLUCIÓN Á ESTAFA DAS PREFERENTES

DEMOCRACIA

EDUCACIÓN

SANIDADE

MENOS ORGANISMOS PÚBLICOS, MENOS ASESORES, MENOS GASTO E MÁIS TRANSPARENCIA

OS LIBROS DE TEXTO SERÁN GRATUITOS PARA A MAIORÍA DAS FAMILIAS E REDUCIREMOS O FRACASO ESCOLAR

OS PENSIONISTAS NON PAGARÁN NADA POLAS MENCIÑAS E AVANZAREMOS NA INCLUSIÓN SOCIAL

para a redución de xornada de pais e nais e familias monomarentais. Atención especial ós maiores que vivan sós. 13 Avanzaremos na inclusión social, asinando un acordo con concellos, sindicatos, empresarios e organizacións do tercer sector. 14 Os pensionistas non terán que pagar nada polas menciñas. Non haberá espera na Atención Primaria. Fixaremos un tempo máximo por lei para probas e intervencións.. Plan de Saúde Mental e Plan de Saúde infantil (atención dental, obesidade, etc). 15 Promoveremos a reversión do Hospital de Vigo a un sistema de construción e xestión exclusivamente financiada con fondos públicos. 16 A lingua galega non será motivo de confronta-

ción, senón de encontro. Liñas de apoio singulares para as industrias culturais e creativas. Apertura das instalacións públicas ás actividades culturais.

17 Gratuidade dos libros de texto para todalas familias por baixo dun nivel de renta. Eliminaremos os concertos cos centros educativos segregacionistas. Queremos que o 85% das persoas de menos de 24 anos teñan título de Bacharelato ou de FP, e reducir notablemente o fracaso escolar. Competencia en idiomas con profesores nativos e intercambios.

MEDIO AMBIENTE E TERRITORIO SOSTIBLES 18 Ampliación da rede de espazos naturais e promoción do emprego ‘verde’. Reubicación de ENCE no entorno de Pontevedra. 19 Pacto polo Territorio que garanta unha lexis-

lación urbanística de consenso. Desenvolvemento das Áreas Metropolitanas. Respeto á realidade económica e demográfica de Vigo.

20 Rehabilitación e conservación do parque de vivendas e dos cascos históricos. Colaboración cos concellos e co sector privado na xestión de axudas. 21 Máxima expansión e non discriminación no tratamento aos aeroportos da comunidade. Complementariedade de usos. Mellora dos accesos e da intermodalidade. 22 Plans de transporte colectivo, con concellos e empresas que faciliten o acceso dende as áreas urbanas e residenciais ós polígonos empresariais.

MELLOR DEMOCRACIA 23 Total transparencia do procedemento de contratación pública, de obras, servizos ou persoal. Acabaremos coas áreas de colusión de intereses públicos e privados.Os concellos publicarán na sua web todos os documentos de planificación urbanística, os trámites de adxudicación de contratos de provisión de bens e servizos, o orzamento e os acordos dos órganos de goberno das corporacións locais. Regulación dos salarios dos alcaldes e concelleiros. 24 Racionalización do sector público: menos or-

ganismos, menos gastos, menos asesores. Publicidade de salarios, patrimonio e intereses de todolos altos cargos e persoal de confianza. Tamén nos concellos e deputacións.Non haberá despedimentos de empregados laborais fixos nos servizos públicos autonómicos. Revisaremos a lexislación regresiva sobre función pública. Facilitaremos a Iniciativa Lexislativa Popular e a participación cidadá na elaboración das principais leis. 25 Fomento do agrupamento dos concellos para prestar servizos. As deputacións limitaranse ós concellos de menos de 20.000 habitantes, transferindo aos de máis poboación a parte proporcional de financiamento.


6

PACHI VÁZQUEZ ELECCIÓNS AUTONÓMICAS 2012 BIOGRAFÍA

Pachi Vázquez: Unha traxectoria vital e política cunha sólida vocación social Pachi Vázquez afronta por primeira vez aos seus 58 anos unhas Eleccións Autonómicas como candidato do PSdeG-PSOE á Presidencia da Xunta de Galicia. Este apaixonante reto é a culminación dunha traxectoria persoal, profesional e política asentada sobre unha sólida vocación de servizo aos demais. Manuel Vázquez Fernández ‘Pachi Vázquez’ naceu no Carballiño o 6 de febreiro de 1954 no seo dunha familia humilde. Sendo o mediano de tres irmáns (Fifa, a pequna, e Chicha, a maior), a súa infancia estivo marcada polo drama da emigración. Ao igual que outros moitos galegos naquela época, seus pais, Manolo e Conchita, víronse na obriga de deixar o bar que rexentaban no Carballiño e emigrar a países de Europa como Alemaña ou Suiza na procura dun futuro mellor, deixando a Pachi interno nun colexio de Tui dende os 9 anos. Con 15 anos recén cumpridos, o regreso ao Carballiño marcaría o seu futuro tanto no eido persoal como no profesional. Por unha banda, reencontraríase con María José, unha moza coa que leva compartido os últimos 43 anos e coa que ten tres fillos: Samuel, Darío e Andrea, que hai tan só uns días acaba de facelos avós tras o nacemento do pequeno Paulo. No eido profesional, con tan só 15 anos Pachi Vázquez comezaría a dar mostras da súa vocación social ao querer converterse no primeiro doutor da familia e do seu círculo de amigos e coñecidos. Cursou a carreira de

Mediciña na Universidade de Santiago de Compostela e, unha vez rematada, comezou a exercer como puericultor do Estado. Máis adiante pasaríase á rama da Epidemioloxía, na que desenvolveu a práctica totalidade da súa vida profesional antes de adentrarse en 1991, con 37 anos, no mundo da política. A experiencia acumulada como médico e servidor público, as súas inquedanzas sociais, a capacidade para relacionarse coa xente e os seus ideais levárono a debutar nese mundo baixo as siglas do CDS. Non tardaría en ingresar no PSdeG-PSOE para continuar a defensa de ideas semellantes ás que levaran ao seu avó materno, alcalde de Maside na República, a ser perseguido e represaliado no franquismo. En 1993 Pachi Vázquez resultaría elexido deputado do PSdeG-PSOE por Ourense no Parlamento de Galicia. Comezaba así unha dilatada etapa de 19 anos adicada á xestión pública, o que lle permitiu converterse nun dos políticos galegos en activo con maior experiencia e coñecemento tanto da administración autonómica como da provincial e local, chegando a ser alcalde de O Carballiño e conselleiro de Medio Ambiente.

AFECCIÓNS

SOBRENOME

O deporte e os cabalos, as súas dúas paixóns

De Pachín a Pachi: como se forxou o nome de Pachi Vázquez

Dende sempre, Pachi Vázquez é un amante do deporte. Na súa mocidade practicou disciplinas tan diversas como o fútbol, o balonmán, o rugbi ou o fútbol sala e na actualidade segue a gustarlle montar en bicicleta e saír a camiñar. Ou-

¿Por que a Manuel Vázquez lle chaman Pachi? A resposta a esta pregunta que lle teñen formulado infinidade de veces está vencellada á súa afección ao fútbol dende moi neno. Como sempre andaba a xogar cun balón, comezaron a

tra das súas principais paixóns son os cabalos, aos que lle adica boa parte do seu tempo de lecer. Tamén desfruta escoitando música e recoñece que unha das súas asignaturas pendentes é aprender a tocar o acordeón.

chamarlle Pachín en lembranza do futbolista do Real Madrid Enrique Pérez ‘Pachín’. Ao final, co paso do tempo, o alcume derivou en Pachi, nome co que hoxe en día o coñece a maioría da xente.


ENREDANDO ELECCIÓNS AUTONÓMICAS 2012

7

A NOSA WEB

www.pachivazquez.es

Ferramenta de participación para que os galegos sexan os mensaxeiros do cambio O candidato socialista presentou a súa páxina web apelando á intervención dos galegos e galegas a través de internet “para que nos axuden cada día a subir a mais xente ao tren do progreso” e pediu a súa axuda para “espallar as nosas ideas e os nosos compromisos nas redes sociais” para converterse en “axentes activos do cambio”. Pachi Vázquez dixo que a web funcionará como “unha forma mais de romper as barreiras da distancia e de trasladar que o modelo de progreso que os socialistas queremos para Galicia non se limita á Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, senón que se estende ata calquera punto do mundo no que haxa un galego”.

NAS REDES

NO AUDIOVISUAL

A rede clama contra Feijóo por ocultar o que pasaba coas preferentes

Vídeos Presentación da web dende Buenos Aires O líder socialista presentou a súa páxina web (www.pachivazquez.es) dende Buenos Aires, onde visitou aos galegos do exterior. http://www.youtube.com/watch?v=mBm0WCzjEXs

As redes sociais votan fume estes días despois de que o candidato popular á presidencia da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, confesase nunha entrevista ao diario El País o seguinte: “Tenía que estar callado, porque sabía que el core capital estaba trufado de preferentes…”

Twitter O proxecto de Pachi Vázquez Pachi Vázquez presentou á familia socialista o seu proxecto para Galicia e foi aclamado candidato á Xunta polo Comité Nacional Galego. http://www.youtube.com/watch?v=z6wWb4fyAno

TWITTER DO SECRETARIO XERAL twitter.com/pachivazquez

O candidato socialista faise eco desta revelación na súa conta de Twitter: “Feijóo, corresponsable da estafa a miles de galegos: admite que sabía que o capital das caixas estaba trufado de preferentes e non fixo nada”. Pachi Vázquez tamén anunciou o nacemento do seu neto nesta rede social.

Fotos Facebook FACEBOOK PACHI VÁZQUEZ https://www.facebook.com/PachiVazquez.PSdeG

Tamén na súa páxina de Facebook deu a boa nova: “Hoxe estréome emocionado como avó. O meu primeiro neto acaba de nacer. Paulo representa a ilusión, o optimismo e a esperanza, e motívame aínda máis para pelexar polo futuro de Galicia”.

As nosas redes

Actividade De Estrasburgo a Montevideo. As imaxes das actividades de Pachi Vázquez e o PSdeG están no noso espazo en Flickr.

As nosas canles http://www.youtube.com/user/PSdeGTV http://www.flickr.com/photos/psdeg-psoe http://vimeo.com/psdeg

PSdeG-PSOE Rúa do Pino, 1-9 Baixo | 15704 Santiago de Compostela (A Coruña) Teléfono: 981 55 20 30 Fax: 981 58 87 08

http://www.pachivazquez.es http://www.facebook.com/pages/PSdeG/107410638071 http://twitter.com/psdeg http://www.facebook.com/eusonmar http://twitter.com/eusonmar http://www.galiciatarefa.com http://www.psdeg-psoe.com E-mail: ceng@psdeg-psoe.org Autorízase a reproducción para uso non comercial dos textos publicados neste boletín, salvo que algún deles especifique outras condicións. Prégase citar a fonte e/ou o autor ou autora.


GALICIA QUERE, GALICIA PODE. Pachi

VÁZQUEZ


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.