Punto PSdeG 2

Page 1

BOLETÍN INFORMATIVO DO PSdeG-PSOE

punto

NOVEMBRO DE 2011

20-N

0 2 20-N EN GALICIA // R u b a lca b a reco rre G a lic ia d e n o rte a su r.

PSG DE

0 4 ACTUALIDADE / / A s a n id a d e e a e d u c a c ió n c e n tra n a s m e n s a xe s s o c ia lis ta s . 0 6 RECORTES / / A X u n ta a b re a p o r ta a o p a g o p o la s a n id a d e p ú b lic a . 0 7 ENREDANDO / / ¿ Q u e s e m o v e n a s re d e s s o c ia lis ta s? V íd e o s , fo to s , h u m o r...

www.puntopsdeg.com

RUBALCABA, NUN MITIN EN A CORUÑA :

“Feijóo aprobou un decreto que cheira a copago na sanidade pública” ACTOS ELECTORAIS

CANDIDATURAS

EDUCACIÓN

RECORTES

Felipe González: “A educación e a sanidade son os nosos alicerces e o PP quere rachalos”

“Se o modelo de Feijóo é o que Rajoy quere para España, que Deus nos colla confesados”

“Galicia será no futuro o que sexan a súa educación e as súas universidades”

O PP abre a porta a que os cidadáns teñan que pagar cando usen á sanidade pública galega

Ademáis de Rubalca, o expresidente González e o presidente Zapatero estiveron en Galicia.

Blanco, Caamaño, Seara e Silva, cabezas de cartéis socialistas, intensifican a campaña electoral.

A educación centra as mensaxes de socialistas como Pachi Vázquez, Laura Seara ou Ángel Gabilondo.

Persoas sen recursos, sen empadroar en Galicia ou que fagan un“uso irresponsable”, no ponto de mira.


2

20-N NOVEMBRO DE 2011

CLAVES ELECTORÁIS

“En Galicia hai xa dúas sanidades: unha para ricos e outra para pobres” Rubalcaba comezou en Galicia o tramo clave da campaña electoral cunha clara mensaxe sobre os problemas na Sanidade que orixinan os gobernos do PP, e que tan ben coñecemos en Galicia. Pachi Vázquez e os candidatos galegos Blanco, Caamaño, Seara e Silva tamén aludiron aos problemas dos galegos e galegas e as alternativas socialistas. O candidato socialista a presidencia de España, Alfredo Pérez Rubalcaba, iniciou en Galicia o tramo decisivo da campaña electoral, acompañado polo secretario xeral dos socialistas galegos, Pachi Vázquez, e polos candidatos socialistas ao Congreso e ao Senado, especialmente cos cabezas de lista Pepe Blanco, Fran Caamaño, Laura Seara e maís Carmela Silva. Nos seus encontros en A Coruña, Oroso, Betanzos, Rianxo e Vigo, tanto Rubalcaba como Vázquez afondaron nos graves danos que causan os gobernos do PP na sanidade pública. Deste xeito, Pachi Vázquez apuntou que “xa no primeiro mes de goberno do PP pecharon os quirófanos polas tardes, e agora din que temos que pagar 10 euros pola tarxeta sanitaria, e dende o 29 de setembro xa temos en Galicia dúas sanidades, unha para ricos e outra para pobres”. O líder dos socialistas galegos aludiu así ao decreto aprobado polo goberno galego que limita a atención sanitaria ás persoas sen recursos. “Agora cando un chega ao médico, en vez de preguntarlle que lle doe lle preguntarán si é rico ou pobre”, dixo, e engadiu: “Con Feijóo e o PP en Galicia hai dúas sanidades: unha para persoas con recursos e outra para os que non os teñen”. O propio Rubalcaba insistiu neste tema e denunciou que “todo o que o Partido Po-

pular non pon no seu programa é porque non quere que se saiba e porque sabe que lle prexudica, que lle pode quitar votos”, como ocorre coa ausencia dunha proposta de financiamento da Sanidade. “As cousas que non pon no programa non é porque se lles esqueceron, é porque non as queren pór, pero temos comunidades onde o están facendo. Se o fai Feijóo, o fai Cospedal, o fai Esperanza (Aguirre) e o fai Fabra é porque a Rajoy gústalle”, dixo. Así, recordou que fai meses o Presidente de Murcia expuxo o copago e agora o de Galicia, Alberto Nuñez Feijoo, aprobou recentemente un decreto que “fede a copago”, xa que establece a posibilidade de cobrar aos que fagan un “uso irresponsable” da saúde pública. Rubalcaba apuntou que non é o mesmo

PACHI “AGORA SE VAS AO MÉDICO EN LUGAR DE PREGUNTAR QUÉ CHE PASA PREGUNTAN SE TES CARTOS”

MITIN EN VIGO

Rubalcaba: "A única pelexa que non se gaña é a que non se dá”

Pachi Vázquez e os candidatos galegos escoitan a Rubalcaba en Vigo.

"A única pelexa que non se gaña é a que non se dá. Quedan cinco días. ¡Adiante, compañeiros, a votar!", dixo Rubalcaba nun mitin en Vigo no que participaron os cabezas de lista do PSOEao Congreso por Galicia.


20-N NOVEMBRO 2011

RUBALCABA “SE NON POÑEN NO PROGRAMA COUSAS COMO A FINANCIACIÓN DA SANIDADE NON É QUE SE ESQUECERAN, É QUE NON AS QUEREN PÓR”

3

PRESIDENTES EN GALICIA

PACHI VÁZQUEZ “CON FEIJÓO XA TEMOS EN GALICIA DÚAS SANIDADES, UNHA PARA RICOS E OUTRA PARA POBRES”

Felipe González con Pachi Vázquez nun mitin en Galicia // PSdeG-PSOE

González: “A sanidade e a educación son os nosos alicerces e o PP o que quere é rachalos” FELIPE GONZÁLEZ O ex presidente Felipe González estivo en Lugo e Ourense apoiando a campaña de Rubalcaba, xunto a Pachi Vázquez e aos candidato galegos, e avisou de que o PP quere cargarse a sanidade e a educación. “A sanidade e a educación son os nosos alicerces do futuro, o noso petróleo, e o PP quere rachalos”, dixo. Para Felipe González, recortar en sanidade e educación "porque non hai diñeiro" non é escusa e recordou que cando el

chegou á Moncloa a renda per cápita en España era de 4.500 dólares (3.200 euros) e que o seu goberno puxo en marcha o Plan Nacional de Saúde e implantou a educación xeral e obrigatoria ata os 16 anos "cunha renda de 5.000 dólares". Agora, recalcou, "é de 31.500, que non digan que non hai diñeiro". González alertou do "perigo" de división do voto da esquerda froito da decepción, e pediu que "non dispersen o voto e vaian votar".

Zapatero e Pachi Vázquez nun mitin en Lugo // PSdeG-PSOE Mitin improvisado de Rubalcaba en A Coruña ante simpatizantes que agardaban nos pasillos de Palexco.

votar o PSOE que o PP, e lembrou que hai enormes diferencias en materias como a creación de emprego. Segundo explicou, “a dereita quere abaratar o despedimento” e os socialistas apostan por “estimular a contratación” desde os poderes públicos, pagando aos empresarios a seguridade social dos novos contratos ou dos contratos de prácticas. Un diñeiro que o Estado recadaría “pedindo un esforzo aos que máis teñen”, a través do imposto sobre as grandes

fortunas, dixo. “Nós ímolo a facer e o PP non o vai a facer”, engadiu. DESEMPREGO Sobre a protección ao desemprego “tamén somos radicalmente distintos” dixo Rubalcaba, quen denunciou que o PP queira cambiar o sistema de repartición que actualmente existe en España por outro de capitalización, o que implicará que haxa “menos prestación por desemprego, tanto en cantidade como en tempo”.

Zapatero pregunta en Lugo: “Qué forza política ten máis sensibilidade cos que teñen dificultades?” RODRÍGUEZ ZAPATERO O presidente do Goberno e secretario xeral dos socialistas, José Luis Rodríguez Zapatero, participou nun acto en Lugo co vicesecretario xeral do PSOE e ministro de Fomento, José Branco, e o secretario xeral do PSDEG-PSOE, Pachi Vázquez, no que emprazou a realizar a seguinte reflexión: “Que forza política na democracia española estivo con máis sensibilidade, con máis proximidade con aqueles que máis dificultades fo-

ron tendo ao longo destas tres décadas? Cal foi a forza política que puxo en pé a sanidade pública universal? Cal foi a forza política que levou a educación gratuíta e obrigatoria aos 16 anos, que fixo crecer as bolsas, que con sensibilidade se acordou das persoas que non podía valerse por si mesmas e puxo a lei da dependencia en marcha? A sensibilidade con aqueles que teñen máis incerteza tena o Partido Socialista e tena Rubalcaba”.


4 Incendios

ACTUALIDADE NOVEMBRO DE 2011

EN CAMPAÑA

Caamaño insta “a loitar cos votos” contra a “marea privatizadora” do PP

Fran Caamaño.

O cabeza de lista dos socialistas coruñeses ao Congreso e ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, lembrou en Muxía o noveno aniversario do Prestige. “Hai nove anos, os galegos dixemos nunca máis. Nunca máis unha catástrofe

como a do Prestige. Nunca máis un país indefenso. Nunca máis un goberno de ausentes. Nunca máis un mentiras... Así que cumplamos a nosa palabra, e impidamos que os nosos destinos volvan estar en mans de irresponsables”.

PEPE BLANCO

“Se o modelo de Feijóo é o que Rajoy quere para España, que Deus nos colla confesados”

Carmela Silva: “Os grandes avances en Educación comezaron co PSOE”

Pepe Blanco nun mitin en Lugo xunto ao candidato ao Senado Ricardo Varela, entre outros. // PSdeG-PSOE

Carmela Silva.

A candidata socialista, Carmela Silva, subliñou que os grandes avances en educación comezaron en 1982, con chegada do PSOE ao Goberno de España, e recordou que o seu partido é o que cre nesa educación pública como garantía de

PATIMONIO CULTURAL

igualdade entre as persoas, a diferencia do PP, que en Galicia “recortou 500 millóns de euros en Educación e quitou 1.000 profesores”. Tamén pediu o voto das mulleres “para que non saian peor paradas do que estiveron sempre”.

PRODUCCIÓN AGRÍCOLA

O ministro de Fomento e candidato ao congreso pola provincia de Lugo, Pepe Blanco, criticou o "experimento errado" que supón o modelo de xestión aplicado en Galicia polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, dada a evolución do desemprego e os "recortes" sociais aplicados. "Se é o modelo que Rajoy quería para España, como el diría, que Deus nos colla confesados", proclamou. Respecto diso, defendeu o investimento destinado polos socialistas a axudas a de-

pendencia, bolsas para estudantes ou as rendas máis baixas, fronte a un "Rajoy que non se compromete con nada", segundo dixo, como se ve "todos os días en campaña" e "no debate" co candidato socialista, Alfredo Pérez Rubalcaba, a quen Blanco proclamou "gañador" do mesmo. Blanco tamén aproveitou que esta semana se cumpren nove anos da catástrofe ambiental do Prestige nas costas galegas, para recriminar que Rajoy non fixo "nada" por

ORZAMENTOS

Galicia, "salvo mentir" naquel momento. RICADO VARELA Pola sua banda, o candidato ao Senado Ricardo Varela cargou contra a "falsa austeridade" da Xunta do Partido Popular, que "está atacando aqueles avances que conseguiron os galegos con moito esforzo", á vez que acusou aos populares de querer "privatizar a sanidade" e puxo como exemplo que ve "miserable tratar de cobrar as tarxetas sanitarias". DEPORTES

O PSdeG pregunta sobre a situación dos fondos artísticos de Novagalicia Banco

Sonia Verdes di que apoio de Núñez Feijoo ao sector vitivinícola de Galicia “foi nulo”

Os socialistas defenderán as propostas de UGT e CC.OO. no debate de orzamentos

Carmen Acuña presenta 314 preguntas sobre o deporte galego en comisión

O parlamentario socialista José Luis Méndez Romeu presentou unha pregunta á Xunta para que explique a situación do patrimonio artístico de Caixa Galicia e Caixanova., “a mellor colección de artistas galegos”.

A portavoz de Medio Rural do Grupo Parlamentario Socialista Sonia Verdes denunciou que o Goberno do PP fixo recortes nos Consellos Reguladores das DO de case un 50%, con 485.000 euros menos.

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, presentará as propostas dos sindicatos UGT e CC.OO. no debate dos orzamentos da Xunta para o ano 2012, uns orzamentos que evidencian a “derrota fronte á crise”.

A portavoz de Deporte do Grupo Socialista, Carmen Acuña, amosou a súa “fonda sorpresa” por que o responsable de Deporte da Xunta “non saiba quén xestiona as instalacións” e presentou 314 preguntas no Parlamento.

Abel Losada e María José Caride..


ACTUALIDADE NOVEMBRO 2011

5

“Galicia será no futuro o que sexan a súa educación e as súas universidades” Pachi Vázquez salientou a importancia da educación pública e o perigo que para ésta supón o goberno do PP. O fixo nos mítines nos que participou e tamén en actos sectoriais, nos que estivo acompañado do ministro de Educación, Ángel Gabilondo, e da secretaria de Estado de Igualdad e candidata ao congreso por Ourense, Laura Seara .

O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, participou nun acto xunto ao ministro de Educación, Ángel Gabilondo, e a secretaria de Estado de Igualdad e candidata ao Congreso, Laura Seara. O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, ven de participar en distintos mítines e actos sectoríais nos que advertiu da xestión do PP en materia de educación. Así, lembrou que tres anos despois da chegada de Feijóo ao goberno “hai 500 euros menos para educación, mil profesores menos, a metade de becas, e menos orzamento para universidades”. “Galicia

VOLUNTARIADO

será no futuro o que sexan a súa educación e as súas universidades, por iso os socialistas non abandonaremos á educación pública”, sinalou. No máis importante dos actos sectoriáis en educación, celebrado en Ourense, dixo que “hoxe Europa está cruzando o cabo de Hornos da economía mundial”, e que “desta crise se sae apostando por un modelo distinto da

ECONOMÍA

nosa economía, non volvendo á construción e especulación”, senón que “a chave que abre a porta do futuro se chama educación”. Pola súa banda, a secretaria de Estado de Igualdad e candidata ao Congreso, Laura Seara, afirmou nese mesmo acto sectorial que “a educación é a base do socialismo e a máis poderosa ferramenta ao servizo da igualdade”, e

INVERSIÓN SEARA RECORDOU QUE A EDUCACIÓN “NON É UN GASTO, É UNHA INVERSIÓN” E GABILONDO DIXO: “EL MEJOR LEGADO ES LA FORMACIÓN”

IRREGULARIDADES

engadiu: “Non debemos de falar nunca de gasto en educación senón de inversión en materia educativa”. O ministro de Educación, Ángel Gabilondo, participou no mesmo encontro en Ourense, no que explicou que “a exclusión maior que hai é excluír a algúen do coñecemento”, e engadiu que “o mellor legado é a educación e a formación”.

DIPUTACIÓNS

Silvia Fraga acusa á Xunta de empobrecer a Lei de Voluntariado feita na pasada lexislatura

Caride defende que o traballo do Consello Económico e Social é imprescindible

O PSdeG denunciou o reparto de cheques asistenciais en Cuba por parte do Goberno do PP

Pose: “Louzán é a proba evidente de que as deputacións son prescindibles”

A portavoz de Mocidade, Voluntariado e LGBT do Grupo Socialista, Silvia Fraga, criticou que a Xunta ten remitido unha Lei de Acción Voluntaria “empobrecido e castrado” logo de dous anos e medio de goberno.

A portavoz Facenda e Orzamentos do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Maria Jose Caride dixo que o “CES (Consello Económico e Social) non pode ser so un nome, e un rotulo, ten que ser algo mais”.

O PSdeG ven de denunciar o reparto de cheques asistenciais en Cuba por parte da Secretaría de Emigración do Goberno galego, un feito que, realizado en plena campaña electoral, entenden que é irregular.

O deputado do Grupo Socialista Modesto Pose asegura que Louzan é a proba evidente de que as Deputacións son absolutamente prescindibles, en alusión ao elevado nivel de débeda deste organismo público.

Executiva do PSdeG. .


6

RECORTES NOVEMBRO DE 2011

COPAGO

O PP abre a porta a que os cidadáns teñan que pagar cando usen a sanidade pública galega As persoas sen recursos, as que vivan en Galicia en non leven máis de seis meses empadroadas na comunidade, e mesmo os cidadáns que fagan “un uso irresponsable” da sanidade terán que pagar polos servizos sanitarios públicos, segundo figura nos decretos que veñen de aprobar os populares en Galicia. O goberno de Feijóo está a camiñar a pasos de xigante cara ao pago polo uso da sanidade pública. Os primeiros casos xa se contemplan nas últimas normas aprobadas pola Xunta, como aquelas que negan a sanidade pública plena aos cidadáns sen recursos, ou aos que non teñan unha antigüidade de máis de seis meses de empadroamento en Galicia. A última das normas contempla que incluso calquera cidadán galego teña que pagar pola sanidade pública se fai un “uso irresponsable” dela. Non se especifica que é un “uso irresponsable”, o cal deixa a porta aberta ao pago por parte de calquera cidadán e por calquera causa que a Xunta considera oportuna. No decreto, ademáis, especifícanse cales serían os prezos que os cidadáns que fagan un “uso irresponsable” da sanidade deberían

pagar: unha consulta ordinaria: 67,22 euros. Unha consulta de urxencias: 206 euros. Unha ecografía: 336,59 euros. Un servizo de ambulancia urbano: 374,02 euros. Cada día de hospitalización: 513,48 euros. E así ata unha longa e detallada lista de servizos sanitarios. Esta situación vense a unir aos drásticos recortes na sanidade pública (dende a chegada de Feijóo hai 500 millóns de euros menos para esta partida), a falla de recursos e de persoal. Por estas razóns, o secretario xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, apuntou que “xa no primeiro mes de goberno do PP pecharon os quirófanos polas tardes, e agora din que temos que pagar 10 euros pola tarxeta sanitaria, e dende o 29 de setembro xa temos en Galicia dúas sanidades, unha para ricos e outra para pobres”.

TARIFAS HOSPITAL: 513,48€/DÍA AMBULANCIA: 374,02€ ECOGRAFÍA: 336,59€ CONSULTA: 67,22€ URXENCIA: 206€

RECURSO

O PSdeG recorrerá as últimas normas da Xunta en materia de sanidade por consideralas “ilegais”

Pachi Vázquez, Caldera e outros destacados socialistas nun mitin en Sanxenxo.

O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, anunciou accións xurídicas contra dúas ordes aprobadas pola Xunta e que obrigan a pagar aos que fagan “un uso irresponsable” da sanidade e aos estranxeiros e residentes noutras comunidades que “precisen

atención médica” en Galicia”. “Iso é ilegal e imos a recorrelo”, remarcou nun mitin de Saxenxo, e centrándose na última destas dúas ordes, advertiu de que “non descarta chegar ao Tribunal Constitucional”. Este último decreto, con data de 28 de setembro, “obriga a estar

empadroado en Galicia para operarte ou recibir asistencia médica”, o que sería contrario ás leis de Estranxeiría e de Cohesión Territorial. “Non poden cobrar nin atender á xente en función dos seus recursos económicos”, incidiu o líder dos socialistas galegos.


ENREDANDO NOVEMBRO 2011

A ANÉCDOTA

7

NAS REDES

Incendios

A rede destapa o programa oculto do PP Dirixentes populares non poden ocultar os recortes As redes sociais votan fume cos últimos días da campaña electoral. Rajoy non quere amosar o seu verdadeiro programa, o que causa grande inquietude nos mercados, segundo prestixiosos medios internacionáis como The Times. Pero os que non calan son altos cargos do seu partido, que non agochan ni o inminente copago sanitario nin recortes tan salvaxes que van a sacar á rúa a todo o mundo, incluso aos que agora calan. Nestes termos expresáronse destacados membros do PP, e as súas declaracións acabaron en titulares de prensa longamente retwiteados e abaneados polo facebook. Algúns deles son escrarecedores. Vexan, vexan:

NO CARBALLIÑO Pachi exercendo de cociñeiro no Carballiño. Algúen pensou que si ese fose polvo “Paul” galego, de seguro pronosticaría unha victoria do PSOE nas eleccións.

"Los que no se han quejado aún,van a protestar mucho cuando Rajoy diga lo que hará para sacar España adelante" Dolores de Cospedal, no diario El País

NO AUDIOVISUAL

Aguirre quiere que sea la renta la que fije si los medicamentos son gratis: "Se ha acabado la fiesta, a ver si nos damos cuenta".

Vídeos

Esperanza Aguirre no diario El Mundo O copago xa está aquí O PP abre a porta a cobrarlle aos cidadáns polo uso da sanidade pública, segundo un decreto da Xunta publicado no DOG.

http://www.youtube.com/watch?v=8zIFmEwHoxc

Rajoy ya no ve intocable el gasto en educación y sanidad: "¿Dónde vamos a quitar? Pues en principio de todas las partidas, aunque, como ya he dicho, quiero mantener el poder adquisitivo de las pensiones". Mariano Rajoy en el diario El Mundo

xestión do Prestige polo galego Mariano Rajoy

Facebook Hai nove anos Rajoy falaba de "hilillos de plastilina" ante a maior catástrofe ecolóxica de Galicia. Hoxe aspira a xestionar outra crise.

FACEBOOK PACHI VÁZQUEZ http://www.facebook.com/pages/Pachi-Vázquez/165286343498266

http://www.youtube.com/watch?v=NFxnm7sATmA

Fotos

Ademais das novas que poden atoparse no espazo do PSdeG no Facebook, hai outras canles nas que poden lerse novas relacionadas co partido. Unha delas é a do secretario xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez. Esta semana, Pachi Vázquez fixo especial mención a temas de sanidade e educación.

Twitter TWITTER DO SECRETARIO XERAL twitter.com/pachivazquez

O PSdeG da conta da actualidade no seu twitter, pero tamén hai reflexións no de Pachi Vázquez. Por exemplo a que fixo no debate Rubalcaba-Rajoy. “A sanidade en Galicia xa ten o prezo posto, esto é o que xa está a pasar. A partir do luns non vale dicir ¿e gora que facemos?”. Actos de campaña Mitines, encontros sectoriáis, percorridos por vilas e cidades... As imaxes da campaña electoral en Galicia están no noso espazo en Flickr.

As nosas canles http://www.youtube.com/user/PSdeG1 http://www.flickr.com/photos/psdeg-psoe http://vimeo.com/psdeg

PSdeG-PSOE Rúa do Pino, 1-9 Baixo | 15704 Santiago de Compostela (A Coruña) Teléfono: 981 55 20 30 Fax: 981 58 87 08 E-mail: ceng@psdeg-psoe.org

As nosas redes http://www.facebook.com/pages/PSdeG/107410638071 http://twitter.com/psdeg

Autorízase a reproducción para uso non comercial dos textos publicados neste boletín, salvo que algún deles especifique outras condicións. Prégase citar a fonte e/ou o autor ou autora. www.psdeg-psoe.com



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.