Page 1

BOLETÍN INFORMATIVO DO PSdeG-PSOE

punto

PSG DE

NOVEMBRO DE 2011

02 06 07 06 07

20-N

20-N EN GALICIA // O P S d eG -P S O E a fro n ta o reto elec to ra l co n p ro p osta s so lven tes. CANDIDATURAS / / A s c a tro p ro v in c ia s c o n ta n c o n c a n d id a to s d o m á xim o n iv e l. CAMPAÑA / / A s n o v id a d e s n a c a m p a ñ a e le c to ra l n a n o s a c o m u n id a d e. RECORTES / / G a lic ia , m o s tra d o q u e p o d e ría p a s a r e n E s p a ñ a s e g a n a o P P. ENREDANDO / / ¿ Q u e s e m o v e n a s re d e s s o c ia lis ta s? V íd e o s , fo to s , h u m o r...

www.puntopsdeg.com

PACHI VÁZQUEZ Secretario xeral do PSdeG-PSOE

“Dixeron que non tocarían a Sanidade e dende hoxe en Galicia existe o copago” CLAVES ELECTORAIS

CANDIDATURAS

PARTICIPACIÓN

RECORTES

A crise se supera con políticas que xeren emprego, non pechando escolas e hospitáis

Candidatos do máis alto nivel encabezan as listas socialistas para o Congreso e o Senado

Mobilizar ao electorado de esquerdas, obxectivo dos candidatos galegos nesta campaña

Galicia, o laboratorio do PP, proba dos recortes en sanidade e educación que quere facer Rajoy

O modelo socialista para mobilizar á economía contrasta co dos recortes do PP.

Dende ministros a ex-alcaldes, os socialistas galegos presentan unas listas do máximo nivel.

Os máximos representantes do PSdeG e do PSOE explican en Galicia as propostas socialistas.

Os galegos e galegas xa coñecemos as consecuencias do único punto do programa do PP: recortar.


2

20-N NOVEMBRO DE 2011

CLAVES ELECTORÁIS

“A crise se supera con políticas que xeren emprego, non pechando escolas e hospitais” Os galegos xogámonos moito o 20-N. Hai dúas alternativas, unha baseada nos recortes e o desmantelamento do Estado do Benestar, e outra que aposta por impulsar a economía para xerar emprego. O socialistas galegos, co seu secretario xeral, Pachi Vázquez, á cabeza, téñeno claro: “O 20-N depende só da esquerda”. Galicia recibiu nos anos de goberno socialista máis investimentos en infraestruturas que nunca. Os galegos e galegas acadaron as cotas máis altas en benestar social, con dereitos vangardistas como o matrimonio homosexual, con mais becas, máis aposta pola investigación e o I+D e importantes subas tanto no salario mínimo interprofesional como nas pensións. Agora afrontamos unha etapa de crise económica que afoga ao país. Se en España medra o paro froito de esa crise, en Galicia o crecemento é o dobre que o da media española. O goberno do PP, obsesionado con recortar servizos básicos como a sanidade e a educación, fixo de Galicia un laboratorio das políticas que pensa aplicar no conxunto de España. Na nosa comunidade sabemos ben onde nos levan estas receitas: máis paro, máis precariedade social, menos educación e una sanidade de pago. Fronte a este modelo que propón o PP, os socialistas buscan outro xeito de facer as cousas. No programa de Rubalcaba apúntanse medidas que propoñen a saída da crise sen deixar atrás a ninguén. Se o PP propón abaratar o despido, o PSOE quere abaratar a contratación; se o PP quere desmantelar a sanidade e a educación pública para favorecer o negocio privado, o PSOE propón gravar ás grandes fortunas, aos bancos e sociedades de inversión

(como xa se fai en os países punteiros de Europa) para sufragar unha sanidade gratuíta e unha educación de calidade e, sobre todo, para fomentar o emprego. Se o PP oculta o seu programa que pretende recortar as prestacións por desemprego e as pensións, o PSOE blinda os servizos sociais nas súas propostas, financiados, entre outros, con impostos sobre o tabaco e o alcohol. Hai dous modelos para saír da crise, e non son o mesmo. Nin de lonxe. E o 20-N hai que elixir. SOLUCIÓNS Dende Galicia, os socialistas ven as cousas ben claras. O seu secretario xeral, Pachi Vázquez, pensa que “Rajoy está a seguir unha estratexia de non falar e ocultar datos, fronte a un Rubalcaba que expón solucións: taxas e impostos á banca e as

CABEZAS DE LISTA AO SENADO

Aposta por unha campaña próxima aos cidadáns en A Coruña

Os grandes proxectos Obxetivos: reformar o dos últimos anos en Lugo Senado e racionalizar teñen selo socialista as Deputacións

Dúas mulleres, cabezas de lista pola provincia de Pontevedra

JAVIER LOSADA Javier Losada aposta por unha campaña "próxima aos cidadáns", na que escoitarán e explicarán "unha a unha" as medidas socialistas. "Porque nós si temos programa, non como o PP que aposta polo oscuratismo", di.

RICARDO VARELA Ricardo Varela asegura que o PSOE "terá na provincia de Lugo os mellores resultados dunhas eleccións xerais". Así mesmo, reivindica o "selo socialista" dos grandes proxectos realizados na provincia "desde fai trinta anos".

ÁNGELES MARRA Por primeira vez se da a circunstancia de que dúas mulleres encabezan as listas do PSOE ao Congreso e ao Senado pola provincia de Pontevedra: Carmela Silva no Congreso e a profesora universitaria Ángeles Marra no Senado.

MIGUEL FIDALGO Miguel Fidalgo destaca as vantaxes obtidas por Ourense en infraestruturas e servizos sociais durante os anos de goberno socialista e defende a necesidade de reformar o Senado así como racionalizar as Deputacións.


20-N NOVEMBRO 2011

EMPREGO O PP QUERE ABARATAR O DESPIDO: O PSOE, ABARATAR A CONTRATACIÓN E FINANCIAR O EMPREGO CON IMPOSTOS Á BANCA

3

CABEZAS DE LISTA AO CONGRESO

BENESTAR O PP APOSTA POR RECORTAR A SANIDADE E A EDUCACIÓN; O PSOE BLINDARÁ OS SERVIZOS SOCIAIS PÚBLICOS

“Os anos de Goberno socialista foron os anos do despegue das infraestruturas de Galicia” PEPE BLANCO

Pepe Blanco encabeza a candidatura socialista ao Congreso pola provincia de Lugo // PSdeG-PSOE

O cabeza de lista por Lugo e minsitro de Fomento, Pepe Blanco, asegurou que “os anos de Goberno socialista foron os anos do despegue das infraestruturas de Galicia, tanto en termos de investimento como de de-

cisión política á hora de impulsar os proxectos clave para o futuro da nosa terra”, e engadiu: “As cifras son claras. Máis de 8.000 millóns de investimento executados polo Ministerio de Fomento en Galicia entre 2004 e 2011”.

“Os socialistas venceremos ás enquisas porque en Galicia xa sabemos a onde conducen as políticas do PP” FRANCISCO CAAMAÑO O cabeza de lista ao Congreso por A Coruña e ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, salientou a lista coruñesa como“un equipo humano compacto, con distintas sensiblidades que reflicten as distintas preocupa-

cións desta provincia” e “cargado de ilusións para achegarnos aos cidadáns e pedirlles a súa confianza”. “Os socialistas venceremos ás enquisas porque en Galicia xa sabemos a onde conducen as políticas do PP”, dixo.

Francisco Caamaño encabeza a candidatura socialista ao Congreso pola provincia de A Coruña // PSdeG-PSOE

“Estamos a loitar contra unha guerra: a guerra dos recortes, a guerra do PP contra o Estado de Benestar” LAURA SEARA

Laura Seara encabeza a candidatura socialista ao Congreso pola provincia de Ourense // PSdeG-PSOE

A candidata ao Congreso e secretaria de Estado de Igualdad, Laura Seara, salientou a excelente candidatura do PsdeG na provincia, “un equipo compacto cuxo nexo común é que somos profundamente socialistas”. Se-

ara indicou que no 2004 comezamos loitando contra unha guerra, e agora rematamos con outra: “a guerra dos recortes, a guerra do PP contra o Estado de Benestar, unha guerra que hai que gañar e que é moi importante”.

Mitin de Rubalcaba en Ourense con Pachi Vázqeuz e os candidatos galegos.

grandes fortunas para crear emprego; blindaxe da sanidade e a educación públicas, e compromiso de non tocar as pensións e de garantir o seguro do desemprego”. Vázquez apunta que “o 20N depende só da esquerda, temos a oito millóns de persoas indecisas, e temos que mobilizalas e animalas”. “Estamos mal, debido á crise, pero co PP iremos a peor”, afirma. “Si a esquerda se mobiliza gaña, senón gaña a dereita e este pais necesita un presidente que mire a

cara aos cidadáns, non que fume bos puros”, sinala. Así, defende o voto para o PSOE porque conta cun partido e cun candidato “que traballa pola política que nos iguala a uns e a outros” e lembra que “non se sae da crise pechando escolas ou hospitais, senón con modelos económicos que xeren emprego”. “Este país non precisa de políticos como Feijóo e Rajoy, que cando os problemas entran pola porta eles saltan pola fiestra”, conclúe.

“O PSOE subiu o salario mìnimo, as bolsas e a educación fronte a un PP que non fai nada onde goberna” CARMELA SILVA A candidata número un do PSOE ao Congreso pola provincia de Pontevedra, Carmela Silva, repasou as políticas do PSOE no Goberno central, recordando o aumento do salario mínimo interprofesional, o incre-

mento en bolsas ou as maiores partidas para educación, fronte á "palabrería" do PP que, a pesar de ter competencias e diñeiro para tomar medidas de freo á crise "non fixo nada" nas comunidades onde goberna.

Carmela Silva encabeza a candidatura socialista ao Congreso pola provincia de Pontevedra // PSdeG-PSOE


CANDIDATURAS NOVEMBRO DE 2011

4

A CORUÑA

O ministro Caamaño e o ex alcalde Losada encabezan as candidaturas

LUGO

O titular de Fomento, José Blanco, e Ricardo Varela, lideran asistas

Membros da candidatura socialista coruñesa ao Congreso e ao Senado. CONGRESO 1 Francisco Caamaño Domínguez 2 Miguel Ángel Cortizo Nieto 3 MªPaloma Rodríguez Vázquez 4 Noemi Fernández Calveiro 5 María de la Flor Lago Méndez 6 Ricardo Antonio García Mira 7 Isabel Vuelta González 8 Manuel Vázquez Faraldo SUPLENTES 1 Raquel Bolaño Fariñas 2 Miguel Ángel Buján Varela 3 Maria Zora Concepción Leis 4 Humberto Creus Andrade

5 Mª Carmen Fernández Reboredo 6 Inés Cagide Val 7 Sandra Pena Barbeito 8 Alberto Piñeiro Otero 9 Juan Vicente Penabad Muras 10 José Antonio Ucha Velo SENADO 1 Javier Losada de Aspiazu S1 Martín Giménez Calviño S2 Ana María Domínguez Layño 2 Inés Rey García S1 Ana Paramós Cebey 3 María Gude Sampedro S1 Ana Rey Pérez

Membros da candidatura socialista por Lugo apoiados por Pachi Vázquez e Orozco. CONGRESO SENADO 1 José Blanco López 2 Margarita Pérez Herraiz 3 María José González Rodríguez 4 Alfredo Llano García SUPLENTES 1 Horacio Rouco Ferro 2 María Elba Veleiro Fernández 3 José Carlos Ferreiro Otero 4 María Loureiro García

OURENSE

1 Ricardo Jacinto Varela Sánchez S1 Alfonso Orol Castro S2 Beatriz Vázquez Monroy 2 Darya Fernández Gómez S1 Silvia Rodríguez Díaz S2 Pablo Rivera Capón 3 Marta Jato Díaz S1 Rosa María Morán Luaces S2 Ramón Gómez Queiruga

PONTEVEDRA

Laura Seara e Miguel Fidalgo son os primeiros da lista por esta provincia

Carmela Silva e María Ángeles Marra, as números un pola demarcación

Membros da candidatura socialista por Ourense apoiados polo secretario xeral do PSdeG.

Membros da candidatura por Ponrevedra apoiados por Pachi Vázquez e Abel Caballero.

CONGRESO 1 Laura Carmen Seara Sobrado 2 José Arcos Alvárez 3 Fernando Fernández Yáñez 4 Elena Espinosa Mangana SUPLENTES 1 Isabel Gil Alvárez 2 Alfonso Vilachá Rodríguez 3 Sandra Alvárez Rodríguez 4 Leticia Cid Couce 5 Álvaro Vila Araujo 6 Antonio González Fiuza 7 Mª Carmen González Colmenero

8 Ángel Arias Valle 9 Silvia Álvarez Esteban 10 Eladio Osorio Montenegro SENADO 1 Miguel Fidalgo Areda S1 José Luis Pérez García S2 Beatriz López Varela 2 Alva Dorado Álvarez S1 Ana Belén Hermida Dibuja S2 Antonio Vázquez Novoa 3 Miguel Solla Pereira S1 Marta Arias Regueiro S2 Manuel Rodríguez Vázquez

CONGRESO 1 Carmela Silva Rego 2 Guillermo Meijón Couselo 3 José Manuel Vázquez Vázquez 4 Eva García de la Torre 5 María Luz Santiago Suárez 6 Nicolás González Casares 7 Rocío Bernárdez Fernández SUPLENTES 1 Marina Vidal Lorenzo 2 José Antonio García Lores 3 Marta Giráldez Bardal 4 Fernando Quintela Gallego

SENADO 1 Mª Ángeles Marra Domínguez S1 María Olga Alonso Suárez S2 Francisco Carrera Pérez 2 Belén Louzao Vieites S1 Carmen Paula Gómez Pérez S2 Manuel Barros Puente 3 Gregorio Luis Agís Gómez S1 Javier Castelo Mosquera S2 Margarita Castejón García


CAMPAÑA NOVEMBRO 2011

5

“Un kilómetro de estrada pode esperar, a educación dun alumno, non” Os socialistas chaman á mobilización do votante da esquerda para evitar que as políticas de recortes que amosa o PP en Galicia se estendan ao resto de España. Os candidatos socialistas ao Congreso e ao Senado polas catro provincias galegas tratan de explicar as propostas de esquerda para saír da crise, xerar emprego e blindar os servizos sociais públicos.

Membros da candidatura socialista ao Congreso e ao Senado polas catro provincias galegas xunto co secretario xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez. Os socialistas galegos defenden o proxecto renovado de Rubalcaba como mellor aposta para saír da crise fronte á política de recortes do PP que representan Rajoy e Feijóo. A campaña xa arrancou cos deberes feitos. Oito anos de Goberno socialista nos que se fixo a maior inversión da historia no momento de maior dificultade económica. Así, cómpre salientar os

SEN TERRORISMO

investimentos en infraestruturas, o compromiso coa igualdade, cos dereitos cívicos, co fin do terrorismo e a paz. Estamos nun momento transcendental para Galicia. O 20N temos que decidir se goberna Rubalcaba, que propón un xeito de saír da crise, onde os máis ricos sexan os que mais aporten, garantindo a educación e a sanidade, ou se goberna Rajoy, que quere

ENSINO

que os grandes patrimonios e as rendas máis altas aporten menos recursos en beneficio de todos. En Galicia, xa sabemos que desta crise non se sae privatizando a sanidade, como fai o PP. O que fai falla é obter máis ingresos dos que máis teñen para destinalos a crear emprego e manter a sanidade, a educación e a dependencia. Este é o compromiso dos socialistas con

GARANTÍAS FRONTE OS RECORTES DO PP, O PSOE APOSTA POR GARANTIR A EDUCACIÓN E A SANIDADE PÚBLICAS DE CALIDADE

ACTO ELECTORAL

todos os cidadáns para a próxima lexislatura, cunhas prioridades moi claras. “Un kilómetro de estrada pode esperar: a educación dun alumno, non”, di o candidato por Lugo Pepe Blanco. Por todo iso o secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, xunto con todos os candidatos galegos ao Congreso e ao Senado, pide a mobilización dos votantes de esquerda.

COPAGO

Estas serán as primeiras eleccións xerais na que imos estar sen a ameaza de ETA

Os socialistas reivindican a educación pública como “viga principal” do modelo social

O PSdeG critica a “inaudita campaña electoral da patronal con Núñez Feijóo”

O Goberno galego pretende cobrar polo mal uso da sanidade pública: ¿copago xa?

O presidente do Goberno, José Luís Rodríguez Zapatero, destacou en Vigo que esta “é a primeira campaña electoral da democracia española na que imos vivir en plena liberdade sen a ameaza de ETA”.

“Os axusten teñen que facerse con dimensión social e establecer prioridades. A educacion e a investigación son unha prioridade e se hai que facer recortes non deben ser nestas materias” dixo en Galicia o ministro Gabilondo.

O PSdeG criticou hoxe a “inaudita entrada en campaña electoral das confederacións de empresarios de España e Galicia”, que recentemente celebraron un acto en Santiago xunto a Feijóo e Beatriz Mato.

Pachi Vázquez advertiu que o Sergas pretende cobrar aos cidadáns polo mal uso da sanidade pública. “Medo me da”, dixo Vázquez, “porque é o anticipo de que hai unha estratexia do PP para empezar a cobrar pola sanidade”.

Pablo García, secretario de Organización .


6

RECORTES NOVEMBRO DE 2011

ESTADO DE BENESTAR

Rematar coa sanidade e a educación públicas, o obxectivo das políticas do PP en Galicia Galicia é o laboratorio das políticas do PP en España. Aquí sabemos o que nos espera se Rajoy gaña as eleccións o próximo 20-N. O paro sube en Galicia o dobre que no resto do estado. Os recortes en servizos básicos como a educación ou a sanidade poñen en serio risco o Estado de Benestar. Esas son as receitas do PP. Os experimentos do PP en Galicia destacan especialmente por dúas obsesións: rematar a educación e a sanidade públicas. Mentres os gobernos socialistas cren que a Educación é a ferramenta máis útil contra a crise, a dereita é o primeiro que recorta. Ningún goberno galego foi nunca tan belixerante co Sistema Educativo Público como o que preside Núñez Feijóo. Abonda con dicir que en tres anos quitoulle 500 millóns de euros e que suprimiu 1.000 docentes. Neste curso, temos 3.000 alumnos máis e 1.000 profesores menos. Na Universidade recortáronse 110 millón de euros e rebaixáronse un 70% as dotacións para programas de I+D+i. As bolsas universitarias baixaron un 27%. En sanidade, as cousas non van mellor. Pese a que as enquisas din que o 64,47% dos cidadáns galegos prefire ser atendido na sanidade pú-

SANIDADE

blica, a política do PP en Galicia parece encamiñada a privatizar estes servizos. Así, as contas en atención primaria diminúen en 37.7 millóns de euros mentres adican 206 millóns de euros a concertos privados. Os presupostos de sanidade da Xunta caeron un 5,88% no 2010, un 4,91% no presente 2011 e un 5,38% previsto para o 2012. Dende a chegada de Feijóo diminuíron en máis de 400 millóns de euros os investimentos en sanidade en Galicia. E iso que non hai p re c i s a m e n te pouca demanda, xa que 420.000 pacientes están en lista de espera nanosa comunidade: 50.000 á espera dunha intervención cirúrxica, 120.000 agardan por unha proba diagnóstica e 250.000 esperan por unha primeira consulta de especialista. Ademais, a Xunta deixou sen cubrir 1.600 vacantes por xubilación na sanidade pública.

RECORTES FEIJÓO RECORTOU CENTOS DE MILLÓNS DE EUROS EN SANIDADE E EN EDUCACIÓN

EDUCACIÓN

DESBROCE SOCIAL

A débeda, o paro ou o sistema financeiro, outras das ‘vítimas’ do cambio que propoñen os populares

Mentres os montes ardían os responsables da Xunta estaban lonxe de Galicia.

O cambio, o lema electoral dos populares, o que agora ofrece Rajoy, xa empezou hai 2 anos e 8 meses, dende que goberna o PP. E dende entón, Galicia está máis endebedada, pois pasamos de 3.000 mil millóns a case 8.000 millóns de euros. Feijoo endebedou a

nosa comunidade máis en tres anos que nos 22 anteriores. Outro dos cambios foi que cando Feijóo chegou ao Goberno galego tiñamos en Galicia dúas caixas e o Banco Pastor: hoxe non temos nada. Algo parecido ocorre co paro, que medra en Galicia o dobre que no

resto do estado, e que afecta, entre outros moitos sectores, aos traballadores das políticas sociais, cun desemprego que aumentou un 380% no último ano. Iso sen falar da ‘fuxida’ de altos cargos da Xunta mentres ardían os montes galegos pola falta de persoal.


ENREDANDO NOVEMBRO 2011

HUMOR

7

NAS REDES

Incendios

Fume contra os recortes da Xunta A Rajoy o tiro sáelle pola culata As redes sociais en Galicia votan fume con cada recorte que o Goberno de Feijóo fai na Sanidade ou na Educación, ou na Cultura, ou no Benestar, ou… ¿SANIDADE DE PAGO? En plena campaña ferveron coa última publicación no DOG das tarifas sanitarias da Xunta para impulsar “un uso responsable da Sanidade”, que os cidadáns non tardaron en interpretar como o que é, un paso máis cara o copago. “Se me atopan na rúa medio morta, remátenme. Non teño cambio”, sostivo unha usuaria do Facebook. “Ata enfermar co PP vai ser de ricos”, engadiu outro. AUSENCIAS DE FEIJÓO Mentres os galegos despertaban coa mala nova, as redes tamén criticaban as viaxes do presidente a Cataluña e Andalucía para apoiar ao seu amigo Rajoy e ‘aleccionar’ sobre como recortar máis e mellor os servizos básicos coa escusa da crise. Feijóo aférrase a calquer motivo para saír fóra de Galicia.

NO AUDIOVISUAL Vídeos Mitin en Ourense Mitin celebrado en Ourense coa participación de Pachi Vázquez, José Blanco, Laura Seara e Francísco Rodríguez.

http://www.youtube.com/watch?v=XV-ULTZbGkE

#RAJOYGANA E o que teñen as redes, que todo o contan e non deixan manipular, como o que intentou o PP facer co seu hashtag #rajoygana, que foiTrending Topic mundial. Os populares quixérono vender como a mellor enquisa para gañar as eleccións, pero se queimaron, a maioría eran mensaxes de mofa. Para mostra, un botón, ou varios: #rajoygana demasiado para lo que trabaja. #rajoygana una cuberteria de plata cada vez que ingresa 10.000€ en el banco, e #rajoygana, la evolución pierde.

Loita polo que queres: Ensino público

Facebook Loita polo que queres. Ensino público. Vídeo da campaña de Rubalcaba en defensa dun ensino público de calidade para todos.

FACEBOOK PACHI VÁZQUEZ http://www.facebook.com/pages/Pachi-Vázquez/165286343498266

http://www.youtube.com/watch?v=75Lb7uNdB38

Fotos

Ademáis das novas queu poden atoparse no espazo do PSdeG no Facebook, hai outras canles nas queu poden lerse novas relacionadas co partido. Unha delas é a do secretario xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez. Esta semana, Pachi Vázquez fixo comentarios sobre a campaña electoral e o programa socialista.

Twitter TWITTER DO SECRETARIO XERAL twitter.com/pachivazquez

O PSdeG da conta da actualidade no seu twitter, pero también hai reflexións no de Pachi Vázquez. Por exemplo a que fixo no debate Rubalcaba-Rajoy. “Confirmado: sin receitas máxicas para o paro, sin propostas de emprego, sin respostas para o futuro da sanidade e da educación”. Actos de campaña Mitines, encontros sectoriáis, percorridos por vilas e cidades... As imaxes da campaña electoral en Galicia están no noso espazo en Flickr.

As nosas canles http://www.youtube.com/user/PSdeG1 http://www.flickr.com/photos/psdeg-psoe http://vimeo.com/psdeg

PSdeG-PSOE Rúa do Pino, 1-9 Baixo | 15704 Santiago de Compostela (A Coruña) Teléfono: 981 55 20 30 Fax: 981 58 87 08 E-mail: ceng@psdeg-psoe.org

As nosas redes http://www.facebook.com/pages/PSdeG/107410638071 http://twitter.com/psdeg

Autorízase a reproducción para uso non comercial dos textos publicados neste boletín, salvo que algún deles especifique outras condicións. Prégase citar a fonte e/ou o autor ou autora. www.psdeg-psoe.com


Punto PSdeG  

Boletín do PSdeG-PSOE cara ao 20-N

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you