T 3

Page 1

3.

AS VARIEDADES E REXISTROS DA LINGUA.

OS


0. INTRODUCCIÓN Á UNIDADE 1. A LINGUA : UNIDADE E VARIEDADE 2. AS VARIEDADES DIACRÓNICAS 3. AS VARIEDADES DIATÓPICAS 4. AS VARIEDADES DIASTRÁTICAS 5. AS VARIEDADES DIAFÁSICAS. OS REXISTROS DA LINGUA . 6. “AS VARIEDADES E OS REXISTROS DA LINGUA” NA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DOS CURSOS DE ENSINO SECUNDARIO OBRIGATORIO E DE BACHARELATO. 7. BIBLIOGRAFÍA

0. INTRODUCCIÓN Á UNIDADE O enfoque desta unidade parte da lingüística xeral e descriptiva, para centrarse nas diferentes disciplinas que estudan a situación concreta das variantes da lingua galega. Ao longo do temario contémplase o estudo pormenorizado da perspectiva histórica, polo que nos centraremos polo momento nas variedades diatópicas, diastráticas e diafásicas da nosa lingua.

1. A LINGUA : UNIDADE E VARIEDADE En temas anteriores referíamos que a lingua como sistema posúe a dobre característica de manter a unidade e contar con múltiples variantes. Ás distintas maneiras de falar unha mesma lingua chamámoslles variedades ou variantes lingüísticas e débense a diversos factores ou causas: 

a época histórica: por exemplo, na actualidade non se fala o galego igual que na Idade Media ou hai 200 anos.


o lugar: non se fala o mesmo, poñamos por caso, en Ourense (onde se di por exemplo irmao ou luz) ca en Vigo (onde esas mesmas palabras se pronuncian irmán e lus)

os estudos e a profesión da persoa que fala: válennos os exemplos que puxemos antes do mariñeiro e a médica.

a utilización concreta que se fai da lingua, é dicir, con quen falamos e para que o facemos: non falamos exactamente o mesmo cando nos diriximos aos colegas no patio de recreo ca cando o facemos na clase diante dunha profesora ou cando lle pedimos algo aos pais.

Esas distintas maneiras de falar non son incorrectas; ao contrario, non sería normal que todos falásemos igual en todas as circunstancias. En resumo, as variedades dunha lingua son as seguintes: diacrónicas ou históricas

as que dependen do período da historia

diatópicas ou dialectos

as que teñen que ver co lugar xeográfico onde se fala a lingua

diastráticas ou niveis

as que se deben á formación e profesión da persoa que fala

diafásicas ou rexistros

as que se orixinan pola utilización concreta que facemos da lingua.

Con variedade ou variante lingüística de forma neutral referímonos ás diferenzas lingüísticas entre os falantes dun mesmo idioma. Co uso do termo variedade preténdese evitar a ambigüidade e falta de univocidade de termos como lingua ou dialecto, xa que non existen criterios unívocos para decidir cando dúas variedades deben ser consideradas como a mesma lingua ou dialecto, ou como linguas ou dialectos diferentes.

2. AS VARIEDADES DIACRÓNICAS A historia da lingua galega (ou historia social ou historia externa) pódese resumir como sete séculos de normalidade, desde as súas orixes cando se separa do latín galaico, aló poloséculo IX, até a introdución do castelán no século XV, e cinco séculos de conflitos, do século XVI até os nosos días.

Podemos establecer as seguintes etapas que trataremos en temas posteriores: - Do latín ao romance galego-portugués - Esplendor medieval do galego-portugués - Os Séculos escuros - Século XIX e o Rexurdimento


- Século XX - Século XXI

3. AS VARIEDADES DIATÓPICAS Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía.


.

Bloques O bloque occidental e o oriental presentan moitos trazos comúns en tódolos seus falares, polo que ben se podería falar dunha macroárea atlántica ou occidental e dunha macroárea oriental. O bloque central, que en xeral é o que mellor representa o galego común, ocupa unha ampla zona xeográfica e presenta moi poucos fenómenos exclusivos.

Máis

ca

dunha

transición

gradual

de

oriente

a

occidente

e


de conservadorismo a innovación -como se ten falado-, a realidade das variedades do galego pode representarse nunha dobre dirección: fenómenos innovadores que apagan a súa vitalidade cara ó leste e fenómenos conservadores que diminúen cara ó oeste. Dentro do bloque central pódense establecer áreas e subáreas pero, en xeral, carecen da unidade das dos outros bloques. Bloque occidental O bloque occidental está delimitado pola isoglosa cans/cas, nel quedan incluídas as falas occidentais da Coruña e de Pontevedra asemade tamén unha pequena porción do sueste da Provincia de Ourense na Baixa Limia. En liñas xerais é un complexo

lingüístico innovador, diferenciado en tres áreas: fisterrá, bergantiñá e pontevedresa.

sa = subárea / misa = microsubárea Bloque central O bloque central é menos unitario. Inclúe toda a Galicia Central, delimitada polas isoglosas cans/cas no oeste e cas/caisno leste. Pertencen a el tódolos falares do nordés e interior da Coruña, o interior de Pontevedra e as provincias de Lugo e


Ourense, non sendo a súa parte oriental. No seu seo distínguense dúas áreas:

mindoniense e lucu-auriense.

sa = subárea / misa = microsubárea Bloque oriental O bloque oriental comprende todo o galego do leste de Lugo e de Ourense, así coma o galego exterior (occidente deAsturias, León e Zamora). En xeral é un complexo de falas moi conservadoras, separado do bloque central pola isoglosacas/cais e do complexo astur-leonés pola ausencia de ditongación (pèdra / piedra). Nel poden distinguirse catro áreas: asturiana, ancaresa, zamorana e oriental-central.


sa = subรกrea / misa = microsubรกrea



Será a dialectoloxía a que nos proporcionará os coñecementos sobre as variedades diatópicas da lingua. A Dialectoloxía é a parte da Lingüística que describe, estuda e clasifica os dialectos dunha lingua. Un dialecto é a variedade lingüística que se fala nun espazo xeográfico: o dialecto galego de Santa Comba (A Coruña) caracterízase polo seseo, a gheada, por usar formas coma meu irmán, miña írmán, o chan, ela colliu, ela partiu e o camiño. O dialecto de Noia (A Coruña) presenta trazos coma meu irmán, miña irmán, o chan e camiño, comúns co dialecto de Santa Comba, e trazos distintos coma ela colleu e ela parteu. Formas coma meu irmán, partiu ou camiño coinciden coas da lingua estándar; formas coma miña irmán e colliu, pola contra, diverxen. Non obstante, en tanto que podemos asociar meu irmán e camiño a puntos xeográficos, estas formas cárganse de valor d ialectal: fronte ao meu irmán de Santa Comba, en Friol (Lugo) dise meu irmao; fronte ao camiño de Santa Comba e Friol, en Taramund i (Asturias) d ise camín. Chamamos trazo dialectal a calquera feito lingüístico vencellado a un punto xeográfico. Os trazos dialectais Os trazos dialectais pódense clasificar segundo a compoñente da gramática en que se producen, de forma que existen trazos fonolóxicos, morfolóxicos e sintácticos. A variación dialectal afecta tamén ao vocabulario, dando lugar ao conxunto de trazos léxicos. Trazos dialectais fonolóxicos Os dialectos galegos difiren entre si, ben nos repertorios de fonos e fonemas con que contan, ben en como os usan. Estas diverxencias producen variación dialectal fonolóxica. Os trazos d ialectais fonolóxicos clasifícanse segundo operen no ámbito das vogais ou no das consoantes. - As diferenzas dialectais no ámbito das vogais Todos os d alectos galegos contan con sete fonemas vocálicos. Non obstante, non todos os dialectos usan os mesmos fonemas vocálicos nas mesmas palabras. Durante a evolución do galego, algunhas consoantes pu ideron modificar as vogais con que estaban en contacto. Como algúns destes cambios só se produciron en áreas concretas do territorio, naceron d iferenzas d ialectais, entre as que destacan: • Unha consoante nasal na coda da sílaba provocou que a vogal /Ɛ/ nalgúns substantivos e adxectivos cambiase a /e/ no occidente de Galicia: d/e/nte vs. d/e/nte, v/e/nto vs. v/e/nto. • A vogal /o/ final de palabra provocou nalgúns substantivos e adxectivos do occidente de Galicia que as vogais /Ɛ/ e /Ɔ/ cambiansen a /e/ e /o/, respectivamente: m/Ɛ/-do vs. m/e/do, p/Ɔ/sto vs. p/o/sto. • A vogal /a/ final de palabra provocou que as vogais med ias pechadas dalgúns substantivos e pronomes mudasen no occidente a vogal med ia pechada tónica por unha media aberta: b/o/ca vs. b /Ɔ/ca, p/e/ga vs. p/Ɛ/ga. - As diferenzas dialectais no ámbito das consoantes Fronte ao que sucede coas vogais, as diferentes variedades dialectais do galego teñen repertorios de consoantes d istintos, isto é, unhas variedades presentan consoantes das que outras carecen; ou tendo repertorios semellantes, poden usalas de xeitos distintos. Así, un fenómeno que caracteriza os dialectos galegos occidentais é a ausencia dun fonema oclusivo velar sonoro /g/ e a presenza no seu lugar dun fonema fricativo faringal /h/ que, segundo os d ialectos e os sociolectos, pode alternar cun fonema fricativo velar /x/ ou cun fonema fricativo glotal /h/. Este fenómeno coñécese como gheada. Outro fenómeno


característico do occidente das provincias da Coruña e Pontevedra e do suroeste de Pontevedra é a ausencia nos seus repertorios do fonema fricativo dental xordo /Ө/ e a presenza no seu lugar do fonema fricativo alveolar /s/. Este fenómeno coñécese como seseo. Cando,o fonema /Ө/ non aparece nin no ataque da sílaba nin na coda, fálase de seseo total: /rasa/ 'raza ' , /bes/ 'vez'. Nalgúns dialectos do centro occidente da Coruña, situados entre os dialectos totalmente seseantes e os dialectos non seseantes, aparece /Ө/ nos ataques, pero non nas codas. Este seseo denomínase seseo posnuclear ou implosivo: ao singular /des/ 'dez' correspondente o plural /deӨes/. TRAZOS DIALECTAIS MORFOLÓXICOS Os trazos d ialectais morfolóxicos poden clasificarse segundo afecten á morfoloxía nominal (substantivos, adxectivos, pronomes, artigos) ou á morfoloxía verbal. - Variación na morfoloxía nominal Un trazo da morfoloxía nominal, o plural das palabras agudas rematadas en -n, delimita os tres grandes bloques d ialectais do galego (lambóns/lambós/lambois). Outra das variacións diatópicas máis salientables na morfoloxía nominal prodúcese polos distintos resultados da evolución das terminacións latinas -anum e -anam en palabras coma planum 'chao' e maneana 'mañá ': ANUM ANAM Occidente: -án > irmán, chan, verán Occidente: -án > irmán, mañán, mazán Centro e oriente: -ao > irmao, chao, verao Centro e oriente: -á > irmá, mañá, mazá. As terminacións latinas -enum/-enam, de palabras coma plenum 'cheo' / plenam 'chea ' e -inum/-inam, de palabras coma caminum 'camino' / farinam 'fariña ' , tamén tiveron evolucións diferentes segundo a área xeográfica: A variación diatópica da lingua galega afecta tamén á forma e á función dos pronomes. Vexamos algúns exemplos: • A maioría dos dialectos galegos presentan unha forma te para a 2.a persoa sing , dos pronomes átonos con función de OD, vinte onte, e outra forma che con función de OI , deiche d iñeiro. Non obstante, no occidente da provincia da Coruña emprégase che coas dúas funcións: Vinche onte e deiche diñeiro. Este fenómeno coñécese como cheísmo. No sudoeste da provincia de Pontevedra e no sueste do dominio de fala galega (entre Ourense e Zamora) , emprégase te nas dúas funcións: Vinte onte e Deite d iñeiro. Este fenómeno coñécese como teísmo. En Lugo e na metade oriental da Coruña existe unha forma lles para o pronome dativo de terceira persoa plural; o resto do territorio emprega maioritariamente lle, a mesma forma ca no singular. Nesa zona que emprega maioritariamente lles, aparecen as formas contractas llelo llela cando o pronome dativo vai segu ido dun acusativo de terceira persoa (o, a, os, as). Na metade nororiental de Galicia descoñécense as formas amalgamadas connosco e convosco, polo que se emprega no seu canto con + nós/nosoutros, -as, con + \ós/ vosoutros, -as. No resto de Galicia, a serie está completa: fala comigo /fala connosco, fala contigo /fala convosco. A metade occidental de Galicia presenta ti como forma do pronome suxeito de 2.a persoa singular, mentres que a metade oriental emprega a forma tu. ENUM ENAM INUM INAM Galego de Asturias: -én, -ía > chen, chía Occidente e centro: -iño, -iña > sobrino, sobrina No resto: -eo, -ea > cheo, chea Galego de Asturias: -ín, -ía > sobrín, sobria Resto do oriente: -ín, -iña > sobrín, sobriña Distribución do teísmo e do cheísmo. Distribución de ti/tu e de llo/llelo. DIALECTOLOXÍA 4 • A zona central de Ourense e o sueste de Lugo presentan il ~ iles como forma do pronome tónico da 3.a persoa; o resto de Galicia usa el – eles.


- Variación na morfoloxía verbal A variación na forma das vogais temáticas dos verbos da segunda e da terceira conxugacións ocasiona diferenzas dialectais salientables: Occidente: vogal temática /e/ na 2.a persoa sing , do Ind. Pto. dos verbos regulares da segunda conxugación: collestes ~ colleches; no centro e oriente, vogal temática /i/: colliches. Noroccidente da provincia da Coruña: vogal temática /i/ na 3.a persoa sing , do Ind. Pto. dos verbos regulares da segunda e terceira conxugacións: comiu e partiu; norte de Pontevedra, sur, centro e norte da Coruña e norte de Lugo, vogal temática /e/: comeu e parteu; no resto do territorio, /e/ na CI I , comeu e /i/ na CI I I , partiu. Os verbos irregulares tamén presentan variación morfolóxica d ialectal. Por exemplo, o verbo oír pode conxugarse de acordo con varios modelos en cada zona xeográfica: • Occidente da Coruña: ouzo, oes, ouza, oír~ouír. • Asturias: ozco-uzco ou oigo, oes, ougu ir. • Sur de Ourense e de Pontevedra: ouvo, ouves, ouva, ouvir. • Resto de Galicia: oio, oes, oía, oír. TRAZOS DIALECTAIS NO ÁMBITO DO LÉXICO As diferenzas léxicas dialectais son xeralmente as que máis chaman a atención da xente. De feito, cando alguén pregunta por diferenzas entre as falas, xorden rapidamente exemplos de tipo léxico: Nós dicimos «grelos», pero os de ai arriba d in «cimós». Con todo, os estudos realizados ata hoxe non permiten establecer en Galicia áreas xeográficas léxicas, conxuntos de d ialectos que se poidan agrupar claramente porque comparten unha serie de trazos léxicos ben definida. Isto débese a que cada palabra ten a súa historia: as palabras voan dun lugar a outro con máis facilidade ca as estruturas lingüísticas, pois circulan co comercio, no intercambio de obxectos, etc. As variantes dialectais non coinciden na súa distribución: parte dos falantes que din irmao, os que viven no centro de Galicia, teñen pantalós como plural de pantalón; os falantes que habitan a zona oriental de Galicia e as zonas galegofalantes do occidente de Asturias, León e Zamora tamén din irmao, pero presentan un plural pantalois. Isto débese a que os trazos dialectais non se distribúen agrupados e a que non existen fronteiras nítidas entre os dialectos: cada isoglosa ten o seu propio trazado que pode coincid ir ou non co trazado doutras. Por esta razón, as agrupacións de variedades xeográficas e os seus contornos establécense dun xeito convencional tomando como base determinadas isoglosas de formas fonéticas e morfolóxicas. Na dialectoloxía galega os bloques son as agrupacións dialectais máis extensas e abranxentes. Os límites dos bloques dialectais galegos son as isoglosas trazadas polas diferentes formas do plural das palabras rematadas en -n (trazo (a) do cadro). Como nos territorios de fala galega este plural se realiza de tres formas diferentes, existen tres bloques dialectais: o occidental (plural pantalóns) , o central (pantalós) e o oriental (pantalois). Non obstante, estes bloques son entidades lingüísticamente heteroxéneas, pois á súa vez conteñen variación xeográfica no seu interior; esta variación pode ser estruturada creando novas subdivisións internas en cada bloque, as áreas, territorios que comparten trazos que non son xerais a todos os dialectos do bloque, como vemos na táboa inferior esquerda. Estas áreas lingüísticas poden ser fragmentadas en territorios máis pequenos chamados subáreas, e así sucesivamente. Canto menores sexan os territorios delimitados, maior uniformidade lingüística presentarán, pois unha subárea presenta moitos trazos comúns a todas as falas do bloque e da área de que forma parte.


BLOQUES E ÁREAS DIALECTAIS DO GALEGO Os bloques e áreas en que se divide o dominio galego están delimitados con trazos fonéticos e morfolóxicos. Bloque occidental Plural pantalóns. Outros trazos: gheada, terminación -án para masc. e fem. (o irmán ~ a irmán) , vogal temática e en ti colleches ~ ti collestes. Neste bloque distínguemse tres áreas: • área fisterrá: seseo total, cheísmo, ditongo ui(mu ito) , ela colliu e ela partiu , terminación -stes para a 2.a persoa sing , do Ind. Pto.: (ti collestes). • área bergantiñá: sen seseo total, sen cheísmo, ditongo oi (moito) , ela colliu e ela partiu , terminación -ches para a 2.a persoa sing , do Ind. Pto.: (ti colleches). • área pontevedresa: cantábamos (fronte a cantábamos) , estar a facer (fronte a estar facendo) , sen cheísmo. Presenta unha subárea ao norte con formas tipo comeu e parteu e os demostrativos esto ~ eso ~ aquelo; outra ao sur con formas do tipo comeu e partiu e os demostrativos isto ~ iso ~ aqu ilo. Bloque central Plural pantalós. Outros trazos: ditongo oi (moito) , sen seseo, con gheada no occidente, terminación -ao (irmao, chao) e -a (irmá, maza) , vogal temática i na 2.a persoa sing , do Ind. Pto. dos verbos da segunda conxugación: (colliches). Ten tamén tres áreas: • área mindoniense: cant[e]mos, coll[e,]mos, part[e]mos no Subx. Pte., marca pronominal i para a 3.a persoa do acusativo (síntoi 'síntoo' , cántai 'cántaa '); Subx. Pte. esteña (de estar) e seña (de ser). • área central de transición: cantemos ~ collamos ~ partamos no Subx. Pte., el e eles como pronome tónico da 3.a persoa mase. • área lucuauriense: il e iles como pronome tónico de 3.a persoa masc.; iste ~ ise ~ aqu il como masc, dos demostrativos; turce, culle, bibe, mite como 2.a persoa sing , do Imp. dos verbos da segunda conxugación.


Bloque oriental Plural pantalois. Outros trazos: d itongo u i ou vogal u (mu ito ~ muto) cuatro e cuando con u conservado; terminación -in en camín, sobrín; -is na 2.a persoa de plural dos verbos (cantais, coméis). Divídese en catro áreas: • área asturiana: terminacións -ius, -ias (sobrius ~ sobrias 'sobrinos, -iñas'); conservación de -í- intervocálico (avolo 'avó' , moler 'moer'); indefinidos úa, algúa e ningún; demostrativos estos ~ esos ~ aquellos; posesivos meu ~ tou ~ sou. • área ancaresa: vogais nasais en irmão ~ irmã ~ cadêa, vogal temática i nos pretéritos dos verbos da segunda conxugación (colliu , collira, collise) , ausencia de -n na 1 .a persoa sing , do Ind. Pto. dos verbos (d ixe, colli). • área oriental-central: vogal u nas formas mu ito ~ muta ~ mutio, conservación de u en cuatro ~ cuando, forma o/a do pronome acusativo 3.a persoa tras verbos rematados en vogal deixouo, terminación -is en cantais, terminación -iños ~ -iñas, sen vogais nasais, presenza de -n na 1 .a persoa sing , do Ind. Pto. (collín, d ixen, partin). • área zamorana: d itongos oí ~ ou (noite ~ noute) , vogal u en truta ~ muto, teísmo (non to d igo) , vogal temática i nos pretéritos dos verbos da segunda conxugación (collise) , forma o/a do pronome acusativo de 3.a persoa tras verbos rematados en d itongo (seio no canto de seino).

4. AS VARIEDADES DIASTRÁTICAS Son as variacións na lingua segundo a clase social á que pertenza o falante. Tradicionalmente vense desenvolvendo unha distinción, que resulta insuficiente, entre: 

Nivel culto: Caracterízase por: 

Empregar un código elaborado.

Ornamentar con adxectivos.

A pronuncia ou escrita é formal e está sumamente coidada.

A sintaxe é complexa. Aparece frecuentemente a pasiva.

Riqueza léxica (adverbios cultismos, estranxeirismos...).

Ausencia de conectores de procedencia mímica.

Nivel vulgar: 

Prima en xeral a economía lingüística sobre a expresividade.

Pobreza e repetición de vocábulos.

Oracións curtas, moitas veces inacabadas e desorganizadas.


anacolutos

Escaso emprego de nexos.

Frases feitas

Impropiedade léxica

Vulgarismos

(vacilacións

no

vocalismo

átono, aférese, epéntese, harmonización, labialización, prótese,...). 

conectores de procedencia mímica.

Esta clasificación resulta insuficiente; en primeiro lugar, porque hai unha serie de graos intermedios entre o nivel culto e o vulgar; ademais, o desenvolvemento social dos falantes -a adscrición dun falante a unha clase social é dificultosa e relativa- pode ampliar a súa competencia lingüística. Así e todo, é certo que os falantes que teñen unha actividade, modo de vida ou profesión

en

común

presentan

semellanzas

lingüísticas

que

permiten

observar subcódigos ou linguaxes especiais caracterízadas por teren un vocabulario peculiar, de sentido moi preciso, como os tecnolectos, sociolectos e xergas. No galego contamo con varias xergas. As xergas ou xirias son

unha linguaxe falada

propia

de

determinados

oficios

tradicionais, de carácter esotérico ou críptico (só coñecida polos membros do grupo) que a utiliza para se diferenciar e afirmar como grupo así como para evitar ser comprendido polos demais. Nestas linguas mestúranse palabras galegas propias cun significado modificado, neoloxismos e deformacións. Sempre foron transmitidas por vía oral e só na primeira metade do século XX comezaron a ser rexistradas por escrito. Na

lingua

galega

existen

varias

xirias

profesionais

que

reciben

o

nome

de verbos, verbas ou latíns e que están en proceso de desaparición. 

Barallete: xerga dos afiadores e paragüeiros, de Nogueira de Ramuín.

Xerga dos cesteiros: Mondariz.

Latín dos chafoutas: xerga dos albaneis de Goián (Tomiño).

Verbo dos arxinas: xerga dos canteiros, da Terra de Montes.

Fala

dos

cabaqueiros ou verbo

daordes:

xerga

do Rosal (Pontevedra). 

Fala dos bugardeiros: xerga dos cesteiros de Mondariz.

dos

telleiros


Lafrada: fala dos albaneis de Bueu.

Fala dos ingreiros: xerga dos músicos de Celanova.

Barallete

dos

grañudos:

falado

polos

vendedores

ambulantes

da Graña (Covelo). 

Garisma: latín dos cegos galegos.

5. AS VARIEDADES DIAFÁSICAS. OS REXISTROS DA LINGUA Como dicíamos en temas anteriores, coñecidas tamén como variacións diafásicas, este tipo de variantes involucra cambios na linguaxe a partir da situación na que se atopa o falante. Como se sabe, non se fala igual nunha festa de amigos que nunha actividade relixiosa. Dende este punto de vista, o que provoca o cambio é o grao de formalidade das circunstancias. O grao de formalidade enténdese como a estrita observancia das regras, normas e costumes na comunicación lingüística. Tomando en consideración este factor, os especialistas falan da existencia de diversos rexistros ou estilos. Deste xeito, no intre de expresarse, os falantes deben elixir un rexistro axeitado á circunstancia na que se atopa. Non existe acordo en canto a cantos e cales tipos de rexistros existen. Polo xeral, distínguense os seguintes: solemne, culto ou formal, estándar, profesional, coloquial, frío, vulgar e xergal. As variedades poden ser distinguidas, ademais de polo seu vocabulario, por diferenzas na súa gramática, fonoloxía eprosodia. Por exemplo, a adaptación das palabras estranxeiras. Cronolecto: fai referencia á idade, (cativo, adolecente, adulto, vello) Sociolecto: fai referencia á clase social á que o falante pertence (alta, media, baixa). Dialecto: fai referencia segun o país ou a rexion á cal pertence. Os vulgarismos e idiotismos son ás veces considerados como formas de estilo, ao estar limitados a variacións de léxico, mentres que os argots poden ser incluídos tanto no concepto de variedade como de estilo. Á hora de estudar as variedades diafásicas debemos de ter en conta catro factores básicos 

o tema (xeral ou especializado),

a canle (oral ou escrita),


a intención (informar, divertir, convencer etc.)

e o nivel de formalidade (grao de relación entre o emisor e o receptor).

provocan que nas situacións comunicativas se distingan dúas variedades básicas (ainda que pode haber mais) de carácter diafásico: o rexistro formal e o rexistro informal, ou, dito doutro xeito, o código elaborado e o código restrinxido. A variedade ou rexistro formal utilizase en xeral na escrita e en contextos orais formais. Presenta as seguintes características: 

Presenta un código elaborado (como sucede no nivel culto).

Sintaxe variada e organizada.

riqueza e precisión léxica.

Adecuación á norma estándar.

O tema adoita ser especializado.

A intención da comunicación impersoal e obxectiva.

O nivel de formalidade alto ou neutro.

Procúrase unha lingua expresiva, aínda que non resulte económico.

É de uso minoritario. É o rexistro propio da administración, da ensinanza, dos medios de comunicación de masas,... A

variedade

ou rexistro

informal representa

aqueles

actos

de fala espontáneos que tratan temas cotiáns, con intención persoal ou subxectiva e cun nivel baixo de formalidade; é a lingua oral coloquial ou familiar. Entre as características lingüisticas deste rexistro podemos sinalar as seguintes: 

grande riqueza de entoacións, uso de exclamacións e interrogacións retóricas.

emprego de elipses e presuposicións, pois o emisor e o receptor dan por suposto parte da mensaxe á que se refiren implicitamente.

abundancia de pronomes persoais tónicos.

a sintaxe é desordenada: anacolutos, reiteracións, rupturas na mensaxe etc.

o seu léxico é restrinxido, abundan as frases feitas e tics ou comodíns: non sei, eee, cousa, chisme, tío, etc.


uso de castelanismos e de dialectalismos.

predominan as funcións da linguaxe expresiva e apelativa.

6. “AS VARIEDADES E OS REXISTROS DA LINGUA” NA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DOS CURSOS DE ENSINO SECUNDARIO OBRIGATORIO E DE BACHARELATO. O bloque 4, "Lingua e sociedade" céntrase na necesidade de que o alumnado coñeza, explique e valore o plurilingüismo como unha situación habitual e enriquecedora para todos os individuos. Do mesmo xeito, incídese na identificación e superación dos prexuízos e na pertinencia de que o alumnado recoñeza e empregue termos sociolingüísticos precisos.

7. BIBLIOGRAFÍA Álvarez Cáccamo, C. (1989): “Variaçom lingüística e o factor social na Galiza”, en Hispanic Linguistics 2:2, pp. 253-298. Berruto, G. (1995): Fondamenti di sociolinguistica. Roma: Editori Laterza. Bloomfield, L. (1926): “A set of postulates for science of language”, en Language 2, pp. 153- 164. edición de Martin Joos Readings in linguistics I. The development of descriptive linguistics in America 1925-1956, Chicago University Press, Chicago, 1957, pp. 26-31. 20 Bloomfield, L. (1933): Language. Holt, Rinehart and Winston, Inc. Cito pola edición de The University of Chicago Press, London, 1984. Coseriu, E. (1973): “Sistema, norma y habla”, en Teoría del lenguaje y lingüística general, 3ª edición. Madrid: Gredos, 1982, pp. 11-113. Chomsky, N. (1965): Aspects of the theory of Syntax. Cambridge: MIT. Chomsky, N. (1986): Knowledge of language. New York: Praeger. Chomsky, N. (1995): The minimalist program. Massachusetts: MIT. Cito pola traducción española El programa minimalista, Madrid, Alianza, 1999. Dubert García, F. (1999): Aspectos do galego de Santiago de Compostela. Anexo 44 de Verba. Dubert García, F. (2000): “¿Norma galega, sistema galego-portugués,? Aplicación dos termos de Coseriu ó «galego» e ó «portugués»”, en Cadernos de lingua 22, pp. 101-122. Dubert García, F. (no prelo 1): “Breves notas sobre o ensino da lingua e o ensino da gramática”, en R. Lorenzo (coord.) Homenaxe ó Profesor Fernando R. Tato Plaza. Departamento de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago de Compostela. Dubert García, F. (no prelo 2): “Variedades xeolingüísticas e cultivo da lingua: crítica dunha hipótese sobre as orixes da fragmentación diatópica do galego”, Libro Homenaxe ó Profesor Fernando R. Tato Plaza. ILG / Fundación Pedro Barrié de la Maza. Gass, S. M. e L. Selinker (1994): Second language acquisition. Hillsdale: Lawrence Erlbaum Associates. Jackendoff, R. (2002): Foundations of Language. Oxford: Oxford University Press. Labov, W. (1972): Sociolinguistics patterns. University of Pennsylvania Press. traducción española Modelos sociolingüísticos, Madrid, Cátedra, 1983.


López Romalde, Mª A. (1996): “Características da evolución do léxico dunha nena bilingüe galego-castelán”, en Cadernos de Lingua 13, pp. 115-132. Monteagudo, H. e A. Santamarina (1993): “Galician and Castilian in contact: historical, social and linguistic aspects”, en R. Possner e J. N. Green (eds.) Trends in Romance linguistics and philology. Vol. 5: Bilingualism and linguistic conflict in Romance. Berlin / New York: Mouton de Gruyter, Vol. 5, pp. 117-173. Montes Giraldo, J. J. (1984): “Para una teoría dialectal del español”, en Homenaje a Luís Flórez. Estudios de historia cultural, Bogotá: Instituto Caro y Cuervo, pp. 72-89. MSG = M. Fernández Ferreiro et alii (1994): Lingua inicial e competencia lingüística en Galicia. Real Academia Galega. Muljac=ic;, Z +. (1991): “Per un approccio relativistico al rapporto: lingua nazionale - dialetti”, en Giovan Battista Pellegrini (ed.): XVIII Congresso di studi dialettali italiani “Fra dialetto e lingua nazionale: realtà e prospettive”, Padova: Unipress, pp. 247-259. 21 Regueira, X. L. (1999): “Estándar oral e variación social da lingua galega”, en R. Álvarez e D. Vilavedra (eds.) Cinguidos por unha arela común. Homenaxe a Xesús Alonso Montero, 2 vols., Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, vol. 1, 855-875. Saco y Arce, J. A. (1868): Gramática gallega. Lugo: Imp. de Soto y Freire. Ourense, Graf. Tanco, 1967 Saussure, F. de (1916): Cours de linguistique générale. París: Payot. Cito pola traducción española Curso de lingüística general, Madrid, Alianza, 1983. Thomason, S. G. e T. Kaufman (1988): Language contact, creolization and genetic linguistics. Berkeley: University of California Press. Trask, R. L. (2000): The dictionary of historical and comparative linguistics, Edinburgh: Edinburgh University Press, Ltd. Vidal Figueiroa, T. (1997): “Estructuras fonéticas de tres dialectos de Vigo”, Verba 24, pp. 313- 332.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.