
1 minute read
Daniel Domínguez. Río de sombras
from PLAY-DOC 2021
by PlayDocFest
aniel Domínguez Pérez (Tui, 1955 - Corrubedo, 2020) foi un mestre xeneroso, un guionista brillante e un cineasta apaixonado. Foi un dos autores de series de televisión e películas como Mareas Vivas, As leis de Celavella, Padre Casares, Miña sogra máis eu, A vida por diante e Branca Madison, entre outras. No ano 2002 recibiu o premio Mestre Mateo ao mellor guión por Terra de Miranda. Foi un dos fundadores da Escola de Imaxe e Son de A Coruña e a súa erudición cinéfila quedou patente nas súas numerosas colaboracións como crítico de cine, pero sobre todo no seu excelente blogue La escuela de los domingos. Pioneiro e figura clave do cinema e do audiovisual galego, Daniel Domínguez será sempre unha importante referencia e unha inspiración para todos nós. Nesta edición queremos lembrarlle con agarimo coa proxección da súa película Río de sombras, rodada en Tui en 1986, e farémolo acompañados da súa familia, amigos e compañeiros.
D D aniel Domínguez Pérez (Tui, 1955 - Corrubedo, 2020) was a generous teacher, a brilliant scriptwriter and a passionate filmmaker. He was one of the creators of films and TV series such as Mareas Vivas, As leis de Celavella, Padre Casares, Miña sogra máis eu, A vida por diante and Blanca Madison, among others. In 2002, he received the Mestre Mateo award for Best Screenplay for Terra de Miranda. He was one of the founders of the Escola de Imaxe e Son de A Coruña and his erudition as a cinephile was evident in his numerous collaborations as a film critic, above all in his excellent blog 'La escuela de los domingos.' A pioneer and key figure in Galician cinema and audiovisual, Daniel Domínguez will always be an important reference and inspiration for all of us. In this edition we want to remember him with affection, with the screening of his film Río de sombras, shot in Tui in 1986, and we will do it accompanied by his family, friends and colleagues.
Advertisement