11 minute read

Competición Galicia / Galician Competition

OS CORPOS

Eloy Domínguez Serén / 11′ / 2020 / España

Advertisement

Sala 1 domingo Sunday ás 16:30 h

Dirección: Eloy Domínguez Serén Produción: Beli Martínez, Eloy Domínguez Serén Guión: Eloy Domínguez Serén Fotografía: Eloy Domínguez Serén Montaxe: Eloy Domínguez Serén Son: Juan Carlos Blancas

Na provincia de Ourense festéxase cada ano unha das formas máis antigas de Entroido. Ao longo de varios días celébranse folións, corredoiros e baixadas con felos, cigarróns, pantallas e peliqueiros, figuras que visten espectaculares traxes, que inclúen grotescas máscaras e cintos dos que colgan grandes e sonoras chocas, e que corren polas aldeas batendo nos visitantes coa súas fustas. Outra tradición é a farrapada, unha batalla na que os participantes se lanzan os uns aos outros bandallos enchoupados en lama. Tamén se combate unha guerra anárquica na que se arroxa fariña, formigas, cinsas e toxos sobre os participantes, mentres un enorme himenóptero se eleva desafiante sobre a multitude. Os singulares festexos, alumados con fachos e acompañados do estrondo de tambores, fílmanse de modo envolvente neste documental: é coma se o propio espectador estivese cercado polos esmorguistas, inmerso nun antigo ritual pagán. As multitudinarias escenas nocturnas, con aglomeracións de xente a miúdo apiñadas, adquiren un significado adicional ao saber que esta celebración tivo lugar a finais de febreiro, só dez días antes do primeiro caso confirmado de Covid-19 en Galicia. In Galicia, Spain’s most northwestern region, one of the oldest forms of Carnival takes place every year. Spread over several days are parades with felos and peliqueiros, characters who wear spectacular outfits, including a striking mask and a belt strung with large cowbells. Another tradition is the farrapada, in which participants pelt each other with rags covered in mud. There is also a fight in which flour and ants are thrown on the participants, and a huge model ant towers above the crowd. The peculiar celebrations, lit by torches and accompanied by drums, are compellingly filmed in this short documentary — it is as if you were standing among the revelers yourself, immersed in an ageold pagan ritual. The nighttime scenes of a partying crowd, often packed tightly together, gain extra significance in the knowledge that this celebration took place in late February, just ten days before the first confirmed case of Covid-19 in the region.

Sabela Iglesias, Adriana P. Villanueva / 90′ / 2021 / España

Sala 2 xoves Thursday ás 19:30 h

Dirección: Sabela Iglesias, Adriana P. Villanueva Produción: Illa Bufarda Guión: Sabela Iglesias, Adriana P. Villanueva Fotografía: Pilar Abades, Sabela Iglesias Montaxe: Sabela Iglesias Son: Marco Maril

Negro púrpura retrata a Galiza do s. XX a través do cláviceps purpúrea, un fungo alucinóxeno que agroma nos cereais e que abre as portas a unha historia tan curiosa, sorprendente e descoñecida como importante no devir da nosa cultura e da economía dunha época. Caruncho, cornecelo, dentón, cornello, grao de corvo… este fungo de mil nomes conéctanos co resto do mundo e alimenta os relatos dende a porta da veciña ata as multinacionais farmacéuticas e a CIA; dende as pragas medievais, pasando pola medicina popular, ata o LSD. Historias esparexidas que deixan un gusto amargo ao pan de centeo e que repercuten traspasados os océanos. Unha codia que garda un miolo delirante. Negro púrpura portrays 20th century Galicia through the cláviceps purpúrea, a hallucinogenic fungus that grows on cereals, which opens the door to a story as curious, surprising and unknown as it is important to the evolution of our culture, and the economy of an era. Ergot, smut… this fungus with a thousand names connects us with the rest of the world and feeds stories from the next-door neighbour, to pharmaceutical multinationals and the CIA; from medieval plagues, through popular medicine, to LSD. Scattered tales that leave a bitter taste of rye and reverberate across oceans. A crust that holds a delirious crumb.

A COMUÑÓN DA MIÑA PRIMA ANDREA

Brandán Cerviño / 12′ / 2021 / España

Sala 1 domingo Sunday ás 16:30 h

Dirección: Brandán Cerviño Produción: Sabrina Zimmermann, Brandán Cerviño Guión: Brandán Cerviño Fotografía: Brandán Cerviño Montaxe: Brandán Cerviño Son: Daniela Fung Macchi FX: Pablo Lamosa

Andrea fixo a súa primeira comuñón. Mais á ceremonia fáltalle glamour. Para Andrea as cousas sen brilli-brilli non son cousas. O único problema é: Será que o Deus este existe? Andrea had her First Communion. But the ceremony lacked glamour. For Andrea, things without glitter don’t count. The only problem is: does God exist?

Xacio Baño / 24′ / 2020 / España

Sala 1 domingo Sunday ás 16:30 h

Dirección: Xacio Baño Produción: Xacio Baño, Tamara Canosa Guión: Xacio Baño Fotografía: Lucía C. Pan Montaxe: Xacio Baño Son: David Machado

Unha luz acéndese. Son escorregadizos e difíciles de ver. Habitan onde nada é. Alá. No fondo. A light turns on. They are elusive and hard to see. They inhabit where nothing exists. There. In the deep.

MARGARITA LEDO. PAROLAR CUN EU

Xisela Franco / 20′ / 2021 / España

Sala 1 sábado Saturday ás 18:30 h

Dirección: Xisela Franco Produción: Xisela Franco Fotografía: Diego Romero Montaxe: Xisela Franco Son: Marco Maril

Unha muller desprázase por unha cidade, Vigo. Cineasta, escritora, camiñante entre ruínas. Margarita Ledo. Busca un sinal que a leva á fábrica de cerámica Álvarez. Pasos perdidos sobre cascallos e, á súa vez, unha experiencia plagada de interrogantes, do paso do tempo, dos distintos estados da desaparición que levan á morte pero que, paradoxicamente, aparecen como memoria viva dunha ruptura traumática. O cartel como acto de invocación dunha cidade fabril que liscou, patrimonio industrial ensombrecido pola crise e a especulación. E o corpo en movemento e a solidaridade, como actos de esperanza. Ou o cine, resina e ouro que reconstrúe sobre as fracturas do pasado. A woman moves through a city, Vigo. A filmmaker, a writer, a walker among ruins. Margarita Ledo. She searches for a sign, one that leads her to the Álvarez ceramics factory. Steps lost to the rubble yet, at the same time, an experience full of questions, of the passage of time, of the different states of disappearance that lead to death but which, paradoxically, appear as living memory of a traumatic rupture. A poster as an act of invocation for a departed factory town, an industrial heritage overshadowed by crisis and speculation. The body in movement, and in solidarity, as acts of hope. And film, resin and gold, that rebuilds the fractures of the past.

Claudia Pineda / 5′ / 2021 / España

Sala 2 xoves Thursday ás 21:30 h

Dirección: Claudia Pineda Produción: Claudia Pineda Montaxe: Claudia Pineda Son: Claudia Pineda

Reflexión sobre o sentido da viaxe a través de imaxes atopadas pola autora nun vello baúl, gravadas pola súa avoa en China un ano antes do masacre na Praza de Tiananmen. Un diálogo interxeracional que reconstrúe e reinterpreta esas imaxes de metraxe atopada a través da mirada dunha nova cineasta. A reflection on the meaning of travel through images found by the filmmaker in an old chest, recorded by her grandmother in China one year before the massacre in Tiananmen Square. An intergenerational dialogue that reconstructs and reinterprets these found footage images through the eyes of a young filmmaker.

CAMILLE & ULYSSE

Diana Toucedo / 46′ / 2021 / España

Sala 1 sábado Saturday ás 18:30 h

Dirección: Diana Toucedo Produción: Jean-Max Colard, Nicolas Gendrault, Joséphine Huppert, Angela Martínez, Neus Moyano Textos e lecturas: Donna J. Haraway, Vinciane Despret Fotografía: Nico Pereda, Claudio Napoli Montaxe: Diana Toucedo Son: Andrea Bussmann, Leo Dolgan

As filósofas Vinciane Despret e Donna Haraway unen as súas voces nesta peza audiovisual da cineasta Diana Toucedo, baseada en dúas das súas fábulas, As historias de Camille, de Haraway e Autobiographie d’un poulpe, de Despret. Filmada como un conto oral e unha correspondencia entre as dúas narradoras e as súas fábulas, a película segue as formas de vivir e de morrer das comunidades nun planeta malogrado, así como o dominio cada vez maior destas comunidades nun novo campo científico, a «terolingüística», ou o estudo das linguaxes animais. In Camille & Ulysse, the philosophers Vinciane Despret and Donna Haraway join their voices in this audiovisual piece based on two of their fables, The Camille Stories (published in Haraway’s Staying with the Trouble: Making Kin in the Chthulucene, 2016) and Despret’s Autobiographie d’un poulpe (Actes Sud, 2021).

Alberto Berzosa, Carmen Bellas / 49′ / 2021 / España

Sala 2 xoves Thursday ás 21:30 h

Dirección: Alberto Berzosa, Carmen Bellas Produción: Filmoteca Española Montaxe: Carmen Bellas, Eduardo Palenque Son: Juan Carlos Blancas

Memorias de ultramar é un documental realizado con imaxes rodadas por familias que viviron nas colonias, provincias e territorios baixo dominio español entre 1940 e 1975. Unha sucesión de instantáneas propias de quen se traslada a outro país e configura o seu novo fogar. O álbum pasa as súas páxinas e en determinados momentos a proxección detense, o editor rebobina, amplía, analiza e busca ecos dentro do material familiar. Que temas se repiten? Como se filma a natureza, o traballo, a muller, as materias primas? Cal é a posición do outro no encadre? Existe algunha pegada do colonial nas imaxes domésticas? Overseas is a documentary made with images shot by families who lived in the colonies, provinces and territories under Spanish rule between 1940 and 1975. It is basically a succession of snapshots of the kind taken by people who move to another country and set up home there. The album flicks through the pages, and at times the screening stops and the editor rewinds, enlarges, analyses and looks for recurrent themes in the family material. What themes are repeated? How are Nature, work, women, or raw materials portrayed? What is the subject’s position in the frame? Is there some trace of the colonial element in the domestic images?

TENGAN CUIDADO AHÍ FUERA

Alberto Gracia / 23′ / 2021 / España

Sala 1 domingo Sunday ás 16:30 h

Dirección: Alberto Gracia Produción: Alberto Gracia, Teresa Morales, Tasio, Leire Apellániz, Ion de Sosa, Ione Ituarte, Carmen Hernando Guión: Alberto Gracia Fotografía: Ion de Sosa Montaxe: Velasco Broca Son: Tasio

Un coche de gran cilindrada adéntrase por unha autoestrada e un búnker négase a desaparecer no olvido. Os ecos do pasado chegan dende o futuro ao mundo residual de Cosme. A bunker refuses to disappear into oblivion. Its echoes reach Pamplona, the residual, predictable and automated world of Cosme, where one of his employees panics and flees, burning his wheels, as if pursued by a beast.

Daniel Pérez Silva / 20′ / 2021 / España

Sala 2 xoves Thursday ás 21:30 h

Dirección: Daniel Pérez Silva Produción: Daniel Pérez Silva, Pedro Galbán Guión: Daniel Pérez Silva Fotografía: Daniel Pérez Silva, Pedro Galbán Montaxe: Daniel Pérez Silva Son: Pedro Iglesias

Un pobo do rural galego. Algunhas das persoas que quedan nel. A incesante busca da beleza no cotián, onde nunca ocorre nada. Ou si? A village in rural Galicia. Some of the people still living there. The incessant search for beauty in everyday life, where nothing ever happens. Or does it?

TIERRA DE LECHE Y MIEL

Héctor Domínguez-Viguera, Carlos Mora Fuentes, Gonzalo Recio / 88′ / 2021 / España

Sala 2 sábado Saturday ás 21:30 h

Dirección: Héctor Domínguez-Viguera, Carlos Mora Fuentes, Gonzalo Recio Produción: Andrés Díaz Guión: Héctor Domínguez-Viguera, Carlos Mora Fuentes, Gonzalo Recio Fotografía: Gonzalo Recio Montaxe: Gonzalo Recio Son: Sergio López-Eraña

En Saraxevo, Mirsada e a súa filla Vanesa sobreviven, despois de 25 anos, no centro colectivo de Hrasnica, agardando unha solución habitacional definitiva que non chega nunca. En Georgia, Bela, aos seus 78 anos, loita cada día por recuperar os corpos dos desaparecidos nas guerras de Abkhazia. Ao mesmo tempo, centos de desprazados provocados polo conflito comezan a adquirir en Tblisi as prometidas vivendas gubernamentais. Non obstante, a Dani, Gio e Vika, de 11 anos, cústalles asumir que terán que separarse e abandoar o barrio no que medraron. E, en Grecia, Alia e Hussein, que fuxiron da guerra en Siria, agardan con arela a reunificación familiar e o reencontro coa súa filla Zozan desde Polykastro, un limbo do que non é sinxelo saír. In Sarajevo, Mirsada and her daughter have survived for twenty-five years in a collective centre, awaiting a definitive accommodation solution that never arrives. In Georgia, hundreds of people displaced by the Abkhazia war are starting to receive the promised government housing in Tbilisi. However, it is hard for Dani, Gio and Vika, aged eleven, to accept they’ll have to separate and leave their neighbourhood where they grew up. And in Greece, Alia and Hussein – who fled the war in Syria – anxiously wait to be reunited with their daughter Zozan from Polykastro, a limbo that is not easy to escape.

This article is from: