Issuu on Google+


ÍNDICE --------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

BENVIDA DO DIRECTOR........................................02 EQUIPO TÉCNICO.....................................................04 XURADO.....................................................................04 PREMIOS.....................................................................05 SECCIÓN OFICIAL....................................................07 - Animación 3D................................................08 - Animación Tradicional/2D............................14 - Técnicas mixtas..............................................20 PANORAMA “GALIZA”............................................26 PANTALLA “CINEMA KIDS”..................................32 ACTIVIDADES PARALELAS...................................39 - Introdución didáctica......................................40 - Artista invitado:FERNANDO CORTIZO…..44 - Visita ao FESTIVAL DE CANS....................47 PROGRAMACIÓN DO FESTIVAL...........................48 INFORMACIÓN PRÁCTICA.....................................50

1


Benvidos ao I Festival de Animación do IES Ramón Mª Aller Ulloa “ANIrmau’09”, iniciativa que pretende ser un pequeno referente cinematográfico dentro do ámbito cultural de Lalín. Esta andaina toma corpo tras o pequeno achegamento ao mundo das curtametraxes presentado no pasado curso, servindo de punto de partida e modelo de aprendizaxe na organización do presente festival. Como principal novidade, pódese facer mención á especialización do festival, centrada no mundo da animación. Sen saírnos do ámbito das curtas, o campo da animación é posiblemente un dos máis descoñecidos a nivel xeral, polo que o festival pretende ser un importante medio de difusión. Igualmente, as películas seleccionadas pretenden reflectir as infinitas posibilidades da animación, campo que supera as simples barreiras do xénero cinematográfico propiamente dito, xa que nela danse cabida todo tipo de propostas como a comedia, o drama, a ciencia-ficción, o documental... Por outra parte, o festival tamén pretende dar a coñecer as diferentes técnicas animadas existentes, modelos tan diversos como dignos nas súas propostas artísticas, atopándonos co sistema tradicional, o ordenador, a plastilina, as marionetas, o óleo sobre cristal, a area, os recortables, entre outros moitos casos.

2


Sen dúbida, a experiencia vivida o pasado ano foi decisiva para a incorporación de importantes melloras dentro do presente festival. En primeiro lugar, a anterior actividade non pasaba da categoría de “mostra cinematográfica”, xa que consistiu unicamente na proxección das curtas coa conseguinte valoración por parte do alumnado, ou o que é o mesmo, o público. Como principal avance, constituíuse un xurado que será quen determine os principais premios do festival, aínda que a opinión do público tamén seguirá a ter o seu papel decisivo. Con respecto a organización interna do evento, este primeiro ano comprende unha sección oficial que se compón por tres apartados perfectamente definidos dende un punto da técnica animada. A esta sección, engádense outras dúas de corte informativas, cuxo apartado estrela é o “Panorama Galiza”, no que se inclúen algúns dos mellores traballos realizados na nosa comunidade nos últimos anos, tratándose a animación dun dos ámbitos máis notables dentro do marco do audiovisual galego a nivel internacional. E por último, estaría a chamada “Pantalla Cinema Kids”, pensada para os máis cativos do instituto, apartado co que se pretende chegar a unha maior diversidade educativa. Esta primeira edición tampouco escatimou en actividades paralelas. Primeiramente, destaca a presenza como invitado do realizador compostelán Fernando Cortizo, animador que está traballando no que será a primeira longametraxe stop-motion do cinema galego, O Apóstolo. Asemade, a nosa principal actividade prevista co alumnado é a visita ao estudio de Fernando Cortizo, tendo a posibilidade de presenciar un día de rodaxe da devandita longametraxe. Paralelamente, tamén se realizarán talleres de animación no que os participantes se achegarán aos fundamentos desta técnica cinematográfica. Por último, preténdese

visitar outros festivais profesionais galegos para que o alumnado poida achegarse a outros ambientes cinematográficos máis afastados da súa vila. Á hora de organizar esta actividade, son moitas as metas que se pretenden conseguir cun evento destas características. A estas alturas, é innegable o gran potencial do audiovisual no campo da ensinanza, aínda que é necesario un importante traballo de selección. A animación non supón unha excepción neste sentido, contando con produtos variados e útiles para as diferentes materias educativas. En primeiro termo, destaca a importante contribución ás materias artísticas, tales como Plástica, Música, Historia da Arte... A estes casos, podémoslle engadir tamén o compoñente lingüístico e literario inherente a maior parte das historias desta selección de curtas. En último termo, existen outras materias representadas como a Historia, fonte inesgotable de inspiración temática; así como a Informática e outras materias científicas, contando con historias apoiadas en ámbitos desta índole. Finalmente, debemos subliñar a importancia do audiovisual na súa capacidade de transmitir valores. Ben certo é que no mundo no que vivimos onde a imaxe é un elemento primordial, esta pode chegar a ser nociva debido ao telelixo. Por iso, o noso festival comprométese non só a entreter, senón a educar e a exaltar valores. Nesta liña, a nosa selección inclúe referencias tan variadas como o antibelicismo, a ecoloxía, o amor ao próximo, ou a reflexión sobre a homofobia ou o racismo... Con esta carta de presentación, damos por inaugurado o noso festival de animación, esperando que o seu éxito estea á altura das ilusións que temos posta nel.

SEVERIANO CASALDERREY CONDE Director do Festival

3


MEMBROS DO XURADO

IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA Director: XOANA MOURIÑO Xefe de Estudos: JUAN CARLOS VIZOSO Secretario: JAVIER ENJAMIO

SEBASTIÁN ANXO ROZAS (Xefe de Departamento de Plástica)

Vicedirector: Mª JESÚS GRACIA Coordinador de Biblioteca: MARIO PEREIRA Coordinador de Audiovisual: RAMÓN FAILDE

RAMÓN FAILDE (Xefe de Departamento de Francés)

ANIrmau'09 Director e Programador: SEVERIANO CASALDERREY CONDE Imaxe e Deseño: SEBASTIÁN ANXO ROZAS ROBERTO BARRAL (Profesor de Filosofía)

Traducción: RAMÓN FAILDE (Francés) MARIBEL FERNÁNDEZ (Inglés)

Organiza: Biblioteca do IES Ramón Mª Aller Ulloa

Mª JESÚS GRACIA (Vicedirectora)

4


PREMIOS O Xurado outorgará os seguintes premios seleccionados a partires das 30 curtas inscritas na programación: Gran Premio Premio que corresponde ao traballo mellor valorado de toda a sección oficial. Mellor Curta de Animación 3D Premio que escolle a curta 3D máis apreciada. Mellor Curta de Animación Tradicional Premio correspondente á mellor curta realizada con estética tradicional. Mellor Curta de Técnicas Mixtas Premio que recoñece a curta de mellor calidade artística realizada con técnicas diversas. ------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------O Público tamén será o encargado de valorar os seguintes aspectos correspondentes as curtas seleccionadas: Mellor Guión Premio outorgado á historia preferida polo alumnado. Mellor Fotografía Premio que corresponde a aquel traballo máis chamativo dende o punto de vista visual. Mellor Música Premio que recoñece aquela banda sonora máis orixinal. Premio do Público Premio correspondente ao traballo mellor valorado a nivel xeral polo alumnado.

5


6


SECCIÓN OFICIAL ---------------------------------------------------------------------

Os traballos escollidos para a Sección Oficial do I Festival de Animación do IES Ramón Mª Aller Ulloa estiveron suxeitos a un estrito proceso de selección. En primeiro lugar, foron excluídos todos aqueles posíbeis exemplos estadounidenses dado a súa maior accesibilidade ao mercado en xeral. Así pois, dita escolla fomentou a presenza das máis variadas cinematografías internacionais, presentando casos correspondentes aos cinco continentes. O resultado final consta de 30 curtas pertencentes a un total de vinte países, caracterizándose por unha grande calidade artística que corrobora o bo estado da animación ao longo de todo o planeta. Por outra banda, as curtas seleccionadas inclúen tanto traballos profesionais, como exemplos realizados nas máis prestixiosas escolas de animación mundiais, existindo casos dunha calidade técnica moi notábel. En pos dunha mellor organización, as curtas da Sección Oficial foron divididas en tres apartados técnicos debidamente establecidos, dando o seguinte resultado: - ANIMACIÓN 3D: inclúe todas aquelas curtas realizadas con ordenador empregando as tres dimensións. - ANIMACIÓN TRADICIONAL: este apartado recolle exemplos feitos con modelos tradicionais, ou ben con ordenador imitando o acabado tradicional. - TÉCNICAS MIXTAS: aquí deuse cabida a todos aqueles traballos realizados coas máis variadas técnicas, ou coa mestura delas.

7


ANIMACIÓN 3D

8


SECCIÓN OFICIAL ANIMACIÓN 3D --------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

LE FOTO DELLO SCANDALO

KATEDRA [THE CATHEDRAL]

Italia, 2001 (7 min.)

Polonia, 2002 (7 min.)

Ficha Técnica: Dirección Daniele LUNGHINI Daniele LUNGHINI Guión Animación Diego ZUELLI COMPLESSO RESIDENZIALE Música Produción Onda Onirica

Ficha Técnica: Dirección Tomek BAGINSKI Jacek DUKAJ - T. BAGINSKI Guión Animación Tomek BAGINSKI Adam ROSIAK Música Produción Platige Image

Técnica Formato

Técnica Formato

Ordenador 3D BETA, Sen diálogo (b/n)

Ordenador 3D 35 mm., Sen diálogo (cor)

Premios:

Premios:

Oscar 2003 (nomin. mellor curta animación) SIGGRAPH 2002 (Mellor Curta Animada)

Imagina 2002 (Mellor Producción Europea) Cartoon d’Or 2002 (nominado) I Castelli Animati 2001 (Mell. Curta Europ.) World Animation Celebration 2001 (Gran Premio)

Sinopse: Un explorador chega a unha estraña catedral de estilo gótico situada ao bordo dun precipicio. A edificación contén unhas estatuas pouco convencionais que ocultan un perigoso segredo. Esta curta mostra o enorme potencial da animación polaca, sendo o seu autor unha das súas máximas promesas.

Sinopse: Un fotógrafo é o principal obxectivo da mafia ao fotografar a un dos xefes dunha organización criminal. Cun estilo próximo ao cine negro, trátase dunha interesante incursión ao mundo da hampa.

9


SECCIÓN OFICIAL --------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

BOZHESTVO [THE GOD]

BIRTHDAY BOY

Rusia, 2003 (4 min.)

Australia, 2004 (8 min.)

Ficha Técnica: Dirección Konstantin BRONZIT Konstantin BRONZIT Guión Animación Yuri ILYIN – K. BRONZIT Valentin VASENKOV Música Produción Melnitsa Animation Studio

Ficha Técnica: Dirección Sejong PARK Sejong PARK Guión Animación David WILLIAMS – S. PARK James K. LEE Música

Técnica Formato

Ordenador 3D 35 mm., Sen diálogo (cor)

Premios:

Produción

Australian Film, Tv & Radio School

Técnica Formato

Ordenador 3D 35 mm., V.O.SE (cor)

Premios: Oscar 2005 (nomin. mellor curta animación) Premios BAFTA 2005 (Mellor Curta Anim.) Animex 2005 (Mellor Curta de Animación) Australian Film Institute 2004 (Mellor Curta de Animación) Círculo de Críticos de Cine de Australia 2004 (Mellor Curta de Animación) Festival de Cine de Sydney 2004 (Premio Yoram Gross) SIGGRAPH 2004 (Mellor Curta Animación)

Festival de Animación de Sttutgart 2004 (Premio á Curta máis cómica) Anifest: Trebon 2004 (Premio do Público) Festival de Curtas de Siena 2004 (Premio do Público) Festival de Cine Fantástico de Suecia 2004 (Premio do Público) Festival de Curtas de Drama [Grecia] 2003 (Mellor Curta de Animación) Anima Mundi 2003 (3º Premio)

Sinopse: En 1951, durante a Guerra de Corea, un rapaz xoga polas rúas da súa vila. Unha das súas principais ilusións é converterse nun soldado ao igual que o seu pai. Este exemplo sitúase de cheo na liña do cine comprometido, afondando na enorme influenciabilidade da xuventude.

Sinopse: Unha deusa ve turbada a súa tranquila existencia por unha mosca molesta. A pesar da súa divindade, desfacerse dela non vai ser unha tarefa nada sinxela. Destacado acercamento á animación 3D por parte do célebre animador ruso Konstantin Bronzit.

10


ANIMACIÓN 3D --------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

TADEO JONES

DELIVERY

España, 2004 (9 min.)

Alemaña, 2005 (9 min.)

Ficha Técnica: Dirección Enrique GATO

Ficha Técnica: Dirección Till NOWAK Till NOWAK Guión Animación Till NOWAK

Animación Música Produción

C. LÓPEZ – M MATJI – J. Á. ESTEBAN – E. GATO D. ORDIERES – P. SOLIS Zacarías M. de la RIVA La Fiesta P. C.

Técnica Formato

Ordenador 3D Betacam SP, Sen diálogo (cor)

Guión

Produción

Andreas HORNSCHUCH -Matthias HORNSCHUCH FrameboX

Técnica Formato

Ordenador 3D 35 mm., Sen diálogo (cor)

Música

Premios:

Premios:

Premios Goya 2006 (Mellor Curta Anim.) Festival Internacional Cartagena de Indias 2005 (1º Premio Animación) Mundos Dixitais 2005 (Mellor Prod. Nac.) Art Futura 2005 (Premio 3D de España)

Festival de Animación de Annecy 2006 (Mellor Ópera Prima) Festival de Cine Fantástico de San Sebastián 2006 (Premio do Xurado) Festival de Curtas de Hamburgo 2006 (Premio do Público) Festival de Curtas de Teherán 2006 (Mellor Animación) AFI Fest 2005 (Mellor Curta – Pr. Público)

Sinopse: Tadeo é un aventureiro un pouco insensato e cabezota que se atopa explorando unha milenaria pirámide. Pero descoñece que no seu interior habita unha moderna familia de momias. Esta curta foi unha das máis premiadas en España nos últimos anos, suscitando unha secuela titulada “Tadeo Jones e o Soto Maldito”.

Sinopse: Un vello vive unha solitaria vida envolto nas sombras do fume industrial. Un día recibe un misterioso paquete que lle da a oportunidade de cambiar o seu hábitat. Dentro dunha liña surrealista, trátase dunha historia que destaca polo seu enfoque ecoloxista.

11


SECCIÓN OFICIAL --------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

SEFR DARAJEH [ZERO DEGREE]

CODEHUNTERS

Irán, 2005 (8 min.)

Reino Unido, 2006 (9 min.)

Ficha Técnica: Dirección Omid KHOSHNAZAR Omid KHOSHNAZAR Guión Animación Behzad RAJABIPOUR Behrooz SHAHAMAT Música Produción Farhat Film

Ficha Técnica: Dirección Ben HIBON Ben HIBON Guión Animación AXIS ANIMATION Joris de MAN Música Produción Blinkink – MTv Asia

Técnica Formato

Técnica Formato

Ordenador 3D 35 mm., Sen diálogo (b/n)

Premios: Festival de Animación de Teherán 2006 (Bronze Medal) Festival de Animación de Londres 2006 (Mellor Filme Dixital) Festival de Cine Fantástico de Montreal 2006 (Mellor Curta de Animación) Festival de Curtas de Bilbao 2005 (Mikeldi de Ouro) Magma Film Festival 2005 (Mellor Anim.)

Ordenador 3D Betacam SP, Sen diálogo (cor)

Premios: Imagina 2007 (Mellor Curta) Mundos Dixitais 2007 (Premio do Xurado) Animago 2007 (Mellor Producción) Prix Ars Electronica 2007 (Nica de Ouro) Art Futura 2007 (finalista)

Sinopse: Nun futuro incerto, unha cidade chamada Lhek é gobernada por un dictador. Sumida no caos, catro heroes, Shen, Lawan, Zom y Nhi, unirán as súas forzas para loitar contra criminais e monstros malignos. Creado para os Premios MTV de Asia, a curta destaca por presentar o estilo propio do anime xaponés.

Sinopse: Un soldado é sorprendido asasinando a un prisioneiro inimigo. Pero este acto non quedará impune, xa que a cámara que o sorprendeu buscará vinganza. Con esta curta, o seu autor trata de denunciar os problemas constantes existentes no Próximo Oriente.

12


ANIMACIÓN 3D --------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

ELEPHANTS DREAM Holanda, 2006 (11 min.)

MÊME LES PIGEONS VONT AU PARADIS Francia, 2007 (9 min.)

Ficha Técnica: Dirección Bassam KURDALI Animación Música Produción

Pepijn ZWANENBERG – Andreas GORALCZYK Bassam KURDALI Jan MORGENSTERN Blender Foundation

Técnica Formato

Ordenador 3D HD DVD, V.D. Español (cor)

Guión

Premios: DVDA Excellent Awards 2007 (Mellor Edición de Vídeo – Mellor Desenrolo Técnico) Internet Film Fest. Berlín “Webcuts” 2006 (Premio Especial)

Sinopse: Dúas personaxes, Proog e Emo, comparten un mundo surrealista e fantástico que varía segundo os seus pensamentos. Proog séntese fascinado por esta realidade, mentres que Emo termina por cansarse, feito que provocará unha discusión. Este exemplo destaca por ser a primeira curta realizada con Blender 3D, un software de libre descarga e difusión.

Ficha Técnica: Dirección Samuel TOURNEUX

Música Produción

Karine BINAUX – Olivier GILBERT – S. TOURNEUX A. BONNET – L. HLAWKA – F. MACÉ – E. MARGOUX Regis SANTANIELLO BUF

Técnica Formato

Ordenador 3D 35 mm., V.O.SE (cor)

Guión Animación

Premios: Oscar 2008 (nomin. mellor curta animación) Lutin Awards 2008 (Lutin á Mellor Animac.) Festival de Cine Fantástico de San Sebastián 2007 (Premio do Xurado) Festival de Curtas de Colonia 2007 (2º Prem.)

Sinopse: Durante a noite, un párroco escoita unha chamada urxente de perigo que desencadeará unha feroz carreira por chegar á casa do Señor Mouton. Este chega xusto a tempo para salvalo dunha caída mortal, pero as verdadeiras intencións do cura son outras moi distintas. Esta curta permite corroborar o bo estado da animación francesa actual, unha das industrias máis potentes a nivel mundial.

13


ANIMACIÓN TRADICIONAL

14


SECCIÓN OFICIAL ANIMACIÓN TRADICIONAL/2D --------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

LA JEUNE FILLE ET LES NUAGES

BOOKASHKIS [BICHOS]

Suíza, 2000 (5 min.)

Rusia, 2002 (10 min.)

Ficha Técnica: Dirección Georges SCHWIZGEBEL Georges SCHWIZGEBEL Guión Animación Georges SCHWIZGEBEL Félix MENDELSSOHN Música

Ficha Técnica: Dirección Michael ALDASHIN Guión

Produción

Television Suisse Romande – Arte France

Animación Música Produción

Técnica Formato

Debuxo sobre celas 35 mm., Sen diálogo (cor)

Técnica Formato

Premios:

Charles SWENSON – Michael ALDASHIN Irina GANKOVA Vladimir HORUNZHY Pilot Moscow Animation St. Ordenador 2D 35 mm., V.O.SE (cor)

Premios:

Premios de Cine Suízo 2002 (Mellor Curta) Festival de Animación de Zagreb 2002 (Mención Especial)

Anima Mundi 2003 (Premio do Público – Premio do Xurado) Festival de Curtas de Uppsala 2003 (Mellor Filme Xuvenil) Festival de Animación de Annecy 2002 (Premio do Público) Festival Leipzig-DOK 2002 (Mención – Premio do Público)

Sinopse: Nunha liña un tanto surrealista, vivimos os principais acontecementos da vida de Cincenta. Ao mesmo tempo, todo eles serán entrelazados mediante curiosas formas das nubes. A historia de Cincenta contada dun xeito particular e cunha estética próxima ao Fauvismo pictórico.

Sinopse: A vida dos insectos parece moi fácil, pero esta é totalmente o contrario por mor do home. Todos os males dos insectos parecen resolverse grazas a aparición dunha nova raza de insectos extraterrestres. Sen saírse da tradición animada rusa, esta historia sobre insectos móvese entre a denuncia social e a ciencia-ficción.

15


SECCIÓN OFICIAL --------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

LA CORDE

LA RÉVOLUTION DES CRABES

Bélxica, 2003 (6 min.)

Francia, 2004 (5 min.)

Ficha Técnica: Dirección Willy KEMPENEERS Willy KEMPENEERS Guión Animación Willy KEMPENEERS Luc HENRION Música Produción Studio KEMP

Ficha Técnica: Dirección Arthur de PINS Arthur de PINS Guión Animación Arthur de PINS Gérard CALVI Música Produción Metronomic

Técnica Formato

Técnica Formato

Debuxo sobre celas 35 mm., Sen diálogo (cor)

Premios:

Premios:

Festival de Cine Fantástico de Sitges 2004 (Mención Especial -Sección Anima’t-) Festival de Animación de Annecy 2004 (Sección Oficial)

Festival de Animación de Annecy 2004 (Premio do Público) Festival de Animación de Ottawa 2004 (Premio do Público) Cartoon d’Or 2004 (nominado) Anima: Brussels 2005 (Gran Premio) Festival de Cine Intern. de Brooklyn 2006 (Camaleón á Mellor Animación)

Sinopse: Un home ascende pola ladeira dunha montaña ata chegar ao cumio. Pero el non será o único en logralo, comezando a derrubarse o monte debido ao exceso de persoas. A única salvación parece atoparse nunha corda sen un final claro. Unha curta abstracta que pretende narrar a delgada liña sobre a que se sustenta a existencia.

Ordenador 2D 35 mm., V.O.SE (b/n)

Sinopse: Nas augas marróns do estuario de Gironde, viven os Pachygrapsus Mornatus, tamén coñecidos como “Cangrexos deprimidos”. A súa historia é unha traxedia, xa que a súa vida está marcada dende o momento do seu nacemento. Esta curiosa curta cómica, contada en estilo documental, pertence a un dos animadores novos máis importantes de Francia.

16


ANIMACIÓN TRADICIONAL/2D --------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

THE OLD CROCODILE

THE DANISH POET

Xapón, 2005 (13 min.)

Noruega-Canadá, 2006 (14 min.)

Ficha Técnica: Dirección Koji YAMAMURA Léopold CHAVEAU Guión Animación Koji YAMAMURA David FANSHAWE Música Produción Yamamura Animation

Ficha Técnica: Dirección Torill KOVE Torill KOVE Guión Animación Phyllis LEWIS Kevin DEAN Música

Técnica Formato

Debuxo sobre celas 35 mm., V.O.SE (b/n)

Premios:

Un vello crocodilo con reumatismo pertencente á era das pirámides, come a un dos seus netos. Isto fai que se vexa excluído do grupo, obrigándoo a irse ao mar. Aí coñecerá a un polbo que lle fará cambiar a súa vida. Os traballos de Yamamura atópanse entre os máis exemplos máis coñecidos e importantes deste ámbito, creando opinións de todo tipo entre o público.

Mikrofilm / National Film Board of Canadá

Técnica Formato

Debuxo sobre celas 35 mm., V.O.SE (cor)

Premios: Oscar 2007 (Mellor Curta de Animación) Premios Genie [Canadá] 2007 (Mellor Curta de Animación) Festival de Cine e TV de Shanghai 2007 (Magnolia á Mellor Animación Extranx.)

Festival de Animación de Hiroshima 2006 (Premio Especial) Cinanima 2005 (Mellor Curta de Anim.)

Sinopse:

Produción

Sinopse: Unha muller conta a historia de como se coñeceron os seus pais. A narración corre nun apartamento de Copenhague, onde un poeta busca o fluír das súas ideas. Pero a inspiración debe buscala en Noruega, residencia da súa escritora predilecta. Contada no estilo visual da súa autora, esta historia caracterízase pola súa animación sinxela, pero contada de xeito interesante.

17


SECCIÓN OFICIAL --------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

HISTOIRE TRAGIQUE AVEC FIN HEUREUSE

ISABELLE AU BOIS DORMANT Canadá, 2007 (9 min.)

Portugal-Alemaña-Canadá, 2006 (7 min.)

Ficha Técnica: Dirección Regina PESSOA Regina PESSOA Guión Animación Hervé GUICHARD Normand ROGER Música Produción

Folimage / Arte France / National Film Board Canadá

Técnica Formato

Debuxo sobre celas 35 mm., V.O.SE (b/n)

Premios:

Ficha Técnica: Dirección Claude CLUOTIER Claude CLUOTIER Guión Animación José HEPPELL Normand ROGER Música Produción National Film Board Canadá Técnica Formato

Premios: Premios Jutra [Canadá] 2008 (Mellor Curta de Animación) Festival de Cine de Chicago 2008 (Placa de Prata) Anima Mundi 2008 (2º Premio) Festival de Animación de Stuttgart 2008 (Premio do Público)

Festival de Animación de Annecy 2006 (Annecy de Cristal) Festival de Curtas de FIKE-Évora 2007 (Mellor Curta de Animación) Lutin Awards 2007 (Lutin á Mellor Animac.) Premios Genie [Canadá] 2007 (nomin. mellor Curta de Animación)

Sinopse: Algunhas persoas son diferentes, buscando unicamente ser coma os demais e pasar desapercibidas. Outras, non obstante, acéptano e saben atopar o seu lugar cerca da xente... no seu corazón. Importante coproducción considerada como un dos exemplos máis importantes da década dentro da animación portuguesa.

Debuxo sobre celas 35 mm., Sen diálogo (cor)

Sinopse: Nun palacio suntuoso, a princesa Betty cae sumida nun profundo sono. Os seus pais, axudados por toda a súa corte, intentarán todo o posible para espertala da súa narcolepsia. Versión curiosa do conto “A bela durminte” de Charles Perrault, contada dende a perspectiva ácida do seu autor.

18


ANIMACIÓN TRADICIONAL/2D --------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

LAPSUS

THE PEARCE SISTERS

Arxentina, 2007 (3 min.)

Reino Unido, 2007 (9 min.)

Ficha Técnica: Dirección Juan Pablo ZARAMELLA Juan Pablo ZARAMELLA Guión Animación Juan Pablo ZARAMELLA Germán CASTRO Música Produción JPZtudio

Ficha Técnica: Dirección Luis COOK Mick JACKSON – Luis COOK Guión Animación Dan WILLIAMSON Brian MOSELEY Música Produción Aardman Animations

Técnica Formato

Técnica Formato

Ordenador 2D DVD, V.O.Español (b/n)

Premios:

Premios:

Anima Mundi 2008 (1º Premio) Festival de Animación de Hiroshima 2008 (Premio Especial) ANIMA-Córdoba 2007 (Mellor Animación) Festival de Cine Mexicano de Guadalajara 2007 (Mención Especial) Festival de Cine de Ourense 2008 (finalista)

Sinopse:

Ordenador 2D Betacam SP, Sen diálogo (cor)

Festival de Animación de Annecy 2007 (Premio Especial) Cinanima 2007 (Premio Onda Curta) ANIMA-Córdoba 2007 (Mellor Animación) Cartoon d’Or 2007 (Gañador) Premios BAFTA 2008 (Mell. Curta Anim.) ANIMA: Brussels 2008 (Mellor Curta)

Sinopse:

Unha monxa atópase de súpeto coas forzas do lado escuro. Descoñecendo o seu potencial, librará unha dura loita que enfrontará o ben e o mal. A pesar da súa marcada sinxeleza, esta curta sitúase entre as máis recentes xoias animadas da Arxentina.

As sinistras irmáns Pearce ocupan os seus días en inquietantes tarefas domésticas. Certo día, un náufrago acércase as costas, sendo recibido por elas con grande alborozo e ilusión. A prestixiosa produtora británica Aardman abandona momentaneamente a plastilina, obtendo magníficos resultados con esta curta dixital.

19


ANIMACIÓN CON TÉCNICAS MIXTAS

20


SECCIÓN OFICIAL TÉCNICAS MIXTAS --------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

ÂME NOIRE [BLACK SOUL]

HASTA LOS HUESOS

Canadá, 2000 (10 min.)

México, 2001 (12 min.)

Ficha Técnica: Dirección Martine CHARTRAND Martine CHARTRAND Guión Animación Fernand BÉLANGER Oliver JONES Música Produción National Film Board Canadá

Ficha Técnica: Dirección René CASTILLO René CASTILLO Guión Animación Sergio ULLOA CAFÉ TACUBA Música Produción Calavera Films

Técnica Formato

Técnica Formato

Cristais animados 35 mm., Sen diálogo (cor)

Plastilina 35 mm., V.O.Español (cor)

Premios:

Premios:

Festival de Animación de Annecy 2001 (Pr. do Público – Pr. Especial – Pr. FIPRESCI) Festival de Animación de Ottawa 2002 (Premio OIAF á Mellor Ópera Prima) Premios Ariel [Mex.] (Ariel de Prata Anim.) Festival Leipzig-DOK 2001 (Golden Dove) World Animation Celebration 2001 (Mellor Curta Stop-Motion)

Premios Jutra [Canadá] 2002 (Mellor Curta de Animación) Festival de Cine San Francisco 2002 (Menc.) Berlinale 2001 (Oso de Ouro) Festival Leipzig-DOK 2001 (Mención Esp.) Festival de Cine de Heartland 2001 (Corazón de Cristal)

Sinopse:

Sinopse: Un neno sofre as burlas doutros nenos por ser de raza negra. A súa avoa comezará a contarlle historias dos seus antepasados para que aprenda a convivir co racismo e a discriminación. Esta curta sitúase como unha apaixonante viaxe á historia da cultura negra, centrándose no seus momentos clave.

21

Un home chega ao mundo dos mortos, onde é recibido por un verme e a mesmísima Calavera Catrina. Despois dun momento divertido, o home descobre que a morte quizais non sexa tan mala. Xa considerada coma un clásico, esta curta de aire necrolóxico foi unha das principais atraccións do seu momento.


SECCIÓN OFICIAL --------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

LES OISEAUX BLANCS, LES OISEAUX NOIRS

DAS RAD [ROCKS] Alemaña, 2003 (9 min.)

Francia, 2002 (4 min.)

Ficha Técnica:

Ficha Técnica: Dirección Florence MIAILHE Animación Música Produción

Amadou HAMPATÉ BA – Florence MIAILHE Fabrice GÉRARDI Denís COLIN Les Films du Village

Técnica Formato

Animación con area 35 mm., V.O.SG (cor)

Guión

Música Produción

Chris STENNER – Arvid UIBEL Heidi WITTLINGER – Chris STENNER – Arvid UIBEL Heidi WITTLINGER – Chris STENNER – Arvid UIBEL Roland HACKL Filmakademie Baden-Würt.

Técnica Formato

Marionetas 35 mm., V.O.SE (cor)

Dirección Guión Animación

Premios:

Premios:

Festival de Curtas de Clermont-Ferrand 2003 (Mención Especial)

Oscar 2003 (nomin. mellor curta animación) Festival de Animación de Annecy 2002 (Mellor Curta de Graduación) Anima Mundi 2002 (Premio Especial) AniMadrid 2002 (2º Premio – Pr. Público) Festival de Animación “Fantoche” (Pr. Públ.)

Sinopse: As lendas africanas teñen unha especial visión sobre os paxaros. Para eles, os paxaros brancos simbolizan os bos pensamentos e as boas palabras, mentres que os negros sitúanse no plano contrario. Inspirada nun conto africano, trátase dunha parábola sobre o ben e o mal que adquire unha gran forza grazas á animación con area.

Sinopse: Hew y Kew son dúas pedras con forma humana que pasan o seu tempo outeando o val. Sen embargo, cando os humanos comezan a evolucionar, elas empezan a sentirse ameazadas. Curiosa reflexión sobre a evolución do ser humano a través dos ollos dunha pedra, vista dun xeito cómico e mordaz.

22


TÉCNICAS MIXTAS --------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

FAST FILM

CITY PARADISE

Austria-Alemaña-Luxemburgo, 2003 (14 min.)

Reino Unido, 2004 (6 min.)

Ficha Técnica: Dirección Virgil WIDRICH Virgil WIDRICH Guión Animación Martín PUTZ Frédéric FICHEFET Música

Ficha Técnica: Dirección Gaëlle DENIS Gaëlle DENIS Guión Animación Sarah BARTLES-SMITH Fabrice GIRARDI Música Produción Passion Pictures

Produción

Amour Fou Filmproduktion – Virgil Widrich Filmprodukt.

Técnica Formato

Obxectos anim. / Figuras Papel 35 mm., Sen diálogo (cor)

Técnica Formato

Acción real / Pixilación / Ordenador 2/3D 35 mm., V.O.SE (cor)

Premios:

Premios:

Festival de Animación de Annecy 2005 (Premio Especial do Xurado) Festival de Animación de Ottawa 2005 (Mellor Ópera Prima) AniMadrid 2005 (3º Premio) Festival Leipzig-DOK 2005 (Mención) Premios BAFTA 2005 (nomin. mell. anim.) Cartoon d’Or 2005 (nominado)

Festival de Animación de Zagreb 2004 (Pr. Cidade de Zagreb – Pr. da Crítica Croata) Cartoon d’Or 2004 (Gañador) Festival de Curtas de Uppsala 2003 (Gran Pr.) Festival Leipzig-DOK 2003 (Premio “Sparkasse Leipzig”) Festival de Cine de Nevers 2003 (Gran Prem.) Cinanima 2003 (Premio do Xurado)

Sinopse:

Sinopse:

Tomoka acaba de chegar a Londres e aínda non sabe que vai a descubrir o misterioso secreto que agocha a metrópole. Un curso de mergullo e un esvarón abriranlle as portas da cidade. Esta historia é unha mostra da soidade propia do estranxeiro nunha gran cidade, vivindo situacións case paranoicas.

As películas alíanse na busca dun fin en común: gañar ás forzas do mal. Para iso, será necesario botar man dos principais heroes da historia do cine para que acaben con este inimigo común. Clara homenaxe cinéfila, na cal fixeron falta un total de 65000 fotogramas de películas clásicas para recrear esta historia coherente.

23


SECCIÓN OFICIAL --------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

THE MYSTERIOUS GEOGRAPHIC EXPLORATIONS OF JASPER MORELLO

THE TALE OF HOW Sudáfrica, 2006 (5 min.)

Australia, 2005 (26 min.)

Ficha Técnica: Dirección Anthony LUCAS Mark SHIRREFS Guión Animación David TAIT Bruce ROWLAND Música Produción 3D Films – Australian Film C. Técnica Formato

Ficha Técnica: Dirección THE BLACKHEART GANG MARKUS Guión Animación MARKUS - REE MARKUS Música Produción

Recortes / Obx. anim. / 3D 35 mm., V.O.SE (cor)

Técnica Formato

Premios: Oscar 2006 (nomin. mellor curta animación) Premios BAFTA 2006 (nomin. mell. anim.) Festival de Animación de Annecy 2005 (Annecy de Cristal) Premios AFI [Australia] 2005 (Mell. Anim.) Premios IF [Australia] 2005 (Mellor Anim.) SEMINCI 2005 (Mellor Curta) Cinanima 2005 (Premio Onda Curta)

Sinopse:

Black Ginger Visual Effects and Anim. Debuxo sobre papel / Obx. animados / Orden. 2/3D DVD, V.O.SE (b/n)

Premios: Festival de Animación de Annecy 2007 (Distinción Especial) Festival de Animación de Melbourne 2007 (Premio do Público – Premio do Xurado) I Castelli Animati 2007 (Mención) Anima: Brussels 2008 (Gran Premio)

Sinopse: No Océano Índico, un polbo xigante aliméntase dos indefensos paxaros-piraña. A súa única salvación é atopar o heroe que poida salvalos das garras do terríbel mostro. Cércano esteticamente ao estilo de Tim Burton, esta historia é unha mestura de terror e aventuras con forma de musical.

Jasper Morello, un aeronauta caído en desgraza, embárcase nunha viaxe cara a un lugar descoñecido para dar cunha cura para unha estraña enfermidade. Lonxe da casa, atopa un mostro que pode ser a clave da cura. Historia de terror con chiscadelas a Jules Verne e Edgard Allan Poe cuxa animación sorprende pola súa calidade artística.

24


TÉCNICAS MIXTAS --------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

1977

M U TO

España-Reino Unido, 2007 (8 min.)

Italia, 2008 (7 min.)

Ficha Técnica: Dirección Peque VARELA Neus OLLE-SORONELLAS Guión Animación K. HAMILTON - R. VETUSTO Natalie HOLT Música Produción National Film & TV School

Ficha Técnica: Dirección BLU BLU Guión Animación BLU Andrea MARTIGNONI Música Produción Mercurio Film

Técnica Formato

Técnica Formato

Collage / Recortes / Pixilación / …. 35 mm., Sen diálogo (cor)

Premios:

Grafites animados Betacam SP, Sen diálogo (cor)

Premios:

Festival de Animación de Stuttgart 2008 (Premio da Xuventude) Festival de Cans 2008 (Can de Pedra á Mellor Animación) Festival de Cine de Ourense 2008 (finalista)

Festival de Animación de Holanda 2008 (Gran Premio – Pr. “Moviesquad HAFF”) Cinanima 2008 (Premio Especial Xurado) I Castelli Animati 2008 (Mell. Film Italiano) Animateka 2008 (Mención Especial)

Sinopse:

Sinopse:

Unha pequena cidade, un nó que medra e unha pequena nena que busca a súa identidade. Ser diferente é algo difícil nun mundo estereotipado. Historia autobiográfica que se mergulla nos recordos de infancia vividos no barrio de Caranza en Ferrol.

Na rúa, as paredes parecen cobrar vida, transfórmanse, reprodúcense, desprázanse, ao mesmo tempo que invaden outros espazos sen ningún tipo de control. Esta historia surrealista realizada toda ela con grafites realizados nos exteriores de Bos Aires e os interiores de Baden.

25


PANORAMA “GALIZA” ---------------------------------------------------------------------

Facermos referencia á animación galega é falarmos dunha das cinematografías máis prosperas do territorio español. A súa traxectoria a penas acada os 18 anos de existencia, contando nos últimos tempos con proxectos recoñecidos a nivel internacional, situándose como o marco máis notable dentro do noso audiovisual. Pese a todo, aínda falta moito por difundir dentro do noso territorio, xa que algúns dos grandes nomes deste ámbito son aínda grandes descoñecidos nas nosas propias terras. Con este programa especial queremos paliar este descoñecemento entre o público, tratando de difundir algúns destes traballos. A nosa selección, que comeza no 2003 e remata no pasado ano, agrupan os principais nomes da nosa cinematografía (Etcheberry, Sam, Conde e Curiá...), así como as principais produtoras do gremio (Ignacio Benedeti Cinema, Dygra, Algarabía...). A todos eles debemos sumar o noso invitado, Fernando Cortizo, fundador da productora Artefacto Films, un dos nomes que tamén está despuntando no marco do noso país. En última instancia, os traballos escollidos tamén nos poden servir para ripar cales son as principais liñas de traballo en Galicia: por unha banda o stop-motion, mediante o uso da plastilina; e por outra, o ordenador, movéndose o seu uso dentro do marco das tres dimensións. Esperamos que estas curtas estean á altura do potencial xeral da animación galega.

26


PROGRAMA ESPECIAL PANORAMA GALIZA --------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

A XAGUARANA

MINOTAUROMAQUIA

Galiza, 2003 (11 min.)

Galiza, 2004 (11 min.)

Ficha Técnica: Dirección Tomás CONDE RODRÍGUEZ Federico PÉREZ Guión Animación Virginia CURIÁ MARTÍNEZ Gastón RODRÍGUEZ Música Produción Algarabía Pr.. – Lúa Films

Ficha Técnica: Dirección Juan Pablo ETCHEBERRY

Técnica Formato

Plastilina Betacam SP, V.O.Galego (cor)

Premios:

Técnica Formato

Plastilina 35 mm., Sen diálogo (cor)

Premios: Premios Goya 2005 (nomin. mell. curta an.) Premios de Cine Europeo 2005 (nominado) Festival de Animación de Bradford 2004 (Premio do Público) Curtocircuíto 2004 (Mellor Animación) Matita Film Festival 2004 (Gran Premio)

Sinopse: Unha tribo india acaba crendo as premonicións dun frade que trata de convencelos da existencia de Deus e do demo. Cando o demo comeza a roldar polo campamento, os indíxenas vanlle a pedir ao frade que os libere del. Sexto título da serie “A lingua animada”, ciclo de curtametraxes inspiradas nun relato correspondente ao autor protagonista do Día das Letras Galegas, neste caso a Antón Avilés de Taramancos. Cómpre destacarmos, a súa autoría débese a uns dos nomes pioneiros da animación en Galicia: Tomás Conde e Virginia Curiá.

Animación Música Produción

Xosé ZAPATA – Juan Pablo ETCHEBERRY Justo GUISASOLA Igor STRAVINSKY (adaptada) Ignacio Benedeti Cinema

Guión

Sinopse: Un terrorífico minotauro persegue polo seu labirinto a un extenuado Picasso. Nesta aventura atoparase coas diferentes personaxes dos seus cadros; elas axudaranlle a buscar a liberdade que lle devolva a creatividade perdida. Inspirada no labirinto do minotauro e a partir da obra de Pablo Picasso, trátase dunha homenaxe ao universo pictórico deste autor contada metaforicamente.

27


PROGRAMA ESPECIAL --------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

KM. 53

A MEIGA CHUCHONA

Galiza, 2005 (7 min.)

Galiza, 2006 (7 min.)

Ficha Técnica: Dirección Nacho ABIA CARRERA

Ficha Técnica: Dirección Pablo MILLÁN Ana LOMBAO VÁZQUEZ Guión Animación Pablo MILLÁN Pablo MILLÁN Música Produción ArteAutor

Animación Música Produción

Manolito PORTOLÉS – Nacho ABIA CARRERA Nacho ABIA CARRERA Manolito PORTOLÉS Producciones Vigo S.L.

Técnica Formato

Ordenador 3D DV-CAM, V.O.Galego (cor)

Guión

Técnica Formato

Ordenador 2D Mini DV, Sen diálogo (cor)

Premios:

Premios: Premios Mestre Mateo 2005 (nominado mellor curta de animación) Festival de Cans 2006 (Sección Oficial)

Sinopse: Dous paxaros que saben moito de coches, están esperando sempre a que pase algo vixiando enriba do seu cartel do Km. 53. Esta curta de animación 3D mostra unha clara influencia das road-movies ianquis, recordándonos á famosa ruta 66.

28

World-Fest Houston 2008 (Platinum Remi á Mellor Curta de Animación CGI) Festival de Cine “The End of the Pier” [UK] (2º Premio á Mellor Animación) Certame Audiovisual FEIMA (Mención)

Sinopse: Unha muller ve como van morrendo tódolos seus fillos, un tras outro, dun estraño mal que os deixa febles e enxoitos ata rematar con eles. A nai fai todo o que está da súa man, chama ao médico, ao cura, pero non lle dan cun remedio, ata que só lle queda con vida o máis cativo. Lenda tradicional galega contada cun estilo peculiar inspirado na técnica de Jiri Trnka e Jan Svankmajer, así coma no Expresionismo alemán.


PANORAMA GALIZA --------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

CARNE DE CAÑÓN

O BUFÓN E A INFANTA

Galiza, 2006 (8 min.)

Galiza, 2006 (9 min.)

Ficha Técnica: Dirección Darío FERNÁNDEZ IGNACIO

Ficha Técnica: Dirección Juan GALIÑANES GARCÍA Amaia RUÍZ Guión Animación Julio DÍEZ Arturo KRESS VARELA Música Produción Dygra Films

Animación Música Produción

José Enrique FERNÁNDEZ – Darío FERNÁNDEZ IGNACIO Darío FERNÁNDEZ IGNACIO Manuel RIVEIRO Darío Fernández

Técnica Formato

Ordenador 2D HD, Sen diálogo (cor)

Guión

Técnica Formato

Ordenador 3D 35 mm., Sen diálogo (cor)

Premios: Festival de Cine de Málaga 2008 (Premio do Xurado Xove) Certame Nacional “Fernando Quiñones” 2008 (2º Premio de Animación) Premios Goya 2005 (nomin. mell. curta an.)

Sinopse: Atílano, percebeiro de Fisterra, cae preso dun galeón francés e acaba nunha colonia do Caribe. O imperio francés explota os recursos naturais da illa e utiliza os escravos para traballar nunha mina de ouro. Os indíxenas, vendo tal ameaza, tomarán a decisión de atacaren aos soldados franceses. De claro corte experimental, esta curta de aventuras ambientada no século XVII presenta un interesante estilo visual, próximo en moitos momentos ás pinturas de Luís Seoane.

Sinopse: Os lenzos descansan nas paredes do museo. Nunha delas, o propio Velázquez se prepara para pintar un cadro da familia de Felipe IV. Desde o interior dun dos cadros irrompe un bufón anano que corre por toda a estancia do museo, atraendo a atención da infanta. Esta peza animada inspirouse no conto de Oscar Wilde “O aniversario da infanta”, ao mesmo tempo que supón unha homenaxe á creatividade velazqueña.

29


PROGRAMA ESPECIAL --------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

GARTO

LEO. HISTORIA DUN FINAL

Galiza, 2006 (5 min.)

Galiza, 2007 (10 min.)

Ficha Técnica: Dirección Luís GÓMEZ GUZMÁN Luís GÓMEZ GUZMÁN Guión Animación Luís GÓMEZ GUZMÁN Óscar ARAUJO Música Produción Luís Gómez Guzmán

Ficha Técnica: Dirección Fernando CORTIZO Fernando CORTIZO Guión

Técnica Formato

Ordenador 3D DVD, Sen diálogo (b/n)

Premios: III Fotogramas en Corto (finalista) Certame IKUSKA 2007 (Premio Especial do Xurado) Certame Nacional “Fernando Quiñones” 2008 (1º Premio de Animación)

Música Produción

Isabel REY SASTRE – María HERNANZ Carlos FERNÉNDEZ GARCÍA Artefacto Producciones

Técnica Formato

Plastilina HD, V.O.Galego (cor)

Animación

Premios: Festival de Curtas de Bueu 2008 (Mellor Curta Galega)

Sinopse: O ventrílocuo Víctor, o seu axudante Raúl e o boneco Leo acércanse á fin da súa carreira. Víctor, que sofre unha longa enfermidade que lle causou a amputación dunha perna, ten envexa de Leo debido á súa fama en prexuízo do seu creador. Animación con plastilina en clave de terror ambientada en Lugo, contando cunha recreación fascinante de escenarios recoñecibles.

Sinopse: Garto é un pequeno lagarto ao que lle gusta moito xogar na beira do río. Pero a súa tranquilidade será interrompida polo abellón Abe, dando pé a un día cheo de aventuras. Este exemplo en 3D é unha das mellores mostras da animación galega independente, contando con animadores alleos ás restricións das productoras.

30


PANORAMA GALIZA --------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

O PINTOR DE CEOS

O ATAQUE DOS KRITERS ASASINOS

Galiza, 2008 (25 min.)

Galiza, 2007 (10 min.)

Ficha Técnica: Dirección Jorge MORAIS VALLE Jorge MORAIS VALLE Guión Animación Jorge MORAIS VALLE Varios Música Produción Jorge Morais

Ficha Técnica: Dirección SAM (Samuel Ortí) Guión Animación Música Produción Técnica Formato

José ATIENZA RODRÍGUEZ – SAM José ATIENZA RODRÍGUEZ Samuel ORTÍ Conflictivos Productions – Ignacio Benedeti Cinema

Técnica Formato

Plastilina HD, V.O.Galego (cor)

Ordenador 3/2D Betacam SP, V.O.Galego (cor)

Premios:

Premios:

Festival de Animación de Brisbane 2008 (Premio do Xurado) Festival de Cine de Zaragoza 2008 (Mellor Animación) Mostra de Curtas Vila de Noia 2008 (Mellor Curta de Animación)

Semana de Cine Fant./Terror de Donostia 2007 (Premio do Público) Festival de Cine de Estepona 2008 (Mellor Animación) Premios Goya 2009 (nomin. mell. curta an.)

Sinopse:

Sinopse:

Luísa é unha muller que debe enfrontarse á titánica tarefa de limpar a casa ante a inminente chegada da sogra. Sen embargo, a televisión anuncia unha maratón da súa serie favorita que non quere perder por nada do mundo. O malo chega cando o lixo acumulado ameaza a súa vida. Interesante curta de terror en clave cómica realizado por un dos máis preeminentes animadores galegos.

Un mariñeiro perdeu a súa familia nunha noite de treboada. Despois, reconstruíu a súa vida apoiado na pintura co desexo de vingar a morte dos seus queridos. Para iso, ordenoulle aos magos e arquitectos da época que construíran unha casa coa cheminea máis máxica do mundo que lle permita plasmar no ceo todo o que pintara. Nova mostra de cinema independente que se está convertendo nunha das grandes sorpresas dos últimos anos.

31


PANTALLA “CINEMA KIDS” ----------------------------------------------------------------------

Comunmente, existe un prexuízo bastante xeneralizado na sociedade que sitúa a animación como un xénero cinematográfico pensado para nenos. En contraposición a este concepto, podemos dicir que a maior parte dos exemplos presentados na sección oficial do noso festival rompen dita idea. Pese a todo, é innegable o forte poder hipnótico que a animación exerce nos nenos, xa dende as idades máis temperás. Por iso, o noso festival comprometeuse en non discriminar aqueles traballos máis infantís encamiñados aos cativos, seleccionando unha decena de traballos ao que dificilmente poden ter acceso. Nunha liña case “miniaturesca”, dada a súa curtísima duración, as dez curtas escollidas están pensadas para ser proxectadas nunha única sesión. Deste xeito, os espectadores máis pequenos poden degustar a animación máis independente, sen abandonar en ningún momento os criterios aplicados á sección oficial, contando con traballos actuais e internacionais, avalados polos premios acadados nos principais festivais internacionais.

32


PROGRAMA ESPECIAL PANTALLA “CINEMA KIDS” --------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

TOP GUM

HASH

España, 2001 (2 min.)

Rusia, 2002 (2 min.)

Ficha Técnica: Dirección Victor VINYALS Victor VINYALS Guión Animación Victor VINYALS Jaume BADRENAS – Joey NIT Música Produción Virtual Effects

Ficha Técnica: Dirección Andrey SOKOLOV Andrey SOKOLOV Guión Animación Andrey SOKOLOV Yuri PRIALKIN Música Produción Pilot Moscow Animation St.

Técnica Formato

Ordenador 3D DVD, Sen diálogo (b/n)

Premios:

Técnica Formato

Debuxo sobre celas 35 mm., Sen diálogo (cor)

Premios:

Imagina 2002 (Mellor Animación) Art. Futura 2002 (1º Premio) AniMadrid 2002 (Mención Especial)

Festival de Animación de Annecy 2003 (Sección Oficial)

Sinopse: En pleno Nadal, os tres porquiños viven atemorizados polo Lobo que non deixa de perseguilos. A pesar de que logran resgardarse na súa casa, nesta ocasión non están totalmente a salvo. Esta curta é un exemplo perfecto que demostra o bo facer dos estudios Pilot de Moscova, un dos principais referentes actuais do cine de animación para cativos.

Sinopse: Un pequeno dragón atópase nun serio incidente cando tropeza cun anaco de “chicle”. A súa única oportunidade está nunha pedra próxima á súa posición. Pequena historia sen pretensións realizada en 3D que foi unha grandes sorpresas da tempada, acadando premios e nominacións inesperadas no seu momento.

33


PROGRAMA ESPECIAL --------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

RITTERSCHLAG [KNIGHT GAMES]

VENT

Alemaña, 2003 (6 min.)

Holanda, 2004 (5 min.)

Ficha Técnica: Dirección Sven MARTIN Marcus SAUERMANN Guión Animación Sebastian FREY Marius LANGE Música Produción Filmakademie Baden-Würt.

Ficha Técnica: Dirección Erik van SCHAAIK Erik van SCHAAIK Guión Animación Erik van SCHAAIK Martin FONDSE Música Produción IL Luster Producties

Técnica Formato

Técnica Formato

Ordenador 3D 35 mm., Sen diálogo (cor)

Premios:

Ordenador 2D 35 mm., Sen diálogo (b/n)

Premios: Festival de Animación de Annecy 2005 (Premio FIPRESCI) Cinanima 2005 (Mellor Son) Berlinale 2005 (Mención Especial)

Festival de Animación de Zagreb 2004 (Premio do Público) Animex 2004 (2º Premio) Festival de Curtas de La Pedrera 2006 (Mellor Animación)

Sinopse: Sinopse:

Un home loita contra unha estraña tormenta. De súpeto, coñece a unha nena á que parece non afectarlle o vento. Isto fai que o home se poña cada vez máis nervioso. A animación holandesa é unha das grandes descoñecidas do panorama europeo, contando con bos traballos coma o presente.

Unha dama debe ser rescatada dunha parella de dragóns. Pero o seu rescate será unha empresa só apta para un bo cabaleiro, algo que non é moi habitual nesta historia. Outro novo exemplo realizado nunha escola de animación, demostrando o seu potencial na actualidade.

34


PANTALLA “CINEMA KIDS” --------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

BADGERED

PIÑATA

Reino Unido, 2005 (6 min.)

Australia, 2005 (4 min.)

Ficha Técnica: Dirección Sharon COLDMAN Sharon COLDMAN Guión Animación Agnieszka LIGGETT Peter GOSLING Música Produción National Film & TV School

Ficha Técnica: Dirección Mike HOLLANDS

Técnica Formato

Guión Animación Música Produción

Debuxo sobre celas DigiBeta, Sen diálogo (b/n)

Premios: Oscar 2006 (nomin. mellor curta animación) Festival de Curtas de Aspen 2006 (Mellor Curta de Animación) Festival de Cine “ReelHeART” 2006 (2º Pr.)

Sinopse:

Técnica Formato

Mark ANGELI – Alex HAMMOND Dennis YEAGER II Niko SCHAUBLE Act3Animation – Australian Film C. Ordenador 3D Betacam SP, Sen diálogo (cor)

Premios: Toofy Film Fest. 2006 (Mellor Animación) Premios AFI [Australia] 2005 (nominado mellor curta de animación)

Sinopse: Pendurado dunha árbore, atópase unha piñata con forma de burro. A súa vida é tranquila, ata que unha música festiva comeza a soar, acompañada dun grupo de rapaces que non van ter ningunha piedade con el. A animación en Australia é unha realidade que se consolida pouco a pouco grazas a traballos coma este.

Un porco teixo intenta durmir tranquilamente no seu tobo. Pero uns humanos vanlle deixar unha carga moi interesante como compañeira de espazo. Esta curta en clave humorística fai unha crítica interesante sobre o mal uso e posibles perigos das armas nucleares.

35


PROGRAMA ESPECIAL --------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

PROMESA

TYGER

Galiza, 2006 (7 min.)

Brasil, 2006 (4 min.)

Ficha Técnica: Dirección Fernando CORTIZO Fernando CORTIZO Guión Animación Fernando CORTIZO Carlos FERNÁNDEZ GARCÍA Música Produción Artefacto Producciones

Ficha Técnica: Dirección Guilherme MARCONDES

Técnica Formato

Animación Música Produción

Andrezza VALENTIN – Guilherme MARCONDES Guilherme MARCONDES ZEROUM Trattoria

Técnica Formato

Marionetas / Ordenador 2D HD, Sen diálogo (cor)

Guión

Plastilina HD, V.O.Galego (cor)

Premios:

Premios:

Festival de Cans 2007 (Mellor Curta de Animación) Premios Mestre Mateo 2006 (nominado mell. curta de animación)

Festival de Curtas de Clermont-Ferrant 2007 (Premio da Prensa – Mención Esp.) Festival de Curtas de Tampere 2007 (Mellor Animación)

Sinopse: No derradeiro día da súa vida, e a piques de rematar unha viaxe estelar, o capitán da nave lembra a promesa que lle fixo ao seu fillo que o agarda na Terra. Segundo traballo presentado do noso director invitado Fernando Cortizo, unha das nosas principais “promesas”.

36

Sinopse: Un misterioso tigre xigantesco aparece nunha gran cidade durante a noite, espertando unha realidade oculta que se aparta do cotío tradicional. Cunha narrativa visual próxima ao vídeo musical, trátase dunha historia visionaria inspirada nun poema de William Blake.


PANTALLA “CINEMA KIDS” --------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

KJFG Nº 5

OKTAPODI

Hungría, 2007 (2 min.)

Francia, 2007 (3 min.)

Ficha Técnica: Dirección Alexei ALEXEEV Alexei ALEXEEV Guión Animación Alexei ALEXEEV Alexei ALEXEEV Música Produción Studio Baestarts Ltd.

Ficha Técnica:

Técnica Formato

Ordenador 2D DigiBeta, Sen diálogo (cor)

Premios: Festival de Animación de Annecy 2008 (Premio SACEM) Festival de Animación de Zagreb 2008 (Premio Especial) AniMadrid 2008 (Mellor Curta Infantil)

Técnica Formato

Ordenador 3D Betacam SP, Sen diálogo (cor)

Premios: Oscar 2009 (nomin. mellor curta animación) Festival de Animación de Annecy 2008 (Premio Canal+) Festival de Animación de Hiroshima 2008 (Premio Especial do Xurado) Ani’est 2008 (Mención) Festival de Animación de Zagreb 2008 (Distinción Especial)

Sinopse: Tres músicos “profesionais”, o oso, o coello e o lobo practican a súa actuación no bosque. Pero, cando aparece o cazador periga o seu ensaio. Curiosa animación húngara que nos pon de manifesto o potencial deste país, contando con algúns dos exemplos máis relevantes do panorama.

Música Produción

Julien BOCABEILLE - Emud MOKHBERI - François-Xavier CHANIOUX – Q. MARMIER Olivier DELABARRE - Thierry MARCHAND Kenny WOOD Gobelins L’École de L’Image

Dirección – Guión – Animación

Sinopse: Dous polbos viven en harmonía ata que un día son separados. Isto non será suficiente, xa que o outro polbo fará o que sexa para recuperar o seu compañeiro. Novamente, unha curta de escola volve manifestarse como unha das mellores eleccións en calquera festival que se prece.

37


38


ACTIVIDADES PARALELAS ----------------------------------------------------------------------

O I Festival de Animación do IES Ramón Mª Aller Ulloa tampouco escatima no desenvolvemento de actividades paralelas que suporán un interesante complemento na formación do alumnado. Precisamente isto, así como a complexidade formal dalgún dos traballos do programa, fai que o propio festival sexa máis adecuado para os rapaces de 4º da ESO, concretamente para aqueles cuxas materias optativas son Plástica e Música, departamentos implicados na organización deste evento na busca de traballar algún dos aspectos dos seus respectivos programas curriculares. Se ben nun plano específico, o festival está dirixido a este alumnado concreto, unha vez rematado este nas súas datas oficiais, pode estar ao servizo de calquera dos cursos do noso centro. Centrándonos nas devanditas actividades paralelas, o noso reforzo didáctico ás propias clases, comeza coa presentación dunha introdución didáctica en torno ao mundo da Animación. En realidade, é imprescindible comezar por aí, xa que o seu contido xira en torno a algúns dos aspectos máis descoñecidos para eles, pero imprescindibles a un tempo para o propio goce do festival. Deste xeito, búscase non só unha preparación para entender o festival en si mesmo, senón tamén para un mellor aproveitamento das outras actividades que repasamos a continuación: - INVITADO DO FESTIVAL – FERNANDO CORTIZO: o noso invitado estará a disposición dos nosos rapaces que se achegarán á animación stopmotion nun día de rodaxe con el. - VISITA AO FESTIVAL DE CANS: a experiencia vivida co noso festival pretende ser completada coa visita a un dos eventos cinematográficos de maior proxección en Galicia, tal é o caso de Cans.

39


ACTIVIDADES PARALELAS -----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------Introdución didáctica: ELEMENTOS DA ANIMACIÓN A animación como medio de expresión. A animación atópase entre as propostas máis interesantes do cine actual. Popularmente, considérase como un simple xénero cinematográfico, pero a súa realidade é outra, xa que as súas ferramentas son diferentes con respecto ao cine de imaxe real. Ademais, a súa natureza permítenos tratar tódolos temas e xéneros convencionais, o que lle permite acadar o estatus de medio cinematográfico con plena identidade. Como remate da nosa defensa da animación, temos que dicir que o seu potencial é moi amplo, xa que pode ir máis alá das limitacións do cine de imaxe real, podendo crear situacións impensables dentro deste último.

Os precedentes reais da animación. A animación, ao igual que o cine de imaxe real, tamén se fundamenta na teoría da “persistencia da visión”, proceso polo cal o noso ollo percibe en movemento unha sucesión de imaxes expostas a moita velocidade. Este principio foi formulado a principios do século XIX, xurdindo a continuación unha serie de inventos e xoguetes ópticos considerados como precedentes do cine, aínda que algún deles acércase máis aos principios da animación. Entre os casos máis relevantes, podemos destacar os seguintes: - o traumatropo (thaumatrope): tamén chamado rotoscopio, este xoguete óptico crea unha ilusión óptica a partir dun disco con dúas imaxes a cada lado, parecendo unha soa cando este se move mediante uns cordeis. Situado nos precedentes da animación, a súa existencia constátase dende o ano 1826. - o fenakistoscopio (phenakistoscope): este invento foi concibido polo belga Joseph Plateau en 1832. En realidade, trátase da primeira máquina que permitía crear a ilusión de movemento mediante unha serie de imaxes pintadas, en posicións lixeiramente diferentes, situadas nunha placa circular lisa. - o zootropo (zoetrope): aparato óptico composto por un tambor circular con cortes, a partir dos cales o espectador mira os debuxos dispostos en tiras simulando unha animación en movemento. O seu inventor foi William George Horner, datando de 1834. - o praxinoscopio (praxinoscope): similar ao zootropo, este invento parte do concepto do tambor, pero mellorado mediante un sistema de proxección preto do concepto de cine. Inventado por Emile Reynaud, empregouno con fins de exhibición pública entre 1892 e 1900 baixo o nome de Théâtre Optique, destacando as súas pezas tituladas Pauvre Pierrot! (1892) e Autour d’une cabine (1895)

As técnicas básicas da animación. A animación pódese definir como o proceso que permite crear unha sensación de movemento a partir dos máis variados elementos. Dito proceso conséguese grazas a unha serie, nun principio ilimitada, de técnicas que son o elemento imprescindible que debe dominar todo animador. Entre as técnicas de animación máis coñecidas, podemos destacar as seguintes:

40


INTRODUCIÓN DIDÁCTICA -------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------- o animación tradicional (cartoon): trátase da técnica máis antiga e coñecida, consistente nunha serie de debuxos pintados a mano nunha serie de cadros chamados celas. O pioneiro desta técnica foi Emile Cohl coa súa curta Fantasmagorie (1908) - o ordenador (cgi animation): na actualidade, o ordenador situouse como un dos principais medios da animación, resaltando sobre todo a creación en 3D, aínda que tamén existen exemplos en 2D que imitan o estilo do cartoon. Entre os seus principais creadores temos a John Lasseter, fundador da produtora Pixar, cuxo primeiro exemplo foi Luxo Jr. (1986) - os bonecos e marionetas (puppet animation): seguindo o modelo stop motion, o mundo das marionetas contou cun gran desenvolvemento grazas á animación. Gozou de importancia na Europa do Este, sendo un dos seus primeiros impulsores Ladislaw Starewicz. - a plastilina (clay animation): tamén a partir de stop motion, esta técnica crea a animación mediante materiais maleables, xa sexa a plastilina, a arxila ou outras variantes. Nace na década dos 70, destacando nos seus inicios a curta Close Mondays (1974) de Will Vinton. - os recortables (cut-outs): este modelo fundaméntase no uso de figuras recortadas, xa ben en papel ou en fotografía, creando o seu movemento mediante a súa articulación. É destacable Lotte Reiniger, autora do largo de siluetas As aventuras do príncipe Achmed (1926) - a rotoscopia (rotoscoping): sistema de traballo consistente na filmación con imaxes reais, sendo logo transformadas a animación. Na actualidade, úsase o ordenador para crear dito efecto, tal é o caso de cintas como The Polar Express (2004) de Robert Zemeckis. - a pixilación (pixilation) e obxectos animados (animated objects): moi similares, ambas as técnicas buscan a animación de persoas e obxectos reais respectivamente, seguindo os postulados do stop motion. Entre os principais artistas deste marco, sobresae a figura de Norman McLaren, recordado sobre todo pola súa curta Neighbours (1952) - os cristais animados (paint on glass) e animación con area (sand animation): novamente, estes materiais, a pintura e a area, empréganse de igual xeito, traballando con eles sobre unha mesa perfectamente iluminada, cuxos resultados recolle unha cámara situada xusto enriba. A invención de ambas técnicas débese a Caroline Leaf, autora de The Street (1976) - outras técnicas: o número de técnicas coas que se pode crear animación son realmente infinitas, podendo engadir aos principais casos xa expostos máis arriba a animación con alfinetes (pinscreen), a pintura sobre celuloide (drawn on film), a colaxe, e un grande etcétera.

41


ACTIVIDADES PARALELAS -----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------Os Festivais Internacionais de Animación máis importantes do mundo. Sen dúbida, os Festivais Internacionais de Animación son moito menos numerosos que aqueles que albergan traballos cinematográficos de imaxe real. Non obstante, debemos sinalar que nos últimos anos produciuse unha maior revalorización deste medio audiovisual, xurdindo novas propostas “festivaleiras” en todo o mundo. Dende 1960, ano no que deu comezo o primeiro evento deste tipo, podemos dicir que existen máis de 50 festivais prestixiosos en torno a animación, entre os cales podemos resaltar os seguintes. - Festival Internacional de Animación de Annecy (Francia): sen dúbida, a cidade francesa de Annecy acolle o máis importante festival de Animación do mundo. Creado en 1960, feito que o converte no pioneiro dentro deste campo, o festival celébrase cada ano no mes de Xuño, presentando os mellores traballos de cada temporada. - Anifest Zagreb (Croacia): a cidade de Zagreb sobresae por ser o seo da escola de Zagreb, un dos referentes mundiais da animación dende mediados do século XX, sobre todo, dentro do campo das marionetas. O festival foi fundado en 1972, permitindo aos animadores locais máis importantes, unha vía de recoñecemento internacional. - Festival Internacional de Animación de Ottawa (Canadá): a animación canadense é un dos principais puntos de desenvolvemento da animación mundial, principalmente dende a institucional National Film Board of Canadá. Non é de estrañar, pois, que a cidade de Ottawa acolla un dos festivais de animación máis prestixiosos dende o ano 1976. - Cinanima Espinho (Portugal): a animación portuguesa estivo de sorte coa fundación dun festival de Animación na pequena cidade de Espinho, cara ao norte de Portugal. O seu inicio produciuse xa no ano 1976, atopándose entre os festivais máis antigos do mundo. - Festival Internacional de Animación de Hiroshima (Xapón): cunha periodicidade bianual, Hiroshima acolle un importante festival dedicado á animación dende o ano 1985. Interesante punto de encontro internacional, é un mellores eventos para coñecer os traballos máis independentes da animación xaponesa, máis coñecida como anime. - Anima Mundi (Brasil): este festival nace como unha iniciativa de catro animadores brasileiros, tratándose dun dos principais festivais latinoamericanos a nivel xeral. O seu inicio tivo lugar no ano 1993, celebrándose de forma paralela nas cidades de Río de Janeiro e São Paulo. - AniMadrid (España): dentro do caso español, podemos destacar o festival de AniMadrid, celebrado na localidade madrileña de Pozuelo de Alarcón. A súa historia remóntase ao ano 2000, acollendo a finais de Setembro aos máis selectos profesionais do sector, tanto españois como estranxeiros, ademais dun público desexoso de coñecer os traballos animados máis actuais.

42


INTRODUCIÓN DIDÁCTICA -------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------As Escolas de Animación máis importantes do mundo. Na actualidade, existen un centenar de escolas centradas no mundo da animación espalladas polo mundo enteiro. Moitas delas, non só destacan pola potencial dos seus alumnos, senón que en moitos contan cunha produción de traballos de graduación dun alto nivel artístico. Para estar un pouco ao día, vamos a repasar cales son as principais escolas do mundo: - XAPÓN: as principais ensinanzas xaponesas acóllense no Digital Hollywood, centro que conta con sedes en Tokyo, Osaka, Yokohama y Fukuoka. - USA: o caso norteamericano leva os seus cursos de animación ás universidades, tal é o caso da New York University, xunto coas californianas University of California (UCLA) e a University of Southern California. Mención á parte require o instituto CALARTS (Instituto californiano de artes), un dos máis punteiros neste campo. - FRANCIA: sen dúbida, Francia é o paraíso das escolas de animación, xa que se contan por ducias, existindo unha enorme variedade de siglas: ESMA, EMCA, ENSAD, ETPA, EMCI, EESA, EMSA..., case todas elas especializadas en animación 3D. A todas estas podemos engadir como máis punteiras a escola GOBELINS e a escola SupInfoCom, esta última con sedes en Valenciennes e Arles. - ALEMANIA: o caso alemán tamén é bastante prolífico en escolas, sendo destacables a Hochschule für Fernsehen und Film (HFF) de Munich, xunto coa Filmakademie BadenWürttemberg. - REINO UNIDO: os ingleses contan cunha gran tradición no mundo da animación, de aí a existencia de importantes escolas como a National Film and Television School (NFTS) e o Royal College of Art (RCA) - ESPAÑA: a animación española, e máis concretamente a galega, son a día de hoxe unha realidade, a pesar das escasas escolas que apoien este arte. Existen algunhas universidades españolas orientadas nesta liña, pero as escolas especializadas non abundan, sendo destacables o centro de estudios 9 Zeros [Barcelona] e a Escuela Superior de Dibujo Profesional (ESDIP) [Madrid], dúas das mellores alternativas de ensinanza en España.

Animación na rede: http://www.animated-divots.com/ - unha das mellores formas para introducirse na animación, tanto dende un punto de vista técnico, como dos principais exemplos do medio ano a ano. http://www.awntv.com/ - importante revista on line, na cal podes informarte sobre todas as novas que rodean ao mundo da animación. http://www.amdb.com/ - esta base de datos, aínda que non moi extensa, permítenos acceder aos exemplos máis relevantes da historia da animación, tanto curtas como longas. http://www.imdb.com/ - a maior base de datos cinematográfica a nivel mundial, na que podedes consultar todos os datos que desexedes, así como valorar os vosos exemplos preferidos.

43


ACTIVIDADES PARALELAS -----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------Artista invitado: FERNANDO CORTIZO Falar de Fernando Cortizo, é falar dun dos principais nomes do cinema de animación en Galicia a día de hoxe. Pese a todo, a súa chegada ao mundo da animación non foi en ningún momento doada, xa que el comezou neste ámbito de forma autodidacta. Ademais tense que enfrontar aos problemas económicos que supón a realización de calquera proxecto cinematográfico. Malia estas dificultades, o tesón do noso invitado permitiulle acadar a fama da que hoxe goza no marco xeral do audiovisual galego. Nado en Santiago de Compostela en 1973, comeza a súa carreira cinematográfica coa curta en 8 mm. titulada O monstro da praia, rodada en 1996 en co-dirección co pontevedrés Mario Iglesias. A pesar de realizar algúns exemplos máis de acción real, a súa paixón pola animación comezou en 2003 coa rodaxe de Blackat Spantat, curtametraxe realizada con plastilina seguindo os fundamentos do stop-motion, técnica que o acompañará o resto da súa carreira. No ano 2007, funda xunto coa súa muller Isabel Rey a produtora Artefacto Produccións, sita na cidade de Santiago, e na cal traballan na actualidade en diversos proxectos como curtametraxes, series de animación e longametraxes. Despois de catro curtas animadas máis, entre elas Promesa (2007) e Leo (2008), ambas presentes nas Seccións non competitivas do noso festival, diversos premios en festivais galegos e nacionais, tres nominacións aos Premios Mestre Mateo, Fernando Cortizo afronta neste ano 2009 o seu proxecto máis ambicioso: a realización da longametraxe stop-motion O Apóstolo, unha empresa pioneira en todo o noso país que poderemos ver estreada o día 25 de Xullo de 2010, coincidindo coas festas do Apóstolo na cidade de Santiago.

FILMOGRAFÍA COMPLETA: * Curtametraxes de acción real: - O monstro da praia (1996) - Solo (2000) - Bucowsky (2005) * Curtametraxes de animación: - Blackat Spantat (2003) - O boiro (2005) - O ladrón de bonecas (2006) - Promesa (2007) - Leo (2008) - O coidador de gatos (en produción) * Longametraxes de animación: - O Apóstolo (en rodaxe)

44


ARTISTA INVITADO: FERNANDO CORTIZO --------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Sen dúbida, a realización da longametraxe O Apóstolo, título homónimo á primeira longametraxe de animación da historia realizada en 1917 por Quirino Cristiani, supón para Fernando Cortizo unha das súas máximas aspiracións cinematográficas, sendo para o festival unha honra o poder participar nun día de rodaxe dentro do seu estudio. Deste xeito, poderase ver a maxia do traballo stop-motion en directo, e como esas figuras poden crear vida despois de moitas horas de tesón e paciencia. Posiblemente, a xente descoñeza a importancia e o alcance dun proxecto como O Apóstolo, pero hai que ter en conta que apenas existen medio centenar de longametraxes en técnica stop-motion ao largo de toda a Historia do cine de Animación. Ademais, non debemos esquecer que ditos exemplos foron creados basicamente nos Estados Unidos por unha banda, e no Reino Unido e os Países do Leste dentro do marco europeo. Todo isto proba que a animación galega quere acadar un posto de relevancia no ámbito máis internacional, a pesar da humildade na que se move este filme. Entre as principais novidades, Fernando Cortizo abandona a plastilina como material de traballo, substituíndoa polas figuras de látex que axilizan o proceso de rodaxe. No plano artístico, o filme sitúase no ámbito do misterio, bebendo directamente de importantes producións como O baile dos vampiros (1967) e Sleepy Hollow (1999), aínda que todo isto situado nun contexto puramente galego como é o Camiño de Santiago. Por outra banda, destaca tamén a recreación que se fai de certos lugares de toda Galicia, converténdoo nun producto plenamente noso. Trátase dunha historia de humor, fantasía e sobre todo moito terror. O protagonista é un convicto escapado do cárcere que tratará de recuperar un botín agochado anos atrás nunha solitaria e afastada aldea. Pronto se decatará dos perigos aos que se terá que afrontar en tan sinistro lugar. No plano interpretativo, a película tamén contará con importantes figuras de actuación como Carlos Blanco, José Manuel Oliveira “Pico”, Celso Bugallo, Manuel Manquiña e Luis Tosar entre os artistas galegos; así como Jorge Sanz, Gabino Diego e Paul Naschy, entre os actores nacionais, sen esquecernos da aparición estelar de Geraldine Chaplin. Dende ANIrnau esperamos que O Apóstolo sexa todo un éxito que sitúe á animación galego un chanzo máis arriba no marco do cine internacional. Visita de ANIRMAU ao estudio de Fernando Cortizo: Venres, 22 de Maio de 2008

45


ACTIVIDADES PARALELAS VISITA “FESTIVAL DE CANS” --------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

VISITA AO “FESTIVAL DE CANS ‘09” Camiño da súa sexta edición no vindeiro mes de Maio, o Festival de Cans móstrase como unha das citas ineludibles do panorama cinematográfico da nosa comunidade. Nesta aldea do Porriño (Pontevedra) de arredor de 500 habitantes, pódese ser protagonista dun dos máis atípicos e enxebres festivais de todo o mundo, contando cun ambiente revestido do mellor “agro-glamour”. As andainas do Festival de Cans remóntanse ao ano 2004, momento no que se puxo andar este proxecto impulsado pola Asociación Cultural Arela. Ademais dos diferentes patrocinadores e colaboradores do festival, é primordial o apoio de todos os veciños da aldea; eles ceden os seus galpóns, adegas e garaxes que son transformados para a ocasión en improvisadas “salas de proxección”. Tampouco debemos esquecer as impoñentes alfombras vermellas que cobren os camiños da localidade, as racións campestres de boa música, así como o seu peculiar sistema de transporte para os espectadores que non é outro que a súa rede de “chimpimbuses”, a mellor forma de viaxar se estás no campo. No plano cinematográfico, o festival acolle os últimos traballos realizados en Galicia, centrándose no formato da curtametraxe. Asemade, ditas curtas competirán dentro de dúas categorías diferentes: ficción e animación, seccións que se poden complementar con outro tipo de traballos que serían aceptados fóra de concurso. Igualmente, Cans tamén é unha importante porta de acceso para dar a coñecer os últimos exemplos do video-clip feito unicamente por galegos e en Galicia. Por último, sinalar que a presente edición do Festival de Cans 09 terá lugar entre o 20 e o 23 de Maio de 2009. Novamente, igual que en pasadas edicións, o Festival de Cans será a mellor alternativa cinematográfica do mes de Maio xunto co seu homónimo francés. Felicitacións polo voso festival, que apoiamos todos os que facemos ANIrmau e esperamos que siga medrando ata converterse nun referente mundial. Visita de ANIRMAU ao Festival de Cans: Venres, 22 de Maio de 2008

46


47


PROGRAMACIÓN DO FESTIVAL --------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Mércores, 1 de Abril de 2009 S E S I Ó N

ANIM. 3D: Delivery (T. Nowak, 2005) 2D/TRAD.: La corde (W. Kempeneers, 2003) MIXTAS: Âme noire (M. Chartrand, 2000) GALEGA: A xaguarana (T. Conde – V. Curiá, 2003)

1

ANIM. 3D: Même les pigeons vont au paradis (S. Torneux, 2007) 2D/TRAD.: Bookashkis (M. Aldashin, 2002) MIXTAS: City paradise (G. Denis, 2004)

S E S I Ó N

GALEGA: Minotauromaquia (J. P. Etcheverry, 2004) 2

Mércores, 15 de Abril de 2009 S E S I Ó N 3

ANIM. 3D: Birthday boy (S. Park, 2004) 2D/TRAD.: The old crocodile (K. Yamamura, 2005) MIXTAS: 1977 (P. Varela, 2007) GALEGA: Km. 53 (N. Abia, 2005)

ANIM. 3D: Elephants dream (B. Kurdali, 2006) 2D/TRAD.: The Pearce sisters (L. Cook, 2007) MIXTAS: Das rad (C. Steiner – A. Uibel, 2003) GALEGA: A meiga chuchona (P. Millán, 2006)

Mércores, 22 de Abril de 2009 S E S I Ó N

ANIM. 3D: Tadeo Jones (E. Gato, 2004) 2D/TRAD.: The danish poet (T. Kove, 2006) MIXTAS: The tale of how (The Blackheart Gang, 2006) GALEGA: Carne de cañón (D. Fernández Ignacio, 2006)

5

48

S E S I Ó N 4


PROGRAMACIÓN DO FESTIVAL --------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

ANIM. 3D: Sefr Darajeh (O. Khoshnazar, 2005) 2D/TRAD.: Histoire tragique avec fin heureuse (R. Pessoa, 2006) MIXTAS: Hasta los huesos (R. Castillo, 2001)

S E S I Ó N

GALEGA: O bufón e a infanta (J. Galiñanes, 2006) 6

Mércores, 29 de Abril de 2009 S E S I Ó N

ANIM. 3D: Katedra (T. Baginski, 2002) 2D/TRAD.: Lapsus (J. P. Zaramella, 2007) MIXTAS: The mysterious geographic explorations of Jasper Morello (A. Lucas, 2005) GALEGA: Garto (L. Gómez Guzmán, 2006)

7

ANIM. 3D: Le foto dello scandalo (D. Lunghini, 2001) 2D/TRAD.: La jeune fille et les nuages (G. Schwizgebel, 2000) MIXTAS: Fast film (V. Widrich, 2003)

S E S I Ó N

GALEGA: Leo. Historia dun final (F. Cortizo, 2007) 8

Mércores, 6 de Maio de 2009 S E S I Ó N

ANIM. 3D: Codehunters (B. Hibon, 2006) 2D/TRAD.: Isabelle au bois dormant (C. Cloutier, 2007) MIXTAS: Muto (Blu, 2008) GALEGA: O ataque dos Kriters asasinos (Sam, 2007)

9

ANIM. 3D: Bozhestvo (K. Bronzit, 2003) 2D/TRAD.: La révolution des crabes (A. de Pins, 2004) MIXTAS: Les oiseaux blancs, les oiseaux noirs (F. Miailhe, 2002)

S E S I Ó N

GALEGA: O pintor de ceos (J. Morais Valle, 2008) 10

49


INFORMACIÓN PRÁCTICA DO FESTIVAL --------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

DATAS E HORARIOS: O I Festival de Animación do IES Ramón Mª Aller Ulloa desenvolverase durante todo o mes de Abril (1, 15, 22 e 29) e a primeira semana de Maio (6) Concretamente, constará de 10 sesións oficiais presentadas ao longo de todas as mañás dos mércores, cuxos asistentes serán os alumnos de 4º de ESO. A maiores, os xoves terá lugar unha sesión non oficial para os máis cativos, onde cada grupo de 1º de ESO asistirá á sesión única de “Cinema Kids”. Os horarios previstos para cada día quedan configurados do seguinte xeito: MÉRCORES

XOVES

8:50-9:40

4º ESO D (Pase 1)

9:40-10:30

4º ESO C (Pase 1)

10:30-10:50

4º ESO A 10:50-11:40 4º ESO C (Pase 2) 4º ESO D

1º ESO

11:40-12:30 12:30-12:50 12:50-13:40 4º ESO A (Pase 1) 13:40-14:30

PRECIOS: Todas as actividades son gratuítas, sendo de carácter obrigatorio para todos os alumnos de 4º de ESO (A – C – D) O resto de grupos do centro poderán asistir a sesións extraoficiais poñéndose en contacto coa organización do festival, tamén coa entrada de balde. Aquelas persoas alleas ao centro tamén poderán asistir as sesións que desexen en pases especiais durante as tardes dos meses de Abril e Maio.

PREMIOS: Os premios outorgados son de carácter honorífico, sen dotación económica ningunha, xa que a propia organización do festival segue unha liña puramente educativa e divulgativa. O fallo do xurado será presentado ao longo da última semana oficial de curso (15 ao 19 de Xuño), acto que contará con novos traballos fóra de concurso, así como a visualización dos gañadores.

50


INFORMACIÓN PRÁCTICA DO FESTIVAL --------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

PRODUCTOS DO FESTIVAL: Nesta I edición de ANIrmau buscouse a promoción do festival mediante o típico modelo de camisetas. Tras a realización de varios deseños, presentamos a continuación o exemplo escollido en todas as cores posibles.

51


INFORMACIÓN PRÁCTICA DO FESTIVAL --------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

COMO CHEGAR: O IES Ramón Mª Aller Ulloa, sede do festival, forma parte da zona do parque, área situada no nordés da vila de Lalín.

AGRADECEMENTOS: FERNANDO CORTIZO e ARTEFACTO PRODUCCIONES MOISÉS ÁLVAREZ e FESTIVAL DE CANS AXENCIA AUDIOVISUAL GALEGA e a toda aquela xente que dalgún xeito contribuíu na realización deste festival.

ANIRMAU: FESTIVAL DE ANIMACIÓN DO IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA Rúa do Parque, nº 8 36500 Lalín (Pontevedra)

Teléfono: 986-780-114 Fax: 986-783-643

severiano.casalderrey@edu.xunta.es

ies.aller.ulloa@edu.xunta.es

52

http://plasticanxo.blogia.com


ANIRMAU 09