Issuu on Google+

PROGRAMACIÓN 2013/14 !

DEPARTAMENTO DEBUXO

Departamento de Debuxo PROGRAMACIÓN CURSO 2013/2014 !

!

!

!

IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA. LALÍN. !

!

!

!

PÁX. 1

!


PROGRAMACIÓN 2013/14 !

DEPARTAMENTO DEBUXO

Índice

1. INTRODUCCIÓN, CONTEXTUALIZACIÓN E DATOS XERAIS DO DEPARTAMENTO. páx. 3 2. OBXECTIVOS XERAIS POR CURSO. páx. 8 3. CONTRIBUCIÓN DA MATERIA Á ADQUISICIÓN DAS COMPETENCIAS BÁSICAS. páx. 13 4. BLOQUES DE CONTIDO POR CURSO E TEMPORALIZACIÓN. páx. 14 5. CONTIDOS MÍNIMOS POR CURSO. páx. 26 6. METODOLOXÍA APLICADA POR CURSO. páx. 34 7. AVALIACIÓN POR CURSO. páx. 39 8. RECUPERACIÓN DE PENDENTES DE ESO E BACHARELATO. páx. 66 9. PROGRAMAS ESPECÍFICOS PARA ALUMNADO REPETIDOR. páx. 68 10. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES. páx. 71 11. MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE. páx. 73 12. TEMAS TRANSVERSAIS. páx. 74 13. PROXECTOS DE INNOVACIÓN EDUCATIVA. páx. 76 14. INFORMACIÓN AO ALUMNADO. páx. 77 15. APORTACIÓNS E ACCIÓNS DE ACORDO CON PLAN LECTOR. páx. 78 16. APORTACIÓNS E ACCIÓNS DE ACORDO CO PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TICs.páx. 81 17. APORTACIÓNS E ACCIÓNS DE ACORDO CO PLAN DE CONVIVENCIA. páx. 82 18. APORTACIÓNS E ACCIÓNS DE ACORDO CO PLAN LINGÜÍSTICO. páx. 83 19. AVALIACIÓN DA PROPIA PROGRAMACIÓN. páx. 84

IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA. LALÍN. !

PÁX. 2

!


PROGRAMACIÓN 2013/14 !

DEPARTAMENTO DEBUXO

1. Introducción e contextualización. 1.1 No referido á zona xeográfica e Centro O Instituto está situado na localidade de Lalín, pertencente ao Concello de Lalín, e está próximo a Santiago de Compostela, a capital da Comunidade Autónoma. O Concello de Lalín, cunha superficie de 326 quilómetros cadrados, é un dos municipios de maior extensión de toda Galicia e goza dunha situación privilexiada no corazón da Comarca de Deza, que aglutina a seis concellos (Lalín, Silleda, Rodeiro, Vila de Cruces, Dozón e Agolada) nun área de 987,7 quilómetros cadrados. A poboación do Concello de Lalín é de 20.453 habitantes e está dividida entre o núcleo urbano, onde hai máis de 10.000 veciños, e as 52 par- roquias do rural. Considerando o conxunto da Comarca de Deza, que abrangue os concellos de Lalín, Ro- deiro, Dozón, Vila de Cruces, Trasdeza e Valquireza, as cifras de poboación achéganse ós 50.000 habitantes. Esta comarca, situada no extremo setentrional da provincia de Pontevedra, linda ó oeste coa Comarca de Tabeirós-Terra de Montes, ó norte coas de Arzúa e Terra de Melide (A Coruña), ó leste coas de Chantada e A Ulloa (Lugo) e ó sur coa do Carballiño (Ourense). Na actualidade, este concello conta cunha economía moi diversificada, posto que a tradicional ac- tividade agrícola e gandeira foi abrindo portas progresivamente nas últimas décadas a un sector industrial principalmente puxante nas ramas do téxtil, do aluminio e da construción. Esta diversificación tamén ten unha tradución xeográfica, posto que no núcleo urbano e nas parroquias colindantes atópanse todos os servizos e a maior parte das industrias - situadas maioritariamente nos dous polígonos existentes-, men- tres que na zona eminentemente rural a economía segue a estar baseada nas explotacións agropecuarias, que aproveitaron a riqueza da comarca para modernizarse e facerse máis competitivas. Con respecto á actividade educativa, o Concello de Lalín conta con diversos centros de ensinanza pública, entre os que se atopan os seguintes: - Para Educación Infantil e Primaria: • CEIP Xesús Golmar Lalín) • CEIP Manuel Rivero (Lalín) • CEIP Varela Buxán (Cercio) • CEIP Xoaquín Loriga (Prado) • CEIP Vicente Arias de la Maza (Vilatuxe) • Escola de Infantil de Donramiro (Lalín) - Para Educación Secundaria Obrigatoria e postobrigatoria: • I ES Ramón Ma Aller Ulloa • I ES Laxeiro • Existe un centro de ensinanza concertada que imparte infantil, primaria e ESO: - CPR Sagrado Corazón (Lalín) No aspecto cultural e de ocio existen outras entidades, como a Casa da Xuventude de Lalín, a Biblioteca Municipal, o Museo Etnográfico de Lalín, o Museo Ramón Ma Aller e diversas asociacións culturais. Polo que a actividades deportivas se refire, cóntase con varias áreas deportivas distribuídas en distintos puntos do Concello (unha piscina municipal cubertas, varios pavillóns polideportivos, complexo deportivo “Lalín Arena”. A atención sanitaria queda cuberta a través dos servizos desenvolvidos polo Ambulatorio, así como con outras entidades privadas.

IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA. LALÍN. !

PÁX. 3

!


PROGRAMACIÓN 2013/14 !

DEPARTAMENTO DEBUXO

1.2 No referido ás ensinanzas Na actualidade impártense no noso IES as seguintes ensinanzas: Ensinanza Secundaria Obrigatoria Bacharelato (Modalidades de Artes, Humanidades e Ciencias Sociais e Ciencia e Tecnoloxía) Programa de Cualificación Profesional Inicial Ciclo Formativo de Grao Medio de Explotación de Sistemas Informáticos Ciclo Formativo de Grao Superior de Desenvolvemento de Aplicacións Informáticas

1.3 No referido ao alumnado Dentro do alumnado do noso IES hai que distinguir entre as distintas etapas educativas tanto pola súa procedencia como polas súas características. Alumnado de ESO: Os alumnos que se incorporan en 1o da ESO proveñen na súa maioría dos centros adscritos CEIP Xesús Golmar e CEIP Varela Buxán, e son alumnos que levan convivindo a maior parte da súa traxectoria escolar. Viven tanto no entorno próximo ao centro como do resto dos pobos que forman o Concello de Lalín, polo que aproximadamente un 43,3% dos alumnos acude ao centro utilizando o transporte escolar. As características xerais do alumnado son: Niveis de competencia curricular normais na súa maioría, con casos de desfase curricular que van en aumento. Normalizada motivación cara o estudo, con diferenzas en canto aos alumnos que chegan uns anos con respecto a outros. En boa parte das familias, existen hábitos de estudo; é baixa a porcentaxe de alumnos con desestruturación que afecte ao rendemento escolar. Polo xeral, e salvo excepcións en alumnos puntuais, non existen problemas graves de actitude en clase. Nivel de absentismo baixo en crecemento, nalgúns casos coñecido e consentido polos pais. Porcentaxe baixa de abandono do sistema educativo sen finalizar ESO. Puntual existencia en ocasións de problemática familiar que interfire negativamente no proceso de ensinanza-aprendizaxe. Alumnado inmigrante cuxo número varía en función do curso (23 no presente curso, de 13 nacionalidades diferentes). Algúns presentan dificultades de comprensión dos idiomas, galego e castelán. Non teñen problemas de integración entre os seus compañeiros. Alumnado de Bacharelato: Composto por parte do noso alumnado que obtén título de gradu- ado en ESO e algúns alumnos procedentes do CPI de Rodeiro, do IES Laxeiro e de centros concertados (CPR Sagrado Corazón e CPR María Inmaculada). De maneira xeral, pódese dicir que o alumnado de Bacharelato é heteroxéneo en canto a intereses, motivacións e nivel académico. É en bacharelato onde nos encontra- mos cos menores problemas de comportamento na aula e no centro. IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA. LALÍN. !

PÁX. 4

!


PROGRAMACIÓN 2013/14 !

DEPARTAMENTO DEBUXO

1.4 No referido ás Familias O nivel de formación dos pais/nais é medio, xa que a maioría conta cos Estudos Obrigatorios e unha porcentaxe non moi elevada de estudos postobrigatorios (formación profesional ou universitaria). A profesión dos pais nunha porcentaxe importante é de traballador cualificado/especializado por conta propia ou allea, mentres que nas nais a porcentaxe divídese entre as que se dedican aos labores do fogar e as traballadoras por conta allea. O nivel adquisitivo de pais/nais na súa maioría é medio e actualmente tamén é importante a incidencia do paro nas familias. Con respecto á relación familia-centro, sen chegar a ningún tipo de xeneralización, detéctanse en moitas ocasións as seguintes liñas: Alta asistencia a reunións informativas e entrevistas cos titores/as Familias con preocupación pola formación académica dos seus fillos/as. Actitude colaboradora ante o plantexamento dos problemas dos seus fillos/as. Acoden con prontitude en caso de ser requiridos. Escasa participación na Asociación de Pais e Nais e, por tanto, pouca colaboración en aquelas actividades que non son estritamente do ámbito académico.

1.5 Contextualización da Modalidade de Artes Plásticas, Deseño e Imaxe. “Cada ser humano é un artista” Joseph Beuys Hoxendía as artes son vistas como un compoñente esencial da educación de todo estudante pola súa habilidade de axudar para que persoas novas poidan adquirir habilidades de pensamento crítico e creativo, podendo así aumentar a confianza en si mesmos para expresarse. Isto permite que os mozos e mozas non soamente exploren aspectos da súa vida ao redor de xeito distinto, senón que tamén poidan establecer conexións entre as artes e outras disciplinas como as matemáticas, a gramática, ou a ciencia. No referido á Plástica e Visual na ESO. “A finalidade da educación secundaria obrigatoria consiste en lograr que o alumnado adquira os elementos básicos da cultura, especialmente en aspectos humanístico, artístico, científico e tecno- lóxico; desenvolver e consolidar hábitos de estudo e de traballo; preparalo para a súa incorporación a estudos posteriores e para a súa inserción laboral e formalo para o exercicio dos seus dereitos e obrigas na vida como cidadáns e cidadás...(..)..Contribuirá ademáis a desenvolver no alumnado as capacidades, (entre outras), que lles permitan: “Apreciar a creación artística e comprender a linguaxe das distintas manifestacións artísticas, ... e coñecer e valorar os aspectos básicos do patrimonio lingüístico, cultural, histórico e artístico de Galicia,

IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA. LALÍN. !

PÁX. 5

!


PROGRAMACIÓN 2013/14 !

DEPARTAMENTO DEBUXO

participar na súa conservación e mellora e respectar a diversidade lin- güística e cultural como dereito dos pobos e das persoas....”. A competencia Cultural e Artistica supón coñecer, comprender, apreciar e valorar criticamente diferentes manifestacións culturais, artísticas e deportivas, utilizalas como fonte de enriquecemento e desfrute e consideralas como parte do patrimo- nio dos pobos. Trátase, xa que logo, ”...dunha competencia que facilita tanto expresarse e comunicarse como percibir, comprender e enriquecerse con diferentes realidades e producións do mundo da arte e da cultura. Require poñer en funcionamento a iniciativa, a imaxinación e a creatividade para expresarse mediante códigos artísticos...” A sociedade actual posúe unha extraordinaria capacidade para producir e consumir imaxes. Estas son facilmente transmisibles e chegan a toda a cidadanía a través dos medios de comunicación, constituíndo un poderoso medio de expresión, coñecemento e transformación da realidade, podéndose converter nun medio de manipulación do pensamento das persoas. Cómpre potenciar, a través da análise e da valoración das mensaxes visuais, un xuízo crítico no alumnado co que poida alcanzar un criterio propio. Na educación primaria, o desenvolvemento das capacidades perceptivas, creativas e expresivas exponse dun xeito global, nunha área integrada por contidos procedentes de distintos ámbitos. Na secundaria obrigatoria pódense adquirir destrezas e facer análises máis particulares e es- pecíficas. Deste xeito a educación plástica e visual organízase coma unha materia independente. A percepción visual é un proceso cognitivo relacionado co resto dos procesos cognitivos, que implica un conxunto de estratexias básicas: seleccionar, analizar, distinguir, relacionar, etc. Aínda que todas as áreas do currículo desenvolven a capacidade de observación do alumnado, a educación plástica e visual incide especificamente no desenvolvemento da percepción e no pensamento visual. A materia de educación plástica e visual debe contribuír a desenvolver dous aspectos fundamentais da formación, estreitamente relacionados entre si: a percepción e a representación, saber ver e saber facer. Os eixos que vertebran este currículo representan dúas cuestións fundamentais para a adquisición das capacidades que se pretenden: ensinar a ver, ensinar a representar. Saber ver implica valorar o continxente da información visual e a análise crítica da realidade. Im- plica tamén a necesidade de educar na percepción que supón ser capaz de valorar criticamente unha información visual e mesmo chegar a conclusións persoais de acordo cunha escala de valores propia. Saber facer implica a acción de investigación tendente á produción artístico-creativa e a realización de representacións expresivo-comunicativas, propiciando a adquisición de capacidades creativas. No referido ao Bacharelato de Artes Plásticas, Deseño e Imaxe. Materias de Bacharelato. O traballo realizado con continuidade desde mediados do século XX, por infinidade de teóricos e prácticos da comunicación audiovisual, reafirma a necesidade de promover o ensino das disciplinas que preparen a mocidade para analizar e saber producir mensaxes no século XXI. Esta formación ten que ter como prioridade promover a formación de persoas competentes, participativas, activas e selectivas. Por iso, o alumnado

IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA. LALÍN. !

PÁX. 6

!


PROGRAMACIÓN 2013/14 !

DEPARTAMENTO DEBUXO

deberá posuír a capacidade para saber apreciar as obras audiovisuais e multimedia e ser a un tempo produtor, comunicador activo e emisor de mensaxes. O obxectivo das materias do bacharelato artístico é poñer ao alumnado en situación de analizar, relacionar e comprender os elementos que forman parte da cultura audiovisual, do deseño, e do debuxo artístico, as técnicas gráficoplásticas e relacionalas co tempo pasado e co presente e de utilizar eses elementos para expresarse. Esta adquisición de competencias para a análise dos elementos expresivos e técnicos, e a dotación de conciencia crítica, debe servir para crear unha cidadanía máis responsable e participativa, libre de complexos e de prexuízos. Trátase, polo tanto, de comprender, analizar e reformular a cultura visual da sociedade en que vivimos para comprender os seus significados e como estes afectan á maneira de vernos e de interpretar a realidade que nos rodea. Na sociedade contemporánea a imaxe é un dos medios de expresión máis comúns e universais, que consegue ir máis aló das fronteiras establecidas pola linguaxe da fala, permitindo transmitir ideas a través da linguaxe gráfica. A súa importancia queda patente desde o momento en que consegue converter boa parte das súas creacións en iconas que pasan a formar parte do patrimonio cultural da humanidade. Apuntalar uns coñecementos prácticos e teóricos sobre estes dous niveis non implica a exclu- sión doutros (o debuxo de ilustración, o debuxo de ornamentación, o debuxo de expresión), senón que fai referencia á orientación primordial destes dous bloques, sen que por iso desatendamos os outros niveis nun plano secundario. Esta estrutura obedece á necesidade proxectiva e expresiva da materia de debuxo, pensada para dotar o alumnado dunha poderosa ferramenta de ideación e expresión, tanto a través da proxección da idea mental, como a través da observación do 1.6 Datos do departamento. Materias As materias que se imparten no departamento son: Plástica e Visual en 1º, 3º e 4º de ESO. Debuxo Técnico I e II, en 1º e 2º de Bacharelato respectivamente. Cultura Audiovisual en 1º de Bacharelato. Debuxo Artístico I e II en 1º e 2º de Bacharelato respectivamente. Técnicas Gráfico-Plásticas en 2º de Bacharelato

1.7 Persoas membros do departamento. Manuel Gómez Gómez. Adscrito ao departamento que procede do departamento de Educación Física. Francisco Otero Janeiro, membro de departamento e especialista en Arquitectura e Debuxo técnico. Sebastián Rozas Álvarez, xefe do departamento e especialista en Pintura. IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA. LALÍN. !

PÁX. 7

!


PROGRAMACIÓN 2013/14 !

DEPARTAMENTO DEBUXO

2. Obxectivos. Materia de Educación Plástica e Visual de 1º , 3º e 4º de ESO.

1. Recoñecer a importancia da imaxe nos medios de comunicación de masas, a súa influencia no pensa mento social e actuar de modo crítico ante as mensaxes visuais. 2. Valorar a expresión plástica como medio de expre sión artística de sociedades e culturas diferentes. Apreciala como un xeito de entendemento e concordia entre pobos, valorando as súas similitudes e diferenzas. 3. Recoñecer, comprender e valorar as manifesta cións da cultura galega, apreciando o patrimonio cultural e contribuíndo á súa conservación e mellora. 4. Sensibilizar o alumnado ante o goce artístico e acadar os recursos suficientes para apreciar as dife rentes representacións artísticas. 5. Adquirir e empregar con precisión a terminoloxía específica da linguaxe plástica e visual. 6. Desenvolver o pensamento lóxico e matemático na resolución do proceso creativo aplicado á representa ción de formas e espazos mediante o emprego das pro porcións e da perspectiva. 7. Expresarse con creatividade, utilizando as diver sas ferramentas e técnicas plásticas e visuais, relacio nándoas con outras linguaxes e aplicando nas súas creacións as tecnoloxías da información e da comuni cación mais axeitadas. 8. Utilizar a linguaxe plástica para expresar emo cións e sentimentos, vivencias e ideas, contribuíndo ácomunicación, reflexión crítica e respecto entre as persoas. 9. Planificar e reflexionar, de forma individual ou colectiva, sobre o proceso de realización dun obxecto partindo duns obxectivos prefixados e revisar e valorar, ao final de cada fase, o estado do seu desenvolve mento. 10. Aplicar as distintas técnicas de traballo coopera tivo fomentando a responsabilidade e favorecendo o diálogo e a comunicación. 11. Establecer unha actitude positiva ante os novos retos, admitindo os erros e valorando os acertos como parte do proceso de formación do individuo.

IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA. LALÍN. !

PÁX. 8

!


PROGRAMACIÓN 2013/14 !

DEPARTAMENTO DEBUXO

Materias de Debuxo Técnico I e II de 1º e 2º de BACHARELATO.

1. Utilizar adecuadamente e con destreza tanto os instrumentos como a terminoloxía específica do debuxo técnico. 2. Valorar a importancia que ten o correcto acabamento e a presentación do debuxo no referido á diferenciación dos distintos trazos que o configuran, a súa exactitude e a limpeza e o coidado do soporte. 3. Considerar o debuxo técnico como unha linguaxe científica, valorando a necesidade de coñecer a súa sintaxe para poder expresar e comprender a información. 4. Coñecer e comprender os principais fundamentos da xeometría métrica aplicada para resolver pro- blemas de configuración e descrición de formas no plano. 5. Comprender e empregar os sistemas de representación para resolver problemas xeométricos no espazo e representar figuras tridimensionais no plano. 6. Valorar a universalidade da normalización no debuxo técnico e aplicar as principais normas UNE e ISO referidas á obtención, posición e acoutamento das vistas das formas descritas. 7. Conseguir a destreza e a rapidez necesarias ao empregar o esbozo e a perspectiva a man alzada como medios de expresión gráfica. 8. Planificar e reflexionar sobre o proceso de realización de calquera construción xeométrica tanto de forma individual como colectiva, sendo capaces de establecer con flexibilidade e responsabilidade as relacións necesarias naquelas actividades que requiran dun traballo colectivo. 9. Integrar os coñecementos de debuxo técnico dentro dos procesos tecnolóxicos e en aplicacións da vida cotiá, revisando e valorando o estado de consecución do proxecto ou actividade sempre que sexa necesario. 10.Interesarse polas novas tecnoloxías e os programas de deseño, utilizando e valorando as súas posibilidades na elaboración dos planos técnicos dun proxecto.

IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA. LALÍN. !

PÁX. 9

!


PROGRAMACIÓN 2013/14 !

DEPARTAMENTO DEBUXO

Materia de Debuxo Artístico I e II de 1º e 2º de BACHARELATO.

1. Coñecer e distinguir os elementos básicos que configuran a forma e empregalos correctamente na representación de obxectos e estruturas. 2. Aprehender a estrutura interna dos obxectos que se representan e interpretala graficamente. 3. Distinguir os datos esenciais que configuran a forma, prescindindo dos detalles superfluos ou decorativos e atendendo ás proporcións das distintas partes que a configuren para debuxar estruturas formais. 4. Utilizar e desenvolver a memoria visual e a retentiva para elaborar imaxes, tanto desde un punto de vista obxectivo como subxectivo. 5. Utilizar a observación e o estudo directo das formas da natureza como fonte de reflexión para representacións de carácter subxectivo. 6. Interpretar unha forma ou conxunto de formas con diferentes intencións comunicativas ou expresivas. 7. Coñecer e aplicar a terminoloxía básica, así como os materiais, técnicas e procedementos adecuados á finalidade pretendida, adoptar criterios persoais e proceder de xeito racional na resolución das propostas de traballo. 8. Coñecer e utilizar os fundamentos teóricos da cor e o seu uso nas creacións plásticas de xeito razoa- do e expresivo. 9. Achegar nos debuxos solucións expresivas de carácter subxectivo, como medio para desenvolver a sensibilidade estética, a creatividade e o pensamento. 10. Coñecer os fundamentos compositivos e aplicalos en obras propias e na análise de obras alleas.

IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA. LALÍN. !

PÁX. 10

!


PROGRAMACIÓN 2013/14 !

DEPARTAMENTO DEBUXO

Materia: Cultura Audiovisual de 1º de BACHARELATO. 1. Coñecer e comprender a sintaxe visual e os seus elementos básicos, así como os seus aspectos estéticos e técnicos. 2. Asimilar a importancia fundamental dos medios de comunicación nunha sociedade democrática e a interrelación creativa que brindan as novas tecnoloxías. 3. Comprender e apreciar como o progreso actual das tecnoloxías da información e a comunicación vén dos avances técnicos e expresivos producidos ao longo da historia. 4. Recoñecer as diferenzas existentes entre a realidade e a representación que dela nos ofrecen os medios audiovisuais. 5. Valorar a función expresiva do son e da música no proceso de creación audiovisual. 6. Analizar mensaxes publicitarias e valorar o que nelas hai de información, arte, propaganda e sedución. 7. Coñecer as características técnicas e expresivas dos medios de comunicación, recoñecer os seus diferentes xéneros e amosar as súas posibilidades informativas e comunicativas. 8. Desenvolver actitudes selectivas, críticas e creativas fronte ás mensaxes que recibimos a través das distintas canles de difusión. 9. Tomar conciencia da capacidade das persoas espectadoras, na súa función de consumidoras, para exixir produtos audiovisuais de calidade e a necesidade de equilibrio entre liberdade de expresión e dereitos individuais.

IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA. LALÍN. !

PÁX. 11

!


PROGRAMACIÓN 2013/14 !

DEPARTAMENTO DEBUXO

Materia: Técnicas de expresión gráfico-plásticas de 2º de BACHARELATO.

1. Coñecer e valorar os recursos expresivos e comunicativos que proporcionan as distintas técnicas de expresión gráfico-plásticas. 2. Coñecer, valorar e aplicar adecuadamente a terminoloxía, materiais, soportes, ferramentas e procedementos das técnicas gráfico-plásticas. 3. Adquirir destreza e dominio no manexo de técnicas e materiais empregados no desenvolvemento de proxectos gráfico-plásticos. 4. Desenvolver a capacidade creativa e a forma persoal de expresión a través da experimentación da linguaxe gráfico-plástica. 5. Apreciar, na observación das obras de arte, a influencia das técnicas e modos de expresión empregadas, relacionándoas co seu contorno histórico e cultural. 6. Coñecer e apreciar o valor, tanto das técnicas de expresión tradicionais, coma das máis innovadoras e tecnolóxicas.

IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA. LALÍN. !

PÁX. 12

!


PROGRAMACIÓN 2013/14 !

DEPARTAMENTO DEBUXO

3. Contribución da materia á adquisición das competencias básicas. A competencia artística e cultural adquírese fundamentalmente a través da área de educación plástica e visual, estando presente ao longo de todo o currículo. O alumnado aprende a mirar, ver, observar e percibir, e desde o coñecemento da linguaxe visual, a apreciar os valores estéticos e culturais das produccións artísticas do propio patrimonio cultural e do alleo. Contribúese tamén a acadar esta competencia cando se experimenta e investiga con distintas técnicas plásticas e visuais para expresarse a través da imaxe (6)* (*) (número do obxectivo xeral ó que se fai referencia). A educación plástica e visual colabora na adquisición de autonomía e iniciativa persoal dado que todo proceso de creación supón converter unha idea nun produto. Incide estreitamente en desenvolver estratexias de planificación, de previsión de recursos, de anticipación e avaliación de resultados. Deste xeito, sitúa o alumnado ante un proceso que o obriga a tomar decisións de maneira autónoma. Todo isto, xunto co espírito creativo, a experimentación, a investigación e a autocrítica, fomentan a iniciativa e autonomía persoal (8). Esta materia constitúe un bo vehículo para o desenvolvemento da competencia social e cidadá. Na medida en que a creación artística supoña un traballo en equipo, promoveranse actitudes de respecto, tolerancia, cooperación, flexibilidade e contribuirase á adquisición de habilidades sociais (5). A reflexión sobre os procesos e experimentación creativa contribúe a favorecer a competencia de aprender a aprender que implica a aceptación dos propios erros como instrumento de mellora (7). A importancia que adquiren no currículo os contidos relativos ao contorno audiovisual e multimedia, expresa o papel que se outorga a esta materia na adquisición da competencia no tratamento da información e, en particular, a que achega o mundo das imaxes. Ademais, o uso de recursos tecnolóxicos específicos non só supón un recurso válido para a produción de creacións visuais, senón que pola súa vez, colabora na adquisición da competencia dixital (4). A educación plástica e visual contribúe á adquisición da competencia no coñecemento e a interacción no mundo físico mediante a utilización de procedementos relacionados co método científico, como a observación, a experimentación, o descubrimento e a reflexión e posterior análise. Así mesmo introduce valores de sustentabilidade e reciclaxe en canto as boas prácticas na utilización de materiais para a creación de obras (3) Esta área contribúe á adquisición da competencia matemática desenvolvendo a linguaxe simbólica e profundando no coñecemento de aspectos espaciais da realidade, mediante a xeometría e a representación obxectiva das formas (2). A educación plástica e visual enriquece a capacidade comunicativa, dado que, como toda forma de comunicación, posúe uns procedementos comúns que permiten facer uso duns recursos específicos para expresar ideas, sentimentos e emocións integrando a linguaxe plástica e visual con outras imaxes (1)

IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA. LALÍN. !

PÁX. 13

!


PROGRAMACIÓN 2013/14 !

DEPARTAMENTO DEBUXO

4. Bloques de contidos por curso. Temporalización por trimestre. En 1º e 3º de ESO

Bloque 1. Observar e comprender. 1º Trimestre Lectura de imaxes, recoñecendo os elementos visuais, conceptuais e relacionais. Recoñecemento das finalidades comunicativa, expresiva e estética da comunicación visual. Exploración dos posibles significados dunha ima xe segundo o seu contexto expresivo e referencial, e descrición dos seus elementos formais e interese pola observación sistemática. Bloque 2. Interpretar, expresar e crear. 1º e 2º Trimestres Análise e realización de composicións utilizando os elementos conceptuais propios da linguaxe visual como elementos de descrición e expresión, tendo en conta conceptos de equilibrio, proporción e ritmo. Experimentación e exploración dos elementos que estruturan as formas e as imaxes (luz, forma, cor, textura, dimensión). Descubrimento e representación subxectiva das formas (posición, situación, ritmos, claroscuro, efectos visuais, imaxinación, fantasía). Sensibilización ante as variacións visuais producidas polos cambios lumínicos. Experimentación e utilización de técnicas en fun ción das intencións expresivas e descritivas. Realización de apuntamentos, boquexos e esque mas en todo o proceso de creación (desde a idea inicial ata a elaboración de imaxes e formas), facilitando o proceso de reflexión, autoavaliación e avaliación. Produción colectiva de obras plásticas en distintos soportes. Representación persoal de ideas, en base a uns obxectivos, utilizando a linguaxe visual e plástica e manifestando iniciativa, creatividade e imaxinación. Construción de formas tridimensionais en función dunha idea ou obxectivo con diversidade de materiais e actitude responsable no desenvolvemento da obra propia ou colectiva. Bloque 3. Contorno audiovisual e multimedia. 2º e 3º Trimestres Identificación da linguaxe visual en prensa, publicidade e televisión. Análise e experimentación dos procesos, técnicas e procedementos propios dos medios de captura e manipulación de imaxes fixas, seriadas e en move mento, para producir mensaxes audiovisuais. Experimentación e utilización das tecnoloxías da información e da comunicación para a procura, tratamento e creación de imaxes plásticas. Actitude crítica ante as necesidades de consumo creadas pola publicidade e rexeitamento dos ele- mentos desta que supoñan discriminación social, de xénero ou racial e recoñecemen-

IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA. LALÍN. !

PÁX. 14

!


PROGRAMACIÓN 2013/14 !

DEPARTAMENTO DEBUXO

to e valoración da presenza e influencia da imaxe no noso tempo. Bloque 4. Dimensión social e cultural. Temporalización: Durante tódolos trimestres. Análise de obras do patrimonio cultural propio detectando as similitudes e as diferenzas respecto doutras sociedades e culturas. Determinación dos valores plásticos e factores persoais e sociais que destaquen nunha obra determinada e o seu autor, realizando esquemas e sínteses sobre algunhas obras para destacar os valores mais importantes. Diferenciación de distintos estilos e tendencias das artes visuais, determinando os factores plásticos, simbólicos, etc. que os definen e caracterizan. Valoración, respecto e gozo do patrimonio histórico-artístico, da obra allea e dos espazos de divulgación artística.

IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA. LALÍN. !

PÁX. 15

!


PROGRAMACIÓN 2013/14 !

DEPARTAMENTO DEBUXO

En 4º de ESO

Bloque 1. Procesos comúns á creación artística. Temporalización: Durante tódolos trimestres Realización e seguimento do proceso de creación: bosquexo ou esquema, guión ou proxecto, presentación final ou maqueta e avaliación (reflexión, autoavaliación e avaliación colectiva do proceso e do resulta do final). Selección e utilización das tecnoloxías da información e da comunicación nas producións propias. Elaboración de proxectos plásticos de forma cooperativa. Utilización da linguaxe plástica e visual para a representación persoal de ideas a partir de obxectivos. Iniciativa, creatividade e autoexixencia no proceso de creación artística e na superación das creacións propias. Bloque 2. Expresión plástica e visual. 1º e 2º Trimestres Técnicas de expresión gráfico-plástica (debuxo artístico, pintura e volume) e de gravado e reprografía. Realización de experiencias de experimentación con materiais diversos. Interese pola busca e investigación sobre materiais, soportes, técnicas e ferramentas cuns fins concretos. Bloque 3. Artes gráficas e deseño. 1º e 2º Trimestres Valores funcionais e estéticos nas artes aplicadas. Fundamentos do deseño e das súas técnicas gráfico-plásticas. Sintaxe das linguaxes visuais do deseño e da publicidade. Lectura e valoración das imaxes do contorno do deseño e da publicidade. Bloque 4. Imaxe e son. 2º e 3º Trimestres Técnicas de expresión gráfico-plásticas aplicadas á imaxe fixa, seriada e en movemento. Recoñecemento e lectura de imaxes presentes en distintos soportes. Sintaxe da linguaxe audiovisual. Integración de produtos multimedia. Valoración crítica da utilización dos medios audio visuais e das tecnoloxías da información e da comunicación como ferramentas para o rexistro, tratamento, creación e difusión de produtos audiovisuais. Bloque 5. Descrición obxectiva das formas. 3º Trimestre Representación obxectiva da realidade nun sopor te bidimensional. Contornos de aplicación dos sistemas de representación. Normalización. Recoñecemento e lectura de representacións bidimensionais de obras arquitectónicas e de obxectos e aparellos técnicos.

IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA. LALÍN. !

PÁX. 16

!


PROGRAMACIÓN 2013/14 !

DEPARTAMENTO DEBUXO

En Debuxo Técnico I. 1º de Bacharelato. Arte e debuxo técnico. 1º trimestre -Orixe e principais feitos da historia do debuxo técnico. -A xeometría na arte. -A estética do debuxo técnico. Debuxo xeométrico. 1º e 2º trimestres -Trazados elementais. -Proporcionalidade e semellanza. Escalas. -Trazado de polígonos regulares. -Transformacións xeométricas no plano: transformacións isométricas. -Trazado de tanxencias. -Definición e trazado de curvas planas: óvalos, ovoides e volutas, espirais e hélices. Sistemas de representación. 2º e 3º trimestres -Fundamentos e finalidade dos distintos sistemas de representación; características diferenciais. -O sistema diédrico. Representación do punto, recta e plano; as súas relacións e operacións (transformacións) máis usuais. -Os sistemas axonométricos: isometría e perspectiva cabaleira. Representación de sólidos. -O sistema cónico: perspectiva central e oblicua. Representación de sólidos. Análise da elección do punto de vista na perspectiva cónica. Normalización e elaboración de esbozos. Temporalización: introduciranse durante tódolos trimestres -Funcionalidade e estética da descrición e da representación técnica. Ámbitos de aplicación. O concepto de normalización. As normas fundamentais UNE, ISO. -Tipoloxía de acabamentos e de presentación. O esbozo acotado. Os planos. O proxecto. -Utilización de técnicas manuais, reprográficas e infográficas propias do debuxo técnico. -A elaboración de esbozos. O esbozo e súa xestación creativa.

IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA. LALÍN. !

PÁX. 17

!


PROGRAMACIÓN 2013/14 !

DEPARTAMENTO DEBUXO

En Debuxo Artístico I. 1º de Bacharelato.

A Forma. percepción e descripción. 1º trimestre -Elementos básicos na configuración da forma. A liña como elemento configurador. -A perspectiva intuitiva e a súa aplicación no debuxo artístico. A definición do Volume. 1º trimestre -A mancha como elemento configurador do volume. O claroscuro. -A construción das sombras. Valores tonais. -A iluminación. Tipos de luz e o seu comportamento. A organización do cadro. 2º trimestre -Composición intuitiva. O concepto de equilibrio visual. -Psicoloxía da forma. As leis visuais que rexen as relacións entre as formas do cadro. O sentido do debuxo. 2º e 3º trimestre -Diferentes modos de ver e debuxar. Debuxo e función. -A expresión da subxectividade. A cor. percepción e interpretación 3º trimestre. -Teoría da cor. Natureza. Dimensións e comportamento da cor. -Expresividade da cor. Introducción aos materiais e ás técnicas do debuxo. Temporalización: Durante tódolos trimestres -Materiais, útiles e soportes básicos. -Introdución ás técnicas secas e á súa aplicación.

IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA. LALÍN. !

PÁX. 18

!


PROGRAMACIÓN 2013/14 !

DEPARTAMENTO DEBUXO

En Cultura Audiovisual. 1º de Bacharelato. Contidos comúns . Durante todo o curso. -Gozo das manifestacións artísticas e estéticas da sociedade. -Análise activa do contorno e dos medios de comunicación en busca de claves para comprender a natureza das mensaxes audiovisuais e así manter a distancia necesaria para unha mirada crítica e madura. -Desenvolvemento da capacidade analítica e sintética do alumnado. -Emprego das tecnoloxías da información e dos recursos tecnolóxicos específicos no proceso de creación e busca de datos. -Busca, comprensión e selección, a partir de diferentes fontes e experiencias, de información relevante relacionada con problemas de produción artística ou audiovisual, e utilización en contextos de debate e argumentación, distinguindo opinións de argumentos baseados en probas, sempre empregando terminoloxía axeitada. -Valoración e recoñecemento da importancia das mensaxes audiovisuais na sociedade actual e da súa contribución ao progreso e a unha mellor calidade de vida para as persoas, sempre sendo consciente do perigo que hai detrás da súa mala utilización. Bloque 1:Natureza e concepto da imaxe. Sintaxe visual. Imaxe e significado. 1º trimestre -Natureza da imaxe: icona e iconicidade. -Transformación icónica da realidade. Evolución, funcións e clasificacións das imaxes: materialidade das imaxes. Da imaxe única á imaxe seriada. Denotación e connotación. Escala de iconicidade. -Sintaxe visual e os seus elementos básicos: O punto. A liña. O contorno. A dirección. A textura. O ton. A cor. O movemento. A dimensión. A escala. -Sensacións visuais e auditivas. A canle visual: o fenómeno da percepción. A canle visual e o ollo humano. -Organización e estrutura da percepción humana. Teorías sobre a percepción e o proceso perceptivo. -A imaxe e o coñecemento: a xerarquía dos sentidos. Coñecemento e percepción. A percepción como proceso cognitivo (sensación visual e memoria visual). O pensamento visual. Bloque 2: A imaxe fixa. Técnicas e linguaxes. A fotografía. 1º trimestre -Historia e orixes da fotografía: antecedentes tecnolóxicos da fotografía. Manifestacións pioneiras. A fotografía como forma de representar a realidade. A técnica fotográfica. A fotografía en Galicia. -A banda deseñada ou arte secuencial, a expresividade da novena arte: nacemento e desenvolvemento da banda deseñada. Características e natureza. Recursos expresivos. A banda deseñada en Galicia. -A narrativa propia do cómic: a viñeta, unidade significativa do cómic. A expresión literaria na banda deseñada. Elementos literarios. Articulación das viñetas, composición e técnicas narrativas.

IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA. LALÍN. !

PÁX. 19

!


PROGRAMACIÓN 2013/14 !

DEPARTAMENTO DEBUXO

-Produción e realización da banda deseñada: o debuxo. Técnicas de cómic. -A imaxe dixital: a chegada da imaxe dixital, dixitalización e imaxes xeradas por computadora. Concepto analóxico e dixital. Bloque 3: A imaxe en movemento. Técnicas e linguaxes. O cinema real. O cinema de animación. 2º trimestre -Principios xerais do cinema: orixes do cinema. A persistencia retiniana, a descomposición do movemento, fotografías de exposición rápida, os irmáns Lumière inventan o cinematógrafo. O cinema en Galicia. -Evolución histórica do cinema e da súa narrativa: a introdución da ficción. Primeiros pasos na narrativa audiovisual. Figuras clave no desenvolvemento da linguaxe cinematográfica. O cine sonoro e a transformación do guión. -O fenómeno cinematográfico: pasos para facer unha película. A idea e o argumento. Tratamento fílmico. Guión literario. Guión técnico. -A linguaxe audiovisual: o espazo cinematográfico. A dimensión temporal. A montaxe e a articulación es pazo-temporal. -Natureza e evolución do cinema de animación e dos debuxos animados: tipos e animacións. Soporte da animación. Manifestacións pioneiras e evolución histórica do cinema de animación. O cinema de animación en Galicia. -Os debuxos animados: claves expresivas. Técnicas e instrumentos de traballo. -Outros tipos de animación, plastilina e ordenador: a animación de plastilina, formatos audiovisuais, características. A animación dixital, natureza do fotograma dixital, técnicas e programas de animación dixital. Bloque 4: Integración do son e da imaxe. Produción multimedia. Interactividade. 2º trimestre -Función expresiva do son. Características técnicas. Adecuación da música e do son ás intencións expresivas e comunicativas de quen as emite. Sistemas e equipos de captura, rexistro, tratamento e reprodución do son. -A tecnoloxía multimedia: concepto de multimedia. Características dos sistemas multimedia. Control informático. Integración de diferentes fontes de información. Interactividade. Tipos de información que incorporan os sistemas multimedia. Xestión dos proxectos multimedia. -Proceso de produción de documentos multimedia: realización, edición, posprodución. -Multimedia e internet. Multimedia en Galicia. Bloque 5: Os medios de comunicación. 3º trimestre -Imaxes integradas. O cartel: orixes dos carteis (tecnolóxicas, culturais e estéticas). Desenvolvemento expresivo dos carteis. Manifestacións pioneiras e innovadoras. Vocación publicitaria dos carteis. Estética e impacto. A cultura de masas. A linguaxe dos carteis, integración de texto e imaxe. Cartelismo en Galicia.

IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA. LALÍN. !

PÁX. 20

!


PROGRAMACIÓN 2013/14 !

DEPARTAMENTO DEBUXO

-A prensa: a importancia da imprenta. Historia da prensa e das publicacións de masas. Análise do medio. A linguaxe periodística. Titular e portada. Códigos deontolóxicos. A prensa en Galicia. -A radio. Características técnicas e expresivas. Os formatos. -A televisión. Linguaxe, características técnicas e expresivas. Xéneros televisivos. Os medios de comunicación. A televisión do futuro, televisión interactiva. A radiotelevisión en Galicia. -Historia da radio e da televisión. A realidade creada polos medios. Linguaxe e tempo nos medios de comunicación. Tempo real e diferido. Estudo de audiencias. Medios de servizo público. Reflexión sobre o poder dos medios de comunicación e a importancia dunha visión critica. -Internet. Usos da rede. O futuro da rede. Bloque6: A publicidade. 3º trimestre -Definición de publicidade. O proceso da comunicación publicitaria. Propaganda, información e sedución. Conceptos relacionados coa publicidade (público obxectivo, estudo de mercado, avantaxe diferencial, posicionamento dun produto, as necesidades da persoa consumidora). As novas formas da publicidade: emprazamento de produtos, publicidade encuberta e subliminal. -Publicidade de dimensión social, campañas humanitarias e mensaxes alternativas. -Os anuncios. A idea. O guión. A realización. Análise crítica da publicidade. Análise de imaxes e mensaxes multimedia. -Lectura denotativa e connotativa das imaxes. -Análise de imaxes fixas e en movemento. Valores formais, estéticos, expresivos e de significado. -A incidencia das mensaxes segundo o medio emisor. -Análise dos contidos das mensaxes multimedia e da internet. A materia divídese en catro grupos de contidos principais, con diferentes subgrupos.

IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA. LALÍN. !

PÁX. 21

!


PROGRAMACIÓN 2013/14 !

DEPARTAMENTO DEBUXO

En Debuxo Artístico II. 2º de Bacharelato. A forma. Análise e modificación da forma. 1º trimestre -Percepción e descrición obxectiva da forma. -Modelo analítico e modelo sintético. -Retentiva e memoria visual. Consideracións mnemotécnicas. -Variacións da aparencia formal respecto ao punto de vista perceptivo. -A representación da forma con fins expresivos. A expresión da subxectividade. 2º trimestre -A psicoloxía da forma e a composición. Estudo e aplicación dos elementos compositivos que rexen a intención expresiva das creacións plásticas. -Comportamento e interrelación de formas tridimensionais no espazo. -Valor expresivo da luz e da cor. -A ruptura da tradición figurativa e o nacemento de novas interpretacións da realidade. O corpo humano como modelo. 2 ºe 3º trimestre -Análise da figura humana. Relacións de proporcionalidade. -Nocións básicas de anatomía artística. -Estudo e representación do movemento na figura humana. -Antropometría. Relacións da figura humana co espazo arquitectónico e co contorno natural. Materiais e as técnicas do debuxo. Ampliación de coñecementos. 3º trimestre -Técnicas secas máis comúns e a súa aplicación. -Introdución ás técnicas húmidas e á súa aplicación.

IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA. LALÍN. !

PÁX. 22

!


PROGRAMACIÓN 2013/14 !

DEPARTAMENTO DEBUXO

En Debuxo Técnico II. 2º de Bacharelato.

Trazados xeométricos. 1º trimestre -Trazados no plano: ángulos na circunferencia, arco capaz. -Proporcionalidade e semellanza: escalas normalizadas, triángulo universal de escalas e de escalas transversais. -Polígonos: construción de triángulos, aplicación do arco capaz. Construción de polígonos regulares a partir do lado. -Potencia. -Transformacións xeométricas no plano: transformacións isomórficas: a homoloxía, a afinidade e a in- versión. -Tanxencias: aplicación dos conceptos de potencia e de inversión. -Curvas cónicas e técnicas. Sistemas de representación. 2º e 3º trimestre -Sistema diédrico: abatementos, xiros e cambios de plano. Verdadeiras magnitudes e interseccións. Representación de formas poliédricas e de revolución. Representación de poliedros regulares. Obtención de interseccións con rectas e planos. Obtención de desenvolvementos. -Sistema axonométrico ortogonal e oblicuo: fundamentos, proxeccións, coeficientes de redución. Obtención de interseccións e verdadeiras magnitudes. Representación de figuras poliédricas e de revolu- ción. -Sistema cónico: fundamentos e elementos do sistema. Perspectiva central e oblicua. Representación do punto, da recta e do plano. Obtención de interseccións. -Sistema de planos acotados. Representación do punto, recta e plano; as súas relacións e operacións (transformacións) máis usuais. Normalización. (Durante tódolos trimestres irase introducindo este bloque) -Análise e exposición das normas referentes ao debuxo técnico. -Principios de representación: posición e denominación das vistas no sistema europeo e americano. Elección das vistas e vistas particulares. -Principios e normas xerais de acotación no debuxo industrial e no debuxo de arquitectura e construción.

IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA. LALÍN. !

PÁX. 23

!


PROGRAMACIÓN 2013/14 !

DEPARTAMENTO DEBUXO

En Técnicas gráfico-plásticas. 2º de Bacharelato.

Contidos comúns. Durante todo o curso. -Utilización de estratexias básicas da linguaxe plástica: formulación de problemas visuais, toma de decisións para acadar a resolución correcta e análise de resultados. -Busca, selección e comunicación da información empregando recursos variados e terminoloxía axeitada. -Emprego das tecnoloxías da información e da comunicación como ferramenta para a presentación de conceptos e o tratamento de datos. -Valoración da contribución do feito artístico á comprensión do mundo e ao progreso e calidade da vida humana, así como á superación de prexuízos e á formación dun espírito crítico. -Desenvolvemento da capacidade de reflexión co obxectivo de apreciar a influencia da obra artística no desenvolvemento persoal. Factores que determinan a linguaxe gráfico-plástica. Durante todo o curso. -Os elementos principais nas distintas técnicas de expresión: a forma, a cor e a textura. -Nocións compositivas básicas. -Elementos básicos que definen a linguaxe visual gráfico-plástica. Técnicas de Debuxo. 1º trimestre -Materiais, útiles e soportes. Utilización da terminoloxía específica. -Técnicas secas: carbón, e lapis de grafito, compostos, graxos e de cor. -Técnicas húmidas: a tinta e as súas ferramentas. -Aplicación das técnicas propias do debuxo na realización de traballos. Técnicas de pintura. Materiais, útiles e soportes. Utilización da terminoloxía específica. 2º trimestre. -Técnicas sólidas: o pastel. Aplicación práctica na realización de traballos. -Técnicas á auga: acuarela, témpera e acrílico. Aplicación práctica na realización de traballos. -Técnicas ao aceite: óleos. -Aproximación a outras técnicas tradicionais: encáustica, témpera e fresco. Técnicas de gravado e estampación: monoimpresión e reproducción múltiple. 3º trimestre. -Materiais, útiles, maquinaria e soportes. Utilización da terminoloxía específica. -Procesos de estampación única: a monotipia. -Gravado en relevo: linóleo e xilografía.

IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA. LALÍN. !

PÁX. 24

!


PROGRAMACIÓN 2013/14 !

DEPARTAMENTO DEBUXO

-Gravado en oco: calcografía. Técnicas directas e técnicas indirectas. -Estampación plana: serigrafía e planografía (litografía e método permeográfico). -Outros métodos de reprodución: offset, método electrónico, Copy Art. -Aplicación das técnicas de gravado e estampación máis sinxelas na realización de traballos. Técnicas mixtas. 3º trimestre. -As técnicas no proceso artístico cultural: estudo da evolución das técnicas gráfico-plásticas a través da historia da arte.

IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA. LALÍN. !

PÁX. 25

!


PROGRAMACIÓN 2013/14 !

DEPARTAMENTO DEBUXO

5. Contidos mínimos por curso. 1º e 3º de ESO. Plástica e Visual. Lectura de imaxes, recoñecendo os elementos visuais básicos. Experimentación e exploración dos elementos que estruturan as formas e as imaxes (luz, forma, cor, textura, dimensión). Análise e realización de composicións utilizando os elementos da linguaxe visual como elementos de descrición e expresión, tendo en conta conceptos de equilibrio, proporción e ritmo. Experimentación e utilización de técnicas en función das intencións expresivas e descritivas. Realización de apuntamentos, boquexos e esquemas en todo o proceso de creación (desde a idea inicial ata a elaboración de imaxes e formas), facilitando o proceso de reflexión, autoavaliación e avaliación. Produción colectiva de obras plásticas en distintos soportes. Representación persoal de ideas, en base a uns obxectivos, utilizando a linguaxe visual e plástica e manifestando iniciativa, creatividade e imaxinación. Actitude responsable no desenvolvemento da obra propia ou colectiva. Identificación da linguaxe visual en prensa, publicidade e televisión. Análise e experimentación dos procesos, técnicas e procedementos propios dos medios de captura e manipulación de imaxes fixas, seriadas e en movemento, para producir mensaxes audiovisuais. Experimentación e utilización das tecnoloxías da información e da comunicación para a procura, tratamento e creación de imaxes plásticas. Actitude crítica ante as necesidades de consumo creadas pola publicidade e rexeitamento dos ele- mentos desta que supoñan discriminación social, de xénero ou racial. Recoñecemento e valoración da presenza e influencia da imaxe no noso tempo. Análise de obras do patrimonio cultural propio detectando as similitudes e as diferenzas respecto doutras sociedades e culturas. Valoración, respecto e gozo do patrimonio histórico- artístico, da obra allea e dos espazos de divulgación artística.

IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA. LALÍN. !

PÁX. 26

!


PROGRAMACIÓN 2013/14 !

DEPARTAMENTO DEBUXO

4º de ESO. Plástica e Visual Selección e utilización das tecnoloxías da información e da comunicación nas producións propias. Elaboración de proxectos plásticos de forma cooperativa. Utilización da linguaxe plástica e visual para a representación persoal de ideas a partir de obxectivos. Técnicas de expresión gráfico-plástica (deb. artístico, pintura e volume) e de gravado e reprografía. Realización de experiencias de experimentación con materiais diversos. Sintaxe das linguaxes visuais do deseño e da publicidade. Lectura e valoración das imaxes do contorno do deseño e da publicidade. Recoñecemento e lectura de imaxes presentes en distintos soportes. Sintaxe da linguaxe audiovisual. Contornos de aplicación dos sistemas de representación. Recoñecemento e lectura de representacións bidi mensionais de obras arquitectónicas e de obxectos e aparellos técnicos.

IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA. LALÍN. !

PÁX. 27

!


PROGRAMACIÓN 2013/14 !

DEPARTAMENTO DEBUXO

1º de Bacharelato. Materia: Debuxo Técnico I. Arte e debuxo técnico. Orixe e principais feitos da historia do debuxo técnico. A xeometría na arte. Debuxo xeométrico. Trazados elementais. Proporcionalidade e semellanza. Escalas. Trazado de polígonos regulares. Transformacións xeométricas no plano: transformacións isométricas. Trazado de tanxencias. Definición e trazado de curvas planas: óvalos, ovoides, volutas, espirais e hélices. Sistemas de representación. Fundamentos e finalidade dos distintos sistemas de representación; características diferenciais. O sistema diédrico. Representación do punto, recta e plano; as súas relacións e operacións (transformacións) máis usuais. Os sistemas axonométricos: isometría e perspectiva cabaleira. O sistema cónico: perspectiva central e oblicua. Normalización e elaboración de esbozos. Concepto de normalización. As normas fundamentais UNE, ISO. A elaboración de esbozos. O esbozo e súa xestación creativa.

IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA. LALÍN. !

PÁX. 28

!


PROGRAMACIÓN 2013/14 !

DEPARTAMENTO DEBUXO

1º de Bacharelato. Materia: Cultura Audiovisual. Bloque 1: • Natureza e Concepto da Imaxe. Bloque 2 e Bloque 3: • A imaxe fixa. • A Fotografía. • A banda deseñada, a expresividade do “noveno arte”. • O “story board”. • A imaxe dixital. • O Cine de imaxe real. • O Cine de animación e os Debuxo Animados. Bloque 4, 5 e 6: • A Prensa. • O Cartel. • A Publicidade. • A Ilustración. • A Infografía.

IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA. LALÍN. !

PÁX. 29

!


PROGRAMACIÓN 2013/14 !

DEPARTAMENTO DEBUXO

1º de Bacharelato. Materia: Debuxo Artístico I. A Forma. percepción e descripción Elementos básicos na configuración da forma. A liña como elemento configurador. A perspectiva intuitiva e a súa aplicación no debuxo artístico. A definición do Volume A mancha como elemento configurador do volume. O claroscuro. A iluminación. Tipos de luz e o seu comportamento. A organización do cadro. Composición intuitiva. O concepto de equilibrio visual. As leis visuais que rexen as relacións entre as formas do cadro. O sentido do debuxo. Diferentes modos de ver e debuxar. Debuxo e función. A cor. percepción e interpretación. Teoría da cor. Natureza. Expresividade da cor. Introducción aos materiais e ás técnicas do debuxo. Materiais, útiles e soportes básicos. Introdución ás técnicas secas.

IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA. LALÍN. !

PÁX. 30

!


PROGRAMACIÓN 2013/14 !

DEPARTAMENTO DEBUXO

En Debuxo Artístico II. 2º de Bacharelato. -Percepción e descrición obxectiva da forma. -Modelo analítico e modelo sintético. -Variacións da aparencia formal respecto ao punto de vista perceptivo. -A representación da forma con fins expresivos. -A psicoloxía da forma e a composición. Estudo e aplicación dos elementos compositivos que rexen a intención expresiva das creacións plásticas. -Comportamento e interrelación de formas tridimensionais no espazo. -Valor expresivo da luz e da cor. -A ruptura da tradición figurativa e o nacemento de novas interpretacións da realidade. -Análise da figura humana. Relacións de proporcionalidade. -Nocións básicas de anatomía artística. -Antropometría. Relacións da figura humana co espazo arquitectónico e co contorno natural. -Técnicas secas máis comúns e a súa aplicación.

IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA. LALÍN. !

PÁX. 31

!


PROGRAMACIÓN 2013/14 !

DEPARTAMENTO DEBUXO

2º de Bacharelato. Materia: Debuxo Técnico II. Trazados xeométricos. Trazados no plano: ángulos na circunferencia, arco capaz. Proporcionalidade e semellanza: escalas normalizadas, triángulo universal de escalas. Polígonos regulares. Construccións. Potencia. Transformacións xeométricas no plano na aplicación doutros sistemas. Tanxencias. Curvas cónicas. Sistemas de representación. Sistema diédrico: abatementos, xiros e cambios de plano e distancias e interseccións. Representación de formas poliédricas e de revolución. Poliedros regulares. Desenvolvementos. Sistema axonométrico ortogonal e oblicuo: fundamentos, proxeccións, coeficientes de redución. Sistema cónico: fundamentos e elementos do sistema. Perspectiva central e oblicua. Sistema de planos acotados. Representación do punto, recta e plano. Normalización. Análise e exposición das normas referentes ao debuxo técnico. Principios de representación: posición e denominación das vistas no sistema europeo. Principios e normas xerais de acotación no debuxo industrial e no debuxo de arquitectura e construción.

IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA. LALÍN. !

PÁX. 32

!


PROGRAMACIÓN 2013/14 !

DEPARTAMENTO DEBUXO

2º de Bacharelato. Materia: Técnicas de expresión gráfico-plásticas. Factores que determinan a linguaxe gráfico-plástica. Os elementos principais nas distintas técnicas de expresión: a forma, a cor e a textura. Nocións compositivas básicas. Elementos básicos que definen a linguaxe visual gráfico-plástica. Técnicas de Debuxo. Materiais, útiles e soportes. Utilización da terminoloxía específica. Técnicas secas: carbón, e lapis de grafito, compostos, graxos e de cor. Técnicas húmidas: a tinta e as súas ferramentas. Técnicas de pintura. Materiais, útiles e soportes. Utilización da terminoloxía específica. Técnicas sólidas: o pastel. Aplicación práctica na realización de traballos. Técnicas á auga: acuarela, témpera e acrílico. Aplicación práctica na realización de traballos. Técnicas ao aceite: óleos. Aproximación a outras técnicas tradicionais: encáustica, témpera e fresco. Técnicas de gravado e estampación: monoimpresión e reproducción múltiple. Materiais, útiles, maquinaria e soportes. Utilización da terminoloxía específica. Procesos de estampación única: a monotipia. Gravado en relevo: linóleo e xilografía. Gravado en oco: calcografía. Técnicas directas e técnicas indirectas. Aplicación das técnicas de gravado e estampación máis sinxelas na realización de traballos. Técnicas mixtas. As técnicas no proceso artístico-cultural: estudo da evolución das técnicas gráfico-plásticas a través da historia da arte.

IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA. LALÍN. !

PÁX. 33

!


PROGRAMACIÓN 2013/14 !

DEPARTAMENTO DEBUXO

6.Metodoloxía aplicada por curso. 6.1 Principios metodolóxicos xerais para ESO e Bacharelato Na elaboración das unidades didácticas teranse en conta os obxectivos, contidos, procedementos, metodoloxía, actitudes, temporalización e criterios de avaliación. Na programación de aula , faranse ademáis, apuntamentos coas correspondentes modificacións, rectificacións ou variacións, resultados obtidos e valoracións individuais e de grupo. A valoración de actividades, da parte do alumnado poderá ser feita co modelo que mellor se adap- te ás actividades propostas, cadernos, exames, controis, follas de seguimento, probas en láminas ou exer- cicios prácticos e conceptuais. En canto ó xeito de actuar utilizado polo educador virá tamén marcado segundo esteamos nas aulas específicas de Plástica e Visual ou non. Poderíase a modo de exemplo representar cos seguintes conceptos o xeito de actuación en varios pasos na aula para o desenvolvemento das Unidades Didácticas: A motivación, exposición de contidos, experimentación e corrección, avaliación e autoavaliación. É dicir, habitualmente expoñeranse os conceptos na pizarra ou mediante outros medios, ben audiovisuais ou que conveñan segundo a materia e ou os contidos, alumnado etc, e que funcionen como motivadores do tema. Farase unha exposición conceptual, sempre adecuándose ás necesidades e demandas do alumnado que pode ser mediante charla, debate ou lectura de material editorial diverso. Tamén con imaxes ou outro tipo de soportes didácticos, utilizando exercicios previos ou recurrindo a explicacións maxistrais. Faranse nas seguintes sesións, exercicios para resolver problemas de comprensión dos temas, afondarase nos contidos procedualmente. Coidando a actividade de xeito lúdico e didáctico, mediante láminas de reforzo, traballos paralelos de ampliación, e diferentes materiais propios da materia que se imparta na aula entrarase na fase de coñecemento do proceso e dos conceptos e contidos dun xeito constructivista, si se quere. Do referido ás actividades-Experimentacións: Rematada a fase anterior de motivación-introducción e explicación dos contidos, aclararanse de forma colectiva ou individualizada os puntos a tratar e os traballos e actividades elixidas. Resolveranse as dúbidas a cuestións que precisen maior dificultade e matizaranse conceptos, procedementos, actitudes, hábitos... pódese facer consultando para elo os materiais e recursos escritos e prácticos necesarios que aportará o profesor, e establecendo os prazos e datas de entrega, os materiais axeitados, mediante información sobre os criterios cos que se avaliará. Do referido ás fases: Repaso e Avaliación: Tamén se poderá variar as estratexias de traballo segundo os niveis diferentes de aprendizaxe que compoñen os distintos grupos nas aulas: de xeito que se poderá estar traballando en diferentes lugares da aula a diferentes ritmos e con diferentes educandos. Esto significa ter unha aula con varios lugares de traballo especíIES RAMÓN Mª ALLER ULLOA. LALÍN. !

PÁX. 34

!


PROGRAMACIÓN 2013/14 !

DEPARTAMENTO DEBUXO

fico desde o comezo do curso que deberán estar equipados para poder realizar en eles os labores relacionados co audiovisual, coa consulta, coa práctica de técnicas, de reflexión, traballos de coñecemento e razoamento, actividades de análise, interpretación e experimentación e para poder gardar material e os traballos que se van facendo. En definitiva, ter unha aula polivalente para os diferentes recursos a por en práctica desde unha metodoloxía o máis aberta e eficiente posible. Os resultados obtidos despois das actividades de aula desde unha unidade didáctica, serán resultado das anotacións e da corrección dos exercicios e poderá dedicarse un tempo para a rectificación e repaso con actividades específicas, e que perseguen un nivel de aprendizaxe satisfactorio. Estes exercicios poden ser de diferente natureza e complementaranse cos finais de cada avaliación a modo de examen para completar as calificacións finais. Métodos individualizados e outros: Poderanse utilizar métodos interrogativos, e demostrativos mediante exemplos feitos polo profesor e que o alumnado contestará ou fará (repetindo os procesos) para afianzar aprendizaxes. (Estes pasos poderíanse acurtar, alongar ou mudar no espazo, para a correcta consecución cando menos dos contidos mínimos desta programación)

Orientacións metodolóxicas para Debuxo Técnico I e II. Sen negar o anterior como norma xeral, os procedementos metodolóxicos deben estar ó servizo da procura de obxectivos e contidos máis técnicos e diferenciados das etapas da educación secundaria obrigatoria. Relacionar a teoría coa práctica, buscando a aplicación do aprendido. Traballar con casos prácticos encamiñados á resolución de problemas reais, presentes na vida cotiá. Propiciar o traballo en grupo, respectando a iniciativa e creatividade de cada unha das persoas que o compoñen. Uso das novas tecnoloxías da información e comunicación, tanto para a busca e selección de informacións específicas como para a elaboración de proxectos creativos. Potenciar a flexibilidade na elección de tratamentos ou recursos gráficos na resolución de proxectos. Incidir na necesidade do esforzo e tenacidade para o logro de destrezas e precisión nos obxectivos previstos. !

Débese ter en conta que no segundo ano desta etapa existe a proba do selectivo para se incor- pora-

ren a estudos universitarios se o alumno o quixese. Como método xeral, en cada sesión poderase empregar un 50% do tempo, na exposición dos axiomas e explicacións necesarias para a compresión dos conceptos. No tempo restante o alumno realizará exercicios de aplicación do anteriormente expos to, ou ben noutras horas. O profesor aclarará as dúbidas particulares e as máis significativas na pizarra ou noutros soportes. Alternaranse entón ó longo da sesión teoría e práctica. Ó rematar un tema rea- lizaranse varias probas co obxectivo IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA. LALÍN. !

PÁX. 35

!


PROGRAMACIÓN 2013/14 !

DEPARTAMENTO DEBUXO

de servir ó alumno de repaso para consolidar os coñecementos adquiridos e de avaliación (e autoavaliación) con práctica de delineación correcta e normalizada. Orientacións metodolóxicas para Debuxo Artístico I e II. Relacionar a teoría coa práctica, buscando a aplicación do aprendido. Traballar con casos prácticos encamiñados á resolución de problemas reais, presentes na vida cotiá. Propiciar o traballo en grupo, respectando a iniciativa e creatividade de cada unha das persoas que o compoñen. Uso das novas tecnoloxías da información e comunicación, tanto para a busca e selección de informacións específicas como para a elaboración de proxectos creativos. Potenciar a flexibilidade na elección de tratamentos ou recursos gráficos na resolución de proxectos. Incidir na necesidade do esforzo e tenacidade para o logro de destrezas e precisión nos obxectivos previstos. Orientacións metodolóxicas para Cultura Audiovisual. Promover a interacción entre o alumnado e o profesorado para crear un ambiente de cooperación e participación que favoreza a comunicación e o intercambio de ideas. Planificación de actividades que permitan que o alumnado poida expresarse de xeito persoal dentro dun marco ben definido, con obxectivos e criterios claros en todo momento. Adaptar os obxectivos e contidos da materia aos intereses e capacidades de cada alumna e alumno. Potenciar a mirada crítica, de xeito que as alumnas e os alumnos poidan ser conscientes dos recursos empregados nas mensaxes audiovisuais e poidan construír a súa propia opinión sen interferencias externas, como persoas maduras e responsables. Empregar e fomentar o uso das TIC, de xeito informativo e de xeito expresivo. Realizar actividades que teñan como resultado un produto final completamente terminado, de calidade e apto para ser presentado. Potenciar a sensibilidade artística e estética e os valores positivos propios dunha sociedade harmoniosa e equilibrada. Orientacións metodolóxicas para Técnicas de expresión gráfico-plásticas. Promover a interacción entre o alumnado e o profesorado para crear un ambiente de cooperación e participación que favoreza a comunicación e o intercambio de ideas. Planificación de actividades que permitan que o alumnado poida expresarse de xeito persoal dentro dun marco ben definido, con obxectivos e criterios claros en todo momento. Adaptar os obxectivos e contidos da materia aos intereses e capacidades de cada alumna e alumno. Potenciar a mirada crítica, de forma que as alumnas e os alumnos poidan ser conscientes dos recursos empregados e poidan construír a súa propia opinión e creación con espírito responsable. Empregar e fomentar o uso das TIC, de xeito informativo e de xeito expresivo.

IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA. LALÍN. !

PÁX. 36

!


PROGRAMACIÓN 2013/14 !

DEPARTAMENTO DEBUXO

Realizar actividades que teñan como resultado un produto final completamente terminado, de calidade e apto para ser presentado. Potenciar a sensibilidade artística e estética e os valores positivos propios dunha sociedade harmoniosa e equilibrada. Potenciar a presenza da reflexión teórica durante o proceso da elaboración práctica.

6.2 Materiais curriculares, didácticos e recursos para o profesorado e o alumnado

Programación do departamento e de aula. Unidades didácticas elaboradas polos profesores do departamento de outros anos. Arquivos do currículo da Eso e o Bacharelato e as competencias básicas. Unidades de aula elaboradas por outros profesores da mesma rama noutros centros. Libros de texto de diferentes editoriais: O libro de 1º, 3º e 4º de Eso manexados polo profesor sempre coa normativa vixente para cada etapa. Para bacharelato usaranse tamén libros con exercicios que xa algunhas editoriais teñen posto no mercado. (Sm, Editex, Anaya, Rodeiro, Consorcio editorial galego, Casals...entre outras para ESO e Bacharelato) Revistas de educación Plástica e Visual, Deseño, Cultura audiovisual e Cómic de editoriais varias: Edit Blume, Edit Libsa... Soportes informáticos e programas de deseño, audiovisual e xeometría: Cabri, Geogebra, Photoshop, Pinnacle Studio, Adobe Ilustrator, Adobe InDesign, Adobe Premier, Movie Maker... Recompilación de imaxes Creative Commons clasificadas por contidos ata un total de 4.500 fotografías dixitais. Arquivos en PDF e Open office. Diapositivas, fotografías en soporte dixital en CDs Biblioteca propia con libros sobre os contidos da materia e revistas de caracter xeneralizado, xornais e edicións especiais. Exercicios e actividades en fotocopias, resumes e contidos recompilados durante varios cursos de diferentes libros editados pola Xunta de galicia. Propostas de actividades e unidades didácticas que procedan de entidades de prestixio na promoción da Arte: CGAC, MARCO, MACUF, F. GRANELL, F. CAIXAGALICIA, F. CAIXANOVA, F. BARRIÉ... Traballos de anos anteriores dos/as alumnos/as. Carpetas, libretas e fichas para o seguimento de aprendizaxe do alumnado.

IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA. LALÍN. !

PÁX. 37

!


PROGRAMACIÓN 2013/14 !

DEPARTAMENTO DEBUXO

Documentación de diversa procedencia sobre os aspectos metodolóxico e psicoloxía nas etapas de aprendizaxe de secundaria como por exemplo: “Manexo do grupo-aula con alumnado conflictivo”. UMAD, Cefore. 2006. “Planificación diaria de clases” edit: Paraninfo. Textos e fotocopias de contidos: recompilados polo profesorado durante diferentes cursos de formación . Manuais específicos de programas informáticos. Plantillas, fichas conceptuais e xogos, láminas elaboradas polas diferentes editoriais e polo profesorado. Xogos interactivos dos recursos oficiais. Documentais e programas grabados Recursos multimedia clasificados. Recursos multimedia de páxinas oficiais e non oficiais. RTVE, RTVG etc... Páxina web do propio departamento e de cada alumno/a Documentación de experiencias elaboradas pola Asociación de Ensinantes de Plástica de Galicia. Biblioteca do centro 6.3 Material funxible Diferentes útiles trazadores: lápices, rotuladores, ceras... Diferentes soportes: papeis, cartulina, cartón, madeira... Materiais pedidos ó comezo do curso polo profesor da materia a todo o alumnado.

6.4 Outros Materiais Tórculo de Grabado: de 70 x 50 cms de plancha. • Encerados: 2 en cada aula. 3 Pantallas de proxección móviles. Mesas de Debuxo Técnico e Plástica. Esculturas de xeso. Computadoras portatiles e Canóns de vídeo (2) Aparellos de Tv e DvD e proxector de diapositivas. Películas e documentais relacionados coa Plástica e os feitos artísticos: historia da arte... Cámara de vídeo. Cámara fotográfica do propio departamento Nikon D5100. Reflex dixital con grabación de video 1080 p Ordenadores e programas edición de imaxe dixitais. Libros da Edit. Taschen de artistas relevantes da Historia da Arte

IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA. LALÍN. !

PÁX. 38

!


PROGRAMACIÓN 2013/14 !

DEPARTAMENTO DEBUXO

7. Avaliación. 7.1 Avaliación Inicial Ao comezo de cada curso e durante os dous trimestres seguintes farase unha avaliación inicial ao alumnado en tódolos niveis educativos e que servirá de medidor dos coñecementos previos e coñecementos adquiridos durante os procesos de ensino-aprendizaxe. Serviralle ao profesorado para saber desde onde parte e ata onde chega e chegou a xeito de primeira valoración para poder, se é o caso, rectificar e mellorar nos aspectos metodolóxicos, procedimentais e/ou de contido, dentro do proceso de ensino-aprendizaxe. Os resultados serán entregados á xefatura de estudos no prazo e data proposta pola dirección do centro. Estes exercicios, (traballos, tests ou láminas na ESO e exercicios práctico-teóri- cos no bacharelato) recollerán unha serie de preguntas e/ou problemas dos contidos das materias que servirán como referencia á hora de percibir axeitadamente e poder valorar obxectivamente o nivel ou grao de adquisición das competencias básicas por parte do alumnado de ESO e das competencias de bacharelato. Así mesmo no comezo de curso en 1o de ESO servirá para observar o grao competencial co que se incorporan a esta nova etapa para establecer con exactitude desde onde debe partir o profesorado.

7.1 Criterios de Avaliación por curso

1º de ESO

1. Recoñecer a linguaxe visual e plástica como un modo de comunicación, tendo en conta as súas contribucións no desenvolvemento das capacidades perceptivas, expresivas e estéticas do individuo. Este criterio pretende avaliar se as alumnas e os alumnos son quen de apreciar a importancia da comunicación a través de linguaxes non verbais. 2. Representar obxectos e ideas de forma bidimensional ou tridimensional tendo en conta elementos visuais establecidos previamente e utilizando as bases dos sistemas proxectivos convencionais. Este criterio pretende avaliar a progresión dos coñecementos xeométricos e se o alumnado é capaz de tomar decisións especificando os obxectivos e as dificultades e propoñer e avaliar as consecuencias, elixindo a mellor solución. 3. Identificar os elementos constitutivos esenciais de obxectos e/ou aspectos da realidade (estrutura, variacións de luz e cor, orientación espacial e textura) e de relación entre eles.

IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA. LALÍN. !

PÁX. 39

!


PROGRAMACIÓN 2013/14 !

DEPARTAMENTO DEBUXO

Con este criterio compróbase se o alumnado é capaz de identificar as calidades que determinan o valor físico, funcional e estético e de describir por medio de recursos plásticos as proporcións e as relacións de forma, cor, ritmo e textura, presentes na realidade para interpretala obxectiva ou subxectivamente. 4. Diferenciar e recoñecer os procesos, técnicas, estratexias e materiais en imaxes do contorno audiovisual e multimedia. Mediante este criterio preténdese comprobar se o alumnado é capaz de utilizar e analizar os medios tecnolóxicos como instrumentos de expresión visual mostrando unha actitude crítica fronte ás manifestacións consumistas, insolidarias, sexistas e discriminatorias. 5. Elaborar e participar, activamente, en proxectos de creación visual cooperativos como, por exemplo, producións videográficas ou plásticas, aplicando as estratexias propias e adecuadas da linguaxe plástica e visual. Este criterio permite avaliar se o alumnado manifesta actitudes de respecto, tolerancia, flexibilidade e interese dentro dun equipo de traballo, así como se manexa axeitadamente os recursos, medios, ferramentas e técnicas que se empregan nos distintos procesos. 6. Realizar creacións plásticas seguindo o proceso de creación, amosando interese, iniciativa, creatividade e imaxinación. Mediante este criterio preténdese avaliar se o alumnado toma conciencia das necesidades en función dos obxectivos e de valorar criticamente a súa produción aceptando os propios erros como instrumento de mellora. 7. Elixir e manexar os materiais máis adecuados para elaborar un produto visual e plástico en base a uns obxectivos prefixados e a autoavaliación continua do proceso de realización. Compróbase con este criterio se o alumnado é capaz de utilizar estratexias compositivas adecuadas, fai un bo uso das técnicas e diferenza a orixe e as variacións dos elementos visuais para realizar 8. Diferenciar os estilos e as tendencias das artes visuais a través do tempo e atendendo á diversidade cultural. Este criterio pretende avaliar se o alumnado é capaz de valorar as formas e as imaxes que propoñen as distintas expresións artísticas e o interese mostrado polo seu estudo, análise e interpretación.

IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA. LALÍN. !

PÁX. 40

!


PROGRAMACIÓN 2013/14 !

DEPARTAMENTO DEBUXO

3º de ESO

1. Recoñecer a linguaxe visual e plástica como un modo de comunicación, tendo en conta as súas contribucións no desenvolvemento das capacidades perceptivas, expresivas e estéticas do individuo. Este criterio pretende avaliar se as alumnas e os alumnos son quen de apreciar a importancia da comunicación a través de linguaxes non verbais. 2. Representar obxectos e ideas de forma bidimensional ou tridimensional tendo en conta elementos visuais establecidos previamente e utilizando as bases dos sistemas proxectivos convencionais. Este criterio pretende avaliar a progresión dos coñecementos xeométricos e se o alumnado é capaz de tomar decisións especificando os obxectivos e as dificultades e propoñer e avaliar as consecuencias, elixindo a mellor solución. 3. Identificar os elementos constitutivos esenciais de obxectos e/ou aspectos da realidade (estrutura, variacións de luz e cor, orientación espacial e textura) e de relación entre eles. Con este criterio compróbase se o alumnado é capaz de identificar as calidades que determinan o valor físico, funcional e estético e de describir por medio de recursos plásticos as proporcións e as relacións de forma, cor, ritmo e textura, presentes na realidade para interpretala obxectiva ou subxectivamente. 4. Diferenciar e recoñecer os procesos, técnicas, estratexias e materiais en imaxes do contorno audiovisual e multimedia. Mediante este criterio preténdese comprobar se o alumnado é capaz de utilizar e analizar os me- dios tecnolóxicos como instrumentos de expresión visual mostrando unha actitude crítica fronte ás mani- festacións consumistas, insolidarias, sexistas e discriminatorias. 5. Elaborar e participar, activamente, en proxectos de creación visual cooperativos como, por exemplo, producións videográficas ou plásticas, aplicando as estratexias propias e adecuadas da linguaxe plástica e visual. Este criterio permite avaliar se o alumnado manifesta actitudes de respecto, tolerancia, flexibilidade e interese dentro dun equipo de traballo, así como se manexa axeitadamente os recursos, medios, ferramentas e técnicas que se empregan nos distintos procesos. 6. Realizar creacións plásticas seguindo o proceso de creación, amosando interese, iniciativa, creatividade e imaxinación. Mediante este criterio preténdese avaliar se o alumnado toma conciencia das necesidades en función dos obxectivos e de valorar criticamente a súa produción aceptando os propios erros como instrumento de mellora das súas propias creacións. 7. Elixir e manexar os materiais máis adecuados para elaborar un produto visual e plástico en base a uns obxectivos prefixados e a autoavaliación continua do proceso de realización.

IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA. LALÍN. !

PÁX. 41

!


PROGRAMACIÓN 2013/14 !

DEPARTAMENTO DEBUXO

Compróbase con este criterio se o alumnado é capaz de utilizar estratexias compositivas adecuadas, fai un bo uso das técnicas e diferenza a orixe e as variacións dos elementos visuais para realizar as súas propias creacións. 8. Diferenciar os estilos e as tendencias das artes visuais a través do tempo e atendendo á diversidade cultural. Este criterio pretende avaliar se o alumnado é capaz de valorar as formas e as imaxes que propoñen as distintas expresións artísticas e o interese mostrado polo seu estudo, análise e interpretación.

IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA. LALÍN. !

PÁX. 42

!


PROGRAMACIÓN 2013/14 !

DEPARTAMENTO DEBUXO

4º de ESO

1. Tomar decisións especificando os obxectivos e as dificultades, propoñendo diversas opcións e avaliando cal é a mellor opción. Este criterio pretende coñecer se as alumnas e os alumnos adquiren habilidades para teren autonomía, creatividade e responsabilidade no traballo. 2. Utilizar recursos informáticos e novas tecnoloxías no proceso de elaboración da imaxe fotográfica, o deseño gráfico, o debuxo asistido por ordenador e a edición videográfica. Este criterio pretende avaliar se o alumnado é capaz de utilizar diversidade de ferramentas da cultura actual relacionadas coas tecnoloxías da información e da comunicación para realizar as súas propias crea cións. 3. Colaborar na realización de proxectos que requiren unha organización de forma cooperativa. Mediante este criterio inténtase comprobar se o alumnado é capaz de elaborar e participar, activamente, en proxectos cooperativos aplicando estratexias propias e adecuadas da linguaxe visual. 4. Realizar obras plásticas experimentando e utili zando diversidade de técnicas de expresión gráfico-plásticas (debuxo, volume, pintura, gravado...) Con este criterio preténdese comprobar se o alumnado coñece distintos soportes e técnicas bidimensionais e tridimensionais. 5. Utilizar a sintaxe propia das formas visuais do deseño e da publicidade para proxectos con cretos. Con este criterio pretende avaliar se o alumnado é capaz de distinguir nun obxecto simple ben deseñado os seus valores funcionais estéticos (proporción entre as partes, cor, textura, forma, etc.). 6.Elaborar obras multimedia e producións videográficas utilizando as técnicas adecuadas ao medio. Preténdese avaliar se o alumnado é capaz de recoñecer e integrar os procesos, as técnicas e os materiais utilizados no eido multimedia, fotográfico, da anima ción, do son e videográfico, así como de utilizar as súas linguaxes específicas. 7.Describir obxectivamente as formas, aplicando sistemas de representación e normalización. Avalíase a capacidade de representar a realidade tal como se ve sobre un soporte bidimensional mediante operacións que non requiran operacións complicadas no seu trazado. Terase en conta a corrección do traza do xeométrico dos elementos utilizados, a súa adecua da relación entre distancia e tamaño e a súa disposición no espazo. 8. Recoñecer e ler imaxes, obras e obxectos dos con tornos visuais (obras de arte,deseño, multimedia...) Preténdese coñecer se o alumnado é capaz de ter actitudes críticas e de aprecio e respecto cara as manifestacións plásticas e visuais do seu contorno.

IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA. LALÍN. !

PÁX. 43

!


PROGRAMACIÓN 2013/14 !

DEPARTAMENTO DEBUXO

Debuxo Técnico I. 1º Bacharelato

1. Resolver problemas xeométricos, valorando o método e o razoamento utilizados na súa construción, así como o seu acabamento e presentación. Coa aplicación deste criterio preténdese avaliar o nivel acadado polo alumnado no dominio dos trazados xeométricos fundamentais no plano e a súa aplicación práctica na construción de triángulos, cuadriláteros e polígonos en xeral, construción de figuras semellantes e transformacións xeométricas básicas. 2. Utilizar e construír escalas gráficas tanto para a interpretación como na elaboración de planos e debuxos. Este criterio indicará en que medida se comprendeu o fundamento das escalas, como concepto abstractomatemático e aplicadas a distintas situacións que se poden dar na vida cotiá, xa sexa para interpretar as medidas nun plano técnico, mapa ou diagrama, ou para elaborar debuxos tomados da realidade. 3. Deseñar e/ou reproducir formas non excesivamente complexas, que na súa definición conteñan enlaces entre circunferencia e recta e/ou entre circunferencias. A través deste criterio valorarase a aplicación práctica dos coñecementos técnicos dos casos de tanxencias estudados de forma illada. Valorarase especialmente o proceso seguido para a súa resolución, así como a precisión na obtención dos puntos de tanxencia. 4. Elaborar e participar activamente en proxectos de construción xeométrica cooperativos, aplicando estratexias propias adecuadas á linguaxe do debuxo técnico. A aplicación deste criterio permitirá avaliar se o alumnado é capaz de traballar en equipo, mostrando actitudes de cooperación, tolerancia e flexibilidade. 5. Utilizar o sistema diédrico para representar volumes sinxelos e formas poliédricas, así como as relacións espaciais entre punto, recta e plano. A aplicación deste criterio permitirá coñecer o grao de abstracción adquirido e, xa que logo, o dominio ou non do sistema diédrico para representar no plano elementos situados no espazo, relacións de pertenza, posicións de paralelismo e de perpendicularidade ou distancia. 6. Realizar perspectivas axonométricas e cónicas de corpos, definidos polas súas vistas principais e viceversa, executadas a man alzada e/ou deliñadas. Con este criterio preténdese avaliar, tanto a visión espacial desenvolta polo alumnado, como a capacidade de relacionar entre si o sistema diédrico co axonométrico e a coa perspectiva cónica, ademais de valorar as habilidades e destrezas adquiridas no manexo dos instrumentos de debuxo e no trazado a man alzada. 7. Representar pezas e elementos industriais ou de construción sinxelos, valorando a correcta aplicación das normas referidas a vistas, anotación e simplificacións indicadas na representación.

IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA. LALÍN. !

PÁX. 44

!


PROGRAMACIÓN 2013/14 !

DEPARTAMENTO DEBUXO

Proponse este criterio como medio para avaliar en que medida o alumnado é capaz de expresar graficamente un produto ou un obxecto, coa información necesaria para a súa posible fabricación ou realización, aplicando as normas exixidas no debuxo técnico. 8. Culminar os traballos de debuxo técnico, utilizando os diferentes procedementos e recursos gráficos, de forma que estes sexan claros, limpos e respondan ao obxectivo para o que foron realizados. Con este criterio quérese valorar a capacidade para dar distintos tratamentos ou aplicar diferentes recursos gráficos ou informáticos, en función do tipo de debuxo que se vai realizar e das súas finalidades. Este criterio non deberá ser un criterio illado, senón que deberá integrarse no resto dos criterios de avaliación na medida que lles afecte.

IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA. LALÍN. !

PÁX. 45

!


PROGRAMACIÓN 2013/14 !

DEPARTAMENTO DEBUXO

Cultura Audiovisual. 1º de Bacharelato

1. Identificar os elementos básicos da linguaxe audiovisual e utilizalos en producións sinxelas. A través deste criterio preténdese valorar o coñecemento das compoñentes esenciais que forman parte da produción de documentos audiovisuais, competencia que permitirá realizar producións sinxelas de imaxe fixa e en movemento. 2. Identificar os avances que se produciron ao longo da historia no campo das tecnoloxías da información e a comunicación e na evolución estética das mensaxes audiovisuais. Este criterio pretende avaliar a capacidade do alumnado para identificar a evolución tecnolóxica e estética dos diferentes produtos audiovisuais a que ten acceso. 3. Establecer as diferenzas entre imaxe e realidade e as diversas formas de representación. Comprobarase a comprensión das semellanzas e disparidades existentes entre a vida real e a visión que dela nos ofrecen os medios audiovisuais e de comunicación. 4. Analizar os elementos espaciais e temporais, características básicas, significado e sentido na lectura de imaxes fixas e en movemento. Este criterio pretende avaliar a comprensión por parte do alumnado das diferenzas existentes entre a lectura obxectiva e a subxectiva (denotación e connotación) dunha mesma imaxe ou produción audiovisual. 5. Analizar producións audiovisuais identificando as características dos distintos xéneros e distinguindo os estereotipos máis comúns presentes nos produtos audiovisuais. Este criterio pretende avaliar a capacidade do alumnado de adoptar unha visión crítica e selectiva sobre os diversos contidos da oferta radiofónica, televisiva e, en menor medida, cinematográfica, diferenciando os distintos xéneros e os tópicos máis comúns presentes nos programas máis habituais. Valorarase igualmente a súa actitude cunha recepción consciente, selectiva e crítica ante as producións audiovisuais. 6. Recoñecer e xustificar as distintas funcións da publicidade, diferenciando os elementos informativos daquelesoutros relacionados coa emotividade, a sedución e a fascinación. Este criterio trata de comprobar que as alumnas e os alumnos saben distinguir os diferentes elementos e estratexias que inciden na recepción das mensaxes publicitarias. Terase en conta o uso que fan da figura da muller os diferentes medios. 7. Identificar as posibilidades das tecnoloxías da información e da comunicación, con especial atención aos medios de comunicación de libre acceso, como a rede da internet. Preténdese valorar a asimilación que fai o alumnado da utilidade e oportunidades que ofrecen os medios audiovisuais, avaliando todos os seus aspectos positivos e, tamén, aqueloutros que poden resultar máis negativos, como a oferta de contidos ilícitos ou ilegais. 8. Desenvolver actitudes de colaboración en grupo.

IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA. LALÍN. !

PÁX. 46

!


PROGRAMACIÓN 2013/14 !

DEPARTAMENTO DEBUXO

Con este criterio trátase de valorar as actitudes que favorezan comportamentos sociais dentro do grupo tales como o respecto cara ás outras persoas; valorarase, así mesmo, o mantemento e limpeza de equipamentos e instalacións, a capacidade de discusión e crítica e mais a asunción da necesaria xerarquía e orde no traballo que require calquera proxecto audiovisual. 9. Ser capaz de expresarse mediante o uso de mecanismos audiovisuais. Con este criterio búscase valorar o grao de madurez que vai adquirindo o alumnado para facer uso dos medios audiovisuais na creación de mensaxes que lle permitan expresarse nun medio en continua expansión. 10. Coñecer e apreciar as producións de imaxe fixa e audiovisuais creadas no ámbito físico e cultural da Comunidade Autónoma de Galicia. Este criterio busca descubrir o coñecemento que ten o alumnado do acervo cultural galego, tanto o clásico coma o emerxente, nos medios audiovisuais e de imaxe fixa.

IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA. LALÍN. !

PÁX. 47

!


PROGRAMACIÓN 2013/14 !

DEPARTAMENTO DEBUXO

Debuxo Artístico I. 1º de Bacharelato

1. Utilizar adecuadamente a terminoloxía específica dos distintos contidos da materia e utilizar correctamente os procedementos e materiais propostos. Valorarase a capacidade de seleccionar, relacionar e empregar a terminoloxía e os diversos materiais, adecuándoos á consecución do obxectivo plástico desexado. Describir graficamente as formas, prestando especial atención ás súas organizacións estruturais. Este criterio valora o desenvolvemento da capacidade cognitiva e dedutiva, baseada na observación da estrutura das formas, e o grao de destreza obtido na consecución da representación dun obxecto con coherencia tanto formal como cromática. O alumnado ten que reflectir a pluralidade formalexistente na natureza de xeito claro e estruturado. 3. Describir graficamente obxectos do contorno, distinguindo neles elementos básicos da configuración da súa forma. Este criterio pretende comprobar o desenvolvemento da capacidade de observación, análise, reflexión e destreza para valorar a capacidade de estudo e expresión gráfica da información visual que recibimos. 4. Representar con intención descritiva e mediante o uso da liña formas tridimensionais sobre o plano, con atención á proporción e ás deformacións perspectivas sinxelas. Búscase con este criterio valorar a capacidade de analizar a forma a través da liña, describíndoa graficamente e utilizando as bases da perspectiva intuitiva con maior ou menor detalle. 5. Analizar a influencia da luz sobre obxectos de marcado carácter volumétrico por medio de liña e mancha e representalos tendo en conta os distintos valores tonais. Neste criterio valórase a grao de consecución do gradiente que modele as superficies representadas desde o punto de vista lumínico, cromático e textural. Para conseguir este fin demostrarase tanto o coñecemento como a correcta utilización dos medios plásticos necesarios e máis adecuados. Demostrar e aplicar o coñecemento das leis básicas da percepción visual. Con este criterio trátase de valorar a capacidade do alumnado para plasmar nun espazo gráficobidimensional unha composición de lectura correcta e plasticamente expresiva, froito do coñecemento das leis de percepción visual. 7. Demostrar o coñecemento dos fundamentos da teoría da cor, as súas dimensións e o seu comportamento e expresividade, a través de modelos propostos baixo diferentes condicións lumínicas. Este criterio permite avaliar o grao de coñecemento adquirido sobre teoría da cor. Así mesmo, valorarase a comprensión e asimilación destes coñecementos para a súa aplicación práctica con fins expresivos.

IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA. LALÍN. !

PÁX. 48

!


PROGRAMACIÓN 2013/14 !

DEPARTAMENTO DEBUXO

Debuxo Artístico II. 2º de Bacharelato 1. Saber interpretar unha mesma forma ou obxecto en diversos niveis icónicos en función das distintas intencións comunicativas utilizan- do correctamente a terminoloxía específica, materiais e procedementos correspondentes. Con este criterio preténdese valorar a capacidade de percibir visual- mente as formas e representalas axustándoas ao carácter e á finalidade comunicativa pretendida, así como a elección e aplicación adecuada da técnica e dos materiais seleccionados. 2. Realizar debuxos descritivos de formas naturais e saber modifica- las posteriormente segundo a súa intención comunicativa.Con este criterio valorarase a captación dos aspectos esenciais de formas naturais e as súas partes máis representativas e a súa posterior modificación formal en función das distintas intencións comunicativas. 3. Representar graficamente as diferentes aparencias dun obxecto tendo en conta a súa orientación respecto do punto de vista da persoa observadora. Mediante este criterio valorarase a capacidade para debuxar os cambios de aparencia dunha forma atendendo aos puntos de vista habituais e non habituais. 4. Representar graficamente conxuntos de volumes xeométricos ou doutra natureza, aplicando os coñecementos de proporción e deformacións perspectivas. Preténdese valorar con este criterio o desenvolvemento da capacidade de representar as proporcións relativas dos volumes e os efectos provocados pola posición dos mesmos no espazo. 5. Describir graficamente, de forma lineal, clara e explicativa, o esencial de formas retidas na memoria despois de ser observadas brevemente. Trátase de avaliar con este criterio o desenvolvemento da capacidade de memorización e retentiva visual e a representación sintética das for- mas observadas. 6. Debuxar a figura humana atendendo principalmente á relación de proporcións e á expresividade do movemento. Trátase de avaliar con este criterio os coñecementos básicos de anatomía humana, as proporcións entre as distintas partes que a compoñen, a súa posición e a súa relación co espazo. 7. Representar graficamente o contorno máis próximo co fin de expresar termos espaciais e efectos perspectivos de profundidade, así como a valoración de proporcións e contrastes lumínicos. Valorarase con este criterio a elección intencionada e selectiva dos datos formais que expresen graficamente as formas e o espazo dos contornos elixidos, superando o rigor e exactitude dos sistemas de representación técnicos. 8. Coñecer e apreciar a evolución da interpretación das formas nas vangardas artísticas do século XX. Con este criterio preténdese sensibilizar o alumnado na valoración e actuación crítica ante as diferentes expresións artísticas producidas durante o século pasado.

IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA. LALÍN. !

PÁX. 49

!


PROGRAMACIÓN 2013/14 !

DEPARTAMENTO DEBUXO

Debuxo Técnico II. 2º de Bacharelato

1. Resolver problemas xeométricos valorando o método e o razoamento das construcións, o seu acabamento e presentación. Coa aplicación deste criterio preténdese saber o nivel alcanzado no coñecemento e dominio dos trazados xeométricos no plano e a súa aplicación práctica na construción de triángulos, cuadriláteros e polígonos en xeral e construción de figuras semellantes, equivalentes, homólogas ou afíns a outras dadas. 2. Executar debuxos técnicos a distinta escala, utilizando a escala establecida previamente e as escalas normalizadas. Trátase de valorar a capacidade para aplicar na práctica os conceptos relativos ás escalas así como o traballo con distintas escalas gráficas na execución ou reprodución de debuxos técnicos. Valorarase igualmente a destreza e a precisión. 3. Resolver problemas de tanxencias de xeito illado ou inseridos na definición dunha forma, xa sexa esta de carácter industrial ou arquitectónico. A través deste criterio valorarase, tanto o coñecemento teórico como a súa aplicación práctica na definición de formas constituídas por enlaces. Valorarase especialmente o proceso seguido na súa resolución e a precisión na obtención dos puntos de tanxencia. 4. Resolver problemas xeométricos relativos ás curvas cónicas en que interveñan elementos principais destas, interseccións con rectas ou rectas tanxentes. Trazar curvas técnicas a partir da súa definición. Este criterio permitirá coñecer o grao de comprensión adquirido das propiedades e características das curvas cónicas e técnicas, para podelas definir graficamente a partir de distintos supostos. Valorarase ademais do proceso seguido na resolución do problema, a exactitude e precisión na definición das curvas ou dos puntos de intersección ou tanxencia. 5. Utilizar o sistema diédrico para resolver problemas de posicionamento de puntos, rectas, figuras planas e corpos, e as relacións que establecen entre elas no espazo. A intención deste criterio é valorar o nivel acadado polo alumnado na comprensión do sistema diédrico e na utilización dos métodos da xeometría descritiva para representar formas planas ou corpos e as súas relacións. Realizar a perspectiva dun obxecto definido polas súas vistas ou seccións e viceversa, executadas a man alzada e/ou delineadas. Preténdese avaliar con este criterio a visión espacial desenvolta e a capacidade de comprender e relacionar os distintos sistemas de representación estudados, ademais de valorar as habilidades e destrezas adquiridas no manexo dos instrumentos e no trazado a man alzada.

IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA. LALÍN. !

PÁX. 50

!


PROGRAMACIÓN 2013/14 !

DEPARTAMENTO DEBUXO

7. Definir graficamente pezas e elementos industriais ou de construción, aplicando correctamente as normas referidas a vistas, cortes, seccións, roturas e anotación. Establécese este criterio para avaliar en que medida o alumnado é capaz de elaborar os planos técnicos necesarios para describir e/ou fabricar un obxecto ou elemento, de acordo coas normas establecidas no debuxo técnico. 8. Empregar o sistema de planos acotados, xa sexa para resolver problemas de interseccións, xa para obter o perfil dun terreo a partir das súas curvas de nivel. Mediante a aplicación deste criterio, avaliarase o nivel de coñecemento do sistema de planos acotados para utilizalos na resolución de casos prácticos. Así mesmo, a utilización de escalas permitirá igualmente, coñecer o nivel de integración dos coñecementos que se van adquirindo. 9. Culminar os traballos de debuxo técnico, utilizando os diferentes recursos gráficos, de forma que estes sexan claros, limpos e respondan ao obxectivo para os que foron realizados. Con este criterio quérese valorar a capacidade para dar distintos tratamentos ou aplicar diferen- tes recursos gráficos ou ata informáticos, en función do tipo de debuxo que se vai realizar e das distintas finalidades deste. Este criterio deberá integrarse no resto de criterios de avaliación na medida que lles afecte.

IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA. LALÍN. !

PÁX. 51

!


PROGRAMACIÓN 2013/14 !

DEPARTAMENTO DEBUXO

Técnicas de expresión gráfico-plásticas. 2º de Bacharelato

1. Utilizar as técnicas e materiais máis comúns da expresión artística atendendo ao seu comportamento. Con este criterio comprobarase se o alumnado dispón dos recursos gráfico-plásticos básicos para expresarse artisticamente. Avaliarase a utilización das técnicas e os materiais gráfico-plásticos máis comúns (pigmentos, aglutinantes, cargas, disolventes etc.) e a súa relación con soportes e aparellos máis adecuados. 2. Seleccionar e aplicar a técnica específica para a resolución dun problema proposto. Avaliarase con este criterio a comprensión e aplicación dos coñecementos teóricos e técnicos na práctica artística, valorando a capacidade expresiva das técnicas e materiais empregados. 3. Mesturar diferentes materiais e utilizalos de forma combinada e con diferentes técnicas nunha creación gráfico-plástica tendo en conta as súas intencións expresivas e comunicativas. Avaliarase con este criterio a capacidade de relacionar técnicas e lin- guaxes visuais para realizar unha composición. Do mesmo xeito avaliarase a capacidade de utilizar, integrar e contextualizar distintos materiais na execución dunha obra, atendendo ao efecto visual que producen na com- posición e nas persoas que a contemplan. 4. Coñecer e planificar o proceso de creación e realización dun pro- xecto artístico, sexa debuxo, pintura ou gravado, tendo en conta os seus materiais, procedementos e fases. Con este criterio avaliarase a capacidade do alumnado para desen- volver un proxecto gráfico-plástico, con creatividade, aplicando os coñecementos a un fin predeterminado. 5. Establecer a relación entre diferentes modos de emprego das técnicas nas distintas épocas, estilos e culturas. Con este criterio avaliarase a comprensión das manifestacións artísticas de diferentes autoras e autores, de distintas épocas, segundo as técnicas e materiais empregados ao longo da historia en diferentes culturas. 6. Valorar como medios de expresión artística e comunicación aquelas técnicas e materiais que tradicionalmente non forman parte da linguaxe gráfico-plástica. Con este criterio avaliarase a capacidade do alumnado para comprender e asumir a constante evolución e innovación das técnicas gráfico-plásticas.

IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA. LALÍN. !

PÁX. 52

!


PROGRAMACIÓN 2013/14 !

DEPARTAMENTO DEBUXO

7.2 Procedementos, instrumentos e estratexias de avaliación. Tal e como se desexa, a avaliación debe conquerir a máxima eficacia avaliativa nos aspectos dos obxectivos, procedimentos, e nas actitudes. Para ter a seguridade de que o alumnado aprende poderanse utilizar entre outros os procedementos seguintes: Esquemas Exercicios e probas orais e escritas. Cuestionarios tipo test. Modelos de exames oficiais. Mediante a observación e o apuntamento diario. Mediante fichas de seguimento de alumnado. Láminas de prácticas para as diversas materias. Exercicios de reforzo e cuestionarios de resumo. Cuestionarios de autoavaliación. Plantillas de conceptos variados para as materias. Debates, textos, libros e pase de imaxes e cuestionarios de preguntas e respostas. Exercicios interpretativos. Traballos teóricos e prácticos de variada natureza: textos, video, fotografía...

7.3 Ponderación na avaliación dos contidos por curso. Criterios de cualificación.

En canto á ponderación o axeitado para o conxunto de materias que o departamento imparte, é a de darlle unha maior importancia á práctica ou á parte procedimental, aos aspectos analíticos e conceptuais e en menor medida aos actitudinais pois as materias das que se ocupa este departamento son de caracter procedimental. Farase mediante seguimento diario na aula cunha “folla de ruta” e da labor desde o comezo do curso coa obrigada avaliación inicial ata o final de cada avaliación, tendo en conta na ESO o valor da continuidade así como en Bacharelato das tres avaliacións. Farase coas seguintes porcentaxes:

Na ESO ( para todos os cursos) Nun 70 % para os traballos * (Para os traballos prácticos pero tamén para os exercicios e procedementos anteriormente citados onde a dificultade sexa de tipo práctico e non memorístico) elaborados na aula ou fora dela, que serán puntuados en función dos criterios de avaliación do curso descritos nesta programación con anterioridade, numéricamente de 1 a 10 e tendo en conta a: Adecuación aos conceptos expostos polo profesor para o curso e a etapa expostos na programación. IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA. LALÍN. !

PÁX. 53

!


PROGRAMACIÓN 2013/14 !

DEPARTAMENTO DEBUXO

Adecuación aos procedementos e consecución de competencias do curso e da etapa. Utilización axeitada dos diferentes materiais. Limpeza, pulcritude na elaboración e presentación dos traballos. Respostas propias ás cuestións propostas con especial atención á expresividade e creatividade. Entrega dentro dos prazos establecidos polo/a profesor/a. Adecuación aos criterios de avaliación expostos para cada curso. Nun 30% os resultados de probas conceptuais da familia que sexan (controis, preguntas, exames, formularios, etc...). Faranse dous en cada avaliación, sobre os contidos, conceptos das unidades didácticas e programación de aula e realizaranse durante cada avaliación, atendendo á: Adecuación aos conceptos expostos polo profesor para o curso e a etapa dos temas da programación. A este 30% da nota restante das avaliacións sumaránselles ou enténdense que están incluídos os correspondentes a aspectos actitudinais no que se terá en conta as seguintes cuestións: Entrega dos traballos. Coidado e conservación dos materiais, dispoñendo dos necesarios ao inicio de cada sesión, para a realización dos traballos, exercicios ou propostas. Interese polo traballo ben feito, expresividade e creatividade e pulcritude nas presentacións. Participación activa nas actividades propostas, tanto de carácter individual como colectivo. Autonomía nas exploracións e nos procedementos. A avaliación será continua na ESO e polo tanto o alumno modificará a nota da avaliación anterior coa nota da seguinte. Farase un exame ao final das tres avaliacións en Xuño ao alumnado que non teña superada a materia que constará de 5 a 8 exercicios e valorados ata un total de 10 e outra extraordinaria final en setembro para aqueles/as alumnos/as que non foran quen de superar cun mínimo dun 5 a materia. Tamén poderán realizar as probas os/as alumnos/as con nota de 5 ou superior que queiran incrementar a nota.

IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA. LALÍN. !

PÁX. 54

!


PROGRAMACIÓN 2013/14 !

DEPARTAMENTO DEBUXO

En Debuxo Técnico I Neste curso a nota de cada avaliación obterase: A) Exercicios, traballos prácticos a modo de láminas ata un total de 10 e que contarán no seu total un 20% da nota final e avaliaranse segundo: A correcta resolución dos problemas. Uso correcto dos espesores e tipos de liñas. O encaixe do debuxo dentro do formato. A rotulación da lámina. A limpeza e pulcritude na execución. Interese e participación activa Entrega dos exercicios. B) Unha proba tipo examen a realizar en cada avaliación e que valerá o 80% restante: Este exame terá un máximo de 6 exercicios, que valerán sumados ata un total de 8 puntos. Suma- rase a nota acadada neste exame ao total de puntos da parte citada de exercicios (A) e esa será a nota final da avaliación. Entenderase pois que, o apartado referido aos exercicios vale un 20% da nota da avaliación e o exame ten unha porcentaxe do 80% na avaliación. Os exercicios do examen valoraranse tendo en conta os criterios de avaliación da materia axustados a: • Resolución do exercicio segundo os conceptos explicados na materia, contidos dados durante as clases. Correspondencia co que se pide. Rotulación axeitada de grosores. (segun o exercicio) • Pulcritude Aprobarán o curso aqueles alumnos que obteñan 5 ou máis puntos de nota media entre as das tres avaliacións. Ao comezo da segunda e terceira avaliación e así mesmo ao final da terceira, o/a profesor/a da materia, fará as probas a xeito de recuperación que lles servirá aos alumnos que non acadasen un 5, e que tamén poderán realizar os alumnos con nota de 5 ou superior que queiran incrementar esta nota. No caso de que un/unha alumno/a non acade o 5 na media das tres avaliacións ou en algunha depois das correspondentes recuperacións, significará que debe presentarse á proba final de xuño coa materia que teña suspensa e se non recupera, no seu caso deberá presentarse á proba de setembro, con toda a materia. A recuperación será dos mesmos contidos impartidos durante o curso. Sobre as probas de recuperación e a de Xuño: Constará de 5, 8 ou 10 exercicios sobre a materia impartida segundo polas avaliacións que se presente (se se presenta por unha avaliación daránselle a resolver 5 exercicios-desa avaliación), (se se presenta por dúas avaliacións daránselle 8 exercicios combinados das dúas), (se se presenta polas tres avaliacións deberá resolver 10), valorando: IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA. LALÍN. !

PÁX. 55

!


PROGRAMACIÓN 2013/14 !

DEPARTAMENTO DEBUXO

• Resolución do exercicio segundo os conceptos explicados na materia • Correspondencia co que se pide. • Rotulación axeitada de grosores(segundo o exercicio) • Pulcritude A nota deste exame fará (segundo sexa o caso): • media coas outras dúas avaliación aprobadas • media coa única avaliación aprobada • nota final se se trata dunha proba polas tres avaliacións Os alumnos que non obteñan 5 ou máis puntos ó rematar aproba de recuperación, deberán pre- sentarse á proba extraordinaria de setembro con toda a materia. Sobre a proba extraordinaria de Setembro A proba que constará de 8 exercicios referidos aos contidos impartidos durante o curso, valora- rase nos mesmos termos que a de Xuño, esto é: Resolución do exercicio segundo os conceptos explicados na materia Correspondencia co que se pide. Rotulación axeitada de grosores(segundo o exercicio) Pulcritude Superarán a materia aqueles alumnos que obteñan 5 ou máis puntos nesta proba

IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA. LALÍN. !

PÁX. 56

!


PROGRAMACIÓN 2013/14 !

DEPARTAMENTO DEBUXO

En Cultura Audiovisual O proceso de aprendizaxe avaliarase seguindo os criterios de avaliación descritos para esta materia anteriormente e puntuando nun 40% os resultados de: Exercicios teóricos Exames e probas escritas e orais Probas tipo test Cuestionarios e exercicios de conceptos sobre os contidos da materia. Outros traballos elixidos polo profesor dos diferentes recursos oficiais. Nun 60% o desenrolo dos procedementos, conceptos e actitudes no ámbito da práctica, na: Adquisición de destrezas para a axeitada realización dos exercicios prácticos. Resolución axeitada das actividades ou dos exercicios pedidas/os polo profesor dacordo á programación, aos temas e criterios establecidos antes e durante a elaboración dos mesmos. Correcta utilización dos recursos da aula. Creatividade, expresividade e esforzo. Utilización axeitada dos diferentes elementos tecnolóxicos ao servizo do alumnado, computadoras, programas etc. Orde e correcta elaboración así como boa presentación dos traballos axeitados e dun mínimo de calidade. Entrega dos traballos prácticos e teóricos dentro dos prazos establecidos polo/a profesor/a. Adecuación aos criterios de avaliación expostos. Adecuación e utilización axeitada da linguaxe propia da materia. Ao comezo da segunda e terceira avaliación e así mesmo ao final da terceira, o/a profesor/a da materia, fará as probas a xeito de recuperación que lles servirá aos alumnos que non acadasen un 5, e que tamén poderán realizar os alumnos con nota de 5 ou superior que queiran incrementar esta nota. No caso de que un/unha alumno/a non acade o 5 na media das tres avaliacións ou en algunha depois das correspondentes recuperacións, significará que debe presentarse á proba final de xuño coa materia que teña suspensa e se non recupera, no seu caso deberá presentarse á proba de setembro, con toda a materia. A recuperación será dos mesmos contidos impartidos durante o curso. Sobre as probas de recuperación e a de Xuño: Constará dunha parte teórica e de unha parte práctica. A parte teórica constará de varias preguntas ata un total de 10 (valoradas numéricamente de 0 a 10 no seu total) sobre a materia da que se examina e contará ata un 50% da nota final desta proba. A parte práctica constará de 1, 2 ou 3 exercicios sobre a materia impartida segundo polas avaliacións que se presente (se se presenta por unha avaliación daránselle a resolver 1 exercicio desa avaliación), (se se presenIES RAMÓN Mª ALLER ULLOA. LALÍN. !

PÁX. 57

!


PROGRAMACIÓN 2013/14 !

DEPARTAMENTO DEBUXO

ta por dúas avaliacións daránselle 2 exercicios combinados das dúas), (se se presenta polas tres avaliacións deberá resolver 3), valorando numéricamente ata un total de 10 e adecuándose a: Resolución do exercicio segundo os conceptos explicados na materia Correspondencia co que se pide. Creatividade, expresión, estética e correspondencia co establecido na proba. Recursos propios da materia utilizados axeitadamente. Tempo na execución e destreza. Temporalización da parte práctica da proba de Xuño Recuperación dunha avaliación: 2h (poden ser en dúas xornadas) Recuperación de dúas avaliacións: 4h (poden ser 4 xornadas) Recuperación das tres avaliacións: 5h (poden ser 5 xornadas) Esta parte práctica contará o 50% restante da nota desta proba extraordinaria de Xuño. Aprobarán este proba todos/as aqueles/as alumnos/as que obteñan un 5 ou máis de nota. Farase deste resultado a media coas avaliacións segundo no caso en que se presentan (por unha ou dúas avaliacións). No caso do alumnado que se presenta polas tres avaliacións esta será a nota final do curso. Sobre a proba extraordinaria de Setembro constará dunha parte teórica e doutra parte práctica ou que se relacione cunha parte práctica sobre a materia. (No caso dunha parte práctica con utilización de recursos con computadora e programas de edición ou escenográficos, fotográficos e audiovisuais, e soamente niste caso, a proba práctica podería incluir a elaboración durante o periodo vacacional de material propio que lle serva para a realización do traballo proposto no exame. Niste caso daránselle unha serie de directrices ao alumnado para que elabore este material audiovisual etc, durante o período de vacacións) A parte teórica constará de varias preguntas ata un total de 10 (valoradas numéricamente de 0 a 10 no seu total) sobre a materia da que se examina e contará ata un 50% da nota final desta proba extraordinaria. Farase o mesmo día que a proba práctica. A parte práctica constará de 1 exercicio que contará o 50% restante desta proba sobre a mate- ria impartida durante o curso, valorado numéricamente de 0 a 10 e adecuándose a: Resolución do exercicio segundo os conceptos explicados na materia Correspondencia co que se pide. Creatividade e expresión. Recursos propios da materia utilizados axeitadamente. Tempo na execución e destreza. Temporalización da parte práctica da proba de Setembro: 2h Material para a parte práctica da proba extraordinaria de Setembro: O material será dado polo propio departamento, menos aquel que se lle pideu ao alumnado ao comezo do curso ou ao final e que terá que traer sempre para a proba. Superarán a materia aqueles alumnos que obteñan 5 ou máis puntos nesta proba. IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA. LALÍN. !

PÁX. 58

!


PROGRAMACIÓN 2013/14 !

DEPARTAMENTO DEBUXO

En Debuxo Artístico I e II O proceso de aprendizaxe avaliarase seguindo os criterios de avaliación descritos para estas materias anteriormente e puntuando nun 20% os resultados de: Exercicios teóricos Exames e probas escritas e orais Probas tipo test Cuestionarios e exercicios de conceptos sobre os contidos da materia. Outros traballos elixidos polo profesor dos diferentes recursos oficiais. Consideramos esta parte no referido a temas que teñen que ver con coñecemento dos diferentes materiais e procesos de debuxo artístico e polo mesmo que corresponden ás diferentes técnicas. Nun 80% o desenrolo dos procedementos, conceptos e actitudes no ámbito da práctica, na: Adquisición de destrezas para a axeitada realización dos exercicios prácticos. Resolución axeitada das actividades pedidas polo profesor dacordo á programación. Correcta utilización dos recursos da aula. Creatividade, expresividade e esforzo. Utilización axeitada dos diferentes materiais propios. Orde e limpeza na elaboración e presentación dos traballos. Entrega dos traballos prácticos e teóricos dentro dos prazos establecidos polo/a profesor/a. Adecuación aos criterios de avaliación expostos. Adecuación e utilización axeitada da linguaxe propia da asignatura. Ao comezo da segunda e terceira avaliación e así mesmo ao final da terceira, o/a profesor/a da materia, fará as probas a xeito de recuperación que lles servirá aos alumnos que non acadasen un 5, e que tamén poderán realizar os alumnos con nota de 5 ou superior que queiran incrementar esta nota. No caso de que un/unha alumno/a non acade o 5 na media das tres avaliacións ou en algunha depois das correspondentes recuperacións, significará que debe presentarse á proba final de xuño coa materia que teña suspensa e se non recupera, no seu caso deberá presentarse á proba de setembro, con toda a materia. A recuperación será dos mesmos contidos impartidos durante o curso. Sobre as probas de recuperación e a de Xuño: Constará dunha parte práctica. Esta constará de 3 exercicios sobre a materia impartida segundo o profesor crea convinte valorando numéricamente ata un total de 10 e adecuándose a: Resolución do exercicio segundo os conceptos explicados na materia durante o curso Correspondencia co que se pide. Creatividade e expresión. IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA. LALÍN. !

PÁX. 59

!


PROGRAMACIÓN 2013/14 !

DEPARTAMENTO DEBUXO

Recursos propios da materia utilizados axeitadamente. Tempo na execución e destreza. Temporalización da parte práctica da proba de Xuño: 3h (poden ser en tres xornadas) Esta parte práctica contará 100% da nota desta proba extraordinaria de Xuño. Aprobarán este proba todos/ as aqueles/as alumnos/as que obteñan un 5 ou máis de nota. Farase deste resultado a media coas avaliacións segundo no caso en que se presentan (por unha ou dúas avaliacións). No caso do alumnado que se presenta polas tres avaliacións esta será a nota final do curso. Sobre a proba extraordinaria de Setembro : Constará dunha parte práctica. Esta constará de 1 exercicio que contará o 100% restante desta proba sobre a materia impartida durante o curso, valorado numéricamente de 0 a 10 e adecuándose a: Resolución do exercicio segundo os conceptos explicados na materia Correspondencia co que se pide. Creatividade e expresión. Recursos propios da materia utilizados axeitadamente. Tempo na execución e destreza. Temporalización da parte práctica da proba de Setembro: 2h Material para a parte práctica da proba extraordinaria de Setembro O material terá que traelo o alumnado que se presenta á proba e constará daquel material básico da materia de Debuxo Artístico e que se lle pide ao alumnado ao comezo do curso. Superarán a materia aqueles alumnos que obteñan 5 ou máis puntos nesta proba.

IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA. LALÍN. !

PÁX. 60

!


PROGRAMACIÓN 2013/14 !

DEPARTAMENTO DEBUXO

En Debuxo Técnico II A nota da avaliación obterase da nota dos exames de cada avaliación necesarios sempre cun mínimo de dous exames por avaliación. As probas constarán de cinco a oito exercicios no que se valorará: A correcta resolución dos problemas. Uso correcto dos espesores e tipos de liñas. O encaixe do debuxo dentro do formato. A limpeza e pulcritude na execución. A nota media das dúas probas será o 100% da nota da avaliación. Así mesmo poderán matizar a nota con traballos. Aprobarán o curso aqueles alumnos que obteñan 5 ou máis puntos de nota nas tres avaliacións. No caso de que algún/unha alumno/a non acade polo menos na avaliación un 4, faráselle examen de recuperación ao comezo da seguinte valiación. Se neste caso non consegue superar o 4 en dúas das recuperacións de dúas avaliacións non poderá facérselle media das tres avaliacións, o que significará que debe presentarse á proba final marcada ao final da 3a avaliación polo departamento antes do remate do curso ou no seu caso á oficial de setembro, con toda a materia. Sobre as probas de recuperación e a de Xuño Constará de 5, 8 ou 10 exercicios sobre a materia impartida segundo polas avaliacións que se presente (se se presenta por unha avaliación daránselle a resolver 5 exercicios desa avaliación), (se se presenta por dúas avaliacións daránselle 8 exercicios combinados das dúas), (se se presenta polas tres avaliacións deberá resolver 10), valorando: Resolución do exercicio segundo os conceptos explicados na materia Correspondencia co que se pide. Rotulación axeitada de grosores(segundo o exercicio) Pulcritude Aprobarán o curso entón aqueles alumnos que obteñan 5 ou máis puntos nesta proba. A este exame final poderán presentarse aqueles alumnos que obtivesen unha nota media das tres avaliacións de 5 ou superior e que queiran incrementar a súa nota final. Os alumnos que non obteñan 5 ou máis puntos ó rematar as probas de recuperación programadas, deberán presentarse á proba (exame) extraordinaria de setembro. Sobre a proba extraordinaria de Setembro A proba que constará de 8 exercicios referidos aos contidos impartidos durante o curso, valorarase con 1,25 ptos cada un, correctamente resolto e delineado sendo os criterios de cómputo e resolución os mesmos que nas probas de xuño e durante o curso xa anteriormente citadas e debendo obter 5 ou máis puntos para superar dita proba. IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA. LALÍN. !

PÁX. 61

!


PROGRAMACIÓN 2013/14 !

DEPARTAMENTO DEBUXO

En Técnicas de expresión gráfico-plásticas. O proceso de aprendizaxe avaliarase seguindo os criterios de avaliación descritos para esta materia anteriormente e puntuando nun 30% os resultados de: Exercicios teóricos Exames e probas escritas e orais Probas tipo test Cuestionarios e exercicios de conceptos sobre os contidos da materia. Outros traballos elixidos polo profesor dos diferentes recursos oficiais. Nun 70% o desenrolo dos procedementos, conceptos e actitudes no ámbito da práctica, na: Adquisición de destrezas para a axeitada realización dos exercicios prácticos. Resolución axeitada das actividades pedidas polo profesor dacordo á programación. Correcta utilización dos recursos da aula. Creatividade, expresividade e esforzo. Utilización axeitada dos diferentes materiais propios. Orde e limpeza na elaboración e presentación dos traballos. Entrega dos traballos prácticos e teóricos dentro dos prazos establecidos polo/a profesor/a. Adecuación aos criterios de avaliación expostos. Adecuación e utilización axeitada da linguaxe propia da materia. Ao comezo da segunda e terceira avaliación e así mesmo ao final da terceira, o/a profesor/a da materia, fará as probas a xeito de recuperación que lles servirá aos alumnos que non acadasen un 5, e que tamén poderán realizar os alumnos con nota de 5 ou superior que queiran incrementar esta nota. No caso de que un/unha alumno/a non acade o 5 na media das tres avaliacións ou en algunha depois das correspondentes recuperacións, significará que debe presentarse á proba final de xuño coa materia que teña suspensa e se non recupera, no seu caso deberá presentarse á proba de setembro, con toda a materia. A recuperación será dos mesmos contidos impartidos durante o curso. Sobre as probas de recuperación e a de Xuño: Constará dunha parte práctica. Esta constará de 3 exercicios sobre a materia impartida segundo o profesor crea convinte valorando numéricamente ata un total de 10 e adecuándose a: Resolución do exercicio segundo os conceptos explicados na materia durante o curso Correspondencia co que se pide. IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA. LALÍN. !

PÁX. 62

!


PROGRAMACIÓN 2013/14 !

DEPARTAMENTO DEBUXO

Creatividade e expresión. Recursos propios da materia utilizados axeitadamente. Tempo na execución e destreza. Temporalización da parte práctica da proba de Xuño: 3h (pode ser en tres xornadas) Esta parte práctica contará 100% da nota desta proba extraordinaria de Xuño. Aprobarán este proba todos/as aqueles/as alumnos/as que obteñan un 5 ou máis de nota. Farase deste resultado a media coas avaliacións segundo no caso en que se presentan (por unha ou dúas avaliacións). No caso do alumnado que se presenta polas tres avaliacións esta será a nota final do curso. Sobre a proba extraordinaria de Setembro: Constará dunha parte práctica. Esta constará de 1 exercicio que contará o 100% restante desta proba sobre a materia impartida durante o curso, valorado numéricamente de 0 a 10 e adecuándose a: Resolución do exercicio segundo os conceptos explicados na materia Correspondencia co que se pide. Creatividade e expresión. Recursos propios da materia utilizados axeitadamente. Tempo na execución e destreza. Temporalización da parte práctica da proba de Setembro: 2h Material para a parte práctica da proba extraordinaria de Setembro O material terá que traelo o alumnado que se presenta á proba e constará daquel material bási- co da materia de Deseño e que se lle pide ao alumnado ao comezo do curso. Superarán a materia aqueles alumnos que obteñan 5 ou máis puntos nesta proba.

IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA. LALÍN. !

PÁX. 63

!


PROGRAMACIÓN 2013/14 !

DEPARTAMENTO DEBUXO

7.3 Instrumentos de avaliación para ESO e Bacharelato. Suxírese aos profesores das materias os seguintes: Exercicios prácticos e teóricos Probas de exame Cadernos persoais Follas de clasificación dos aspectos procedimental e actitudinal do/a alumno/a Fotocopias de modelos avaliativos oficiais Propostas de autoavaliación. Observación do alumnado e os seus procesos de traballo en cadernos propios. Memorias, informes ou análises realizados polo alumnado. Traballos individuais e colectivos de recompilación de conceptos, ideas, estilos...etc Láminas: Láminas de preavaliación, comprensión, análise e de coñecementos, de construcción de elementos visuais e técnicas gráficas, de repetición e concreción, de expresión libre e de diverxencia. Láminas de autoavaliación Con exercicios a resolver de emparellamento, unión, comparanza, contrarios, sopas de letras, crucigramas, cadros sinópticos, mapas conceptuais, de completar...etc. Test e fichas de páxinas oficiais. Resolución de problemas, con métodos gráficos exactos. Probas de reforzo individual. Probas conceptuais dialogadas. Resolución de obxectivos e de tarefas en grupo. Realización de exercicios de manipulacións formais da imaxe. Concreción dun proxecto individual e outro grupal. Investigación e recompilación de técnicas gráfico-plásticas durante o curso. Traballos multimedia. Entre os libros que se utilizan para a recompilación da información de avaliación tanto teórica como procedimental están por nomear algúns os das seguintes editoriais: SM, Donostiarra, Editex, Ecir, Rodeira, Edelvives, Alarcón, Paraninfo, Teide, Anaya, Mcgrawhill, Casals, Libsa, Blume, Escivi e Gedisa...etc

IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA. LALÍN. !

PÁX. 64

!


PROGRAMACIÓN 2013/14 !

DEPARTAMENTO DEBUXO

7.4 Outros aspectos a ter en conta na avaliación O profesorado avaliará os procesos de ensinanza e a súa práctica docente en relación coa adecuación ao alumnado, co logro dos obxectivos da etapa e de cada unha das áreas e co desenvolvemento das competencias básicas. Esta avaliación incluirá, polo menos, os seguintes aspectos: • A adecuación dos obxectivos, contidos e criterios de avaliación ás características e necesidades do alumnado. • As aprendizaxes acadadas polo alumnado. • As medidas de atención á diversidade aplicadas. • A programación didáctica e o seu desenvolvemento, a organización da aula, o aproveitamento dos recursos do centro e os procedementos de avaliación do alumnado. A coordinación entre as profesoras e profesores de cada curso, así como entre o profesorado do 1º curso da educación secundaria obrigatoria co equipo de mestras e mestres da etapa anterior coa finalidade de garantir a eficacia necesaria no tránsito dunha etapa a outra. Os resultados desta avaliación serán analizados na comisión de coordinación pedagóxica na que se tomarán as decisións que fosen consideradas pertinentes.

IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA. LALÍN. !

PÁX. 65

!


PROGRAMACIÓN 2013/14 !

DEPARTAMENTO DEBUXO

8. Programa recuperación e reforzo 1. Exames, Probas e recuperación de Pendentes. (ESO e BAC) Datos interese das probas de Pendentes: Faranse públicas mediante nota nos taboleiros do centro e indicación ós/ás titores/as de cada grupo, sinalada e concretada a estes alumnos con tempo suficiente. Tamén se pubilicarán os materiais necesarios para as probas, nos taboleiros de cada unha das aulas onde se imparten as clases de Plástica e Visual no centro educativo cos nomes dos/as alumnos/as e as explicacións sobre os exercicios, láminas, traballos ou exames. Indicarase tamén datas e horas onde se pode consultar dúbidas para falar con xefatura de departamento. Os/ as alumnos/as que teñan as asignatura de Plástica e Visual pendente do curso anterior terán que presentar traballos ou facer os exames correspondentes de recuperación, nos prazos fixados en cada trimestre polos compoñentes do departamento se así se decidise e dentro das datas que estean prefixadas e consensuadas pola xefatura de estudos e ou dirección. Normalmente cadrarán coas avaliacións ordinarias anque poderán ser modificadas en casos extraordinarios. No referido aos traballos, láminas ou exercicios Serán puntuados de 1 a 10 e constarán de catro láminas da materia á avaliación á que corresponda. Farán media entre eles e o/a alumno/a terá que obter entre un 5 ou máis como nota media para superar a avaliación. No referido ós exames de avaliación e aos de setembro En 1º, 3º e 4º de ESO No caso dos alumnos de ESO que deben recuperar a materia, durante o curso haberá varias convocatorias sendo a terceira (3a avaliación) a oficial. En setembro, extraordinaria farase na 1a semana dese mes. Consistirá na realización dun examen de 5 exercicios e puntuados ata un máximo de 10 ptos e que recolla contidos que foron tratados nas tres avaliacións. (este exame de recuperación na ESO pode incorporar traballos prácticos e ou teóricos e nese caso daráselle información ao alumnado para que teña constancia do que debe presentar). Consideraranse aprobados aqueles alumnos que obteñan unha nota de 5 ou máis puntos no conxunto dos exercicios. No Bacharelato Os/as alumnos/as que non obteñan 5 ou máis puntos ao rematar o curso deberán presentarse á proba (exame) extraordinaria de setembro e que se suliña no apartado anterior desta programación e de cada materia.

IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA. LALÍN. !

PÁX. 66

!


PROGRAMACIÓN 2013/14 !

DEPARTAMENTO DEBUXO

Os alumnos que teñan a materia pendente do ano anterior deberán presentarse aos diferentes exames de recuperación da materia por avaliacións que puntualmente serán establecidas polo departamento de debuxo. Todos/as aqueles/as alumnos/as que non obteñan 5 ou máis puntos ao rematar as probas de recuperación programadas, deberán presentarse á proba (exame) extraordinaria de setembro. Probas de Setembro: As probas quedan reguladas no apartado no 8 desta programación para cada unha das materias que imparte o departamento. Superarán a materia aqueles alumnos que obteñan 5 ou máis puntos nesta proba. Sobre a información sobre a propia avaliación e a programación. Ao comezo de cada curso, o departamento informará a cada grupo, dos obxectivos, contidos e criterios de avaliación esixibles para obter unha valoración positiva das distintas materias. Tamén sobre os criterios de cualificación, os instrumentos de avaliación que se utilizarán, incluídas as materias pendentes de cursos anteriores e as medidas de reforzo e recuperación previstas. Esta información farase directamente ao alumnado na aula e mediante as vías comentadas no punto 13 desta programación.

No Bacharelato Os/as alumnos/as que non obteñan 5 ou máis puntos ao rematar o curso deberán presentarse á proba (exame) extraordinaria de setembro e que se suliña no apartado anterior desta programación e de cada materia. Os alumnos que teñan a materia pendente do ano anterior deberán presentarse aos diferentes exames de recuperación da materia por avaliacións que puntualmente serán establecidas polo departamento de debuxo. Todos/as aqueles/as alumnos/as que non obteñan 5 ou máis puntos ao rematar as probas de recuperación programadas, deberán presentarse á proba (exame) extraordinaria de setembro. Probas de Setembro: As probas quedan reguladas no apartado no 8 desta programación para cada unha das materias que imparte o departamento. Superarán a materia aqueles alumnos que obteñan 5 ou máis puntos nesta proba. Sobre a información sobre a propia avaliación e a programación. Ao comezo de cada curso, o departamento informará a cada grupo, dos obxectivos, contidos e criterios de avaliación esixibles para obter unha valoración positiva das distintas materias. Tamén sobre os criterios de cualificación, os instrumentos de avaliación que se utilizarán, incluídas as materias pendentes de cursos anteriores e as medidas de reforzo e recuperación previstas. Esta información farase directamente ao alumnado na aula e mediante as vías comentadas no punto 13 desta programación.

IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA. LALÍN. !

PÁX. 67

!


PROGRAMACIÓN 2013/14 !

9.

DEPARTAMENTO DEBUXO

Programa reforzo e recuperación. Programas específicos personalizados para o alumnado repetidor.(ESO)

Haberá que ter en conta, que levar a cabo actuacións e un programa específico para alumnado repetidor, neste caso ao alumnado que non foi quen de acadar os coñecementos e competencias da súa etapa por vez primeira ou segunda, significa que debemos facer desde o departamento e obrigatoriamente un análise máis riguroso destes resultados para descubrir de certo aquelas dificultades coas que se atopou o/a alumno/a durante o ou os períodos anteriores. O ideal é contar ademáis coas persoas que nos poden botar unha man como poidan ser, os pais do alumno, titor durante o curso, profesores e persoal docente especialista en psicopedagoxía. Hai pois que definir se a non consecución da competencia é por causa dun erro por parte do profesorado en canto a diagnóstico durante as avaliacións e o curso, o que se traduciría nunha necesidade de adaptación curricular real, ou é unha cuestión que erra no tocante a estratexia de motivación de cara a ese alumnado ou de caracter social, familiar etc. Sabemos por outra banda, que se atopan máis familiarizados coa materia, cos espazos específicos que utilizan e ao profesorado todo aquel alumnado que repite. En xeral, o profesorado, ao remate da avaliación final extraordinaria, elaborá un informe que recolla as dificultades do alumno ou alumna para superar os obxectivos da materia onde tamén se apuntarán e fixarán os contidos e aspectos sobre os que se debe incidir co obxecto de superar as devanditas dificultades. En base ás dificultades detectadas deste alumnado, e asesorado polo Departamento de Orientación, proporanse se cadra as medidas de atención á diversidade que mellor dean resposta ás dificultades de aprendizaxe do alumnado - agrupamientos flexibles, apoio en grupos ordinarios, incorporación a programas específicos, etc. Os titores comunicaranlle ás familias o plan diseñado para o seu fillo ou filla e promoverase a implicación destas no seguimento de devandito plan, mediante a xestión do titor ou titora. No ámbito da Plástica e Visual por non haber en 2º de ESO esta materia, os casos que no departamento temos son de alumnado que é ou ben de 1º , de 3º ou 4º de ESO. Esto é unha ventaxa segundo se mire para a materia que este departamento imparte pois parte do traballo feito na 1ª etapa desde o noso punto de vista vese freado para ser retomado en 3º e en 4º, este último curso como optativa.

Actuacións. puntos xerais. Segundo o reflectido ata o de agora, o departamento consensuou os seguintes puntos de actuación educativa, incluídos por defecto en toda a programación pero que poden recalcarse aquí para aque-

IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA. LALÍN. !

PÁX. 68

!


PROGRAMACIÓN 2013/14 !

DEPARTAMENTO DEBUXO

les/as alumnos/as que (tratándose ou non específicamente dunha actuación curricular directa), o necesitan e poden mellorar os resultados. Son os seguintes principios: 1.

Diversidade: entendendo que deste xeito se garante o desenvolvemento de todos os alumnos e as alumnas á vez que unha atención personalizada en función das necesidades de cada un. Teranse en conta os informes anteriores de final de curso e elaboraranse traballos específicos para este alumnado sen perder de vista os contidos mínimos esixibles para a etapa.

2.

Inclusión: débese procurar que todo o alumnado alcance similares obxectivos, partindo da non discriminación e non separación en función da ou as condicións de cada alumno ou alumna, ofrecendo a todos eles as mellores condicións e oportunidades e implicándoos nas mesmas actividades, apropiadas para a súa idade. O profesor favorecerá a incorporación aos grupos de traballo desde a observación directa de clase, repartindo as diferentes actividades axeitadamente e axudando a xeito de colaboración dalgunhas con dificultades deixando paulatinamente de facelo cando se crea xa convinte e se perciban os diferentes garos de autonomía e participación.

3.

Normalidade: Facer un seguimento diario ao desenvolvemento normal e ordinario das actividades e da vida académica na aula deste alumnado para que se incorpore ás actividades programadas e non deixe de participar.

4.

Flexibilidade: Os contidos deberán e poderán estar adaptados e ser flexibles para que o alumnado poida acceder a eles en distintos momentos de acordo coas súas necesidades. Favorecerase desde a actuación educativa e a programación de aula exercicios de reforzo e comprovarase especialmente os avances ou dificultades que xurdan revisándoos nas reunións de departamento e indicándoos trimestralmente en colaboración co departamento de orientación.

5.

Contextualización: Debemos ter en conta adaptarse ao contexto social, familiar, cultural, étnico ou lingüístico do alumnado. Se percibísemos dificultades nestes ámbitos actuarase dacordo a eles para a mellora do aprendizaxe.

6.

Perspectiva múltiple: O diseño dunha aula en canto á distribución espacial dos materiais, mibiliario etc, en Plástica e Visual debe terse en conta para o mellor aproveitamento das estratexias do ensino-aprendizaxe utilizadas nas aulas. Tamén haberá que ter en conta as adaptacións para adoptar distintos puntos de vista para superar estereotipos, prexuízos sociais e discriminacións de calquera clase e para procurar a integración do alumnado con dificultades.

IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA. LALÍN. !

PÁX. 69

!


PROGRAMACIÓN 2013/14 !

7.

DEPARTAMENTO DEBUXO

Expectativas positivas: deberán favorecer a autonomía persoal, a autoestima e a xeración de expectativas positivas no alumnado e na súa contorna socio-familiar.

8.

Colaborar cos profesores na detección de dificultades de aprendizaxe, proporcionando os instrumentos axeitados: realizar a correspondente evaluación psicopedagóxica individual a aqueles alumnos que se estime convinte. Facilitar actividades e recursos materiais para reforzo e apoio dos alumnos cando sexa posible. En moitas ocasións os propios profesores dispón de devanditos recursos. Realizar entrevistas aos pais de alumnos nos casos que se considere convinte. Colaborar co Equipo Directivo á hora de propor a un alumno/ao seu incorporación a grupos e/ou materias específicos como o Programa de Reforzo Educativo, Agrupamientos por Ambitos, etc. Seguimento e revisión do Programa de Diversificación Curricular se fose necesario

9.

Hai que aceptar o proceso coñecido como “etapa silenciosa”: e pola que pasan moitos alumnos e alumnas. Hai que facer posible neste proceso, sen forzar a producción de mensaxes faladas, nin a adquisición de competencias lingüísticas ata que o alumno as vaia realizando de forma espontánea. Durante os primeiros días hai que expor actividades que faciliten tanto a avaluación inicial e ir promovendo actividades para que incorporen as habilidades académicas básicas asi como hábitos escolares e estratexias de traballo axeitados. Convén utilizar formatos visuais, sempre que sexa posible, con pouca carga verbal, con gráficos, esquemas, vídeos, etc. Ademáis a materia de Plástica e Visual pode favorecer estes hábitos e e habilidades para calquera ámbito científico no ensino.

IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA. LALÍN. !

PÁX. 70

!


PROGRAMACIÓN 2013/14 !

DEPARTAMENTO DEBUXO

10. Actividades complementarias e extraescolares. As actividades complementarias e extraescolares deben ser valoradas positivamente polo seu carácter interdisciplinar. O efecto que estas teñen de achegamento da realidade ó/á alumno/a é un marco para a maduración individual, tanto a nivel de comportamento e sociabilidade como polo interese que teñen polo aprendizaxe sobre outras formas de facer e crear e estimulan ós rapaces na súa aprendizaxe. Estas saídas están destinadas aos alumnos tanto da ESO como do Bacharelato. •

Exposicións dos traballos realizados polos alumnos, ao remate dos bloques temáticos.

Participación en concursos de diseño (cartéis, postáis etc.) nas diferentes avaliacións.

Visitas en viaxes concertados con rapaces do centro doutras materias a diferentes lugares polo seu interese patrimonial, arquitectónico e ou cultural.

Propostas de talleres e intercambio con outros colectivos de alumnos/as de outros centros.

Visitas Guiadas a Organismos como a TVG e radio Galega.

Museo Laxeiro de Vigo.

Museos de arte contemporánea de Vigo e de Santiago.

Sala de exposicións Aller Ulloa de Lalín.

Visita-taller ó Centro da estampa Contemporánea. Betanzos.

Visita ás feiras de arte contemporáneo de interese para as materias deste currículo: ARCO, Madrid e Espacio Atlántico, Vigo.

Visitas ca posibilidade de realizar algún taller didáctico a outros museos, fundacións e salas de exposicións: CGAC, Fund. Caixa Galicia, Fund. Granel e Auditorio de Galicia (Santiago de comp.), MAR- CO, Museo do Mar (Vigo), MACUF, Fund. Barrié, e Fund. Seoane (A Coruña). A realización de estas actividades dependerá da programación dos propios centros para o vindeiro ano e do interese das mesmas. Procurarase realizar as actividades de xeito que se faga máis de unha visita en cada saída.

IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA. LALÍN. !

PÁX. 71

!


PROGRAMACIÓN 2013/14 !

DEPARTAMENTO DEBUXO

Saídas ó exterior do centro co alumnado do bacharelato de artes, en horario escolar para realizar traballos exercicios de debuxo no medio natural.

Visita ás facultades de Belas Artes e Audiovisuais en Pontevedra.

Participación sobre xuntanzas ou exposicións de artistas galegos ou de interese sobre a materia.

No centro impartidas por profesionais ligados a diferentes ámbitos das artes visuais e gráficas, ilustración, iluminación, deseño, pintura, fotografía..etc. Destinados especialmente ós alumnos do bacharelato de artes.

Realizaranse exposicións dos traballos realizados polos alumnos e alumnas do bach. de artes. Ó longo do curso no propio centro e ó remate nunha das salas de exposicións do Concello.

Colaboración dos alumnos na elaboración de contidos, ilustracións, imaxes e deseño da revista do centro en coordinación co departamento de Normalización Lingüística.

IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA. LALÍN. !

PÁX. 72

!


PROGRAMACIÓN 2013/14 !

DEPARTAMENTO DEBUXO

11.Medidas de atención á diversidade.

“A educación secundaria obrigatoria organízase de acordo cos principios de educación común e de atención á diversidade. As medidas de atención á diversidade estarán orientadas a responder ás necesidades educativas concretas do alumnado e á consecución das competencias básicas e dos obxecti vos”. Alumnado con necesidades educativas especiais “Enténdese por alumnado que presenta necesida des educativas especiais aquel que requira, por un período da súa escolarización ou ao longo de toda ela, determinados apoios e atencións educativas específicas derivadas de discapacidade ou trastornos graves da conduta”. Desde o departamento e para que estes alumnos conquiran os obxectivos mínimos da etapa, (sen que se aparten significativamente dos contidos e criterios de avaliación do currículo), estableceranse as medidas curriculares e organizativas oportunas que aseguren o seu adecuado progreso. Algunhas estratexias e instrumentos cos que traballar para favorecer a atención a diversidade: • Adecuación dos traballos propostos. • Propostas de traballo abertas e en grupo. • Elaboración de materiais de apoio. • Programas de diversificación curricular. Atenderase individualmente a aqueles/as rapaces/as que precisen un ritmo diferente e elaboraranse conxuntamente no departamento traballos adecuados aos diferentes graos de dificultade de aprendizaxe que presente o educando. Sobre todo para unir capacidades, apoiárense entre eles/as nos procesos de aprendizaxe, non excluir a ninguén pola condición de xénero, capacidades, raza... Estudaranse 1o os apoios segundo as necesidades de cada caso en colaboración co departamento de orientación, titor/a, titores e co profesorado e ou os colectivos que fosen necesarios e dentro das correspondentes adaptacións curriculares dando prioridade aos procesos de aprendizaxe máis básicos. Estas adaptaci��ns curriculares, estarán precedidas dunha avaliación das necesidades edu- cativas especiais do alumnado, e buscarán o máximo desenvolvemento das competencias básicas de acordo coas posibilidades da alumna ou alumno. A avaliación e a promoción tomarán como referencia os obxectivos e criterios de avaliación fixados nas adaptacións. Tómase pois como referente para avaliar as aprendizaxes do alumnado que cursa un programa de diversificación curricular, as competencias básicas e os obxectivos xerais da educación secundaria obrigatoria, así como os criterios de avaliación establecidos para cada ámbito do programa e das mate- rias que curse cada alumna ou alumno, coas adaptacións curriculares que, se é o caso, lles correspondan

IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA. LALÍN. !

PÁX. 73

!


PROGRAMACIÓN 2013/14 !

DEPARTAMENTO DEBUXO

12.Temas Transversais e atención a valores.

Na elaboración de imaxes e na súa lectura crítica (medios de comunicación, publicidade etc.) relativos a feitos de integración, educación para a saúde, sexismo e igualdade, consumo e respecto, de coñecemento das outras culturas, como da propia, reflicten unha participación activa en cada curso académico dos contidos transversais que se queren no ensino. A participación no concurso da ONCE anualmente, na elaboración de pictogramas, no que se refire na educación para a saúde e a igualdade durante o tema de publicidade, ou en traballos relativos ós medios de comunicación de masas, traballar sobre o cine, a fotografía, é doado achegarse nunha materia onde os temas transversais están asegura- dos. Ademáis disto os/as alumnos/as poderán participar en concursos que ó longo do ano se convocan tanto fora do centro como dentro do mesmo e que teñen que ver cos diferentes temas transversais. Así mesmo, durante os procesos de ensino-aprendizaxe, nos contidos, actitudes e procedementos, como xa quedou claro na metodoloxía, establecer concordanzas entre o coñecemento que se adquire, e a realidade do entorno, crea unha fructífera relación coa que introducir de xeito natural os temas trnasversais. As relacións entre conceptos de ámbitos diferentes do currículo tamén están con- templados nos traballos na aula. O currículo oficial indica a presencia de temas transversais, entendidos éstos como un conxunto de contidos que non forman parte de ningunha das áreas, pero que deben estar presentes en todo o proceso educativo, cooperando todas as áreas no seu tratamento. Os temas transversais son: educación moral e cívica, educación para a igualdade de oportunidades de ambos sexos, educación ambiental, educación para a paz, educación para o consumidor, educación para a saude e educación vial. A presenza de estes temas oriéntase cara a educación de actitudes e a formación de valores. A súa relación coa área e que está incluída como programa, pode condicionarse ao: •

Análise crítico de mensaxes publicitarias dirixidas ao consumidor: preténdese facer conscientes ós alumnos/as da influencia dos anuncios gráficos e dos spots publicitarios na creación de necesidades de consumo.

Estudio dos valores emotivos da cor e do uso axeitado do mesmo.

Análise crítica de valores estéticos no entorno natural e social e nas actitudes de respecto ao medio ambiente.

IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA. LALÍN. !

PÁX. 74

!


PROGRAMACIÓN 2013/14 !

DEPARTAMENTO DEBUXO

Análise crítica de deseños de todo tipo (gráfico, arquitectónico, urbanístico, etc.) considerando a adecuación dos mesmos ao consumidor, a saúde e ó medio ambiente.

Debate e traballos colectivos, nos que se busca o espíritu cooperativo, o desenrolo das capacidades de relación interpersonal e a contribución á toma de conciencia do enriquecimento que se produce coas aportacións dos compañeiros.

Educación moral e cívica. Propóñense actividades que favorezan a socialización dos alumnos no seu medio, desenrolando actitudes de valoración, respecto e conservación do patrimonio cultural. Educación para a paz. As características do área favorecen a realización de traballos en grupo nos que é necesaria unha organización de equipo e onde se promove o respecto polas opinións e solucións distintas da propia, así como a utilización de formas e contidos que denoten a non discriminación social, racial ou sexual.

Educación para a igualdade de oportunidades de ambos sexos. A análise das linguaxes visuais do entorno, como a publicidade, o deseño e o cine, axuda a adoptar unha actitude crítica ante cualquer discriminación que se transmita por estos medios.

Educación ambiental. O carácter procedimental da área favorece a manipulación de diferentes instrumentos e materiais, así como actitudes de reflexión ante as necesidades reais de consumo. Fai énfase no uso de materiais reutilizables, valorando o entorno como un conxunto de materias expresivas.

IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA. LALÍN. !

PÁX. 75

!


PROGRAMACIÓN 2013/14 !

DEPARTAMENTO DEBUXO

13.Proxectos de innovación educativa

Xa existen propostas entre diversas áreas nas que interveñen alumnado do mesmo nivel educativo como é no caso de Anirmau (certamen de curtametraxes do IES). O profesorado do departamento participa en grupos de traballo, cursos, talleres e actividades tanto dentro como fora do Instituto coa idea de ter unha formación permanente; (Centros Cefore como por entidades de formación privados). Algúns son os que seguen: • Cursos de imaxe dixital e de montaxe de video con AVID Media Composer en Arteria Noroeste en Santiago. • Elaborando desde o pasado ano 2011 as unidades didácticas dedicadas ao certame de animación do IES que quedaron rematadas este curso. (Neste curso 2012/13 farase a VI Certame de Curtametraxes no Instituto “Anirmau 13”) • Asistencia anual aos talleres das xornadas de Educación Plástica e Visual da Asociación de profesores de Debuxo de Galicia. • En funcionamento a páxina web do departamento de Debuxo na que poden consultarse os artigos, contidos, propostas de exercicios relacionados coas materias que imparte este departamento, así coma enlaces a diferentes recursos educativos oficiais de entidades públicas e privadas referidas ao ensino das materias do departamento. • Elaboración de traballos de fotografía con outros centros educativos no grupo de traballo “fotografía en curso” iniciado no 2012 e continuación. (Fotografía en curso é un programa de difusión e pedagoxía da creación fotográfica que comezou en cataluña e continua a espallarse por toda a península, con obradoiros e cursos con profesionais da fotografía) • Varios cursos: Edición de video con Adobe Premier Pro CS4, (cefore santiago), e Edición de video con Final Cut (Cursos caixanova, santiago). • Colaboración coa asociación de Artes A travesa de Santiago de Compostela con grupos de traballo e investigación no plano artístico. • Taller na Cidade da Cultura “Candura e Coraxe” organizado pola consellería de Cultura. • Talleres didácticos de diversa natureza en colaboración con artistas locais de Lalín. IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA. LALÍN. !

PÁX. 76

!


PROGRAMACIÓN 2013/14 !

DEPARTAMENTO DEBUXO

14.Información ao alumnado.

O departamento de Artes Plásticas informará de obrigado cumprimento ao alumnado sobre a programación en todos os seus apartados ao comezo e durante o desenrolo do curso. Ao comezo do curso infórmaselle aos alumnos sobre a programación, dos seus apartados, dos contidos, avaliacións... etc, e ponse á súa disposición en diferentes lugares aos que pode acoder para consultala. Estes son: Na páxina web do centro Na dirección do centro Nos taboleiros asignados ao departamento No blog elaborado polo propio departamento. Ademáis, os propios membros do departamento posúen unha copia da propia programación editada en papel e en formato dixital entregada ao comezo do curso despois da súa elaboración así como tamén á dirección do centro. En calquera momento o alumnado poderá consultala por calquera dos medios que desexe, ben en formato dixital ou en papel.

IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA. LALÍN. !

PÁX. 77

!


PROGRAMACIÓN 2013/14 !

DEPARTAMENTO DEBUXO

15.Aportacións e accións de acordo co plan Lector.

O deparatamento de Artes Plásticas participará asemade na procura daqueles obxectivos primordiais citados no Plan Lector do centro que son: •

Desenvolver a competencia lectora

Favorecer a competencia literaria

Educar no uso crítico da información

Fomentar o hábito lector

Apoiar a adquisición das competencias básicas

En canto ás lecturas da linguaxe escrita, este departamento propón unha serie de “lecturas longas” e outras “fragmentadas”, como se di no Plan Lector, para o longo das etapas, é dicir, para os diferentes ni- veis de aprendizaxe. Contribúe pois, no hábito lector en canto elixe unha serie de textos para incrementar ese costume como no coñecemento das linguas escritas e faladas. Pero tamén como xa dixemos na intro- ducción desta programación, a linguaxe visual é primordial para conquerir as competencias básicas dun xeito sobresainte na ESO e no Bacharelato e que tamén se atopa reflexado neste Plan. Hoxendía a linguaxe visual forma parte ineludible dunha realidade cada vez máis extendida que se mistura en tódolos ámbitos do ser humano. No caso, por exemplo da Banda Deseñada, como ben se dí no Plan lector: axuda na apren- dizaxe dos códigos da “alfabetización visual, ademáis é axeitada para introducir na lectura a alumnado con dificultades e a súa complexidade gradual é adaptábel ás necesidades do alumno/grupo. Este departamento, pola natureza das materias que imparte, contribúe pois dunha maneira especial á consecución dos obxectivos e contidos descritos no Plan. A utilización de material gráfico, fotográfico, fílmico (sexa este documental ou de ficción), periodístico, publicitario ou de deseño, permite crear no alumnado o hábito lector dun xeito normalizado dentro do quefacer diario das aulas. Por cursos o departamento acorda que:

IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA. LALÍN. !

PÁX. 78

!


PROGRAMACIÓN 2013/14 !

DEPARTAMENTO DEBUXO

En 1º de ESO: Os contidos que se propoñan terán que ser de fácil comprensión, tanto nos textos como nas imaxes, para que o alumnado poida achegarse dun xeito cómodo ás lecturas. Deste xeito entre outras recoméndase a obra e debuxos de Xaquín Marín fragcionada, a lectura de banda deseñada de “Bone” de Jeff Smith, a obra de René Goscinny e Albert Uderzo, “Asterix e Obelix”, “As aventuras de Tintín” de Georges Remi (Hergé) ou calquera dos cómics de David Rubí e Fran Bueno (do ámbito galego). Tamén en 1o de ESO utilízanse fragmentos de cómics para traballar outros aspectos propios da materia de Plástica, o que redunda máis aínda na comprensión da linguaxe visual e ofrece a posibilidade de traballar coa lectura fragmentada. En canto ás lecturas de ficcións tradicionais, (que está ilustrada nalgunha editorial), propomos: “O home que prantaba árbores” de Jean Giono (ilustrado) e “A filla do ladrón de bicicletas” de Teresa González Costa entre outros. En canto a lectura de imaxes en movemento, é interesante a aportación que o departamento fai cando entra no bloque que corresponde á imaxe en movemento na programación. Neses momentos do curso vense curtas de ficción dos comezos do cine, enténdanse as obras de Georges Meliés, ou no terreo da comedia de comezos do século XX, as pezas curtas de Charles Chaplin. En 3o de ESO: A historieta galega (de 1973 a 2008), como lectura documental e guiada na aula, que foi editada pola xunta, concretamente pola Consellería de Cultura no 2008. De Xaquín Marín, “Dúas Viaxes”, “Cen cen pés” e “Ratas”, como lecturas fragmentadas e recomenda- mos calquera das revistas galegas da banda deseñada fixándonos en especial no debuxante e guionista Fran Bueno pola súa repercusión a nivel internacional pero tamén a calquera dos seus integrantes. Na lectura longa: “O neno co pixama de raias”, de Jhon Boyne entre outros. Ademáis recomendamos a profundización na linguaxe da ilustración coa lectura polo menos de dous libros ilustrados dalgún dos integrantes da asociación galega de Ilustradores, e o visionado do seu blog onde se poden ver os traba- llos como o son os Bookoramas de Alberto Guitián entre outros. Tamén propomos lecturas documentais e fragmentadas sobre artistas galegos de renome, como son os pintores Laxeiro e Colmeiro e o escultor Asorey. En canto á imaxe en movemento, seguimos avanzando na historia do Cine visionando fragmentos de películas que serven para ilustrar os tipos de ángulos da cámara, escenas, planos, secuencias dun xeito básico, lúdico e entretido. En 4º de ESO: Propomos para este curso varias lecturas en profundidade sobre os contidos das Artes Plásticas con “De lo Espiritual en el Arte” de V. Kandinsky, ou “Diarios” de Paul Klee, como lecturas fragmentadas. En canto a outro tipo de accións, sobre a imaxe, participarán no festival de curtametraxes de animación Anirmau que se desenvolve no centro tódolos anos, incluíndo os obradoiros con creadores de relevancia a nivel internacional. IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA. LALÍN. !

PÁX. 79

!


PROGRAMACIÓN 2013/14 !

DEPARTAMENTO DEBUXO

Propomos ademáis a lectura completa dos cómics “Trazo de Tiza” de Miguel Anxo Prado e “El Otro Mundo” de Miguel Brieva. Ademáis destes autores propóñense e utilízanse diferentes catálogos e libros de artistas e movementos artísticos do século XX. Varios son os documentais sobre a obra e vida dalgúns dos artistas máis relevantes da historia da arte e faise normalmente este visionado durante o segundo trimestre e o terceiro en 4º de ESO. Recollidos de productoras diferentes, cabe destacar os que tratan sobre o Renacemento e o século XX pola súa claridade de contidos. No bacharelato de Artes: Lecturas como os manifestos das vangardas históricas, de tipo fragmentario, ou o libro “Cartas a Teo” de Vincent Van Gogh, “La palabra Pintada” de Tom Wolfe, en lecturas longas. Propóñense diferentes libros de consulta e divulgación sobre artistas universais, galegos e locais. Particípase tamén do plan lector, co visionado de curtametraxes, no fragmento de filmes como de filmes enteiros e no estudo das imaxes en movemento ou estáticas universais. Aquí, no bacharelato, as lecturas fanse máis precisas, polo que se propoñen fragmentos de libros ou obras que anque teñan carácter de novela, documental ou divulgativo non por elo deixan de ser interesantes para esta etapa. Entre eles podemos citar “La Quimera” de E. Pardo Bazán, ou “Dibujar con la parte derecha del cerebro” de Betty Edwars. Algúns dos seguintes libros con- siderámolos interesantes como lectura longa: “El jinete polaco” de Antonio Muñoz Molina, “El Evangelio según Jesucristo” de Saramago, “Alfanhuí”, de R. S. Ferlosio, “El Código da Vinci” de Dan Brown, “El retrato de Dorian Gray”, de Oscar Wilde, “Las Meninas”, de Buero Vallejo, “El paraíso en la otra esquina”, de Mario Vargas Llosa, “La lluvia antes de caer” de Jonathan Coe e “Memorias de Taíns” de G. R. Mourullo No apartado de lectura de imaxes podemos citar os seguintes filmes: “Historias de Nova Iorque” de tres cineastas de renome como son W. Allen, F.F Copolla e M. Scorsese, ou “El loco de pelo rojo” de Vincent Minneli, ou “Moulin Rouge” de J. Huston. Ademáis poódense visionar diferentes títulos de filmes e documentais sobre a obra de Picasso, Van Gohg, Rembrandt...Ademáis empregaranse obras de consulta como o “Diccionario do CINE en Galicia” edit pola xunta de galicia. En canto á lectura da imaxe en movemento de curtametraxes: O festival de animación Anirmau está xa incluido polo departamento como actividade anual para case tódolos cursos. O visionado e o índice de importantes filmes da historia do cine está reflexado na propia programación didáctica que o departamento realiza anualmente para o festival de animación. Nese libro didáctico inclúense unha breve historia da animación e do cine e propóñense unha serie de filmes históricos para fornecer o “coñecimento canónico”, sobre o Cine universal tal e como se quere no Plan.

IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA. LALÍN. !

PÁX. 80

!


PROGRAMACIÓN 2013/14 !

DEPARTAMENTO DEBUXO

16.Aportacións e accións de acordo co plan de integración das TICs

No departamento de artes Plásticas creemos que a aplicación dos novos métodos de ensinanza-aprendizaxe están íntimamente ligados á utilización dos diferentes recursos propios das tecnoloxías da información e a comunicación, TICs. Desde o departamento contribuimos, promovemos e fomentamos nas nosas aulas de Artes Plásticas o uso normalizado das TIC como recurso educativo. Na elaboración de apuntes, materiais de apoio así como de contidos e procedementos onde a ferramenta “multimedia” é un apartado normalizado. Na formación permanente do profesorado (asistencia aos cursos oficiais e non oficiais, tamén Plan Abalar este ano) e no aprendizaxe co alumnado. Nas aulas de Debuxo técnico, Cultura audiovisual, e na área de Plástica e Visual e Debuxos, está normalizada a utilización de ordenadores e de material informático e dixital. O blog de “Plastirmau.Plasticanxo” do departamento, leva funcionando xa dous anos a pleno rendemento e onde se poden consultar todo tipo de contidos elaborados tanto polo departamento como por outras persoas e outros docentes. Está cheo de recursos clasificados por materias que impartimos. Museos, galerías de arte, enlaces oficiais, revistas educativas, contidos dixitais interactivos, incluíndo o intercambio con centros de outras Comunidades Autónomas. Desde o departamento creemos no cambio da metodoloxía no proceso de ensinanza-aprendizaxe que nos distancie dos métodos tradicionais e nos acerque a novos métodos, nos que o profesor sexa un guía para a construción de aprendizaxes significativos do propio alumno (como se dí no propio Plan). Nós, menos en 1º de ESO que se está a introducir no centro o plan Abalar, deseñamos os nosos propios recursos educativos e cada ano sumamos máis contidos dixitalizados para o alumnado das mate- rias que impartimos. Potenciamos o emprego da informática como ferramenta de traballo no proceso de ensinanza-aprendizaxe, utilizando diferente software na aplicación dos contidos para deseño, debuxo e edición de imaxes e utilizámolos de forma activa con e para o alumnado. Fomentamos o uso dos medios informáticos, facilitando o acceso a esta ferramenta por parte do alumnado tamén como medio de apoio e reforzo nas súas aprendizaxes. En debuxo técnico utilizamos varios programas de xeometría gratuitos e tamén interactivos ofrecendo a oportunidade de completarmos a aprendizaxe e os reforzos con varios que incorporan as avaliacións do aprendido. Os nosos alumnos, poden consultar o aprendido nas aulas en cal- quera momento desde as súas casas. É por iso que desde o departamento apostamos polas actividades en Cultura Audiovisual, por exemplo, da realización de páxinas web, blogs e realizacións de deseños asistidos por ordenador. Utilízanse programas na súa formación diaria de aula, como recurso de pesquisas, clasificación e de interpretación, sobre a cor, as ilusións ópticas etc. procuramos gracias a estas ferramentas facer traballos en grupo. Ao utilizar estas ferrementas apostamos pola adquisición de habilidades de tipo social. É normalizado nas nosas aulas que o alumnado poida facer traballos para o blog de Artes Plásticas contribuindo deste xeito a que sexan partícipes e actores da propia creación da aula e do contido da materia, para él e para os demáis, incluidos os que virán. IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA. LALÍN. !

PÁX. 81

!


PROGRAMACIÓN 2013/14 !

DEPARTAMENTO DEBUXO

17.Aportacións e accións de acordo co plan de Convivencia.

O departamento asume como propios os obxectivos plantexados no Plan de Convivencia do centro. Consideramos que é a mellor ferramenta para desenvolver o traballo diario e global de curso en canto que pretende acadar para toda a comunidade educativa unha serie de hábitos, xeitos, maneiras de ser e facer dacordo cos valores que servirán para avanzar nunha sociedade máis xusta, máis ecuánime e satisfactoria para todos, especialmente o alumnado. Defendemos como propios os valores da tolerancia e respecto á dignidade e igualdade de todas as persoas, independentemente da súa condición, sexo, relixión, cultura, etnia, nacionalidade, ideoloxía, lingua, etc. e o rexeitamento de calquera tipo de discriminación. Consideramos imprescindible defender o respecto e cumprimento das normas de convivencia do centro e coidado no uso das dependencias e materiais. Temos como norma, contribuir e colaborar na construcción de relacións interpersoais que impliquen a solidariedade entre todos os membros da comunidade educativa. É por iso que colaboramos cos diferentes departamentos, persoas do centro e alumnado dun xeito normalizado, non só no tocante á nosa responsabilidade como docentes se non tamén na corresponsabilidade de crear un ambiente propicio para a non violencia nas aulas e no centro.

IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA. LALÍN. !

PÁX. 82

!


PROGRAMACIÓN 2013/14 !

DEPARTAMENTO DEBUXO

18.Aportacións e accións de acordo co proxecto lingüístico.

O departamento contribúe ao Plan Lingüístico de Centro en canto en primeiro termo as linguas orais e escritas utilizadas para dirixirse ao alumnado do centro e ao resto da comunidade educativa son as propias oficias da Comunidade Autónoma, o galego e o castelán. Procuramos velar porque todo o persoal do departamento poida expresarse en galego ou en castelán dun xeito normalizado. Por exemplo, colaboramos cos departamentos axeitados para que todas as curtametraxes do festival Anirmau, teñan cando menos a opción dos subtítulos en galego e castelán e garantir así o uso destas linguas. Desde este departamento procuramos usar o galego no centro no ámbito administrativo. Na creación e desenvolvemento das unidades didácticas e na creación de material didáctico propio en tódolos niveis educativos, no blog, nos títulos e cartaces de exposicións, nos exercicios e exames as linguas utilizadas son o galego e o castelán sempre intentando ser o máis ecuánimes posibles pero é habitual, eso sí, (nas cuestións determinadas polo material informático “software”) que nos atopemos cunha linguaa extranxeira (case sempre en inglés), por non existir outras opcións en lingua galega ou castelán. En canto aos materiais textuais de editoriais utilizados na elaboración dos propios contidos das diferentes materias faise seguindo o criterio do 50% na utilización das linguas. Na propia creación dun fondo variado de recursos didácticos este estase a completar nas dúas linguas facendo a recompilación dos materiais en contidos, fotocopias, textos, material didáctico utilizado procedente da biblioteca, enciclopedias, obras de consulta, banda deseñada, filmes, curtametraxes e son)

IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA. LALÍN. !

PÁX. 83

!


PROGRAMACIÓN 2013/14 !

DEPARTAMENTO DEBUXO

19.Avaliación da propia programación

Táboa de indicadores de avaliación da propia programación. Aparecen os diferentes contidos xenéricos. Indícase se aparece ou non e en que apartado aparece. !

!

!

!

!

!

sí!

non!

Contextualización

X

apartado 1

Te m p o r a l i z a c i ó n

X

apartado 4

Avaliación inicial

X

apartado 7

Coñecementos previos

X

apartado 7

Innovación educativa

X

apartado 13

Obxectivos

X

apartado 2

Competencias básicas

X

apartado 3

Contidos

X

apartado 4

Metodoloxía

X

apartado 6

Recuperación pendentes

X

apartado 8

Recursos didácticos

X

apartado 6

Criterios de avaliación

X

apartado 7

Actividades de recuperación

X

apartados 7, 8 e 9

Avaliación de setembro

X

apartados 7 e 8

Actividades extraescolares

X

apartado 10

Te m a s t r a n s v e r s a i s

X

apartado 12

IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA. LALÍN. !

PÁX. 84

!


PROGRAMACIÓN 2013/14 !

DEPARTAMENTO DEBUXO

Atención á diversidade

X

a p a r t a d o 11

Fomento da lectura

X

apartado 15

Procedementos de avaliación

X

apartado 7

Fomento da convivencia

X

apartado 17

Información ao alumnado

X

apartado 14

Aportacións ao proxecto lingüístico

X

apartado 18

Avaliación da propia programación

X

apartado 19

Contidos mínimos

X

apartado 5

Instrumentos de avaliación

X

apartado 7

Criterios de cualificación

X

apartado 7

O xefe de departamento: Sebastián Anxo Rozas Álvarez

O membro do departamento: Francisco Otero Janeiro

Lalín, 16 de Setembro de 2013

IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA. LALÍN. !

PÁX. 85

!


Programacion 2013 2014