Ilustrando pequenos textos I

Page 1

Ilustrando pequenos textos

Departamento de Debuxo



Ilustrando pequenos textos


Edita: departamento de Debuxo do IES R.M陋 Aller Ulloa Maquetaci贸n: Sebas Rozas


Ilustracións e textos: Cristina Ares Daniel Cuñarro Jennifer da Silva Fátima Fernández Alba Peiteado Uxía Sánchez Bryan Trejos


Un día comezou a sentir algo ao que non atopaba explicación. Zoaba na súa cabeza sen parar. Quería descansar, pensar en silencio, pero non podía, a súa cabeza non acougaba. Algunha vez en soños, aparecíaselle ese zoar que o espertaba. O desacougo ía en aumento. Pasaron os días, as semanas, os meses...e cando chegou a primavera o zoar mudou, e dese zoar sairon miles de bolboretas de tódalas especies posibles.




Do mesmo xeito que o fixo Teseo, vou desfacendo un nobelo de fío azul e achégome ao centro perigoso do labirinto. Alí, libérome das pesadas cargas e dos pesadelos, reúno a valentía suficiente para saír despois polo camiño marcado de antemán. É posible renacer, sempre é posible. Hai unha meta para os espíritos libres e eu quixen acadala.


Pasan os días e todo empeora na illa. A soidade mátame lentamente por dentro. Afógome sen motivo, incapaz de sair á superficie. Lembro agora que o barco da cordura partiu xa fai longo tempo. Aquel barco facíame sentir seguro. Estraño aquela sensación de felicidade que me facía sorrir. Creo que preciso facer un novo barco, robusto por dentro e por fora, para saír a navegar outra vez.



Eu o Roxo, mostreille á pequena Sabela outros mundos, as marabillas do universo, as estrelas enormes que o enchen, os animáis de estrañas orellas e os astros de infindas cores que xiran. Entre os dous fabricamos un bambán que pendura do seu planeta preferido. Sabela, cando quere, ven a visitarme e a ollar as constelacións.



E foi deste xeito, como o cascarolo conseguiu superar os seus prexuizos e deixar aflorar a semente do seu espírito alegre. Gozou paseniño polos campos, sen esquecerse de contemplar a paisaxe, coidándoa e degustando os deus sabores, texturas e cores, levando sempre consigo un mundo xusto e natural.




Milollos, aquel que todo o ve, quedou mirando longo tempo para o paxari単o. Nun instante, os seus iris pasaron do amarelo ao vermello, do vermello ao rosado, do rosado ao azul, e do azul ao verde! Sempre lle pasaba o mesmo, pois era quen de se transformar segundo fosen as cores daquilo que observaba.


En realidade, o que está en fronte túa no espello é unha copia, un bosquexo. Berras por dentro e sentes a necesidade de desaparecer, de non falar, de non existir. Agóchaste, cúbreste para non te ver pero non podes desfacerte da túa imaxe. Na desesperación chegas a pensar se ti es a copia. Comezas a estar seguro de que algo aniña dentro de ti. Quen sabe, se cadra é un parrulo máis forte e boniteiro!



Estes debuxos foron realizados durante o primeiro trimestre do curso 2013/2014 nas aulas de Debuxo Artístico II e Técnicas de expresión gráfico-plásticas, polo alumnado de 2º de bacharelato de Artes.

Edita: departamento de Debuxo do IES R.Mª Aller Ulloa Repaso de textos e maquetación: Sebas Rozas

Lalín 2014


No departamento pensamos que ao editar este libriño facemos visible, cando menos perdurable, unha pequena escolma de traballos que cada curso, os/as alumnos/as do bacharelato de artes desenvolve a diario, nas aulas e nas materias de Deb. Art. II e TEGP. Estas materias caracterízanse entre outras cousas, polas posibilidades que abren e ofrecen cando se entrelazan axeitadamente. Aprobeitando as súas similitudes de orixe e natureza, combinamos os diversos contidos que nelas habitan e o resultado é unha mellora evidente en canto á consecución dos obxectivos. Engárzanse máis forte se cadra, a aprendizaxe, a sensibilidade e o coñecemento do alumnado, nun camiño cara a expresión manifesta das súas habilidades. Ao propor actividades de este tipo, onde a técnica e o debuxo están ao servizo o un do outro simultaneamente, percibimos que a destreza do educando ensancha, e cada vez é máis seguro no senso que se esixe: que as ideas visuais estean ben realizadas nos niveis técnico, gráfico e expresivo. Ademáis o libro reflexa unha dificultade coa que se atoparán unha vez rematado o bacharelato e nas probas oficiais das materias sinaladas. O máis frecuente é pedirlle ao educando que faga unha ilustración a partir dun texto. Nesta primeira ocasión, o alumnado permitiunos retocar os textos un pouco tendo coidado en que non perderan frescura e o que é máis importante, o sentido primixenio co que foron concebidos: expresión do que sinten e das súas preocupacións. Parabéns ao alumnado pola dedicación e coidado na realización dos debuxos e ilustracións! Agardando que o gozásedes, O departamento de Debuxo





Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.