historia da animacion en galego

Page 1

Xoguetes ópticos: Son diferentes artiluxios de diversos materiais cos que se pode, mediante debuxos ou fotografías, crear a sensación de movemento. Destacaremos os que, en diferentes momentos, foron os máis usados. 1­ Flickbook ou folioscope: É un pequeno libro con imaxes un pouco diferentes en cada páxina con respecto á anterior e posterior.

2­ O Taumátropo: Utilízanse dous debuxos soamente, nunha cara cada un, sobre unha forma plana de circunferencia, e á que se lle da voltas estirando cunha goma ou cordel, que retorcemos sobre sí mesmo para poder xiralo e dar a sensación de movemento.

3­O phenakistiscope: É un artiluxio que ten forma de disco circular plano, que está dividido en partes iguais. Por un dos lados ten debuxos con pequenas variacións. Ten sobre o perímetro recortes alongados verticais e un orificio no centro para poder xiralo sobre sí mesmo como unha roda. Utilízase enfronte dun espello.


4­O zootropo: Neste invento circular similar a un tambor, vemos o efecto de movemento sobre a parede vertical do mesmo onde se sitúan os debuxos e os orificios. Ten moitas formas, incluso existiron algúns que tiñan un espello na parte central do tambor. Daba voltas coma se se tratase dun tiovivo.


Historia da Animación: XOGUETES ÓPTICOS Os precursores: O principio da animación forma parte dos xoguetes ópticos que se coñecen, polo menos, desde a lanterna máxica, inventada polo alemán Atanasio Kircher no ano 1640. Polo tanto, os creadores dos enxeñosos aparellos dos que xa vos falamos deben ser considerados outros tantos precursores do cine de animación. Estes son os nomes máis citados: • O físico inglés John A. Paris, que inventou en 1825 o taumatropo. • O belga Joseph Antoine Plateau, quen fabricou en 1832 o phenakistiscope. • O británico William Lincoln, que patentou en 1867 o zootropo.

• O francés Émile Reynaud, que tivo tanto éxito co praxinoscopio, construído por el en 1872, que o adaptou para que puidese ser contemplado por un gran número de xente. Así naceu o “teatro óptico”, mediante o cal Reynaud exhibía as súas “pantomimas luminosas” no museo de cera Grévin de París. Esas exhibicións persistiron ata 1900, é dicir, cinco anos despois da invención do cine polos irmáns Lumière.

• O estadounidense Thomas Alva Edison,


inspirándose en moitos destes antecedentes, patentou en 1891 o kinetoscopio, que incorporaba xa imaxes realizadas mediante fotografía.

OS COMEZOS DA ANIMACIÓN: A maioría dos historiadores coinciden en citar o francés Émile Cohl como o auténtico iniciador do cine de animación. Fantasmagoría, unha película de apenas catro minutos de duración, estreada en 1908, é considerada a que inaugura este novo xénero cinematográfico. Aplicando a técnica do fotograma a fotograma conseguiu animar uns debuxos moi rudimentarios que representaban unha sinxela anécdota humorística. Aínda que Cohl traballou sempre con debuxos de liña voluntariamente pouco elaborados, a súa técnica de animación era notable e a el débese o primeiro personaxe do novo xénero que conquistou certo éxito popular: Fantoche. Cohl, ademais de animar debuxos, incluíu tamén nalgunhas das súas películas obxectos e monecos animados. Tivo unha longa carreira que se desenvolveu entre Francia, Gran Bretaña e os Estados Unidos. Foi nos Estados Unidos onde o cine de animación cobrou un pulo definitivo, a partir en boa medida da atención ao novo medio por parte dos populares debuxantes das páxinas dominicais da prensa. Así, a primeira gran figura do novo xénero é tamén un dos artistas principais dos primeiros pasos do cómic ou banda deseñada: Winsor McCay, autor da tira cómica Little Nemo in Slumberland, que se publicaba no New York Herald. Comezou animando o protagonista desa serie, o pequeno Nemo, ata lograr, con Gertie o dinosaurio, (1914) a primeira obra mestra do xénero.

O franco­canadense Raoul Barré, que se instalou en Nova York, contribuíu de forma decisiva á mellora da animación coa invención de novas técnicas: o uso de perforacións no papel, que eliminaba o abaneo entre debuxo e debuxo, e o sistema chamado slash, mediante o cal só se debuxaba o escenario unha soa vez, deixando un espazo libre para os personaxes. Entre as obras de Barré destacan a serie Os cazadores rosmóns animados e a protagonizada por Mutt e Jef, personaxes dunha popular tira cómica creada polo debuxante Bud Fisher. A animación deu un salto importante coa creación dos primeiros estudios de animación, fundados por John Randolph Bray. Cos Bray Studios, aos que logo se incorporaría Earl Hurd, debuxante e inventor, as películas animadas deixaron de ser obra esencialmente dun só creador, para ser produto dun equipo, organizado segundo o modelo do


traballo industrial, con debuxantes especializados nas distintas partes. Bray e Hurd patentaron tamén novas técnicas, especialmente unha chamada a revolucionar o novo medio: o uso do celuloide ou acetato (1915). Esta técnica melloraba a do slash porque, no canto de debuxar os personaxes sobre papel, que logo había que encaixar nos escenarios de fondo, agora pasaban a debuxarse sobre celuloide transparente. Pronto esta técnica sería incorporada por todos os animadores.

O marionetista Willis O’Brien foi o primeiro en animar figuras tridimensionais especialmente creadas para a pantalla. Comezou con figuras de barro e logo pasou a construílas en goma. O dinosaurio e o elo perdido (1915) foi a súa primeira curtametraxe. Máis tarde converteríase nun dos máis prestixiosos especialistas de efectos especiais do cine de Hollywood: foi o creador do espectacular gorila xigante de King Kong (1933). No mesmo ano de 1915, Max Fleischer inventa e patenta o rotoscopio, un sistema co cal podía manipular, mediante o debuxo, imaxes reais filmadas previamente e utilizar esas imaxes como base para dotar de movemento os personaxes debuxados. Fleischer, que comezou traballando nos estudios de Bray, acabou creando os seus propios estudios onde produciu a serie Fóra do tinteiro, protagonizada por un rebelde debuxo chamado Koko, que acaba escapando da autoridade do seu creador. Este aparece filmado en imaxe real. Esta combinación entre debuxo e imaxe real era daquela moi frecuente. Aos estudios Fleischer atribúenselles os primeiros experimentos de cine animado sonoro, realizados entre os anos 1924 e 1925. En 1919 nace un personaxe, o gato Félix, obra do debuxante Otto Mesmer, realizado nos estudios de Pat Sullivan (quen durante moitos anos se atribuíu a paternidade do personaxe), que merece ser considerado a primeira gran “estrela” do cine de animación. A serie protagonizada polo gato Félix deu lugar a 175 películas en once anos.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.