Barrios 145

Page 17

PROVINCIA

Barrios 31 de maio 2021

Os trens turísticos do 2021 contan con catro rutas pola provincia de Ourense 4 O Inorde participou na presentación deste programa en Fitur. O delegado da Xunta en Deinde Sport.

Axudas da Xunta á dixitalización 4 Nos sectores comercial e artesanal. Redacción A Xunta de Galicia anima aos sectores comercial e artesanal a solicitar axudas para a dixitalización. O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou San Cristovo de Cea un dos establecementos beneficiados (Deinde Sport) desta orde de axudas acompañado do alcalde, José Luís Valladares. Alén, informou que o prazo de presentación de solicitudes para esta liña de axudas estará aberto ata o vindeiro 4 de xuño. A convocatoria, de concorrencia competitiva, conta este ano cun orzamento de 5 millóns de euros e diríxese ao comercio polo miúdo e aos obradoiros artesanais. As axudas cobren ata o 80% e existe

a posibilidade de acceder a anticipos de ata o 50% do importe da axuda. Liñas Por unha parte, contempla unha liña de dixitalización comercial como impulsar a transformación dixital; optimizar e axilizar os procesos comerciais; realizar actuacións de comunicación, publicidade e márketing en internet; actuacións de comercialización dixital como a participación en eventos efémeros ou feiras dixitais; e tamén para apoiar a loxística e-commerce ou e-commerce sostible. Por outra parte, apoiaranse actuacións de adquisición de equipamentos propias da actividade comercial e artesanal.

Redacción O presidente do Inorde, Rosendo Fernández, presentou -en Fitur- xunto ao vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; a directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro; e ao presidente de RENFE, Isaías Táboas, o programa "Trens turísticos de Galicia" 2021 que tivo que ser suspendida o ano pasado por causa da Covid-19. Do once rutas propostas en Galicia, catro delas discorren pola provincia de Ourense: a ruta do Viño do Ribeiro e Rías Baixas, a ruta do Viño de Monterrei, a ruta do viño de Valdeorras e Ribeira Sacra, e a ruta do Viño da Ribeira Sacra. Rutas A ruta do Viño da Ribeira Sacra ofrece unha viaxe que levará ao visitante até a adega Regina Viarum e embarcarase no catamarán. Tamén se fará parada no mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil e a aula-Museo do

Ferrocarril dos Peares. A ruta dos Viños da Ribeira Sacra e de Valdeorras repetirán experiencia en catamarán polo Sil e visitarán o mosteiro de Santo Estevo, o Santuario das Ermidas e degustaranse viños da adega A Coroa para rematar visitando o museo ferroviario nos Peares. A ruta dos viños do Ribeiro - Rías Baixas degustarase un viño na adega Señorío de Rubiós e coñecerán o encanto medieval de Ribadavia e o seu castelo. Tamén se acudirá ao Museo do Viño de Galicia, situado na casa reitoral de Santo André de Camporredondo, para posteriormen-

te achegarse ao castro de San Cibrao de Lás e acabarán a viaxe visitando a estación ferroviaria de Santa Cruz de Arrabaldo. Na Ruta do Viño Monterrei visitarán parte desta Denominación de Orixe, e degustarán algúns dos seus viños no Castelo de Monterrei. Coñecerán a adega Gargalo e Verín, onde visitarán o seu barrio antigo. Pola tarde pasearán pola Vila de Allariz e polo seu Festival Internacional de Xardíns. Por último, visitarán a estación de ferrocarril de Baños de Molgas onde se atopa o Museo Moncho Borrajo.

Presentación en Fitur dos “Trens turísticos” que percorrerán Ourense este verán.

17

Bibliotecas Redacción 27 concellos da provincia de Ourense benefícianse das axudas da Xunta para mellorar as coleccións bibliográficas e dotar de novidades editoriais ás súas bibliotecas e axencias públicas. Os beneficiarios inclúense en dúas liñas de subvencións, unha para a adquisición de novidades editoriais en galego en formato físico e a outra para a mellora das coleccións bibliográficas. Coa primeira liña de axudas, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade ofrece aos usuarios estas novidades editoriais en galego no momento da súa entrada no mercado, mediante un proceso de compra de libros en formato físico a cargo das entidades locais en función da demanda das súas bibliotecas e axencias de lectura. A segunda liña mellora as coleccións bibliográficas das bibliotecas e axencias de lectura públicas. A Xunta continúa a facilitar deste xeito que os concellos actualicen as coleccións das súas bibliotecas e que os traballadores teñan máis marxe para planificar as adquisicións de novidades. Tamén se incrementa a oferta aos usuarios, atendendo de forma especial ás campañas de verán e Nadal, nas que se aumenta a demanda.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.