Barrios 138

Page 14

14

Barrios 21 de xaneiro 2021

Suspéndese a programación Auditorio de Ourense Redacción O Concello de Ourense pospón, durante o primeiro trimestre de 2021, os espectáculos previstos no Auditorio. O goberno municipal adopta esta decisión por un dobre motivo: “a inviabilidade de ter unha audiencia mínima, e para poder aumentar a colaboración para a prevención en medidas fronte á COVID-19”. Ourense atópase en nivel máximo de restricións, segundo decretou a Xunta de Galicia, de forma que cun toque de queda ás 22 horas e peche perimetral, a cidade non pode recibir público de concellos limítrofes, xa que asistir a espectáculos non é causa de permeabilidade xustificada. Por iso desde o Concello decidiuse suspender as actividades no Auditorio de xaneiro a marzo, agás os dous concertos previstos para este trimestre no ciclo Enclave de Cámara: os dos cuartetos de corda Zagreb Quartet (4 de febreiro), e Ardeo Quartet (4 de marzo) xa contratados con anterioridade. “Se no mes de abril o panorama cambiase, poderiamos abordar o segundo trimestre con certa normalidade”, asegura o goberno municipal. Teatro Principal O goberno local asegura que “de todos os xeitos Ourense cidade mantén unha oferta cultural que é superior á demanda actual neste estado de alarma en Nivel Máximo. Iso é debido a que o Teatro Principal, si mantén programación activa”. Neste senso, explican, “entendemos que o Concello non debe ser alleo á oferta total na cidade, cando planificamos a nosa desde o municipio. Así, dada a situación actual e a pouca posibilidade de público actual debido á situación médica, a oferta desde o Teatro Principal cobre perfectamente a demanda na cidade”.

OCIO E CULTURA / ARTIGOS

4DECRECENDO

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA

Avisos do que está por chegar A actual situación epidémica que nos rodea é como un anuncio dunha película que se vai estrear nun futuro máis ou menos próximo. Se damos un par de pasos cara atrás e tentamos ver o escenario conxunto a Covid19 tan só amosa as costuras dun sistema que se vai descosendo pouco a pouco e que a nosa clase política (toda ela) tenta solucionar aportando as mesmas ferramentas que puideron funcionar no pasado pero que agora necesita doutras medidas moito máis vangardistas e valentes, medidas extraordinarias que se converterán en normais. As forzas económicas, políticas e sociais (destas últimas, non todas pero si a maioría) miran cara outro lado, ou directamente desprezan, todos os argumentos que se están a presentar sobre a total falta de recursos e o insostible deste sistema económico. Da o mesmo. Os titulares destacados son as necesidades de empresas particulares ou sectores abafados pola crise xerada pola pandemia. Sendo moi importante, eu recoméndolle á xente que non poña o foco exclusivamente no coronavirus, tampouco na vaga de frío que nos asola. Tan só, son síntomas de enfermidades moito máis graves como é o consumo abusivo de recursos propios e alleos e un cambio

climático imparable, irreversible e co que so podemos aspirar a paliar ou atemperar a súa virulencia. Os últimos estudios amosan que xa é imparable. Fagamos un breve exercicio mental: supoñamos que estamos todos no Titanic, no medio do océano conxelado. O barco está a piques de afundirse pero o grupo de maquinistas esixen unha barca salvavidas porque o seu traballo foi esencial; pola outra banda, os músicos berran por axuda específica para eles; os de primeira clase escollen e suben nas mellores barcas, mentres o persoal de capitanía discute sobre quen ten a culpa do afundimento. Vostede está no medio do lío e observa asombrado as distintas posturas, pero ninguén o axuda, só conta coa súa propia iniciativa. Que iniciativa podemos ter como cidadáns individuais en sistemas urbanos alleos ao seu entorno? Pen-

Ourense volcouse coa Operación Quilo 4 Logrouse recadar 16.965 kg de alimentos. Redacción Co lema “Semente de solidariedade” a Asociación Xuvenil Amencer organizou a 34ª edición da Operación Quilo. A pesar das dificultades provocadas pola covid

logrouse recadar unha importante cifra de alimentos ata o 22 de decembro. En total, logrouse recadar 16.965 kg de alimentos, 7.160 kg de xoguetes e 9.876,71 euros cos que se compraron alimentos. Grazas a isto e a colabora-

se. Que pode facer vostede se o seu supermercado habitual deixase de ser abastecido? Como poderá manter a calor (ou o frío) no seu fogar se a súa empresa enerxética deixase de ofrecer o servizo non por falta de pagamento, senón por carencias do sistema enerxético? E se houbera un encarecemento brutal do combustible ou carencias no seu aprovisionamento, que o deixase durante días alí onde estea, sen opcións a moverse por traballo ou motivos familiares? Algunha destas situacións foron vividas estes días, pero volverán, con virus e vagas de frío ou sen eles. Fagan exame da súa propia autosuficiencia enerxética e alimentaria e non agarden que “o papá Estado e a mamá Administración pública” lles arranxen o conto. Óscar Blanco

ción de 356 voluntarios, 4.252 persoas puideron pasar un pouco mellor este Nadal de 2020. Desde Amencer queren agradecer “ás Cáritas parroquiais, que acompañades durante todo o ano as persoas para quen nós facemos chegar o “extra” de alimentos e xoguetes no Nadal”. Tamen aos doantes do “voso peso en quilos” e a quen “nos permitistes colocar carros para a recollida nos supermercados”.

Catro produtos dietéticos que te axudan a perder peso Té vermello (puerb) - Fucus té de algas - Té herba doce (stevia) - Hissopo (Hissopus officinalis): Té vermello: diminúe a absorción de graxa, aumenta a secreción das glándulas dixestivas, permite a dixestión máis fácil dos alimentos, reduce os triglicéridos e o ácido úrico, baixa a presión arterial e aumenta a circulación no cerebro. Fucus té de algas: proporciona unha sensación de saciedade porque reduce o apetito; é un bo tónico intestinal, axuda a baixar os niveis de colesterol e exerce unha leve acción laxante. Té herba doce: mellora o metabolismo en xeral e, polo tanto, ten efectos beneficiosos sobre a absorción de graxas, loitando contra a obesidade. Actúa como vasodilatador, regula a hipertensión e os latidos do corazón e facilita a dixestión. Hisopo: ten propiedades expectorantes; é un excelente remedio natural contra as infeccións respiratorias. A infusión axuda a reducir a graxa porque ten un efecto estimulante nos procesos dixestivos. Por suposto, tomar estes tés non é unha solución en si mesma. Espertemos a nosa mente: o noso corpo foi feito para ser unha máquina de movemento e queima de calorías. O exercicio físico é inherente; debe

4HUMOR

realizarse segundo a idade e os hábitos. A partir dos 65 anos, unha camiñada diaria de 30 a 60 minutos será máis axeitada e se engades un pouco de exercicio aeróbico, mellor. Para os obesos, é recomendable consultar a un nutricionista. Perder só uns quilos non require moito esforzo, só boa vontade. No xaxún debe beber auga morna e engadir unhas pingas de limón, evitando o consumo de azucre branco, fariñas refinadas e refrescos para a dieta. Moi importante: antes das comidas debes comer froita e comezar coa sopa. Beber zumes durante uns días, desintoxica o corpo e elimina a graxa especialmente nas partes onde hai máis células de graxa, evitando comer queixos curados regulares e aderezando ensaladas con limón, casca de limón e vinagre de mazá. A carne e as patacas non engordan tan só cando toman as salsas que estamos acostumados a engadir. Perder 1 kg ao mes, neste caso, é o máis recomendable, compartindo a opinión dalgúns profesionais da saúde. A Covid-19 está a complicar a práctica de camiñar un pouco polas rúas, pero non debemos esquecer que o corpo foi feito para camiñar e así queimar o exceso. A nosa saúde é o noso ben máis precioso que temos. Por iso, protéxase de sobresaltos inesperados! João Damião


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.