Barrios 137

Page 2

2

Barrios 21 de decembro 2020

TEMA DA SEMANA

A provincia reinvéntase neste Nadal

4 A situación epidemiolóxica fai que os concellos busquen alternativas no ocio destas datas. Redacción A COVID-19 fixo que as nosas vidas cambiaran, polo momento, á hora de socializar e de realizar as actividades que máis nos gustan. E se hai unha época de grandes festexos e de celebracións e actos multitudinarios esa é o Nadal. Os concellos provincia de Ourense teñen que reinventarse para buscar alternativas con aforos máis pequenos pero sen perder o espírito navideño. Por iso, as cabalgatas dos Reis Magos non terán lugar, pero si haberá outras moitas alternativas para que os máis cativos da casa non perdan a oportunidade de ver ás súas maxestades. Reforzar a iluminación navideña é unha das premisas da maioría de concellos, para incentivar o optimismo e a compra no comercio local. Ourense Na capital, as principais propostas da programación de Nadal pasan polo teatro infantil, un bus musical itinerante, un concerto de Reis e o Belén municipal. Ademais, as súas maxestades recibirán á rapazada da

Un do motivos navideños de Verín. /BORYS INTERFILMS. cidade o día 5 de xaneiro, no Auditorio, ás 16h (baixo reserva). Desde o Concello tamén quixeron ampliar este ano as luces de Nadal a máis rúas da cidade. O autobús musical itinerante percorrerá as rúas da cidade o martes 22 (12.30h Broken Peach e 18.30 h Priscila); o mércores 23 (12 e 18 h Papá Noel e Priscila); o xoves 24 (12h Papá Noel e Priscila); o sábado 26 (12.30 e 18:30h Broken Peach); sábado 2 (12.30 Broken Peach e 18.30 h Priscila); e o domingo 3 (12.30 e 18:30h – Priscila). A MOTI terá lugar os

Decoración de Nadal en Xinzo. /C. de X..

días 23 e do 26 ao 30 de decembro en varios emplazamentos da cidade. O Belén de Baltar volve a estar presente na praza de San Cosmede e Damián ata o 6 de xaneiro de 11 a 13:30 e de 17:30 a 20:30 (os días 25, 1 e 6 só pola tarde). A Orquestra Clásica de Vigo fará o concerto de Nadal no Auditorio o 9 de xaneiro. Tampouco faltarán as exposicións nos distintos espazos expositivos. Por outra banda, o torneo de vídeoxogos de Nadal que organiza o Concello será, este ano, virtual e ‘online’. Desenvolverase

do 26 ao 30 de decembro en horario de 19 a 21:30 horas. Este evento está dirixido á mocidade de 10 a 35 anos, realizaranse dúas competicións, o FIFA 21 e o Fortnite e serán retransmitidos online a través das canles de twitch e youtube. Verín En Verín apostan pola cultura segura e a dinamización do comercio local. A presenza dos Reis Magos será estática na praza do Concello (domingo 5 de xaneiro, de 17 a 20 h). A concelleira de Educación Cultura e Festexos, Emilia Somoza, explicou que preparan a súa chegada “de forma segura, na que os máis pequenos da casa poderán visitar ás súas maxestades e deixarlle as súas cartas”. Un spot promocional apoia ao comercio local no Facebook e na web do concello; “Xuntos, é o momento de apoiarnos” é o lema. O Belén da Viruca

poderase visita ata o 6 de xaneiro no Salón Parroquial de Verín (en horario de luns a sábado de 17 a 20 h e domingos e festivos de 11 a 13 e de 17 a 20 h). O roforzo da iluminación de Nadal é outra das medidas adoitadas polo goberno Municipal. Papa Noel, elfos e personaxes de Disney farán un pasarrúas música, cor e moita neve os días 19, 23 e 26 de decembro e 2 de xaneiro de 17 a 20 horas. O teatro tampouco faltará nestas datas e, así, o sábado 26 chegará a obra “Idiota” (19 horas, Auditorio) e o domingo 3 de xaneiro representarase “Mmm! unha comedia musical para chupar os dedos! (ás 17 h no Auditorio); a entrada de cada un dos espectáculos é de cinco euros. A música correrá a cargo de “De Vacas” o 6 de xaneiro ás 19 horas tamén no Auditorio (entrada a 5 euros). Outro prato forte no val do Támega é o sorteo de 6.000 euros para incentivar o consumo no comercio local -organizado por AEVER en colaboración co Concello de Verín-. Ata o 26 de decembro os establecementos que participan na iniciativa entregarán boletos (por

compras superiores a 20 euros) para participar no sorteo que terá lugar o día 30. Os gañadores deberán gastar o premio (cartos) nos locais que participan na campaña. Esta iniciativa forma parte das accións de apoio ao comercio local implementadas polo grupo de goberno, a través da área de Promoción do Comercio Local, e que comprende un amplo paquete de medidas «coas que pretendemos reactivar e poñer en valor a actividade comercial da nosa vila», explicou María Isabel González, concelleira de Comercio Local. Máis información en www.ccaverin.com. Barbadás No concello limítrofe coa capital, Papá Noel e os Reis Magos quedarán cos rapace de Barbadás por videochamada de Whatsapp. Para elo, deben inscribirse en www.nadal2020.es. O prazo de solicitude para Papá Noel xa rematou, e o dos Reis Magos, o está aberto ata o martes, 29 de decembro. O fío musical nas rúas será outra das novidades nestas atípicas festas. Desde o luns 21 está aberta a exposición do

Os Reis Magos recibirán aos rapaces de Ourense no Auditorio; aos de Verín na praza do Concello; aos de Allariz, no soportal do instituto. Pola súa banda, os de Barbadás e Xinzo poderán contactar con eles por videochamada de Whatsapp


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.