Barrios 137

Page 16

16

Barrios 21 de decembro 2020

EN BREVE 4 Exposición fotográfica

Ata o 10 de xaneiro pódese visitar a exposición derivada do concurso de fotografía analóxica “Se eu fixen tal mundo....” no claustro barroco do Mosteiro de San Salvador. Son unha trintena de fotografías. O horario de visita da mostra é de martes a sábado de 12 a 14 e de 16 a 18 horas.

4 Feiras O BNG levará aos distintos concellos, produtores e feirantes das comarcas da Baixa Limia e Celanova unha proposta para unificar a normativa, as taxas e os horarios das feiras libres que se celebran na Merca, Bande, Cartelle, Celanova, Entrimo, Lobios, Muíños e Ramirás) e avanzar na creación dun calendario mensual e anual que mesmo dea cabida a novos eventos.

4 Marterclass

Os días 26 e 27 de decembro terá lugar na Escola de Música Banda de Celanova unha masterclass impartida polo mestre Alejandro Vázquez, para o alumnado entre 2º de G.E e 2º de G.P ou equivalente. Para máis información, pode contactar connosco no correo electrónico jefatura.estudios_embc@ outlook.com.

CELANOVA

Unha exposición narra a epopea migratoria galega na illa de Cuba 4 Na Casa dos Poetas ata o 24 de xaneiro. Redacción

ro 37 en Celanova.

A Casa dos Poetas acollerá ata o 24 de xaneiro a mostra itinerante organizada polo Consello da Cultura Galega e o Arquivo da Emigración Galega: “O soño cubano da emigración galega” co gallo do quinto centenario da fundación da cidade da Habana. No acto de inauguración estiveron presentes a Presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez Blanco, o Secretario Xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o Alcalde de Celanova e Presidente da Fundación Curros Enríquez, Antonio Puga Rodríguez. Poderase visitar de balde de martes a sábado de 10: a 14 e de 16 a 18 horas na casa familiar do poeta Manuel Curros Enríquez, situada na rúa Curros Enríquez, núme-

A exposición Esta exposición itinerante aspira a narrar e recrear as fases e facetas principais da epopea migratoria galega á illa de Cuba, dende a chegada dos inmigrantes até o seu retorno, pasando polas súas asociacións, a situación da muller inmigrante, as publicacións e proxectos políticos para Galicia xurdidos en Cuba, e mais a pegada deixada polos galego e galegas na sociedade cubana. Dase o feito de que Manuel Curros Enríquez ten unha forte vinculación coa Habana onde pasou os últimos anos da súa vida e falecendo alí. Nas vésperas da I Guerra Mundial, a Habana era a segunda cidade do mundo onde máis galegos e galegas moraban, despois de Bos Aires. A dimensión da comnidade

inmigrante galega dende 1830, e nomeadamente entre 1890 e 1920, medrou de xeito continuo. Iso fixo da colectividade galega de Cuba, artellada en centros galegos e sociedades locais, comarcais e parroquiais, un foco dende o que se concibiron novas ideas para a renovación de Galicia e se enviaron recursos ao país de orixe. Igualmente, a inmigración galega, cuxas actividades, centros e festas tiñan unha gran visibilidade, deixou unha fonda pegada na sociedade, na cultura e na literatura cubanas até 1959, cuxos trazos son perceptibles na actualidade.

A mostra explica desde a chegada dos inmigrantes a Cuba ata o seu retorno

4 Trátase dun libro de relatos de ficción. Redacción A artista celanovesa Xudit Casas vén de publicar o libro de relatos "Un grano de arena sí hace una montaña". Trátase dun libro de relatos -19 en concreto- de ficción que combina a sorpresa cun humor característico, sen esquecerse da súa visión sobre convencións sociais e prexuízos, moitas veces absurdos, aos que lles da unha volta. Un libro que procura evadir ao lector do mundo actual a través de protagonistas que toman decisións pouco convencionais para afrontar a vida dun xeito máis levadeiro. Durante o proceso de creación escribiu indistintamente en castelán e galego sendo os relatos casteláns os primeiros en ver a luz; os escritos en galego publicaranse o ano que vén.

XV FIR Redacción

4 Doazón

O concelleiro do BNG en Celanova, Leopoldo Rodíguez, doa 430 á residencia San Carlos. Os cartos corresponden ao que percibiu por asistencia aos plenos desde que se decretou o Estado de Alarma e ata final de ano.

Xudit Casas e o seu "Un grano de arena sí es una montaña"

Inauguración da exposición “O soño cubano da emigración galega”.

O Festival Internacional Rebulir realizouse este ano sen público presencia pero retransmitido por canles multimedia aos que se conectaron centos de espectadores. A pesar diso, non faltaron as actuacións de Rebulir, Ma-

Despois de presentar o seu recente documental "Amar en liberdade", esta directora de cine e xornalista estrease no mundo editorial -tras colaborar en diversas publicaciónsafondando na retranca. “Como boa galega interésame a retranca. Non é momento de máis dramas e traxedias. Como sociedade, agora mesmo, precisamos xusto todo o contrario.”, asevera Casas. O libro xa está a venda na libraría Conde (Celanova) e en Internet (tanto en papel coma en versión dixital).

Xudit Casas.

riachi Noche de Ronda, Coro Gospel Vida, Grupo Son Real e Pelepau. Tamén se fixeron entrega dos premios desta 15ª edición. Así, este ano recoñeceron o labor en prol da cultura galega de Mercedes Peón (categoría Música Galega), Fina Calleja (Artes Escénicas) e a Banda de Música de Vilanova dos Infantes (Homenaxe).


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.