Barrios

Page 12

12

Barrios 13 de febreiro 2020

DEPORTES

Regreso á vitoria do Sala Ourense 4 Venceu ao Xove por 7-3. R.T. Unha semana só tivo que agardar o Sala Ourense para regresar á senda das vitorias. Tras sete xornada consecutivas gañando perderon no campo do Playas de Gijón. Pero pouco durou a racha negativa. Esta pasada xornada regresaron os triunfos ao equipo ourensán. Sete goles a tres endosoulle ao Xove nos Remedios. Xa no primeiro minuto desnivelaron o marcador cun gol de Gus. Despois de varias ocasións en cada portaría serían os visitantes os que lograban o empate co que se remataría a primeira metade. Trala volta de vestiarios e sen tempo de asentarse na cancha, Allariz facía o segundo para os de Kike

García. No ecuador do segundo tempo os visitantes quedaban, momentaneamente, cun home menos, circunstancia que aproveitaban os locais para poñer terra de por medio co gol de Adrián Araújo (3-1). Tres goles seguidos

(Allariz, Dani Gato e de Raúl Rivero) poñían en franquicia a contenda para os ourensáns. Na recta final dous goles do Xove e un de Dani Gato para o Sala Ourense deixaban o definitivo 7 a 3. Os tres puntos desta xornada o consolidan na quinta posición. Esta fin de semana visitan en León ao Domotec, sexto clasificado. Primeira división Tralo parón desta fin de semana a competición na

Primeira reanúdase. O Ourense Envialia visita ao Roldán, mentres que o Cidade das Burgas recibe nos Remedios ao Alcorcón.

Regresa a liga de Primeira división co Cidade Alcorcón (sábado nos Remedios) e o Roldán Envialia Participante da Copa Galicia de escalada.

Escalada Redacción

Xogadores e corpo técnico dos equipos Sala Ourense e Xove posando cun cartel de “non a violencia de xénero”.

Ourense acolleu o pasado día 8 a primeira proba da Copa de Galicia de escalada de base. O rocódromo municipal, do pavillón dos Remedios, reuniu a 150 escaladores de toda Galicia das categorías comprendidas entre pre-

benxamíns ata xuvenís. En total foron nove os clubs participantes nesta xornada. Por parte ourensán, o club Asesou logrou colarse nos podios de case todas as categorías realizando unha gran competición. A próxima cita será na Coruña o 7 de maio, na que, de seguro, haberá unha ampla representación ourensá.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.