Barrios 117

Page 17

XINZO E COMARCA

O CDR O Viso recupera os cantos de reis

Xinzo presenta a súa programación de Nadal

4 Tradición con gran arraigo na Limia.

4 Os Reis Magos recibirán aos nenos no pavillón.

Redacción

Redacción

O CDR O Viso quere recuperara e promocionar os cantos de reis. Unha tradición habitual do Nadal limiao na que grupos de mozos percorrían a aldea ou parroquia cantando pezas da literatura popular e transmitidas oralmente. A cambio do seu cantar solicitábase o aguinaldo, xeralmente en especie (viño, chourizos, touciño, doces, lambetadas, etc.), que despois consumían todos xuntos. O alumnado de educación infantil (3 anos) do CEIP Carlos Casares de Xinzo adiantouse a pedir o aguinaldo polas rúas e prazas de Xinzo. Esta semana tócalle cantar aos reis en colaboración co CEIP de Sarreaus e a Casa Niño de Lodoselo e as persoas do Centro de Inclusión do CDR "O Viso". Alumnado de infantil e de primaria do CEIP Rosalía de Castro volverán a saír un ano máis co xa clásico: "Aguinaldo pido con disposición, ovos e torresmos, caixas de turrón". En xaneiro, como vén sendo tradición, ache-

garanse a Vilar de Santos para pedir o aguinaldo en colaboración coa taberna cultural "A arca da Noe". 25N O Viso desenvolveu acitivades polo Día contra a violencia de xénero. A educadora social, Andrea, estivo no IES Lagoa de Antela e no Cidade de Antioquia levando a cabo dinámicas de igualdade e coeducación co obxectivo de sensibilizar a mozas e mozos da Comarca da Limia sobre a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e eliminar estereotipos. O domingo 24 na praza do Toural de Vilar de Barrio, veciñas e veciños achegáronse para, a ritmo de Caxade, elaborar un mural reivindicativo e cheo de significado.

Rapaces do Carlos Casatres cantando.

A alcaldesa, Elvira Lama, cualificou de “austera” a programación de Nadal en Xinzo de Limia. Lama escudouse na falta de orzamentos e adiantou que agarda que os do ano “cuns orzamentos elaborados por este equipo de goberno” sexan os adecuados “para unha vila como a nosa”. A rexidora quixo agradecer a colaboración, en especial ao comercio (enchendo de colorido e luz os seus escaparates e os abetos das rúas), de todas as entidades e aso-

ciacións así como escolas do Concello na colaboración prestada para levar a cabo este programa. Agárdase unhas datas festivas moi chuviosas polo que a recepción dos Reis Magos (domingo día 5) será directamente no pavillón municipal onde, ademais, estará instalado, un ano máis, Limialandia. Programación A pesar de todo son varias as actividades que o Concello organiza. Este mesmo mércores o grupo teatral de Xinzo Aneis representa dúas obras a partir das 20.30 horas na Casa da Cultura (Os monicreques e

Rodríguez e Lama presentando o programa de Nadal.

Barrios 18 de decembro 2019

O soño); Aneis tamén representará ao 3 de xaneiro (venres) a obra Curso de cociña. O xoves 19 ás 20:30h, a Escola de Gaitas e Percusión de Xinzo presenta o seu festival de Nadal 2019. O venres 20 será o alumnado do Conservatorio Profesional de Música o que ofreza ao público o seu tradicional Concerto de Nadal. Para o sábado 21 os compoñentes da Escola de Música ESMULI ofrecera un concerto na Igrexa Nova a partir dás 20 horas. Ese mesmo día e a mesma hora na Casa da Cultura será escola DANZÓN a que realice a súa Gala de Nadal 2019. Ademais, o CDR O Viso organiza “Concilia no Nadal”, polas mañás na casa da culturta. Tamén polas mañás, a biblioteca estará aberta os días 23, 26, 27, 30 de decembro e 1, 3 e 4 de xaneiro. O grupo aneis organiza polos pobos do concello actividades de contacontos, monólogos e farán de paxes reais para recoller as cartas dos máis pequenos lle escriben aos Reis Magos. Para rematar presentaranse dous libros. Un de relatos de Delfín Caseiro e Jose A. Jardón, A luz da choiva (o xoves 26) e ao día seguinte (venres 27) o libro de Miro Cerredelo sobre o centenario do Antela. As dúas presentacións serán ás 20 horas na Casa da Cultura.

17

Pleno

Redacción O último pleno celebrado en Xinzo non estivo exento de polémica. O punto de máis controversia foi cando desde o grupo popular preguntaron pola planta asfáltica de Parada. A alcaldesa, Elvira Lama, explicou que tivo que firmar a concesión por que senón “sería prevaricar xa que tóda as autorizacións estaban en regra”. Unha representante dos veciños de Parada tomou a palabra e acusou a todos os partidos de botarse a culpa mentres a planta “xa está en funcionamento”, e asegurou que o primeiro cliente da mesma será, precisamente, o Concello de Xinzo “co asfaltado da avenida de Celanova”. Ademais recordou que se verán as caras, co Concello, nos xulgados. Noutra orde de cousas aprobáronse varias mocións durante a sesión plenaria; entre elas unha dos populares sobre a violencia contra a muller e dúas máis de Ciudadanos sobre a creación dunha app municipal e a defensa de igualdade de trato entre parellas de feito e matrimonios ao acceso á pensión de viudedade. Todos os grupos, incluído o PP, votaron contra o peche do paritorio municipal de Verín.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.