3º ESO. Unidade 4

Page 1

UNIDADE DIDÁCTICA 4

ELIMINACIÓN DE REFUGALLOS E TRANSPORTE 1


1. REFUGALLOS DO NOSO ORGANISMO As células, no proceso de nutrición, xeran refugallos que verten ao sangue. Estes poden ser tóxicos para o organismo e deben ser expulsados ao exterior. O proceso polo cal se eliminan os refugallos producidos pola actividade celular denomínase excreción. Os refugallos que producen as nosas células son: - CO2: é un refugallo da respiración, e expúlsase ao exterior a través dos pulmóns. Pasa a favor de gradiente de concentración desde o interior dos capilares sanguíneos aos alvéolos e deles ao exterior mediante a expiración. - Refugallos sólidos disolvidos en auga: forman parte da urina ou da súor. A urina é un líquido amarelento, constituído por un 95% de auga e un 5% de substancias sólidas disolvidas nela. Estas substancias tamén se atopan no sangue, pero en diferente concentración. Así, a urea é un composto tóxico que se produce na descomposición das proteínas no fígado, e debe ser expulsada na urina. A súor é similar a urina pero máis diluída, un 99% é auga. 2


2. O SISTEMA URINARIO É o encargado de fabricar, almacenar e expulsar a urina ao exterior. Está composto polos seguintes órganos: 1) Riles: dous órganos con forma de faba, situados a ambos lados da columna vertebral, na zona lumbar. Distínguense 3 partes no seu interior: a) Codia: é a capa exterior e recibe o 95% do fluxo renal sanguíneo. A súa principal función é a filtración, reabsorción e secreción. b) Medula renal: parte máis interna na que se produce a urina. Nela ten lugar a reabsorción da auga. Contén as unidades básicas dos riles, as *nefronas. c) Vasos sanguíneos: son a arteria renal, que entra no ril, e a vea renal que sae del pola súa parte cóncava.

2) Uréteres: introdúcense no ril pola pelve renal, que é a súa parte dilatada. Son dous finos tubos que conducen a urina fabricada en cada ril ata a vexiga urinaria. 3) Vexiga: acumula a urina que lle chega contínuamente polos uréteres. É extensible e pode acumular uns 250 ml de urina. 4) Uretra: conduto que leva a urina desde a vexiga ata o exterior. 3


4


5


Un ril contén máis de 1 000 000 de unidades básicas, as nefronas.

6


Unha nefrona consta dunha cápsula oca que rodea a un glomérulo de capilares sanguíneos, e de tubos finos que desembocan en outros máis grosos que recollen a urina fabricada en cada unha delas.

Como funciona o ril? O ril limpa o sangue de refugallos. Sen eles morreríamos envelenados. Todo ocorre nas nefronas da seguinte maneira: O sangue que circula polos capilares fíltrase cara a cápsula que os rodea. O líquido que entra na capsula non é sangue completo, senón auga, sales, glicosa e urea. O líquido recorre o tubo e nel, algún dos compoñentes , atravesa a parede e volve ao sangue a través dos capilares que rodean (reabsorción). Toda a glicosa e o 99% da auga son devoltas ao sangue. Só unha pequena parte da urea e dos sales volven ao sangue. O resultado é a urina que se excreta. Asi, o funcionamento do ril é o resultado do traballo realizado polas súas nefronas. 7


Ademáis da exceción, os riles teñen unha segunda función, a homeostase, encárganse do mantemento das características do medio interno dentro duns límites. Manteñen constantes as cantidades de auga e sales minerais no sangue. Os riles tamén secretan hormonas como a eritropoietina, que estimula a produción de globulos vermellos pola medula ósea. 8


3. ENFERMIDADES DO SITEMA URINARIO Case todas as enfermidades do ril actúan sobre as nefronas e as fan perder a súa capacidade de filtración, coñécese como insuficiencia renal. Pode deberse a unha intoxicación ou a un golpe, ou como consecuencia da diabete ou da hipertensión. Os cálculos renais son pedras de sales nos riles ou nos condutos urinarios (uréteres ou uretra) e causan unha dor aguda chamada cólico nefrítico. 9


4. O SISTEMA CIRCULATORIO É o encargado do transporte de substancias duns lugares a outros do noso organismo. Estas substancias transpórtanse nun líquido, o sangue, que permanece sempre no interior de vasos sanguíneos, impulsado polo corazón. 4.1 O SANGUE Composto por unha parte líquida que representa o 55% do seu volume, o plasma, e por varios tipos de células sanguíneas, que representan o 45% do volume . O plasma é un líquido amarelento formado básicamente por auga (91%) e no que se atopan disolvidas gran variedade de substancias. As células sanguíneas orixínanse na medula ósea vermella, que se atopa no interior dalgúns ósos. Son de tres tipos: 10


a) Glóbulos vermellos, eritrocitos ou hemacíes. Non posúen núcleo e están cheos dunha proteína de cor vermella chamada hemoglobina, que transporta osíxeno ás células. Son as células máis abundantes do sangue e a súa vida media é de aproximadamente de 4 días. b) Plaquetas ou trombocitos. Son fragmentos de células e adoitan atoparse en pequenos grupos. Controlan as hemorraxias, e teñen unha vida media dunha semana aprox. c) Glóbulos brancos ou leucocitos. Hainos de varios tipos e todos posúen núcleo. A súa función é a defensa do noso organismo. Viven arredor dun día. 11


O sangue considérase un tecido conectivo, pois as súas células están rodeadas de substancia intercelular, coa particularidade de que é líquida. Polo seu alto contido en auga, o sangue funciona como un sistema de transporte, tanto de substancias sólidas (nutrientes ou refugallos disolvidos no plasma), como de gases respiratorios. O CO2 é moi soluble en auga e é conducido polo plasma, pero o O2 e pouco soluble en auga, polo que é transportado unido á hemoglobina dos glóbulos vermellos. Ademáis do transporte, o sangue tamén ten outras funcións: distribúe a calor corporal, deféndenos contra as infeccións (os leucocitos fagocitas corpos estraños e fabrican anticorpos) e controla as hemorraxias. 12


4.2 OS VASOS SANGUÍNEOS Son os tubos que conducen o sangue por todo o corpo. Son de tres tipos: a) Arterias. Levan o sangue desde o corazón cara os órganos. As súas paredes son fortes, de potente musculatura, pero tamén elásticas. Polo seu interior o sangue circula a elevada presión. A medida que se afastan do corazón, as arterias vanse ramificando e facéndose máis finas. b) Veas. Conducen o sangue desde os órganos ao corazón. Posúen paredes moi finas e polo seu interior o sangue circula a baixa presión. A súa volta ao corazón prodúcese grazas á presenza de válvulas, que impiden o seu retroceso. Vanse facendo máis grosas a medida que se acercan ao corazón. c) Capilares. De pequenísimo diámetro, forman densas redes no interior dos órganos que conectan as arterias coas veas. As súas paredes son moi finas e permite os intercambios entre o sangue e as células. 13


4.3 O CORAZÓN Impulsa o sangue a través dos vasos sanguíneos, e ambos en conxunto constitúen o sistema cardiovascular. É un órgano do tamaño dun puño e situado no centro do peito, lixeiramente desprazado á esquerda. Posúe paredes formadas por miocardio, e o seu interior é oco, dividido en 4 cavidades: - Dúas aurículas: cavidades superiores. De paredes finas e extensibles, recibe o sangue conducido polas veas. - Dous ventrículos: cavidades inferiores, teñen paredes grosas e potentes, sobre todo as do ventrículo esquerdo. Deles sae o sangue do corazón conducido polas arterias. Aurícula e ventrículo esquerdos están comunicados pola válvula mitral, mentres que a válvula tricúspide comunica a aurícula e o ventrículo dereitos; pero o sangue dos lados esquerdo e dereito nunca se mezclan, pois ambos lados do corazón están separados por un tabique. 14


15


Á aurícula dereita chegan dúas grandes veas, as veas cavas superior e inferior, que recollen o sangue procedente de todos os órganos. Este pasa ao ventrículo dereito, e de aquí sae a través da válvula pulmonar pola arteria pulmonar , que se divide en dúas para levar o sangue aos pulmóns. Á aurícula esquerda entra o sangue que ven dos pulmóns a través das veas pulmonares. O sangue pasa ao ventrículo de mesmo lado e sae a través da válvula aórtica pola arteria aorta, que se ramifica para desembocar en cada un dos órganos. 16


5. CIRCULACIÓN DO SANGUE O corazón funciona continuamente, pois si se detuvese, o sangue non circularía e as células non recibirían nutrientes. Cada un dos golpes rítmicos producidos polo corazón é un latexo, e pode percibirse pola pulsación dalgunha arteria. Cada latexo é un ciclo cardíaco, que consiste en:  Sístole auricular: as aurículas contráense e pasan o sangue aos ventrículos.  Sístole ventricular: os ventrículos contráense e o sangue sale polas arteiras, o que forza a apertura das válvulas pulmonar e aórtica. O sangue non pode retroceder cara ás aurículas, pois o seu impulso provoca o peche das válvulas tricúspide e mitral. Este peche orixina o primeiro ruído cardíaco (pum).  Diástole: a musculatura das paredes do corazón reláxase e péchanse as válvulas pulmonar e aórtica, provocando o segundo ruído (tac). As aurículas énchense de sangue procedente das veas, e orixínase outro latexo. 17


O corazón funciona como unha dobre bomba, xa que o sangue debe percorrer un circuito dobre:  Circulación menor ou pulmonar: o sangue sae do ventrículo dereito polas arterias pulmonares e diríxese cara os pulmóns. Alí prodúcese o intercambio de gases entre os alvéolos e os capilares nos que se ramifican estas arterias. O sangue, rico en osíxeno, volve ao corazón polas veas pulmonares e entra na aurícula esquerda.  Circulación xeral ou maior: o sangue sae do ventrículo esquerdo pola arteria aorta e chega a todos os órganos. Neles, a través dos capilares, cede osíxeno e nutrientes á vez que arrastra os refugallos. Os capilares procedentes de todos os órganos recóllense en veas que devolven o sangue ao corazón, na aurícula dereita. A vea cava superior recolle o sangue que provén da parte superior do corpo, e a cava inferior, o que chega da parte inferior do corpo.

18


O sistema circulatorio humano ademáis de dobre é pechado e completo, pois o sangue pasa dúas veces polo corazón en cada volta, unha no circuito pulmonar e outra no circuito xeral, e hai unha total separación entre o sangue rico e o sangue pobre en osíxeno.

6. PROBLEMAS DO SISTEMA CIRCULATORIO As enfermidades cardiovasculares son doenzas que afectan ao corazón e aos vasos sanguíneos. Constitúen a primeira causa de mortalidade nos países desenvolvidos.

19


- Arteriosclerose: endurecemento das arterias provocado polo depósito de lípidos como o colesterol. Esto fai diminuír o diámetro da arteria e transforma a súa parede en rugosa e ríxida. Isto fai circular ao sangue máis lentamente, e as palquetas adhírense as rugosidades das paredes formando trombos. Se un deles se desprende, viaxa ata taponar algunha arteria máis fina. - Infarto: as arterias coronarias saen da aorta e abrazan ao corazón, achegándolle o osíxeno e os nutrientes necesarios para o seu funcionamento. Se un coágulo ou trombo tapona un destes vasos, morre o tecido muscular desa zona e se produce un infarto. Se o bloqueo é só parcial, ocasiónase unha anxina de peito. Entre as enfermidades relacionadas co sangue podemos citar a anemia, sangue con baixa cantidade de hemoglobina, ou a leucemia, aumento de glóbulos brancos no sangue, pero son incapaces de loitar contra as infeccións. Diminúe o número de eritrocitos e plaquetas.

FIN 20


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.