Unidade 2. Dos alimentos aos nutrientes

Page 1

UNIDADE DIDÁCTICA 2

DOS ALIMENTOS AOS NUTRIENTES 1


1. NECESIDADES DO NOSO ORGANISMO Como seres heterótrofos, os seres humanos incorporamos materia orgánica e enerxía do medio, e o noso corpo úsaas para crecer, moverse, reproducirse... A materia non usada e os refugallos expúlsanse ao medio. Todo este proceso é a NUTRICIÓN. A nutrición do corpo é o resultado do proceso que cada célula realiza individualmente. As substancias sinxelas que as nosas células incorporan e empregan para a nutrición son os nutrientes. 2


Os nutrientes poden ser: - Inorgánicos: O2 ou H2O. - Orgánicos: son exclusivos dos seres vivos. Por exemplo a glicosa. Os seres vivos tomamos do medio alimentos, e deles extraemos os nutrientes mediante o proceso coñecido como DIXESTIÓN, que realiza o aparato dixestivo. Do aire obtemos osíxeno, e o incorporamos ao noso corpo a través do sistema respiratorio. O sistema circulatorio levará os nutrientes e o osíxeno ás células.

3


As células usan parte dos nutrientes para fabricar os seus propios materiais. Así, crecen e, cando adquiren o tamaño adecuado, divídense e orixinan novas células. A síntese de materia propia é moi importante na época de crecemento, pero mantense durante toda a vida. Outra parte dos nutrientes as células utilízanos como combustible para a respiración celular, que ten lugar nas mitocondrias. 4


Na respiración celular, as células empregan, sobre todo, glicosa, que queiman con osíxeno, producindo dióxido de carbono e auga. Durante este proceso, libérase unha grande cantidade de enerxía, imprescindible para que as células realicen as súas funcións. Parte dela pérdese en forma de calor. O dióxido de carbono producido debe ser expulsado ao medio, é un refugallo, e deste proceso encárgase o sistema excretor. 5


2. O SISTEMA RESPIRATORIO É a vía de entrada do aire e faino circular entre o organismo e o medio externo. Incorpora osíxeno do medio e expulsa CO2, que se produce como refugallo. Os conductos polos que circula o aire no aparato respiratorio denomínanse vías respiratorias, e poden ser: - superiores: nariz, farinxe e larinxe. - Inferiores: tráquea, bronquios e bronquíolos. Estes terminan nuns sacos chamados alvéolos. Os bronquíolos, alvéolos e capilares que os rodean constitúen os pulmóns, aloxados na cavidade torácica. 6


7


O sistema respiratorio consta de: - Nariz e boca: vías de entrada do aire. Desde aquí, o aire pasa a farinxe, cavidade común co sistema dixestivo. - Larinxe: forma de embudo e paredes de cartilaxe. A epiglote pecha a larinxe ao paso da comida. Contén as cordas vocais, que vibran cando pasa o aire e producen os sons. - Tráquea: tubo flexible que sempre está aberto ao paso do aire. - Bronquios e bronquíolos: tubos de cartilaxe que se ramifican, primeiro en dous, os bronquios, e logo ramifícanse máis e vanse facendo máis finos, os bronquíolos. - Alvéolos pulmonares: pequenas bolsas de paredes moi delgadas que se atopan ao final dos bronquíolos máis finos. Rodeados de infinidade de capilares sanguíneos. - Pulmóns: dous órganos situados na cavidade torácica e protexidos polas costelas. Apóianse sobre o diafragma, músculo que separa o peito do abdome.

8


9


2.2 VENTILACIÓN PULMONAR Cómo circula o aire? Os pulmóns son órganos moi elásticos, aínda que carecen de músculos e, polo tanto, de movemento propio. A súa capa máis externa está fortemente unida á parede interna da cavidade torácica, por iso se moven ao moverse a caixa. O volume desta varía grazas á acción coordinada dos músculos do diafragma e dos músculos intercostais (situados entre as costelas):

10


a) Ao contraerse estes músculos, as costelas elévanse e o volume da caixa torácica aumenta. Pegados as súas paredes, os pulmóns estíranse e aumentan de volume. O aire entra nos pulmóns: INSPIRACIÓN. b) Ao relaxarse os músculos intercostais e o diafragma, as costelas descenden e o diafragma arquéase, diminuíndo o volume da caixa torácica. Sae o aire dos pulmóns: EXPIRACIÓN. Os músculos abdominais tamén interveñen na ventilación pulmonar. 11


12


2.3 O INTERCAMBIO DE GASES O aire que entra nos pulmóns é rico en O2 e pobre en CO2, ao contrario que o aire que sae, que é rico en CO2 e pobre en O2. A cantidade de N é a mesma en ambos. O intercambio de gases entre o aire atmosférico e o sangue realízase nos alvéolos. Estas bolsiñas son especialmente adecuadas para o intercambio de gases debido a: - A superficie do conxunto de todos os alvéolos dos pulmóns é duns 200 m2. - Están rodeados de infinitos capilares sanguíneos, finísimos vasos polos que circula o sangue. - A parede que separa o aire alveolar do sangue é finísima. 13


Os gases atravesan a mb dos alvéolos por difusión, é dicir, desde o lugar onde están máis concentrados ata o sitio onde están en menor proporción. Non hai intercambio de N, xa que este está en igual proporción a ambos lados da mb. O O2 pasa dos alvéolos ao sangue, atravesando as finísimas paredes dos capilares. O CO2 percorre o camiño contrario, pasa do sangue ao interior dos alvéolos. 14


15


2.4 ENFERMIDADES DO SISTEMA RESPIRATORIO O aire que nos rodea contén microorganismos e partículas nocivas para o sistema respiratorio. Como mecanismo de defensa, esbirramos e tusimos. Pero estes tamén son unha vía de transmisión de infeccións respiratorias. Algúns microorg entran no sistema respiratorio e provocan infeccións nas vías respiratorias superiores, como a gripe, ou nas vías respiratorias inferiores, como a bronquite ou a pneumonía. A maioría das enfermidades respiratorias graves son causadas por fumar. A bronquite crónica e o cancro de pulmón están relacionadas co consumo de tabaco. 16


3. OS NUTRIENTES Ademáis do O2 que o sist respiratorio extrae do aire, o noso corpo precisa outros nutrientes que obtén dos alimentos que inxerimos. Existe unha gran variedade de alimentos, pero comparten os mesmos tipos de constituíntes: - Substancias inorgánicas: auga e sales minerais. - Substancias orgánicas: glícidos, lípidos, proteínas e vitaminas. 17


3.1 Substancias inorgánicas Son comúns a materia viva e non viva. - Auga: composto máis abundante nos s.v.. É o medio no que se desenvolve a vida nas células. O noso organismo perde auga contínuamente e necesita repoñela coa alimentación. - Sales minerais: sosio, potasio, calcio… Son ssales que se atopan en dentes e ósos, tamén disoltos en todos os líquidos do organismo. Requírense en cantidades moi pequenas. 18


3.2 Substancias orgánicas Atópanse exclusivamente na materia viva. Son: - Glícidos: teñen sabor doce e coñécense como azúcares. Os máis sinxelos son a glicosa ou a sacarosa. Os máis complexos non teñen sabor doce e fórmanse pola unión de moitas moléculas de glicosa, como o amidón, glicóxeno e celulosa. - Lípidos: moléculas insolubles en auga. As de orixe vexetal son insaturadas, líquidas a tª ambiente e chámanse aceites. As de orixe animal son saturadas e sólidas a tª ambiente, denomínanse sebos. - Proteínas: compostas pola unión de unidades básicas chamadas aminoácidos. Resultan da combinación de 20 aa distintos. - Vitaminas: substancias necesarias en moi pequenas cantidades, pero son imprescindibles para o correcto funcionamento do corpo. Deben ser introducidas coa dieta, posto que o organismo non pode sintetizalas.

19


20


4. O SISTEMA DIXESTIVO Transforma os alimentos en nutrientes e está formado polo tubo dixestivo e as glándulas dixestivas.

4.1 Tubo dixestivo É o conduto de paredes musculosas que vai desde a boca ata o ano. a) Boca: cavidade que alberga os dentes e a lingua. Os dentes van encaixados no maxilar e están formados por dentina recuberta dun duro esmalte. A parte interna contén terminacións nerviosas e vasos sanguíneos. A lingua está formada por músculos e moitos receptores do gusto. b) Farinxe: por ela pasa o alimento desde a boca cara o esófago e o aire desde o nariz ou boca cara a larinxe. c) Esófago: conduto duns 25 cm polo que o bolo alimenticio vai desde a farinxe ata o estómago. 21


d) Estómago: ancheamento do tubo dixestivo con paredes musculosas e moitas dobras cando está baleiro. A entrada nel do alimento realízase a través do cardia, e a saída cara o intestino delgado faise polo píloro. Ten uns 2,5 l de capacidade. e) Intestino delgado: é un tubo duns 7-8 m, dobrado repetidas veces, que comunica o estómago co intestino groso. f) Intestino groso: rodea ao intestino delgado. Cuns 1,5 m de lonxitude. A parte fundamental ten forma de U invertido e denomínase colon. O colon e o intestino delgado únense no cego, que é unha bolsa que leva no seu extremo cerrado o apéndice. O recto comunica o colon co exterior, e remata no ano. 22


23


4.2 Glándulas dixestivas Encargadas de producir os zumes dixestivos e vertelos ao interior do tubo. Estes líquidos conteñen, entre outras substancias, enzimas dixestivas, que son proteínas que aceleran a transformación dos alimentos en nutrientes. As glándulas poden presentarse de dúas formas: - Repartidas polas paredes internas do tubo dixestivo: glándulas gástricas da parede do estómago e as intestinais da parede do intestino. - Fóra do tubo dixestivo: glándulas anexas. Son: • Glándulas salivares: tres pares e desembocan no interior da boca. Un par debaixo da lingua, outro par debaixo da mandíbula e outro diante das orellas. Xeran saliva. • Páncreas: áchase na parte esquerda do corpo, debaixo do estómago. Produce zume pancreático que verte ao duodeno. • Fígado: é a glándula máis grande. Situada no costado dereito, xunto ao estómago. Fabrica a bile que almacena na vesícula biliar e vértese ao duodeno par favorecer a dixestión das graxas, xa que as fragmenta en gotiñas moi pequenas facilitando a acción das enzimas. O fígado tamén almacena glícidos, ferro e algunhas vitaminas. Axuda a eliminar substancias tóxicas do sangue, como os medicamentos e o alcohol. 24


25


5. A DIXESTIÓN DOS ALIMENTOS O proceso de transformación que experimentan os alimentos ao seu paso polo tubo dixestivo coñécese como dixestión. Pode ser: - Mecánica: conxunto de accións físicas que reducen o tamaño dos alimentos e o fan avanzar ao longo do tubo. Estas accións son: • Trituración: realízano os dentes • Deglutición: paso do alimento desde a boca, a través da farinxe, ao esófago • Movementos pola contracción dos músculos da parede do tubo dixestivo: a) De mestura: poñen en contacto o alimento cos zumes dixestivos b) Peristálticos: fan avanzar o alimento ao longo do tubo -) Química: transformación das moléculas complexas dos alimentos en nutrientes. Ten lugar: *na boca, grazas a amilasa, enzima contida na saliva que inicia a dixestión dos glícidos (amidón e glicóxeno convértense en glícidos máis sinxelos) *no estómago, o zume gástrico contén ácido clorhídrico e pepsina, que inicia a dixestión das proteínas e aquí transfórmase o bolo alimenticio en quimo *no intestino delgado, os zumes procedentes do páncreas e das glándulas intestinais vértense ao duodeno, onde descompoñen as graxas e completan a transformación dos glícidos e das proteínas. Aquí o quimo transfórmase en quilo. 26


- Absorción intestinal A maior parte dos nutrientes absórbense no intestino delgado. É un proceso relativamente rápido grazas á gran superficie do mesmo: 7-8 m de lonxitude e numerosas dobras na cara interna da súa parede que, a súa vez, posúen pequenos dobramentos, as vilosidades intestinais. A maior parte da auga e dos sales minerais absórbense no intestino groso. As bacterias que o habitan, a flora intestinal, fabrican algunhas vitaminas que tamén se absorben no colon. 27


28


- Formación de feces Nos alimentos hai substancias que non podemos dixerir, e polo tanto, non se absorben. Pasa isto coa celulosa (fibra), é un polisacárido que as nosas enzimas non poden degradar e transformala en glicosa. Pero desempeña un papel importante no funcionamento do noso sitema dixestivo, pois retén moita auga e estimula os movementos do intestino, evitando o estrinximento. Os restos non dixeridos forman parte das feces e son expulsados polo ano mediante a defecación. 29


6. ENFERMIDADES DO SISTEMA DIXESTIVO Adoitan estar relacionadas coa falta de hixiene e malos hábitos alimentarios. A carie é unha enfermidade producida polas bacterias que viven na boca e que forman sobre a superficie dos dentes a placa bacteriana.Estes microorganismos aliméntanse dos restos de comida e dan lugar a ácidos que atacan e destrúen o esmalte. 30


31


O estrinximento é un trastorno que implica dificultade para evacuar as feces. Débese a unha escasa mobilidade no intestino groso e a unha excesiva absorción de auga neste. Relacíonase cunha vida sedentaria e unha dieta pobre en alimentos de orixe vexetal. A diarrea, pola contra, orixínase cando existe unha excesiva mobilidade do intestino groso, acompañada de feces líquidas e abundantes. Elimínanse grandes cantidades de líquidos que poden provocarnos deshidratación. Prodúcense normalmente como consecuencia dunha infección polo consumo de comidas en mal estado. A intolerancia a certos nutrientes, como á lactosa ou ao glute, tamén pode provocar diarreas. FIN 32


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.