3º ESO. ORGANIZACIÓN CORPO HUMANO

Page 1

UNIDADE 1

ORGANIZACIÓN DO CORPO HUMANO


1. COMPOSICIÓN BÁSICA DO CORPO Os seres humanos pertencemos ao Reino Animal. Como tales, somos seres heterótrofos e pluricelulares (1014). Estamos constituídos por CÉLULAS, unidade morfolóxica e funcional de todos os seres vivos. É o elemento máis pequeno que podemos considerar ser vivo, tamaño entre 5 e 120 µm, invisible aos nosos ollos. (1 µm= 10 -3mm)


Microscopios Utilízanse para observar células, pois aumentan o tamaño das imaxes. Óptico (1500x)

Electrónico (10 6x)


CĂŠlulas de epitelio observadas a distintos aumentos con un microscopio Ăłptico


Imรกgenes tomadas con un microscopio electrรณnico de transmisiรณn.


Imรกgenes tomadas con un microscopio electrรณnico de barrido.


1.1 ESTRUTURA CELULAR As células do noso corpo teñen formas e tamaños diversos, pero todas posúen: - Membrana celular: constituida por lípidos e proteínas, é unha fina capa que rodea a célula externamente e permite a comunicación entre o interior e o exterior celular (semipermeable). - Citoplasma: é o contido da célula. Disolución acuosa na que se atopan gran variedade de estruturas que realizan diversas funcións, entre elas destacan os orgánulos. - Núcleo: é a estructura celular de maior tamaño, situado no centro da célula, e contén o material que dirixe e controla todas as funcións celulares.


1.2 ORGÁNULOS CELULARES


RETÍCULO ENDOPLASMÁTICO (RE) Conxunto de sacos e canais comunicados entre si, que se estende por todo o citoplasma, desde o núcleo ata a membrana. Nel fabrícanse proteínas e lípidos. Pode ser liso ou rugoso ( con ribosomas).


RIBOSOMAS Pequenas estruturas que se atopan tanto libres no citoplasma como pegadas ás membranas do RER. A súa función é fabricar proteínas.


APARATO DE GOLGI (AG) Composto por un conxunto de sacos aplanados e rodeado de vesículas nas que se empaquetan as substancias producidas no RE. A principal función destas vesículas é a secreción, é dicir, verten o seu contido ao medio externo.


LISOSOMAS Son o aparato dixestivo da célula. Trátase de pequenas bolsas en cuxo interior se transforman substancias complexas noutras máis simples. Derivan do AG.


CITOESQUELETO Conxunto de filamentos que se distribĂşen por todo o citoplasma formando unha rede. InterveĂąen no movemento celular.


CENTRÍOLOS Son dous cilindros ocos formados por filamentos. Dirixen o movemento do citoesqueleto e interveñen na división celular.


MITOCONDRIAS Nelas realízase a respiración celular, que necesita osíxeno e produce enerxía.


VACĂšOLOS Pequenas bolsas que conteĂąen auga con substancias disolvidas. Almacenan produtos de reserva ou de refugallo.


1.3 NÚCLEO CELULAR As nosas células son EUCARIOTAS, isto significa que os contido do núcleo está separado do citoplasma por unha envoltura: dobre membrana atravesada por poros, que permite a comunicación entre o núcleo e o citoplasma. O contido do núcleo chámase nucleoplasma: solución xelatinosa onde se atopan a cromatina e o nucléolo.



Os nucléolos son unhas zonas máis escuras e esféricas que fabrican os ribosomas que pasarán ao citoplasma. A cromatina é unha maraña de fibras formadas por ADN e proteínas. Cando a célula se vai a dividir, empaquétase e organízase formando os cromosomas. Cada célula do noso corpo leva 23 pares de cromosomas, 23 proceden do óvulo e outros 23 do espermatozoide. Cada fragmento de ADN con información para fabricar unha proteína determinada (carácter) denomínase xene.


1.4 FUNCIÓN DA MEMBRANA PLASMÁTICA As células necesitan introducir substancias do medio para manterse, e tamén precisan expulsar os refugallos que producen. Para isto, as moléculas deben atravesar á membrana. Isto coñécese como transporte celular. Hai dous tipos de transporte: - Transporte pasivo: non require enerxía e prodúcese a favor dun gradiente de concentración. Coñécese tamén como difusión. Desta forma atravesan a membrana as pequenas moléculas como o O2 ou o CO2. Se a súa concentración é maior no medio extracelular ca no interior da célula, entran na mesma; en caso contrario, as moléculas saen da célula, e así, as concentracións a ambos lados da membrana tenden a igualarse. Caso especial de difusión ÓSMOSE (a auga atravesa a membrana para igualar as concentracións a ambos lados)



ÓSMOSE


- Transporte activo: ás veces, as células necesitan introducir substancias que se atopan en menor concentración no medio extracelular ca no interior. Para isto, é preciso aportar enerxía, xa que vai introducir unha molécula en contra dun gradiente de concentración.


Pero as molĂŠculas moi grandes non son capaces de atravesar a membrana. Para introducilas, a cĂŠlula emprega vesĂ­culas.


1.5 Especialización celular Nos organismos pluricelulares as células perden a capacidade para sobrevivir illadas. Cada célula realiza unha tarefa concreta, e todas traballan conxuntamente para conseguir que o organismo sobreviva. Cada célula do noso corpo posúe características particulares que a fan adecuada para realizar a súa función están especializadas, é dicir: - Fai un traballo determinado - Ten unha forma característica - Abundan uns orgánulos con respecto a outros , en función da tarefa da célula. (mitocondrias nas musculares).


As células especializadas perden a capacidade de dividirse e producir novas células. Esta función realízana células non especializadas, chamadas células nai. Unha célula nai pode dar lugar a novas células nai ou a células especializadas. Unha célula pluripotente é aquela que pode dar lugar a todos os tipos celulares.


EXERCICIOS: 1) Debuxa unha célula animal e pon nome aos seus orgánulos co máximo detalle posible.


2) Relaciona cada un dos orgánulos da esquerda coas funcións da dereita : a. b. c. d. e. f. g. h. i.

Mitocondrias Cloroplastos Citoesqueleto Núcleo Aparato de Golgi Vacuolas Retículo endoplasmático Membrana plasmática Centríolos

1.transporte de sustancias 2. almacenan sustancias diversas 3. secreción de sustancias 4. fotosíntese 5. control celular 6. síntese de proteínas 7. barreira física 8. da forma á célula e encárgase do movemento celular 9. intervieñen no reparto dos cromosomas na mitose


3) Xustifica por qué é importante o proceso da respiración celular. 4) O espermatozoide é unha célula especializada. Observa a súa forma e xustifica que posúe as estruturas necesarias para realizar a súa función.


2. OS TECIDOS As células especializadas que constitúen un organismo pluricelular non son capaces de levar unha vida independiente. Para manterse vivas e levar a cabo a súa función o máis eficazmente posible, as células especializadas do mesmo tipo agrúpanse e traballan xuntas formando un tecido. A parte das células, o tecido inclúe a substancia intercelular, que se dispón enchendo os ocos entre células e que elas mesmas producen. Existen 4 tipos básicos de tecidos:


2.1 Tecido epitelial Recobre a superficie externa do corpo e o interior e o exterior dos órganos. As súas células dispóñense moi xuntas, case sen substancia intercelular. Hai dous tipos fundamentais: - Epitelio de revestimento: composto por varias láminas de células (pel) ou por unha soa (parede dos capilares). Función protectora. - Epitelio glandular: especializado en producir e segregar substancias. As células agrúpanse en glándulas, que poden verter substancias ao exterior (exócrinas) ou cara ó sangue (endócrinas).




2.2 Tecidos conectivos Atópanse repartidos por todo o corpo e realizan funcións de unión e soporte. As súas células están rodeadas de abundante substancia intercelular, na que se inclúe un gran numero de fibras de proteína. Distinguimos 4 tipos de tecido conectivo: - Conxuntivo: atópase na capa profunda da pel e ocupa os espazos entre os órganos, os vasos sanguíneos e os nervios. O tecido adiposo é un tipo especial de tecido conxuntivo, con células cargadas de graxa e poucas fibras na substancia intercelular. - Cartilaxe: sitúase nas articulacións dos ósos, tráquea, nariz,orellas e discos intervertebrais. Función de soporte. - Óseo: compón os ósos dun adulto. É o máis forte dos tecidos conectivos, pois a súa substancia intercelular posúe sales de calcio. - Sangue: é un tecido especial, pois abunda a substancia intercelular, chamada plasma, células de diversos tipos e fragmentos de células (plaquetas). Encárgase de transportar nutrientes e refugallos por todo o corpo circulando polo interior de vasos sanguíneos.


Conxuntivo


Adiposo


Cartilaxe


Óseo


Sangue


2.3 Tecido nervioso Compón o encéfalo, a medula espiñal e os nervios. Encárgase de recoller a información do medio externo e do interior do corpo e de levala a uns e outros lugares do organismo para elaborar unha resposta adecuada. As súas células chámanse neuronas, e ocupando o espazo entre neuronas atópanse as células da glía, que teñen funcións de defensa, nutrición e protección das neuronas.



Estrutura dunha neurona


2.4 Tecido muscular Compoñente principal dos músculos e responsable do movemento. As súas células son alongadas e chámanse fibras. Segundo o tipo de fibra, e as súa contracción, distinguimos: - Músculo esquelético: forma os músculos que se unen aos ósos e producen o movemento. De contracción voluntaria. - Músculo cardíaco: compón as grosas paredes do corazón e a súa contracción é involuntaria. - Músculo liso: forma as paredes de órganos ocos, como o estómago, e a súa contracción é involuntaria.



3. MEDIO INTERNO Nos organismos pluricelulares, coma nós, as células atópanse rodeadas dun líquido co que realizan os intercambios (incorporan nutrientes e expulsan refugallos) chamado medio interno. Este medio interno debe manter unhas condicións estables. Esta estabilidade acádase coa homeostase, conxunto de mecanismos que empregan os seres vivos para manter sen cambios o seu medio interno.


4. NIVEIS DE ORGANIZACIÓN O corpo humano organízase en graos de complexidade creciente: niveis de organización. Cada un deles contén todos os compoñentes do nivel inferior, que dan lugar a novas propiedades que inflúen na estrutura e función do corpo propiedades emerxentes.

Estos niveis son: átomo, molécula, orgánulo, célula, tecido, órgano, aparatos e sistemas, organismo, poboación, ecosistema.

FIN


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.