INSTRUCCIÓNS PROXECTO INVESTIGACIÓN I

Page 1

BIOLOXÍA E XEOLOXÍA 3º ESO TRABALLO DE INVESTIGACIÓN 1: Alimentación e nutrición

Adolescentes e alimentación Os hábitos alimentarios adóitanse establecer durante os primeiros anos de vida, por iso é importante que teñamos claros tanto as nosas necesidades nutricionais como os conceptos básicos sobre unha dieta sa e equilibrada. Cando se acada á adolescencia, as necesidades calóricas poden estar entre as 2100 calorías para as mozas e as 2700 calorías para os mozos. Pero non debemos falar só de calorías, dado que a combinación adecuada de alimentos aportaranos, non unicamente a enerxía necesaria para realizar as nosas actividades diarias, senón tamén os materiais de construción para o noso corpo, así como elementos que regularán todos os procesos físico-químicos que se leven a cabo no noso interior. A carencia ou o exceso de calquera dos elementos fundamentais pode traernos serios desgustos nesta época na que madura o organismo, desde deficiencias vitamínicas e minerais, ata diabetes, obesidade, tendencia a padecer enfermidades cardiovasculares, incluso cáncer. Así que a nosa alimentación convértese nunha das claves da saúde, xunto co exercicio físico moderado, o descanso e unha vida tranquila, o máis exenta posible de estres. Os adolescentes teñen case sempre un apetito voraz que se corresponde con necesidades enerxéticas incrementadas. Iso leva moitas veces a comer entre horas, e tamén a inxerir os alimentos sen gardar normas como sentarse tranquilo á mesa. O almorzo non recibe a atención adecuada, sendo, como é, a comida máis importante do día, sobre todo porque a continuación chegan as horas de maior actividade no centro escolar. Máis adiante falaremos dos alimentos precociñados e dos aperitivos, así que agora centraremos a nosa atención no que se debería comer a estas idades. Os adolescentes teñen unha gran necesidade de todos os nutrientes, en especial de enerxía e proteínas para ter un organismo forte e san, así como de calcio, fósforo e vitamina D para a formación adecuada do esqueleto. Ademais as mozas, que adoitan perder moito sangue coa menstruación deben tomar alimentos ricos en ferro. Un dos problemas que xorden a esta idade (aínda que por desgraza xa se observa en nenos máis pequenos) é que se empeza a comer fora da casa con maior frecuencia, de modo que se comeza a elixir qué e cómo comer. Algúns fanse vexetarianos, outros centran a súa inxesta en comida rápida ou “comida basura”, outros descoidan completamente a súa dieta, comendo o que pillan, saltándose comidas, etc. e hainos que, excesivamente preocupados polo seu aspecto, comezan a presentar carencias graves, incluso anorexia. É por elo cada vez máis frecuente que non vexamos adolescentes con tallas medias, senón mozos e mozas ou moi delgados ou con síntomas de obesidade. Ambos

1


problemas son fáciles de atallar se, antes de comer calquera cousa, pensamos na nosa saúde. De paso, en moitas ocasións evitaranse outros problemas típicos destas idades como é o acne. ¿Que debería comer un adolescente? - Alimentos ricos en calcio (lácteos ou substitutos como améndoas, sésamo, leites vexetais, pescado azul, cereais, verdura de folla verde) - Variedade de alimentos frescos como froitas, verduras, pescado. - Cereais integrais e legumes como fontes de enerxía e fibra. - Un bo almorzo que favoreza a concentración nos estudos.

¿Que debería evitar un adolescente? - Alimentos especialmente ricos en graxas (frituras,chocolates, hamburguesas) - Alimentos moi ricos en azucres sinxelos (refrescos, bolos industriais, postres) - Alimentos moi ricos en sodio. - Alimentos altamente calóricos.

En xeral, a dieta que se considera sa para un adulto serao tamén para un adolescente, exceptuando tan só o aporte calórico total, dado que os adolescentes manteñen por norma unha maior actividade física. Outro tanto ocorre coas cantidades de proteína, que por estar aínda en época de crecemento, poden ser tamén algo superiores.

Traballo en grupo No tema a desenvolver trabállanse en grupo os seguintes conceptos: Preténdese que se acaden acordos sobre reparto de tarefas, e que se comparta información establecendo diálogo para contrastar cos compañeiros posibles dúbidas. Todos os membros do equipo deberán coñecer e dominar os contidos aquí tratados. Para elo realizarase unha valoración baseada nos seguintes aspectos:   

 

concordancia dos contidos do traballo cos contidos requiridos presentación dixital do traballo orixinalidade na organización da información (non ten porque ser presentado como preguntas e respostas, podedes presentar a información na orde e formato que queirades) coñecemento por parte do alumno do alí presentado actitude na aula durante o traballo

Os contidos a traballar son os seguintes: 1. Diferenciar entre alimentación e nutrición. Por exemplos. 2. As necesidades enerxéticas. Explica: 2.1 ¿De onde procede a enerxía que necesitamos? 2.2 Diferenza entre caloría e kilocaloría. 2.3 Concepto de Metabolismo Basal. Cálculo do metabolismo basal polos

2


compoñentes do grupo. 3. Necesidades estruturais. As proteínas. 4. Necesidades funcionais e reguladoras. Vitaminas e sales minerais. 5. Os principios inmediatos (realizar una gran táboa).

Glícidos

Lípidos

Proteínas

Vitamina s

Auga

Sales minerais

Función Característica s Alimentos Exemplos 5.1 Explica con detalle que é a fibra e o motivo de que sexa tan importante. 6. Recolle información sobre dous dos seguintes temas relacionados coa alimentación (a repartir entre os diferentes grupos de clase). A. B. C. D.

A etiquetaxe. Que debemos ter en conta á hora de mercar os produtos. Enfermidades relacionadas coa dieta. A agricultura biolóxica e as súas vantaxes e inconvenientes. Os alimentos transxénicos.

Traballo individual Os criterios a valorar serán os mesmos que no traballo de grupo. Esta parte pode non ser en formato dixital. Isto déixoo a vosa elección. 1.

Fai un resumo dos seguintes contidos:

1.1 Concepto de dieta alimentaria. 1.2 Concepto de dieta equilibrada. 1.3 Recomendacións para ter unha dieta equilibrada. 2. Explica con detalle en que se basea a dieta mediterránea. 3. Exercicio de análise da dieta. 3.1 Durante dez días deberás anotar en forma de diario/táboa os alimentos que tomas. Deberás incluír as bebidas e non esquecerte deses pequenos detalles que ás veces son importantes. 3.2 Unha vez elaborada esa táboa deberás calcular de modo aproximado as calorías diarias que inxires. Calcula o valor medio de calorías por día. 3.3 Calcula cál é o gasto enerxético medio debido a túa actividade diaria.

3


3.4 Relaciona estes valores co do teu metabolismo basal. 3.5 Compara os datos obtidos sobre alimentación e realiza unha autoanálise da túa dieta: 3.5.1 ¿É adecuada para as túas necesidades? 3.5.2 ¿Consideras que a túa dieta cumpre os requisitos dunha dieta equilibrada? 3.5.3 ¿Cómo a mellorarías? 3.5.4 Explica a relación, se a ten, da túa dieta coas dietas: hipocalóricas, hipercalóricas, dietas baixas en colesterol e dietas con alto contido de residuos. 3.5.5 Calcula o teu índice de masa corporal. 3.5.6 ¿Consideras que debes realizar algunha modificación da túa dieta ou hábitos de vida en base ao teu IMC? 4. Explica brevemente que relación teñen estas enfermidades coa túa dieta (supoñendo que sempre fora a ser esta, ten en conta os cambios futuros no teu metabolismo). 4.1 Cáncer, Bocio, Obesidade, Arteriosclerose e Anemia. 5. Explica qué conclusións xerais extraes do coñecemento da túa dieta. (Tes que relacionar isto cos teus hábitos de vida. Ha de ser o máis persoal, sincero e meditado posible.) 6. Realiza una valoración persoal. Dá unha valoración persoal do método levado a cabo nesta unidade como sistema de aprendizaxe na clase. Explica os aspectos positivos e negativos (se os hai) que tivo para ti a realización deste traballo.

4


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.