Barrios 98

Page 1

Pepe López estréase con vitoria no Rali Ourense Termal [Páx. 10]

CIDADE

Páx.4 CIDADE

Aberta a zona de auga da Alameda do Cruceiro ata o 29 de setembro

Páx.6 CIDADE

Marisol Nóvoa elexida nova presidenta da CEO para os vindeiros catro anos

Páx.6 XINZO

Antiq Auria reúne a 40 expositores de cinco países en Expourense do 14 ao 16 de xuño

Páx.9 DEPORTES

O CDR O Viso revela que Xinzo demanda servizos de apoio á conciliación

Páx.13

Máis de 400 nadadores participarán no Trofeo Pedro Escudero de natación

Xinzo elixe o seu doce [Páx. 8]

O Cidade regresa a 1ª [Páx. 3]

[Páx. 12]

Este sábado celebraranse os plenos de investidura dos alcaldes. // O Concello de Xinzo organiza un concurso para elexir o doce típico. // O Cidade xogará de novo en Primeira.

Número: 98 - Ano: XII - 13 de xuño de 2019 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico semanal de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


Barrios 13 de xuño 2019

TEMA DA SEMANA

Salón de plenos de Xinzo de Limia onde o próximo sábado 15 de xuño ás 11 h. terá lugar o pleno de investidura, con case con toda seguridade, da nova alcaldesa.

Haberá cambio en Xinzo, haberá alcaldesa socialista 4 PSOE, AXIL, XA e BNG formarán un cuatripartito encabezado por Elvira Lama. Redacción O domingo 26 de maio as urnas falaron en Xinzo, e pediron cambio en seis idiomas distintos, tantos como partidos entrarán na nova corporación. Cos resultados xa na man, todos as formacións do anterior mandato baixaron en número de votos e concelleiros. O PP perdeu a metade dos votos (de 2675 a 1.262) e catro edís. O PSOE perdeu 500 votos (de 1.465 a 906) e un concelleiro. Xinzo Adiante baixou de tres a dous edís polos 700 votos que perdeu (de 1.081 a 297). O BNG continúa

co seu concelleiro pese a pasar de 503 a 228 votos. Irrumpiu con forza a plataforma cidadá AXIL liderada polo coñecido activista local Amador Díaz. Da nada conseguiu tres concelleiros grazas aos 586 votos acadados, que o sitúa como terceira forza política. Ciudadanos tamén obtivo representación, cunha acta, grazas ao tirón da limiá Montse Lama. Así, pese a que o PP gañou as eleccións, a suma de forzas progresistas acadan os sete concelleiros necesarios para a maioría absoluta. Só faltan que se poñan de acordo.

Antonio Fernández, candidato do PP, considera que “fomos o partido máis votado e o normal sería que gobernásemos”

Valoración dos resultados Nesta suma falta Ciudadanos. Montse Lama, a candidata en Xinzo, tras afirmar que está moi contenta polos resultados obtidos, non só polos resultados do seu partido senón porque cree que “Xinzo falou e quere un cambio, necesita un cambio urxente e do que máis orgullosa me sinto é que grazas a esa intención de voto Xinzo terá por primeira vez unha alcaldesa, terá a honra a socialista Elvira Lama e como muller estou moi orgullosa”. Preguntada por se estará nas negociacións para votar a Elvira Lama e entrar na acción de goberno como quinto elemento a sumar responde que “non podemos estar nun pacto de gobernabilidad co BNG, é unha liña vermella que temos en Ciuda-

danos, pactar con partidos nacionalistas”. Afirma que “non ten que ver nada os partidos a nivel nacional coas vilas máis pequenas pois con Ramiro, o candidato nacionalista, lévome moi ben e temos unha excelente relación e esa liña vermella está ahí en non podo saltala. Tamén penso que catro partidos é máis que suficiente para formar un goberno, cinco xa sería demasiado”. Pensando xa no seu papel na oposición opina que “facer unha boa oposición, unha oposición constructiva, de sumar e non de restar, é ao que me vou adicar xunto co meu grupo”. Reafírmase en que o sábado 15 de xuño votará polo cambio e dará o seu apoio á candidata socialista Elvira Lama, como xa llo transmitiu a mesma noite das eleccións cos resultados definitivos cando a chamou por teléfono para comunicarllo e felicitala. Partido Popular Pola súa banda o candidato popular á alcaldía, Antonio Fernández, mantén a súa postura de que “fomos o partido máis votado e o normal sería que gobernase ese partido máis votado, pero como a lei tamén contempla que poida haber que coaliguen entre eles pois é sobre o que están traballando eles. Se chega a haber un cuatripartito, o que faría falta para ter maioría absoluta entre os catro partidos para xuntar sete concelleiros e nós estamos en cinco, faríannos falta dous máis. Pero parece que a esquerda negocia para que non goberne o Partido Popular”. Preguntado se alguén se dirixiu a eles ou eles a alguén, “eles están facendo as súas negociacións e segundo os seus comuni-

cados ninguén nos quere. O normal é que gobernara o partido máis votado porque tamén entendemos que catro partidos gobernando pode ser complicado. Todo parece indicar que haberá un cuatripartito e que van apoiar a Elvira Lama”. Engade que “estamos dispostos a gobernar en maioría simple e se temos que chegar a algún pacto de goberno con algún grupo chegaramos a un entendemento, pero con nós ninguén se puxo en contacto, polo que entendemos que non queren saber nada de nós”. “Non nos queremos meter en nada, eles saberán o que están facendo, se chegan a un acordo os catro partidos non temos nada que facer”, remata. Acordo a catro Este luns 10 de xuño estiveron reunidos PSOE,AXIL, XA e BNG. Foi unha primeira toma de contacto onde se reflectiu a boa sintonía entre os catro partidos destinados a provocar o cambio na alcaldía de Xinzo. Emprazáronse para este mércores á tarde para

O que queda por asignar son as concellerías e a tenencia de alcaldía, que previsiblemente recalará en Amador Díaz deixar xa pechado un acordo definitivo e, de ser posible, deixalo tamen por escrito. No que si están os catro de acordo é en que a candidata socialista, Elvira Lama, será a próxima elexida no pleno do sábado para ser a nova alcaldesa, a primeira muller que logra o cargo en Xinzo de Limia. O que queda por asignar son as futuras concellerías e a tenencia de alcaldía, aínda que o máis seguro é que esta recaia en Amador Díaz como segunda forza en votos e concelleiros deste cuatripartito. Pero parece que iso non será o máis importante para eles, senón o cambio que se vai producir na vila cara unhas políticas máis sociais e progresistas.

A candidata socialista, Elvira Lama, será a futura alcaldesa da vila tralo acordo a catro acordado estes días.


TEMA DA SEMANA

Barrios 13 de xuño 2019

A piques de desvelarse o enigma da alcaldía 4 Este sábado 15 de xuño Ourense coñecerá ao seu rexidor para os vindeiros catro anos. R.Torres

cionalistas deixan a mensaxe de que “o noso voto está ao servizo de quen o quería utilizar para botar ao baltarismo” e invitan ás outras formacións a que se posicionen “dunha forma clara” ante esta “oportunidade histórica” de se queren “manter ao baltarismo, un instrumento ao servizo do PP, que o único que fixo foi xerar desigualdades para esta provincia ou pola contra apostan por abrir un tempo novo”.

Estamos a escasas horas de descubrir un dos enigmas que máis inqueda aos veciños de Ourense nestas datas. Saber quen será o seu alcalde durantes os vindeiros catro anos é algo que está a supoñer -a máis dun- un desvelo nos últimos días. Son tantas e tan variadas as hipóteses que calquera cousa pode acontecer. Incluso pactos que este venres poden estar practicamente pechados, o sábado poderían cambiar totalmente antes do pleno de confección da corporación municipal. Ou así o supón máis dun candidato. O pleno dará comezo ás 10 da mañá. PP O Partido Popular está na procura de acordos en negociacións nas que non está presente o alcalde en funcións, Jesús Vázquez. Así o asegurou el mesmo ante os micrófonos de diversos medios de comunicación. Desvelou que as negociacións as está a levar o partido e que el só se mantén ao tanto das mesmas, escudándose en que é “unha persoa tremendamente de partido”. “Cando unha persoa está nun partido hai unha estrutura. O partido busca o mellor para o partido”, xustificaba. Asegura que está todo aberto e incluso non descarta que continúe sendo o alcalde da cidade, que cogoberne ou que estea na oposición, “vendo as circunstancias e as condicións desas alternativas”, afirmaba. O que deixou

O alcalde en funcións, Jesús Vázquez, confesou que non está presente nas negociacións destes días e que todo está en mans do partido

Este sábado, ás 10 horas, terá lugar a constitución da nova corporación municipal e a investidura do novo alcalde. claro é que a cidade necesita gobernos de maioría “para evitar o terrible bloqueo ao que somoteu a oposición a este goberno o mandato pasado”. En canto aos rumores sobre unha posible marcha do PP de Ourense, Vázquez comentou que xa o tiñan colocado nestes días en moitos lugares: “un día póñemne como presidente da Fundación Expourense, ao día seguinte era senador, ao seguinte iba ao Consello Económico e Social. Pero eu teño un compromiso e estou a disposición do partido”, concluía. Sobre a renuncia de Santiago Rodríguez (o seu número dous na lista municipal), dixo que cando alguén está ferido “é moi perigoso”. “Se collen as declaracións queda claro todo desde o principio ata o final, polo tanto é lóxico que non teña lealdade á miña persoa, e tampouco é unha persoa de partido”, aseguraba. E engadía que cando unha persoa non cumpre “cos seus obxectivos e dá cunha persoa que ten moi claras as cousas pois ao mellor non cadraba”. Lembremos que Ro-

dríguez foi proposto polo presidente da Deputación, Manuel Baltar e o da Xunta, Núñez Feijoo, como número dous de Jesús Vázquez e foi a eles a quen lles comunicou a súa decisión de non recoller a acta de concelleiro. Ademais, lanzou duras críticas sobre o alcalde en funcións ao que -en declaracións a galiciapress- non lle recoñece “nin liderado nin autoridade moral ningunha”, para informarlle da súa decisión. Democracia Ourensana Gonzalo Pérez Jácome, candidato de Democracia Ourense, negou que lle ofrecera ao PSOE un acordo para gobernar dous anos cada un no mandato que comeza este mesmo sábado. Jácome asegurou que a súa formación votarao a el mesmo para ser elexido alcalde. O líder de DO é un dos que non vería raro estar en vela “a noite do venres” para chegar a algún acordo con algunha formación. Pérez Jácome espera non ter que chegar a ese extremo e agarda que sexa antes cando pacte. Un

Gonzalo Jácome está a negociar tanto con PP como con PSOE, plantexándose ceder a Deputación a quen lle permita acadar a alcaldía pacto que pasaría a priori por ser el alcalde. O que ten claro é que son dúas administracións -Concello e Deputaciónas que están en xogo e o acordo ao que se chegue afectará a ambas. As negociacións son tanto co PSOE coma co PP e todas elas pasan por que sexa Pérez Jácome o próximo rexedor da capital, deixando o goberno provincial ao partido co que logre un acordo. No caso de buscar entendemento co Partido Popular só terían que falar entre eles dous, mentres que se busca pactar co PSOE, precisaría o apoio de BNG e Cs para cambiar o mando da Deputación. BNG O Bloque Nacionalista

Galego regresa ao panorama municipal con dous concelleiros despois de estar os últimos catro anos no dique seco. O seu líder, Luis Seara, deixou claro que non van formar parte de ningún goberno, pero que o seu partido si buscará a forma de afastar o “baltarismo” da Deputación (contan con dous deputados). Para elo, agarda que PSOE, DO, Cs e o propio Bloque se poñan de acordo para desbancar a Manuel Baltar. De darse o caso deste entendemento, no Concello apoiarían algunhas das propostas doutros grupos, sempre e cando non se alonxen do programa do seu partido. En canto ao Concello de Ourense, Seara adiantaba que “o BNG fará unha oposición seria, construtiva e colocando as necesidades de Ourense nun primeiro plano”. Sobre a situación que atravesa Ourense, Seara foi claro, “hai forzas políticas que queren converter o Concello nunha sorte de mercado persa no que todo se merca, mesmo a credibilidade e dignidade con tal de tocar poder”. Os na-

PSOE Pola súa banda, dende o Partido Socialista nos últimos días non cesaron as conversas cos demais grupos políticos na procura dun acordo que permita tinguir de vermello o mando de Concello e Deputación. Pero se con algunha formación esas conversas están a ser máis intensas é coa de Gonzalo Jácome, a quen o PSOE fixo unha proposta (da que non trascenderon os termos) pero que non rematou de intersar a DO, que respostou cunha contraoferta. Nada se sabe de ningunha delas, pero Jácome sempre deixou claro tralo 26M que o seu principal obxectivo é ser alcalde de Ourense, polo que a súa resposta seguramente se basearía nun pacto que lle permitise gobernar o Concello a cambio de que os socialistas se fixeran coa Deputación. Este sábado 15 sairemos de dúbidas en canto a quen será o próximo alcalde da capital e, previsiblemente, esa decisión deixará entrever se a institución provincial continúa en mans de Baltar ou non. O pleno no que se elexirá ao presidente da Deputación será a finais deste mesmo mes de xuño.

Para o BNG a prioridade é afastar ao “baltarismo” do mando da Deputación


Barrios 13 de xuño 2019

CIDADE

Prepara as oposicións de Maxisterio con Academia Proxecto Redacción Finalizando o “ano escolar”, Rocío Seara Carreira, directora, e Maria P.F., alumna do grupo de Educación Infantil, cóntannos a súa experiencia. Xuño 2019, momento de valorar o curso xa case finalizado...

Rocío Seara: “Academia Proxecto mantén os seus acenos de identidade, o noso equipo docente, xunto coas novas incorporacións, temarios actualizados, plataforma de apoio á preparación, preparación integral de todas as probas, seguimento intensivo e individualizado de cada alumno, simulacros de exa-

Nenos xogando na zona de auga da Alameda do Cruceiro o pasado ano. /ARQUIVO.

Aberta a zona de auga da Alameda do Cruceiro 4 Permanecerá en funcionamento ata o próximo 29 de setembro. Redacción Ourense prepárase para o calor do verán coa apertura das zonas nas que veciños e visitantes se poden refrescar. A pasada fin de semana abriron as súas portas as piscinas de Oira e a zona de xogos de auga (splashpad) do Parque Inclusivo da Alameda do Cruceiro -na rúa Concejo- coñecido por moitos como parque Infantil. No caso das piscinas de Oira o horario será de 11 a 21 horas ininterrompidamente e con entrada de balde. As mesmas estarán abertas ata o 15 de setembro. Alameda do Cruceiro Desde o ano pasado a

cidade de Ourense conta cunha nova zona de refresco para a cativada. A reforma realizada na Alameda do Cruceiro trouxo unha nova zona de xogos de auga que foi toda unha sensación o pasado verán. E este ano volveu abrir as súas portas e estará en uso (todos os días entre as 18 e as 21:30 horas) ata o vindeiro 29 de setembro. Xogos coma géisers, chorros, canóns e arcos de auga ocupan 172 m2 da Alameda, que xunto á tirolina de 44 metros de lonxitude e unha zona de calistenia conforman un lugar moi demandado polo rapaces ourensáns e os visitantes no período estival.

mes reais...”. Que aspectos destacarías da túa formación con Academia Proxecto? María P.F.: “A forma de preparar as probas da oposición: temario, proba práctica, programación, unidade didáctica e outros aspectos esenciais como a lexislación, que os profesores pasaron polo mesmo ca min dame moita confianza, eles falan desde o coñecemento tanto a nivel preparación oposición como desde dentro dos colexios”. Falando do auxe das

oposicións, realmente é sinxelo conseguir unha praza de funcionario? R.S.: “Non, non é fácil. É cuestión de esforzo, horas de estudo e sacrificio persoal en moitos casos, a isto unimos o rodearte de bos profesores e bo material. Opositar é unha carreira de fondo, pero ao final unha vez que o consegues tes a mellor recompensa”.

catoria pasada levando o mesmo tempo ca min como opositor, para min foi unha grata sorpresa comprobar que todo o que dicían é verdade, que contan cun profesorado preparado e moi motivado que coñece á perfección as probas xa que as pasaron, a súa proximidade, que me apoiaron, orientado e incentivado na procura do meu soño.”

Que te levou a escoller Academia Proxecto? M.P.F.: “A experiencia doutros alumnos cos que estudei na carreira. Algún conseguiu praza na convo-

E xa en chave de futuro, novidades para o próximo curso? R.S.: “Está claro que de entrada seguiremos mantendo a nosa filosofía de

traballo nas especialidades de Educación Infantil, Educación Primaria e Inglés. No centro de Vigo temos varios grupos de preparación de Pedagoxía Terapéutica, así que este ano abrimos en Ourense un grupo. E na próxima convocatoria abriremos grupo de Audición e Linguaxe dado que en Vigo tamén temos varios grupos. Temos preparadas varias cousas para facilitarlle ao opositor a preparación e sorpresiñas que iremos vendo ao longo do curso que vén. Sempre pensando en mellorar e avanzar”.


EMPRESAS

Barrios 13 de xuño 2019

Máis de 7000 gandeiros galegos produciron 2,8 millóns de toneladas, líderes indiscutibles no ambito nacional.

“Galega 100%”, o selo lácteo consolidado no mercado nacional

4 Esta marca, impulsada pola Xunta, avala e identifica o leite galego de calidade diferenciada. Redacción Galega 100% é o único selo que distingue aos produtos lácteos galegos de calidade superior; un selo que garante a trazabilidade do leite dende a granxa ata a casa. A marca de garantía do mellor leite de Galicia nútrese do leite producido nas ganderías incorporadas ao Rexistro Galego de Explotacións de Calidade Diferenciada. Ademais, os servizos veterinarios oficiais da Xunta de Galicia realizan cada ano máis de 2.700 controis de benestar animal nas explotacións de vacún, o 50% do total español. Este selo saía ao mercado o 7 de febreiro de 2011 como a única identificación que avala o

leite galego de calidade diferenciada. Deste xeito, Galega 100% ofrece un produto da máxima calidade, suxeito aos controis dos servizos veterinarios oficiais da Xunta de Galicia e garantido pola certificación de calidade do Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (LIGAL). A posta en marcha desta marca respondeu á aposta da Xunta pola valorización do leite galego, unha vella demanda do sector. En menos dun ano, Galega 100% consolidouse como a referencia indiscutible do leite de calidade producido e envasado en Galicia. Arrancou con catro marcas comerciais (Leyma, Feiraco, Larsa e Deleite) ao que se foron sumando moitas outras.

Galega 100% arrancou con catro marcas comerciais ao que se foron sumando moitas outras.

Sector estratéxico O lácteo ten a condición de sector estratéxico para Galicia. Na nosa comunidade prodúcese case o 40% do leite de España e localízase máis da metade do total nacional de explotacións lácteas. Así, Galicia é unha das primeiras rexións europeas produtoras de leite, ocupando actualmente o oitavo posto dentro da UE. O pulo deste sector ponse de manifesto tamén porque os máis de 7.000 gandeiros galegos facturan anualmente uns 800 millóns de euros e a produción de leite no 2018 chegou aos 2,8 millóns de toneladas, consolidando a Galicia como líder indiscutible no ámbito nacional. Deste xeito, o selo Galega 100% ofrece hoxe un produto da máxima calidade, que permite ao consumidor unha identificación fácil e sinxela, o que contribúe a poñer en valor este produto nos mercados. O consumidor que escolla un produto no que aparece este distintivo ten a seguridade de estar consumindo un produto de

Galicia e dunha calidade excepcional.

garantías e o significado da marca.

Promoción Para afianzar este selo de calidade entre os consumidores, Medio Rural vén desenvolvendo unha intensa actividade de promoción. Só no que vai de ano, Galega 100% estivo presente en sete eventos diferentes relacionados coa gastronomía ou co deporte, caso do Forum Gastronómico da Coruña, a feira Xantar de Ourense ou Expordes 2019. Así mesmo, fíxose promoción do seu consumo na carreira pedestre de Frades ou en varios partidos de baloncesto na cidade das Burgas. Como parte desta actividade de promoción, dende o mes de xaneiro pasado repartíronse unhas 30.000 unidades de briks de leite amparado coa marca de calidade Galega 100%, xunto con folletos nos que se facilita ao consumidor información sobre como identificar este leite nos diferentes puntos de venda e coñecer as

Día Mundial do Leite O pasado sábado, 1 de xuño, Galicia sumábase á celebración do Día Mundial do Leite, instituído pola Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO) e que se conmemorou por primeira vez no ano 2001. O obxectivo desta iniciativa é incentivar o consumo de leite e de produtos lácteos entre a poboación, tendo en conta os seus indubidables beneficios para a saúde. Ademais, existe unha

“A posta en marcha de “Galega 100% respondeu á aposta da Xunta pola valorización do leite galego, unha vella demanda do sector ”

“Para afianzar este selo de calidade entre os consumidores, Medio Rural vén desenvolvendo unha intensa actividade de promoción” web (http://www.galega100x100.gal/) na que se pode consultar todo o relacionado con este selo como os requisitos para ser Galega 100% ou os produtos certificados como tal.

Galicia é unha das primeiras rexións europeas produtoras de leite, ocupando actualmente o oitavo posto dentro da UE.


Barrios 13 de xuño 2019

CIDADE

EN BREVE

Antiq Auria reúne a 40 expositores de cinco países

4 Paridade A nova Xunta provincial de directores de Primaria e Secundaria de Ourense, por primeira vez baixo criterios de paridade, vén de constituírse na Xefatura Territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Colabora coa administración autonómica en materia educativa cunha función consultiva que permite mellorar a organización dos diferentes colexios e institutos.

4 Pavillón A Xunta de Galicia autoriza a sinatura do convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral para o Deporte e o Concello de Ourense para levar a cabo as obras de reforma do pavillón dos Remedios. O investimento será próximo aos 2 millóns de euros (1.987.479 euros), que serán asumidos integramente pola Secretaría. Actuarase sobre os ximnasios, o vestíbulo e os espazos de comunicación. Dotarase de novos vestiarios e adecuaranse os xa existentes.

4 Praza das Mercedes

Deron comezo esta semana as obras de reposición de pavimento da praza das Mercedes. Está previsto que rematen as obras o venres, 14 de xuño. Os peóns poderán seguir transitando por esta rúa, non así os vehículos.

4 Esta terceira edición celébrase do 14 ao 16 de xuño.

Marisol Nóvoa, xunto ao seu equipo.

Redacción

Marisol Nóvoa, presidenta da CEO 4 Foi elexida con 149 votos. Redacción A que era, ata agora, vicepresidenta da Confederación de Empresarios de Ourense converteuse na presidenta para os vindeiros catro anos. Nóvoa foi elexida ao obter 149 votos -dos 184 emitidos- na asamblea xeral extraordinaria celebrada o pasado 6 de xuño; houbo 31 votos en branco e 4 nulos dun censo total de 323 electores. Convértese desta maneira na primeira muller en acceder a devandito cargo. A da nova presidenta foi a única candidatura debido a que no propio día das eleccións -a mediodía- Lois Babarro retiraba a súa proposta da carreira pola presidencia. Babarro explicaba

nunha rolda de prensa que o acontecido nos días previos á elección “non representaba os valores do seu equipo”. Desde o seu grupo tentaron impugnar a candidatura de Nóvoa debido a que un dos seus non tiña pagadas as cuotas da CEO. Desde a xunta de goberno rexeitaron tal impugnación e iso derivou na renuncia. Traballo Na intervención post electoral, Marisol Nóvoa comprometeuse a “adicar os mellores esforzos para que a CEO ocupe o lugar que se merece e destaque pola unidade do empresariado ourensán”, ademais de aunar esforzos para lograr “os obxectivos comúns” que son “contribuir a mellorar as condicións das empresas e da socida-

de ourensá en xeral”. A nova presidenta quixo recalcar que traballará “para todos” e se esforzará en “apoiar proxectos e iniciativas que se plantexen”. Asemade, comprometeuse a “facer bandeira” da “maior transparencia e eficacia na xestión”. Tamén agradeceu o traballo do seu equipo nas últimas semanas, e en especial das “mulleres que me apoiaron”, resaltou, logrando ser a primeira fémina que preside unha confederación empresarial en Galicia, do que dixo sentirse “moi orgullosa”. Finalmente, tivo un especial recordo ao seu predecesor no cargo, José Manuel Pérez Canal, quen confiou nela hai seis anos para formar parte do seu equipo.

O seu adversario, Lois Babarro, retirou a súa candidatura horas antes da elección

Verán en Amencer Redacción

4 Palilleiras

Este sábado, 15 de xuño, a partir das 10.30 horas, terá lugar en Expourense a segunda xuntanza entre AA.VV. entorno o encaixe de bolillos.

4 Doazón

O artista Paco Ascón dona 270 euros a Cruz Vermella. Foi o recadado en rifas para o sorteo dun óleo sobre lenzo da Ponte Romana. O cadro estivo exposto en “El Cercano” dentro da exposición “Ourense Cercano”.

Expourense acolle esta fin de semana a terceira edición de Antiq Auria, Feira Internacional de Antigüidades, que reunirá a 40 expositores procedentes de 5 países (España, Portugal, Francia, Suíza e Romanía). A principal novidade desta edición será o “Recuncho de Arte Contemporánea de Galicia” no que cinco recoñecidos artistas galegos exporán as súas últimas obras de pintura e escultura que estarán tamén á venda para o público. Participarán Manuel Buciños, Acisclo Manzano, Manuel Vidal, Andrés Santeiro e Vidal Souto. Antiq Auria, que conta cun alto índice de fidelidade por parte dos expositores, volverá converterse en punto de encontro de nostálxicos presentando obxectos únicos e cheos de historia divididos en tres sectores: antigüidades, coleccionismo e vintage. No referente ás antigüidades propiamente ditas (obxecto con máis de

Celebración en Leiro do Global Wellness Day.

Global Wellness Day Ourense celebrou -por cuarto ano consecutivo- no Hotel & Spa Monasterio de San Clodio o Global Wellness Day organizado por Termatalia, co obxectivo de posicionar a Ourense coma un destino saudable e de benestar. Durante este acto léuse o manifesto do Día Mundial do Benestar e realizáronse fotografías e un vídeo que serán enviados aos organizadores do Global Wellness Day para ser incluídos no resumo final da celebración mundial deste evento ao que se sumaron xa máis de 120 países con máis de 3.000 localizacións e celebracións.

A Asociación Xuvenil Amencer pon en marcha a campaña de verán. Este ano consta de 12 campamentos que se levarán a cabo entre mediados de xuño e agosto. Así, as actividades son as que seguen: as mañás de verán, do 24 de xuño ao 19 de xullo con actividades para rapaces de 3 a 14 anos; dende o xoves 1 de agosto ofertarase a 32º edición do Campamento Urbano Infantil e a 22º do Campamento Urbano Xuvenil; campamento

50 anos) como xoguetes, teléfonos, reloxos, mobles, xoias, utensilios de prata, porcelanas, etc. Na sección de coleccionismo de poderase atopar numismática, filatelia, obxectos militares e relixiosos, ets. Por último, esta cita conta tamén cunha área reservada para os afeccionados aos obxectos vintage (sec. XX), que se converteron nunha moda e nun referente á hora de decorar fogares ou negocios. Ademais de punto de venda, Antiq Auria tamén ofrece a oportunidade aos visitantes de taxar e vender aqueles obxectos antigos que teñan nos seus fogares. O obxectivo de Antiq Auria, tal e como indican desde “Memoria Antiga”, é “pór en valor o antigo e que a xente conserve e tómelle agarimo ás cousas vellas porque son parte da súa historia”. O horario de apertura será o venres 14 de xuño de 17 a 21 horas; e o sábado e domingo de 11 a 14.30 e de 16 a 21 horas. A entrada ten un custo de 2 euros e será gratuíta para menores de 12 anos. Saltimbanquis; do 28 ao 30 de xuño en Gandario (A Coruña); campamento andaina, do 7 ao 15 de xullo na Rúa; campamento ADS, do 7 ao 15 de xullo en Castrelo-Cambados; grupos xuvenís I, para rapaces de 14 a 16 anos, do 15 ao 23 de xullo en Castrelo-Cambados; grupos xuvenís II, de 16 a 18 anos, do 15 ao 23 de xullo en Foz (Lugo); grupos xuvenís III, campamento experiencial dos mozos e mozas de 18-19 anos aue se realizará do 25 ao 28 de xullo na Coruña; e grupos xuvenís post-catecumenado, para mozos e mozas de máis de 19 anos, do 25 ao 28 de xullo na Coruña.


CIDADE

O Campo de Aragón listo para a súa apertura 4 Prevista para o mes de outubro. Redacción O Campo de Aragón xa ten todo listo para a súa apertura. Aínda que para elo haberá que agardar ata o mes de outubro cando rematen os traballos de amoblamento da Biblioteca e o Arquivo, xa que está situado na súa contorna. Esta gran praza foi recibida recentemente polo Concello tras o remate das obras de acondicionamen-

to por parte do Ministerio de Cultura. O Ministerio cedeulle á cidade este espazo aberto, con axardinamento, deseñado a modo de praza interior para acoller a organización de eventos culturais e sociais. O investimento da reforma de todo o enclave supuxo máis de 40 millóns de euros. O Concello será o encargado da conservación, mantemento e reparación deste espazo público.

Parque de Aragón.

As actividades de verán abren inscrición 4 O prazo remata o 26 de xuño. Redacción O Concello vén de abrir o prazo de inscrición nas actividades de verán para escolares das bibliotecas municipais e da Aula de Natureza. Os interesados deberán anotarse na praza de San Martiño, 1º, para as actividades da aula de Oira e nas propias bibliotecas da Carballeira, San Francisco e A Ponte para as que nelas se desenvolven. O prazo de inscrición rematará o 26 de xuño e as prazas adxudicaranse por orde de presentación de solicitudes. Horario A programación

da

Aula de Natureza do río Miño está dirixida a alumnado de Educación primaria (de 6 a 12 anos) e estenderase durante os meses de xullo, agosto e ate o 6 de setembro. Os horarios son de mañá e tarde; de 10 a 13 e 17 a 19h (agás os venres pola tarde, cando pecha). A actividade custa 10 euros por escolar e mes, e 5 euros por irmán ou irmá. Nas bibliotecas as actividades realizaranse durante os meses de xullo e agosto, de 10.30 a 13 horas. Están dirixidas a alumnado de 4 a 10 anos e a inscrición é gratuíta.

Adianto das Festas de Ourense 4 Serán do 22 ao 30 de xuño en varios escenarios. Redacción A poucos días para que arranquen as festas de Ourense ímos sabendo o programa prepararado desde a Concellería de Cultura. As barracas voltarán a zona do pavillón e os concertos serán nas prazas do Ferro, San Martiño e na praza Maior, ademais de en Expourense. Na praza Maior os concertos previsto son os de “A edad de Ouro do Pop Español” -luns 24-; Ramoncín -martes 25-; os fados de María do Ceo o mércores 26; Morgan, Christina Rosenvinge e Marem Ladson o día 27; Siniestro Total acutuará o

día 28, pero antes, ás 22.30 h, Alberto Cereijo presentarán o seu novo grupo. Faltan por coñecer algún dos concertos da praza Maior, así como o nome das orquestras que actuarán polas noites na zona da Alameda como estes últimos anos. Desde o Concello recordan que os concertos na praza Maior

Barrios 13 de xuño 2019

son con aforo limitado, polo que se recomendan acudir con antelación se estás interesado. Expourense Tras tres días de concertos na praza Maior damos un salto de escenario. Expourense acollerá os concertos máis potentes. O xoves 27, Marea presentarán o seu novo disco “O azogue” ás 22.30 h. O venres 28, Izal actuará á mesma hora. E o sábado 29 de xuño, Aitana adiantaranos os temas do seu novo disco “Spoiler”; será ás 22 horas. As entradas de Marea e de Aitana estarán á venda os primeiros días a un prezo de 12 euros.

Marea actuará o xoves 27 en Expourense.

EN BREVE 4 Denuncia CCOO presenta denuncia ante Inspección de Traballo contra o Concello de Ourense pola negativa continua e reiterada “a facilitarnos información de carácter laboral á que temos dereito”, explicaban desde o sindicato. Aseguran que son máis de 80 os escritos rexistrados no Concello solicitando información e “o equipo de goberno do Sr. Jesús Vázquez, negouse a facilitala”.

4 AVE Adif adxudica a asistencia e control das actuacións complementarias na adaptación do tramo Taboadela - Ourense, dentro da liña de alta velocidade Madrid - Galicia. O contrato foi adxudicado a GOC por 442.963,77 euros e ten por obxectivo a prestación de servizos de asistencia e consultoría para o apoio técnico e económico necesario á dirección de obra, de cara á correcta execución dos proxectos. A implantación do ancho mixto no tramo permitirá tanto a circulación de trens de alta velocidade en ancho estandar coma de trens en ancho ibérico por rede convencional.

4 Intermodal

O Concello de Ourense puxo á disposición da Xunta de Galicia os terreos para o desenvolvemento do proxecto integrador da estación intermodal. Concretamente, as parcelas 1, 2.1, 3a e 3b2 do proxecto de compensación do sector urbano de RENFE (SU-34 do PXOU), de titularidade municipal. Así o acordou a xunta de goberno local en funcións, reunida de forma extraordinaria.

4 La Molinera

Os Campamentos Tecnolóxicos Kids 2019 de La Molinera recibiron un total de 818 solicitudes para participar nalgunha das cinco propostas para mozos e mozas con idades entre os 8 e os 16 anos. Tívose que realizar un sorteo para coñecer aos beneficiarios.


Barrios 13 de xuño 2019

XINZO E COMARCA

EN BREVE 4 Ciclo medio O IES Cidade de Antioquía reincorpora ao seu listado formativo un ciclo medio de Xestión Administrativa, que se impartirá novamente a partir do curso 2019-20.

4 Obras Nestes días dará comezo as obras na avenida de Celanova. O prazo de execución será de sete meses. A Consellería de Infraestructuras investirá 2,1 millones de euros.

4 Subvención A Consellería de Economía, Emprego e Industria concede ao Concello de Xinzo unha subvención de 100.000 euros para mellorar o seu parque industrial.

4 Avespiña A Xunta realiza en Baltar a solta dun parásito contra a avespiña do castiñeiro. Durante o período estival prevense soltar 1,6 millóns de exemplares en toda a comunidade.

Búscanse os mellores “Barquiños Antelanos” e “Manteigadas Limas”.

Un concurso busca o doce típico 4 A convocatoria está aberta ata o 21 de xuño. Redacción Xinzo de Limia quere contar cun doce propio. Para elo convoca a un concurso para elexir o mellor en dúas categorías: “Manteigadas Limas” ou “Barquiños Antelanos”. As receitas foron sacadas do libro de fábrica (libro administrativo a modo de diario económico da parroquia) de Xinzo do século XIX.

O abade Don Bernardo Antonio González, escribiu á marxe uns apuntes que recollían receitas para realizar lambetadas, cecas para os días de festa ou para visitas notábeis. Convocatoria A Concellería de Turismo do Concello de Xinzo de Limia convoca estes premios co obxecto de que a veciñanza teña a oportunidade de elaborar, a parti-

res das receitas do devandito abade. O concurso terá lugar na Casa da Cultura e Xuventude e o prazo remata o 21 de xuño. Farase unha preselección o 29 de xuño e a final terá lugar o 18 de xullo coincidindo coa festividade de Santa Mariña. Poderán participar todas as persoas, incluído profesionais, maiores de idade, empadroados en Xinzo de Limia ou que teñan a súa actividade comercial, empresarial ou laboral no concello. Para inscribirse deberase presentar solicitudes de forma presencial na Casa da Cultura ou Biblioteca Municipal Antelana ou por correo electrónico enviando a mensaxe “Concurso doces de Xinzo - solicitude de inscrición” a casaculturadexinzodelimia@ gmail.com. O doce que resulte gañador -en cada unha das categorías- recibirá un premio de 700 euros. Os segundos clasificados, 50 euros.

Obradoiro no Xpazo Redacción A sede de Xpazo acolleu o obradoido de animación sociolaboral “Requisitos e competencias dalgúns dos principais perfís laborais da comarca” na que participou o alumnado de FP Básica II da especialidade de cociña do IES Lagoa de Antela. O obradoiro foi unha toma de contacto con algunhas empresas da zona

que comentaron os principais requisitos e competencias laborais demandadas polos perfís laborais entre os seus equipos de traballo. Experiencias Contouse con tres experiencias do sector servizos como foron “A de Torino” –hostalería-, “Centro de Día-Fogar Residencial Vilar de Barrio” –atención sociosanitaria- e “Carlin” e “Tenda R” –comercio e telefonía-; e unha do sector primario “Campos Montero S.L.” –xardinería-.

O obradoiro serviu para coñecer algunha experiencia do sector servizos.


CIDADE

Acto onde se expuxeron os datos elaborados polo CDR O Viso.

Xinzo demanda servizos de apoio á conciliación 4 Segundo unha enquisa realizada polo CDR O Viso. Redacción O Centro de Desenvolvemento Rural O Viso expuxo os resultados do “Estudo de necesidades da poboación limiá”. Foi durante un acto aberto no CIX da Limia no que participaron axentes sociais e educativos, entidades sociais, ademais de políticos de diversas opcións. Carmen Bohórquez, Lucía Nóvoa e Edi González achegaron o enfoque do estudo e os datos recollidos de preto de 300 enquisas. Sobre os resultados, o máis destacado foi que se

reclaman máis servizos de apoio á conciliación. Tamén se pide unha maior atención sociosanitaria, demanda de servizos a domicilio para persoas maiores e maior oferta de ocio e cultural para a mocidade. Outro tema que se abordou foi o da importancia de promover unha auténtica comunidade educativa, traballar en rede e seguir nunha liña de diálogo coa cidadanía. Desde o CDR consideran que hai “unha escasa cultura de participación e de traballo en rede”.

Barrios 13 de xuño 2019

Formación na Limia sobre o cancro

Simulacro de incendios

4 AECC e Asociación Escola Rural de Saúde da Limia imparten formación.

A Xunta de Galicia organizou en Xinzo de Limia un simulacro de incendio forestal de situación 2 como preparación ante posibles emerxencias. A actividade tivo lugar na parroquia de Gudín. O obxectivo fundamental deste exercicio, no que participaron máis de 70 efectivos, foi comprobar que todas as cadeas de traballo, humanas e materiais, operasen con total coordinación. O resultado foi positivo por parte de todos os axentes participantes. O simulacro baseouse na simulación do lume que afectou os concellos de Cualedro e Xinzo en agosto de 2015. E no que poría en perigo a diferentes núcleos de poboación de ambos concellos.

Redacción A Asociación Española Contra o Cancro (AECC) e Asociación Escola Rural de Saúde da Limia impartiron formación sobre o cancro dirixido pacientes, familias e coidadores. As dúas asociacións suman recursos para realizar talleres de formación orientados a ter máis información en relación ao cancro e como este afecta aos pacientes, as familias e aos coidadores. Neste, o público asistente foi moi variado, destacando a participación de auxiliares de axuda a domicilio, en cuxa labor profesional deben afrontar o coidado de persoas con tratamentos oncolóxicos. Contido A formación tivo lugar na Casa da Cultura de Xinzo de Limia durante o mes de maio, e abordouse desde diferentes perspectivas: nocións

A Casa da Cultura de Xinzo foi onde se deu a formación sobre o cancro. de epidemiología, a prevención e os tratamentos existentes, os dereitos dos pacientes oncolóxicos, a diagnose e as reaccións emocionais así como os aspectos psicosociais do enfermo e a súa familia. Desde o enfoque nutricional deuse información en canto aos hábitos e mitos alimentarios, a estratexia nutricional e as alteracións dixestivas que sofren os pacientes durante os tratamentos. O curso foi impartido por Kelly Pereira, Traballadora Social de AECC

Delegación de Xinzo e Mª Dolores Rico, Dietista/Nutricionista de Asociación Escola Rural de Saude dá Limia. O curso pechouse cunha charla sobre as próteses de mama para mulleres mastectomizadas impartida por Elena Rodríguez Villarino, Licenciada en Farmacia e Ortopeda da Farmacia Prieto e un taller de panos oncolóxicos para cubrir a cabeza e maquillaxe dirixida por Carmen Valencia Álvarez da Barbaría Nanen.

Redacción

O simulacro de incendio contou con máis de 70 efectivos. /RAMSÉS.


10

Barrios 13 de xuño 2019

DEPORTES

Pepe López estréase en Ourense 4 Logra a súa primeira vitoria no Rali Ourense Termal o ano do seu debut nesta cita. Redacción Adrenalina pura a que derrochou o 52º Rali de Ourense. Unha proba que contou, por raro que pareza, cunha climatoloxía ideal para gozar dun rali coma este. Ao final desta edición Pepe López alzouse coa primeira vitoria en terras ourensás. Na xornada do venres, nos dous primeiros tramos (Esgos e Canóns do Sil) Xevi Pons (Skoda Fabia R5) lograba gañalos poñéndose en cabeza seguido de Pepe López (Citroën C3 R5) e Surhayen Pernía (Hyundai I20 R5). Na segunda pasada destes dous tramos Pepe López e Iván Ares lograban sendos scratchs. Finalizada a primeira xornada Pons mantenía a primeira praza seguido de López e Ares. Segunda xornada A segunda xornada comezaba con Pepe López apretando a un Xevi Pons que se defendía para continuar na primeira posición. Iván Ares afianzabase no podio. Foi no segundo tramo do día (sexto do rali) cando as couse mudaron e a emoción disparouse. Ares lograba ser líder virtual ao vencer neste tramo (Be-

Fiat 124 Abarth que, ademais, se facía coa vitoria no apartado de 2RM. Copas No referente ás copas de promoción, Tamés levaba a vitoria na Copa N5 RMC por diante de Alberto Otero e Fran Cima, que escalaba desde a quinta á terceira posición durante o transcurso do día. Pola súa banda, Sarabia facía o propio na copa Suzuki Swift, marcando un ritmo fortísimo que o levaba a alzarse coa primeira vitoria do ano dentro da copa, demostrando que o ritmo das dúas últimas probas do ano pasado non fora unha casualidade. No podio acompáñano Mi-

guel García e Pablo Pazó, tras unha bonita loita entre ambos que finalmente levaba o valenciano. Na copa Dacia o local Daniel Carballo foi profeta na súa terra tras a picada do tamén local Jose Frade, logrando a vitoria na que foi a copa de promoción máis disputada do rali, escoltado no podio por David Quijada, que lle roubaba in extremis a segunda posición a Jesús Álvarez no último dos tramos.

Pons, por unha saída de pista, e Ares, por unha avaría, tiveron que abandonar

Pepe López, co seu Citroën C3, no tramo do Carballiño. /RAMSÉS. resmo) xunto á retirada obrigada de Pons ao sufrir unha saída de pista. Algo máis de dous segundos separaban a Ares de López. No Carballiño o de Citroen devolvíalle a moeda ao de Hyundai e ademais do scratch no tramo lobraba o liderato virtual con 3,3 segundos de diferenza. Foi na segunda pasada de Vilar de Condes cando o rali quedou visto para sentenza. O galego sufría unha rotura na súa bomba de gasolina o que o obrigaba a retirarse deixando a vitoria final para o madrileño a tiro de pedra; Pernía era segundo a case un minuto e Joan Vinyes

(Suzuki Swift Sport R+) terceiro a máis de dous. Houbo que agardar ao antepenúltimo tramo do Rali para ver a primeira ledicia ourensá. Javier Pardo (Suzuki Swift Sport R+) foi o máis rápido na segunda pasada por Vilar de Condes (o mesmo que na seguinte, a segunda por Beresmo). Para rematar o rali, o vencedor deixou as cousas claras ao ser o máis rápido no derradeiro tramo (segunda pasada polo Carballiño). Clasificación Así, Pepe López xunto ao seu compañeiro Borja

Hernández lograba poñer o seu nome na lista de ilustres vencedores dun dos mellores ralis do Campionato de España. Tras eles, na segunda posición, Surhayen Pernía xunto á copiloto Alba Sánches facíanse co subcampionato. En terceira posición remataban Joan Vinyes e o seu compañeiro Jordi Mercader. O alaricano Javier Pardo foi o mellor piloto local (a pesar dos problemas mecánicos que sufriu o Suzuki durante a proba) ao rematar na cuarta posición, de copiloto tiña a Adrián Pérez. Completaba o top5 Alberto Monarri e o seu

Iván Ares e Surhayen Pernía durante o Rali Ourense Termal. /ARES TEAM E RAMSÉS.


PUBLICIDADE

Barrios 13 de xuño 2019

11


12

Barrios 13 de xuño 2019

EN BREVE 4 Correndo por Ourense O circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense” celebra o domingo 30 de xuño a proba que se disputa na zona Centro de Ourense; con ela chegarase ao ecuador desta edición -a novena-. Coma sempre, desde este ano, que se disputa en domingo dará comezo ás 11 horas coa proba dos pitufos. Seguirana as carreiras de categorías escolares e rematará ás 11.30 horas coa proba absoluta. Logo desta carreira o circuíto terá un parón ata o vindeiro mes de setembro, cando se celebren dúas probas: a da Universidade (8 de setembro) e a da Ponte (29 de setembro).

4 BTT Cidade de Ourense O vindeiro 16 de xuño celébrase a oitava edición da BTT Cidade de Ourense. A hora de saída (Paco Paz) será ás 9.30 horas e poderase elexir entre dúas rutas: unha de 35 quilómetros e outra de 70. O circuíto curto terá pouca dureza, cun acumulado aproximado de 600 metros; mentres que o roteiro longo con 1300 metros de desnivel positivo está pensado para bikers máis esixentes. Os interesados deberán apuntarse en Ciclosport Gil (rúa Arturo Pérez Serantes) ou en http://ccduasrodas.es. Para fomentar a participación feminina as mulleres non terán que pagar a inscrición. Para os homes custará 10 euros.

DEPORTES

O Cidade regresa á elite tras “un ano no inferno” 4 Volverá xogar en Primeira logo de vencer a La Concordia na fase de ascenso. R.T. Só un ano tiveron que agardar as pupilas de Manolo Codeso para regresar pola porta grande á elite do fútbol sala nacional: a Primeira división. Como dicía aquel eslogan do Atlético de Madrid, as franxiverdes tiveron que pasar “un aniño no inferno” que pode ser a Segunda división. Liga Na Liga remataron na segunda posición tralo Bilbo. As vascas foron inalcanzables durante toda a tempada e as ourensás tiveron que loitar pola segunda praza. Finalmente, e tras unha dura pugna co Valdetires Ferrol, foi o Cidade o que rematou subcampión do grupo I (empatado a punto -64- co conxunto departamental), o que lle valeu para disputar a fase de ascenso. No sorteo tocoulle o campión do gru-

po II, La Concordia. No partido de ida disputado nos Remedios, as ourensás deixaran enfilado o ascenso -ao vencer por 6 a 0- que certificaron na volta ao empatar a un tanto en terras catalás. Un 7-1 no global da eliminatoria que non deixaba dúbidas da superioridade das galegas. Á chegada do autobús que traía ás xogadoras un grupo de afeccionadas agardábaas na praza Concepción, lugar de celebración dos éxitos dos equipos ourensáns. Xunto ao Cidade ascen-

4 En bandeiras de salvamento acuático. Andrea Bello demostrou a súa superioridade

Envialia O Envialia xoga esta semana a Copa de España. Poio será o seu rival no derbi galego este venres, ás 16 horas no polideportivo Vistalegre de Burela. En caso de pasar a semifinais, o rival saería do encontro a disputar entre Burela e Universidad de Alicante.

Xogadoras e corpo técnico festexando o ascenso.

Andrea Bello, campioa galega

Redacción

deron á máxima categoría Bilbo e Xaloc Alacant. Dos tres ascensos dous son do grupo I ao que pertenecía o Cidade, dando conta do gran nivel do mesmo.

na proba de bandeiras do Campionato de Galicia de salvamento acuático en augas abertas disputado

nas praias de Carballo. Salvour A participación do club Salvour correu a cargo da propia Bello e de Uxía García, que participaron nun total de seis probas en categoría absoluta: nadar surf, sprint, carreira con táboa de salvamento, ocean, bandeiras e rescate con táboa. Déronse cita máis de

A Milla Solidaria regresa ao Paseo 4 Este ano celébrase o sábado 22 de xuño. Redacción A rúa do Paseo volve acoller a Milla Urbana Solidaria, que este ano chega á súa terceira edición. Concebida cun carácter benéfico, nesta ocasión todo o recadado irá a parar a Cruz Vermella Ourense (os dous primeiro anos o beneficiario foi a AECC). O Club Deportivo Aurum, coa colaboración do Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense e Onda Cero organiza este evento. Ourense Milla Solidaria 2019 desenvolverase na rúa do Paseo, no tramo comprendido entre a rúa Concordia e o Parque de San Lázaro, nun circuíto homologado pola RFEA no que catro voltas completarán a distancia dunha milla, 1.609,35 m. O número de voltas e distancia a percorrer adaptaranse segundo a categoría. A partir das 18 horas dará comezo a xornada coa disputa das ca200 deportistas de 10 clubs galegos. Para Bello esta vitoria

Bello e García.

Edición anterior da millla. tegorías sub18 e sub20. Despois celebraranse as carreiras de categorías inferiores ata as 19 horas, na que terá lugar a de pitufos (sobre unha distancia de 100 metros). A partir de aí comezarán as probas absolutas sendo os máster os primeiros e competir e os sub23 e sénior, os últimos. A organización poderá modificar o horario e as series, en función do número de participantes. Inscricións As inscricións (carreirasgalegas.com) estarán abertas ata o 19 de xuño ás 20:30 h. Dado o carácter solidario da proba, poderase doar unha axuda para Cruz Vermella Ourense mediante o DORSAL 0. supón un importante test para os vindeiros campionatos de España.


DEPORTES

O CNPO, profeta na súa terra Bouza e Kliokmanaite en Lloret de Mar.

Vitoria de Bouza e Kliokmanaite 4 Gañaron en Lloret de Mar. Redacción Nuria Bouza e Erika Kliokmanaite conquistan a cuarta proba do circuíto catalán de volei praia que se disputou en Lloret de Mar (puntuable para o ranking nacional). As xogadoras do club ourensán derrotaron na final ás catalás Carla Martínez e Marta García nun emocionante partido por dous sets a cero (21-14

/ 21-18). Venceron a un dúo que chegaba a este torneo tras facerse coa vitoria a semana anterior na localidade catalá do Masnou na terceira proba do cricuíto. A esta vitoria nesta tempada se suman a medalla de prata na Copa da Raíña disputada en Maspalomas e as vitorias no torneo internacional de Bibione de Italia.

4 Proclámase campión do Campionato de Galicia máster de natación. Redacción O Club Natación Pabellón Ourense foi profeta na súa terra e proclamouse campión do Campionato de Galicia máster de natación, que se disputou na piscina Rosario Dueñas do pavillón dos Remedios. Tres sesións de intensa natación para todas as idades, é o que se viviu no vaso do Rosario Dueñas, con motivo do galego máster. O conxunto ourensán levou a vitoria con axustado marxe que se decidiu coa disputa do último relevo. Na clasificación mas-

culina e feminina, o CNPO finalizaba en segunda e terceira posición, respectivamente. Ademais das vitorias en varias probas,

algunhas delas quedaron adornadas por unha nova marca galega, como foi o caso de Manuel Colomo (400 libre +65), Cristina Colomo (200 bolboreta +55), Ana Balado (200 costas +55) e Alberto Taboada (50 e 100 costas +30). Medallas O equipo anfritrión logrou neste campionato un total de 74 medallas (32 de ouro, 24 de prata e 21 de bronce).

Representación do CNPO máster.

Barrios 13 de xuño 2019

13

Trofeo Pedro Escudero Redacción O Trofeo Pedro Escudero de natación chega este sábado, 15 de xuño, á 48ª edición. A piscina Rosario Dueñas será o lugar de celebración. A competición disputarase en dúas quendas: pola mañá de 10 a 13.30 horas e pola tarde de 17 a 20.30 horas. Participan máis de 400 nadadores -de 24 clubs de Galicia, Portugal e País Vasco-. O trofeo acollerá todas as probas oficiais, 32 en total (16 masculinas e outras tantas femininas). Os tres mellores clasificados (tanto de categoría masculina coma da feminina) recibirán premios en metálico; 100, 75 e 50 euros, para o primeiro, segundo e terceiro, respectivamente. Os premios daranse pola suma de puntos FINA obtidos en tres probas distintas.


14

Barrios 13 de xuño 2019

AXENDA / OCIO E CULTURA

Arte internacional en Ourense

4AXENDA Exposicións - Ata o 23 de xuño Exposición Alfonso Sucasas “O reino do vento” - Centro Cultural Marcos Valcárcel - Ata o 15 de xuño - XV Certame de Artes Plásticas - Centro Cultural Marcos Valcárcel - Ata o 16 de xuño - Exposición Ali Ali “Eclipse Siria” - Centro Cultural Marcos Valcárcel

4Varios artistas exporán as súas obras no Centro Comercial do Couto. Redacción

Teatro - 14 de xuño - “Mitos e Lendas. Festival Cultural Colexio Guillelme Brown” - 17 h. - Teatro Principal - 18, 19 e 20 de xuño - Danza ““XXXI Xornadas de Danza Mitoloxía Grega” - 20 h - Teatro Principal - 21 e 22 de xuño - Teatro “Señor Ruiseñor” - 21 h - Teatro Principal Música - 21 de xuño - Concerto de Diego Torres - 21 h. - Centro Cultural Marcos Valcárcel Deportes - Do 14 ao 16 de xuño - XXV Ralli de Ourense Clásicos - 15 e 16 de xuño - Cicuíto Senior Sousas Oira Prais - Oira - 15 de xuño - Campionato de Galicia de Halterofilia sub 17 e sub 19 - 11.30 h. - Pavillón dos Remedios - 15 de xuño - XV Memorial “Lito” de fútbol 8 - O Couto - 15 de xuño - XLVIII Trofeo Internacional de natación Pedro Escudero - Piscinas Rosario Dueñas - 16 de xuño - VIII BTT Cidade de Ourense - 9.30 h. - Pazo dos Deportes Paco Paz Outros - 14 de xuño - “Día do Médico” organizado polo Ilustre Colexio Oficial de Médicos de Ourense e a Fundación Galenus Auriensis - 20 h. - Centro Cultural Marcos Valcárcel - Do 15 ao 23 de xuño - Festa do Boi - Allariz www.periodicobarrios.com

Imaxe de arquivo da Coral de Ruada que esQueixumes.

A Coral de Ruada actuará ante o Papa Francisco 4Á súa volta de Roma participarán na “Romaría dos Amigos” en Oseira. Redacción Con motivo do seu Centenario, os membros da Coral de Ruada viaxarán a Roma o martes 11 de xuño pola tarde para asistir o mércores, día 12, á audiencia semanal que ofrece a Súa Santidade o Papa Francisco. O xoves, día 13, a Coral de Ruada cantará unha misa no Vaticano, na que tamén participará o seu grupo instrumental. Moi posiblemente, o venres, día 14, a Coral de Ruada ofrecerá un concerto para a comunidade galega e española en Roma. A expedición ruadista regresará a Ourense o sábado, día 15, para par-

Entrega de premios da AECC Redacción A Asociación Española Contra O Cancro en Ourense (AECC) quere render unha homenaxe a todas aquelas persoas e entidades que destacaron pola súa decidida colaboración ao longo do ano paasado na loita contra o cancro, outorgando o “Galardón da

Romaría en Oseira O día de San Xoán de 1919 presentouse a Coral “De Ruada” ao público ourensán e, para celebralo, convida tódolos anos ós seus Amigos, por esas datas, a participar na tradicional “Romaría dos Amigos”. A Romaría terá lugar, como xa é tradicional, en Oseira (Concello de Cea), o domingo día 16 de xuño, e comezará ás 13 horas coa celebración da Santa Misa -oficiada polo bispo de Ourense, Monseñor Leonardo Lemos Monta-

net e cantada pola Coral. Despois, xuntarémonos todos na carballeira para celebrar o xantar e maila festa. A Coral facilitará aos seus amigos, na propia carballeira de Oseira, vales para poder coller pan de Cea, viño e auga ou refresco. Ademais, haberá postos de carne e polbo. Ás 11,00 horas sairá un autobús do Parque de San Lázaro (fronte á Subdelegación do Goberno) para trasladar a tódolos Amigos que o precisen. Regresará á tardiña. Agardamos que a romaria, unha vez máis, sirva para pasar un día inesquecible e fortalecer a nosa amizade.

AECC Ourense 2018”. Será o xoves, día 13 de xuño, ás 20 h., a AECC Ourense fará entrega, por oitava vez na nosa cidade, dos “Galardóns AECC Ourense 2018”, a unha persoa, unha empresa e unha entidade que durante o pasado ano tiveron unha implicación importante coa nosa asociación. Os galardoados son, na modalidade empresa “Sublime Deporte e Cultura”, na modalidade entidade a Asociación de enfermos/

as de Crohn e colite ulcerosa e o galardón honorífico para María Carmen Quiroga Diéguez. A esta entrega de premios asistirá a Conselleira de Política Social da Xunta de Galicia, Fabiola Garcia Martinez, así como distintas autoridades da cidade e persoas que día a día colaboran no devir desta asociación. A gala e posterior cerimonia será no Liceo de Ourense.

ticipar ao día seguinte na tradicional Romaría dos Amigos da Coral de Ruada en Oseira.

Os dias 21,22 e 23 de xuño celebrarase no Centro Comercial do Couto a I Edición Internacional de Arte Contemporáneo de Ourense, que contará cun amplo abano de artistas entre os que destacan nomes como: Juan José Garcia e Pablo Molinero que amosarán unha replica do “Manuscrito de Voynech” e o seu misterio, Alvaro Delgado que exporá a súa obra “O Circo”, dende Amsterdan co director Antoni Pena contaremos coa obra “Le Petit Atelier” con obras de Rosa Serra, Ángel Burbano, Pilar Segarra, Antonio Navas, Juan Luis Jardi o Ernesto Knor entre outros. No eido literario, e por primeira vez en Ourense, o escritor Ulíses Bertolo, presentará a súa última novela “Ortodoxia”. Mención aparte merece a aportación do artista ourensán Miguel Ángel Martínez Coello, que en exclusiva porá o dispor dos visitantes a súa última serie de creacións en técnica mixta, firmadas e numeradas. Esta serie consta de máis de 50 pezas, algun-

4HUMOR

has forman parte xa dos libros: “O Segredo do Castro de Doade”, “O Gran libro da malla”, “O museo Casa do Patrón”, “Luz, un camiño truncado” e do derradeiro éxito da editorial A Formiga Rabicha que preside o propio pintor “As Andrómenas e Outros Contos” de Avelino Jácome e Manuel Blanco libro que tamén se poderá adquirir na mostra a precio especial. As reproducións impresas en alta calidade en tamaño 210 x 297 mm a todo color custarán 10 euros, un precio simbólico, para premiar a aqueles amantes da arte que se acheguen ao Centro Comercial do Couto.

Cartel da I Edición Internacional de Arte.


OCIO E CULTURA / CLASIFICADOS

Barrios 13 de xuño 2019

15

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Mundopublicolor. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Fernando Valcárcel, Jorge E. Bóveda, C. Domarco, Avelino Jácome. Yedra Seara Nº98 - Ano: XII - 13 de xuño de 2019 - Difusión: 7.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.

Novas árbores na capital

4ANUNCIOS CLASIFICADOS [Deixe o seu anuncio no 988 045 352 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]

Redacción O Concello de Ourense replantou un total de 57 árbores nas rúas da cidade que se atopa en mal estado ou enfermo. As especies elixidas son plantas ornamentais, que foron escollidas por ter un porte medio e porque as súas raíces non provocan o levantamento das beirarrúas. Este ano, a campaña comezou a finais de marzo e está previsto que remate a finais deste mes. Medio Ambiente explicou que a maior parte das árbores substitúen a outras que foron danadas por actos vandálicos ou tras recibir golpes de vehículos. As especies escollidas para substituílas foron as mesmas, ou no caso de que non fose posible atopar esa especie outras con condicións moi similares as que están colocadas no resto da rúa. A reposición prodúcese tras a comprobación polos servizos municipais da falla de árbores ou por indicación da veciñanza. En total repuxéronse 13 prunos, 10 cercis (árbore do amor), 8 ligustrum, 8 fotinias, 8 pereiras ornamentais, catro hibiscos e dous freixos. Nos espazos máis amplos apostouse por árbores de maior porte. Este ano a campaña viuse reforzada pola colocación de 16 novas árbores na Praza de San Marcial. A concellería de Medio Ambiente instalou en marzo 12 carballos (querqus robur) e catro pereiras ornamentais (pyrus calleryana), tras o estudo técnico que recomendou a substitución da masa arbórea existente nese momento, polo seu estado de saúde e por considerar que non eran idóneas para esta contorna.

Alumnos de 4º de Primaria no momento simbólico do “abrazo” ao río Limia ao seu paso pola vila.

Alumnos “abrazan” ao río Limia 4Tivo lugar o pasado 7 de xuño por parte de colexios de Xinzo e de Ponte da Lima. Redacción O 7 de xuño o alumnado dos colexios de primaria de Xinzo e Ponte de Limia volveron a cumprir co acto simbólico do “abrazo” ao río Limia (Lima). A mañá dese día o alumnado de 4º de primaria dos CEIP Rosalía de Castro e Carlos Casares de Xinzo e os do CE das Lagoas e EB1 de Ponte de Limia cumpriron co xa tradicional “abrazo” ao río Limia (Lima) que todos os anos se celebra nestas datas en Xinzo e polo outono en Ponte de Limia. Na Casa de Cultura de Xinzo foron recibidos polas autoridades locais e por membros da banda de gaitas e tambores de Xinzo para pasar logo dun refrixerio ao salón de actos da Casa da Cultura onde se fixo a recepción oficial, discursos e entre-

ga de agasallos mutuos. Como sempre ademais do profesorado asistiron os directores e directoras dos centros respectivos. Unha vez rematada a parte oficial todos se trasladaron as ribeiras do Limia para proceder o “abrazo” onde unha nena de Xinzo foi a encargada de ler o manifesto deste ano. A continuación visitaron o Museo Galego do Entroido. A continuación desprazaronse ata o nacemento do río que une e vencella aos dous pobos, así como a Limia, e despois comezaron as outras visitas de tarde despois de compartir o almorzo. Os xardíns de Allariz foi a visita de tarde dende o alumnado de Ponte de Limia deu por finalizado o día de confraternización para voltar a Portugal e esperar o seguinte abrazo en terras portuguesas.

TRABALLO

INMOBILIARIA

VENDAS

Ofrécese xerocultora para axuda a domicilio en Xinzo. Tamén para limpeza de casas e negocios por horas e adaptados ao seu horario. Tel: 686 005 358. Fanse desbroces en tractor e a man. Tlf.: 63 521 448 Ófrecese señora seria e responsable para tarefas do fogar e coidado de nenos e maiores. Con informes. Preferencia zona Ponte. Tlf: 685 374 191. Busco traballo en desbroces con tractor ou condutor de camión e carretillas. Ampla experiencia. Tel: 637 282 405. Busco mozo como asistente persoal con certificado de atención a persoas en situación de dependencia ou con auxiliar de enfermería. Boas condicións laboraia Tel.: 679 699 508. Ofrécese señora por horas para tarefas do fogar, coidado de nenos. Atende persoas maiores; tamén de noite en hospital ou domicilio. Tel.: 620 052 173. Ofrécese señora galega, con referencias. Para traballar polas mañás e algunha tarde. Tel: 606 42 25 43. Dánse clases particulares de matemáticas a domicilio (en Ourense capital). Todos os niveis. Contacto. whatsapp: 610. 38 25 89; e-mail: clasesadomicilio2014@hotmail.com. Coido ou acompaño a maiores enfermos polas noites. Económico. Tel: 616 361 548.

Alugo apartamento en Sanxenxo a 5 minutos da praia. Piscina comunitaria Tel: 650 64 15 19. Vendo casa na zona de Rante (a 8 km de Ourense) preto da autovía. 3 dormitorios, terreo, pozo de auga e garaxe. Prezo 49.800€. Tel: 606 422 543 Vendo finca edificable. Zona Rante. Moi económica (11.900€). Tel: 606 422 543 Alugo casa de campo a 5km de Allariz. Todos os servizos. Tel: 657 945 665. Alugo casa de campo a 5km de Allariz. Todos os servizos. Tel: 657 945 665. Véndese o alúgase un piso na estrada de Vigo. Preto do Lidl. Amoblados. Bo prezo. Tel: 988 234 342. Alugo almacén pequeno en soto de garaxes. Para almacén, adega, trasteiro ou garaxe de moto. Rúa Francisco de Moure. Tel: 636 32 95 24. Alúgase apartamento en Montalvo con dúas habitacións, cociña, salón, baño, barbacoa, aparcadoiro, xardín; fronte á praia. Tel: 607 27 1916 Véndese apartamento de 2 habitacións, cociña americana, baño, trasteiro e garaxe. Recén reformado. A 5 min. de praia América. Bo prezo. Tel: 620 66 07 62. Alugo oficina económica de 15 metros cadrados, amoblada, con baños comunitarios por 100 euros máis 7 de comunidade. C.E:C. Tel.: 627 203 131

Vendo deshumificador novo. Tel: 649 673 492. Vendo dúas bicicletas (unha con marchas). Tel: 649 673 492. Vendo remolque tenda comanche compact ano 2012. Como nova. 2.500€. Tel: 620 43 20 60 Vendo incubadora pequena para ovos ede paxaro ou galiña (12 uds.). Tel: 616 726 331. Vendo hormigonera de 280 litros e maquinillo / grúa (a gasolina). Tel: 988 23 47 91 Vendo maquina de coser industrial (dobre arrastre). Tel.: 630 587 527 Vendo microondas, 30 euros; lavadora Zanussi 7kg (A++), 120 euros; deshumificador Longhi, 50 euros. Tel: 625 745 611. Véndense polos caseiros (zona Allariz). Tel: 674 317 302 (chamar a partir das 21 horas). Vendo gaiola para paxaros, de 1,70x0,70x0,60 m con 10 canarios de entre 2 e 3 anos, machos e femias. Tamén 2 gaiolas de cría de 0,60 e un lote de 8 gaiolas distintas. Tel: 988 232 565636 286 434.

VARIOS

Ófrecese un carballo de 45 anos (duns 40 cm de diámetro) en Feá (Alongos). Xa está arrincado, soamente hai que cortalo polo que se precisa levar espadín grande. Tel: 659 494 272 // 663 034 262. Preguntar por Betsaida. Regalanse cañas de bambú asiático. a Casa Betsaida en Feá (Toén). Tel: 663 034 262.


Barrios 13 de xuĂąo 2019


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.