Barrios 104

Page 3

TEMA DA SEMANA

Barrios 29 de agosto 2019

Unha exposición amosa a relación de Verín coa gaita 4 A mostra “Verín, enclave de gaita” achégase ás 700 visitas. Redacción O Concello de Verín quere dar a coñecer a estreita relación que ten o val do Támega coa gaita, instrumento musical senlleiro do noso país. Para elo, está a organizar unha serie de eventos que fan que tanto veciños coma visitantes coñezan a historia da gaita e, ademais, achegala a unha vila que, por tradición, contou sempre cun gran número de gaiteiros e amantes deste instrumento entre os seus veciños. O eido central das actividades é a exposición “Verín, enclave de gaita”, que se encontra exposta no Museo Claustro Mercedario de Verín, a que se achega aos 1.000 visitantes. O que se achegue contemplará una mostra iconográfica única na que se pode contemplar exem-

plares de gaitas primitivas interpretados e expostos para achegarnos á historia deste instrumento. Unha das pezas clave presentes na exposición son os músicos do retablo do Santuario dos Remedios (gaiteiro, tamborileiro e pandereteira) datados do ano 1625 e que foron cedidas polo Obispado de Ourense xusto despois da súa recente restauración. Pezas únicas polo seu valor historiográfico tanto do instrumento como da vestimenta da época. Publicación Para complementar a información, o Concello edita a obra “Verín, enclave de gaita”, de Ruth Foxo. A publicación poderase adquirir de xeito gratuíto ao achegarse ata a mostra. Analiza os 16 exemplares que se expoñen. Cada gaita está seleccionada entre os

grandes movementos da historia do instrumento e é analizada dende un enfoque dual, cronolóxico e temático. Nel poderemos atopar os grandes tipos de cornamusas que vivían no mundo occidental, mediterráneo e asiático. Verín é fundamental na comprensión e estudo do universo mundial da gaita, así o recollen os estudos de Ruth e Xosé Lois Foxo sobre a gaita primitiva e as primeiras representacións artísticas completas da figura do gaiteiro.

A publicación de “Verín, enclave de gaita”, de Ruth Foxo, analiza os 16 exemplares que se expoñen na mostra

Xosé Lois Foxo explicou a exposición na inauguración da mesma.

O tenente de alcalde, Diego Lourenzo, e membros da organización do festival.

A cultura urbana invadirá Verín co Extrugasa Street 4 A terceira edición do festival urbano celébrase os días 30 e 31 de agosto. R.T. Coa terceira edición do Festival Urbano Extruga Street, que se celebra os días 30 e 31 de agosto, Verín verase invadida pola cultura urbana. A Asociación Cultural LongoDub e o Concello de Verín presentaron a terceira edición do festival, un evento que engloba música, arte e deporte. A presentación correu a cargo de Diego Lourenzo, tenente de alcalde e concelleiro de Mocidade de Verín; e Hugo Salgado, Antonio Álvarez e Iris Justo, organizadores do evento. Este evento pretende “divulgar as alternativas deportivas, artísticas e

laborais propias da cultura urbana” para dar unha “visión positiva desta cultura, tan chea de riqueza como de prexuízos”, aseguran desde a organización. Pola súa banda, Diego Lourenzo, concelleiro de Mocidade de Verín, quixo destacar que esta iniciativa “convertese nunha plataforma ideal para dar visibilidade ao talento local, algo moi importante para o seu crecemento”. Actividades As actividades durante estes dous días irán enfocadas en varias liñas. Haberá concertos, como a da artista de orixe alemá “Sara Lugo” (sábado ás 23.15 horas). Tamén se subirán ao escenarios

do Extrugasa Dakidarría, J.Dose, Sondarrúa, Skandalo Gz, Kaixo ou R. Brothers, entre outros. A asociación compostelá “Vella Escola” traerá a Verín, un ano máis, os seus talleres e exhibicións. Javi Ozono ensinará aos máis cativos a arte do graffiti. Entre as actividades paralelas destaca o “Skate Park” (entre R/ Canella Cega y R/ San Antón) durante todo o sábado 31, a “Xuntanza BMX & Scooter” e, como non, a degustación de estrugas.

O Skate Park estará aberto todo o sábado 31


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.