Agosto 2012 - OUxB

Page 1

especial O Nadal xa Volta está aquí ao cole

[páx.22-27] [páx. 15 e páx. 39-42]

TEMA DO MES Páx.2

CIDADE

Páx.6

Prevista unha doble intervención no contorno das Burgas

Reclaman 110 millóns ao Concello pola anulación do PXOM

ENTREVISTA Páx. 9

SAÚDE

Páx. 28

DEPORTES

Rubén Álvarez, novo No DOG os concursos pintor ourensán, expón dos centros de saúde no Espazo Xove do Couto e A Valenzá

A integración ferroviaria da capital segue en estudo

Páx.30

CD Ourense comeza a liga vencendo ao Atlético de Madrid

[páx. 3]

Aspecto actual do viaduto de Arnoia, en Baños de Molgas, do tramo de alta velocidade Ourense-Lubián./RAMSÉS.

Número: 120 - Ano: XI - Agosto 2012 - Depósito Legal: OU 151-2002 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de setembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


Ourense por BARRIOS Agosto de 2012

TEMAS DO MES

Doble intervención no contorno das Burgas As eleccións a 4 O Concello adxudica o proxecto de recuperación da piscina orixinal das fontes termais e contrata os contidos do futuro Centro de Interpretación Arqueolóxico Termal. Redacción O Concello de Ourense vén de adxudicar o proxecto arqueolóxico de posta en valor dos restos romanos e recreación da piscina orixinal das fontes das Burgas. O seu obxectivo é garantir a conservación dos restos arquelóxicos atopados nas mellores condicións posibles, e paralelamente acometer as actuacións necesarias para facer accesible este espazo ao público. O ámbito de actuación abranguerá o espazo comprendido entre a rúa dos Fornos, a rúa Cervantes, a rúa Vilar e as traseiras das Burgas. Os traballos implicarán, por unha banda, obras de acondicionamento e a apertura de accesos ás traseiras das Burgas e, por outra, a reconstrución e restauración das ruínas atopadas no xacemento. Recreación da piscina orixinal Na rúa do Baño abrirase unha entrada, coa inclusión dun sendeiro de losas ata a piscina romana, para facilitar o acceso dotando de céspede ás zonas exteriores e pavimento granítico que proporcione unidade ao conxunto. Na zona da casa dos Fornos levarase a cabo a reconstrución e restauración das ruínas, para a súa posterior exhibición, de xeito que os visitantes poidan ver como era este espazo na súa orixe. Neste punto a actuación céntrase na recreación da piscina orixinal, e das columnas, piares e estrati-

grafías do seu contorno e a reproducción do pavimento, os perpiaños de peche da propia piscina e o muro de mampostería de granito e con morteiros mixtos de cal e cemento branco hidrofugados e tintados con pigmentos inorgánicos. Reconstruiranse os paramentos verticais, moi sensibles aos axentes atmosféricos, para evitar derrumbamentos, e reforzaranse os muros exteriores para protexer as estruturas internas. Facilitar o acceso Un dos obxectivos prioritarios desta intervención é garantir a idoneidade do espazo para facilitar o acceso aos visitantes, incluíndo paneis informativos cos itinerarios a seguir e os puntos de información, sinaléctica que debe respetar o contorno natural e integrarse no xacemento. O acondicionamento e urbanización dos accesos, a instalación de rego, iluminación, canalización subterráneas e limpeza das fachadas completan a actuación. Durante a presentación deste proxecto, a finais de xullo, o arqueólogo Xosé María Eguileta fixo fincapé na importancia da posta en valor da zona tradicional das traseiras das Burgas e da correcta conservación e restauración dos restos arqueolóxicos que achegan datos singulares e novos coñecementos sobre a orixe histórica da cidade de Ourense. Esta actuación vén complementar o proxecto de

Unha imaxe de arquivo do lugar onde se descubrira a piscina orixinal das fontes das Burgas./ARQUIVO. posta en valor, musealización e bulevar peonil das Burgas, dotando dunha visión unitaria ao conxunto no que se ubicará o discurso expositivo do futuro Centro de Interpretación Termal. Investimento Os traballos deste proxecto arqueolóxico serán realizados pola empresa Terra - Arqueos, e suporán un investimento de 176.487 euros. Este proxecto será financiado polo Concello con cargo á subvención nominativa concedida pola Administración do Estado para a posta en valor deste Ben de Interese Cultural.

A intervención inclúe o acondicionamento de accesos e a restauración das ruínas atopadas

4 Contratado o subministro de contidos para o Centro de Interpretación Termal O Concello de Ourense avanza nos trámites para crear o Centro de Interpretación Termal das Burgas. A última decisión foi o acordo da Xunta de Goberno Local do 22 de agosto para adxudicar definitivamente a subministración dos contidos previstos deste centro de interpretación termal. Serán achegados pola empresa Ta Ta Ta Comunicación SL, por un importe de 65.340 euros. A contratación refírese ao equipamento deste novo espazo no que se divulgará a riqueza e historia termal da cidade. Está concebido coma un proxecto divulgativo e didáctico, que proporcione ao visitante unha concepción global do

termalismo mediante ferramentas e propostas audiovisuais e interactivas. A empresa adxudicataria deberá proporcionar o contido funcional e a mensaxe discursiva ao futuro Centro de Interpretación, que se acondicionará nos baixos dos números 6, 8, 10 e 12 da rúa Vilar, de acordo co proxecto redactado polo arquitecto ourensán Manuel Jorreto. O Centro de Interpretación Termal será un espazo interpretativo-expositivo sobre os mananciais mineromedicinais das Burgas e a historia da cidade converténdose nun punto de encontro coa historia e a evolución de Ourense ao longo dos séculos.

serán o 21 de P.L. O 21 de outubro, os galegos estamos chamados ás urnas. Despois de meses desfollando a margarida, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, acordou adiantar os comicios autonómicos e facelos coincidir coa cita electoral no País Vasco. Núñez Feijoo esgrimiu que esta data é “ a que brinda a maior estabilidade para Galicia” e xustificouno en tres motivos: para que o Goberno entrante poida elaborar os orzamentos de 2013, para “favorecer un maior entendemento nas forzas políticas galegas” e por “estabilidade política”. A oposición acolleu a noticia sen sorpresas. No PSdeG esquécense das primarias e acordaron convocar para o próximo sábado ao Comité Nacional que designará ao candidato socialista, e todo apunta que será o seu secretario xeral Pachi Vázquez. Un BNG que non atravesa o seu mellor momento tralas saídas de dirixentes e afiliados nos últimos meses presentará a Francisco Jorquera. Queda por ver que papel xogarán os partidos novos xurdidos da escisión do Bloque: se se unirán nunha coalición electoral de esquerdas, ou se, pola contra, Compromiso x Galicia irá por unha banda e os da formación Anova de Beiras irán sós ou con Esquerda Unida. Saberemolo o 16 de setembro, cando se peche o prazo para a presentación de candidaturas.

Alber da da


TEMAS DO MES

autonómicas e outubro

Ourense por BARRIOS Agosto de 2012

A ministra de Fomento afirma que será Rajoy quen dea a data da chegada do AVE

4 Ana Pastor explicou que os técnicos están traballando no proxecto do último tramo que queda por licitar, o que une Taboadela coa capital ourensá. Redacción

rto Núñez Feijoo, durante o anuncio ata electoral. /ANA VARELA.

4EDITORIAL A raiz das polémicas declaracións dun concelleiro e deputado da nosa cidade, queremos abrir o debate sobre a nosa desprestixiada clase política. No país dos cinco millóns de parados, é obsceno afirmar “pasalas canutas” con 5.100 euros ao mes. Non queremos políticos que estean nos cargos públicos por propio interese ou porque lles prometeron non se sabe que prebendas. Ninguén lles obriga a ese “sacrificio”. Suponse que exercer a política debía ser unha actividade nobre, honesta, con vocación de traballar polo ben común. Agora que temos outra cita electoral á vista, é hora de reflexionar sobre que políticos queremos que nos gobernen. Está nas nosas mans . opinion@mundourense.com

Será Rajoy quen anunciará proximamente a data de chegada da alta velocidade a Galicia. Así o afirmou a ministra de Fomento, Ana Pastor, que recordou que o único tramo que queda por licitar da liña Lubián-Ourense é o que une Taboadela coa capital ourensá e “se non está adxudicado a día de hoxe é porque eu mo encontrei sen un proxecto aprobado”. Pastor subliñou que nestes momentos os técnicos están traballando no proxecto de integración ferroviaria de Ourense, en colaboración coa Xunta de Galicia (“coa que non se contara en ningún momento”, indicou, en referencia á etapa do anterior Executivo socialista) e co Concello de Ourense, e en contacto co equipo de arquitectos adxudicatario do deseño da estación. A titular de Fomento sinalou que se teñen producido reunións entre o arquitecto, o secretario de Estado de Infraestruturas e o presidente de Adif, “e nesa reunión viuse como van os traballos para adiante”. Preguntada por se o seu Ministerio manterá o investimento previsto e o formato de integración urbana aprobado polo anterior Goberno central para Ourense, Pastor indicou que se atería a tres principios: “ser eficiente”, que a chegada do

A ministra de Fomento xunto ao presidente de Adif, o subdelegado do Goberno en Ourense, o delegado do Goberno, o conselleiro de Medio Ambiente e o alcalde de Baños de Molgas, diante do viaduto de Arnoia, no tramo Miamán-Ponte Ambía, concello de Baños de Molgas/.RAMSÉS. tren sexa compatible “co aproveitamento do espazo público” e “non volva abrir en canal unha cidade como Ourense”, e por último, “austeridade”. Visita ás obras do viaduto de Arnoia A ministra de Fomento fixo estas declaracións durante a súa visita ás obras do viaduto de Arnoia, no tramo Miamán-Ponte Ambía, que se integra no trazado comprendido entre Lubián e Ourense da liña de alta velocidade entre Galicia e a Meseta. Pastor comprobou a evo-

lución das obras e o seu avance conforme ao ritmo previsto, así como o estado de execución das principais estruturas deste tramo de 6,7 quilómetros de lonxitude, que discurre integramente polo termo municipal de Baños de Molgas. Entre os elementos singulares do tramo MiamánPonte Ambía destaca pola súa lonxitude (1.014 m) o viaduto de Arnoia. Grazas a el, a plataforma ferroviaria salva o río Arnoia amais da liña férrea convencional Zamora-A Coruña. O tramo presenta outras estruturas singulares, como os viadu-

tos de Miamán (177 m) e de Bouzas (216 m), o túnel de Bouzas (852 m), e outros dous viadutos para salvar a liña de ferrocarril convencional. A execución das obras de plataforma deste tramo conta cun orzamento de 75,9 millóns de euros. Impulso investidor A ministra destacou o impulso investidor do seu departamento no corredor ferroviario de alta velocidade Madrid-Galicia. Nas últimas semanas adxudicouse a construción de seis novos tramos de plataforma no segmento Lubián-Ourense,

por importe conxunto de máis de 584,1 millóns de euros, e no que vai de ano a conexión Madrid-Galicia recibiu un investimento global de 1.745 millóns de euros. “Este é o avance que se ten que facer desde o Goberno, poñer presuposto e adxudicar obra para que poida ser o AVE unha realidade”, dixo Pastor.

A conexión Madrid-Galicia recibiu este ano 1.745 millóns de euros, subliñou a ministra


Ourense por BARRIOS Agosto de 2012

BARRIOS

Entra en servizo o vial entre Rairo e Benposta

4 Forma parte da rolda leste de Ourense e permitirá liberar o tráfico do centro da cidade. Redacción O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas supervisou a posta en servizo do novo vial de conexión entre Rairo (CV-401) e Benposta (OU-105) na OU-510, que forma parte da rolda leste da cidade e permitirá liberar de tráfico o centro de Ourense. Agustín Hernández estivo acompañado do alcalde da cidade, Francisco Rodríguez, do delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, e do vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández. Esta actuación, que implicou un investimento de 2,9 millóns de euros, supón dar continuidade ao vial periférico que discorre polo leste da cidade de Ourense e continúa os anteriores

treitos A Granxa- Os Viros e A Granxa- Rairo, obras nas que a Xunta de Galicia xa realizou un investimento de preto de 11,4 millóns de euros. Polo tanto estas dúas actuación implicaron un investimento de máis de 14 millóns de euros. O novo trazado comeza nunha glorieta na CV-401, alóngase cara ao sur e o suroeste, de forma paralela ao ferrocarril Ourense- Zamora, e volve virar cara ao sur ata a OU-105, onde se resolve a intersección por medio de glorieta. Dous anos de obras As obras do novo vial deron comezo en abril de 2010 e prolónganse ao longo de 1.650 metros de terreo moi accidentado. Trátase da continuación do treito A Granxa- Rairo (tamén rematado) que circun-

Rogelio Martínez, Rosendo Fernández, Agustín Hernández e Francisco Rodríguez retiran unhas das vallas para abrir ao tráfico a conexión Benposta-Rairo./P.LODEIRO. vala Ourense polo sur para conectar a OU-536 coa A52. A nova conexión dará servizo a unha poboación

de máis de 128.000 habitantes, correspondentes aos concellos de Ourense, Barbadás, O Pereiro de Aguiar e San Cibrao de Viñas.

Supón a continuidade dos tramos Os Viros - A Granxa e A Granxa- Rairo

4 Depuradora de Ourense Aproveitando esta visita, o conselleiro de Medio Ambiente destacou a intervención do seu departamento para que Ourense contara cunha nova Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR), que implica un investimento de 67 millóns de euros, dos que a Xunta aporta 10 millóns de euros (o 15%). Recordou que o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño cumpriu o compromiso de licitar as obras en marzo, polo que na actualidade se poden presentar ofertas a este proxecto. Coa construción da EDAR resolveranse os problemas de capacidade hidráulica da actual depuradora; evitaranse as inundacións; lograranse os requirimentos ambientais de vertedura ao medio receptor; e acadarase o tratamento eficiente dos fangos que reporte economía á explotación da planta.


BARRIOS

O complexo deportivo de Eiroás, a punto para a súa apertura

4 A concesionaria fixa nos primeiros días de setembro a inauguración destas instalacións de 13.000 metros cadrados que combina piscina cuberta, ximnasio e salas de fitness e campo de fútbol de herba artificial. P. Lodeiro A poucas semanas de abrir as súas portas, o centro deportivo de Eiroás está practicamente rematado, como puideron comprobar tanto o alcalde como a tenente de alcalde nunha visita ao recinto. Acompañados do director do complexo, Saúl González, e do delegado para Galicia de Serviocio (empresa que o xestiona), Genaro Lorenzo, percorreron todas as instalacións, comezando polo campo de fútbol de herba artificial, xa finalizado, ou o ximnasio e as salas de actividades, que xa dispoñen de máquinas e outros equipamentos. As previsións de Serviocio son que estea en funcionamento na primeira semana de setembro, previsiblemente o día 4. En 13.000 metros cadrados, o complexo deportivo de Eiroás inclúe, no exterior, un campo de fútbol; en planta baixa, unha piscina de 25 x 12,5; outra máis pequeña para natación infantil, terapéutica, e actividades como aquagym; e unha zona spa con todo tipo de chorros, duchas térmicas, sauna e baño de vapor, ademais de catro vestiarios. Na planta primeira está a zona de seco, composta por un ximnasio de 600 metros cadrados, con zona cardiovascular, zona streching, zona de musculación e zona

O delegado para Galicia de Serviocio, Genaro Lorenzo, o alcalde, Francisco Rodríguez, o director do complexo, Saúl González, e a tenente de alcalde, Isabel Pérez, no campo de fútbol de herba artificial; detrás, o edificio co resto de instalacións. /P.LODEIRO. de circuitos; e tres salas de actividades: unha principal destinada ao spinning e outras dúas salas de 170 metros cadrados cada unha, unha de ximnasias blandas como ioga, taichí ou pilates, e algunha actividade infantil tipo kárate o aerokid, e outra dedicada a actividades de impacto, como aeróbic ou fitness, enumeraba Genaro Lorenzo. O centro complementa a súa oferta con servizos de cafetería, estética e ludoteca, “fundamental nestes tempos nos que moitas veces os pais se ven limitados e non saben con quen deixar os nenos, para que ninguén teña ex-

cusa de non facer deporte”, argumentaba o responsable de Serviocio. Ao remate da visita, a tenente de alcalde, Isabel Pérez, destacou que este novo centro de Eiroás completa as instalacións deportivas da cidade, faciltando o acceso á práctica deportiva a toda a poboación “con independencia no lugar no que viva” e ofrecendo actividades “para todas as idades”. Pola súa banda, o alcalde, Francisco Rodríguez, recoñeceu “a aposta que fixo a empresa para traer a esta cidade unhas instalacións desta calidade”. Na cons-

trución deste complexo deportivo, que dará traballo a 40 persoas, investíronse máis de 7 millóns de euros.

Ourense por BARRIOS Agosto de 2012

barbadás

Reclaman o arranxo da estrada de Piñor 4 O PSdeG pregunta á Deputación sobre este vial. Redacción A deputada provincial socialista, Victoria Morenza, e o voceiro en Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, denuncian o perigoso estado do firme da estrada de Piñor na que xa se levan contados numerosos incidentes oficiosos e accidentes de consideración dende a súa reforma en 2010, como os dous últimos o 14 de agosto. A estrada en cuestión, a OU-0519, é unha das de titularidade provincial que máis tráfico soporta, xa que comunica Ourense con Piñor, co seu hospital, cun xeriátrico e con dúas canteiras en Mugares. A Deputación de Ourense rematou no primeiro trimestre do ano 2010 as obras de reforma, que consistiron na construción de beirarrúas ao longo dun quilómetro e a mellora do firme, o cal hoxe encontrase nun estado deficiente,

consideran os socialistas. A inseguridade do firme débese aos restos de alcatrán e ás diferentes capas de aglomerado que fan desigual a capa de rodadura. “Non podemos agardar a que haxa vítimas mortais para levar a cabo unha actuación integral”, sinala Morenza, que esixe á Deputación que estude unha solución técnica ás deficiencias do firme e que instale varandas de protección. Neste sentido, a deputada provincial vén de presentar unha serie de preguntas na Deputación para coñecer os plans que esta ten sobre unha via da súa titularidade e o grupo socialista en Barbadás fixo o propio cunha moción na que insta ao ente provincial a levar a cabo as melloras precisas.

Piden solventar as deficiencias do firme e barandas de protección

Prezos e horarios O prezo do abono individual será de 32 euros mensuais e o familiar 42 euros. O complexo abrirá de 7 a 23 horas de luns a venres, de 9 a 21 horas os sábados e de 10 a 14 horas os domingos.

O centro deportivo dará traballo a 40 persoas

Os concelleiros socialistas en Barbadás achegáronse ata a estrada de Piñor./PSdeG.


Ourense por BARRIOS Agosto de 2012

CIDADE

EN BREVE

4 Adxudicado o proxecto da ronda termal

4 10.000 usuarios na rede ‘Ourense WiFi’

A futura ronda termal da N-120 deu un paso adiante, coa adxudicación, por parte da Xunta de Goberno Local, da redacción do proxecto de execución das obras de remodelación do ramal sur da estrada N120. Segundo a valoración do comité de expertos, das dez empresas presentadas a concurso, o licitador mellor valorado foi “Plans Estratéxicos Territoriais de Transporte e Ambientais S.L.” O ámbito para a redacción do proxecto abrangue o ramal sur da Estrada N120 entre o paso superior do acceso norte da A-52 e a glorieta norte da ponte do Ribeiriño, así coma dos viais de conexión co ramal norte de dita estrada, para a conformación dunha vía parque cunha superficie aproximada de 114.200 metros cadrados.

A rede ‘Ourense WiFi’ superou durante o mes de xullo os 10.000 usuarios únicos rexistrados. Cunha media de 505 altas mensuais, o proxecto posto en marcha polo Concello de Ourense atópase no bo camiño para cumprir co seu obxectivo de achegar as novas tecnoloxías a cidadáns e visitantes, ofrecendo acceso gratuíto á Internet en 42 puntos da cidade e a súa periferia. O informe sobre ‘Ourense WiFi’ arroxa tamén un importante incremento da frecuencia de uso. Deste xeito, o número de visitas totais rexistradas ao longo do mes de xullo ascende a 14.223 -polas 5.137 rexistradas en xuño ou as 4.282 de maio- e delas o 31% son de usuarios que nunca antes accederan á rede.

4 Humanización da rúa Remedios A Xunta de Goberno Local adxudicou este mes definitivamente a execución das obras de humanización da rúa Remedios, no treito comprendido entre a rúa Greco e a rúa Castro Canseco. As obras serán realizadas pola empresa Construcciones Hermanos Carrajo, S.A., e suporán un investimento de 433.103 euros.

4 Curso de informática no CET Barbadás O Centro empresarial transfronteirizo de Barbadás (CET) programa para setembro un curso de informática básica, para un mínimo de 10 alumnos. A formación comezará o 10 de setembro e impartirase de luns a xoves de 20:30 a 22:30 horas. O centro ten previsto realizar un curso para desempregados de Auxiliar de Enfermaría en Xeriatría.

Reclaman 110 millóns de euros ao Concello pola anulación do PXOM de 2003

Mozos nacionalistas denuncian “persecución política” por parte da Subdelegación

4 Particulares e empresas presentaron 35 reclamacións de entre 20 mil e 40 millóns de euros.

Un grupo de mozos nacionalistas da cidade vén de denunciar públicamente “discriminación ideolóxica” e “persecución política” por parte da Subdelegación do Goberno. Alomenos unha vintena de persoas recibiron nas últimas semanas sancións de 400 euros por participar nunha rondalla festivo-reivindicativa polas rúas da zona vella, previa ao Día da Patria. “Un acto no que non se cortou o tráfico, non se alterou a orde pública e no que nin sequera se chegou a identificar a ninguén dos participantes”, defende Miguel García, voceiro da asamblea organizadora da rondalla, acto que no participaron militantes do BNG, Galiza Nova, AMI ou Adiante, entre outros colectivos nacionalistas. Este mozo pon de relevo ademais que “paradoxicamente a algunha das persoas ás que lle chegou a sanción sabemos a ciencia certa que non participaron no acto”. Por estes motivos, recurrirán as multas e se non son atendidas as súas alegacións, non descartan “denunciar á Subdelegación do Goberno polo que cremos que é discriminación ideolóxica e persecución política pura e dura”.

Redacción O prazo establecido para presentar reclamacións por responsabilidade patrimonial derivadas da nulidade do PXOM do 2003 pechouse cun saldo de case 110 millóns de euros reclamados por particulares e empresas, segundo indicou a concelleira de Urbanismo, Áurea Soto. O Concello de Ourense recibiu 35 reclamacións de responsabilidade patrimonial por un importe total de 109.991.980 euros, cantidade susceptible de sufrir un incremento na fase de proba do procedemento administrativo. Particulares e empresas esixen ao Concello cantidades que van dende os 20.000 euros aos 40 millóns de euros. Os reclamantes xustifican a súa petición de compensación económica no prexuízo sufrido pola anulación do PXOM do

Á ordenación urbanística provisional presentáronse outros 11 recursos

ano 2003 con varias consecuencias. En primeiro lugar, a nulidade do plan xeral altera as condicións urbanísticas debido ao cambio de ordenación territorial e urbanística. Por outro lado, dita alteración implica a imposibilidade de exercer a facultade de participar en actuacións da nova urbanización. E por último os gastos derivados da actividade empresarial, custos e financiación realizados para iniciar e promocionar as actuacións de urbanización deveñen inútiles polos efectos da anulación do Plan Xeral de 2003. Recordou a concelleira que é reiterada pola xurisprudencia a existencia de solidariedade entre administracións na responsabilidade polas alteracións derivadas de cambios de ordenación urbanística ou pola nulidade de instrumentos de planeamento. Anulado o Plan Xeral, a imposibilidade de urbanizar ocasiona danos que particulares e empresas reclaman agora do Concello, pola súa responsabilidade solidaria nesta materia, por importe de case 110 millóns de euros, en virtude da Lei de

Aurea Soto./ARQUIVO. Solo, polo que se acredita que é indemnizable a perda de facultade de participar nos desenvolvementos urbanísticos. Recursos contra a Ordeación Provisional Por outra banda, á ordenación urbanística provisional presentáronse 11 recursos. A normativa provisional entrou en vigor en outubro de 2011 e regulariza 32 ámbitos nos que concorre un especial interese xeral polo seu carácter dotacional público ou pola súa inclusión nun plan estratéxico municipal, así como porque contan coa aprobación definitiva dos instrumentos de planeamento, xestión e urbanización.

Redacción


PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Agosto de 2012


Ourense por BARRIOS Agosto de 2012

EN BREVE

OCIO E CULTURA

4IMAXES DO MES

4“X Premio Pura

Protocolo para menores

e Dora Vázquez”

A Deputación de Ourense vén de convocar o “X Premio Pura e Dora Vázquez de narración e ilustración infantil e xuvenil”, un certame que recoñece a calidade literaria e artística de traballos creados para nenos e mozos. Poderán concorrer a este premio autores que presenten os seus orixinais, inéditos e en lingua galega, antes do 12 de setembro. En cada unha das modalidades de narracción e ilustración hai establecido un premio de 1.500 euros.

4 Preparación do Outono Fotográfico Ata o 1 de setembro está aberto o prazo de inscrición na 30ª edición do Outono Fotográfico, a través da web www.outonofotografico.com. Este ano o evento organízase desde o Proxecto Fundación Benito Losada cunha novidade: a creación dunha sección oficial que agrupa exposicións e accións máis profesionais e outra, “ Outono Aberto”, dirixida a afeccionados da fotografía.

4 Parabéns a “Vilamor”

O Concello de Ourense felicitou ao equipo da película ‘Vilamor’, que vén de colleitar un salientable éxito internacional no marco do ‘New York City International Film Festival’. O filme, dirixido por Ignacio Vilar, e rodado integramente en Galicia, recibiu o recoñecemento do xurado neoiorquino nas categorías de Mellor Banda Sonora e Mellor Fotografía.

A Fundación “Amigos de la Barrera”, dentro das actividades previstas para o campamento urbán de verán 2012, está realizando un curso de etiqueta e protocolo para nenos e mozos que se desenvolve durante os meses de agosto e setembro. O obxectivo do devandito taller é ensinar aos máis novos como comportarse ante as diferentes celebracións sociais e familiares que se desenvolver ou non ao redor dunha mesa. Dende a fundación buscan transmitirlles unha serie de normas básicas para comportarse con educación e respecto cara ás persoas que os acompañan no devandito evento. Os talleres abarcan diferentes tópicos: desde aprender como deben sentar á mesa, usar unha servilleta, saber quen pide primeiro o menú nun restaurante, a colocación da mesa de etiqueta formal ou de diario e até como comer os diferentes tipos de alimentos. Porque os bos modais non teñen nada que ver coa idade.

A auga do Miño a exame O Ministerio de Medio Ambiente, a través da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, organizou unha xornada lúdico-formativa con nenos ourensáns para mostrarlles os labores de seguimento da calidade das augas e dos ecosistemas fluviais que se levan a cabo no río Miño ao seu paso pola cidade. Esta actividade, dirixida aos cativos de entre 7 e 12 anos que participan este verán nas actividades ambientais da aula da Natureza, consistiu nunha pequena charla explicativa, unha visita á estación do Sistema Automático de Información Hidrológica (sita en Oira) e unha mostraxe da calidade da auga, que realizaron os propios nenos. Así, durante esta xornada entenderon a necesidade do control das masas de auga e para que serve a colaboración dos cidadáns na calidade deste recurso vital.

Nenos rusos de vacacións en Ourense Como cada verán, a Asociación Ledicia Cativa, en colaboración co Concello de Ourense, trae de vacacións a cativos rusos, afectados polas consecuencias da radiación de Chernóbil de 1986, co fin de contribuir na súa recuperación física e sanitaria. Nesta ocasión foron un total de nove nenos (que aparecen na imaxe xunto á concelleira de Benestar Social), de entre 6 e 17 anos, os acollidos por familias ourensás, seis delas da capital, durante os meses de xullo e agosto, un período durante o cal gozan dun clima benigno, libre de contaminación, o que lles aporta unha recuperación de ata o 40% e alonga ata dous anos a súa esperanza de vida. Ademais dun cambio físico notable, existe un enriquecemento interno, xa que a través da acollida establecen vínculos afectivos e culturais, ademais da asimilación de valores, de gran importancia para o seu futuro.


OCIO E CULTURA

Ourense por BARRIOS Agosto de 2012

Retratos, paisaxes e caras desfiguradas coma se fosen “pequenos monstros para non durmir” 4 Así ve o mundo o pintor ourensán Nebur Alas. Óscar Blanco Falamos con Rubén Álvarez, un mozo ourensán que, baixo o pseudónimo de Nebur Alas, xa leva máis de tres anos no mundo da pintura con máis de 80 cadros ás costas. Con motivo da súa última exposición na cidade quixemos coñecer máis ao artista. Como empezaches a pintar ? Rubén Álvarez (R.A): “Fai uns tres anos empecei a pintar en lenzo. Empecei por mor da miña carreira, Educación Infantil. Unha profesión na que saber pintar e debuxar é ideal para chegar mellor aos nenos”. Porqué pintas? R.A: “Gústame moito e

sempre teño que estar facendo algo. De feito, tamén cultivei outras artes, fai seis anos empecei a tocar a guitarra pero pouco a pouco foi sendo reemprazada pola pintura”. Porque ese seudónimo “Nebur Alas”? R.A: “É moi bo ter un pseudónimo e iste vén de tempo atrás”. Como defines á túa pintura? R.A: “A miña é unha pintura móbil, vou dun cadro a outro sen que teña ningunha relación, non hai nada fixo. Os retratos é o que máis estou expoñendo nestes momentos, pero teño bastantes paisaxes, caras desfiguradas coma se fosen pequenos monstros para non durmir.

Unha peza fundamental da miña “obra” son os cadros surrealistas, de feito o empezar eran case todos así, pouco a pouco foi cambiando pero é distes dos que máis me sinto identificado e sen dúbida os que máis aprezo. Vou evolucionando, as cousas vanse facendo mellor pero para nada significa que valore máis os últimos cadros que os primeiros. Onde atopas inspiracion? R.A: “Non creo que falla falta ir a algún lugar a buscar inspiración, penso que toda a podes atopar na cabeza pero si, tamén a atopo noutros artistas, de moitos pintores surrealistas. Para mín, Dalí foi un gran maes-

tro”. Xa expuxeches antes? R.A: “Si. Expuxen en diversas cafeterías e actualmente estou expondo en Mesón Casa Escola dende mediados de Xuño. Neste mes de agosto empezo a expor no Espazo Xove de Ourense ata mediados de setembro”. Ourense é un lugar ideal para empezar no mundo da pintura? R.A: “É complicado como en todas as cidades pero hai que buscarse a vida e ter paciencia”. Que pode aportar a túa pintura? R.A: “O que a xente queira ver. Un camiño á imaxinación, a non dar todo por visto. Animo aos lecto-

O pintor ourensán Rubén Álvarez (alias Nebur Alas).

“A miña é unha pintura móbil, vou dun cadro a outro sen que teña ningunha relación, non hai nada fixo” res a probar a facer todas as cousas posibles”. Rubén Alvarez, alias “Nebur Alas”, expón óleos,

acrílicos e debuxos do 16 de agosto ao 15 de setembro no vestíbulo do Espazo Xove de Ourense.


10

Ourense por BARRIOS Agosto de 2012

PUBLICIDADE


PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Agosto de 2012

11


12

Ourense por BARRIOS Agosto de 2012

PUBLICIDADE

O PPOU pide a revisión do acordo plenario das alegacións orzamentarias ao estar incompleto o expediente O concelleiro de Facenda fixo caso omiso á advertencia ao respecto que lle fixo o PPOU antes do inicio do pleno de agosto, solicitandolle que verificase o asunto e non levase a debate o punto por non estar completo O portavoz municipal do PPOU, Rosendo Fernández, e a concelleira Beatriz Tejada deron conta da “enésima chapuza” do bipartito municipal con respecto aos Orzamentos deste Concello. O pasado 3 de agosto celebrouse un pleno ordinario onde se levou por urxencia a aprobación provisional dos Orzamentos e onde os populares se viron na obriga de ausentarse do debate por ter recibido a información a tratar escasos minutos antes do comezo da sesión. “Consideramos, como grupo político máis votado desta cidade, que as cousas relacionadas cos Orzamentos hai que facelas, como mínimo, ben. Pero a realidade é que se están facendo peor que nunca: é incrible que estes sexan os primeiros Orzamentos deste mandato, con máis de oito meses de retraso. Non queremos nin imaxinar cómo serán os últimos”, relatou o voceiro popular. Nesta sesión plenaria os populares insistiron varias veces en preguntar se no expediente estaban todas as alegacións rexistradas aos Orzamentos. “Daquela, sospeitábamos que non era así, circunstancia da que hoxe temos plena constancia: unha asociación ourensá do sector inmobiliario tiña rexistrada unha

alegación con data do 31 de xullo que non se incorporou no expediente aprobado sen os nosos votos”, revelou Rosendo Fernández. O portavoz municipal do PPOU dirixiuse ao concelleiro de Facenda antes do inicio do pleno para informarlle desta fundada sospeita e, en consecuencia, para advertirlle da necesidade de non levar a debate o expediente de alegacións orzamentarias, xa que estaba incompleto. “O bipartito puido estimar a nosa lexítima petición ou ben facer un receso no pleno para comprobar no Rexistro Xeral o que nós lle estábamos advertindo… Pero non o fixeron, fieis como sempre á súa política de falta de diálogo e de colaboración”, recalcou Rosendo Fernández. “Unha vez máis nos sentimos enganados e estafados por este Goberno municipal, adalid como ningún outro da falta de transparencia e da manifesta falta de xestión, chea de bandazos, de parches e de chapuzas varias”. Solicitude de informe ao secretario Debido a isto, o Grupo Municipal do Partido Popular de Ourense solicitou ao secretario do Pleno que certifique a validez do acordo plenario de agosto, posto que sospeitan que carece

Rosendo Fernández e Beatriz Tejada compareceron ante os medios para denunciar que o expediente dos Orzamentos estaba incompleto.

O PP solicitou ao secretario que certifique a validez do acordo plenario de agosto dela. De ser así, estaríamos ante un acordo fallido que retrotraería a aprobación dos Orzamentos, retrasando aínda máis un documento que de por si ten a dubidosa honra de ser o primeiro Orzamento da historia deste Concello que ten que ir, como mínimo, tres veces ao pleno para a súa aprobación. “Lamentablemente para a cidade estamos a sufrir un Goberno municipal que, lonxe de admitir os seus erros e facer propósito de enmenda, trata de culpar a este grupo político de ‘entorpecer’ a aprobación dos Orzamentos nun novo exer-

cicio de demagoxia e manipulación descarada. Teñan por seguro vostedes, e a cidadanía ourensá en xeral, que se as cousas se fixeran ben dende un principio, non sucedería o que estamos a vivir”. O Grupo Municipal do PP leva reclamando que os Orzamentos estivesen aprobados en tempo e forma dende o inicio do mandato. De feito, Rosendo Fernández lembroulle ao concelleiro de Facenda que axilice a súa xestión para ter as contas de 2013 listas a 31 de outubro deste ano, co fin de que por unha vez, estén

aprobados en tempo e forma os Orzamentos de 2013, algo que non acadou nos cinco orzamentos que leva elaborado dende 2007. Por último, xa para finalizar, Rosendo Fernández lembrou que volven a estar expostos ao público os Orzamentos Municipais e a instancia das alegacións presentadas por este grupo político e un sindicato (CSIF), xa que o bipartito foi incapaz por si mesmo de facer as correccións pertinentes no tocante á aplicación da suba do IVE. Por último, Rosendo Fernández concluiu dicindo

que detectaron “ o intento de engano do bipartito con respecto ás alegacións, deixando sen incorporar unha, asinada por un colectivo profesional. Descoñecemos os motivos desta irregularidade manifesta que podería invalidar o acordo plenario, apresurado e chapuceiro, do pasado venres. Por iso solicitaremos ao máximo funcionario responsable do pleno que certifique este asunto. Unha vez coñezamos as súas conclusións, estudiaremos as medidas que consideremos convintes e necesarias para defender os intereses xerais desta cidade”. Pola súa banda, a concelleira Beatriz Tejada lembrou as cinco alegacións presentadas polos populares, centradas en aspectos xurídicos e fácticos. Sinalou que en partidas como a de Axuda no Fogar non se lle aplicou o novo IVE, do mesmo xeito que mostrou a súa sorpresa por como o bipartito vendeu públicamente “un plan de austeridade nos alugueres municipais”, cando esta era precisamente unha das alegacións dos populares aos Orzamentos. “O único que tratan de facer é desviar a atención sobre a súa falta de respecto institucional, cunha evidente prepotencia ao non ter en conta unha alegación dun colectivo profesional”, dixo Tejada.

O bipartito rexeita a petición dos populares de incrementar a vixilancia na zona termal O PP considera que o control destas áreas non se debe descoidar No pleno municipal do 3 de agosto, a concelleira popular Marinel Fernández Rey defendeu unha moción encamiñada a que o Concello incremente e reforze a vixilancia na área termal (A Chavasqueira, O Tinteiro, Muíño da Veiga e Outariz, fundamentalmente). A concelleira do PPOU deu conta das múltiples queixas

veciñais con respecto á falta de control nestas áreas públicas, sobre todo en horario nocturno, onde non hai persoal para vixiar o correcto uso e desfrute destas instalación. Ademais de danar a imaxe turística da Capital Termal de Galicia, Marinel Fernández puxo especial énfase en que a seguridade e o control nes-

tas áreas é algo que non se debe descoidar, ao ser parte fundamental da imaxe cara ao exterior de Ourense. Nembargantes, o bipartito rexeitou a proposta en positivo dos populares ao manifestar que non lles constaban queixas, aludindo a unha suposta páxina web de opinón de usuarios onde non se facía referen-

cia a queixas. Os populares invitan aos membros do bipartito a que visiten con frecuencia as ribeiras do Miño e as áreas termais, que falen directamente cos usuarios e que comproben, por si mesmos, a necesidade de reforzar a vixilancia e o control no uso deste importantísimo patrimonio natural da nosa cidade.

A concelleira popular Marinel Fernández defendeu unha moción sobre vixilancia nas zonas termais no último pleno.


ECONOMÍA E EMPREGO

O Concello formará 300 desempregados Redacción O Concello de Ourense, dentro do programa “Ourense Inserta”, dará formación sociolaboral a uns 330 veciños que se atopen neste momento sen traballo en materia de atención a dependentes, hostalaría e o medio ambiente. Os 17 itinerarios (12 dos cales contarán con certificado de profesionalidade) dos que se trata buscan favorecer o acceso a un posto de traballo de demandantes de emprego, con accións de formación específica, prácticas en empresas e orientación laboral. Ademais, todos eles incluirán contidos transversais en materia de igualdade de oportunidades, novas tecnoloxías, sensibilización medioambiental, fomento da non discriminación e loita contra a exclusión social. Estes cursos terán unha duración de 30 meses e suporán un investimento de 1,4 millóns de euros.

Funcionarios ourensáns concentrados o pasado 24 de agosto fronte ao edificio administrativo da Xunta na cidade./P.LODEIRO.

Os funcionarios seguen en loita Como veñen facendo cada venres, dende que o Goberno Central fixese públicas as últimas medidas de axuste económico -entre as que se atopou a supresión das súa paga extra de Nadal-, os empregados públicos ourensáns sairon á rúa o pasado 24 de agosto para seguir recordándolle ás autoridades a súa disconformidade con esta determinación. Neste caso varios centos de funcionarios ourensáns participaron nesta xa habitual concentración ante a Subdelegación do Goberno, desde onde logo se trasladaron ata o edificio administrativo da Xunta na cidade, na avenida da Habana. Os sindicatos seguen convocando concentracións de protesta, todos os venres de 11 a 12 da mañá, coincidindo cos Consellos de Ministros.

Xosé Manuel Pérez Bouza estivo acompañado no acto por outros membros da Executiva de CxG, como Sandra Araúxo ou Rafael Cuiña, así como de varios empregados públicos que presentaron unha reclamación administrativa no propio rexistro./P.LODEIRO.

CxG inicia unha campaña en defensa da extra de Nadal dos empregados públicos Compromiso por Galicia vén de presentar no rexistro da Xunta de Ourense a súa campaña “As nosas pagas son de lei!”, que ten como cometido denunciar a supresión da paga extraordinaria de Nadal. “A paga extra non é un agasallo, non é unha esmola, nin unha gracia da administración, senón que son dereitos consolidados, salario básico”, sinalou o voceiro de CxG en Ourense, Xosé Manuel Pérez Bouza. A campaña está activa na páxina web desta nova formación política, da que os interesados poden descargarse un modelo de reclamación previa e de recurso “para que por vía administrativa primeiro e por vía xudicial despois reclamen este dereito”, explicou.

Ourense por BARRIOS Agosto de 2012

13


14

Ourense por BARRIOS Agosto de 2012

ARTIGOS

4CÍRCULO POÉTICO

4O RINCÓN DO ARQUIVO VISUAL OURENSÁN

Encontro Internacional de Poetas de Zamora (México) Un ano máis representantes de Círculo Poético desprazáronse a México para participar no Encontro Internacional de Poetas de Zamora que dirixe Roberto Resendiz. Nesta edición foi a vogal da asociación María González Méndez que aproveitou para presentar o seu novo libro “Sentimientos desde el corazón”. Deuse a casualidade que foi a única representación de España nesta edición. Logo da súa estadía en Zamora, a poeta trasladouse a San Luis Potosí onde presentou o seu libro. Por outra banda, a asociación está ultimando o cartel do IIIº Encontro de Poetas que se desenvolverá durante o primeiro fin de semana de outubro.

4RECEITA Bacallau ao pil-pil Ingredientes: 4 Lomos de bacallau 1 pemento 1 cabeza de allo 2 guindillas doces ½ litro de aceite de oliva Elaboración: 1º . Desalar o bacallau 36 h. na neveira cambiándolle a auga cada 8 horas.

Unha vez desalado secalo cun pano de cociña. 2º. Fritir o aceite a lume lento, as guindillas cortadas en rodaxas, a cabeza de allo e o pemento cortado en tiras. Retirar as verduras e apagar o lume. 3º . Introducir o bacallau e deixalo repousar

unha hora. Transcorrido o tempo mover a cazuela en sentido circular ata que a salsa ligue. 4º. Acompañar o bacallau coas verduras cociñadas anteriormente. Juan Luis Iglesias, xefe de cociña Os Caracoles. Tel. 988 380 165

4TRIBUNA ABERTA A política nas redaccións Contan que alá pola década dos 50 cando a televisión chega a España, desde o chalé do Paseo de La Habana (primeira sede de TVE en Madrid), ao réxime de Franco non lle gustaba moito o novo invento. Aínda así, e xa desde o primeiro momento, o novo medio de comunicación tivo unha moi boa aceptación por parte da cidadanía. Nacía unha nova forma de entretenemento, e tamén, de información, que complementaba ao NODO, o noticiario que se emitía nas salas de cine antes de comezar a película, e que contaba todas as novas, cociñadas, iso sí, polo goberno da ditadura. Nun primeiro momento Televisión Española utilizaba a imaxe do locutor que transmitía as novas que saían nos informativos da radio (os chamados “partes” de Radio Nacional de España), “Diarios Hablados” que foron de obrigada

emisión en todas as emisoras ata a transición. Pouco despois os informativos da televisión pública empezaron a facer información propia, con das noticas gravadas polo propio persoal. Pero aínda así, a man do goberno de Franco estaba presente nas redaccións, xa que comprendeu deseguida a importancia do novo medio de comunicación. Chegada a transición e o paso cara a democracia, a política non abandonou as redaccións dos medios públicos. UCD, PSOE ou PP mantiveron o control do Ente (hoxe chamado Corporación). Políticos foron directores xerais e directores da radio e da televisión pública, e todos procuraron que as informacións axudaran sempre ao partido gobernante. Nin foi RTVE obxetiva con UCD nin co PSOE nin moito menos co PP na lexislatura de Áznar (todos lembramos a sentenza pola información da Folga Xeral do 20 de xuño

do 2002 ou o tratamento do desastre do Prestige, en tempos de Urdaci). Fai uns días o goberno do Partido Popular “tomou” de novo RTVE, destituiu á cúpula anterior para poñer neses postos persoal de confianza. Unha mágoa, xa que os informativos de RTVE conseguiran, nos últimos anos, ser líderes de audiencia, e o que é máis destacado, unha alta credibilidade. O triste costume de poñer xente da confianza do político de turno volve a estar presente. Eugenio Scalfari , director fundador do diario italiano La Republica, calificou ao xornalista como: “xente que lle conta á xente o que lle pasa á xente”; desgraciadamente desde os medios públicos os políticos séntanse nas redaccións para que o xornalista oculte ou conte, á maneira que o goberno quere, o que lle ocorre a xente. Xavi C. Martiñá

Festival do Miño Naceu co longuísimo nome de Festival Hispano-Portugués da canción do Miño; pero a partir da terceira edición pasou a ser soamente o Festival do Miño. Os anos sesenta supuxeron a idade de ouro dos festivais da canción, Benidorm, Barcelona (Canción do Mediterráneo), Madrid, Mallorca, foron algúns dos festivais nados desde o 1959; en Ourense tivemos que esperar a 1965, momento en que da man de Don Manuel Rego Neto e o alcalde daqueles anos David Ferrer Garrido; naceu o noso festival. A cidade e as empresas locais envor-

cáronse coa organización, sendo un éxito en todos os aspectos; posiblemente o feito de contar coa presenza de artistas portugueses e galegos conseguiu atraer á nosa cidade a público de todo a contorna. Esta 1ª edición estivo presidida polo entón Ministro de Información e Turismo Manuel Fraga Iribarne. E o lugar escollido para celebrar o evento foi o xardín do Posío, en anos sucesivos seria o pavillón dos deportes. E a chaira que durante anos existiu nas Lagoas. O elenco de artistas estaba encabezado pola Ourensá Menchu e Fina Galicia; as dúas participantes con

anterioridade no Festival de Benidorm, anos 62 e 63 respectivamente, e do cantante e compositor portugués Artur Ribeiro. Xunto a eles aproximadamente unha ducia de artistas entre os que cabe destacar a un grupo ourensán que comezaba a ser coñecido tamén a nivel nacional “Os Benposta” da Cidade dos Raparigos, (meses antes fixeran a súa aparición xunto ao seu cantante Santy, no programa de TVE “Sorría por Favor”). Arquivo visual Ourensán fondo Menchu; fotografía propiedade de Menchu; fotógrafo, descoñecido; texto, Rafael Salgado www.ourensenotempo.com

4AVATARES DUNHA ACTRIZ NOVATA

Cando remate Pi..pi..pi..pi. Cinco e media da mañá. Apago o espertador e érgome da cama dun chimpo. O normal, ducha, almorzo potente, vístome e xa estou lista. Saio pitando para o plató. Entro feliz e dando os bos días cun gran sorriso, paso o torno e vou cara ao vestiario. Polos diferentes corredores vou saudando chea de enerxía. Sempre comezo así o día, son animal diúrno. Xa enfundada no traxe da cabo Otero, vou a perruquería e maquillaxe, e mentres traballan comigo, falamos e botamos unhas risas. Aínda teño tempo de tomar un café. É moi cedo, preciso cafeína. Entro na sala de pase de texto e atópome cos meus compañeiros e parte do equipo, incluído o director ou directora. Repasamos a pri-

meira secuencia e listos pra entrar no set. Así comeza un dos meus días de gravación na serie Matalobos. Comezamos coa rodaxe da quinta tempada a primeiros de xullo, e aí estou, interpretando á cabo Otero. Débolle moito a esta serie, e sobre todo á xente que contou comigo nun principio, e a que segue contando agora. Co risco de parecer unha sentimental, non podo evitar sentir un agarimo especial por esta serie e a xente que a conforma. Seica din que corren tempos duros. Eu sei que nesta profesión son peor que duros. Penso na cantidade de compañeiros, algúns con grandes nomes e ben coñecidos, que levan moito tempo sen traballar, sobre todo nos que xa non poden pagar as facturas. As veces teño medo. Medo de que esta

profesión morra en Galicia. Os que cremos que non servimos para outra cousa porque isto é a nosa vida, gustaríanos poder seguir facendo teatro, cine e televisión galegos. Crise, aumento de impostos, eliminación de subvencións á cultura, todo isto podería rematar coa nosa profesión e algunhas máis. Pero eu mantéñome optimista. A imaxinación é a nosa principal ferramenta e están comezando a aparecer formatos moi creativos. Sei que sairemos desta. Síntome moi afortunada por estar traballando, e por pouco que dure, céntrome en gozar ao máximo de cada día de gravación. Cando remate, xa virá outra cousa. Polo de agora son feliz hoxe, mañá xa veremos. Saamira Ganay


PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Agosto de 2012

15

A Concellaría de Cultura agradece a alta asistencia nunha nova edición do ciclo “Baixo as estrelas” Isabel Pérez: “estas actividades están escamiñadas cara a un modelo cultural cada vez máis participativo e integrador” Este venres péchase unha nova edición do ciclo “Baixo as Estrelas”, que durante todos os venres do verán proxectou, na praza de San Martiño, as curtametraxes máis premiadas do circuíto audiovisual nos anos 2010 e 2011. Porén, esta última cita co cine de verán terá un carácter máis lúdico. Trátase, en definitiva, de agradecerlle ao público a fidelidade coa que respondeu á convocatoria do Festival de Cine e iniciar, igualmente, a conta atrás para o 17 Festival de Cine Internacional de Ourense, que se celebrará do 2 ao 11 de novembro. E que mellor maneira de facelo que coa proxección, por vez primeira, do Making of

do 16OUFF, obra de Natasha Lelenco. Unha peza de máis de 20 minutos na que se amosa o desenvolvemento do evento ourensán dende as súas entrañas. Así, son os protagonistas do 16OUFF os que toman a palabra para contarnos como viven esta cita dende as súas diversas orixes, pero tamén os traballadores do Festival os que nos contan a ardua tarefa de levar adiante unha actividade coma esta. Imaxes inéditas e sorprendentes para o público, as que acontecen sempre fóra do foco mediático, algunha que outra confesión e unha mostra do bo humor co que se leva adiante o traballo de realizar un Festival de Cine. O último “Baixo as

Estrelas” de 2012 será, logo, unha festa na que tampouco faltará a música e o bo ambiente. Unha pequena homenaxe á ininterrompida programación cinematográfica de 2012, que comezou cos ciclos de +CINE levados a cabo coa colaboración do Cineclube Padre Feijóo alá polo mes de xaneiro. Preparación do 17OUFF Setembro e outubro serán, xa que logo, meses nos que o Festival deixará de lado a programación para dedicarse por enteiro á organización do 17OUFF. En primeiro lugar, peneirando todos os filmes recibidos e debullando unha oferta de máximo nivel para o público ourensán.

A concelleira de Cultura e presidenta do Consorcio do Festival, Isabel Pérez.

O venres 31 de agosto proxectarase o Making of do 16OUFF, unha peza que amosa o desenvolvemento do evento ourensán dende as súas entrañas

Ourense réndelle homenaxe a Manuel de Dios O compositor será nomeado fillo predilecto da cidade Tal e como se acordou no Pleno do Concello celebrado o pasado día 4 de maio, leváronse a cabo os trámites para indagar sobre os méritos que concurren na figura de D. Manuel de Dios Martínez. Entre éstes aspectos, formaron parte o seu compromiso con Ourense, a súa dimensión humana e a faceta como docente, músico, compositor, director e poeta. Agora, tras as adhesións de veciños e veciñas, entidades, colectivos, asociacións, particulares, concellos,

grupos e autoridades, o proceso chega ao seu fin ca proposta de nomeamento de fillo predilecto da cidade de Ourense a título póstumo. Traxectoria Manuel de Dios naceu no ano 1930 en San Xes da Rabeda. Licenciouse en Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela, onde se relacionou con Benito Varela Jácome, Carlos Casares, Francisco Javier Carro e J. F. Ferreiro. Desenvolveu a súa vocación literaria coa

amizade de poetas locais como Abelardo Santórum, Victor Campio, Serafín Gómez e Antón Tovar. Exerceu o seu labor docente como profesor de Música e Literatura na antiga Universidade Laboral de Ourense de Filosofía e Lingua e Literatura Españolas no Instituto do Posío, hoxe chamado IES Otero Pedrayo. Neste último foi nomeado tamén xefe do primeiro Seminario de “Lingua e literatura Galega”. Colaborou, como cro-

Na súa faceta musical, Manuel de Dios cultivou o popular e o culto; compaxinou os “alalás”, “as pandeiradas” e as “foliadas” coa música clásica, sacra e polifónica

nista, en “As nosas páxinas galegas” de ABC. A proposta de D. Xesús Ferro Couselo, formou parte do Grupo Marcelo Macías e fixo publicacións no Boletín Auriense do Museo Arqueolóxico Provincial. O nome de Manuel de Dios está vencellado á mocidade. Nas súas aulas ía espertando cada días os valores esenciais da literatura como son a sensibilidade poética e musical, sensibilidades que só son capaces de transmitir os grandes mestres coma él, ben dotado destas capacidades. A súa obra A obra musical e poética deste insigne ourensán está enraizada no amor á terra e a esta nosa Auria,

bence de homes ilustres, altruistas na defensa do común, orgullosos da fala, amantes da música e traballadores dos versos que ensalzan a nosa forma de vida. Na súa faceta musical, cultivou o popular e o culto; compaxinou os “alalás”, “as pandeiradas” e as “foliadas” coa música clásica, sacra e polifónica. Traballou con D. Xaquín Lorenzo “Xocas”, no cancioneiro da Baixa Limia, na recompilación de cantos populares, arrancando e adaptando moitos deles para a súa interpretación. Musicou poemas, entre outros, de Matilde Lloria, Antón Tovar e José Ángel Valente. Dedicou máis de medio século á dirección e composición coral, trinta e cinco anos na Coral

de Ruada e dezanove, ata o seu pasamento, no grupo Vellos Amigos, do que fora o seu fundador. Boa parte das súas composicións musicais están publicadas no libro Cantos de traer e levar. Sobresaen pezas significativas como o “Himno a Castelao”, “A vires de Portovello”, “Ourense no solpor”, “Ourense ao lonxe”… Da súa produción literaria cabe destacar as publicacións en Sete poetas ourensáns, así como incontables estrofas que compuxo, para engadir aos cantos populares, e principalmente Cantares, no que amosou o seu dominio da poesía popular e da clásica e no que hai que subliñar os seus sonetos e minigramas.


16

Ourense por BARRIOS Agosto de 2012

ARTIGOS

4AXENDA

4 MULLERES ANÓNIMAS

Exposicións - Ata final de mes - Exposición sobre Teresa de Calcuta - Catedral - Ata o 31 de agosto - Exposición “As cidades da miña ledicia” de María Jesús Ballester - Museo Municipal - Ata o 31 de agosto - Exposición pictórica “Miscelánea” - Auditorio Municipal - A partir do 5 de setembro - Exposición “Natureza alterada” - Centro Cultural Marcos Valcárcel - Ata o 15 de setembro Exposición de óleos, acrílicos e debuxos de Rubén Álvarez “Nebur” - Espazo Xove - Do 15 de setembro ao 20 de outubro - Exposición pictórica “Libertad Absoluta” Galería Manuel Márquez Teatro - 30 de agosto - “A viaxe das palabras”- 21 h. - Parque dos Patos da Valenzá - 30 de agosto - Sesión de contacontos - 22.15 h. - Praza San Marcial Cine - 31 de agosto - Cine “Baixo as Estrelas” - 23 h. Praza de San Martiño - 30 de agosto - Cine ao aire libre: “Valiant” - 22 h. Terrazas CC Ponte Vella Música - 31 de agosto - Concertos de Funck Busters, Summer Season e SK & Ismael Ferreiro - 22.15 h - Espazo Xove - 31 de agosto - Concerto do grupo 96ERS - 23 h. Sala Berlín - 1 de setembro - Concerto do grupo ourensán Menage à Trois - 00.00 h. - Centro Social O Portelo (Allariz) - 5 de setembro - Concerto de Rubén de Lis - 23 h. Café Miudiño - 7 de setembro - Concerto do grupo En Mala Hora - 23 h. - Sala Berlín - 12 de setembro - Concerto de Etiqueta Negra - 23 h.Café Miudiño - 21 de setembro - Concerto dos grupos Pipir Saint e 19 Razones - 21.30 h. - Sala Berlín - 22 de setembro - Concerto do grupo Barón Rojo - 22 h. - Sala Berlín Festas - Do 30 de agosto ao 2 de setembro - Festas na honra da Virxe da Saúde - Soutomaior (Taboadela) - Do 12 ao 16 de setembro - Festas do Cristo - O Barco de Valdeorras Outros - 31 de agosto - Paseo guiado ao casco histórico, coa mirada da artista María Jesús Ballester - 20 h. - Museo Municipal - Do 7 ao 9 de setembro V Xornadas de Manganinme e Cultura Xaponesa - Espazo Xove

Hoxe di o xornal que morreu unha muller que (non) coñecín “Hoxe di o xornal que morreu unha muller que coñecín...” como di a canción de Joaquín Sabina. Eu non a coñecín, e tampouco terei a oportunidade de coñecela, alguén lle arrebatou a vida de maneira violenta. Porque estamos afeitos a que a vida nos arrebate a persoas que queremos, máis ou menos, que coñecemos ou simplemente que aparecen nun xornal, pero non nos facemos á idea ( menos mal) de que alguén poida roubarlle o máis prezado que ten un ser humano, a vida. Que un semellante poida quitarche a vida é o máis difícil e duro de levar, polo menos eu enténdoo así. E se esa persoa que che arrebata a vida é ademais alguén querido... entón a dor se cabe é aínda maior, a rabia de saberche durmindo co teu inimigo debe ser como un aguillón cuspindo veleno sen parar no centro mesmo do corazón.

E é que este mes na nosa cidade onde a vida transcorre sen demasiadas sorpresas, conmocionounos unha morte violenta dunha muller. Non serei eu quen xulgue... que para iso están os xuíces, pero sen dúbida é difícil de atallar. Por iso este puñado de letras van para ti. Unha muller á que non coñecín, da que non sei nada e con todo pola que sinto unha profunda tristeza. Desde a miña pequena columna quero dar a miña condolencia á súa familia e a todos e todas cantos a coñecían. E cada día na prensa, na radio, nos xornais, fanse eco deste tipo de noticias ou peores, se é que as hai peores, e as mulleres forman parte dunha lista negra e triste que, coma se só fosen cifras, vemos aumentar día a día sen que ninguén poida porlle remedio. Eu non sei se isto antes pasaba ou se antes non se sabía, eu non sei se algunha vez a violencia viuse do-

4DESDE O SOTO DO CONCELLO

utra maneira, se algunha vez estas cousas quedaban na máis estricta intimidade das familias, pero o que si sei é que agora non. Que ninguén debería morrer así, que ningunha muller e ningún home teñen que morrer así, que ningún home ou ningunha muller teñen o dereito de arrebatarnos a vida. Que por moito que ás veces desexemos que a pena de morte exista cando vemos casos sobrecolledores en calquera medio, a vida é sacra para calquera ser humano e ninguén debería ter o poder de quitárnola. Que a violencia é violencia, mírese por onde se mire e que todos temos o deber de denunciar e de axudar ante unha situación así. Deixo aquí a miña rosa para ti, para ela, para elas, para todas. Para todos, por todos. Mónica F. Pintos

4DIARIO DUNHA EMIGRANTE

As mozas son guerreiras As mozas son guerreiras. En Escandinavia levan a batuta desde hai tempo e non lles treme o pulso cando teñen que porse no rol de xefa, xa sexa da súa propia casa ou do parlamento. A monarquía nórdica non se estremece se unha muller calza a coroa, e este sistema non arrincoa ás mulleres entre o eixo e a roda cando lles toca ser nais. En Dinamarca reina unha discriminación positiva que valora as aptitudes de ambos sexos nun plano de igualdade que calquera goberno do mundo debería de envexar e apoiar ás mulleres nas súas aspiracións tanto persoais como profesionais, dándolles unha seguridade para camiñar cara ao futuro da que aínda carecemos no resto de Europa. Con todo, no Sur non nos falta o espírito com-

batente e guerreiro. As Olimpíadas de Londres demostraron que as mozas teñen moito que ofrecer e deron un grande exemplo de coraxe, loita, valentía e bo facer a un país moi envorcado –sen pretender restar ningún merito aos nosos mozos de Ouro dos que estou profundamente orgullosa, empezando polo meu paisano David Cal e terminando pola Vermella máis alta- en deportes masculinos ou nos que prima a supremacía varonil. A día de hoxe non debería de ser noticia que un puñado de atletas femininas se apañaran estupendamente para dar lustro ao medalleiro español, e con todo, sinto a necesidade de felicitar ás miñas compatriotas por arrincarnos de dentro este orgullo de ser mulleres loitadoras en ambientes non sempre favorables. As batallas gáñase con tesón, coraxe e esforzo, pero

tamén é necesario apoiar certos méritos e facer fincapé nas diferenzas que, neste momento, aínda nos seguen poñendo moitos obstáculos no camiño polo simple feito de pertencer a un reino animal con específicos órganos xenitais que a maxia do discurso teima en clasificar a aquelas que os portan como criaturas inferiores ou débiles. O obxectivo de facer fincapé nas diferenzas entre sexos non debe de ser o establecer unha nova orde de supremacía, esmagando ao primeiro que se cruce no noso camiño. É un paso necesario na persecución de facer valer a voz e a presenza do mérito, xa porte pene ou vaxina. É unha batalla de lume lento e recoñecemento mutuo, de concesións, valoración e respecto para, entre todos, alcanzar unha sociedade mellor. Raquel Sertaje

Paripé, paripé e máis paripé Paripé, paripé e máis paripé... O contido das sesións plenarias comeza a resultar difícil de crer… Os moi atrasados orzamentos para este ano seguen facéndose de rogar, tanto que de seguir así caducarán antes de que os nosos gobernantes lles boten o dente. A pregunta é, serven de algo os orzamentos para este ano 2012? E peor aínda serve de algo ter á cabeza do goberno desta cidade a individuos que non son capaces de xestionar os nosos propios recursos? O PP levaba a súa estratexia ben ensaiada “ou nos fan caso ou nos levantamos e nos imos” e tanto caso lles fixeron que …marcharon! e a única oposición que existiu no posterior monólogo-debate foi a de DO. O mellor do episodio? Sen dúbida que Agustín PSOE ante a incapacidade de mirarnos á cara, é de supoñer que por tanta parvada que dicía, soltou o seu rollo mirando cara aos sitios baleiros do PP, surrealista! Por outro lado o BNG levou a pleno un par de propostas para lembrarnos que estamos moi preto dunha campaña electoral, propostas desas que se defenden a golpe de puño pechado enriba da mesa para facer notar o énfase ideolóxico, para que todos nós creamos que son os grandes defensores dos cidadáns. A primeira para “instar” ao goberno central a que revise os acordos coa Santa Sede para eliminar os privilexios da igrexa en canto ao pago do IBI das súas propiedades,e un largo etc…que seguía “instando” á Xunta e ao Parlamento a facelo tamén. E digo eu, que o Concello facture o IBI á igrexa como a calquera outro cidadán e punto, non é tan complexo, tan só fai falla atreverse, pero claro, tamén é fácil quedar ben sen facer nada… pura intención. Iso sí, deixaron ben claro que somos un estado aconfesional… e o PSOE votou SI… a pesar de que nas procesións sempre ao lado do noso alcalde e

na primeira fila vai algún concelleiro/a con moi boa educación pero que di ser ateo/a… Isto non hai quen o entenda, hai que ser o que se di que somos ou hai que facer o contrario do que dicimos? O meirande dispendio de hipocrisía elevado ao sublime! Despois de tanto rezo político e cando pensabamos que a coherencia reinaría por fin no salón de plenos, novamente o BNG defende a súa segunda moción, esta vez para rexeitar a reforma da lei de bases de réxime local que prepara o “goberno” de Rajoy para “aforrar” e optimizar recursos nos concellos “á súa maneira”, e dicir, de forma pésima. Totalmente dacordo mais… outra vez a nosa postura foi a abstención á hora de votar. Isabel Pérez, a nosa tenente alcalde, tivo o seu mellor momento de incoherencia no discurso defendendo os dereitos dos traballadores, os dereitos de representación dos partidos minoritarios, criticou duramente o bipartidismo etc…e dígannos vostedes, como se pode votar a favor dun discurso por moi convincente que resulte cando os feitos están a dicir o contrario? Para que o entendan, o BNG rachou as vestiduras defendendo os dereitos dos traballadores fronte á reforma laboral mais cando tiveron que votar para que as traballadoras do servizo de axuda no fogar que presta o Concello fosen readmitidas tras un despido improcedente VOTARON NON. Ese mesmo BNG que rompe unha lanza a favor da pluralidade política fronte a un bipartidismo decadente (así o chamaron), leva 5 anos en coalición co PSOE para poder gobernar . Vostedes enténdeno? Busquen, comparen e se atopan algo mellor... non o dubiden e voten! Democracia Ourensana

“Serve de algo ter á cabeza do goberno desta cidade a individuos que non son capaces de xestionar os nosos propios recursos?”


PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Agosto de 2012

17


18

Ourense por BARRIOS Agosto de 2012

ARTIGOS/ CLASIFICADOS

4HISTORIA DE PONTE CANEDO

O AVE, un pobo, as súas xentes e os seus provisionais dirixentes

O AVE naceu como un proxecto dirixido por uns, continuado por outros, cambiou de plans de uns variados por outros e no punto básico o corazón: a Estación Empalme, emblema dun pobo, Ponte Canedo, cunha superficie moi considerable expropiada aos nosos antepasados cun claro e determinado fin, a construción da Estación Empalme, marcando o Estado un prezo sen dereito a protestar nin dialogar, sen máis opción. Que o colles ou o deixas, te calas ou te alonxas. Así naceu e pasou ao Estado esta, hoxe en día, codiciada superficie. Agora, técnicos, políticos, organismos estatais, sombras que merodean ao redor instalándose en lugares segundo sexan proxectadas polo sol. No conxunto destas xentes e sombras haina boas, moi boas e tamén das outras que ninguén desexaría ter na familia, pero que ata son coñecidas lonxe das nosas fronteiras. As xentes de Ponte Canedo estamos co progreso, claro, xusto e ordenado, pero que o Estado, técnicos, políticos, dirixentes e o pobo en xeral sexan conscientes de como esta superficie se logrou para o Estado e se se pode facer con ela o que se queira, aínda que sexan para fins alleos aos que figuran na expropiación aos nosos antepasados. Nos proxectos presentados sobre a futura estación do AVE polo mellores estudios de arquitectos nacionais e estranxeiros, expostos ao pobo ourensán sen moitas gañas

e moi escasa difusión medios de comunicación. Estes proxectos, aparte de soterrado ou non soterrado, segundo as opinións dos distintos arquitectos, algúns incluso queren tirar o edificio da Estación, despois de dar servizo ao noso pobo e provincia durante 70 anos sen fendas nin goteiras, verdadeiramente “manda carallo”. Hai grupos con bastante importancia a nivel provincial que opinan dende Taboadela que se lle debe dar un paseo ás vías desprazándoas á dereita facendo unha ponte sobre as instacións recreativas de Oira. Hai algún grupo que incluso vai máis arriba do encoro de Velle. Vendo estes “remendos” feitos ao proxecto de Fomento un non ten máis remedio que “santiguarse”, se é cristián ou católico. A Torre de Babel paralizouse por falla de entendemento falado. Agora pódenos afectar o alzheimer da “calabaza”, encarecer o Proxecto facéndoo máis longo no tempo. O Goberno está decindo que as arcas da Nación están baleiras, que se lles pode sacar a parte de abaixo que non cae nada, acá olvidámonos ata da liña recta. O proxecto do AVE feito por Fomento figuraba e figura entrando por San Francisco, viaducto, Estación Empalme, por que se intenta variar? Parece como se esas sombras que hai fluctuando entre o poder, os políticos, e un mundo de finanzas, intereses particulares, mandan nas institucións, as cales creo todos debemos de respetar. As xentes que

empregan o novo tren, o Avant, especialmente entre Ourense-Santiago- A Coruña e viceversa, non din “pasei tantos quilómetros baixo terra”, “pasei sobre seis viadutos”; o que din é a realidade, “vin moi cómodo”, “abrín o xornal e na metade xa estaba en Santiago (30 minutos)”. Iso é o que interesa ao viaxeiro, déixense de caralladas! Que soterrado ou non soterrado, hai que unir a parte alta de Ponte Canedo, Covadonga, O Vinteún coa parte do río, a Estación, Quintián, a Ponte. Se nunca se preocuparon diso durante 70 anos a que vén agora ese paternal cariño. Se queren unir esas dúas partes unha ponte de 40 metros de ancho e xa está. Deixen vostedes que o AVE siga o seu curso, coma o río Miño. Fomento sabe ben o que ten que facer. Nos proxectos presentados para a nova Estación do AVE o que máis se observa é o que menos falta fai hoxe en día, edificacións, vivendas, algunha pequena zona verde e algunhas “pequeñeces” máis, así como unha estreita ponte. Ponte Canedo, cuxos antepasados perderon as súas terras de forma irregular, ao rematar a Guerra Civil, os seus descendentes así como as xentes que nos honraron vindo vivir ao noso pobo, entre todos pedimos igualdade e que non se caia nas garras das sombras da especulación e o enriquecemento. Pepe da Guardesa

4FELICITACIÓNS [Envíanos as felicitacións a info@ourenseporbarrios. com, ou r/Valle Inclán, 25, 2º, of. 15, 32004, Ourense]

4HUMOR

4ANUNCIOS CLASIFICADOS [Deixe os seus anuncios no 988 239 634 ou en info@ourenseporbarrios.com. Gratuítos para particulares; negocios, consultar tarifas. Os anuncios mantéñense durante dous meses; no caso de que queira repetilos despois dese prazo ou retiralos antes, volva chamarnos]

VENDA PISOS

VENDAS

TRABALLO

Urxe vender piso a 5 minutos de praia América. Tel. 636 422 497.

Mércanse mobles ou electrodomésticos de 2º man e cómpranse obxectos antigos. Tel. 988 21 22 24

Clases particulares. Primaria. ESO: materias de Ciencias e inglés, tecnicas de estudio. 12 años de experiencia. Material didáctico propio. 100% aprobados pasado curso. 1ª semana gratis. Tlf. 678700573, 988375081. http://fidelformacion.blogspot.com. fidelprofesor@hotmail.com.

Vendo piso en Allariz 100m2, 3 habitacións, amoblado, cociña con electrodomésticos novos, tel. 654 822 622. Vendo parcela na Lagoa de Antela (Xinzo), de 8 ha 30 a, Tel. 660 48 87 90. Vendo casa na estrada de Santiago. Tel: 637 005 910. Vendo ou alugo piso en Vigo, céntrico, 2 dormitorios, amoblado. Tel. 679 040 604

ALUGUER Alugo apartamento na rúa Concello, bo prezo. Tel: 695 437 622. Alugo piso no Vinteún, sen comunidade, 3 habitacións, cociña, salón e baño, prezo económico. Tel. 629 523 812. Alugo casa a 1 km de Allariz, económica, amoblada, Tel. 686 540 087. Alugo dúplex amoblado na Valenzá. 4 habitacións, salón, cociña, 2 baños. Telf. 609 572 114. Alúgase apartamento en Ourense, 2 dormitorios, equipado, pequeno e económico, Tel. 988 213 460 e 600 003 285 (Tere). Alúgase habitación en Ourense en piso totalmente equipado. Tel. 988 213 460 ou 600003285 (Tere). Alugo piso a estudantes en praza España (Vigo) a partir da segunda quincena de agosto. 3 habitacións, totalmente equipado. Tel 639 816 209. Alúgase apartamento amoblado zona Couto, 1 dormitorio, salón, cociña, baño, 3 balcóns, trasteiro e garaxe, calefacción, 330 euros + 54 de comunidade. Tel. 606 569 228. Alúgase apartamento 2 dormitorios, cociña amoblada con electrodomésticos. Tel. 988 21 36 21. Alugo piso en Valdorregueiro, 4 habitacións, baño, cociña e galería. tel. 988 21 43 01 e 687 21 12 18 Alugo apartamento en Montalvo de 1 e 2 cuartos, con xardín e barbacoa, para fins de semana, semanas e quincenas. tel. 607 27 19 16. Alúgase baixo de 110 m2 na Carballeira, exterior, luminoso, ideal para negocio ou almacén, con zona de carga e descarga. Tel. 661 926 529 ou 670 43 34 90. Alugo oficina xunto ao pazo de Xustiza e local no casco vello de Ourense. Tel. 637 005 910. Alúgase piso no Vinteún con praza de garaxe pechada. Tel. 629 52 38 12. Alugo piso. Tel: 988 246 926

Todas as viñetas en: http://oemigrantedopazo.blogspot.com/ e http://apapeleiradereciclaxe.blogspot.com

Hugo Barbosa Blanco Aniversario: 17.08 Pequecho, moitísimas felicidades que cumples xa 5 aniños. Espero que o pases moi ben neste día e que teñas moitos agasallos. Quérote moitísimo, pequeno.

Tito Duque Ferreira Aniversario: 27.08 Meu cari, 21 aniños xa, espero que o pases moi ben no teu día rodeado de todos os que te queren. Ámote meu corazon e espero pasar moitos máis ao teu lado. Besiños.

Vendo figuras de manga, anime / series TV, locomotoras e xogos de PC. Tel 691 017 095. Vendo dormitorio: cabeceiro e base de 150 cm, 2 mesiñas, sinfonier e armario de madera maciza, como novo. Prezo interesante. Tel. 627 43 46 01. Vendo colchón viscoelástic de 150 cm, novo, moi bo prezo. Tel. 627 43 46 01. Vendo estanterías metálicas de 1 m x 70 cm. Tel. 988 470 855. Vendo años caseiros 8 euros/ kg. Tel. 676 928 138. Vendo sillas de madeira seminovas, en moi bo estado. Tel. 988 252802 e 680 580 022. Vendo máquina de coser semi industrial (Refrey) e caixa rexistradora en bo estado. Tel. 687 379 473. Vendo fabricador de xeo e cafeteira de dous brazos para hostalería. Tel. 616 76 44 37. Vendo sofá 3+2, caldeira de calefacción de gas cidade, botelleiro para bar. Tel. 637 005 910 Vendo centeo embalado. Prezo a convir. Tel: 626 073 751 Vendo varias pías de distintos tamaños. Tel. 607 900 375. Véndese leña de carballo a bo prezo. Tel. 630 521 448. Vendo carriño de bebé completo (silla paseo, capazo e silla de viaxe) en perfecto estado, 250 euros. Tel. 687 511 472 e 988 37 30 50 (noites).

AUTOMÓBIL

Vendo vehículo en moi bo estado. Renault 21, aire acondicionado, cierre automático, dirección asistida, gasolina e pintura metalizada. 149.469 km. telf: 627 608 758. Vendo Seat Ibiza tres portas branco, TDI, 90 cv, ano 98, único titular, 1.500 euros. Tel. 609 822 076. Vendo Opel Astra 66.000 quilómetros. prezo a convir Tel 606 722 866 Véndese Mercedes en bo estado con extras, 1.500 euros. Tel. 630 521 448

COMPRAS Compraría tractor usado con tracción dianteira. Tel. 630 521 448. Compraría remolque de turismo novo ou usado de 2 eixos. Tel. 686 54 00 87.

Fanse traballos de pintura e pequenas reparacións; de desbroce e corte de leña. Tel. 671 103 243 Fanse traballos de limpeza doméstica e coidado de nenos ou anciáns. Tel. 671 103 243 Alugo coche de luxo con chofer para vodas: 200 euros. Contactar: moncho.g.r.58@gmail.com Profesional con amplia experiencia imparte clases particulares de Matemáticas a todos los niveles (ESO, bacharelato, universidade,, intensivo para selectivo). Tel. 625 515 818 Realízanse arranxos de modista para particulares e tendas, traballos de calidade, puntualidade e bo prezo.Tel. 988 25 53 02 Ofrécese mozo como axudante en tarefas de limpeza, mudanzas, pintura, obras, e calquera outro tipo de traballo sen cualificación específica. Tel. 650 27 11 58. Ofrécese muller con informes para traballar en casas e coidar persoas maiores e cativos. Tel: 988 25 86 34 // 608 153 256 Ofrécese auxiliar de xeriatría e xerontoloxía para axuda no domicilio e coidados a persoas anciáns e/ou dependentes. Interesados chamar ao tel. 697 629 739. Ofrécese persoa responsable con experiencia para o coidado e atención de persoas maiores, encamadas, aseos, etc. Prezos económicos. Tel: 618 646 959 e 639 818 920. Música para cerimonias (piano e voz). tel. 658 88 84 47 Desbrózanse fincas con tractor e fanse traballos agrícolas. Tel. 630 521 448 Ofrecese persoa para seguridade persoal, acompañamento,vixilanci a, ect.( home 45 anos, pertenecente a f.c.s.e) . Tfn: 636 32 95 24. Ofrecese servizo de modista.Traballos de calidade, puntualidade e bo prezo. Tfn:988 25 53 02 Ofrécese moza responsable para traballos domésticos. Tel: 637 005 910


EDITORIAL/ SERVIZOS

Ourense por BARRIOS Agosto de 2012

19

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 151-2002 / OU 125-2003 / OU 164-2004/ OU 155-2007. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634 - 988 549 717. Correo-e: info@ourenseporbarrios.com. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga. Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Óscar Blanco. Colaboracións: Pepe da Guardesa, J.E. Bóveda, J.L. Iglesias Vázquez, R. Sertaje, S.Ganay, M.Pintos, Calviño, C.V. Abros, A.V.Ou., Círculo Poético Orensano Nº120/110/96/59 - Ano: XI - Agosto 2012 - Difusión: 40.000 exemplares (Ed. Couto:11.000, Ed. Ponte Canedo: 10.000, Ed. San Francisco: 9.000 exemplares e Ed. Centro: 10.000 exemplares). Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, chame ao 988 239 634.

4CARTAS AO DIRECTOR

4LITERATÚA

Xardín de infamia III* Hai que ver como os nenos e as nenas precisan o dogmatismo para agocharse na máis necesaria das seguridades, necesitando saber que as cousas han de ser brancas ou negras (e só brancas ou só negras) e sen amosar o mínimo axexo de relativismo e de interpretación, pois inda lles é cedo. «Iso branco non pode ser chocolate, pois o chocolate é marrón». A súa moral heterónoma e a súa idade fainos ser así porque son viventes dun proceso que culminará na idade adulta coa capacidade de raciocinio precisa logo da perfecta transición chea de experiencias vitais e de cargas de programas de software nos seus cerebros do novo milenio... Pero mágoa cando non se produce transición ningunha nin depuración ren e se precisa do dogmatismo para vivir, sen saber como actuar se non se nos di exactamente onde nos temos que poñer e que temos que dicir. Ou pensándonos sempre en posesión da fútil verdade ou posuidores do rego que os demais deberíannos arar. Hai que ver como as nenas e os nenos precisan a ostentación das súas habilidades para ir alimentando paseniño as súas imaxes, autoconceptos, e conformando as súas personalidades, sentíndose reforzados dentro da heteronomía dos seus inmaturos xeitos de rexer: «Sandra sabe saltar moi alto». Na procura da súa autonomía racional que está ao longo

dun corredor que culminará na idade adulta coa capacidade de raciocinio preciosa, logo da perfecta transición chea de vitais experiencias e de amoreamento de riquezas conceptuais nos seus cerebros do novo milenio. Pero mágoa cando non se produce transición ningunha nin depuración ren, e se precisa da ostentación de habilidades para vivir. Xa sexa co xeito de conducir vehículos a motor, xa sexa con cópulas sexuais de mentira, xa sexa con xogos de cartas ou outros xogos onde se abra a posibilidade de demostrar que se sabe facer algo que os demais non saben, xa sexa poñéndose constantemente a proba buscando o teu erro que eles nunca cometerían. E cando o saber non existe, sexa por incompetencia acaso por baixa dotación, a ostentación pasa ás posesións materiais, facendo alarde de propiedades inmobiliarias, dos mesmos vehículos de motor nos que os outros amosaban as súas habelencias, de teléfonos móbiles, roupa, cachifallos mil, ou que sei eu... Hai que ver como os nenos e as nenas precisan da prepotencia cos nenos e as nenas máis pequenos, para ir estabilizando os seus equilibrios internos, regados convenientemente co amor duns pais, e conformando as súas personalidades, recompensándose no heterónomo da súa moral, e endereitando unhas personalidades que por herdanza e ambiente veñen enleadas de máis; como uns novelos que

hai que ir estirando, como fío de Ariadna, ata chegar a unha idade adulta, aborrecida pero inexorable, onde a capacidade de raciocinio estea completamente instalada e presta para a loita fera na segunda das idades... «Ti fas de lobo porque es o máis pequeno...». Pero mágoa cando non se produce estiramento de fío algún e se precisa da prepotencia cos febles para vivir, xa sexa cos compañeiros de traballo de temperamentos máis volubles, como cos que ven como chuspes no chan da rúa e non son quen de che dicir nada, pasando polos que aturan as túas malditas ínfulas de superioridade, os que non che din que es un imbécil por medo ou por non poñerte triste. E ti, inconsciente ata a morte de que a túa intelixencia fracasou no preciso intre cando non fuches quen de entrar no mundo dos adultos, sigues no teu mundo que está dentro do mundo. Un mundo no que quizáis se fixeran posibles os mundos posibles de non ser por persoas coma ti que precisas a prepotencia, como os que precisan a ostentación constante, como os que non conciben outro xeito de vivir que no dogmatismo. *Peche da terna de artigos

“Xardín de infamia” comezado con “Xardin de infancia, xardín de infamia” e continuado con “Ao outro día no xardín da infamia”. Jorge Emilio Bóveda jorgeemilioboveda.es

“25 veráns deixando pegadas” Vinte e cinco edicións dos campamentos urbanos en Auria e 841 nenos e nenas, adolescentes e xente moza que participou este verán desta oferta libre, aberta e gratuíta que se levou a cabo entre o 1 e o 14 de agosto. Co Campamento Urbano puidemos descubrir unha cidade chea de recursos para gozar do tempo libre, coñecer persoas e entidades que traballan nela para facer posible que o pasemos ben, coñecer espazos e actividades para aproveitar o tempo de lecer, facer novos amigos e amigas, xogar, cantar... Desde a organización do XXV Campamento Urbano queremos transmitir o noso agradecemento a quen fixeron posible que este proxecto se puidera levar a cabo un verán máis: Grazas a todas as nenas e nenos, mozas e mozos que vivistes e gozastes desta aventura do Urbano. Grazas ás familias que depositastes a vosa confianza en nós. Grazas ás 148 voluntarios e voluntarias que dedicastes o voso tempo aos demais. Grazas ás persoas particulares, aos organismos públicos e privados e ás 157 entidades (algunhas delas dende o anonimato) que apostastes de diversas

maneiras por este soño de Amencer. Grazas aos medios de comunicación social que anunciastes e informastes este campamento á cidadanía, en concreto a OURENSE POR BARRIOS. Grazas á Concellería de Xuventude do Concello de Ourense polo seu apoio incondicional. Grazas á Obra Salesiana de Ourense polo seu apoio, paciencia e doazón desinteresada en todo momento. Grazas, en definitiva, a todas as ourensás e ourensáns que soñastes connosco unha forma alternativa de gozar do verán na nosa cidade. Sen a vosa colaboración, o milagre do Urbano non sería posible. Tamén pedimos disculpas se polo desenvolvemento do Campamento Urbano creamos algunha situación non desexada á cidadanía nesta primeira quincena de agosto. Ate o verán que vén! Equipo Coordinador do CU 2012 [Envíanos as túas cartas ou foto denuncias a info@ourenseporbarrios.com, opinion@ ourenseporbarrios.com, ou a r/Valle Inclán, 25, 2º, of. 15, 32004, Ourense. As cartas ao director non deben exceder de 20 liñas e deberán ser remitidas con nome e DNI, firmadas, e cun teléfono de contacto. Letras a la Carta SL. resérvase o dereito de publicación así como o de extractar os textos que estime oportuno]

4TELÉFONOS DE INTERESE

Concello Ourense 988 388 100 Concello Barbadás 988 360 000 Deputación 988 385 100 Xunta de Galicia 012 Pazo de Xustiza 988 370 728 Policía Local 092 / 988 388 138 P. Local Barbadás 988 221 050 Policía Nacional 988 391 771 Guardia Civil 988 235 353 Guardia C. Tráfico 988 222 881 ITV 902 309 000 Bombeiros 080 / 988 370 000 Incendios forestais 085 Prot. Civil 24 h. 988 510 254 Prot. Civil Barbadás988 391 479 Cruz Roja Ourense 988 222 484 SOS Galicia 112 Urxencias e ambulancias 061 Consultas sanitarias902 400 116 Cita previa SERGAS 902 077 333 H. Sta. Mª Nai 988 385 499 Hospital Cristal 988 385 500 Atención Cidadán 988 392 909 Teletaxi 988 21 00 11 Taxis A Valenzá 988 251 471 Taxis Carrefour 988 231 657 RENFE 902 240 202 Estación autobuses 988 216 027 Correos 988 223 083

Fenosa 988 222 222 Aquagest 988 250 088 Atención ao menor 900 202 010 Asoc. Diabética Auria 988 226 608 AECC 988 219 300 C. C. Antisida 988 233 000 Alcer 988 229 615 AFAOR 988 219 292 Alcohólicos Anón. 646 645 119 24h. Alcoh. Anón. 988 269 540 Alcoh.Anón. 24h. 988 22 76 23 Asoc.Crohn-colitis 630 136 447 Down Ourense 988 370 313

4AUTOBUSES: liñas e horarios en

www.urbanosdeourense.es Tarifa ordinaria: 0,78 euros - Tarxeta Milenio de transporte: ordinaria: 0,56 euros e estudiante: 0,40 euros - Gratis para maior de 65 anos, pension ista,discapacitados: e mozos/as de 16 a 18 anos.

liña á Valenzá e horarios en www.anpian.com


20

Ourense por BARRIOS Agosto de 2012

especial 10º ANIVERSARIO

10 anos de Ourense por Barrios (VII)

4 Recordamos as informacións máis destacadas da publicación gratuíta durante 2011. Redacción O Ourense por Barrios de xaneiro de 2011 traianos varias información sobre a alta velocidade: por unha banda, a solicitude da CEO para que as vías fosen soterradas, por outra, as negociacións entre veciños e Adif para aplicar melloras nas obras do AVE no Pino, e por último, a intención do Ministerio de Fomento de desbloquear o protocolo para a estación intermodal anunciando unha xuntanza coas outras administración implicadas (Xunta e Concello). No mes de febreiro, a publicación periódica gratuíta volvía sobre o tema da alta velocidade titulando “Concello, Xunta e Fomento non se poñen de acordo na integración ferroviaria”. Foi polémica este mes o bonsai instalado na rotonda de Marcelo Macías polo seu custo (12.000 euros) e os veciños da Chavasqueira presentaban 6.000 firmas contra a construción dun tanatorio na zona. No número de marzo a apertura do Centro de Información á Muller no Couto, do Centro Cívico da Ponte, e do horto educativo de Mariñamansa eran imaxe de portada, cunha información no interior na que recollíamos a “febre de inauguracións” en vésperas das eleccións municipais. Ademais, coñecíamos a

Eleccións municipais No número de maio as nosas portadas recollían unha fotomontaxe sobre as eleccións municipais que se disputarían o día 22 cos candidatos á alcaldía de Ourense, e no interior un a amplo especial facía seguimento destes comicios con entrevistas aos candidatos na capital ourensá e en Barbadás. Ademais, neste mes saía a licitación a futura estación do AVE, as administracións local e autonómica voltaban a reunirse para buscar unha solución á situación urbanística da cidade, e asinábase a cesión dos terreos para o centro de saúde do Vinteún. As protestas dos indignados e as festas de Ourense compartían portada no número de xuño No interior, recolliamos a toma de posesión como alcalde de

O anunciante do mes

Clínica Teknos 4 Borja Pérez Serrano é o seu director. Redacción Desde cando funciona a Clínica Teknos? Borja Pérez Serrano: “Abrimos en outubro de 2006, polo que imos facer seis anos”. Por que decidistes montar esta clínica? B.P.S.: “Meu irmán (Guillermo) e máis eu somos os socios da clínica; el é fisioterapeuta e eu son podólo-

ción do AVE ou a decisión do goberno municipal de non crear unha comisión de investigación sobre Montealegre. Neste número entrevistábamos ao psiquiatra Manuel Cabaleiro que criticaba o peche de Toén, e á concelleira de Igualdade, Mónica Vázquez, que defendía un xulgado específico de violencia de xénero para Ourense.

anulación do PXOM e a inmediata petición do Concello á Xunta dunha normativa provisional. Finalmente en abril Fomento e o Concello de Ourense asinaban o protocolo de integración ferroviaria da cidade, unha sinatura á que faltaba a Xunta de Galicia. Neste número, Ourense por Barrios tamén informaba de que perigaban as festas da Ponte e dabamos conta da recta final das obras no botánico de Montealegre.

go, son dúas actividades que se complementaban moi ben. Ampliamos servizos e incorporamos a odontoloxía, con Marcos Bravo, que como novidade este ano vai sumar os servizos de implantoloxía e ortodoncia; e a psicoloxía, primeiro co psicólogo Alberto Gómez e agora tamén coa psicóloga e terapeuta familiar Ermitas Acevedo. E desde o ano pasado temos unha unidade

As eleccións municipais do 22 de maio centraron portada e contidos de Ourense por Barrios dese mes, e os incendios a finais do verán pasado foron portada en outubro de 2011.

Baltar toma posesión por última vez En xullo de 2011, Ourense por Barrios informaba do acto de constitución da Deputación Provincial, con José Luis Baltar tomando posesión do cargo de presi-

dente por sétima (e última) vez. Tamén eran noticia as 30 ofertas presentadas ao concurso para construir a nova estación de tren, ou unha concentración en apoio ao cura Benigno Moure. Xa en agosto informamos da apertura da nova pasarela entre Oira e Velle (que menos dun ano despois pecharía varias semanas para correxir desperfectos), do falecemento de Pepe Perla, e do conflicto surxido entre os equipos de fútbol sala feminino Cidade e Ponte polo futuro da xogadora Vanessa Sotelo. En setembro era portada a inauguración da estación de bombeo do Couto (aínda que non entrou en funcionamento ata máis de medio

de ciruxía do pé, que levo eu. Todo nunhas instalación de 300 metros cadrados, céntricas e con aparatoloxía de última xeneración”. Como afecta á crise a un negocio como o voso? B.P.S.: “Como en todo, a crise sempre se nota; con ela a maioría da xente recurre a tratamentos máis básicos, como poden ser en podoloxía pequenas curas ou plantillas”. Levádesvos anunciando no noso periódico desde a vosa apertura, por que decidistes escollernos? B.P.S.: “Porque é un periódico moi próximo, que chega á xente, ao buzón e a xente o le; é unha maneira de chegar á xente”.

De esquerda á dereita, Ermitas Acevedo (psicóloga), Borja Pérez (podólogo), Guillermo Pérez (fisioterapeuta), Marcos Braco (odontólogo) e Jennifer Malvido (recepción). Teknos está na praza das Mercedes e abre de luns a venres de 10 a 13:30 e de 16:30 a 21 horas. Atenden con previa cita no 988 222 800.

Francisco Rodríguez, por segunda lexislatura consecutiva, e entrevistabamos á nacionalista Isabel Pérez, ao novo voceiro do PP no Concello, Rosendo Fernández, e a Gonzalo Pérez Jácome, de Democracia Ourensana, partido que por primeira vez entraba na corporación municipal. Ademais, informábamos da inauguración do que estaba chamado a ser o pulmón verde da cidade, Montealegre, que segue pechado un ano despois.

ano despois), e o renovado cámping de Untes. Era tema destacado do mes o xardín botánico de Montealegre, pois tras un incendio e as denuncias de DO e PP constatábase o estado de abandono do recinto e apenas 100 días despois a concelleira de Medio Ambiente decidía pechalo ao público. Nese número tamén entrevistábamos a Xan Carlos Fernández, da asociación ecoloxista Adega, que afirmaba ser crítico co futuro Centro de Interpretación de Parques Naturais (cuxas obras están hoxe paradas) . Outubro de 2011 foi mes de manifestacións na cidade e así o recollíamos, ao igual que o achegamento de posturas entre Concello e Xunta sobre a integra-

Eleccións xerais En novembro as eleccións xerais dábanlle o terceiro escano por Ourense de novo ao PP, e tamén os sete proxectos que optaban a construir a futura estación intermodal. Por outra banda, unha traxedia alteraba a vida da cidade: o derrumbamento dunha casa na rúa Vila Valencia, que ocasionaba a norte ao seu inquilino. No pleno, o grupo de goberno rexeitaba levar ao xulgado aos responsables do “cambiazo” do PXOM, mais anunciaba a creación dunha comisión de políticos que determine responsabilidades. A estrea da alta velocidade galega era imaxe de portada do último número do ano. Ao mesmo tempo coñecíamos que o proxecto do arquitecto Norman Foster fora o elixido no concurso para construir a futura estación. Neste mes, un informe da Cámara do Comercio aseguraba que 2012 sería igual ou peor que 2011.


PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Agosto de 2012

21


22

Ourense por BARRIOS Agosto de 2012

especial VOLTA AO COLE

Activatemás.com, a revolución en estratexias de aprendizaxe

Unha das aulas de Academia Proxecto.

Academia Proxecto, o teu futuro, un pouco máis preto Preparan oposición aos diferentes corpos da Administración do Estado e autonómica Academia Proxecto axúdache a preparar oposicións aos diferentes corpos da Administración central e autonómica. Para o corpo de Mestres preparan tanto para as de educación infantil como de primaria; na administración de xustiza, teñen grupos para as oposicións de auxilio xudicial, tramitación procesal e xestión procesal; e van iniciar grupos para as oposición ao Consorcio galego. Ademais, en Academia Proxecto apóiante na preparación tanto das probas de competencias clave dos niveis 2 e 3, como das probas de B1 e B2 de inglés,

nos exames do Celga e nas probas de acceso aos ciclos medios e superiores. Calidade, profesionalidade, compromiso, experiencia e garantía son os puntos fortes desta academia ourensá, que tamén ofrece axuda ao estudio, formación para empresas e formación on line. Este centro de formación que iniciou a súa andadura en Ourense no ano 2006, está situado na rúa Amor Ruibal (zona Nosa Señora da Saínza). Para máis información, podes contactar con eles no teléfono 988 24 07 48 ou na web www.proxecto.es.

Hai seis meses José María Villarmea, cofundador da que é a día de hoxe a primeira marca nacional en clases particulares Mundoclases, con case 12 centros en todo o territorio nacional, comezou un proxecto persoal e profesional moi innovador, Activatemás, unha empresa, que lidera o mesmo Villarmea, e que ten como obxectivo a Mellora das Estratexias de Aprendizaxe a través da produtividade persoal. Que ben soa, entendo que as estratexias de aprendizaxe, son o que entendemos comunmente por técnicas de estudo, pero a través da produtividade persoal? Iso é, despois de levar máis de 17 anos no sector educativo, estou convencido que unha das revolucións que se teñen que producir nas Estratexias de Aprendizaxe dos alum-

nos é a mellora da súa produtividade persoal. Si, ben... pero que é iso da produtividade persoal? En contra do que pensan moitos que a produtividade persoal é traballar / estudar máis, eu diría que a produtividade persoal é traballar / estudar no menor tempo posible e coa maior calidade. Ou o que é o mesmo, rendibilizar o noso tempo, mellorando a calidade do que facemos. Fantástico, apúntome! Que aspectos craves consideras á hora de mellorar a produtividade nun estudante? Podería citar moitos, pero creo vitais, para os estudantes de hoxe en día: implementar unha rutina diaria de traballo; diferenciar as tarefas clave doutras menos importantes; mellorar a atención no estudo e no traballo; a planificación e xestión das súas tarefas,

controlar os seus ladróns do tempo... Como dixeches? Controlar os seus ladróns da concentración? Si, claro, os seus ladróns da concentración, elementos internos ou externos, a maioría, que nos rouban o noso maior tesouro, a CONCENTRACIÓN. Os estudantes de hoxe en día, teñen que aprender a controlar eses ladróns: as distraccións que supón estudar co móbil á beira, o computador aceso, os whastsapp, controlar e saber dicir NON aos amigos cando estamos mergullados no noso traballo, controlar os pensamentos negativos... Tamén falas das novas tecnoloxías... Iso é, considero que para eles poden ser elementos motivadores, que lles facilite o traballo, por exemplo á hora de planificarse, tomar apuntamentos, organizar apuntamentos, realizar tra-

José María Villarmea, consultor estratéxico e fundador de Activatemás.

ballos etc. Acostumo ensinarlles o potencial de certas aplicacións, que lle poden facer o estudo máis fácil. Propuxécheste implementar estas estratexias por toda España? Ben, aos poucos, é un proxecto persoal, que compaxino coa miña principal actividade que é a de director de Expansión en Mundoclases, pero si, a través do blog www.activatemas. com , estou a dar a coñecer aos poucos, esta filosofía de mellora no rendemento académico, aínda que si é certo, impartín xa en varias cidades este curso. Realizo cursos, seminarios, charlas a Anpas, colexios, institucións educativas, etc. Falamos de cursos, seminarios... pero tamén realizas un traballo personalizado con alumnos/as? Si, o traballo con estudantes de maneira particular establécese a través das Consultorías Personalizadas, onde se realiza unha avaliación previa das estratexias de aprendizaxe, e a partir de aí, ou ben se moldean as estratexias adquiridas polos alumnos e/ou se implementan novas estratexias e mellora da produtividade persoal. Actualmente temos modalidade presencial e a distancia, esta a través de internet. Por último, a quen vai dirixido este revolucionario método? Fundamentalmente a estudantes de secundaria, bacharelato, universidade e en xeral a todo o sector educativo.


VOLTA AO COLE especial

Ourense por BARRIOS Agosto de 2012

23


24

Ourense por BARRIOS Agosto de 2012

O Obradoiro de Danza Clásica de formará bailaríns dende os 4 anos Redacción

O Obradoiro de Danza Clásica de Ourense iniciará en setembro un novo curso académico con formación artística especializada en ballet clásico para mozos e adultos, así como danza contemporánea, destacando especialmente a disciplina de pre-ballet, para nenas e nenos a partires dos 4 anos, baixo a dirección da profesora Ana María dos Santos. Por iso, a Asociación Cultural Obradoiro de Danza Clásica de Ourense abre o prazo de matrícula para que os alumnos interesados poidan inscribirse para o curso 2012-2013, entre os días 1 ao 15 de setermbro, nos locais da asociación (rúa Doutor Fléming, nº 43 - soto), en horario de 17.30 a 20.00 horas, ou ben poñéndose en contacto nos teléfonos 636 751 566 - 988 104 590, ou a través do correo electrónico: anaobradoirodanza@hotmail.com. Especialidades deste curso As especialidades nas que se poden inscribir os alumnos e que comezarán o día 17 de setembro son: pre-ballet, ballet clásico, ballet para adultos, danza contemporánea e compañía de danza.

especial VOLTA AO COLE

Gardería Papaventos: o noso En Librería Aldova o obxectivo, o desenvolvemento IVE non sobe ata o mes de outubro completo do neno A Gardaría Papaventos é un centro que se inaugurou en marzo do ano 2004, durante este tempo caracterizámonos por ser un centro próximo e próximo aos nosos clientes, procurando adaptarnos ás súas necesidades. Estamos nun amplo horario, desde as 7:30 da mañá ás 8:30 da tarde, entre os nosos servizos o principal é o primeiro ciclo de educación infantil dos nenos desde os 3 meses até os 3 anos, con eles traballamos fichas educativas, música, teatro, contos, psicomotricidade, iniciación ao inglés, bus-

cando unha boa adaptación á vida escolar do neno, ata os 3 anos que comezan o segundo ciclo nos centros escolares. Procuramos que o comezo dos nenos na súa etapa educativa sexa dentro dunha contorna familiar e cariñosa, tentando que a adaptación do neno á vida educativa non sexa difícil nin para o rapaz nin para os pais, sen que afecte ao desenvolvemento do neno ao ter que separarse dos seus proxenitores para a súa incorporación á súa vida escolar. O noso obxectivo principal é o desenvolvemento completo do neno, de todas

as súas capacidades xa sexan intelectuais, afectivas, emocionais, motoras, un bo desenvolvemento social procurando como obxectivo básico que o neno sexa feliz, transmitíndolle valores e recursos para un completo desenvolvemento. Entre os nosos servizos está o de comedor con cociña propia, a aula de psicomotricidade, levamos e recollemos os nenos ao colexio da zona, natación, e servizo complementario para nenos entre 3 e 8 anos axudándoos a realizar os deberes que traen do colexio.

A gardería Papaventos atópase no número 1 da rúa San Rosendo da Ponte, xunto a unha ampla zona verde e de xogos. /ARQUIVO.

Ademais, este establecemento ofrece a posibilidade de facer reservas de libros durante todo o ano mediante e-mail ou Facebook. Conscientes do gran custo económico que ten para todas as familias con fillos pequenos o inicio do curso escolar, e máis este ano debido á subida do IVE do material escolar (salvo libros de texto) que aplicará o vindeiro 1 de setembro, en Librería Aldova queren facilitarlle a volta ao cole aos seus clientes retrasando a aplicación desta medida ata outubro. Así, os que merquen os numerosos utensilios que precisan os máis cativos cando voltan ás aulas durante os meses de agosto e setembro non verán incrementado o prezo dos mesmos. Pero ademais todos os que reserven os libros de texto en Librería Aldova gozarán dun 15% en material escolar. Reserva online Así mesmo, os amantes da lectura teñen en Librería Aldova o seu mellor aliado, xa que ao longo de todo o ano ofrecen rea-

O encargado de Aldova co ex xogador do CD Ourense, Eder, agasallado cunha taza promocional da cidade das que venden na librería. lizar a reserva dos libros que desexen (sexa cal sexa a súa temática) mediante o seu correo electrónico ou a súa páxina de Facebook. Sinxelo, cómodo e sen ter que agardar! Todos os interesados en reservar libros de texto ou lectura só teñen que escribir un e-mail a aldovalibreria@ gmail.com, ou acudir directamente ás súas instalacións sitas en Vicente Risco, 14.


VOLTA AO COLE especial

Ourense por BARRIOS Agosto de 2012

Un novo concepto: aprender inglés xogando

Primeiro día de clase nun colexio ourensán./ARQUIVO.

12 e 17 setembro, datas de inicio do vindeiro curso escolar 4 En infantil-primaria e secundaria-bacharelato- FP, respectivamente. Redacción

4 Outros estudos

O regreso ás aulas está próximo. O primeiro en regresar aos seus centros será o alumando de educación infantil e primaria, que o fará o mércores 12 de setembro. Os estudantes de secundaria, bacharelato, FP e ensinanzas de réxime especial tardarán case unha semana máis en incorporarse aos estudos, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria fixou o inicio do seu curso para o luns 17. Para todas estas ensinanzas o curso rematará o 21 de xuño, e terán vacacións en Nadal, Entroido e Semana Santa, ademais doutros seis días non lectivos, segundo fixa o calendario escolar 2012/2013.

Setembro será mes de matriculación nas Escolas Municipais de Idiomas e Artes Escénicas, dependentes do Concello de Ourense. A partir do 1 de setembro faranse públicas as listas de admitidos na Escola Municipal de Idiomas, nos seus cursos de inglés e obradoiros de francés e italiano. As listaxes poden consultarse na Concellería de Educación e a formalización da matrícula do alumnado admitido realizarase entre o 17 e o 21 de setembro. As clases darán comezo o 1 de outubro e finalizarán o 21 de xuño. Os prazos son semellantes para os preinscritos na Escola Municipal de Artes Escénicas: o 1 de setembro publicación de admitidos e do 17 ao 21 de setembro matriculación. O centro oferta os cursos de música e movemento (dous niveis), instrumentos (oito opcións), e artes escénicas (teatro de adultos, escolar e infantil). A actividade académica iníciase o 1 de outubro e remata o 31 de maio do ano próximo.

Estudos universitarios No que respecta á Universidade de Vigo, o curso académico comprenderá do 3 de setembro ao 31 de xullo de 2013, organizado en dous cuadrimestres, cada un de 16 semanas (o primeiro ata o 21 de decembro e o segundo ata o 7 de maio), máis a convocatoria de xullo, que substitúe á antiga de setembro. Os universitarios tamén gozarán de vacacións en Nadal, Entroido e Semana Santa.

Kilómetros & Millas, en colaboración coa Asociación de Artesáns, deu un xiro no ensino do inglés para nenos. Despois dunha longa xornada nos colexios, os nenos acaban cansos e queren ir ao parque a xogar cos seus amigos. Con todo, a maioría dos pais

considera o inglés como unha ferramenta imprescindible para o futuro dos seus fillos. Como satisfacer tanto a pais como a nenos? A clave está en utilizar o xogo como ferramenta educativa. A finalidade destas clases é que os nenos adquiran comprensión e expresión

25

auditiva en inglés pero utilizando a canción, os contos, o baile e infinidade de xogos e competicións para continuar aprendendo. O inglés fluirá con naturalidade. O que queremos é que o primeiro contacto dun neno co inglés sexa o máis agradable posible. Reservas As clases terán lugar na Asociación de Artesáns de Ourense, na rúa Colón nº24 e as reservas poderanse facer no teléfono 988 246 353.


26

Ourense por BARRIOS Agosto de 2012

especial VOLTA AO COLE

Cogumeliños estrea clases de piscina para nenos de 2 a 3 anos A escola infantil Cogumeliños lanza este curso unha actividade nova para os cativos de 2 a 3 anos: piscina. Aqueles que queiran poderán acudir a clases de iniciación á natación un día por semana. O resto de días, como vén sendo habitual, os nenos continúan coas súas actividades de animación, como contacontos, e outras como estimulación verbal ao inglés,

psicomotricidade, estimulación temperá, ademais de asistencia psicopedagóxica. Cogumeliños está situada na rúa Carlos Velo da urbanización nova de Barrocás. Dispón de tres aulas individualizadas por idades (para 0-1 anos, 1-2 anos e 2-3 anos), ademais dunha aula para durmir a sesta e servizo de comedor, e os nenos están atendidos por persoal especializado.

Fachada da escola infantil Cogumeliños.

Servizo para 3-8 anos Cogumeliños tamén oferta un servizo complementario diurno, fóra do horario escolar, para menores de 3 a 8 anos. Nunha aula aparte, poderán realizar os seus deberes ou actividades lúdicas. [Máis información sobre matriculación e cheque infantil no teléfono 988 255 955 e na web www.cogumeliños.es]

Kercus incorpora o sevizo de atención a alumnos de necesidades educativas especiais Kercus empeza o novo curso con forzas renovadas e ofrecendo servizos cada vez máis variados e adaptados a estes novos tempos de crise. Dentro dos servizos anuais, ademais das xa coñecidas aulas especializadas para nenos con problemas de atención, HiperAula; e as destinadas á mellora de habilidades de intelixencia xeral, Aula Pensa, incorpórase agora o servizo de atención a alumnos de necesidades educativas especiais. Pertencente a este colectivo, céntranse nos nenos con altas capacidades intelectuais, os cales, cunha intelixencia por encima da media, atópanse en moitas ocasións con problemas á hora de aproveitar e canalizar todo o seu potencial e adaptarse a un sistema escolar que non pode estimular a súa curiosidade e capacidades como sería desexable. Para iso, desde Kercus trabállase dun modo integral con eles, estudando cada caso individualizadamente e

Cristina Parra e Ángeles Rodríguez, psicólogas de Kercus. deseñando unha intervención que axude a fomentar nestes nenos o equilibrio emocional, social e persoal ademais do seu lado máis creativo e libre, afastado dos encorsetamentos do sistema escolar formal. Doutra banda, en Kercus non se esquecen do resto de alumnos con necesidades educativas diversas, para os cales se realizan actuacións multidisciplinares implicando a logopedas, mestres e psicólogos; os cales tratan de levar a cabo un traballo feito a medida do alumno, buscando a integración e desenvolvemento harmónico do neno, superando as dificultades de comportamento, linguaxe ou calquera que sexan os trastornos

que estean a interferir no seu crecemento e avance académico. Actividades puntuais Dun modo puntual, están xa preparadas actividades para nenos como cursos de técnicas de estudo, habilidades sociais ou mellora da atención. Para os adultos ofrécese o grupo de ansiedade e outros cursos de crecemento persoal que pronto estarán en marcha. Ademais, en Kercus son conscientes de como as familias sufrirán neste comezo de curso e por iso ofrecen un desconto do 15% nas avaliacións e consultas posteriores para todos os pacientes que presenten o cartón de demandante de emprego.


VOLTA AO COLE especial

Ourense por BARRIOS Agosto de 2012

A OCU estima o custo da volta ao cole en 640 euros por neno 4 Menor no caso dun centro público (510 euros). Redacción Os libros de texto seguirán mantendo o IVE superreducido./ARQUIVO.

Os libro de texto manteñen o 4% de IVE 4 A partir de setembro, material escolar como lapis, gomas, tesoiras, ou calculadoras pasa do 4 ao 21%. Redacción O 1 de setembro aplícase a suba do IVE anunciada en xullo polo Goberno central e o sector das librarías non é alleo. Este incremento impositivo non afectará aos libros de texto, que seguirán mantendo o 4% que tiñan ata agora. Ademais dos libros escolares, tamén a cadernos pequenos de caligrafía e de vacacións, blocs de debuxo, mapas e álbums continuaráselles aplicando este tipo superreducido. Porén, o IVE dos materiais de escritura (lapis, bolígrafos, gomas de borrar, etcétera), das calculadoras, dos instrumentos de medida (regras, escuadras, car-

tabones), das tesoiras e das cintas adhesivas subirá do 18% ao 21%. A maior subida, do 4 ao 21% de IVE, sófrena os seguintes produtos: axendas escolares, blocs de exames, cartolinas de cores, ceras plásticas, compases, crespón, cadernos de escritura, cubos e xoguetes lóxicos de madeira, espumas de cores, forros de libros, cadernos de caligrafía, cadernos de música pautados, papel charol, papel kraft, papel de seda, papel vexetal, pasta de modelar (plastilina), recambios de papel e témperas. A suba afecta ao 20% do equipamento de material escolar que unha familia compra cada ano.

O sector das librarías, presidido en Ourense e en Galicia por Pilar Rodríguez Álvarez, acolleu con estupor o anuncio da suba do IVE en parte do material escolar. A presidenta dos libreiros comentaba, tras coñecer a noticia, que “só nos faltaba isto para terminar de condenar a un sector que xa ten bastantes frontes abertas entre a caída das vendas e a competencia desleal; ademais tantos puntos de subida de golpe fará que nos teñamos que esforzar máis, se cabe, para non facerlle pagar o 100% ao consumidor, ao que se lle carga unha e outra vez coa peor parte desta crise”.

A crise económica afectará tamén á volta ao cole. Os cálculos da Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) cifran en 640 euros o custo medio por neno tras comprar libros e material escolar, pagar o transporte e o comedor, a matrícula... Unha cifra que se reduce ata os 510 euros se os rapaces estudan en colexios públicos e sube a 917 euros para os centros educativos concertados. A OCU realizou un cálculo dos gastos de determinadas partidas que terán que asumir as familias con nenos en idade escolar. Este ano a volta ao cole será máis dura pola penosa situación económica que viven moitos fogares españois e verase agravada pola redución de axudas das administracións autonómicas. A OCU calculou un custo medio de 640 euros por neno para os seguintes gastos asociados á volta ao cole. En matriculación e cotas mensuais: aínda que nos colexios públicos o custo é cero, no ensino concer-

tado a cousa cambia. É habitual que exista unha achega inicial anual ademais da primeira cota mensual. A media destas cotas é de 83 euros, pero pode chegar até os 315 euros. En canto ao comedor escolar, o seu prezo verase afectados pola suba do IVE, até alcanzar un importe medio de 99 euros ao mes. Nos colexios públicos reducirase a 89 e nos concertados elévase a 122. Polo que respecta ao transporte escolar, a OCU calculou que os nenos que teñan que desprazarse porque o seu centro escolar estea lonxe de casa deberán abonar un custo medio de 88 euros ao mes. Porén, o servizo é gratuíto en Galicia para os centros públicos. O prezo do uniforme oscila moito e en colexios

27

públicos é aínda pouco utilizado. O custo medio elévase até os 216 euros. Comprando estas pezas antes de setembro, os pais poderán evitar o incremento do IVE ao 21%. O importe dos libros varía duns colexios a outros, podendo os pais conseguir un aforro dependendo do establecemento onde se adquiran. O custo medio para un alumno de primaria é de 215 euros. No material escolar, moito do cal pasa o 1 de setembro do 4% de IVE ao 21%, o gasto medio será de 124 euros (14 euros de incremento a causa da suba do imposto). Por outros conceptos, o presupuesto pode subir. Por exemplo a acollida matinal -servizo que ten un custo medio de 37 euros ao mes pero que se pode disparar até os 87 nalgún colexio concertado- ou as actividades extraescolares, cuxo custo medio é de 20 euros ao mes.

215 euros gasta un alumno de primaria en libros de texto

Escolares de infantil nun centro de Ourense./ARQUIVO.


28

Ourense por BARRIOS Agosto de 2012

SAÚDE

4VETERINARIA

Parásitos internos Os parásitos internos (endoparásitos) son pequenos organismos que viven no interior do corpo da nosa mascota. Este artigo é un pequeno achegamento ao inmenso mundo dos parásitos internos que poden afectar os nosos animais de compañía. Hai unha gran variabilidade en canto ao cadro clínico que pode manifestar a mascota, xa que hai diferentes tipos (destacando os vermes intestinais e os protozoos), a localización que poden ter no interior do corpo é diversa (podemos atopalos en moitos órganos sendo os máis frecuentes o intestino, corazón, pulmón e músculos), e a frecuencia con que afectan os diferentes tipos de parásitos ás nosas mascotas depende de varios factores como son a idade da nosa mascota (son máis propensos a ser parasitados animais novos, principalmente polo seu estado inmunolóxico), o seu estado de saúde, o lugar onde viven (urbano/ rural, xa que no campo hai máis animais portadores de enfermidades parasitarias, como poden ser os paxaros,

4GUÍA DE SAÚDE

ratos, raposos...), a climatoloxía (é outro factor moi importante xa que hai moitos parásitos internos que dependen dun axente que o introduce no interior do corpo. Estes axentes adoitan ser as garrapatas, pulgas e mosquitos entre outros, e estes vectores dependen das condicións climáticas. Así veñen picos dunha enfermidade ou outra en diferentes estacións do ano). Hai que ter en conta que se a nosa mascota está parasitada non é só un problema do noso amigo, pois pode afectar tamén a outros animais da súa contorna e mesmo a nós mesmos. As zoonoses son enfermidades que pode transmitirse de animais a seres humanos e o impacto que poden ter no ser humano é moi diverso, podendo chegar, mesmo, a ser mortais. Unha das zoonoses parasitarias máis coñecidas en España é a lombriga solitaria. É unha enfermidade parasitaria intestinal causada polas formas adultas de cestodos do xénero Taenia. O nome científico da solitaria é Taenia Solium ou Taenia Saginata. Púxoselle o nome de solitaria

porque normalmente só se atopa unha forma adulta de varios metros de lonxitude no animal parasitado. Outras zoonoses producidas por parásitos moi coñecidas son as equinococoses, triquinoses, e a leishmanioses. As vías de entradas no organismo do animal poden ser moi diversas. Entre elas destacan a oral, a través da pel, a xenital e a nasal. A máis usual é a oral. Un exemplo de parásitos que entran a través da pel (vía percutánea), é o ancylostoma caninum. As larvas ao entrar en contacto coa pel do hospedador, penetran activamente a través dela, e unha vez no interior do corpo expándense por todo el. Os síntomas que poden provocar os parásitos na nosa mascota son moi diversos e as mascotas teñen respostas diferentes a un mesmo parásito. Un animal que está parasitado non necesariamente ten que ter unha aparencia de “enfermo”, como pode ser o estar delgado, non ter brillo no pelo, ter diarrea, vómitos, etc. Se chegamos a estes síntomas, a carga parasitaria que adoita ter o animal

é elevada... Así, podemos ter animais parasitados con protozoos intestinais, que nuns provocan un cadro de enfermidade moi suave e noutras diarreas moi intensas, que poden rematar coa vida do animal; a nosa mascota pode estar tusindo porque simplemente teña unha pequena traqueite s ou porque unha larva dun parásito está a atravesar o pulmón; ter estornudos por ter alerxia ao pole ou por albergar na fosa nasal un parásito de varios centímetros chamado linguatula serrata; presentar diarrea por mala alimentación ou por protozoos que están a facer dano na parede abdominal. Así, aínda que á nosa mascota pareza que non lle pasa nada, pode albergar parásitos moi perigosos. [continúa no próximo número] Daniel López Capas Veterinario Hospital veterinario Abros

Se a nosa mascota está parasitada non é só un problema do noso amigo

Sanidade anuncia os concursos dos centros de saúde do Couto e da Valenzá 4 Foron publicados xa no DOG este mes. Redacción Os centros de saúde do Couto e A Valenzá van ser financiados mediante fondos europeos que precisan dun importante cofinanciamento da Xunta de Galicia, polo que se fai necesario xerar aforros que permitan acadar o importe necesario para a mesma. Así, o Diario Oficial de Galicia publicou este mes de agosto o concurso de xestión integral do mantemento, da enerxía e da dirección de obra que permitirá uns aforros do 17% sobre os custes actuais, informou a Consellería de Sanidade. Sanidade considera que tanto O Couto como A Valenzá son dúas zonas de poboación emerxentes, situadas no casco urbano e periurbano de Ourense, cunha importante proxección de crecemento poboacional e que necesitarán de novos e modernos espazos asistenciais beneficiando a máis de 25.000 ourensáns. Trámites para a ampliación do hospital Respecto das obras a realizar no complexo hospitalario, o 9 de xullo iniciouse o estudo xeotécnico que rematará este mes de agosto, mentres que o proxecto arquitectónico, tamén en marcha, ten que rematar en setembro, polo que con ambos estudos poderase xa licitar a obra. Sanidade tamén ten pendente este mes de agosto licitar o concurso de servizos xerais e xestión enerxética do complexo hospitalario ligados á infraestrutura, que permitirá acadar os aforros necesarios para realizar o cofinanciamento que precisan os fondos europeos incorporados ao Hospital 2050.

4 O alcalde dubida das licitacións O alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, ve “confirmadas” as súas “dúbidas” e “temores” sobre os “incumplimentos” da Xunta de Galicia con respecto á sanidade pública na cidade. Rodríguez compareceu ante os medios para denunciar a falta de “vontade política” e “compromiso” con Ourense do presidente do Goberno galego, a quen acusa de incumplir as súas promesas en materia de infraestruturas sanitarias, en concreto cos centros de saúde do Couto e do Vinteún e a ampliación do CHUOU. Refírese o rexedor ao anuncio realizados por Feijoo das próxima licitación do novo edificio de hospitalizacións do CHUOU e do centro de saúde do Couto, “e a día de hoxe disto non temos nada”. “Despois de catro anos, anunciouse unha licitación (a deste centro de saúde) sen coñecer proxectos, prazos nin partidas orzamentarias”, recalcou. Rodríguez criticou que tampouco se saiba nada da licitación do centro de saúde do Vinteún, “ten licenza municipal, a urbanización está rematada e o movemento de terras feito”, polo que “hoxe mesmo podían empezar a construir”. Falta de “credibilidade” do alcalde, para o PP Con respecto a estas declaracións, o voceiro do PP acusou a Rodríguez de non ter “credibilidade”. Rosendo Fernández defendeu que o plan director do CHUOU vaise licitar “dun día para outro” e o centro de saúde do Couto “de forma inmediata”, sen precisar máis.


SOCIEDADE

Ourense por BARRIOS Agosto de 2012

A Xunta destina preto de 300.000 euros a entidades sociais

Convocatoria de axudas a asociacións de carácter social Redacción

4 Entre elas, o Comité Cidadán Anti Sida, Abeiro e Atox Redacción A Consellería de Traballo e Benestar destina este ano preto de 300.000 euros en axudas dirixidas prioritariamente a entidades que traballan na provincia a favor da inclusión social, unha cifra lixeiramente superior á do exercicio anterior. A xefatura territorial deste departamento autonómico en Ourense subvencionou á totalidade de asociacións que solicitou esta liña de axudas, 16. O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, acompañado do xefe territorial de Traballo e Benestar, José Selas, visitou tres destas entidades subvencionadas, nun en-

contro que serviu tamén para coñecer o traballo que realizan. Na rolda de visitas, o Comité Cidadán Anti Sida foi o primeiro destino do delegado territorial. Esta asociación, fundada hai 20 anos, conta cunha casa de acollida con 8 prazas e un local social para atención e estancia recreativa. Logo reuniuse cos responsables de Abeiro, que dispón dun local social, dun centro de día, e dun piso de apoio residencial. Por último, Rogelio Martínez acudiu ás instalacións da Asociación Ourensán de Axuda ao Toxicómano que leva traballando 24 anos no campo das toxicomanías.

29

O director xeral de Xuventude observa a representación teatral realizada sobre a historia das Burgas polas participantes do campo de traballo./P.LODEIRO.

Ovidio Rodeiro visita un campo de traballo O director xeral de Xuventude, Ovidio Rodeiro, visitou o campo de traballo que se desenvolveu en Ourense durante a primeira quincena de agosto. Os seus 20 participantes procedían de seis nacionalidades diferentes, e entre eles había galegos, pero tamén franceses, rusos ou mozos da Galicia exterior (Cuba). “Os mozos están a desenvolver unha temática, que é aproveitar os recursos turísticos e patrimoniais para poñelos en valor a través da representación teatral”, explicou Rodeiro, que enmarcou este campo de traballo na campaña de verán do departamento que dirixe, que ofertou 8.000 prazas e outras 900 para monitores e directores de tempo libre, cun investimento de algo máis de 2,3 millóns de euros.

A Xunta de Goberno Local aprobou a convocatoria de subvencións para aquelas asociacións da cidade sen ánimo de lucro en materia de benestar social. A Concellería de Benestar Social destinará a este fin un orzamento de 52.920 euros, sendo o obxectivo prioritario, atender as necesidades sociais na cidade e fomentar aquelas actividades das entidades sen ánimo de lucro que operan no eido social. O Concello quere potenciar con esta convocatoria todas aquelas actividades sociais que contribúan a mellorar o benestar social dos veciños de Ourense. Todos aqueles interesados poderán presentar a súa solicitude no prazo dun mes a contar desde a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.


30

Ourense por BARRIOS Agosto de 2012

DEPORTES

Un comezo ilusionante

EN BREVE

4COB

4 CD Ourense comeza a súa andadura en 2ªB vencendo 3-1 ao Atlético de Madrid B. R. Torres Un comezo ilusionante é o que se pode decir do primeiro encontro de CD Ourense no seu retorno á Segunda División B. Despois dos consabidos problemas da entidade durante o verán -con causa de disolución de por mediopara poder saír a competir esta tempada, no primeiro partido de liga vencen 31 ao filial do Atlético de Madrid e convencen á parroquia ourensá. A pesar de que se contaba cunha presenza de afeccionados maior, o certo é que as bancadas estiveron máis cheas que a media de espectadores que acudían ao Couto o ano pasado. No relativo ao partido, o filial colchoneiro comezou o seu partido dominando o balón, pero de seguido o Ourense asentouse no cam-

po e empezou a equilibrar a posesión. Así chegaría o primeiro gol ourensán nesta 2ªB; Noguerol intérnase en diagonal na área rival e bate por baixo ao cancerbeiro Ángel, un a cero ante a algarabía local. Antes do descanso, un penalti un tanto dubidoso fixo devolver as táboas ao marcador do Couto. No segundo tempo Luisito faría unhas variacións tácticas poñendo a Yebra e Álex de dobre pivote para ter máis control do tempo do partido. No minuto 53, á saída dun córner Quintairos remataría no segundo pao de cabeza o balón colocando o dous a un no electrónico. Xa no minuto 86, Sanginés aprovéitase dun erro da zaga visitante para, de tiro cruzado, colocar o 3 a 1 definitivo, e os tres primeiros puntos para un Ourense que comeza a ilusionar no retorno á categoría de bronce.

Copa do Rei Este mércores o CD Ourense recibe ao Ávila na primeira rolda da Copa do Rei ás 20.30 horas. Aínda que Luisito móstrase ambicioso e quere pasar a eliminatoria, o equipo titular variará con respecto ao que saltou na primeira xornada de liga. Por outra banda o CD Guijuelo, equipo co que ten que disputar a segunda xornada o cadro “rojillo”, finalmente tomará parte da 2ªB. O equipo salmantino pedira o aprazamento do encontro da primeira xornada para encontrar as axudas económicas necesarias de cara a participar na competición. Logo de varias reunións o Guijuelo pode saír a competir na categoría, polo que o Ourense non descansará na segunda xornada de liga.

Encontro do Ourense contra o Atlético de Madrid no debut na 2ªB. /RAMSÉS

Pérez nun dos partidos do torneo. /RAMSÉS

David Pérez, campión do Futures 4 Venceu na final de tenis do Cidade de Ourense a Marc Fornell por un dobre 6/4. Redacción David Pérez proclamouse campión do V Torneo Internacional de Tenis Futures Cidade de Ourense. O vallisoletán superou por un dobre 6-4 ao catalán Marc Fornell, completando unha semana no Club Santo Domingo sen ceder un só set. A pesar de que era a súa primeira final deste nivel, Pérez sentíuse moi cómodo na pista logrando o triunfo final. Esta vitoria únese a un palmarés, que aos seus 18 anos contempla o título de campión de España nas categorías infantil (2008), cadete (2010) e júnior (2012). O pucelano desfíxose de Marc Fornell, veterano en torneos como este nos que lle avalan 14 títulos individuais e máis de 50 contando os dobres, con máis de 400 partidos

gañados fronte aos 32 de David Pérez. Durante o partido, o mozo xogador de 18 anos dominou con solvencia, a pesar de que se lle atragantaron os dous primeiros xogos. Pola súa banda, Fornell non tivo o xogo fluído de xornadas anteriores e apenas lograba puntos gañadores. Nos dous sets, cando ía 5-4 en contra, erros impropios deste xogador condenárono facendo que Pérez se alzase co triunfo no Cidade de Ourense. O vallisoletán chegaba a Ourense no número 730 do ATP, mentres que Marc Fornell era o 621. Pérez vencera durante a semana a Favier, Veiga, Milton e ao campión de 2011 López Jaén. Pola súa banda, o catalán deixara polo camiño a Rodríguez, Collado, Yevseyev e ao favorito do público Crepaldi.

O Club Ourense Baloncesto comezou os seus adestramentos de pretempada. Coa plantilla ao completo Rafa Sanz porá a punto aos seus xogadores de cara á nova campaña na LEB Ouro. Andy Ogide estará un mes de proba para comprobar se é o pívot que necesita o equipo. O 11 de setembro terán o primeiro amigable contra o Breogán. Os días 14 e 15 terá lugar en Ourense a Copa Galicia na que o COB xoga a súa semifinal contra o Basket Coruña.

4Atletismo O atleta ourensán Alejandro Fernández trouxo o subcampionato na proba de 5.000 metros no Campionato Nacional de Atletismo. O seu compañeiro de club, Ignacio Sarmiento, foi segundo nos 400 valados.

4Penedos do Lobo O domingo 16 de setembro terá lugar a sétima edición da proba de montaña Penedos do Lobo. A proba conta con catro categorías: Maratón (42 quilómetros), andaina (24), cross (24) e BTT (44).

4Maside O domingo 2 de setembro celébrase a VI Carreira Popular e V Andaina de Maside, con saída e chega na rúa principal do municipio.


PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Agosto de 2012

31


Ourense por BARRIOS Agosto de 2012


especial O Nadal xa Volta ao está cole aquí

[páx. 15 [páx.22-27] e páx. 39-42]

TEMA DO MES Páx.2 TEMA DO MES Páx.3

CIDADE

Prevista unha doble intervención no contorno das Burgas

Reclaman 110 millóns ao Concello pola anulación do PXOM

Ana Pastor anuncia que será Rajoy quen dea a data do AVE

Páx. 6

ENTREVISTA Páx.9

DEPORTES

Páx.30

Rubén Álvarez, novo CD Ourense comeza pintor ourensán, a liga vencendo ao expón no Espazo Xove Atlético de Madrid

O complexo de Eiroás, a punto

[páx. 5]

As instalaciós deportivas dispoñen dunha piscina terapéutica e zona spa./P.LODEIRO.

Número: 110 - Ano: XI - Agosto 2012 - Depósito Legal: OU 125-2003 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de setembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


Ourense por BARRIOS Agosto de 2012


especial O Nadal xa Volta está aquí ao cole

[páx.22-27] [páx. 15 e páx. 39-42]

TEMA DO MES Páx.2 TEMA DO MES Páx.3

CIDADE

Prevista unha doble intervención no contorno das Burgas

Reclaman 110 millóns ao Concello pola anulación do PXOM

Ana Pastor anuncia que será Rajoy quen dea a data do AVE

Páx.6

ENTREVISTA Páx.9

DEPORTES Páx.30

Rubén Álvarez, novo pintor ourensán, expón no Espazo Xove

CD Ourense comeza a liga vencendo ao Atlético de Madrid

Abre o vial Benposta-Rairo

[páx.4]

O tramo, de 1.650 metros, completa a circunvalación leste da cidade./P.LODEIRO.

Número: 96 - Ano: XI - Agosto 2012 - Depósito Legal: OU 164-2004 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de setembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


Ourense por BARRIOS Agosto de 2012


especial Volta ao cole

[páx.22-27]

TEMA DO MES Páx.2

CIDADE

Páx.6

Prevista unha doble intervención no contorno das Burgas

Reclaman 110 millóns ao Concello pola anulación do PXOM

ENTREVISTA Páx.9 ECONOMÍA Páx.13

DEPORTES Páx. 30

Rubén Álvarez, novo Os empregados pintor ourensán, expón públicos protestan no Espazo Xove contra os recortes

CD Ourense comeza a liga vencendo ao Atlético de Madrid

A integración ferroviaria Histórica protesta da capital segue en estudo contra os recortes

[páx.3]

Aspecto actual do viaduto de Arnoia, en Baños de Molgas, do tramo de alta velocidade Ourense-Lubián./RAMSÉS.

Número: 59- Ano: XI - Agosto 2012 - Depósito Legal: OU 155-2007 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de setembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


Ourense por BARRIOS Agosto de 2012


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.