Setembro 2010 - OUXB

Page 1

[40.000 exemplares directos ás súas mans]

Número: 97 - Ano: IX - Setembro 2010 - Depósito Legal: OU 151-2002 - Periódico mensual de distribución gratuíta

TEMA DO MES Páx.2

BARRIOS

Páx.11

Caso paneis publicitarios: dimite o tenente de alcalde

Couto Centro organizou un festival folk e actividades infantís

CIDADE

Páx.12

Comeza a campaña de vacinación contra a gripe e a pneumonía

OCIO

Páx.23

Do 1 ao 9 de outubro, 15º edición do Festival de Cine de Ourense Volta ao cole con normalidade, agás no comedor do Ruxidoiro [páx. 3-4]

O Concello de Ourense presenta un Plan Especial de Investimentos

[páx.15]

Los Suaves deleitan a dez mil fans no seu concerto en Ourense

OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de OUTUBRO. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

[páx. 24]


Ourense por BARRIOS Setembro de 2010

TEMA DO MES

A dimisión de García Mata e David Cortón zanxa no eido político o caso dos paneis publicitarios 4 O xuíz impútalles os presuntos delitos de prevaricación, suborno, tráfico de influencias e falsidade en documento público aos ex tenentes de alcalde García Mata e Sánchez Vidal, ao ex director xeral de Turismo, a un funcionario municipal e aos socios de Afiador Producións. Paula Lodeiro O caso dos paneis publicitarios suma dúas vítimas políticas máis nas filas do BNG: o ata de agora tenente de alcalde, Andrés García Mata, e o director xeral de Turismo e Termalismo, David Cortón. Este último presentara a súa renuncia ao cargo días antes antes de coñecerse o auto do xuíz que imputa a tres cargos do Bloque (os dous citados e o anterior tenente de alcalde, Alexandre Sánchez Vidal, que xa dimitira o ano pasado) os presuntos delitos de prevaricación, suborno, tráfico de influencias e falsidade documental. García Mata presentou a súa dimisión nada máis coñecer a imputación, para evitar, dixo, que este caso “siga intorpecendo a vida pública do goberno municipal e do BNG”. “A responsabilidade de dimitir é por ética política, non por outro motivo, estou convencido de que non prevariquei, non fixen cohecho, falsidade documental nin trafico de influencias”, explicaba o político nacionalista durante o pleno extraordinario que solicitara o PP para pedir o seu cese. Andrés García Mata foi moi duro cos concelleiros populares aos que tachou de “miserables, incompetentes e malas persoas”. Coas dimisións sobre a

Francisco Rodríguez e Demetrio Espinosa acompañan a Andrés García Mata ao remate do pleno extraordinario convocado polo PP para tratar o caso dos paneis publicitarios./PAULA LODEIRO. mesa, nin a petición de cese de Mata e Cortón, nin a ruptura do pacto de goberno entre PSOE e BNG, nin a petición para que o Concello se personase como acusación popular neste caso, que eran as catro demandas dos populares, prosperaron. Os dous grupos que conforman o bipartito defenderon o comportamento do tenente de alcalde. Polo BNG, a concelleira de Turismo, Ana Garza, acusou a Nóvoa de facer con este pleno extraordinario “un

paripé, froito da súa incapacidade de facer oposición”. O alcalde, pola súa banda, espetoulle ao voceiro popular que “hai que ser fariseo para vir a este salón para dicirlle aos demais o que teñen que facer, vostede non mira o que teñen ao seu arredor”. Nunha das súas réplicas Enrique Nóvoa, acusou aos membros do goberno de intentar “desviar a atención” con “evasivas, acusacións persoais e demagoxia” e re-

García Mata demitiu para evitar que o caso dos paneis desgaste ao goberno municipal e ao BNG A petición do PP de ruptura do pacto de goberno foi denegada

cordoulles que “quen dixo que estaban imputados (por Mata e Cortón) foi a Fiscalía”, non o Partido Popular. Cando xa remataba a súa intervención, o rexedor si recoñeceu que houbera un procedemento incorrecto para facer unha adxudicación (a dos paneis informativos) pero que se parara a tempo ao rexeitalo o órgano competente, isto é, a Xunta de Goberno Local. Segue o procedemento xudicial Resoltas as responsabilidades políticas con estas dúas dimisións, o asunto dos paneis segue na vía xudicial. Xunto a Sánchez Vidal, García Mata e Cortón, está imputado dos mesmos delitos un funcionario mu-

nicipal, mentres que aos socios de Afiador impútanselle os presuntos delitos de suborno, tráfico de influencias e falsidade en documento público. O caso dos paneis publicitarios remóntase a finais de 2007 pero foi en outono de 2008 cando se deu a coñecer, ao comezar a empresa Afiador as obras para instalar os paneis na rúa sen contar cos permisos correspondentes. Daquela o PP solicitara unha comisión de investigación, que, ao serlle denegada polo alcalde, levou aos populares a presentar o caso á Fiscalía, que agora desemboca neste auto. O máis posible é que a conclusión xudicial deste asunto se demore varios anos.

4 As demisións obrigan a cambios no BNG

As dimisións do tenente de alcalde, Andrés García Mata, e do director xeral de Turismo e Termalismo, David Cortón, obrigan a unha profunda remodelación no grupo municipal do BNG. Por unha banda, a concelleira de Cultura, voceira do grupo nacionalista e futura candidata á alcaldía, Isabel Pérez, asumirá tamén o cargo de tenente de alcalde. Para substituir a Andrés García Mata como concelleira perfílase Iolanda Pérez, número oito na candidatura nas municipais de 2007 e actual número dous na Concellería de Infraestruturas. É máis que probable que as competencias que xestionaba García Mata (ademais de Infraestruturas e a Tenencia de Alcaldía, Vivenda e Peri) se distribúan entre os seis concelleiros nacionalistas. En canto ao nomeamento dun novo director xeral de Turismo, soa o nome de Xosé Carballido, ex concelleiro, responsable local do BNG de Ourense e home de consenso na formación frentista. A falta de oito meses para as eleccións municipais, o PP xa lle pediu ao alcalde que prescinda desta praza de director xeral para demostrar “austeridade”; pola súa banda, Francisco Rodríguez indicou que a decisión sobre os nomeamentos compete ao BNG.


TEMAS DO MES

Ourense por BARRIOS Setembro de 2010

comezo do curso escolar

35.000 alumnos regresaron ás aulas este setembro

4O conflicto pola falta de prazas no comedor do Ruxidoiro en A Valenzá marca este inicio de curso, polo demais tranquilo. Paula Lodeiro Case 19.000 alumnos de Infantil e Primaria comezaron este 10 de setembro as clases nalgún dos 120 centros educativos da provincia. A normalidade foi a tónica dominante no regreso ás aulas de 6.192 alumnos de Infantil e outros 12.544 de Primaria. Segundo os datos da Conselleria de Educación, no conxunto de Galicia a matrícula crece con respecto ao curso anterior, tanto en Infantil como en Primaria, e sobre todo no caso dos colexios públicos. O que se reduce é o número de escolares estranxeiros que cursarán este ano nos centros educativos ourensáns: 107 fronte a 185 do curso pasado na etapa de Infantil, e 336 fronte a 691 en Primaria. Secundaria O 17 de setembro daban comezo as clases de educación Secundaria, Bacharelato, ciclos de FP e outras ensinanzas para máis de 16.000 estudantes ourensáns (9.186 de ESO, 3.350 de Bacharelato, 2.703 de ciclos formativos, 919 de ensinanzas musicais, 35 de ensinanzas deportivas, 201 de artes plásticas e deseño e 67 de educación Especial). 15 rapaces sen comedor A volta ás aulas vén marcada este ano pola aplicación do polémico Decreto do plurilingüismo, polo retraso na entrega dos ordenadores para o programa

Abalar, e polas queixas de sindicatos e proxenitores polos recortes, tanto de profesorado, como nos servizos de comedor, que afectan a varios centros educativos ourensáns. É de destacar o caso do comedor do CEIP O Ruxidoiro de A Valenzá, onde 15 cativos quedaron sen este servizo. Segundo explicaron representantes da Xunta, o comedor do Ruxidoiro é de xestión indirecta mediante un contrato cunha empresa de cátering, que contemplaba 156 usuarios, número que foi aumentado este curso en 16 novos comensais atendendo ás solicitudes “que cumprian os parámetros requeridos”, o que supuxo tamén pasar de sete ao oito colaboradores. Logo, explican desde a Xunta, autorizáronse catro prazas máis, “pois eran os únicos que tiñan completada a documentación requerida”. Explicacións que non convencen aos pais e nais deste centro. Segundo Manuel Ángel e María Jesús, da ANPA, “non nos dan ningún tipo de explicación de por que eses 15 rapaces quedan fóra do comedor, que ten 250 prazas e quedan bastantes prazas libres”. Engaden que propuxeron pagar eles mesmos o servizo de cátering e os coidadores “e nin así a Xunta acepta”. A reivindicación dos proxenitores chegou ao Parlamento galego da man do BNG e do PSdeG. Os nacionalistas, ademais, anunciaron que denunciarán o caso ante o Valedor do Pobo.

4 CCOO denuncia recortes de profesorado

Nais e pais do colexio Ruxidoiro de A Valenzá realizaron unha concentración diante do centro para reclamar praza de comedor para os 15 alumnos que quedaron sen ela. /P.L.

A xefa territorial de Educación, Marisol Mouteira, visitou as novas instalacións do comedor e ximnasio do colexio do Greco na primeira xornada de clase. /P.LODEIRO.

4 Obras en centros

Os primeiros días de clase foron aproveitados polas autoridades educativas para realizar visitas aos centros que realizaron obras de mellora este verán. Un dos casos é a sección do Greco do colexio do Couto, que conta este novo curso con ximnasio

e comedor, dúas das carencias principais que tiña. Na outra sección do colexio, na rampa de Sas, instalouse un ascensor. No colexio Prácticas renovouse o ximnasio, o falso teito, as ventás e adaptouse a vivenda do conxerxe para aulas, e no Curros Enríquez pintáronse as pistas deporti-

vas no patio. A obra principal na cidade é a construción do novo CEIP Amadeo Rodríguez Barroso. O delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, prometeu aos pais e nais que os últimos retoques e traballos pendentes faranse fóra do horario lectivo.

O sindicato CCOO denunciou que o curso escolar 2010/2011 preséntase en Ourense con recortes de profesorado e obras en centros sen rematar. Segundo o secretario xeral de Ensino, Alex Portela, o importante aumento de alumnado este ano (2.376 alumnos máis en centros públicos de Infantil e Primaria de toda Galicia) non vai acompañado dun aumento de profesorado. “A Consellería escúdase nos ratios de 25 alumnos por aula, pero non sei se sabe o conselleiro que os rapaces non son clons e non todos son iguais e a atención á diversidade que nós demandamos non vai acompañada”, sinala o sindicalista. As críticas de CCOO esténdense ao feito de que na etapa de Secundaria hai uns 150 profesores funcionarios en toda Galicia que non teñen destino adxudicado e “hai posibilidades de que non van ter destino e esta xente van cobrar na casa”. Portela considera que a situación se agrava polo feito de que en numerosos centros educativos da provincia se producira este curso un recorte de profesorado dun 10% e cita, entre outros, os casos do Blanco Amor e o IES do Couto, centros nos que se mantén ou “incluso aumenta” a matrícula de alumnos.


Ourense por BARRIOS Setembro de 2010

TEMA DO MES

O conselleiro de Educación xunto ao presidente da Deputación e o delegado da Xunta en Ourense na visita ao IES A Farixa. /RAMSÉS.

cOMEZO DO Curso escolar

O conselleiro de Educación visitou varios centros educativos da cidade

4 Estivo nos IES As Lagoas, Otero Pedrayo, Portovello e no centro de FP A Farixa. Redacción O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, visitou varios centros educativos da cidade, coincidindo co inicio do novo curso escolar Na xornada do 17 de setembro estivo nos IES As Lagoas e Otero Pedrayo, dous centros que dispoñen de aulas plurilingües e foron seleccionados para comezar este curso co Proxeto Abalar. No Otero Pedrayo medio cento de estudantes dos 645 matriculados asistiran a aula plurilingües nas que se impartiran matemáticas e tecnoloxía en inglés en 1º e 2º de Bacharelato e 4º da ESO. Durante esta visita o conselleiro aproveitou para comprobar o estado do centro tras as obras de reposición e mellora realizadas pola Consellería no colexio, execucións ás que se destinaron preto de 100.000 euros. Posteriormente Vázquez visitou as instalacións do IES As Lagoas, un centro con 702 estudantes no que no presente ano se realizou un investimento de 45.000 euros en melloras das instalacións

tanto de uso dos escolares como da comunidade educativa. No curso 2010-2011 terán aulas plurilingües en inglés, que serán impartidas en filosofía, música, matemáticas e ética para 217 matriculados en 1º de Bacharelato e 2º, 3º e 4º da ESO. Na xornada do 24 de setembro, o titular de Educación proseguiu as visitas a centros educativos, neste caso o Centro Integrado de Formación Profesional A Farixa e o IES Portovello. Na Farixa ofértase este curso dous dos novos ciclos formativos adaptados á Lei de Cualificacións Profesionais e á Lei Orgánica de Educación, en concreto o ciclo de grao superior en Guía, Información e Asistencia Técnica; e o de grao medio en Instalación de Telecomunicación. En total, neste centro ourensán comezaron este curso 266 alumnos. Logo Xesús Vázquez Abad desprazouse ata o IES Portovello, instituto no que estudarán este curso máis de 600 estudantes de ESO, Bacharelato e dos ciclos formativos de grao medio en Xestión Administrativa, Comercio e Atención Socio-sanitaria; e de grao

superior en Secretariado, Administración e Finanzas, Xestión Comercial e Marketing, Integración Social e Educación Infantil . O conselleiro de Educación interesouse polas necesidades de ampliación deste instituto, para dar resposta ao incremento de horas lectivas dos ciclos de Formación Profesional. Vázquez recordou que preto de dez aalumnos de 1º da ESO terán este curso ordenadores ultraportátiles na aula, así como encerado dixital, grazas á participación do instituto no proxecto Abalar. Case sete mil alumnos Con estas visitas Xesús Vázquez Abad quixo demostrar o compromiso do departamento do que é titular coa cidade de As Burgas. En Ourense capital comezaron as clases en educación secundaria 4.782 estudantes, xunto a 2.017 matriculados en Bacharelato en centros sostidos con fondos públicos.

Os IES Lagoas e Otero Pedrayo dispoñen de aulas plurilingües e participan no proxecto Abalar


BARRIOS

Ourense por BARRIOS Setembro de 2010

O Centro Cívico da Ponte servirá punto de encontro e convivencia para o barrio 4 Construilo custará 870.000 euros. Redacción

Á dereita da imaxe, o ex director do CEIP Covadonga, Manuel Rodríguez, xunto ao conselleiro de Educación, Jesús Vazquez, a presidenta da A.VV. Covadonga, Esperanza Martín Borrajo, e a concelleira de Participación Cidadá, María Devesa, /P.LODEIRO.

Toda unha vida dedicada ao ensino

A Comisión de Festas de Virxe de Covadonga decidiu homenaxear ao que fora director do colexio de Covadonga durante 25 anos “ e que tanto traballou polo desenvolvemento do barrio e dos cativos”, Manuel Rodríguez. Con 56 anos de maxisterio, 25 deles neste centro educativo (entre 1967 e 1992), Rodríguez amosouse “abrumado” pola homenaxe: “que despois de 18 anos que abandonei estes muros se acordaran de min desta forma maravillosa”, dixo, emocionado. No seu breve discurso, o ex director do centro agradeceu a colaboración “dun elenco de profesores maravilloso”, máis de 200 profesionais que o acompañaron na súa etapa educativa. Ao acto de homenaxe, asistiron, ademais de veciños do barrio e ex alumnos do centro educativo, autoridades como o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, o director do Centro Cultural da Deputación, Francisco González (en representación do presidente da Deputación) e as concelleiras de Educación e Participación Cidadá, Ana Garrido e María Devesa. Esta última, en representación do Concello, asegurou que “os seus actos teñen moi merecido esta homenaxe. Pola súa banda, o conselleiro de Educación destacou a importante labor prestada polo docente así como a súa entrega á comunidade educativa. “Estamos homenaxenado, na súa persoa, a toda unha familia de educadores que marcaron un tempo”, destacou Vázquez Abad.

A Concellería de Benestar Social dá un paso máis no seu obxectivo de expandir a rede de Centros Cívicos e Sociais pola cidade de Ourense, coa presentación do proxecto do futuro Centro Cívico en A Ponte. No novo edificio investiranse 870.000 euros, con cargo ao Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade. O centro cívico servirá de punto de encontro e convivencia para todos os ourensáns, esencialmente para os veciños de A Ponte, nun espazo ideal para desenvolver actividades culturais e de lecer, e que constituirá un lugar de referencia no eido dos servicios socioculturais e de intervención social. O espazo estará aberto para a realización de reunións ou actividades para as asociacións veciñais. O edificio para o Centro Cívico estará ubicado na

Infografía do futuro centro cívico de A Ponte. rúa Eulogio Gómez Franqueira, nº 43, e terá un total de 1.100 metros cadrados construídos en tres andares. O soto albergará dúas salas polivalentes e un almacén; A pranta baixa acollerá a conserxería, unha aula infantil e outra de uso polivalente, un salón de actos e unha Unidade Interdisciplinar de Intervención Social (UNIS), con catro despachos con salas de reunións e dous aseos; e na pranta alta ubicaranse a aula de informática e outras aulas para diversas actividades. O edificio incorporará criterios medioambientais de

sostibilidade, cun acondicionamento que minimice o gasto enerxético e sistemas e instalacións que maximicen a súa eficiencia. Rede de Centros Cívicos Este novo equipamento formará parte da Rede de Centros Cívicos que o Concello está a poñer en marcha nos diferentes barrios da cidade, comezando co da rúa Colón, e á que nos próximos meses uniranse os de A Cuña, actualmente en fase de construción, e os que se porán en marcha tamén este ano en O Pino, Ceboliño e Seixalbo.


Ourense por BARRIOS Setembro de 2010

EN BREVE

4 Centro de Interpretación dos Recursos Naturais A Xunta de Goberno Local concedeu a licenza para construir o Centro de Interpretación dos Recursos Naturais de Galicia en Eirasvedras, nas proximidades do río Miño. As obras serán executadas pola empresa pública TRAGSA e iniciaranse tan pronto como a Xunta de Galicia designe o director de Obra e elabore o seu Plan de Seguridade.

4 Rehabilitación en Peliquín A Xunta de Goberno local aprobou o proxecto a desenvolver desde a Concellería de Perímetro Rural para a rehabilitación do entorno da capela de San Lázaro, no barrio do Peliquín. As obras actuarán no espazo anexo a igrexa cunha intervención de acondicionamento urbanístico e humanización orzamentada en 93.560 euros.

4 Festas en Santa Teresita

O barrio de Santa Teresita está en festas os días 1, 2 e 3 de outubro. Actuarán as orquestras D’Momento, Xoldra, Poceiro, Nueva Moda, Amistad de Vigo e Marimba, así como a banda de gaitas Os Trasnos. O día 16 terá lugar o VII Festival de Corais e Rondallas, ás 17 no Divino Maestro.

BARRIOS

Limiar traslada as súas peticións á Policía Local

Reclaman o ensanchamento dunha rúa na Cruz Alta

4 Reclaman máis vixilancia para os barrios.

4 A asociación veciñal pide ao Concello que expropie os terreos para abrir a rúa Pobra de Trives.

Redacción

Redacción

A Comisión de Seguridade da Federación de Asociacións de Veciños “Limiar” vén de presentar á Policía Local un dossier coas súas propostas en materia de tráfico e seguridade. Trátase dun documento de 14 puntos que recolle as peticións do movemento veciñal; entre elas, que desde a Concellería de Seguridade e Tráfico se atendan ás demandas dos dirixentes veciñais que “son os que mellor coñecen cada un dos problemas que hai en cada barrio”, se contesten aos seus escritos e que unha vez ao ano o edil responsable se reúna con todas as asociacións. Limiar tamén solicita a vixilancia por parte dun axente en cada barrio en horario diurno e unha patrulla para dous ou tres barrios en horario nocturno. As propostas da Comisión de Seguridade de Limiar, que dirixe Manuel Carnero, chegan a aspectos como o control de ruídos, das zonas de botellón e dos actos vandálicos no mobiliario urbano; o repintado de todos os pasos

de peóns e de mais liñas amarelas onde axuden a unha mellor ordenación do tráfico; ou o control aos propietarios de cans que permiten que fagan as súas necesidades en xardíns e areeiros sen logo recollelas. As reivindicacións veciñais fan ademais referenza a cuestións de tráfico, para que os axentes da Policía Local fagan respectar a ordenanza correspondente no caso de vehículos estacionados en paradas de autobús, cruces ou curvas, así como no caso de turismos abandonados nas rúas da cidade e procedan á súa retirada. Un último punto sobre o que chama a atención Limiar refírese á práctica dalgúns cidadáns “que colocan nos seus baixos para facilitar a entrada de vehículos, calzos de cemento, de madeira, de ferro e outros materiais co maior descaro e co menosprezo cos demais, sen pensar o dano que ocasiona aos peóns e aos vehículos, como exemplo da desorde a rúa Cabeza de Manzaneda que nun pequeno espazo hai 20 calzos deste tipo”, apunta Manuel Carnero.

A Asociación de Veciños Agarimo da Cruz Alta denuncia que o barrio “sofre un atraso de 30 anos en desenvolver rúas, pois teñen camiños do século XIX”. Refírese o colectivo veciñal á denominada rúa Pobra de Trives, un camiño de pouco máis

dun metro de ancho que que atravesa runhas viñas, pero é paso obrigado para moitos veciños para acceder ás súas casas a pé. Sinalan desde esta asociación que un veciño asegura ser o propietario deste paso e que cando o o Concello tenta limpalo de maleza non o permite. Segundo os veciños, indica a asociación

a través dun comunicado, esta persoa tenta agora pechar o camiño e deixar sen paso aos que o utilizan para chegar ás súas casas. Os veciños solicitan que se manteña aberto o paso como veñen facendo desde fai máis de 50 anos e por iso reclaman ao Concello que proceda á apertura da rúa expropiando os terreos precisos.

Ao fondo, o paso por entre unhas viñas na rúa Pobra de Trives./P.L.

Un xogo de augas embelecerá a rotonda do Acceso Centro

4 A actuación dá inicio ao “Plan de Rotondas” da Concellería de Medio Ambiente. Redacción O aspecto actual da rotonda do Acceso Centro, hoxendía unha das principais portas ao tráfico rodado na cidade será renovado e embelecido, coa inclusión dun xogo de auga que representará os signos máis característicos da cidade e a incorporación de prantas ornamentais. O proxecto financiarase íntegramente cos recursos procedentes da xestión do Patrimonio Municipal de Sólo, e estará dotado con 100.000 euros na fase constructiva, que se complementan con 78.000 euros para a iluminación. O que se pretende coa execución do proxecto é

representar neste espazo tres dos signos característicos da cidade, como son a ponte romana, as termas e a auga, de xeito que se interrelacionen e destaquen, xunto ao nome da cidade, representado en letras de metacrilato. Así, conxugaranse xogos de auga que darán lugar a un debuxo dos arcos da ponte, cun edificio termal e diversas especies de prantas ornamentais relacionadas coa cultura romana, coma cipreses, lavanda ou romero. A remodelación incluirá iluminación nocturna, coa proxección de 60 unidades de focos sumerxibles. Asimesmo, as prantas serán regadas cun sistema de goteo co fin de economizar a auga.

“Plan de Rotondas” Esta actuación englóbase dentro dunha serie de actuacións que a Concellería de Medio Ambiente ten previstas dentro do denominado “Plan de Rotondas” que ten por obxecto o embelecemento e humanización dalgunhas das zonas da cidade con maior tránsito rodado e afluencia peonil, como a propia zona mencionada, ou a rotonda de Marcelo Macías. Ubicada entre as pontes Novísima e Milenio, a rotonda do Acceso Centro distribúe o tráfico rodado en tres direccións: avenida de Ribeira Sacra, rúa Castro Canseco e o acceso á autovía A-52 nos dous sentidos.


BARRIOS

Ourense por BARRIOS Setembro de 2010

Visto bo á modificación urbanística para desenvolver o PERI das Burgas

EN BREVE

4 Aumentan as frecuencias das liñas 18 e 9 A Concellería de Mobilidade vén de incrementar o número de servizos de varias liñas. A liña 18 que fai o traxecto Milagrosa – Residencia, dá agora servizo as fins de semana e os días festivos, cunha frecuencia de dúas horas. A liña 9 Mende – Residencia pasa a estar activa, cunha frecuencia de dúas horas, os domingos e festivos; ata agora só funcionaba de luns a sábados. Por outra banda, a liña 10 (Cabeza de Vaca – Velle) modificará o seu traxecto os domingos e festivos e fará o seu percorrido en dirección Velle sen pasar por Mende.

Redacción

A Comisión de Pleno do Concello de Ourense ditaminou favorablemente a aprobación da modificación do PXOM necesaria para desenvolver o Plan Especial de Reforma Interior (PERI) do Ben de Interese Cultural das fontes termais das Burgas e o seu contorno. Durante o período de exposición pública, a proposta de modificación urbanística recibiu un total de 376 alegacións, das que únicamente sete eran en contra da proposta, mentres que 369 eran favorables á modificación. Tamén recibiu os informes favorables dos diferentes organismos implicados, como a Consellería de Cultura que indica que o documento “modifica a ordenación, os volumes de equipamentos e sistemas de Zonas Verdes-Espacios Libres, reducindo o aproveitamento lucrativo e cunha ordenación axeitada e de calidade espacial”. O documento será presentado na sesión plenaria de otuubro para a súa aprobación provisional e posterior remisión á Xunta de Galicia, órgano competente para a aprobación definitiva. Paralelamente, o Concello está a tramitar o Plan Especial das Burgas, que será presentado na vindeira Xunta de Goberno Local, para aprobación provisional e posterior remisión á Xunta, para informe previo á aprobación definitiva.

Escavacións arqueolóxicas en Reza Vella, entre as vías do tren./MIGUEL REJO.

Atopan restos romanos en Reza Vella

4 As escavacións arqueolóxicas non significarán retrasos nas obras do AVE. Redacción Fosas colmatadas con restos da época romana, estruturas de muros, zanxas con material desta mesma época así como posíbeis restos dunha calzada romana son os achados cos que se están atopando os arqueológogos que participan nas escavacións arqueolóxicas no lugar de Reza Vella, na Ponte. Con motivo das obras de construción da liña de alta velocidade Ourense-Santiago, no treito de acceso á Estación Empalme, levouse a cabo unha prospección arqueolóxica en base a cal se determi-

nou a necesidade de realizar sondaxes arqueolóxicas na zona de ámbito de respecto do xacemento arqueolóxico “Capela de Santa Catarina de Reza Vella”, elemento do patrimonio cultural que figura incluído no Catálogo do Patrimonio Arqlueolóxico do PXOM de Ourense. Trátase concretamente dunha zona duns 200 metros de longo entre as vías da liña Ourense-Vigo e a liña Ourense-Santiago. As sondaxes arqueolóxicas foron autorizadas polo director xeral do Patrimonio Cultural no pasado mes de maio, e dos resultados das sondaxes determinouse a necesidade de realizar unha escavación en área.

O proxecto de escavación foi autorizado por Patrimonio Cultural o 2 de agosto, c unha duración de 85 días. Polo tanto neste momento estase na fase de escavación. No primeiro informe dos traballos da fase I, remitido o 27 de agosto, dábase conta dos traballos efectuados ata o momento e que consisten no achado de estruturas arqueolóxicas, como fosas colmatadas con restos de época romana, muros, zanxas con material da época (muíños, tegulae e imbrex), así como posíbeis restos dunha calza-

da romana. A intervención arqueolóxica non está rematada (restan dúas fases), polo cal desde Patrimonio non queren facer unha valoración arqueolóxica da importancia dos restos atopados, mentres non se rematen os traballos arqueolóxicos. Non ocasionará retrasos Desde ADIF informaron que as escavacións non retrasaran os traballos de construción da liña de alta velocidade que dá acceso á Estación Empalme.

Patrimonio non fará valoración dos achádegos ata que non se rematen os traballos arqueolóxicos

4 Acondicionamento da antiga estrada a Monforte A Xunta de Goberno Local aprobou o convenio de colaboración entre o Ministerio de Fomento e o Concello de Ourense para a execución do proxecto de acondicionamento do treito urbán da antiga estrada de Monforte. O texto contempla o traspaso da financiación que aporta a administración estatal á local, un millón de euros consignados nos Orzamentos Xerais do Estado, para a execución das obras de acondicionamento no tramo que vai desde a rotonda do Afiador até a ponte sobre o río Loña. O Concello, a través do departamento de Infraestruturas, será o encargado de desenvolver o proxecto e encargar a súa contratación.


Ourense por BARRIOS Setembro de 2010

EN BREVE

4 Oficina municipal en A Valenzá O voceiro do PSdeG en Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, considera “inexplicable” que “a día de hoxe a Oficina Municipal de A Valenzá estea sen inaugurar cando as obras xa están rematadas”. Dende o PSdeG esixen que se abran ao público estas oficinas á maior brevidade posible “para prestar á cidadanía uns servizos administrativos de calidade e próximos aoseu lugar de residencia”.

4 Curso de formación en Barbadás 14 persoas participantes no II Plan Galego de Inclusión Social asisten estes días en Barbadás a un curso de formación ocupacional sobre Seguridade e Manexo da carretilla elevadora. Esta acción formativa achega aos asistentes formación na materia, aumentando as súas competencias e as súas opcións de atopar un emprego. Impártese no Centro Empresarial Transfronterizo.

4 Denuncian o “uso caciquil” de medios da Xunta

O deputado socialista Pablo López Vidal denunciou “o uso caciquil de medios da Xunta por parte da Deputación en concellos gobernados polo PP”, en concreto Barbadás. Refírese ao feito de que unha brigada autonómica estivese traballando cunha da Deputación no asfaltado e parcheo de varias estradas e camiños municipais, cando non hai ningún convenio entre o Concello e a Xunta para este fin.

BARRIOS

Pleno en Barbadás

4FOTO DENUNCIA

A corporación aproba reformar o parque de Bentraces

4 Haberá axudas para os celíacos. Redacción O Concello de Barbadás comprometeuse a levar a cabo unha actuación de reforma e mellora integral da área recreativa Barreiro-Veringuela, en Bentraces. Así o solicitaban os socialistas nunha moción que alertaba das carencias que presenta esta zona deportiva e de lecer, “que poñen en evidencia unha importante degradación e un claro abandono do seu mantemento”. Na mesma sesión plenaria aprobáronse as bases para a concesión de axudas de 400 euros para unidades familiares con membros celíacos ou intolerantes á lactosa. A concelleira socialista Victoria Morenza (o voceiro do grupo, Xosé Carlos Valcárcel, non puido asistir) congratulouse polo feito de que tanto esta iniciativa como a da comida sobre rodas, a instalación de colectores de roupa usada ou o Banco de Tempo foron propostas do PSdeG. Tamén foi aceptada de xeito unánime a proposta socialista de instalar bocas de incendios equipadas (BIES) nos cascos antigos con difícil acceso a través de un plan bianual. Previamente á instalación destas bocas de incendios vaise elaborar un Plan Xeral de Extinción de Incendios, una enmenda plantexada polo Grupo do BNG e

Paso de peóns na rúa Seixalbo./P.L.

Exceso de velocidade na rúa Seixalbo

Victoria Morenza, concelleira socialista en Barbadás./ARQUIVO.

Veciños da urbanización nova na rúa Seixalbo denuncian o abandono que sufren por parte do Concello de Ourense, que aseguran non fai caso aos seus problemas. Quéixanse de que a rúa ten marcado un límite de velocidade de 50 km/ h pero non se respecta: “os coches a toda hora pasan a máis velocidade, incluso algúns duplican o límite”, sinalan e recordan que xa houbo tres accidentes neste punto (fronte a un concesionario de automóbiles), colisións contra os postes do alumeado e un atropello no paso de peóns, “e aínda así ninguén fai nada por regularizar esta situación”. As súas demandas abranguen tamén o estado das árbores da zona verde, que nuns casos invaden os pisos e noutros están rotas; o céspede sen cortar, o lixo das papeleiras sen recoller e os xogos infantís en mal estado, “un abandono total”.

aceptada polos socialistas. Moción rexeitada Pola contra, outra proposta do PSdeG, para buscar unha solución viable tecnicamente para que o camiño da Chouciña, en Parada, volvese ser transitable, foi rexeitada polo grupo de goberno. Victoria Morenza lamentou o cambio de postura do alcalde “en tan só uns días, porque estaba de acordo co PSdeG en buscar unha solución a este problema e incluso chegou a dicir que era quizáis máis convinte instalar unha escaleira en lugar de construir unha pasarela pernil”. Freire Couto explicara, para xustificar o voto en contra do goberno a esta moción, que o servizo de Enxeñería da Deputación xa estaba a buscar unha saída viable a esta cuestión.

O río Miño, desde a praia da Antena./P.L.

Desaugues ao río Unha ourensá fainos chegar á súa queixa en relación aos desaugues ao río Miño. “Vou tomar o sol diariamene á praia fluvial da Antena e nunca me din conta, o mesmo sucede con moita xente de que o desaugue do centro comercial desemboca no rio e todos os que vamos asiduamente podemos ver con total impotencia como saen eses residuos que manchan as augas onde frecuentan animais e persoas. Esta veciña pide unha solución a este problema, que moitos descoñecen xa que o desaugue só se ve cando o caudal do río baixa.


PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Setembro de 2010


10

Ourense por BARRIOS Setembro de 2010

OPINIÓN

4HISTORIA DE PONTE CANEDO

4TRIBUNA ABERTA

Emprego

Un dos temas máis importantes desta cidade e provincia é a falla de emprego. A escaseza dun posto de traballo, fixo que Ourense encabezase, xunto co resto das provincias galegas, as estatísticas de número de emigrantes durante a historia contemporánea. A falla de iniciativa empresarial, o abandono dos gobernos na construcción de infraestruturas e a propia localización física no confín de Europa, son os principais motivos que derivaron nesta situación. Nas últimas décadas a sangría da emigración só foi paliada en parte polo retorno dalgúns emigrantes que voltaron, nuns casos para montar o seu propio negocio, e noutros para disfrutar da súa pensión conquerdida fóra das nosas fronteiras. Pero Ourense, aínda hoxe, segue sen crear eses postos de traballo que impiden que a xuventude, cada vez máis preparada, deixe descansar as súas maletas e conte cun futuro laboral na súa cidade de orixe. As provincias chamadas atlánticas, A Coruña e Pontevedra, conqueriron mitigar ese proceso, aínda que non podemos facer unha festa. Pero Ourense segue sendo a irmá pobre, esa Cincenta á que non lle queren e sempre lle toca bailar co máis feo. Fartos estamos de promesas políticas para rematar con esta situación, pero nós seguremos protestando porque como ben se di: “O que non chora non mama”. E seguiremos a chorar, a esixir, aínda que sexa dende estes foros e non dende aqueles onde se toman as decisións, xa que parecen que os representantes non o fan ou o tratan cunha forza comparable coa dunha pluma que se desliza polo aire. Nos próximos meses e anos, a cidade, que concentra a unha maioría da poboación provincial, vai sufrir unha importante transformación. Empezaron as obras dun novo centro comercial, que baixo a marca de Eroski, situarase na zona da Farixa. En poucos meses as grúas empezarán a ocupar a finca Santamarina, onde aterrizará El Corte

Inglés para asentar un dos seus grandes almacéns. Sen dúbida son dúas empresas que crearán os seus postos de traballo (só El Corte Inglés máis de 800). O tren de Alta Velocidade acercaranos á capital galega en vinte minutos, esperando que un pouco máis tarde nos achegue a Madrid en pouco máis de dúas horas. Pero, está preparado Ourense para esto? Sinceramente non. Os novos postos de traballo que as grandes superficies van crear, compensaranse cunha perda de empregos no comercio local e tendo en conta que a nosa cidade é tremendamente comercial, a cousa non pinta bonita. As infraestruturas serven para a chegada, pero tamén serven para a fuxida, polo que unhas boas vías de comunicación poden ser os grandes camiños da emigración do século XXI. Hai posibilidades de cambiar a tendencia? Por suposto. Ourense, como xa dixen antes ten que crear emprego, incluso para que xentes doutras latitudes veñan a traballar xunto a nós. A cidade ten que convertirse na porta de entrada do Noroeste peninsular, núcleo onde se poidan instalar empresas para distribuir os seus productos en Galicia e o Norte de Portugal. Aproveitar a universidade para formar xente capacitada en aqueles sectores nos que Ourense ten algo que dicir como viños, hidroloxía ou moda. Apoiar a instalación de empresas ofrecendo as vantaxess da nosa situación e vender a cidade como centro da Eurorrexión. Se preparamos a cidade para poder aproveitar os cambios que se van producir, conqueriremos trocar a tendencia da nosa provincia, xa que a cidade fará de locomotora do territorio provincial. Ourense convertirase así nunha terra de oportunidades e non nun futuro centro de interpretación da sociedade ourensá, xa daquela desaparecida. Xavier C. Martiñá

Vivencias de Canedo durante os anos 40 e 50

“O Rincón”, zona humilde e traballadora de Ponte Canedo, ou a casa de aluguer do “Veleiro”, co entorno que a rodeaba e as súas xentes, contribuiron a dar forza ao noso pobo. Comezaba na avenida das Caldas e remataba en Ribeiriño, facía esquina a tenda da señora Rolindes, enfronte estaba o chocolateiro e no primeiro piso vivía o que foi médico titular do Concello de Canedo, Óscar Montero. A continuación estaba a tenda da señora Rosa e o seu home José, que tiñan catro fillos (Celsa, Alfredo-coñecido cariñosamente como “O Berberecho”-, Candita e Mercedes) e enriba vivían os señores Xelo. Na mesma beirarrúa estaba o taller de bicicletas de Eliseo (“O Deportes”) e Gerardo (“O Xeada”), o almacén de trapos do señor Pepe e os seus fillos e a seguir viñan as escaleiras que subían ao Rincón de Arriba e á vía do ferrocarril Vigo-OurenseMonforte. Acá estaba a casa do señor Manuel; no baixo vivía o señor Custodio (o barbeiro), a súa muller (a señora Rocío) e o seu fillo Chicho; no piso superior vivía Don César (o ferroviario), a señora Leonor e o seu fillo Toñito; o señor Genaro e a súa dona Josefa; o señor Liz e a señora Teresa, o seu fillo Chicho foi ferido de guerra, tiñan o surtidor de gasolina enfronte da estación vella, o Chirilo xogaba ao fútbol de porteiro. Liz “O Baturro” foi un xogador de importancia, xogou no Cádiz entro outros e ao final estivo vinculado a este equipo de olleador; as súas irmáns Milagros e Remedios, a sra. Celsa, a sra. Pepa, a sra. Matilde, nai do Chancas. A familia Roales, o pai Manuel era natural de Zamora e a súa esposa Saturnina tiveron seis fillos Pepe, Manolo, Chata, Pura, Pedro e Juan. Esta familia foi e segue sendo unha referencia na Ponte, sempre vinculada ao transporte empezando con carros de cabalos. O fillo maior ademais de boa persoa foi un exemplo en promocionar o censo de poboación con 12 fillos. O bar do sr. Jesús e esposa Maruja dedicábase ao transporte, tiña un carro cun fermoso cabalo branco. O sr. José, o zapateiro; a fábrica de gaseosas La Gallega da sra. Julia cos seus fillos Pepe, Jaime Miguel e Rosita. O sr. Silvino “O Canedo”, a súa esposa, Mercedes e os seus fillos, Silvino, Pepe, Mercedes, Gustavo e Antonio, o Bar do Rosendo, a familia Rojo cos seus fillos Ricardo “Requete”, Conchita, Ju-

lio, Cándido, Teresita, María Jesús e Mucha. O señor Inocencio e a súa dona Mercedes e os fillos Pilar, Alfonso -ao que todos chamamos Rufino, Pepito e María do Carmen; falaremos máis adiante do “Requete”, monaguillo sacristán. A señora Matilde “A Colchonera”, sra. Carmen “A Castiñeira” e os seus fillos Julia e Narcisín que foi moitos anos cociñeiro do restaurante “Pingallo”; a sra. Julia casaría co señor Abundio. A continuación un almacen do sr. Barbosa, dos cepillos, que tiña enfronte a fábrica na casa da sra. Rosa da tenda. A casa da señora Chata onde vivía o sr. Toribio coa súa esposa e os seus fillos Alejo, Toñito, “O Rena”, Marujita e Pepita. A escola de Luis, a súa dona Concha e os seus fillos María Luisa, Toñito e Pilar; desta escola direi simplemente que grazas, en nome dos que tivemos a sorte de recibiras súas ensinanzas; a familia “Cachamuiña”, quen non recorda ao “Cachamuiña” co seu carro de cabalos adicado ao transporte especialmente para o construción. O matrimonio de Rogelio e Carmen, xunto cos seus fillos Rogelio e Tito; o bar do sr. Tabaco, antigamente moi popular na avenida das Caldas, tiña un letreiro que dicía “viño, un can, un neto”, co tempo neste local estaba a irmandade ferroviaria, ao carón tivo unha escola unha neta do sr. Tabaco, Marité. A funeraria do sr. Ventura, rematando aquela zona dereita do Rincón. Volvendo para a avenida das Caldas, partindo do do campo do Ribeiriño “O cornello”, onde se xogaba á pelota, viña o sr. Zacarías que antigamente estivo na mesma avenida facendo funcionar candís, quinqués e máquinas de sulfatar de cobre ou latón que só un artesán coma el ou un “bruxo” podían conseguir que estas máquinas cheas de remaches e parches puideran seguir dándolle o sulfato ás cepa. A casa nova da Rosa da tenda no baixo da fábrica do sr. Barbosa; os Pintos, os Bermejo, os Doforno. O bar do Severino, o colexio Cisneros que estivo un tempo na casa de Ricardo e neste baixo estivo máis adiante o alamacén de ataudes do sr. Joaquín e sr. Eleuterio e o sobriño Milucho e o taller de radiadores do sr. Juan; o almacén de tripas do sr. Manuel, a panadería do sr. Camilo e a súa esposa Merceditas (un referente no Rin-

cón), fixo de albergue ás xentes sen teito que chegaban á antiga estación, durante as longas noites invernais estes panadeiros acollían aos sen teito e non lles faltaba un bocado de pan. O parroco D. Jesús trala xubilación do inolvidable D. Germán e do cese por idade do Sacristán, sr. Nicanor de Bobadela ao que axudaba o seu fillo Manolo “O Tarile”, tivo que buscar un novo sacristán, como vivía ao carón da panadería, fixouse no “Requete” para sacristán por ser un rapaz de bos modais e pillo. Fixo bo o refrán de “se queres ser pillo sé monaguillo”, dise que o peto de San Antonio era de madeira e tiña algunha rendixa debido aos seus anos, o novo parroco o substituiu por un metálico, e a “Requete” este cambio lle fixo pensar nas moitas noites que pasaba na panadería Camilo, pois alí era punto de encontro dos sen teito e os mozos da zona venlles á mente os paleadores que traballaban desmontando o terreo para aplanar o terreo na nova estación de A Ponte, el viu que a paleadora tiña rodas, corpo e un home que manexaba un brazo cun cazo que baixaba, enchíase, vaciábase e así unha e outra vez. A cabeza dáballe voltas ata que un bo día, cunha chapa de gaseosa preparouna para que fixese de cazo e cun aramio fixo unha especie de brazo para que entrase no peto metálico de San Antonio. A habilidade do palista fixo que funcionara a paleadora do sacristán; facíao por diversión pois sacaba as moedas e as volvía meter. Agora o “Requete” vive en Zaragoza xa xubilado despois de ser emigrante por centro Eeuropa; igual elexiu Zaragoza porque ten un bo río e así recordar ao vello Miño que lle viu nacer. Todos os anos, o “Requete” vén de vacacións e vai visitar as vivendas sociais de Santiago Apóstol, onde ten un busto o sacerdote que o elexiu de sacristán, ponse o traxe de faena e limpa o entorno e busto da persoa que conseguiu o primeiro emprego. Se alguén lle pregunta que está facendo di que é de mantemento municipal. A vida e as costumes dos pobos cambian, non se pode dicir nin para ben nin para mal, simplemente, cambian. Pepe da Guardesa

Termatalia, do 15 ao 17, en Expourense Redacción

A 10ª edición de Termatalia, Feira Internacional do Turismo Termal, terá lugar entre o 15 e o 17 de outubro no recinto feiral de Expourense. De carácter mixto (dirixida a profesionais e público en xeral), Termatalia é a única feira de turismo termal que se celebra na Península Ibérica. Nesta edición aumenta de maneira destacada a presenza de América Latina. Expertos do sector termal de México (país convidado), Colombia, Arxentina, Chile ou Perú compartirán experencias con outros chegados de todos os puntos de Europa. Entre as actividades previstas, hai xornadas formativas, conferencias, obradoiros sobre hidroterapia, un curso de hidrosumiller ou unha exhibición de cociña e coctelería con auga. Ademais, durante as tres xornadas do certame público poderá achegarase ata o bar de augas, visitar unha exposición sobre termalismo, contemplar a recreación dun balneario, inscribirse na bolsa de emprego e participar en sorteos de estancias e tratamentos en centros termais, de talasoterapia e spa. Por outra banda, os días de Termatalia sairá de Expourense un tren turístico que percorrerá as zonas termais da cidade, e os participantes no V Encontro Internacional sobre Auga e Termalismo poderán inscribirse tamén en varias rutas termais. Accións de negocio Pola súa banda, as accións de negocio de Termatalia 2010 están orientadas a manter o estatus de cita profesional posicionada xa mundialmente e a potenciar a presenza en feira dos principais mercados termais. Neste sentido, haberá unha bolsa de contratación turística, misións comerciais e de importadores de bens de equipo e misións de medios de comunicación de México e Turquía.


Ourense por BARRIOS Setembro de 2010

11

Máis de mil nenos e nenas entretivéronse cos obradoiros e inchables do CCA Couto Centro Na praza da Chave o pasado sábado 25.

Un momento da actuación de Vichelocrego durante o concerto folk organizado polo centro comercial do Couto./RAMSÉS.

I Festival Folk Couto Centro

Guezos, Coanhadeira e Vichelocrego animaron a noite do venres 24. O Centro Comercial Aberto Couto Centro organizou o pasado venres 24 de setembro o I Festival Folk Couto Centro. Polo recinto da praza da Chave pasaron os grupos ourensáns Vichelocrego, Coanhadeira e Guezos, que ofreceron unha noite de música folk aos comerciantes dos 120 establecementos que forman parte de Couto Centro, así como aos seus clientes, que conseguiron as súas invitacións realizando unha compra nalgún dos comercios asociados. Con esta actividade lúdica, CCA Couto Centro segue traballando en novas fórmulas que impulsen o

desenvolvemento comercial e económico do barrio do Couto. A intención é que en anos sucesivos se convirta nun festival aberto a todos os grupos galegos que queiran participar e consolidalo así dentro dos festivais celtas que hai na comunidade autónoma, indicaba o presidente da asociación de empresarios do Couto, Julio

Fernández Prol.

Desde o CCA Couto organizouse o sábado 25 de setembro unha volta ao cole moi especial. Inchables, pallasos, globoflexia, talleres científicos, e maquillaxe e tatuaxe fixeron as delicias dos pequenos, máis de mil ao longo de toda a xornada. Nesta actividade colaboraron as concellerías de Educación e Cultura, a Dirección Xeral de Comercio da Xunta, Caixanova e Argallada.

Unha pequena participante no obradoiro de maquillaxe do CCA Couto Centro./I.OSORIO.

Próximas actividades Nas próximas semanas os case 130 establecementos asociados ao CCA Couto Centro seguirán materializando outras propostas empresariais e lúdicas co obxectivo de impulsar de forma dinámica a actividade comercial do barrio do Couto.

O festival folk e as actividdades da xornada de “volta ao cole” son dúas das iniciativas de CCA Couto Centro para dinamizar social e economicamente o barrio do Couto

Os inchables foron unha das actividades que máiis éxito tiveron./I.OSORIO.


12

Ourense por BARRIOS Setembro de 2010

CIDADE

Universidade e CHMS colaboran en formación e investigación 4 Alumnos do grao de Ambientais realizarán prácticas na Confederación Hidrográfica. Redacción A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e a Universidade de Vigo veñen de asinar un protocolo polo que ambas entidades se comprometen a colaborar nos eidos da investigación e da formación. Así, o alumnado do novo grao

de Ciencias Ambientais poderán realizar na Confederación Hidrográfica. Ambas institucións colaborarán en proxectos científicos, no desenvolvemento de investigacións e actuacións de I+D+i en materia de augas e na celebración de cursos sobre política ambiental.

O rector da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, e o presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Francisco Fernández Liñares, na firma do convenio de colaboración./P.LODEIRO.

Comeza a campaña de vacinación contra a gripe e a pneumonía 4 Manterase ata o 12 de novembro. Redacción Ata o 12 de novembro manterase este ano a campaña de vacinación antigripal e antipneumocócica. Durante mes e medio, as persoas de 60 ou máis anos, e as pertencentes aos grupos de risco, poderán acudir a un dos mais de 200 puntos nos que se administra a vacina en Ourense. A campaña conta netsa ocasión con dúas importantes novidades: a ampliación en cinco anos da poboación diana (que pasa dos 65 anos aos 60) e a vacinación nas persoas de 75 ou máis anos cunha vacina adxuvada, que ten un maior poder inmunóxeno e, polo tanto, unha eficacia máis alta. Ademais, debe vacinarse a poboación de risco, como enfermos crónicos, embarazadas, nenos e adolescentes con tratamentos prolongados de aspirina, persoal sanitario e profesionais que desenvolven tarefas esencias para a comunidade.

Vacinación contra a gripe no centro de saúde Valle Inclán./RAMSÉS. A Sanidade pública galega procura coa campaña de vacinación aumentar a saúde da poboación incidindo, especialmente nas persoas de maior idade, que son as que teñen un maior risco de padecer complicacións da gripe. A vacina supón evitar o padecemento da gripe e a pneumonía ou diminuír a gravidade desas complicacións, reducindo en moitos caos a hospitalización,

e mesmo as mortes que poden ocasionar. Todos os anos a Organización Mundial da Saúde emite recomendacións sobre a composición da vacina da gripe, que varía dun ano a outro, o que xustifica a necesidade de vacinación anual fronte a esta enfermidade. Para este ano, utilizarase unha vacina trivalente, que incorpora unha cepa similar á pandémica,

que circulou o ano pasado, e que obrigou a realizar a campaña extraordinaria de vacinación. Para a campaña 2010 fronte a gripe estacional e as enfermidades neumocócicas a Consellería de Sanidade adquiríu un total de 610.000 doses.

Este ano a vacinación contra á gripe comeza nos 60 anos


CIDADE

Ourense por BARRIOS Setembro de 2010

13

EN BREVE

4 Adxudicado o restaurante da zona termal

Autoridades xunto ao fundador de Anpian, Antonio Piña, e a súa familia, na presentación dos novos vehículos en Reza./RAMSÉS.

noticias de empresa

Anpian presenta catro novos autocares

4 Incrementan a resistencia do habitáculo en caso de volco. Redacción A empresa ourensá Anpian vén de presentar catro novos autocares da marca

Irizar. Como características máis destacadas, estes autobusese cumplen coa última normativa en materia de seguridade, que incrementan

nun 35% a resistencia do habitáculo do vehículo en caso de volco. Ademais, os motores empregados implican unha importante redución das emisións contaminantes. A compra das catro unidades supuxo un investimento de máis dun millón de euros. Con máis de 50 anos no sector do transporte de viaxeiros, na actualidade Anpian conta cunha flota de 90 vehículos.

A Xunta de Goberno procedeu á adxudicación provisional da explotación do restaurante das Pozas de Maimón, en Reza, á oferta presentada pola empresa Donde Jorge S.L, cunha concesión a dez anos non prorrogables. O futuro restaurante, que deberá abrir un mínimo de seis días á semana, ocupará un edificio, con paredes de cristal e dunha única pranta baixa e dous accesos, que conta con área de comedor, aseos, almacéns, cociña e un punto de información turística cuxa xestión tamén recaerá na concesionaria. O exterior remata nunha ampla terraza con zona cuberta e descuberta. O mantemento da zona axardinada no contorno do restaurante recae tamén na empresa adxudicataria.

4 O PP rexeita reparar os danos das riadas

O PP votou en contra no Parlamento dunha proposición socialista para reparar os danos ocasionados no seu día polo temporal nas ribeiras do Miño. “A desculpa foi votar balóns fóra e escudarse nas competencias, cando o Goberno de España vén de entregar unha importante axuda para coadxuvar ao Concello de Ourense a repoñer as infraestruturas danadas polos asolagamentos do río na zona termal”, dixo o parlamentario Pablo López Vidal. O socialista lamenta que non se seguise a folla de ruta deseñada por gobernos anteriores á hora de paliar os danos polos temporais e reparar os servizos públicos afectados. “Ourense non conta para o PP nin á hora de subvencionar a reparación dos danos nun sector estratéxico”, concluiu.

4 O PP critica as obras do campo da feira

O PP acusa o alcalde de malgastar 1,7 millóns de euros na obra do campo da feira “que nas primeiras choivas da tempada queda sen xente por utilizar un proxecto inapropiado”. O seu voceiro, Enrique Nóvoa, lembra que “o PP advertiu deste risco antes, durante e ao terminar a obra, pero o alcalde nunca fai caso das nosas advertencias e agora as consecuencias páganas os cidadáns e os hostaleiros do recinto”. O político popular acusou ao alcalde de “causar máis perdas a Ourense que a propia crise, con accións como a do Campo da Feira xa que agora haberá que destinar máis diñeiro para facer ese espazo habitable cando chegue o mal tempo de verdade ou pola contra correremos o perigo de que se perda unha das actividades máis tradicionais de Ourense como é a feira”


14

Ourense por BARRIOS Setembro de 2010

CIDADE

EN BREVE

Pleno de Ourense

4 Adxudicado o proxecto do Arquivo e a Biblioteca

A corporación aproba a nova ordenanza de tráfico

O Ministerio de Cultura vén de adxudicar as redaccións dos proxectos de execución e de actividade e a realización de traballos complementarios no Arquivo Histórico Provincial e na Biblioteca Pública de Ourense, no antigo convento de San Francisco. O proxecto ten por obxecto abordar o remate da remodelación dos dous edificios existentes partindo do estado actual das obras. O prazo de execución é de 24 meses cun orzamento de 598.500 e foi adxudicado á UTE formada por José Manuel Casabella López e José Luís Martínez Raido.

4 45 empresas optan a construir o edificio xudicial Ata un total de 45 empresas teñen presentado unha oferta ao concurso para a construción do novo edificio xudicial de Ourense, no que se investirán 18,5 millóns de euros. O edificio, que construirá a Xunta sobre unha parcela cedida polo Concello, permitirá albergar 20 xulgados, outro máis de garda, 14 salas de vistas, unha sala de vodas e máis de 1.000 metros cadrados de arquivo. Así consta no proxecto gañador do concurso de ideas, que aposta por respectar o corredor verde que discorre paralelo ao río Miño, reducindo o máis posible a ocupación da parcela para liberar espazo que sirva de lugar de encontro para os cidadáns.

4 Incorporáronse dúas alegacións. Paula Lodeiro A corporación municipal por unanimidade deu aprobación definitiva á ordenanza municipal de tráfico e circulación, que incorpora dúas alegacións. A primeira delas suprime o requisito de estar empadroado no casco histórico para poder acceder cun vehículo á zona vella; a segunda amplia o tipo de vehículos para a carga e descarga na cidade e o horario, que será de 7 a 11:30 horas. O edil de Tráfico, Fernando Varela, destacou que o espírito desta nova norma é o de “compartir espazos e recuperar a cidade para os peóns”. Modificación de créditos Na sesión plenaria de setembro tamén se aprobou, coa abstención do PP, unha nova modificación de créditos, por importe de 1,3 millóns de euros, que se financiará con 877.557 euros procedentes do remantente de tesourería e 450.000 da partida de intereses de préstamos. A maior parte deste importe, 928.000 euros, reforzarán a dotación económica do servizo de axuda a domicilio. Tamén haberá partidas para a sinatura de tres convenios de colaboración co Instituto da Muller, con Aspanas e coa Escola de

Organización Industrial, para financiar un centro de transformación enerxética no Pavillón dos Remedios, para expropiar unha parte do antigo edificio da Policía Local, e para un pago pendente a Aquagest. Mocións No apartado de mocións, as tres presentadas polo PP tiveron distinta sorte. A primeira delas, instando ao Concello a que asumira a limpeza e o mantemento da Ponte do Milenio, foi rexeitada. Aínda recoñecendo o deterioro que sufre a ponte (pintadas, peldaños oxidados, luces fundidas...), o edil de Infraestruturas, Andrés García Mata, xustificou o voto negativo en que “non está recepcionada a obra polo Concello” polo que a responsabilidade de conservación é da Xunta de Galicia. García Mata recordou que xa o goberno municipal anterior informara á administración autonómica sobre os desperfectos da ponte do Milenio no ano 2002, apenas un ano despois de ser rematada a súa construción, e explicou que “o 29 de abril se lle comunica á Xunta que non hai ningún documento de entrega de dita obra ao Concello”. A segunda das mocións populares, para que se revisaran as condicións das devolucións da Xunta ao Estado, resultou aprobada, tan

só cos votos a favor PP, xa que o bipartito votou por separado: os socialistas opuxéronse e os nacionalistas abstivéronse. O edil popular Francisco Javier Rodríguez Nóvoa anunciou para o vindeiro pleno unha moción similar sobre a revisión das devolucións dos concellos ao Estado. Finalmente, a terceira das mocións, que instaba a promover unha nova ordenanza municipal que regule as antenas de telefonía móbil, foi aprobada por unanimidade Los Suaves, medalla de ouro Pola vía de urxencia presentouse o expediente de honra ao grupo Los Suaves, que foi aprobado por unanimidade. O grupo de rock ourensán recibirá a medalla de ouro da cidade. Na mesma sesión plenaria aprobouse a modificación da ficha do edificio do Banco de España, os festivos locais para 2011 (Martes de Entroido e o día de San Martiño) e a ordenanza reguladora das quendas dos taxis.

Aprobouse unha modificación de créditos para reforzar con case 1 millón de euros a axuda a domicilio

4 En 35 proxectos, 26 deles de inversión. P.Lodeiro Coa adxudicación da obra de construción dun horto educativo en Mariñamansa, o Concello completa os proxectos que financia co Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade de 2010. Son 35 proxectos, 26 deles de inversión e 9 de gastos social, que suman 10.864.834 euros, a cantidade total que fora asignada á cidade. Estes investimentos darán traballo a 333 persoas, das que 93 serán en postos de nova creación, e un 73% das obras serán realizadas por empresas ourensás. Os datos foron facilitados polo alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, quen destacou que os fondos FEIL reforzan “as liñas básicas das políticas deste goberno”, citando as políticas sociais (con achegas para os programas de axuda a domicilio, comedor sobre rodas, come-

Agustín Fernández, edil de Economía, defendeu a aprobación dunha nova modificación de créditos. /PAULA LODEIRO.

dores escolares ou atención a enfermos de Alzheimer) e a participación veciñal (cos novos centros cívicos de Seixalbo, Ceboliño, O Pino e A Ponte). Tamén se destinaron cartos a un centro de atención á muller e outro que será local de ensaio para grupos musicais; para programas de eficiencia enerxética (no alumeado da cidade, do rural, do paseo do Barbaña e do pavillón dos Remedios), para saneamento e abastecemento (en Palmés, Saceda, Conchada, Padrobó, Montoscos, Os Viros, Lodeirós, A Bouza, Fechós, A Granxa e a rúa Dr. Peña Rey), e para parques e xardíns (o Botánico de Montealegre ou a ampliación do parque dos Carrileiros, por exemplo). De todos os 26 proxectos de inversión, na actualidade só está rematada a construción do centro social de Ceboliño e a piques o abastecemento e saneamento en Lodeirós e A Bouza.

O TSXG dá a razón ao Concello ao esixir o 10% dos aproveitamentos urbanísticos

4 Revoga unha sentenza favorable a un promotor que pretendía quedar co 100%. Redacción

4 A Xunta rebaixa o pago a provedores A Xunta de Galicia rebaixou en 35 días o tempo de pagamento fixado por lei, na actualidade en 60 días. Grazas á implantación do Sistema Electrónico de Facturación (SEF) rematou agosto cunha media de 25,4 días para afrontar o pagamento aos seus provedores, 20 días menos que o compromiso que se marcara.

As obras do FEIL crean 93 empregos

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de dictar unha sentenza na que dá a razón ao Concello ao esixir o 10% dos aproveitamentos urbanísticos. O TSXG estima un recurso presentado polo Concello e revoga unha sentencia previa do Xulgado do Contencioso Administrativo número 2 de Ourense que daba a razón a un promotor que pretendía non abonar o 10% invocando un acordo do Pleno do Concello do ano

1994. O litixio fai relación á API 02 E, área de planeamento situada na zona do campus, na confluencia da avenida Otero Pedraio e Rodríguez Castelao. A empresa Casas Ourense presentara no Concello dous proxectos de compensación que foron denegados porque pretendía quedarse co 100% do aproveitamento lucrativo. A sentenza do TSXG conclúe que “o acordo do Concello de esixir a cesión do 10% do aproveitamento lucrativo non pode considerarse contrario a dereito”.


Ourense por BARRIOS Setembro de 2010

15

O Goberno municipal investiu 96 millóns de euros en infraestruturas e equipamentos en tres anos

O alcalde anunciou un novo Plan Especial de Investimentos por valor de máis de seis millóns de euros que será aprobado no vindeiro pleno. “Seguimos batendo récords de inversión”. Con esta frase presentaba o alcalde da cidade, Francisco Rodríguez, o novo Plan Especial de Investimentos que mobilizará seis millóns de euros neste mesmo exercicio de 2010, e que fai chegar a 96 millóns de euros os investimentos productivos xestionados pola administración local nestes tres anos de lexislatura. As cifras, dixo o rexedor ourensán, “ratifican a este Concello como o máis inversor de Galicia en termos relativos, e a este Goberno municipal como o máis inversor da historia de Ourense e termos absolutos”. Modificación de créditos Os seis millóns de euros obteranse a través dunha nova modificación de créditos que se levará a pleno en outubro. 1,1 millóns financiaranse mediante minorización de créditos de diversas partidas e 4,9 millóns euros son financiados con cargo ao remanente de tesourería, isto é, ao aforro do Concello. O alcalde precisou que da minorización de créditos 687.419 euros corresponden a gastos de persoal, e este aforro –derivado da aplicación do decreto estatal contra o déficit- irá destinado íntegramente á reducción da débeda do Concello.E en canto ao remanente de tesourería, no exercicio de 2009 pechouse con 17 millóns de euros, dos que se teñen investido -incluida esta nova modificación- algo máis de sete millóns, é dicir, o 43% do total. “Isto significa que, por unha banda mantemos a solvencia a fortaleza financeira das contas municipais, e por outra reducimos o endebedamento”, apuntou Rodríguez. “Creo, non obstante, que o máis importante é que estamos investindo dunha maneira racional e eficiente os impostos dos cidadans, ao manter unha política inversora sen precedentes que, nun momento como o actual, compre o obxetivo

de dinamizar a actividade de empresas e sectores económicos fundamentais en Ourense como a construción”, subliñou. Rodríguez recordou tamén que o novo Plan non suporá “ningún custo adicional para o contribuinte nin ningún crédito adicional para o Concello”. Destino do Plan Especial O rexedor ourensán detallou que este novo Plan especial de Investimentos apuntala os tres piares da política municipal. En primeiro lugar, a política social, que volve reforzase “ainda máis” coa compra e remodelación dun novo edificio na zona das Lagoas, para as actividades da Unidade Interdisciplinaria de Intervención Social. En segundo lugar, a inversión productiva e de apoio a actividade económica e as empresas, que se concreta en actuacións de modenización da cidade, practicamente en todas as zonas. Entre elas, Francisco Rodríguez citou os proxectos de humanización nas rúas Remedios e Vázquez Núñez, con case 900 mil euros por parte da área de Infraestruturas; unha cantidade similar para a mellora de infraestruturas viarias na área deportiva das Eiroás e na construción dun novo pavillón en Mariñamansa por parte da área de Deportes. “Tamén reforzamos as actuacións no perímetro rural con novas inversións cifradas en 400 mil euros e seguimos apostando, con casi 300 mil euros por actuacións urxentes en marteria de turismo e termalismo”, continuou o alcalde. En canto á área de Medio Ambiente realizará, entre outras, obras de remodelación no Parque de San Lázaro, Parque Barbaña e Alameda de A Ponte. Un último destino destes fondos será a ampliación da rede Wifi, “o máis importante proxecto da implantación do Plan Municipal para á Sociedade da Información,

A voceira do BNG, Isabel Pérez, o alcalde, Francisco Rodríguez, e o concelleiro de Economía e Facenda, Agustín Fernández, presentaron o Plan Especial de Investimentos. xa próximo a entrar en servizo, que suporá unha moi importante de modernización administrativa e unha mellora sustantiva da xestión municipal e dos servicios os cidadans”, recalcou Rodríguez. Os fondos tamén servirán para equipar o Centro de Información á Muller, o edificio da praza da Imprenta que acollerá as dependencias de Facenda, para adaptar un local para a Policía Local no casco vello e para aumentar os fondos para o comedor sobre rodas e para os comedores escolares. O edil de Economía e Facenda, Agustín Fernández, concretou que o 84% dos seis millóns destinaranse a investimento productivo e o 16% a gasto social. Por último, a voceira do BNG, Isabel Pérez, insistiu en que o goberno municipal aposta polas políticas sociais, a dinamización dos investimentos productivos en épocas de crise, a xeración de emprego, a modernización de Ourense e o reequilibrio entre diferentes zonas e faino “en clave de cidade e de forma unitaria”.

Edificio da praza da Imprenta que acollerá as futuras dependencias da área de Economía e Facenda.

O Plan Especial de Investimentos non suporá ningún custo adicional para o contribuinte nin ningún crédito adicional para o Concello Dos seis millóns de euros deste Plan, o 84% destinarase a investimentos productivos e o 16% a gasto social O Plan Especial de Investimentos financiarase a través dunha modificación de créditos que se levará a aprobación na vindeira sesión plenaria de outubro As cifras ratifican este Goberno municipal como o máis inversor da historia de Ourense en termos absolutos


16

Ourense por BARRIOS Setembro de 2010

CIDADE

Persoal de Protección Civil xunto ao alcalde, o concelleiro de Seguridade, a concelleira de Cultura e o director de Relacións Institucionais de Caixanova, posan coa nova ambulancia/IÑAKI OSORIO,

Protección Civil recibe de Caixanova unha ambulancia

4 Grazas a un convenio entre o Concello e a caixa de aforros Redacción O servizo de Protección Civil de Ourense vén de recibir de Caixanova unha moderna ambulancia que atenderá as necesidades asistenciais das persoas que residen no termo municipal. Cun custo de 55.000 euros, a nova ambulancia vén substituir a outra, tamén entregada no seu día pola caixa de aforros e que este ano, en atención á lexislación vixente, deixaba de ser apta para este tipo de actividade. O vehículo entregado é un furgón Volkswagen Craf-

ter de 136 CV, totalmente adaptado como ambulancia asistencial-medicalizable. Protección Civil de Ourense dispón en total de dous vehículos deste tipo. Protección Civil é un servizo público coordinado polo Concello e levado a cabo por un grupo de cidadáns de forma voluntaria e altruísta. Son máis de 100 voluntarios que foron formados e están preparados para dar unha resposta inmediata a calquera eventualidade de tipo social, institucional, cultural, deportiva e asistencial que teña lugar no termo municipal. Na entrega do vehículo, o

alcalde, Francisco Rodríguez, agradeceu á entidade financieira “ter financiado este vehículo moderno de última xeneración, útil, necesario e importante para prestar un servizo esencial aos cidadáns”. Por parte da caixa indicaron que “a continuidade este tipo de colaboracións mostra o empeño de Caixanova en mellorar a calidade asistencial da nosa comunidade a todos os niveis”. Ao acto asistiron o director de Relacións Institucionais de Caixanova, Amadeo Rodríguez Piñeiro, e o edil de Seguridade Cidadá, Fernando Varela.

Fidelia está en avenida de Portugal, 10

publiinformación

¿Le toca ser presidente de su Comunidad de Propietarios?

Confíe la administración de su Comunidad a Fidelia Xestión. Si quiere disfrutar de la mayor transparencia y eficacia, confíe la administración de su Comunidad a Fidelia Xestión. Nos encargamos de darle todo el servicio que cada Comunidad de Propietarios precisa. Nos avala nuestra gran experiencia y asesoramiento técnico de profesionales con más de 30 años de experiencia. Fidelia Xestión ofrece un servicio integral para su comunidad: administración, realización de gestiones administrativas

y tramitación de ayudas y subvenciones. Aproveche ahora nuestra oferta exclusiva para Comunidades de Propietarios por el que realizamos un análisis de gastos y estudio de ahorro energético GRATUITO para que el coste de su comunidad sea el más bajo posible. Nuestra oficina técnica

cuenta con profesionales que le darán solución y asesoramiento técnico para cada problema que ocurra a sus instalaciones y mantenimientos: fontanería, calefacción y electricidad. Infórmese sin compromiso en el 988 611 815 o visite nuestras oficinas. [+ info en www.fidelia.es]

En Fidelia Xestión realizamos un análisis de gastos y estudio de ahorro energético gratuito para que el coste de su comunidad sea el más bajo posible


PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Setembro de 2010

17


18

Ourense por BARRIOS Setembro de 2010

ECONOMÍA

A economía galega medrou un 0,4% no segundo trimestre

Pérez Bouza denuncia a inexecución de partidas orzamentarias

4 Con este aumento o PIB galego acumula medio ano á alza. Redacción A economía galega creceu un 0,4% no segundo trimestre de 2010 en relación ao primeiro deste exercico, o dobre que a española, que rexistrou nese período un incremento do 0,2%, segundo os datos do Instituto Galego de Estatística (IGE). Este é o segundo aumento intertrimestral do Produto Interior Bruto (PIB) autonómico consecutivo, co que a economía galega acumula medio ano á alza. Ademais, abandona tamén taxas interanuais negativas, logo de seis trimestres consecutivos de caídas e dun descenso do 1,3% no primeiro trimestre de 2010. Demanda Pese a que o gasto en consumo final caeu un 0,9%,

este descenso foi catro décimas inferior ao rexistrado no trimestre anterior. En canto ao consumo final dos fogares, decreceu un 1,3%, cinco décimas menos que entre xaneiro e marzo. A debilidade deste agregado reside no deterioro experimentado polo mercado de traballo no último ano e medio. Oferta Dende a perspectiva da oferta, no segundo trimestre de 2010, os crecementos interanuais son positivos nas ramas industriais e nos servizos de mercado, este últimos acadan unha taxa positiva logo de catro trimestres consecutivos de descensos. Polo contrario, os servizos non de mercado rexistran unha caída tras presentar unhas altas taxas de crecemento en trimestres

anteriores. A construción continúa cun elevado descenso respecto ao último ano e nas ramas agraria e pesqueira obsérvase un leve retroceso. Emprego O emprego, medido en termos de postos de traballo equivalentes a tempo completo, decreceu no primeiro trimestre deste ano un 3,1%, o que supuxo a destrución de 35.551 postos de traballo equivalentes nun ano. Atendendo ás ramas de actividade, cómpre destacar que o comportamento é mellor en todas en relación ao primeiro trimestre do ano. Previsión de crecemento A Consellería de Facenda, tendo en conta a evolución do exercicio, agarda poder mellorar de maneira

4 Asegura que 150 millóns quedarán sen executar. P. Lodeiro Marta Currás, conselleira de Facenda./XUNTA. significativa a actual previsión de comportamento do PIB para o conxunto do ano, que está no -0,3%. A cifra definitiva farase pública no mes de outubro con ocasión da presentación dos orzamentos para o vindeiro ano, así como a estimación de crecemento do PIB para 2011. O departamento que dirixe Marta Fernández Currás apostou desde o primeiro momento por fixar unhas previsións de crecemento realistas e prudentes, que foi actualizando cando foi necesario.

O BNG pedirá explicacións no Senado á ministra de Economía, Elena Salgado, de “por que ano tras ano se consignan nos orzamentos unhas cantidades (para Ourense) que se sabe de antemán que non se van poder executar”, afirmou o senador Xosé Manuel Pérez Bouza. O senador pon o exemplo da estación depuradora, o edificio do Banco de España, o claustro de San Francisco destinado a Biblioteca e sede do Arquivo, a nova sede da Confederación Hidrográfica Miño-Sil ou a liña de AVE LubiánOurense “nos cales non se vai investir nin un só euro”.

Cos datos que posúe, Pérez Bouza asegura que o nivel de execución vai ser “extremadamente baixo” situándose entre o 60 e o 70%, e que dos 426 millóns presupostados este ano nas contas do Estado para Ourense “podemos afirmar sen temor a equivocarnos que cando menos 150 millóns de euros van quedar sen executar”. “Engano á cidadanía” Desde o Bloque denuncian que a situación “non é nova” e xa motivara o rexeitamento desta formación aos orzamentos de 2010. “Consideramos que isto é un engano á cidadanía de Ourense por parte do Goberno central que ademais fai con premeditación”, recalca.


SOCIEDADE

Aberta a matrícula da Universidade Popular Redacción

1.800 persoas maiores de 16 anos poderán inscribirse este curso nalgunha das 70 actividades que oferta o Concello a través da Universidade Popular. Desde cociña (o máis demandado) a informática, pasando por idiomas, pilates, primeiros auxilios, obradoiros de cestería ou pintura e así ata sumar os 70 cursos deste ano, no que a oferta se amplía con respecto ao anterior en 10 actividades máis. A

Semana da lactancia materna Redacción

Dar a coñecer os beneficios da lactancia materna para nais e bebés e normalizar esta práctica é un dos obxectivos da Concellería de Sanidade durante todo o ano, pero se cabe máis durante a Semana Mundial da Lactancia, que se conmemora estes días baixo o lema “10 pasos para a lactancia materna exitosa”. “Se queremos o mellor para os nosos nenos non hai mellor forma que empezar coa lactancia materna”, afirma a técnica municipal Yolanda Colmenero, que atribúe á falta de información o feito de que aos tres meses só un 50% das nais dea o peito ao seu bebé e aos seis meses se convirta nunha práctica es-

concelleira de Educación, Ana Garrido, destacou os cursos que ensinan coñecementos que se poden aplicar no traballo, com técnico en prevención de riscos laborais ou manipulador de alimentos. O prazo de matrícula iníciase o 1 de outubro e permanecerá aberto ata o día 29. Cada curso custa 33 euros e cada alumno pode inscribirse nun máximo de catro. A formación impartiranse en distintos barrios da cidade en distintos momentos do ano, en horarios de mañá e tarde. [+ info: Concellería de Educación, 988 510 802]

porádica “e non digamos ao ano ou dous anos como recomenda a OMS”. Entre as actividades previstas está unha sesión pública de aleitamento na tarde do 1 de outubro na explanada das Burgas, e o III Circuito de Gateo para bebés na mañá do día 2 no mesmo lugar. Ademais, haberá unha exposición fotográfica dos traballos presentados ao 2º Concurso de Lactancia (máis de 250 imaxes), que se poderá ver na rúa do Paseo durante todo o mes de outubro; e unha mostra de poemas visuais ,“Lactographies”, no centro comercial Ponte Vella. Tamén comezan estas datas obradoiros de ioga para embarazadas e de masaxe para bebés, para os que é preciso inscrición previa. [+ info: Concellería de Sanidade, 988 510 622]

Ourense por BARRIOS Setembro de 2010

19

EN BREVE

4 Caja España apoia a Fundación Juan Soñador

Á dereita, a conselleira Beatriz Mato, xunto a outras autoridades, na casa-fogar Berce “Os Cativos”.

Mato inaugura unha casafamilia para oito menores

4 Súmanse ás 125 prazas para menores que había xa na capital ourensá. Redacción A cidade suma un novo recurso asistencial para a protección de menores Trátase da casa-fogar Berce ‘Os cativos’ Fundación SEUR, unha vivenda familiar de oito prazas para persoas de entre 0 a 18 anos, que foi inaugurada pola conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato. “O centro axudará ao coidado e desenvolvemento dos nenos e nenas que vivan nel e por iso alí recibirán da man de profesionais a atención e o cariño que precisen”,

indicou Mato, quen agradeceu á Fundación SEUR a súa implicación económica neste proxecto. As novas instalacións, tal e como explicou a conselleira, inscríbense no “apoio firme” da Xunta á protección de menores e en habilitar recursos para mellorar a súa calidade de vida, tanto en políticas de prevención, promoción de acollemento familiar e no reforzo da rede de centros residenciais e de atención de día”. En Ourense, as novas oito prazas específicas para menores inauguradas hoxe súmanse ás 125 que xa existían neste concello.

Desta maneira, Ourense dispón na actualidade de 97 prazas de internamento e 36 de atención de día específicas para menores. “É esencial traballar na prevención e no ámbito familiar para evitar o desamparo e promover ao máximo a convivencia dos menores no seu entorno”, resaltou Mato. Neste sentido, indicou que a prevención é “un dos eixos prioritarios” da Xunta en materia de menores, así como a sensibilización social, unhas actuacións que, segundo lembrou, recolle o Plan de Actuación Social 2010-2013.

A Obra Social de Caja España destinará 45.800 euros ao programa de actividades socio-asistenciais 2010 para infancia e xuventude, desenvolvido pola Fundación Juan Soñador, grazas á firma dun convenio entre ambas entidades. Juan Soñador é un organismo, con presenza en Ourense, nacido para dar respostas sociais e educativas a colectivos en situación de risco e exclusión social, especialmente os máis novos.

4 Piden á Xunta mediación no conflicto en Monteledo O grupo parlamentar do BNG levará ao Parlamento o conflicto laboral do centro de menores Monteledo, co obxecto de instar á Xunta a que inste á Fundación que o xestiona a adoptar as medidas necesarias para cumprir coas condicións polas que se lle permitiu a dita xestión. Neste sentido, a iniciativa rexistrada pola parlamentar reclama o mantemento do cadro de persoal e garantías sobre as condicións laborais deses traballadores. A Fundación que xestiona o centro recibe da Xunta 2,4 millóns de euros ao ano para facer fronte aos seus gastos de funcionamento.


20

Ourense por BARRIOS Setembro de 2010

As IV Xornadas de Familia abordarán a problemática propia da adolescencia

A Concellería de Sanidade organiza estas xornadas que se desenvolverán os días 20 e 21 de outubro no Auditorio. A temática relacionada co adolescente de hoxe centrará as cuartas Xornadas de Familia “Adolescencia, familia e sociedade” que organiza a Concellería de Sanidade os próximos días 20 e 21 de outubro. De que maneira os pais e profesionais se sitúan ante os adolecentes? Cales son os sentimentos e emocións que presentan os adolescentes? Como serán os novos modos de pensar e aprender? Son algúns dos interrogantes aos que se intentará dar conta nestas xornadas, que se artellaron tematicamente en tres áreas: a

adolescencia do presente, o adolescente do futuro; o consumo como xerador de risco; e os novos modelos de comunicación. Estas xornadas van dirixidas a proxenitores, profesorado, educadores estudantes relacionados coa educación e a saúde. Desenvolveranse no Auditorio Municipal os días 20 e 21 de outubro en horario de tarde e a inscrición é gratuita e pode realizarse ata o día 15. Os participantes recibirán certificados de asistencia; ao alumnado da Facultade de Ciencias de Educación de Ourense recoñecéranselle 10

horas. A actividade conta tamén co recoñecemento de interese sanitario da Consellería de Sanidade. Programa Os relatorios comezan o día 20 ás 17 horas coa intervención da psicóloga Ana Isabel Sanz, coñecida por conducir o programa SOS Adolescentes, que falará sobre “A adolescencia hoxe. o seu valor e o seu perigo”. A continuación haberá dúas meseas de exposicións; a primeira delas coa psicóloga Rosa Rodríguez que abordará o tema “Medrar na sociedade do consumo: imitación ou necesi-

dade?” e o psiquiatra Gerardo Florez que tratará sobre “Ocio e diversión: do consumo á dependencia”. Na segunda das mesas intervirán a psicóloga clínica Encarnación Sueiro co tema “Adolescencia e sexualidade: atractivos e medos”, e David Llorente, xefe provincial de Tráfico, que falará sobre “Comportamento viario: previr mellor que prohibir”. A xornada do xoves 21 de outubro comezará cunha mesa de exposicións a cargo do sarxento Guillermo Díaz e do garda civil da Policía Xudicial de Ourense, Alfonso

Limia. Ambos disertarán sobre “Novas formas de relación: do real ao virtual”. De xeito paralelo a organización preparou un encontro de adolescentes que darán a coñecer as súas conclusións ao remate. Sobre as súas palabras reflexionarán o profesor José Manuel Domínguez e a nai Dolores Serrano, coordinados pola psicóloga Isabel Sanz. A xornada continuará coa temática “Estratexias

educativas de apoio” da que falarán a coordinadora de educación viaria de Ourense Dosinda Aguiar e a técnica de prevención e educación familiar do Concello Mª Luisa Rodríguez. O relatorio de clausura correrá a cargo do catedrático de psicoloxía Gonzalo Musito, baixo o título “A adolescencia do presente, os adolescentes do futuro. Como serán os novos modos de pensar e aprender?

A adolescencia do presente, o consumo como xerador de risco ou os novos modelos de comunicación son algúns dos temas que se tratarán nas xornadas


SOCIEDADE

Un obradoiro de danza, novidade das propostas do campus para o 1º cuadrimestre 4 O prazo de inscrición ábrese o 4 de outubro. Redacción

19 horas.

O campus de Ourense propón 13 obradoiros distintos para o primeiro cuadrimestre do curso universario. Como novidade destaca o obradoiro de danza, unha proposta que combinará “entrenamento e creación, orientado á facer unha peza escénica”, explica Begoña Cuquejo, integrante da compañía de danza Traspediante, que será a encargada de impartir o obradoiro. Cuquejo explica que o taller vai dirixido a persoas ás que lles guste a danza, teñan ou non coñecementos previos sobre a materia, e nel ensinaranse exercicios básicos e investigarase sobre a linguaxe do movemento. O obradoiro de danza dispón de 15 prazas e impartirase martes e xoves de 17 a

Outras actividades O apartado cultural do campus universitario ourensán para este primeiro cuadrimestre complétase coa Aula de Teatro (catro niveis) e os cursos de gaita e pandeireta, supervivencia e técnicas de escalada e rappel, risoterapia, protocolo social, contacontos, cultura exipcia e iniciación á curtametraxe. Tamén poden optar tamén aos cursos de “Descubrindo Linux”, poesía, voluntariado ou Prevención de riscos laborais. Todas as actividades están abertas tanto á comunidade universitaria como ao público en xeral e a matrícula realízase entre o 4 e o 15 de outubro. [+ info no 988 387 313 ou nas oficinas do Rexistro ou no L.E.R.D. ]

Ourense por BARRIOS Setembro de 2010

Non deixe aos seus fillos sen lingua

ITC-Idiomas, 25 anos ensinando inglés aos ourensáns Redacción

O obradoiro de danza estará orienado á creación dunha peza escénica. /TRASPEDIANTE.

21

Preto de 4.000 alumnos levan pasado pola academia de idiomas ITCIdiomas desde o seu nacemento hai case 25 anos (cumpliraos en 2011). O éxito desta academia, unha das máis veteráns en Ourense, ten que ver coa seriedade na ensinanza, a metodoloxía e o material (de produción propia) que se emprega, e sobre todo, co nivel, a capacidade e a formación do profesorado. Neste centro, situado na rúa Ervedelo, imparten clases de inglés, alemán e francés, tanto para menores (a partir dos 4 anos) como para adultos. O habitual é recibir tres horas á semana (en dous

ou tres días), aínda que en casos especiais este horario pode ampliarse. Dispoñen de cursos de preparación dos exames de Cambridge, e outros destinados a profesores, profesionais, cursos técnicos e de correspondencia comercial. “Temos cursos moi especiais para adultos onde facemos desaparecer eses conceptos de dificultade dos adultos e lles ensinamos a descubrir todas as posibilidades”, indican desde ITC, onde negan que sexa máis complicado aprender o inglés de maior. “Os adultos teñen máis facilidade porque teñen a capacidade dun maior relacionamento coa súa lingua materna e por tanto mellor aproveitamento. Só falta descubrilo”. [+ info: 988 24 71 13]


22

Ourense por BARRIOS Setembro de 2010

SOCIEDADE

Xa está dispoñible o talonario de outono de Ponte Vella

4 Inclúe cheques canxeables nos establecementos do centro comercial que se sumaron á promoción. Redacción Tras o éxito do talonario editado na promoción de primavera, o centro comercial Ponte Vella lanza unha nova campaña promocional para os seus clientes, denominada “Talonario Outono” que estará en vigor desde o 1 de outubro até o 30 de novembro. No talonario inclúense cheques canxeables nos 24 establecementos que se sumaron á iniciativa para cubrir as necesidades do consumidor. Grandes e atractivas ofertas volven ser as que acheguen os comerciantes adheridos á promoción, dos sectores alimentación, roupa, calzado e complementos, restauración e varios, con descontos de entre o 10 e o 30% e interesantes promocións. Tamén participa neste talonario as termas de Outariz, A Chavasqueira e Prexiguiero, con descontos de ata o 40%. A promoción “Talonario Outono” preséntase nun formato fácil de manexar por parte do cliente, que simplemente ten que ir recortando os talóns dos establecementos nos que vaia realizar unha compra. Esta nova acción de Ponte Vella pretende fortalecer as compras no centro comercioal durante os meses de outubro e novembro, trala “volta ao cole” e xusto antes da campaña do Nadal. A cantidade total de aforro, se o cliente chega a facer uso de todo o talonario de cheques dos establecementos involucrados na campaña

Expertos debatirán no campus sobre medio ambiente e dereito ambiental

4Do 18 ao 22 de outubro, nas IV Xornadas de Medio Ambiente e Dereito Ambiental de Galicia que organiza a asociación SYME. Redacción

Cativos nos inchables da película “Monstros contra alieníxenas” en Ponte Vella, coincidindo coa celebración do 9º aniversario do centro comercial./PV. sería dun importe superior aos 1.500 euros. Editáronse un total de 40.000 talonarios para ser distribuídos mediante reparto directa na cidade e diferentes localidades da comarca, eventos deportivos e no propio centro. Sorteos Doutra banda, nesta edición celebraranse dous sorteos, un entre os clientes que depositen os seus datos na urna situada no punto de información de Ponte Vella, circuítos termais e tratamentos como: chocolaterapia, vinoterapia ou masaxe zen, e doutra banda sortearanse 600 euros de compras para gastar nos establecementos adheridos á promoción, entre os clientes que depositen a súa papeleta no local de Sol Park.

24 locais sumáronse a esta promoción

9º aniversario A actividade no centro comercial Ponte Vella multiplícase estas datas, coincidindo co noveno aniversario da área comercial. Ata o 2 de outubro, os cativos teñen unha cita ineludible no “Espazo Inchable” (na planta baixa), dedicado ao xogo e baseado na película de “Monstros contra Alieníxenas”, as visitas de Bob, o personaxe xelatinoso e indestructible do filme, a “Zona Laboratorio” e os obradoiros infantís (planta alta). Ademais, Ponte Vella ampliou ata o 23 de outubro o prazo para participar no sorteo de cinco fins de semana na Ribeira Sacra. Poderán participar todos os clientes que realicen unha compra superior a 15 euros e cubran unha papeleta cos seus datos e depositándoa na urna situada no Punto de Información.

A asociación medioambiental SYME organiza do 18 ao 22 de outubro na Facultade de Ciencias as IV Xornadas de Medio Ambiente de Dereito Ambiental de Galicia. Expertos debatirán durante unha semana sobre temas como o medio ambiente e os espazos naturais protexidos, o control e a xestión ambiental, a auga, a educación sostible e o desenvolvemento. Intervirán, entre outros,

os concelleiros de Medio Ambiente de Ourense e de Allariz, o subdirector Xeral de Espazos Naturais e Biodiversidade, un representante do Parque Natural Peneda-Gêres, a directora da oficina española de Cambio Climático, o fiscal xefe de Ourense, o presidente da Audiencia Provincial, o fiscal de Sala Coordinador de Medio Ambiente e Urbanismo do Tribunal Supremo, así como profesores universitarios, representantes de empresas e diferentes cargos do Concello de

Ourense, a Deputación, a Confederación Hidrográfica e a Xunta. Abrirá as xornadas o luns 18 o conselleiro do Medio Rural e o reitor da Universidade de Vigo e pecharaas o venres 22 o conselleiro de Educación. As xornadas son validables con dous creditos de libre elección e puntuables para oposicións da Consellería de Educación; tamén está solicitado un crédito ECTS. O prazo de matrícula remata o día 15. [+ info:www.syme.es]

No centro Jorge E.Bóveda, xunto a Javier González e José A. Santos do Circulo Poético Ourensano, na presentación do seu libro “A vila das ánimas”, na librería Duen de Bux de Ourense. /PAULA LODEIRO.

“A vila das ánimas”

“A vila das ánimas” é o título da última novela en galego do escritor ourensán Jorge Emilio Bóveda, colaborador de Ourense por Barrios. Publicada pola editorial Toxosoutos, a obra narra a historia de Xan Ferreira ou John Smith, quen regresa á súa aldea natal, Quintela, nese momento a trama “costumista” deriva nunha trama fantástica “ou non”, apostila o autor. Bóveda, que considera a literatura “como un xeito de expresar as ideas propias”, avisa: “o que busque na novela “unha evasión pura e dura vaise sentir defraudado, é literatura máis fonda”, na que aborda temas como a angustia existencial, o paso do tempo inexorable ou o abandono do mundo rural.


OCIO E CULTURA

Do 1 ao 9 de outubro

EN BREVE

120 obras competirán na sección oficial do OUFF

4 Semana da Literatura Histórica

4 O filme “18 comidas” do galego Jorge Coira inaugurará o Festival de Cine de Ourense. Paula Lodeiro O Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF) exhibirá, do 1 ao 9 de outubro, preto de 200 películas do mellor e máis innovador cine independente actual. O filme de produción galega “18 comidas”, de Jorge Coira, será o encargado de abrir o certame, que, durante nove xornadas, converterá a Ourense en capital cinematográfica. Na sección oficial, 11 longametraxes, 11 documentais, 35 curtametraxes de ficción, 4 longametraxes e 33 curtas animadas, e 26 traballos englobados na categoría de novos media. “Películas que son absolutos descubrimentos, innovadoras e peturbadoras”, definiunas o director do festival, Enrique Nicanor, quen tamén resaltou o difiícil da selección, xa que se presentaron preto de 1.800 traballos. 15º aniversario A organización escolleu como lema deste ano “Celebrando 15 anos de Festival, 25 de CRTVG e 150 de Rabindranath Tagore”, e así, presentará un ciclo de cinco tv-movies coproducidas pola CRTVG

A directora da TVG, a edil de Cultura e o director do OUFF soplan as velas do 15º aniversario do certame/P.L. -algunhas delas pre-estrease outro ciclo dedicado ao Nóbel bengalí. Continuarán ciclos clásicos como os de Panorama Galiza, Made in Ourense ou Perlas, e aparecen outros novos como o Ciclo Xacobeo, para celebrar este Ano Santo, ou o Ciclo Fantasporto invade Ourense. Non faltará tampouco unha homenaxe ao actor ourensán Abelardo Pérez Gabriel, que faleceu hai uns meses. Para as proxeccións habilitaranse 10 salas (5 dos Cinebox, o Edificio Simeón, o Teatro Principal e as tres sa-

las do Auditorio) e o punto de encontro con público, profesionais e prensa estará ubicado no Centro Cultural da Deputación. O OUFF contará este ano “un orzamento contido” de preto de 500.000 euros, unha cantidade que, en opinión de Isabel Pérez, concelleira de Cultura e presidenta do Consorcio para o Festival de Cine, “servirá para que esta celebración non pase desapercibida, dada a importancia que é manterse en cartel 15 anos despois”. [+ info: www.ouff.org]

Durante 9 días poderán verse 200 filmes do mellor e máis innovador cinema independente actual

Auria, a Semana da Literatura Histórica que se vai celebrar do 10 ao 17 de outubro en Ourense aposta pola participación dos lectores. Así, os seguidores do xénero serán os encargados de escoller a galardoada como I Novela Inmortal que será homenaxeada cun monolito na Praza Bispo Cesáreo da cidade, o domingo de clausura de Auria. A Semana da Literatura Histórica é unha iniciativa con vocación de continuidade incluida na programación do Xacobeo 2010 e que ten por obxectivos divulgar o xénero de literatura histórica e as súas novidades máis importantes, dar a coñecer ao público aos autores máis prestixiosos e descubrir os novos valores, analizar o fenómeno de captación de lectores que xerou o xénero na última década e estableceren debates entre historia e literatura. Está confirmada a asistencia de autores como Manolo Rivas, Alberto Vázquez-Figueroa, César Vidal, Carlos Reigosa ou Xosé Carlos Caneiro.

4 Arranca a III tempada do ciclo Sen Batuta A actuación do grupo Ensemble s21 deu comezo á terceira tempada do

Ourense por BARRIOS Setembro de 2010

ciclo de música de cámara Sen Batuta, que comeza así a súa terceira tempada, que se prolongará ata o mes de xuño. O ciclo é a única tempada regular de música de cámara en Galicia e traerá a Ourense, ao Paraninfo do Instituto Otero Pedrayo de Ourense e ao Auditorio Municipal a artistas e conxuntos de recoñecida calidade, como o Hilliard Ensemble, a Valentín Erben ou a Phillippe Graffin. Todos os concertos serán no Otero Pedrayo, excepto o de xaneiro, a cargo de Odaiko, que será no Auditorio e será tamén o único que non se celebre o primeiro xoves de mes, se non o segundo. Os concertos, que comezarán ás 20:30 horas, estarán precedidos dunha charla-coloquio a partir das 19:30 horas. A próxima cita é con Arctia Piano Trío, o 7 de outubro. [+ info:www.senbatuta.com]

4 Programacións culturais de Caixanova e do Principal Caixanova presentou o seu programa cultural para o último cuadrimestre do ano en Ourense, no que destacan as exposicións e as propostas no ámbito da música, o teatro, a lírica e a danza, programados para un amplo abano de idades e gustos estéticos. No apartado expositivo, o Centro Social da entida-

23

de financeira acollerá tres exhibicións de calidade contrastada, a primeira delas, “A cidade do infinito. Viaxe á Fundación Vicente Ferrer”, que estará aberta ao público até o 10 de outubro. Polo Auditorio pasarán o teatro de Els Joglars, o concerto da Helsinqui Baroque Orchestra, o Ballet da Ópera Nacional de Kiev e a música de Carlos Núñez, Pola súa banda, a programación do Teatro Principal inclúe ata final de ano o FITO (Festival Internacional de Teatro de Ourense) o Festival de Blues, e outras propostas de teatro, zarzuela, concertos e cabaret. [+info: www.teatroprincipalourense.com]

4 Xornadas de Banda Deseñada Do 1 ao 17 de outubro Ourense convertirase en capital do cómic grazas ás Xornadas de Banda Deseñada, que chegan á súa vixésimo segunda edición. Haberá exposicións de Pablo Auladell, Clara Tanit-Arqué, Manuel Bartual, Joao Facenda ou Dani Montero, cinco coñecidos e galardoados autores; a mostra do “Certame de Cómic e Ilustración Injuve 2009” e unha sección dedicada á proxección en pantalla grande de filmes relacionados coa banda deseñada. E entregaranse os premios do certame “Xuventude Crea 2010” e do Premio Ourense de Banda Deseñada.


24

Ourense por BARRIOS Setembro de 2010

OCIO E CULTURA

Suave é a noite

4 O grupo ourensán deleitou a case 10.000 entregados fans no seu concerto do 18 de setembro. Travis Hacket

A compenetración de Leonard Cohen cos seus músicos foi perfecta./IÑAKI OSORIO.

Leonard Cohen agasalla aos espectadores ourensáns un concerto inesquecible P.Lodeiro / T.Hacket Preto de 4.000 persoas gardarán na súa memoria unha data e un lugar: a noite do pasado 12 de setembro e o pavillón Paco Paz de Ourense, na que gozaron dun concerto único e irrepetible. Ante un público entregado desde o principio, Leonard Cohen demostrou que, aos seus case 76 anos, segue a estar no seu mellor momento. O son era perfecto; o escenario, sobrio e sen artificios e cun xogo de luces moi elegante; e os músicos, impecables, como o propio Cohen, vestidosde traxe negro e co seu característico

sombreiro. Nun longo concerto de tres horas (con descanso incluido), o cantante canadiense desgranou os seus grandes éxitos, cancións como Suzanne, Bird on the wire, I’m your man, First we take Manhattan, Dance me to the end of love ou Hallelujah. Se a unha banda de músicos virtuosos e perfectamente compenetrada úneslle unhas coristas en estado de gracia e o feito de que o cantante sexa unha lenda, con todo o carisma e experiencia e a obra de Leonard Cohen, o resultado en directo non podía ser menos que fascinante.

Nalgúns momentos a serena declamación do poeta canadiense deixou paso a cancións cheas de ritmo nas que os espectadores rompían a aplaudir (a algúns incluso entrábanlles ganas de porse a bailar), como en Closing Times ou There ain’t no cure for love. Con continuos guiños ao público e aos seus músicos, Leonard Cohen estábao a pasar ben enriba do escenario, do que entraba e saía con pequenas carreiras, e por iso agasallou aos asistentes un longo bis de máis de seis cancións. Parecía como se a noite non fose rematar nunca.

Para a gravación en directo do seu novo disco, o número 18, un dobre CD con DVD en formato libro, Los Suaves escolleron a súa terra, Ourense. O día anterior o Concello rendéralles honras entregándolles a medalla de ouro da cidade, cidade cuxo nome é coñecido por moitos fóra de Galicia precisamente grazas ao grupo formado fai xa case tres décadas polos irmáns Yosi e Charly Domínguez Dicir que esta banda é xa lendaria non constitúe unha esaxeración, é moi difícil ver, nas horas previas ao concerto dun grupo de rock español, que se conten por centos as persoas que, xa desde a mañá, pululan pola cidade onde vai ter lugar o espectáculo lucindo as súas camisetas co emblema da banda. Situado na porta do recinto de Expourense puiden observar a reacción da xente que ía entrando para asistir ao concerto e fixarme nas súas reaccións e na expresión dos seus rostros, xente vinda de toda España, cincuentóns coas súas camisetas co emblema do gato e un sorriso que lles quitaba trinta anos de enriba en canto divisaban o escenario adornado para a ocasión con bandeirolas e

Yosi, cantante e líder de Los Suaves, no concerto./RAMSÉS. pantallas de vídeo; adolescentes que non naceran cando Los Suaves telonearon aos Ramones, corria o ano 1981; entre ambos os grupos, mozos e mozas de todas as idades ían enchendo o recinto sen poder ocultar a súa satisfacción por estar alí. Despois dunha escollida overtura de música clásica, a banda saíu ao escenario, Yosi lanzou a primeira arenga ao público, que respondeu entusiasmado, e comezaron a descargar os seus temas, “Preparados para el rock and roll”, “Cuando los sueños se van”, “San Francisco Express”, “Palabras para Julia”, “Adios, adios, Judas”, “Esa noche teu perdi” e moitas outras, incluídos os himnos “Siempre Igual2 (unha das mellores cancións da historia do rock español), ou “Dolores se llamaba Lola”, que souberon a pouco. Non podo deixar de comentar

que fai trinta anos, Moncho, o que foi o seu primeiro guitarrista lucía no ombreiro da súa chaqueta de coiro o emblema de Thin Lizzy, tanto tempo despois, nesa noite de Ourense Los Suaves tocaron o tema “¿Sabes? ¡Phil Lynott murió!”, que versa sobre o mítico baixista da banda irlandesa. Quizá una das razóns do éxito de Los Suaves sexa que Yosi, un amante irredento da literatura, transmite coas súas letras sensacións e pensamentos de gran profundidade social e existencial e faino a través do tamiz do rock, co que consegue que as súas historias cheguen a moita xente, e que os rapaces que escoitan e corean a súa música leven dentro esa sensibilidade; “o rock é triste, igual que a vida2, dixo Yosi desde o escenario, pero dicíao cun entrañable sorriso.


PUBLICIDADE

Francisco José Gómez, director de Academia Proxecto

palabra CALIDAD, ¿pero en qué consiste? F.J.G.: “Para nosotros calidad no solo es tener implantada la normativa ISO 9001, o ser Centro/Entidade Colaboradora de la Xunta de Galicia e impartir diferentes cursos del programa AFD, sino que calidad es que nuestros formadores conozcan y sepan transmitir aquellos conocimientos que el alumno necesita, para formarse o para aprobar una oposición, calidad es trabajar con temarios propios, actualizados continuamente y adaptados a los exámenes de las últimas convocatorias, calidad es realizar una gran cantidad de exámenes, test y simulacros de examen, calidad es utilizar medios tecnológicos que faciliten el aprendizaje, calidad es dar al alumno un buen trato. Si cada vez hay menos trabajo y las ofertas de empleo público son menos numerosas, es imprescindible una excelente preparación y pensar que solo “aprobarán” los mejores”. ¿Objetivos para este año? F.J.G.: “Sin descuidar todo lo comentado, nuestros obje-

25

Manuel Pardo Cid, coordinador de la sección de Justicia de Academia Proxecto:

“Es imprescindible una excelente preparación y pensar que solo ‘aprobarán’ los mejores” Un año más, ACADEMIA PROXECTO continúa su actividad impartiendo formación a sus alumnos, devolviéndoles con profesorado altamente cualificado, temarios propios, atención personalizada y precios competitivos la confianza depositada en este centro educativo. ¿Cómo se presenta este nuevo curso académico? F.J.G.: “Como cada año, Academia Proxecto intenta mejorar aun más la calidad y cantidad de su oferta formativa. A pesar estar plenamente consolidados y ser un centro de referencia en la preparación de oposiciones al cuerpo de MAESTROS (en la mayoría de sus especialidades), al MINISTERIO DE JUSTICIA, AYUDANTE DE INSTITUCIONES PENITENCIARIAS, XUNTA DE GALICIA, COMUNIDAD DE MADRID, CASTILLA LA MANCHA… nuestro objetivo es seguir creciendo en nuestra oferta formativa, dentro de nuestra propuesta metodológica, que tan buenos resultados nos está aportando”. Entre vuestros principios, siempre aparece la

Ourense por BARRIOS Setembro de 2010

“La mentalidad del opositor ha de ser de superación y competitividad”

Francisco J. Gómez, director de Academia Proxecto. tivos para este nuevo “curso” son, por un lado, prepararnos para el inminente cambio en las oposiciones de MAGISTERIO (una de nuestras oposiciones consolidadas) donde el aumento de temas y la inclusión de un examen de Supuestos, destacará aun más la capacitación de nuestros preparadores. Y por otro lado, la posible oferta del Sergas, tanto en personal sanitario como no sanitario hace que ya estemos preparando la próxima apertura de nuevos grupos”.

Nuestra oferta en la preparación de oposiciones a MAGISTERIO, MINISTERIO DE JUSTICIA, AYUDANTE DE INSTITUCIONES PENITENCIARIAS, XUNTA DE GALICIA, COMUNIDAD DE MADRID, CASTILLA LA MANCHA… se verá completada con la apertura de nuevos grupos para SERGAS

Academia Proxecto destaca por los excelentes resultados obtenidos en diferentes oposiciones, incluidas las del Ministerio de Justicia. Manuel Pardo: “Quiero señalar, en primer lugar, mi felicitación al equipo de colaboradores del Centro y sobre todo a nuestros alumnos, los cuales con su dedicación, cariño y esfuerzo consiguieron un resultado magnifico. Hemos conseguido un total de 43 aprobados, con muy buenos puestos en el listado de calificación (el num. 1 de Auxilio, el num. 1 de Gestión (promoción interna), el núm. 5 de tramitación, el num. 3 de Gestión (turno libre). Dos de ellos aprobaron las oposiciones para los tres cuerpos, y ocho de ellos aprobaron para dos de los cuerpos”. ¿Cuál es el secreto de vuestro éxito? M.P.:“No hay ningún secreto en especial, sólo una gran dedicación y un trabajo constante. Nosotros, continuando con la metodología de trabajo del centro en el resto de oposiciones, nos encargamos de la elaboración del temario y del material de estudio. La

explicación de la materia la realizamos con el apoyo de las nuevas tecnologías, con proyección de esquemas, que faciliten al alumno la comprensión de la materia para una mejor asimilación. Realizamos, desde el inicio de la preparación, controles y pruebas similares a los que se realizarán en el examen; motivamos al alumno y exigimos que la materia se esté estudiando constantemente. Haciendo un simil, “ponemos los raíles que guían al alumno hacia su destino”, pero lo fundamental y esencial para su éxito, es su trabajo”. Por último, ¿consideras una opción de futuro las oposiciones a la administración de Justicia? M.P.: “Aun teniendo en cuenta la situación de crisis en la que nos encontramos, es obvio que la Administración de Justicia es uno de los campos en los cuales hay un evidente déficit de personal y material para atender las necesidades de nuestra sociedad. Este año 2010 se han creado 150 nuevas unidades judiciales, dentro del Plan Estratégico de Modernización de la Justicia

Manuel Pardo. (2009-2012). Contamos pues que siga habiendo ofertas de empleo en este ámbito sectorial, dentro de los próximo años. Mi consejo a cualquier opositor que opte por prepara su ingreso en la administración de justicia, es que inicie la preparación con tiempo suficiente para conseguir un alto nivel de competitividad. El tiempo que media entre la convocatoria de una oposición y la fecha del examen es muy corto. Es fundamental disponer de ese tiempo suficiente. La mentalidad del opositor ha de ser de superación y competitividad, no basta con sacar un aprobado, hay que obtener el 10.

¿Calidad de formación?, fácil, los mejores preparadores, temarios propios y actualizados, trato personalizado y utilización de las nuevas tecnologías en el proceso de enseñanza-aprendizaje


26

Ourense por BARRIOS Setembro de 2010

ARTIGOS

4COUSAS DO CINEMA

Quince anos de Festival O día catro de novembro de 1996 iniciaba o seu camiño o Ourense Film Festival (OFF), que segundo comentaba o seu director e principal impulsor Eloy Lozano, nacía co desexo de ser o gran Festival de Cine que necesitaba Galicia para dar un pulo ao sector audiovisual. A elección de Ourense para a celebración deste evento recollía a importante tradición doutras mostras cinematográficas organizadas no noso entorno. Faise preciso lembrar que a cidade das

Burgas albergou as Xornadas do Cine en Ourense nos setenta e a vila do Carballiño acolleu as Xornadas de Cine e Vídeo de Galicia (XOCIVIGA) nos oitenta, espazos ambos que supuxeron un importante lugar de encontro, debate e reflexión para os amantes da sétima arte. Lozano pretendía continuar a liña de traballo deses dous certames precedentes e afondar no carácter internacionalista e de mostra de cinema independente, pero a súa curta estadía á fronte do evento supuxo que o Festival vivira constantes

vacilacións con respecto ao camiño aberto na súa primeira edición. Mais, o que nos segue mantendo con ilusión é que este evento xa se atopa consolidado como unha importante actividade cultural ourensá e continúa en movemento e na procura de se converter nunha das actividades de primeira orden da axenda cultural galega. Así pois, desde este espazo no que escrebo quero transmitirlle os meus parabéns ao Festival polo seu quince aniversario e desexarlle o mellor dos futuros posíbeis. Valentín Barreiros

4O FOTOMATÓN

O traballo arreo é “suave” Neste segmento de sete días no que morreu un dos paradigmas da conxunción entre literatura e política, maese Labordeta, vestixio quizais da alta clase daqueles políticos do século dezanove de grande espírito de traballo, decateime por vez enésima, e co gallo dun grande acontecemento social da miña cidade (Auria), de que o seguimento dun propio sinal de identidade e a perseveranza na actuación vital leva (non sempre, aínda que debemos pensar que si) a uns resultados altamente satisfactorios; a un recoñecemento de xustiza co devir dos tempos. Estoume a referir a admisión pública da traxectoria do grupo de rock Los Suaves como algo merece-

4HUMOR

dor de pasar á posteridade, coa entrega aos membros da medalla de ouro da cidade de Ourense, a pesar de ser “ruidosos”, a pesar de empregar bases rítmicas moi sinxelas, a pesar de transmitir súas letras esgazadas (pura literatura) a través dunha voz que non é precisamente un adaíl da lírica ou o bel canto, e a pesar de ser de Ourense. Porque é certo o topicazo de que (case) ninguén é profeta na terra dun, como testemuñaría un Blanco Amor en vida ou un José Ángel Valente ou tantos outros. Pero, contra a tendencia xeral, recoñecéuselle a estes traballadores do rock con xustiza, e quizais co pulo da cor política gobernante, a súa abnegada dedicación de tres décadas. Porque fixeron

o seu traballo do mellor xeito que sabían, perseveraron, e o tempo deulles a razón a través dun acto que nos fixo sentir a moitos ourensáns orgullosos de compartir cidade con eles, pero tamén con Valente, Blanco Amor, Otero Pedrayo, Risco, ou tantos outros inesgotables contrarios á palmada nas costas antes de tempo; aqueles que defenderon as súas ideas sen dobregarse aos requirimentos dos sistemas dados nos tempos presentes que lles tocou vivir e demostrando que o traballo e a constancia son as rodas do lento velocípede que leva ao traballador cara diante. Sen sopros divinos. Cando se decatará algún disto, caste política incluída???

Jorge Emilio Bóveda www.jorgeemilioboveda.es


ARTIGOS

4VETERINARIA

4TRAS AS REIXAS DO DESVARÍO

Festa de cachorros Aínda que aínda é un tema pouco coñecido, cada vez ven máis casos nos que podemos apuntarnos a unha Festa de Cachorros na nosa Clínica Veterinaria. A través deste articulo ides poder ter unha idea xeral do que se fai nas chamadas Festas de Cachorros, e remítovos á vosa clínica veterinaria para que vos informedes con máis profundidade, e poidádesvos apuntar. En que consiste? É unha reunión organizada periodicamente dedicada aos nosos pequenos cachorros e adoita durar sobre unha hora. Normalmente o número de participantes non adoita superar os 10 cachorros, separados en grupos por tamaño (pequenos, medianos e grandes) e é requisito imprescindible que teñan a cartilla sanitaria totalmente ao día, para evitar posibles contaxios. Os cachorros teñen entre os 3 e os 6 meses de idade, xa que así nos aseguramos que a pauta de vacinación está rematada e realízase durante un dos períodos máis importantes da vida do cachorro a nivel educativo. O ideal é que a estas festas acuda toda a familia que está no entorno do cachorro (nenos e adultos), xa que son o alicerce fundamental na educación do mesmo. O fin destas festas é moi importante xa que o que se pretende é que o cachorro teña unha boa socialización. Cando teñen

4GUÍA DE SAÚDE

esta idade tendemos a sobreprotexelos e o que conseguimos é que non se relacione coa contorna, podendo causar pequenas malas condutas a longo prazo; como poden ser, ladrar e saltar sobre as visitas, morder, gruñir ou enfrontarse a outros cans. A través destas festas o can terá contacto con outros cachorros de distintas razas e con outras persoas que non pertencen á súa contorna familiar e así conseguiremos axudalo a que se socialice. Estas festas realízanse normalmente no centro veterinario onde levamos ao noso cachorro co que imos fomentar que o cachorro relacione a clínica veterinaria cun lugar de diversión e xogos, e non só como o sitio que cheira raro e ao que vai só a recibir picadas. Os propietarios recibirán información de cousas fundamentais como poden ser, a alimentación, hixiene, educación, saúde, comportamento... O que se pretende con estas Festas de Cachorros é tentar que a primeira etapa da vida do noso novo pequeno amigo sexa o mellor posible, tanto para el como para o seu dono. Susana Gómez Rodríguez, auxiliar Recepción Hospital Veterinario Abros

Pretendese que o cachorro teña unha boa socialización

Houbo algunha vez un paraíso? (XIX) Aprendín unha cousa moi importante: O sentirse ben non depende da contorna nin das circunstancias máis que do “eu interior”, todo está dentro dun mesmo, non no seu “ego”, senón no seu espírito. Por iso non delatei a actividade ilegal da miña xefa, nin confesei todo o que sei aos de investigacións, xa que Yan pórtase moi ben comigo e faime sentirme importante, útil. E vou seguir por este camiño de buscar a miña felicidade interior, de coñecerme por dentro sentindo a miña enerxía e a miña positividade. Debido a isto, hoxe deixo de escribir estas memorias “dunha mente irregular”, como me clasificaron os especialistas, aínda que debo dicir que

coñezo a xefes, empresarios, estudantes e moitos outros que son máis irregulares que eu, que eles non fosen capaces de afrontar a situación de hai dous días co aplomo e a sabedoría que eu o fixen porque me interesa conservar o meu posto de traballo e négome a facer dano a alguén que confía en min e valórame, (Yan),por moi mafiosa que sexa. Até sempre, e procuren buscar toda a paz interior que leva á felicidade. Non me esquezo de darlle as grazas ao meu irmán maior que me deixou un libro moi importante, que di máis verdades que a Biblia. “Constrúe o teu destino”, de Wayne W. Dyer.

4SUDOKU (difícil)

Lilly37 [padece un trastorno bipolar de tipo esquizoafectivo]

Ourense por BARRIOS Setembro de 2010

27

4PAIS E FILLOS

Apego O apego é o vínculo emocional que desenvolve o neno cos seus pais (ou coidadores) e que lle proporciona a seguridade emocional indispensable para un bo desenvolvemento da personalidade. A tese fundamental da Teoría do Apego (John Bowlby) é que o estado de seguridade, ansiedade ou temor dun neno é determinado en gran medida pola accesibilidade e capacidade de resposta da súa principal figura de afecto (persoa con que se establece o vínculo). Existen dous tipos de apego: - Apego seguro: A relación é consistente, os nenos senten apoiados aínda que vivan momentos de tensión e tensión. - Apego inseguro: A relación é inconsistente e

os nenos senten ameazados en momentos de tensións. Os nenos e nenas con problemas de apego poden presentar: - Atraso madurativo no seu desenvolvemento psicomotriz, na linguaxe... - Problemas en hábitos alimentarios. - Condutas calmantes: morderse, golpearse, mecerse.. - Condutas con sintomas de ansiedade ou depresión. - Condutas de modelos inapropiados. - Agresividade. Debemos de estar alerta ante estas condutas e tratar de recuperar a confianza para lograr un san desenvolvemento emocional do neno. Diana Salgado, psicóloga - Tel. 988 607 948 diana@arslabora.es

4EDITORIAL

Sobre o 29-S Nun informe ao Consello Europeo titulado “Proyecto Europa 2030” establécese que “nun mundo en veloz evolución non son os postos de traballo o que hai que protexer, senón á persoa que perde o emprego, mellorando a súa capacidade de inserción profesional. Permitir aos traballadores aproveitar os cambios nos mercados laborais e realizar a transición a mellores empregos.” Os sindicatos, e os seus medios irmáns, os partidos políticos, seguen utilizando ferramentas do

[Se quere anunciarse chame ao 988 239 634]

pasado para buscar solucións ao presente e afrontar un futuro cada vez máis incerto dos traballadores. As folgas xa non defenden os intereses a longo prazo de todos os cidadáns (só dunha parte, en todo caso). Esta defensa vese impedida na súa actuación por unhas realidades políticas cotiás que chocan con esa planificación a longo prazo. Realidades políticas que non teñen a coraxe suficiente para afrontar cambios radicais na estrutura social, económica, administrativa, e en todos os eidos que nos rodean. Seguindo con ese informe europeo “a cidadanía só vai a entender, abruados pola crise que non provocaron, que se lles digan as cousas con claridade e que se lles chame a compartir un esforzo de superación comparable ao que levantou á Europa libre despois da segunda Guerra Mundial.” opinion@ourenseporbarrios.com


28

Ourense por BARRIOS Setembro de 2010

DEPORTES

Do Auditorio a As Burgas en apenas 1 minuto 4 segundos

4 Preto de 80 pilotos pertencentes á Federación Galega de Ciclismo déronse cita na terceira edición do Descenso Urbán Cidade de Ourense na procura do mellor tempo. R. Torres Un minuto e catro segundos foi o tempo no que o biker máis rápido dos 78 participantes no III Descenso Urbán Cidade de Ourense percorreu o circuito preparado para esta ocasión, que unía o mirador do Auditorio e As Burgas. Escaleiras, rampas e ata o remolque dun camión non impediron que Manuel Baños, ciclista do Verín C.C, acadase o tempo scratch de xeito indiscutible. Ás 11 da mañá do domingo 26 deuse o pistoletazo de saída a esta singular proba deportiva que congregou os mellores pilotos galegos federados nesta disciplina. Todo un espectáculo sobre dúas rodas que foi seguido ao longo de todo o percorrido por un gran número de afeccionados. Os mellores de 2010 Os tres pilotos máis rápidos de cada categoría foron agasallados cun trofeo e un premio en metálico. Na cadete, os mellores foron, por esta orde, Jorge Cagiao (Freeride Narón C.C.), Aarón Caballero (Quintana Altair) e Adrián Pérez (Redesyl-Natisan). En júnior, Abel Rial (Pedranor), Alberto Blanco (Turismo de Pontevedra) e Carlos Núñez (Bike ou non vai C.C.). En Élite Sub´23, a vitoria recaeu en Manuel Baños

Un dos participantes do Descenso Urbán. /I. OSORIO (do Verín C.C. e que acadou o tempo scratch), Luis Miguel Carballo (Forjados Hnos. Durán) e Oscar Franco (Bike ou non vai C.C.). Pola súa banda, Ignacio Bautista (Xtrembike), Borja Caneiro (Freeride Narón C.C.) e Miguel Ángel Pintos (Bike ou non vai C.C.) foron os máis rápidos da Master 30. En Master 40, Juan Luis Fernández (Bike ou non

vai C.C.), Manuel Muñoz (Electricidad Collazo) e Manuel Paz (Pedranor) acadaron o podio. E na categoría sénior, os mellores foron Eugenio Bastos (Xtrembike), Alejandro Vila (Coruxo F.C.) e Diego Rodríguez (2 Ruedas C.C.). No caso das féminas sonou con voz propia o nome de Carmen Rosa Martínez, ciclista do Coruxo F.C.

Manuel Baños, ciclista do Verín C.C., foi o biker máis rápido dos 78 participantes no Descenso

José Paz gaña a I Carreira Popular Casa da Xuventude

4 Preto de 200 atletas participaron nesta primeira edición que tivo o Campus de Ourense e arredores como escenario. R. Torres O Campus de Ourense e o seu entorno viviron o pasado domingo, 26 de setembro a primeira edición da Carreira Popular Casa da Xuventude de Ourense co club de atletismo que leva o mesmo nome como organizador do evento e patrocinado pola Deputación de Ourense e o Consello Municipal de Deportes. A esta primeira cita acudiron preto de 200 atletas, a maioría de clubs de Ourense (Veteráns Pabellón, ADAS O Barco, Limactiva Xinzo de Limia, Kórpore O Carballiño,...) aínda que tamén houbo representación doutras partes de Galicia como o club A Gándara de Lugo, o Atletismo Sar de A Coruña o o Gym-Simón de Vigo.

Nesta primeira edición o vencedor absoluto da proba foi José Paz do Academia Postal, seguido do integrante do club organizador (Casa da Xuventude), José Ángel Penas e o terceiro escalón do podio foi para Alberto Asensio do ADAS Proinor. En categoría feminina a vitoria final foi para Iria Fernández (Academia Postal), segunda Serafina Pereira (independente de

4 O Ourense consegue o empate a no minuto 92. A pesar da boa primeira parte dos de Fonsi Valverde, C. D. Ourense tivo que conformarse, e grazas, co empate a dous contra o Racing de Ferrol, despois de obter dito empate no tempo de desconto do encontro. O adestrador volvía a lamentarse da irregularidade por momentos

Entrega de premios A entrega de trofeos correu a cargo do presidente do Club Casa da Xuventude, Lalo Gómez, a concelleira de Cultura do Concello de Ourense, Isabel Pérez, e o Concelleiro de Deportes do Concello de Ourense Fernando Varela.

Os vencedores absolutos xunto con Lalo Gómez, Isabel Péres e Fernando Varela. /ROSA PÉREZ

Táboas en O Couto R. Torres

Porriño) e a terceira posición foi para Ana Isabel Soutullo (de Ourense).

dos seus xogadores, as cales fixeron unha moi boa primeira parte pero unha

segunda metade na que concederon moito terreo ao seu rival e sofriron moito a balón parado. Tras este empata o equipo ourensán continúa na segunda praza da clasificación con 13 puntos a tres do primeiro o Cerceda.

C.D. Ourense - Racing de Ferrol. /RAMSÉS


PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Setembro de 2010

29


30

Ourense por BARRIOS Setembro de 2010

CLASIFICADOS

4ANUNCIOS CLASIFICADOS

4OFERTAS DE EMPREGO [Chame a Teleemprego Cimo - 988 39 15 25, o teléfono das ofertas de traballo, de luns a venres de 8 a 14 horas. Para máis información sobre estas ou outras ofertas de Ourense e Galicia visite www.cimoemprego.com, o portal galego do emprego. Bolsa de emprego dispoñible 24 horas, gratuíta e con actualizacións diarias ] Oferta Nº 976504 Localidade: Ourense Posto ofertado: Camareiro/a para cafetaría. Precísase persoal con experiencia para encargarse da elaboración de petiscos e bocadillos, así como do servizo de mesas. Ofrecen traballo a xornada intensiva en quenda de tardes, de 16:00 a peche, con día libre a convir. Até 25 anos. Oferta Nº 976503 Localidade: Ourense Posto ofertado: Axudante para posto gastronómico. Axudará na montaxe e desmonte da carpa e mesas nun posto de comida en diferentes feiras por toda España, así como tamén axudará na atención de clientes e servizo das mesas. Ofrecen traballo durante o fin de semana (venres pola tarde, sábado e domingo durante todo o día). Imprescindible dispoñibilidade para desprazarse e pasar a noite fóra de Ourense durante o fin de semana. A partir de 25 anos. Oferta Nº 976502 Localidade: Ourense Posto ofertado: Axente comercial (Sector: Enerxía). Ofrecerá a particulares e empresas descontos na súa facturación dos recibos da luz e do gas, ao realizar o cambio da compañía subministradora. Ofrecen traballo a xornada completa ou parcial a convir. Contrato mercantil durante o tres primeiros meses, con posibilidade de pasar posteriormente a un contrato laboral con carácter de indefinido. Oferta Nº 976501 Localidade: Ourense Posto ofertado: Monitor/ a para apoio escolar. Prestará atención aos problemas escolares de alumnos de Educación Primaria, axuda e orientación cos deberes, aclaración de dúbidas a través de actividades e exercicios, técnicas de estudo, etc. Tamén se encargará da elaboración de informes de seguimento e establecer reunións coa coordinación do programa. Ofrecen traballo a tempo parcial en quenda de tarde, de luns a xoves. Entre 18 e 40 anos. Oferta Nº 976500 Localidade: Ourense Posto ofertado: Persoal de limpeza. Para encargarse da limpeza dunha academia. Necesaria experiencia acreditada no posto. Ofrecen traballo a tempo parcial durante unha hora ao día de luns a sábado. Oferta Nº 976499 Localidade: Ourense Posto ofertado: Azafato/ a - Promotor/a Para traballar durante a primeira quincena do mes de outubro, con posibilidade de ampliar todo o mes. Necesaria experiencia en atención ao público e formación a nivel de Bacharelato ou equivalente. Horario de 10:00 a 14:00 ou de 17:00 a 21:00, de luns a sábado. Ofrecen contrato a través de ETT. Entre 23 e 30 anos. Oferta Nº 976498 Localidade: Ourense Posto ofertado: Profesor/a de lingua. Academia selecciona persoal para impartir clases de apoio das materias de lingua española e galega a nivel da ESO e Bacharelato. Ofrecen traballo a tempo parcial en quenda de tardes.

Oferta Nº 976497 Localidade: Ourense Posto ofertado: Profesor/ a de inglés e francés. Academia selecciona persoal para impartir clases de apoio de lingua inglesa e francesa a nivel da ESO e Bacharelato. Ofrecen traballo a tempo parcial en quenda de tardes. Oferta Nº 976496 Localidade: Ourense Posto ofertado: Profesor/ a de matemáticas e física. Academia selecciona persoal para impartir clases de apoio das materias de matemáticas, física e química a nivel da ESO e Bacharelato. Ofrecen traballo a tempo parcial en quenda de tardes. Oferta Nº 976495 Localidade: Ourense Posto ofertado: Administrativo/a Para realizar arquivo, organización e dixitalización de documentación, rexistro contable, conciliación de contas bancarias, facturación e apoio en tarefas administrativas do departamento económico dunha asesoría. Necesario ter a titulación do Ciclo Superior de Administración e finanzas ou Secretariado recentemente terminada, así como coñecementos de ofimática. Ofrecen contrato en prácticas a media xornada. Entre 20 e 35 anos. Oferta Nº 976494 Localidade: Ourense Posto ofertado: Empregado/a de o fogar. Encargarase da atención de dous nenos, levándoos ás actividades extraescolares, así como de realizar tarefas de limpeza e ferro. Horario de 15:45 a 22:00, de luns a venres e un sábado ao mes. Necesaria experiencia acreditada no posto. Oferta Nº 976493 Localidade: Ourense Posto ofertado: Empregado/a de o fogar. Para realizar tarefas de limpeza, ferro e cociña nun domicilio situado na zona centro, en horario de 10:30 a 17:30 de luns a venres. Necesaria experiencia acreditada no posto. Até 50 anos. Oferta Nº 976492 Localidade: Ourense Posto ofertado: Monitor/ a de ximnasia rítmica. Impartirá clases de ximnasia rítmica a nenos de primaria, dentro da programación de actividades extraescolares de diferentes colexios. Traballo a tempo parcial (Entre 2 e 10 horas semanais). Imprescindible ter permiso de conducir clase B e vehículo propio. Oferta Nº 976491 Localidade: Ourense Posto ofertado: Axudante de camareiro/a Para realizar atención de clientes no comedor dun restaurante, repor mercadoría e limpeza. Valoran experiencia no posto. Ofrecen traballo a xornada completa en quenda partida de mañá e tarde, con domingos libres. Oferta Nº 976483 Localidade: Ourense Posto ofertado: Técnico/a de informática. Para realizar instalación e mantemento de equipos informáticos. Necesario ter o permiso de conducir B e formación ou experiencia relacionada co posto. Ofrecen traballo a xornada completa. Entre 20 e 35 anos. Oferta Nº 976472 Localidade: Ourense Posto ofertado: Mecánico/a de automoción. Traballará en

taller de reparación de automóbiles. Necesaria experiencia no posto e permiso de conducir B. Oferta Nº 976470 Localidade: Ourense Posto ofertado: Electricista de automoción. Para traballar en taller de reparación de automóbiles. Necesaria experiencia no posto e permiso de conducir B. Oferta Nº 976469 Localidade: Ourense Posto ofertado: Camareiro/a para cafetaría. Traballará en quendas intensivas e rotativos de mañá e tarde, nunha cafetaría do barrio da Ponche. Necesaria experiencia na atención de clientes e servizo de mesas. Entre 30 e 40 anos. Oferta Nº 976468 Localidade: Ourense Posto ofertado: Técnico/a en frío industrial. Encargarase da reparación e instalación de maquinaria de hostalaría e alimentación así como da instalación de aire acondicionado e extracción de fumes. Imprescindible experiencia mínima dun ano no posto e permiso de conducir B. Con dispoñibilidade para desprazarse a obras pola provincia de Ourense e Pontevedra e realizar gardas en fin de semana. Entre 18 e 40 anos. Oferta Nº 976467 Localidade: Ourense Posto ofertado: Axente comercial (Sector: Inmobiliario). Para realizar captación, venda e aluguer de inmobles, mostra de propiedades, etc. Necesaria experiencia previa no sector inmobiliario e permiso de conducir B. Traballo a xornada completa de luns a venres en quenda partida. Ofrecen contrato mercantil. Entre 22 e 35 anos. Oferta Nº 976466 Localidade: Ourense Posto ofertado: Profesor/a de lingua e literatura. Academia selecciona licenciados/as ou diplomados/as para impartir clases de lingua española, galega e literatura a nivel da ESO e Bacharelato. Ofrecen traballo a tempo parcial. Necesaria experiencia na docencia. Oferta Nº 976465 Localidade: Ourense Posto ofertado: Empregado/a de o fogar. Para realizar o coidado dunha persoa maior, así como encargarse da limpeza da casa e pasar o ferro. Ofrecen traballo a tempo parcial, en horario de 12:00 a 14:00 horas, de luns a venres. Necesaria experiencia acreditada no posto. Oferta Nº 976462 Localidade: Ourense Posto ofertado: Profesor/a de matemáticas. Impartirá clases de apoio nun domicilio da asignatura de matemáticas a nivel de ESO e Bacherelato. Traballo a tempo parcial en quenda de tarde. Oferta Nº 976461 Localidade: Ourense Posto ofertado: Personal de limpeza. Para encargarse da limpieza dun comercio de mobles de cociña. Necesaria experiencia acreditada no posto. Ofrecen traballo a tempo parcial en horario de 10:00 a 12:00 de luns a sábado.

[Deixe os seus anuncios no 988 239 634 ou en info@ ourenseporbarrios.com. Gratuítos para particulares; negocios, consultar tarifas. Os anuncios mantéñense durante dous meses; no caso de que queira repetilos despois dese prazo ou retiralos antes, volva chamarnos]

VENDA PISOS ALUGUER Alugo piso en Vilagarcía de Arousa, amoblado, 3 habitacións, cociña, baño. Prezo: 300 euros/mes. Tel: 629 572 726 Alugo habitación amoblada con dereito a cociña a chica ou señora. Tel. 603 511 185 e 669 087 655.

VENDAS Mércanse mobles ou electrodomésticos de 2º man e cómpranse obxectos antigos. Tel. 664 893 102. Véndese camara de fotos de carrete nova e con bolso.(WERLISA SPORT). 30 euros.Tel. 988 21 38 14 Véndense coellos caseiros. 6 euros/kilo.Tel. 988 21 38 14 Aceptaría cachorro de pastor aleman ou similar. Preguntar por Juan. Tel. 659 494 272. Vendo leña de carballo cortada para cheminea ou cociña. Tel: 630 521 448 Vendo depósito de chapa para gasoil 1.000 l. tel. 661 334 118 Véndese somier de láminas Moviflex 190x90 cm e colchón ortopédico en garantía. Tel. 616 361 548. Véndese bicicleta marca BH modelo california BMX Cantilever system (muelle no cadro), Cor amarela fosforito, de 1ª man, prezo a negociar.Barata, tel. 626 51 59 99 (Marina) ou 607 42 98 52 (Jose). Vendo móbil Vodafone marca Alcatel tacti. 80 euros. cor vermella. Tlf:676 928 045. Vendo consola Play Station 2 con xogos, bo estado. Tel. 691 017 095 o 657 853 712. Vendo silla de neno de 0 a 3 anos para coche. Prezo: 100 euros. Tel: 636 329 524

TRABALLO

Pintor autónomo, realizo todo tipo de traballos en pintura e decoración, pisos desde 400 euros, presupostos sen compromiso. Tel. 663 171 301 / 617 789 080. Danse clases particulares de piano, linguaxe musical e educación auditiva e vocal. Tel. 658 888 447. Avon necesita distribuidores urxentes.Traballa no teu tempo libre.tel. 639 713 600 Cóidanse persoas maiores. Tel. 638 33 80 23 Necesito persoa autónoma titulada en ioga ou pilates. Interesados enviar curriculum a loreaxis@hotmail.com ou chamar ao tel. 662 121 848 Reanúdanse as clases na Escola de Pintura Rosi, r/ dos Carrís, nº4, baixo, A Valenzá. Cóidanse persoas maiores e/ ou dependentes.Curso de atencion sociosanitaria a persoas dependentes.Tlf 678 321 391. Danse clases particulares. Referencias. Tlf 638 604 806. Cóidanse nenos. Referencias. Tel. 638 604 806. Fanse tarefas de limpeza, portais, casas... Tlf. 676 928 045. Se dan clases particulares.REferencias telf:676 928 138 Ofrécese señora para labores do fogar, 2 ou 3 horas polas mañás, tel. 627 187 112. Fanse traballos de ganchillo, xoieiros, adornos, lapiceiros, servilleteiros... Tel. 676 928 045. Límpanse fincas. Tel: 630 521 448

MOTOR Vendo Opel Astra gris,5 portas, ano 2005, como novo, aire acondicionado.Tel. 697 130 070 Peugeot 405 turbo diésel, motor, embrague e correa de distribución recén cambiados, rodas nuevas, ITV recién pasada, etc. Cor gris, 1.500 euros, tel. 680 568 378

4AXENDA 4 Exposicións

- Desde o 30 de setembro “Nacer e vivir no Camiño de Santiago”- Edificio Simeón - Ata o 3 de outubro - Asun Ada: “O proceso de crecer” Edificio Simeón - Ata o 9 de outubro - 2 y 2 Galería de arte Visol - Ata o 10 de outubro - “A cidade do infinito. Viaxe á Funcación Vicente Ferrer” - Centro Social Caixanova - Desde o 1 de outubro - “De rerum natura a través dos gravados” - Edificio Simeón - Desde o 1 de outubro - Pinturas de Soki - Ateneo - Ata o 23 de outubro - “Un verán en unha e mil instantáneas” - Sala 15 anos Amencer

4 Música

- 30 de setembro - Memorial Luis Yzquierdo Balbuena 20:30 h. - Teatro Principal - 20 de outubro - Helsinki Baroque Orchestra e Ricardo Minasi - 20:30 h. - Auditorio - 22, 23 e 24 de outubro - Blues: Julie Guravich Band, Dede Priest, The Brew - T.Principal 4 Cinema - Do 1 ao 9 de outubro - 15º Festival de Cine de Ourense - 19 e 26 de outubro - Ciclo Novo Cine Italiano - 20 h. Fundación Caixa Galicia 4 Teatro - 30 de setembro - Sarabela: “O incerto señor Don Hamlet, príncipe de Dinamarca” - 20:30 h. - Auditorio - 10 de outubro - Eme2: “Sexo, por que non?” - 19 h. - Teatro Principal - 10 de outubro - Caramuxo Teatro: “Mensaxe sen botella” - 12 h - Auditorio - 17 de outubro - Matapiollos: “Flis-Flis-Ris-Flas” - 12 h. Auditorio - 16 e 17 de outubro - “La violación de Lucrecia” - 20:30 e 19 h. - Teatro Principal - 24 de outubro - Titiritempo: “Osofete” - 12 h. - Auditorio - 31 de outubro - Babaluva: “Lume” - 12 h. - Auditorio - 25 a 31 de outubro - Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO) - Teatro Principal, Auditorio e campus 4 Outros - Do 1 ao 17 de outubro - XXII Xornadas de Banda Deseñada


SERVIZOS

Ourense por BARRIOS Setembro de 2010

31

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 151-2002 / OU 125-2003 / OU 164-2004/ OU 155-2007. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 32004 Ourense. Tel: 988 239 634 - 988 549 717. Fax: 988 239 634. Correo-e: info@ourenseporbarrios.com. Distribúe: J Publicidad. Imprime: PublicacionesTameiga. Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Óscar Blanco. Colaboracións: Pepe da Guardesa, V. Barreiros, J.E. Bóveda, J.L. Iglesias Vázquez, R. Sertaje,P. Araujo, X. Martiñá, D. Rodríguez, C.V. Abros. Nº97/87/73/36 - Ano: IX - Setembro 2010 - Difusión: 40.000 exemplares (Ed. Couto:11.000, Ed. Ponte Canedo: 10.000, Ed. San Francisco: 9.000 exemplares e Ed. Centro: 10.000 exemplares). Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

4CARTAS AO DIRECTOR Setembro chegará e nas mesmas imos estar

Xa chega setembro. O colexio xa empezou. Todos acudimos con moita ilusión... Ver de novo aos colegas, Xogar ao balón, Sentír a alegría no corazón. Portarme ben en clase será a miña obsesión, Aprendr moitas cousas mentres me fago maior. Aínda que teño a autoestima baixa Xa xamais subirá Porque teño profes que non me entenden de verdade Eu quixera ser como os demais Ir paso a paso aprendendo cada día máis Pero a vida equivocouse E alto coeficiente me deu Aínda que non sei aproveitalo E os que están ao meul lado non me axudan a superarme Sei que son inquieto, traste e despistado. Un neno non se fai, créase e fórmase coa xente que o rodea, que che comprende, que están ao teu lado Saben o que é ser máis intelixente que os demais Cando vós entendades o alto coeficiente intelectual, as vantaxes e desvantaxes que leva consigo... Informádevos e iravos ben. Non culpo aos pais nin aos profesores Senón a Educación e Ciencia por non pór medios para que estes talentos non se perdan. Deberían pór máis medios e máis información. Pois nestes nenos está a ocasión E o futuro de mañá... E aos directores dos colexios

4TELÉFONOS DE INTERESE

Que non somos ningún garavanzo negro en ningún cocido, nin unha falta de criterio educativo a nivel familiar Que grazas a directores como este personaxe moitos profesores que non teñen nin un mínimo de coñecemento do que é un neno con intelixencia por riba da media e que son o motor da sociedade e un capital valioso para o día de mañá. A estes nenos son aos que hai que apoiar e axudar só hai en Santiago un colectivo de altas capacidades e eu me pregunto: Que facemos os que estamos en Ourense sen ningún tipo de axuda nin medios para desprazarnos a Santiago? Por que non apoian para facer unha en Ourense en honra a estes nenos? A Consellería de Educación debería involucrarse maís nestes temas e non facer a visat gorda, manded aos colexios docentes en altas capacidades. O deixar que se forme en Ourense a asociación intelixencia e viva, pois son os únicos que se preocupan dos nosos fillos e os apoian pois dede aquí pido a Educación que nos axude. Nas vosas mans queda que o futuro destes nenos progrese. Un saúdo da nai dun destes nenos, P.B.L.

A parroquia dos que non van á igrexa Parece dificil ser laicista xa que aquí ata os non crentes e os que botan pestes sobre a Igrexa queren intervir na decisión do bispo ou do cura da súa parroquia, á que non van; pero o caso é desprestixiar a Igrexa intentando expul-

sala da vida pública, e un argumento moi usado é dicir que a relixión é intolerante e impide a conviviencia. Pero resulta que é a Igrexa, precisamente, quen máis se move para vencer a pobreza e axuda aos parados, ou sexa, que non só serve de encontro entre fieis de distintas confesións relixiosas, ou sen ningunha, xa que a relixión é unha forza para o ben e promove todos os programas contra a marxinación que non promoven os Estados. Basta darse unha volta polos comedores de Cáritas ou polas súas oficinas para comprobar como as conviccións relixiosas ensinan a convivir na diversidade e a tratar as diferenzas, como alto enriquecedor e sempre respectando aos demais. A pesar dos que miran a Igrexa con mala intención, a verdade é que é un instrumento de cohesión ao servizo da convivencia pacífica; aínda que tamén haberá que esforzarse por salvar a fe de dous extremos perigosos, un, a indiferenza de quen ve a relixión como unha historia interesante pero non de futuro, e outro o extremismo de quen entende a fe como exclusión, porque a fe é unha forza civilizadora, hoxe máis que nunca. Aínda que se intente incluso desde os poderes públicos presentar unha imaxe negativa dos cristiáns, e non queira reflexar a vida dos miles de persoas en todo o mundo que empuxados pola súa fe, precisamente, dedicáronse e dedícanse a sementar o ben e a coidar dos máis esquecidos e necesitados. Socorro González Álvarez

[Envíanos as túas cartas ou queixas por correo electrónico a info@ourenseporbarrios. com, opinion@ourenseporbarrios.com, ou por correo tradicional a r/Valle Inclán, 25, 2º, of. 15, 32004, Ourense. As cartas ao director non deben exceder de 20 liñas e deberán ser remitidas con nome e DNI, firmadas, e cun teléfono de contacto. Letras a la Carta SL. resérvase o dereito de publicación así como o de extractar os textos que estime oportuno]

Concello Ourense 988 388 100 Concello Barbadás 988 360 000 Deputación 988 385 100 Xunta de Galicia 902 120 012 Pazo de Xustiza 988 370 728 Policía Local 092 / 988 388 138 P. Local Barbadás 988 221 050 Policía Nacional 988 391 771 Guardia Civil 988 235 353 Guardia C. Tráfico 988 222 881 ITV 902 309 000 Bombeiros 080 / 988 370 000 Incendios forestais 085 Prot. Civil 24 h. 988 510 254 Prot. Civil Barbadás988 391 479 Cruz Roja Ourense 988 222 484 SOS Galicia 112 Urxencias e ambulancias 061 Consultas sanitarias902 400 116 Cita previa SERGAS 902 077 333 H. Sta. Mª Nai 988 385 499 Hospital Cristal 988 385 500 Mantemento 988 269 380 Atención Cidadán 988 392 909 Teletaxi 988 21 00 11 Taxis A Valenzá 988 251 471 Taxis Carrefour 988 231 657 RENFE 902 240 202 Estación autobuses 988 216 027 Correos 988 223 083

Fenosa 988 222 222 Aquagest 988 250 088 Atención ao menor 900 202 010 Teléfono Dourado 900 222 223 Telemprego CIMO988 39 15 25 Asoc. Diabética Auria 988 226 608 AECC 988 219 300 C. C. Antisida 988 233 000 Alcer 988 229 615 AFAOR 988 219 292 Alcohólicos Anón. 646 645 119 24h. Alcoh. Anón. 988 269 540 Alcoh.Anón. 24h. 988 22 76 23 Asoc.Crohn-colitis 630 136 447 Down Ourense 988 370 313

4NOITEBÚS Liñas que presta Anpián os sábados (tel. 988 22 52 88): Celanova-Ourense.Saídas: 22:45 – 00:45 – 03:15 – 04:45. Regresos: 23:30 – 01:15 – 04:00 – 05:30 - A Merca-Ourense. Saídas: 23:05 – 00:50 – 03:35 – 05:05. Regresos: 23:30 – 01:15 – 04:00 – 05:30

4AUTOBUSES VALENZÁ-OURENSE

Saídas A Valenzá Saídas As Lagoas Luns a venres

7:00 7:30 7:45 8:00 8:15 8:30 8:45 9:00 9:15 9.35 10:00 10:25 10:55 11:20

11:40 12:05 12:30 12:50 13:05 13:20 13:40 14:10 14:30 15:00 15:30 15:45 16:00 16:20

16:40 17:00 17:30 18:00 18:30 19:00 19:30 19:50 20:05 20:40 21:00 21:25 22:00

8:00 8:40 9:35 10:35 11:30

12:50 13:35 14:40 16:00 17:00

18:00 19:00 20:00 21:00

7:20 7:50 8:10 8:25 8:40 8:55 9:10 9:25* 9:40 10:00 10:30 11:00* 11:20 12:05 12:30

12:45 13:00 13:15 13:30* 13:50 14:10 14:35 15:00 15:30 15:55 16:10 16:30 17:00 17:30 18:00

18:30 19:00 19:30 19:45 20:00* 20:20 20:40 21:05 21:25 21:50 22:15

8:20 9:10 10:05 11:05 11:55* 13:15

14:00 15:20 16:30 17:30 18:30 19:30

20:30 21:25

10:00 11:10 12:25 13:30

16:30 17:30 18:30 19:30

20:30 21:25

Sábados

Domingos e festivos 9:30 10:30 11:45 12:50

13:00 16:00 17:00 18:00

19:00 20:00 21:00

Paradas: Ponte Autovía, Av. Celanova nº 36, Farola, Centro Médico, Aquagest, Lidl, Marcelo Macías, Xardín do Posío, Alameda, Parque de San Lázaro e As Lagoas. Parada Rotonda Carrefour: Sentido Ourense-Carrefour de luns a sabado de 8:10 -22:00 h. Sentido Carrefour-Ourense de luns a sábado ás 8:15 e de 10:00- 22:00 h. *Ata Loiro. Anpián (tel. 988 225 288, www. anpian.com)

4AUTOBUSES URBANOS:

www.urbanosdeourense.es

- San Cibrao das Viñas-Ourense. Saídas: 23:20 – 01:05 – 03:55 – 05:25. Regresos: 23:30 – 01:15 – 04:00 – 05:30 - Loiro-Ourense. Saídas: 23:20 – 00:45 – 04:45. Regresos: 00:00 - 04:00 - 05:30 - A Valenzá-Ourense. Saídas: 23:45 – 01:05 – 01:55 – 02:30 – 03:35 – 05:05. Regresos: 00:00 - 01:30 - 02:15- 03:15 - 04:00 - 05:30 -Maceda-Ourense. Saídas: 23:00 – 00:15 – 02:45 – 04:15.

Regresos: 23:35 - 01:00 - 03:30 - 05:00 - Esgos-Ourense. Saídas: 23:10 00:25 - 02:55 - 04:25. Regresos: 23:35 - 01:00 - 03:30 - 05:00 -A Derrasa-Ourense. Saídas: 23:25 - 00:40 - 03:10 - 04:40. Regresos: 23:35 - 01:00 - 03:30 - 05:00 Liñas que presta Auto Industrial e Villalón (tel. 902 29 29 00): - Ourense - Untes - Maside - Dacón- Carballiño - Ourense - Ponte Noalla - Taboadela - Allariz

4FELICITACIÓNS Paula Crespo Morais Cumpleanos: 14/09/2010 Bueno peque que te nos fas grande xa eh?? Xa 9 aniños como pasa o tempo! Espero que o pases moi ben neste dia e que o disfrutes cas tuas amigas!! Por certo pasa unha boa noite con esa festa que tes preparadaa! A ver se a partir de agora faste un pouquiño mais boa, quérote enana!!, a túa irmá!

[Envíanos a túa felicitación coa foto (non fotocopia), o nome e apelidos, o día e o mes, o motivo da felicitación (cumpleanos, voda, santo, etc.) e o texto que desexes publicar a: Ourense por Barrios, r/Valle Inclán, 25, 2º, of. 15, 32004, Ourense ou a info@ourenseporbarrios. com. Indícanos un teléfono de contacto]


[40.000 exemplares directos ás súas mans]

Número: 87 - Ano: IX - Setembro 2010 - Depósito Legal: OU 125-2003 - Periódico mensual de distribución gratuíta

TEMA DO MES Páx.2

BARRIOS

Páx.5

BARRIOS

Páx.7

Caso paneis publicitarios: dimite o tenente de alcalde

O Centro Cívico da Arqueólogos atopan Ponte será punto de restos romanos en encontro para o barrio Reza Vella

OCIO

Páx.23

Do 1 ao 9 de outubro, 15º edición do Festival de Cine de Ourense Volta ao cole con normalidade, agás no comedor do Ruxidoiro [páx. 3-4]

O Concello de Ourense presenta un Plan Especial de Investimentos

[páx.15]

Los Suaves deleitan a dez mil fans no seu concerto en Ourense

OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de OUTUBRO. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

[páx. 24]


Ourense por BARRIOS Setembro de 2010

[40.000 exemplares directos ás súas mans]


[40.000 exemplares directos ás súas mans]

Número: 73 - Ano: IX - Setembro 2010 - Depósito Legal: OU 164-2004 - Periódico mensual de distribución gratuíta

TEMA DO MES Páx.2

BARRIOS

Páx.6

Caso paneis publicitarios: dimite o tenente de alcalde

Limiar traslada as súas peticións á Policía Local

BARRIOS

Páx.7

PERI das Burgas: visto bo á modificación urbanística

OCIO

Páx.23

Do 1 ao 9 de outubro, 15ª edición do Festival de Cine de Ourense Volta ao cole con normalidade, agás no comedor do Ruxidoiro [páx. 3-4]

O Concello de Ourense presenta un Plan Especial de Investimentos

[páx.15]

Los Suaves deleitan a dez mil fans no seu concerto en Ourense

OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de OUTUBRO. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

[páx. 24]


[40.000 exemplares directos ás súas mans]

Número: 36- Ano: IX - Setembro 2010 - Depósito Legal: OU 155-2007 - Periódico mensual de distribución gratuíta

TEMA DO MES Páx3

BARRIOS

Páx.6

Caso paneis Reclaman o ensanchapublicitarios: dimite o mento dunha rúa na tenente de alcalde Cruz Alta

CIDADE

Páx.12

OCIO

Páx.23

Volta ao cole con normalidade [páx. 3-4]

Comeza a campaña de Do 1 ao 9 de outubro, vacinación contra a 15ª edición do Festival gripe e a pneumonía de Cine de Ourense

Los Suaves deleitan a dez mil fans [páx. 24]

O Concello de Ourense presenta un Plan Especial de Investimentos

[páx.15]

OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de OUTUBRO. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.