Triptico inicio curso familias

Page 1


HORARIOS Xornada Escolar. Horarios. o Horario lectivo de 8.50 ata as13.50 h. o Comedor Escolar de 13.50 ata as 16.00 h A xestión de altas e baixas do comedor farase directamente coa empresa de Catering no teléfono 655 299 678 O colexio está tamén aberto (biblioteca, actividades extraescolares,...) de luns a xoves de 16.00 ata 18.00 horas co comezo das actividades extraescolares. Cando alguén precise recoller a un alumno/a dentro do horario lectivo é necesario avisar ao conserxe para non interromper o funcionamento da clase. A puntualidade é moi importante para o bo desenvolvemento das actividades lectivas Entradas e saídas de persoas do centro: Entradas:O alumnos e alumnas a medida que vaian chegando irán para o patio interior e serán custodiados polo Conserxe do Colexio e polos mestres/as de garda. Se algún alumno/a chega tarde, deberá ser acompañado por un adulto para firmar o xustificante de retraso que vos facilitará o conserxe.

Dirección : Luns de 10.30 a 11.15 , mércores de 8.50 a 10.30, xoves e venres de 8.50 a 9.40.

Secretaría : Martes e xoves de 13.00 a 13.50, mércores e xoves de 8.50 a 9.40.

Xefatura de estudios: Luns de 10.30 a 11.15 e de 12.15 a 13.00, martes de 8.50 a 9.40 e xoves de 9.40 a 10.30

Titorías de mestres/as coas familias: Martes de 17.30 a 18.00. Solicitar entrevista para que o titor/a poida preparala con todos os mestres/as.

Orientadora Escolar: concertar cita previo aviso. Audición e Linguaxe e Pedagoxía terapéutica: concertar cita

É moi importante solicitar a cita previa para preparar a entrevista e que non coincida cunha reunión de traballo dos mestres. A entrevista debe ser solicitada pola familia á mestra/e. Se ten problema de acercarse ata a escola pode chamarnos por teléfono no horario sinalado anteriormente. (Tlf. 986 35 30 15).

Saídas: Ás 13.50 os mestres/as xunto co Conserxe controlarán que os nenos non perdan o autobús respectivo. As nais e pais durante a entrada, saída e desenvolvemento das clases non deben pasar ao patio nin ás aulas xa que interrompen e distraen a vida escolar e a intimidade dos alumnos/as e dos mestres/as.

No proceso educativo é moi importante manternos en contacto

INFORMACIÓN BASICA DO COLEXIO Colexio de Educación Infantil e Primaria de Belesar Enderezo: Estivada, 46 (Belesar) 36307 Baiona Teléfono: 986 35 30 15 Fax: 986 35 30 15 Correo electrónico: ceip.belesar@edu.xunta.es Web: http://centros.edu.xunta.es/ceipdebelesar Blogue: http://bibliobelesar.blogspot.com.es/ Teléfono ANPA : 636 050 513 Niveis académicos que se imparten no centro: Educación Infantil (de 3 a 6 anos) e Educación Primaria (de 6 a 12 anos) Transporte escolar: transporte escolar público dende o Clube de tenis Monterreal por Medialdea e o Urgal ata A Granxa.


CEIP BELESAR 1989-2014 25 ANOS DE VIDA Benvidos ao novo curso escolar 2013-2014. Este ano é unha data especial, xa que festexamos 25 anos da vosa man. No ano 2014, a historia do colexio encherase das vosas vivencias e voces, que contarán o que fomos para chegar a ser o que somos. Traballaremos coas familias, antigos alumnos e alumnas, mestres e mestras que aportaron o traballo e a paixón que se precisa para converter o proceso educativo nunha parte da súa vida. Desde Belesar, seguimos defendendo a calidade da escola pública, como un dereito primordial que garante a calidade e igualdade de oportunidades e sexa a base das futuras xeracións.

CALENDARIO

ESCOLAR

Segundo a ORDE do 24 de maio de 2013 pola que

se aproba o calendario escolar para curso 2013/2014, as clases comezarán o día 11 de setembro do 2013 e rematarán o 20 de xuño de 2014.

Períodos de vacacións Nadal: desde o día 22 de decembro de 2013 ata o día 8 de xaneiro de 2014, os dous incluídos. Semana Santa: desde o día 14 de abril ata o 21 de abril de 2014, os dous incluídos. Entroido: días 3, 4 e 5 de marzo do 2014. Días non lectivos Co fin de unificar as celebracións dos patróns de cada nivel educativo, establécese o DIA DO ENSINO o 2 de novembro do 2013. O 26 de setembro é festividade local, polo que non será lectivo. O Consello Escolar propón día non lectivo en base a razóns de tradición, costume ou conveniencia pedagóxica: o 2 de maio do 2014(solicitado á Delegación).

PROXECTOS Seccións bilingües: Este curso o alumnado de Primaria recibirá sesións de Educación Física e de Plástica utilizando a lingua inglesa, polo que recibirá unha acreditación oficial. Programa de Inmersión Lingüística; o alumnado do 3º ciclo participará nun programa de inmersión lingüística en Priego (Cuenca), do 17 ao 23 de novembro. Programas Contrato; solicitamos a participación na modalidade de Convivencia e Excelencia educativa. Programa de froita escolar. Teatro Interescolar EQUIPOS DE TRABALLO Os mestres do centro ademais das súas actividades lectivas, traballan arreo para ofertar unha educación pública de calidade. Equipo de Novas Tecnoloxías, Biblioteca, Dinamización Lingüística e Extraescolares continuarán este curso coa labor de ofertar actividades estimulantes ao alumnado que lles garante unha formación competente, cos recursos dos que dispoñemos. Continuamos no Plan de Melloras de Biblioteca.

De 16.00 ás 18.00 h temos un programa de actividades extraescolares ofertadas pola ANPA



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.