Medo no camiño

Page 1


O MEDO DE MARIO E RUFINA Había unha vez dous amigos, Rufina e Mario, que vivían nun Castelo nunha montaña moi afastada do Colexio de Belesar.

Un día de inverno, os dous amigos decidiron facer o Camiño de Santiago. Dende o primeiro día comezaron a pasar cousas moi estrañas. Os dous peregrinos oían voces que viñan do mar e as ondas parecían falar con eles. Rufina, a máis Valente dos dous, intentaba calmar ao seu compañeiro, que estaba cheo de medo. Unha vez chegaron á altura da Illa de San Simón , oíase claramente: - “Rufina, voute poner fina! E a ti, Mario, dareiche co Ramallo! “ Os amigos botaron a correr de volta para a casa, pero o camiño non lles era familiar…

Nunca máis conseguiron afastarse da Illa de San Simón e dice que na noite de Samaín, os peregrinos que pasan pola zona escoitan os lamentos de Mario e Rufina.

E ESTA HISTORIA DE SAMAÍN, AQUÍ CHEGA AO SEU FIN!

Hugo Fernández Lago 4º Educación Infantil


UN VAMPIRO NO CAMIÑO Un vampiro perdeuse no camiño de Santiago. O vampiro encontrouse con un camiño moi raro que se chamaba “ O camiño dos mortos”. Ó vampiro tremíanlle os pés de tanto medo. O vampiro entrou no camiño tan estraño e de súpeto encontrouse cun fantasma que lle preguntou: − Ti que fas por este camiño? − Perdinme e non sei por onde ir. O fantasma respondeulle: − Por aí á dereita. O vampiro continuou e atopouse cun zombi que lle dixo: − Perdícheste? − Si, e non sei como ir á catedral. − Ah, moi fácil! Xiras á dereita, á esquerda e xa estás alí. O vampiro deulle ás grazas e cando xa case estaba xunto a catedral encontrouse co seu amigo Frankenstein que lle dixo. − Vas á catedral? − Si, e supoño que ti tamén. E foron felices ata a fin. Hugo Peralba Vázquez 2º Educación Primaria


O COELLO BRANCO Un atardecer unhas nenas que se atopaban no monte recollendo castañas, sen darse conta, metéronse na noite. Cando retornaban cara as súas casas, ca única luz da lúa, entre as silvas escoitaron un ruído. Quedaron bloqueadas polo medo imaxinando que lles sairía unha pantasma ou un home lobo. De súpeto saíu un fermoso coello branco. As dúas nenas volveron respirar botando a correr ata chegar ós seus fogares.

Naiara González González 2º Educación Primaria


XOSÉ E O FANTASMA Xosé era un neno que vivía preto do Castelo de Soutomaior. Un día tivo a visita do seu primo, que lle contou que no castelo vivía un fantasma. Esa noite ó ir para a cama, Xosé díxolle á súa nai. − Mamá, teño medo. − Non pasa nada Xosé, podes durmir co teu boneco que te coidará Xosé ficou máis tranquilo e cando estaba a piques de durmir escoitou un ruído: TAP TAP TAP TAP TAP Eran pasos! Quen camiñaba polo seu cuarto? Xosé tiña tanto medo que apertou contra si o boneco. Tremíanlle as pernas. De súpeto notou un alento na cara e cando xa ía gritar do susto, uns beizos bicaron a súa meixela. − Eh!... pero…que?! Sentíase ben, era pracenteiro. Se cadra o fantasma era boíño, pensaba Xosé. Así que atreveuse a abrir un ollo e, sabedes que? Era a súa nai!

Nara Lago Gil 2º Educación Primaria


A PRINCESA ZOMBI Había unha vez, nun tempo moi afastado, unha princesa chamada Lucía que vivía no Castelo de Soutomaior. O castelo era moi grande, tiña unha torre e estaba rodeado dunha muralla. O único que non lle gustaba a Lucía era que dende a torre se vía o cemiterio de Gondomar e dáballe moito medo. Todos vivían moi felices ata que no día de Todos os Santos comezaron a ocorrer cousas moi estrañas. Oíanse ruídos de cadeas arrastrándose polo chan ( ssssshhhhhhhhhhhhrrrrrrrr), caían os cadros das paredes, abríanse e pechábanse as fiestras soas, … Pero o peor chegou cando se fixo de noite. Os mortos do cemiterio espertaron e, convertidos en zombis, chegaron ata o castelo e treparon pola muralla ó tempo que berraban: Lucíaaaaaaaa!!! Lucíaaaaaaaa!!! Todos fuxiron aterrados agás Lucía que se quedou paralizada co medo. Entón os zombis collérona e convertérona a ela tamén en zombi. Cando se fixo de día os habitantes do castelo volveron e comprobaron que Lucía desaparecera. Dende ese día, todas as noites de Samaín se oen voces que veñen do cemiterio que din:

Lucíaaaaaaaa!!! Lucíaaaaaaaa!!!

Rodrigo, Riballo Rodríguez 1º Educación Primaria


CASTELO DE SOUTOMAIOR Ían dous peregrinos cara o castelo de Soutomaior onde ían cear. Cando estaban medio durmidos apareceu un lobishome, corenta momias e noventa pantasmas. Corenta pantasmas levaban machadas e outros cincuenta levaban pistolas. O lobishome levaba metralletas, trinta momias levaban “lanza sal” para que as feridas piquen moito e dez momias levaban cada unha dúas metralletas. Cando o lobishome, que era o rei, dixo: Á carga! Os peregrinos, que tiñan cadanseu ollo aberto, saíron pitando do castelo. Fuxiron correndo e as feras quedaron pampas. Os peregrinos case morren e a cama quedou esnaquizada por todas as armas xuntas que empregaron todas as feras. Simón, Hayden Rosario 2º Educación Primaria


GAEL E OS GAMUSINOS Gael decidiuse, ía facelo, era un reto persoal. Faríao só sen ningún compañeiro, sen ningunha compañía máis ca da súa sombra e os seus problemas. Sabía que iso melloraría o seu estado de ánimo, ultimamente non andaba moi ben. Aínda non facía moito frío e a calor xa quedara atrás un mes antes. Era o mellor momento. Mañá collería a súa mochila co indispensable para comezar o seu camiño. O trinta e un de outubro arredor do mediodía púxose en marcha, faría todo o camiño a pé. Comezou a

súa andaina no Pazo de Cea, a primeira parada sería Soutomaior. Camiñou sen descanso ata que comezou a facerse noite, a paisaxe era distinta, xamais divisara un monte tan tétrico, Gael sabía que a lapa do lume dos incendios chegara a Soutomaior e iso acabara con parte do encanto da súa zona pero a verdade que non pensara que fora para tanto. O silencio era abrumador, imaxinábase que xa non quedarían pequenos animais vivos, o lume e a calor acabou con eles. Unha auténtica mágoa! Case sen querer recordou as historias que lle contaba o seu avó paterno. Que sería de todos ese seres que hoxe aproveitaría para buscar na viaxe…? “Os gamusinos”, eses seres que o avó lle repetía que tiña que adentrarse na noite a buscar, e que cando os encontrara fora correndo a casa e non mirara cara atrás, que correra coma se non houbera un mañá. Así repetía na orella cada domingo pola mañá o seu avó cando o collía no colo. Gael pensou que como xa era noite cerrada debería durmir nun recuncho dunha árbore, decidiu que meteríase no interior dela, pola súa dimensión debería ter polo menos oitocentos anos, e agora case non se mantiñan en pé, a súa visión da árbore era espeluznante, tanto que ó adentrarse tratou de durmir pero era imposible, a cama de polas era moi incómoda, cos incendios apenas quedaban follas na zona. Cando

levaban unha hora dando voltas sen poder descansar decidiu que seguiría o camiño. Dispúñase a saír cando o lonxe divisou algo que se movía, era branca e o miraba fixamente. Non podía ser! Era a lechuza máis temida en Galicia, era a mal chamada “a cabra”. A lenda di que quen a escoita coñece de cerca o monte pero que quen a mira ós ollos de noite quédanlle moi poucas horas… Gael comezou a ter medo, quedáballe pouco, pero canto? Antes do seu final quería atopar “os gamusinos”, serían seres bos? Ou pola contra serían malvados? Xa que recordaba claramente as indicacións do avó: “corre, corre para casa coma se non houbera un mañá”.


“A

cabra” mirábao fixamente e emitía uns ruídos moi extraños, uns ruídos sobrecolledores que lle facían

tremer o corpo. Gael estaba aterrorizado, co medo botouse a correr e sentiu que alguén o enganchara pola sudadera, intentou zafarse pero era imposible, o fin chegara, serían os gamusinos que o cazaran? Viñéronlle mil cousas á cabeza, este era o seu fin. O medo non lle deixaba avanzar, o tiñan atrapado, Gael desmaiouse. A mañá seguinte espertou e decatouse que era o medo o que lle impedira seguir co seu camiño, xa que o que puido visualizar claramente era que o que tiña atrapado non era ningún ser estraño, era unha silueira brava da maleza que rodeaba o castelo de Soutomaior. Gael seguiu o seu camiño a Santiago de Compostela cun sorriso, nunca xamais esquecería ese trinta e un de outubro, ese día de Samaín especial no que puido vivir os monstruos da noite galega. Pero…como era que un rapaz da terra das bruxas…un rapaz de Belesar, podía ter medo? Iso non podía volver a suceder.

Xiana Fernández Fernández

4º Educación Primaria Óscar Fernández Valverde Gael Fernández Fernández Zaira Fernández Obenza


O RESPLANDOR Un sábado a miña familia e máis eu fomos ó Castelo de Soutomaior. Cando chegamos xa era pola tarde e non había moita luz. Ó pouco comezou a escurecer e mandáronnos ir saíndo; xa estábamos na porta cando me pareceu escoitar unha voz que dicía: Axúdame a saír de aquí! Intentei descubrir de onde viña a voz e baixei unas escaleiras estreitas e escuras, ao final había unas nenas e ao achegarme descubrín un alxube (mazmorra) cun home que metía medo…asusteime!!! Meus pais baixaron ao escoitarme berrar, chegaron xunto a min, pero o home desapareceu. Eu tiña moito medo e o meu pai colleume no colo para marchar pero notei que a súa pel estaba moi fría. Eu estaba segura de que aquel non era meu pai, pero cando quixen pedir axuda a miña nai, ese home botou a correr no colo comio. Saímos cara o portal e xa era totalmente de noite. Só se miraba o resplando ó lonxe. Eu non paraba de chorar e berrar. Cando chegamos ó portal caemos e mirei coma un espíritu saíu do corpo do mei pai e uniuse a aquela luz branca.

Papá abrazoume e choramos xuntos pero el non se acordaba de nada. Decidimos marchar e non voltar nunca máis.

Cecilia Pereira Salgueiro 5º Educación Primaria


O DUENDE AZUL - Hai moito camiño por percorrer? Preguntou Iker por terceira vez. - Falta pouco .—Díxolle a súa nai.– Dentro de pouco comezará a ollarse o Castelo. - Ah, si! Mira Iker, xa se olla o Castelo! - Dixo Sara. Ese día Iker xunto cos seus país e a súa curmá foron visitar o Castelo de Soutomaior. Era Samaín pola tarde, polo que Iker e a súa curmá pensaron que podería ser un día moi emocionante: Ían ver un castelo medieval! Un Castelo de verdade! Nada que ver co Castelo de xoguete que Iker ten no seu cuarto. Alí loitaron verdadeiros cabaleiros, soldados, … cos seus cabalos, escudeiros, … alí viviron auténticos condes!

Cando se deron de conta, xa estaban dentro visitando tódalas estancias equipadas con mobiliario antigo, decorado con escudos de armas, lanzas, espadas e armaduras. Cada cuarto parecíalles máis interesante ca o anterior, ata que de súpeto, Iker deuse de conta de que había un cuarto no que non entraran. De feito, na gran porta de entrada tiña un cartel. Sara leu en voz alta: - “Non pasar”. - Que haberá dentro?- Preguntou Iker. - Pois non sei– Contestou Sara. - E se entramos só para botar unha ollada?- preguntou Iker. - Mmmmm …. Non sei.– Dixo Sara. Pero tras pensalo un pouco dixo: - Vale, pero só un momento. Así que os dous curmáns entraron no cuarto. Estaba a escuras, a esa hora da tarde xa non había moita luz. Aínda así, víase unha gran mesa con moitas cadeiras arredor e nos extremos dela unas grandes cadeiras que seguramente foron da nobreza. Ámbolos dous curmáns adentráronse máis no cuarto, quixeron seguir seguir ollando todo o que había nel. Iker achegouse a unha parede para ver un gran escudo de armas, estaba moi concentrado observando cando de súpeto e, escoitou un ruído cerca del. Asustouse e mirou ó seu redor, pero non viu nada. Escoitaches iso?- Preguntou Iker. - O que? - Dixo Sara. - Ese ruído - Non, non escoitei nada.


Sara achegouse ao seu curmán:

- Será mellor que saiamos antes que os teus país de dean de conta.– Dixo Sara. - Agarda un momento… quero mirar máis cousas– Dixo Iker. Seguiron camiñando polo cuarto collidos da man, pois estaba xa moi escuro cando de súpeto, oiuse unha respiración cerca, moi cerca… Esta vez foi Sara quen preguntou: - Que é iso? Quen anda aí? Ámbolos dous curmáns estaban moi asustados, pois esta vez non había dúbida; alguén máis estaba naquel cuarto. Querían correr, saír de alí, pero as pernas non respondían. Tiñan tanto medo!

Logo duns intres oíuse outra vez: - Quen sodes vós? Que facedes aquí? Non deberiades estar neste cuarto. Iker e Sara estaban aterrorizados, non sabían que responder, tiñan tanto medo que non lles saían as palabras… Logo duns intres, con voz tremolosa, Iker atreveuse a responder: - Somos Iker e Sara e queríamos botar unha ollada a este cuarto. - Non vistes o letreiro que hai na porta?- Dixo a voz. - Si– atreveuse a dicir Sara– pero entramos para estar só un momento, nada máis.- Pois deberiades volver– Dixo a voz.

- Quen es ti?- Preguntou Iker– Onde estás? Non te vemos. - Non deberiades saber de min– Dixo a voz. - Por que? - Preguntou Iker. - Porque so así podo vivir tranquilo neste Castelo - Nós sabemos gardar un segredo– Dixo Iker - Si, é verdade, ninguén saberá nunca que vives neste Castelo– Dixo Sara– Xurámolo!! - É verdade iso? Podo crer en volos dous? - Xurámolo!!- Dixeron os dous curmáns. - Está ben, vou crer en vós. De súpeto viron saír detrás dunha armadura unha sombra que viña aproximándose a eles. Cando se achegaba, decatáronse que era pequeno… como un home pequeno. Ao pouco viron que era de cor… azul!! Iker e Sara miráronse un ao outro sorprendidos e coa boca aberta. Eles non podían crer o que ollaban. - Quen es e por que es de cor azul?- Preguntou Iker. - Son un duende azul e chámome Igus. - Vives aquí?


- Si

- Por que? - Gústame moito este Castelo. Máis cando non hai ninguén, pois é máis tranquilo e hai moitos recantos nos que agocharse. - E non te da medo?- Preguntou Sara. - Non, coñézoo moi ben. Non hai porque ter medo. - E que é tan grande e está tan escuro…- Dixo Iker. - Cando te acostumas deixas de ter medo De súpeto escoitaron un ruído na porta. Volvéronse e viron que eran os país de Iker que os estaban a buscar. - Iker! Sara! Onde andades?- Dixo o pai de Iker. - Xa vamos!- Contestaron os nenos. - Que facedes aquí? Non vistes que non se pode entrar? - Dixo a nai. - Só queríamos botar unha ollada– Dixo Iker. - Veña, vámonos que xa é tarde.– Dixo o pai. - Si, xa vamos. Cando os nenos volvéronse cara ao duende… xa non estaba!! Miraron para todos os lados e non o viron. Xa de volta no coche, os país de >Iker preguntaron que lles parecerá o Castelo. Iker e Sara miráronse e chiscaron un ollo. - Cando volvemos?- Preguntou Iker. 

Pronto, moi pronto.– Dixeron os país.

Iker Doval Estévez 6º Educación infantil


MONSTROS EN SAN SIMÓN Na illa de San Simón había morcegos, zombis, esqueletos e tamén momias. Un día uns adultos foron alí e asustáronse ao ver a todos eses monstros. Pero estes monstros non eran malos senón que eran moi simpáticos e graciosos. Os adultos ao darse conta de que eran bos fixéronse os seus amigos e organizaron unha festa de Samaín todos xuntos, con caramelos e moitas pataquiñas e por suposto, unha gran música para bailar. David Diego Otero 2º Educación primaria


A noiva pantasma da Costa de Oia Unha noiva estaba agardando polo noivo na igrexa pero o noivo, polo visto cambiara de idea, e non se presentou. Entón a noiva subiu a un coche e fuxiu sen que os invitados á voda fosen capaces de detela. A noiva colleu a estrada de Baiona cara a A Guarda e nunha curva moi perigosa, en Santa María de Oia, concello de Oia (Pontevedra), que non viu pois caía unha treboada moi forte e ademais as bágoas impedíanlle a visión, envorcou e morreu. Dende entón se alguén pasa nunha noite de mal tempo polo cabo Silleiro pode ser que se atope coa pantasma da noiva non medio da estrada e que chama polo que pasa. Segundo uns chama para avisar á xente que teña coidado na curva na que ela morreu; segundo outros o que realmente desexa é que o condutor se mate e así poder ter xunto dela a pantasma dun home como castigo polo que lle fixera o noivo en vida.

Sexa o que sexa, moito olliño con esa estrada, con noiva pantasma ou sen ela é moi perigosa.

Saúl González Domínguez 6º Educación Infantil


Peregrinos no Castelo de Soutomaior Uns peregrinos que saíron de Sabarís chegaron despois duns días ao Castelo de Soutomaior. Cando entraron no Castelo tiveron que pasar pola ponte levadiza para non caer no foso, onde se pensaba que estarían os crocodilos noutra época, comezou unha forte tormenta e buscaron un lugar onde pasala noite. Todas as habitacións do castelo estaban ocupadas por peregrinos moi cansos que chegaran antes. Baixaron unhas escaleiras de caracol, estaba escuro. Unha porta con rexas apareceu á súa dereita. Penetraron na habitación. Dende un oco no teito entraba un pouco de luz e descubriron unha persoa sentada, como se estivera moi cansa, coas roupas manchadas de sangue. Era o cárcere! Pero… o que estaba sentado non era máis que un boneco para representar o que alí sucedera fai moitísimos anos.

Robert Hayden Rosario

5º Educación Infantil


A COVA SINISTRA Era unha vez unha illa chamada San Simón, onde o máis temido era perderse durante a noite e terminar na “Cova Sinistra”. Daquel lugar non había volto ninguén , e cando alguén se perdía por alí o último que se escoitaba era un gran grito de terror e a continuación unhas risas. A xente da illa vivía aterrada ante a posibilidade de que o monstro un día abandonara a cova, entón encheron a entrada das súas casas con agasallos e comida que logo desapareceu. Un día veu por aquela zona un mozo a quen a situación lle pareceu tan inxusta, que decidiu entrar na cova a afrontarse ao monstro. Entrou na cova alumeándose cun facho, e chamando ao monstro, disposto a falar con el e explicarlle a situación. O principio o monstro riu longo rato, o mozo foise achegando segundo lle escoitaba máis alto, pero logo calou, o mozo tivo que seguir camiñando sen saber onde, ata que chegou ao fondo e lle pareceu mirar a figura do monstro. En canto se acercou un pouco, sentiu un forte golpe nas costas, que o empurrou adiante ata un burato na rocha que non puido evitar, e caeu. Segundo ía caendo, sentiu música, voces, e máis claridade, foi parar contra o chan brando, oíu un grito de Sorpresa!! E sen crelo, encontrouse en medio dunha gran festa. Alí estaban todos os que nunca volveran da illa, e lle explicaron que aquel lugar era idea dun antigo alcalde da illa, que tratou de facer grandes cousas e non puido polo medo que sempre tiñan os veciños, inventaran a historia do monstro para demostrarlles o pouco sentido que tiña a súa actitude. Así que alí se quedou o mozo, gozando da festa en compaña de todos aqueles que se atreveran a achegarse á cova. Mentres tanto na illa seguen pensando que a Cova Sinistra é o peor dos castigos. Iker Rodríguez Martínez

1º Educación Primaria


CAMIÑO DA FESTA Aquela era unha noite fría de finais de Outubro ,húmida pola espesa néboa que impedía ver nada a máis de 5 pasos. Xavier e Brais quedaron en atoparse no cruce de sempre cos seus amigos Jorge e Pablo ,tamén quedou en aparecer alí Branca ,a curmá de Pablo. Ían todos para o Pazo de Cea onde se ía celebrar unha gran festa que ían tardar tempo en esquecer porque se festexaba o aniversario de María. Tíñao todo organizado para ser a mellor festa de disfraces da historia aproveitando que se achegaba o Samaín. Nun dos grandes salóns tiña todo adornado; había pantasmas, caveiras, morcegos, arañas e moitas máis cousas arrepiantes colgadas polas paredes. Cando se atoparon os 4 amigos comezaron o camiño cara a festa. Aínda non deran dez pasos cando se decataron de que detrás deles ía outro rapaz camiñando, non o distinguían ven pola béboa, tan só sabían quqe ía enfeitado cun traxe de paiaso; decidiron agardar por el. Canto mais se achegaba a eles, Branca comezou a pensar que non era boa idea , dáballe arrepío. Xavier, que sempre se fachendeaba de que nada lle daba medo e ninguén o asustaba, decidiu preguntarlle como se chamaba e se ía con eles cara a festa de María. O paiaso nese intre pegou un berro tremendo, amosando os dentes e sacando un gran coitelo. Cando todos o viron saíron a escape de alí , cada un polo seu lado.

Branca agochouse detrás dun coche que estaba aparcado na rúa ,estaba mortiña de medo, non se atrevía a mover nin un pelo; de súpeto, escoitou detrás dela un “chss,chss”,mirou cara atrás pensando que sería algún dos seus amigos pero na escura noite un berro arrepiante soou.. Jorge,Xavier e Pablo chamaron forte pola súa amiga que xa non contestou, non se decataron de que no momento que chamaron por ela delataron a súa posición e o paiasi poido dar co seu acubillo. Foi correndo cara onde eles estaban nese momento e botaron a correr a fume de carozo.


Jorge e mais Pablo tropezaron nunhas rochas que había na beirarrúa que non viron pola escuridade da noite. Xavier non se parou nin mirou cara atrás,no medio da escuridade tan só escoitou o laiar e o suplicar dos seus amigos chorando e pregando polas súas vidas. Con tanta carreira non se decatou de que lle caera o móbil, tan só se deu conta cando botou a man ao peto para collelo e intentar chamar á policía.ó FBI ou ó exército,a quen fose , pero que viñeran xa!. Decatouse de que xa se atopaba preto do Pazo,onde estaría a salvo, tiña que avisar a todo o mundo sobre o que acontecía fóra; tomou aire e decidiu saír correndo, tropezou e caeu nunha poza -Vaia!,era o que faltaba!.Entrou pola porta do salón do Pazo berrando coma un tolo, espeluxado e empapado: axuda, axuda, socorro, acudídeme…!...Cando recuperou o alento, comezou a contar o que lle acontecera fóra e a pedir un móbil para avisar á policía pero todos pensaban que estaba de chanza, xa o coñecían…sempre andaba cos seus contos. Xavier púxose de pé pola rabia de que ninguén o crera e puido ver ó lonxe como unha máscara coñecida entraba pola porta, comezou a tatexar tentando pronunciar algo que os demais poidesen entender. Cando comezou a camiñar cara el, comezou a berrar:foi el,é ese!. Nese intre botáronse todos a rir, non entendían nada do que acontecía alí e quedou parvo cando viu saír a Branca, Pablo e Jorge de detrás dunha porta. María confesoulle que o estivera preparando cos seus amigos para darlle un escarmento porque sempre estaba contando historias fantásticas e asustando á xente.Xa era hora de que probara unha dose da súa propia mediciña. Un consello rapaces, cando pasedes polo camiño do Pazo non miredes cara atrás por si aparece un paiaso e quere ir con vós.

María Rodríguez Domínguez 6º Educación Infantil


SAMAIN NA ILLA DE SAN SIMON Todo comezou no recreo do venres anterior á semana de Samaín cando Leo propuxo aos compañeiros de clase:  Que vos parece se facemos un anaco do camiño de Santiago no día 31 de Outubro? Podemos facer o treito que vai dende Redondela ata Arcade e pasar a noite na illa de San Simón, que está moi chula!  Sí, que boa idea! - Dixeron todos entusiasmados. Nesa mesma tarde os rapaces puxéronse a organizalo todo para a excursión. Maria e Claudia levarían música para facer un baile mentres montaban as tendas. Iar e Mario un balón de fútbol para xogar un partido. Diego e Leo levarían a comida para elaborar os ricos pratos que aprenderon nas clases de cociña. Lucía, Laura e Abril, unhas máscaras para facer unha festa de disfraces pola noite. Manu, Iker e Saúl levarían uns contos para ler ao chegar a media noite. Kalani, Anxo Sotelo, Anxo Costas, Simón e Estifanos levarían as tendas, os sacos e as lanternas. Ao día seguinte partiron dende Belesar camiñando con toda a equipaxe. O camiño non foi curto pero pasóuselles rápido mentres cantaban cancións dos seus grupos favoritos: Migallas, Maria Fumaça, Mamá Cabra e moitos máis, e tamén ían facendo xogos e bromas. Cando chegaron ao porto de Vigo, o barco que saía cara a illa de San Simón estaba a piques de partir. - Veña vamos!!! - dixeron os primeiros en chegar- que o barco vai zarpar! Subiron ao barco e colocaron toda a equipaxe. Unha vez todos sentados nos seus lugares, Iar foille preguntar ao capitán do barco canto tardaban en chegar á illa. De súpeto, todos escoitaron un grito de Iar: “miña madriña!!” Ao voltar onda todos, case non daba falado e as palabras que lle saíron foron: “o que leva o barco é un morto vivinte!”. Os nenos armáronse de valor e foron capturalo. Todos foron inmobilizalo, Kalani, xuntoulle os pés e Leo amarroullos, e foi así como puideron tiralo pola borda. Pero unha vez feito isto, Mario preguntou: “e agora, quen tripulará o barco? alguén sabe facelo?”. Todos miráronse uns aos outros e nisto que Anxo Sotelo dixo: “o meu pai ten un barco e eu fun algunhas veces con el navegar, creo que sería quen de levalo”. “Hurra!!” gritaron os seus compañeiros, e Anxo Sotelo levounos sans e salvos á Illa de San Simón. Cando chegaron á illa, puxéronse mans a obra, uns montaron as tendas de campaña, outros prepararon todo para facer o xantar. Diego e Leo cociñaron unhas ricas tortitas de calabacín e cenoria. Cando remataron, moitos dos rapaces estaban cansos, pero aínda quedaba o mellor, os contos de terror que Lucía e Iker ían contar. Cando ían comezar, os nenos escoitaron un ruído, un ruído que metía moito medo... de súpeto viron uns colmillos que romperon unha das tendas e oíron “buuuuu” “jijiji”. Os nenos xuntáronse para tratar de descubrir quen fora o responsable da broma, Manu, Iar, Saúl e Leo decidiron preparar unhas trampas por se alguén se volvía achegar ao campamento.


O pillo voltou a achegarse a unha das tendas de campaña e caeu na trampa, os nenos puideron descubrir, grazas ás trampas, que fora Eduardo!, o conserxe do colexio, o que tratara de asustalos. Os nenos quedaron abraiados ao ver a Eduardo disfrazado de home lobo. Non o podían crer. Eduardo non podía parar de rir ao ver a todos eles, con cara de medo. E así foi como xa tan cansos foron todos durmir, cunha condición, que Eduardo estivera toda a noite vixiando que non viñera ninguén a meterlle medo aos nenos. E colorín colorado este conto, rematou.

Leo Castro Casabella 6º Educación Infantil


A aula de robótica de acampada terrorífica nas ruinas de Santo Domingo Rosa é mestra na aula "Robótica" do colexio de Belesar, a cal pertence os nenos e nenas de cinco anos. É unha clase moi activa, todos os nenos e nenas aprenden moito, xogan e encántalles ir de excursión . Un día Rosa decide facer unha excursión diferente as demais, vai levar ós nenos e nenas de acampada as Ruínas de Santo Domingo. Pero iso non é todo, porque vai ser na noite máis terrorífica do ano, a NOITE DE SAMAIN. Como son moitas cousas as que necesitan para a acampada, fai grupos cos nen@s da seguinte maneira: Mario, Iar e Abril teñen que levar as mantas e as tendas. Leo, Kalani e Anxo Sotelo levan a comida. María, Diego, Manuel e Iker levan as lanternas. Laura, Anxo Costas, Lucía e Claudia encárganse da auga. Estifanos, Saúl e Simón teñen que levar a leña. E Rosa leva o chisqueiro para poder prender lume a fogueira. Ó chegar as Ruínas de Santo Domingo, entre todos montan as tendas e colocan unha manta en cada tenda. De seguido colocan a leña formando unha fogueira, así o chegar a noite so teñen que prender o lume. Cando xa teñen todo no seu sitio van xogar entre as árbores do monte no que estaban acampados. En pouco tempo fíxose de noite, Rosa colleu o chisqueiro e prendeulle lume a fogueira. Puxéronse todos arredor da fogueira para cear. Cando xa remataron de cear, comezaron a contar relatos e contos de medo. Todo ía moi ben ata que escoitaron un ruído "CRAC CRAC", todos estaban asustados, colleron as lanternas e foron ver que estaba pasando no medio do monte. Viron que algo estaba a moverse e de súpeto escoitan "MON - MON", aparece unha momia con unha motoserra e comeza a seguilos. Todos comezan a correr, un pouco máis adiante escoitan "CLAC - CLAC" , ven un morcego saltado nas ramas das árbores. Tiñan tanto medo que xa non sabían se seguir ou se dar volta, comezaron a falar entre eles e decidiron seguir. Comezaron a camiñar e pareceulles ver uns cornos e un tridente, de repente aparécelles un demo que lles dicía: - ¡ Se seguides este camiño ides ir o inferno!


Rosa moi nerviosa grita:

- ¡ Nen@s correr! ¡ Imos ir por aquí para chegar antes as tendas! Todos seguiron a mestra pero cando xa lles faltaba pouco para chegar as tendas escoitan: 

" MOUCHOS, CORUXAS, SAPOS E BRUXAS"…e de súpeto ven aparecer unha bruxa moi fea que estaba facendo un conxuro. Todos moi asustados corren cara as súas tendas, métense dentro e péchanse. Estaban nerviosos e asustados pero rápido se quedan durmidos porque estaban cansados. Á mañá seguinte cando espertan e saen todos das tendas ven a catro nenos disfrazados durmindo debaixo dunha árbore. Decidiron ir todos xuntos ver quen eran. Ó chegar alí topáronse cunha momia, un vampiro, un demo e unha bruxa. Eran os que tanto medo lles fixeron pasar na noite de Samain. Quixeron sacarlles as caretas para ver quen eran, e en canto lles descobren a cara, tópanse con Dani, Iker, Lois e Zayra. Tres nenos e unha nena que viñan sendo os primos e o irmán de Anxo Costas. Grazas a eles os nenos da aula "Robótica" puideron gozar dunha verdadeira noite de Samain.

Anxo Costas 6º Educación Infantil


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.