Belehistorias

Page 1


A historia repetida Érase unha vez uns petróglifos en Baíña, moi preto da parroquia de Belesar.

Un día chegou un señor e comezou a picar a pedra e uns momentos máis tarde viu os petróglifos na pedra pouco triturada. Continuou picando arredor dos debuxos e entón os petróglifos con forma humana puxéronse a camiñar. Chegaron ao Cortelliño, no monte da Groba. Ao final abríronse unhas portiñas nas cabezas dos petróglifos andantes e sacaron ferramentas para picar pedra. Entón, puxéronse a picar outros petróglifos que atoparan. A historia repetiuse. En vez de dous petróglifos agora eran catro. Despois de visitar os montes tan bonitos da zona, decidiron volver aos ocos de onde saíran . Así, dando un salto, volvéronse colocar no seu sitio.

Fin Por Simón Hayden e familia (5 anos)


Lenda de Belesar Na boca da Groba hai unha cova, nela vive unha moura...

Nesta cova hai un camiño polo seu interior que vai dar ao Parador de Baiona. A moura é unha muller de cabelos louros e moi xeitosiña. No interior da súa cova garda moitísimo ouro e cando fai sol sácao para fóra para douralo aínda máis. Conta a lenda que todas as noites vai a moura bailar a Chan da Lagoa. Moita xente achégase ata alí para vela, pero ninguén sabe o que fai porque non conseguen vela...

Por Anxo Costas Álvarez e familia (3 anos)


O neno labrego Fai algúns anos na aldea de Belesar, que está preto de Baiona e estaba case chea de campos plantados con millo e trigo, un neno naceu nunha familia de moitos irmáns.

Daquela os nenos tiñan que traballar no campo plantando e axudando a coidar os animais que tiñan na casa (un porco, unha vaca, polos e galiñas e incluso algún boi). Este neno, despois de ir á escola, axudaba en todo; era moi bo. Aínda que os paxaros comían o trigo, el nunca se enfadaba por traballar e para contentar aos seus pais ata construíu un espantallo con dous paus e como non había case roupa, púxolle un saco para vestilo. Non había case luces nas rúas e pola noite daba un pouco de medo saír: oíanse zorros e lobos ouvear no monte! O neno e o seu pai levantábanse moi cedo para regar os campos que tiñan plantados con millo e trigo e ían moelo nun muíño artesán que había preto do río que pasaba pola aldea. Facían fariña e con ela facían pan. O neno fíxose grande, pero nunca deixou de gustarlle a vida de labrego.

Fran (2º primaria)


O soño de Tifiña Mamá e Papá tíñanllo dito moitas veces: “ti es un neno especial, coma todos os nenos”. Con tal motivo ocupaba sempre lugares especiais dentro da casa, e á hora de comer non ía ser menos: el ocupaba o mellor sitio da mesa, no medio de mamá e papá, fronte a ventá da cociña onde se podía mirar o mar e toda a paisaxe costeira, coa praia da Ladeira e o cámping ao fondo da ría do Miñor; pero, sobre todo, podíase mirar o ceo de Sabarís. A Tifiña encantáballe mirar o ceo e tódalas cousas que había nel. Polo día miraba as nubes e imaxinaba miles de formas, o chorro dos avións, os paxaros...e polas noites miraba a lúa, as estrelas, os bechos voadores e os morcegos a cazalos... Un día, estando a comer no seu sitio especial da mesa, aconteceu algo que o asombrou; algo que nunca mirara estaba a sucar o ceo xusto por enriba da súa casa e dirixíase cara ao mar. Que sería aquel estraño obxecto, aquel aparello de cores cunha especie de verme colgando que sacaba as patas cando estaba preto do chan? Inquedo, nervioso e algo asombrado berrou: -

Mira Papi, mira que cousa. Que é iso, de onde saiu? Siiii! Mira que chulada, é un parapente.Paraqué, Papi? Un parapente. Os pilotos soben ata a Serra da Groba, despregan o seu parapente e alí, aproveitando as correntes de aire, tíranse a voar ata que aterran a carón da praia, no antigo campo de fútbol do Erizana. E, sabes unha cousa?


- O que, Papi? - Que o pasan pipa voando coma os paxaros e planeando co vento. - Papi eu quero voar nun parapente. Podo? Porfa, anda porfa! - Amor, ti aínda es moi pequeno para tirarte nun parapente. Ademais non énada doado voar, así que primeiro terás que aprender a dominar a terra e o mar antes que o aire. Xa sabes andar e correr, o próximo será dominar a bici e nadar, e cando sexas maior xa veremos se segues querendo voar. Tifiña tiña tanta ilusión por voar en parapente que ó longo de todo o verán traballou arreo para aprender a andar na bici de pedais e a nadar. Sempre que podía e había bo tempo, baixaba con mamá e papá ata a praia da ladeira para ver aterrar os parapentes que viñan co vento da Groba e tamén dende alí vía despegar outros parapentes que andaban con motor. Un día, antes de ires durmir, ceando no seu lugar especial preguntou: - Papi, xa sei nadar e andar na bici. Mañá podemos ir voar en parapente? - Non cariño, aínda es moi pequeno e o vento levaríate lonxe. Tes que comer moi ben para facerte forte e crecer moito. Tifiña ceou coma un lobo papante e marchou para a cama coa súa ilusión de voar intacta, a pesares da negativa de papá. Ó día seguinte, cando espertou estaba pletórico de enerxía e felicidade. Correndo, sentou no seu lugar especial da cociña a almorzar e comezou a contar a súa experiencia:


-

Sabes que papi? Que fillo. Soñei. Soñaches? Conta, conta. Esta noite estiven a voar en parapente. Voaba e voaba polo medio das nubes, empuxado polo vento. E sabes que, papi? - Que. - Que o pasei pipa.

E mamá, papá e Tifiña botaron a rir coma descosidos e pasárono pipa xuntos outro día máis.

Para Estífanos, o meu fillo, fonte de inspiración.

Por Rubén Baz González


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.