Infoxove n1

Page 1

Xullo-Agosto 2009

Nº 37

REPORTAXE

Turismo de adrenalina, parques temáticos Os parques de atraccións constitúen unha atractiva oferta para o noso tempo de lecer, sobre todo nestas datas de verán. Ademais de contar con actividades repletas de adrenalina, en España hai unha ampla oferta. Infoxove preséntache algunhas suxestións. Páxs 14 e 15

ENTREVISTA

Actividades de verán para máis de 10.000 mozos Gozar coa compañía doutros mozos, practicar deportes de verán como a vela ou traballar en actividades relacionadas co medio ambiente, a cultura ou a recuperación do patrimonio

son só algunhas das posibilidades que ofrece o programa “Acción Verán 2009”, posto en marcha pola Dirección Xeral de Xuventude. Un programa no que este ano participan máis de 10.000

Guía de concertos para este verán Tempo de verán, tempo de festa e, sobre todo, de música. Galicia énchese de concertos e festivais para todos os estilos, gustos e petos. Dende Infoxove ofrecémosche un percorrido por algúns destes eventos para que non Páxs 22 e 23 perdas nin o primeiro.

mozos e mozas galegos de entre 9 e 35 anos. Trátase dunha alternativa lúdica e de calidade que se desenvolve a través de diferentes iniciativas: 28

campamentos de verán, 220 prazas en campos de traballo en Galicia e 17 campamentos fóra da nosa comunidade. Unha ampla oferta para todos os gustos. Páxs 4 e 5

O EEES chega ás universidade galegas O mapa das titulacións que se poderán cursar o vindeiro curso nas universidades galegas mudará substancialmente. Noventa

das 154 carreiras estarán adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior. Infoxove explícache en que consiste o EEES. Páxs 6 e 7

Beatriz Mato: “crearemos emprego para a mocidade” A nova conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, será a máxima responsable das políticas da mocidade nos vindeiros 4 anos. Unha lexislatura na que “frear o paro e crear emprego serán os nosos principais obxectivos” con medidas coma un Plan Autonómico de Emprego Xuvenil ou a Lei da Mocidade. Beatriz Mato adianta que o Instituto da Xuventude Galega xestionará a política de mocidade, que “se fará escoitando aos mozos e mozas galegos”. Páxs 12 e 13


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.