Page 1

DOG Núm. 10

Luns, 16 de xaneiro de 2012

Páx. 2516

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL ORDE do 3 de xaneiro de 2012 pola que se aproba o Regulamento das indicacións xeográficas Augardente de Galicia, Augardente de Herbas de Galicia, Licor de Herbas de Galicia e Licor Café de Galicia, e do seu consello regulador común, o Consello Regulador das Indicacións Xeográficas das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia. Mediante Orde do 5 de maio de 1989 recoñeceuse con carácter provisional a denominación específica «Orujo de Galicia». Posteriormente, mediante Orde do 16 de setembro de 1993 aprobouse o primeiro regulamento desta denominación e do seu consello regulador, que estaría en vigor ata a publicación dun novo regulamento que se aprobou mediante a Orde do 15 de febreiro de 1999, que é o vixente hoxe, aínda que con diversas modificacións, a última delas realizada a través da Orde do 22 de febreiro de 2005. Entre estas modificacións, a de maior relevancia foi a que se produciu mediante a Orde do 8 de setembro de 2004, que ampliou a protección a tres novas bebidas espirituosas: o augardente de herbas de Galicia, o licor de herbas de Galicia e o licor café de Galicia. Desde a aprobación do dito regulamento producíronse importantes cambios normativos tanto no réxime xurídico das denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas e no réxime de funcionamento dos consellos reguladores como na regulación europea do sector das bebidas espirituosas. Así, en relación co primeiro dos ditos cambios, con data do 11 de marzo de 2005, puCVE-DOG: 8ibhyco6-6s09-j2s7-nlk6-c2xzlnnlz7n7

blicouse a Lei 2/2005, do 18 de febreiro, de promoción e defensa da calidade alimentaria galega, e posteriormente o Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro, polo que se regulan as denominacións xeográficas de calidade do sector alimentario e os seus consellos reguladores. Esta lei e o seu decreto de desenvolvemento citado establecen o novo marco legal a que deberán axustarse as denominacións de orixe e as indicacións xeográficas e os seus consellos reguladores no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. A novidade de máis alcance nesta regulación é a configuración destes órganos como corporacións de dereito público con personalidade xurídica de seu. Por outra parte, como se indicou, o marco europeo regulador das bebidas espirituosas sufriu un importante cambio coa aprobación do Regulamento (CE) n.º 110/2008 do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de xaneiro de 2008, relativo á definición, designación, presentación, etiquetaxe e protección da indicación xeográfica de bebidas espirituosas e

ISSN1130-9229

Depósito legal C.494-1998

http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 10

Luns, 16 de xaneiro de 2012

Páx. 2517

polo que se derroga o Regulamento (CEE) n.º 1576/89 do Consello. Este novo regulamento, fronte ao que derroga, fai unha auténtica regulación das indicacións xeográficas no sector das bebidas espirituosas e, no seu anexo III, recolle a lista das indicacións xeográficas que quedan xa inicialmente recoñecidas, entre as que se atopan as catro galegas citadas, sen prexuízo da posibilidade do rexistro doutras novas de acordo co procedemento que no dito regulamento se recolle. Faise, por tanto, necesario aprobar un novo regulamento das indicacións xeográficas Augardente de Galicia ou «Orujo de Galicia», Augardente de Herbas de Galicia ou «Aguardiente de Hierbas de Galicia», Licor de Herbas de Galicia ou «Licor de Hierbas de Galicia» e Licor Café de Galicia, e do seu consello regulador común, o Consello Regulador das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, para adaptalo ao novo marco normativo autonómico e comunitario. Aprovéitase, ademais, a circunstancia para introducir algunhas modificacións puntuais en aspectos técnicos da elaboración e da comercialización destas bebidas, para adaptar a súa regulación á evolución que se produciu nestes anos no mercado. Segundo o anterior, despois da proposta do dito consello regulador e de acordo co establecido na Lei 2/2005, do 18 de febreiro, de promoción e defensa da calidade alimentaria galega, e no Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro, polo que se regulan as denominacións xeográficas de calidade do sector alimentario e os seus consellos reguladores, DISPOÑO: Artigo único. Aprobación do regulamento das indicacións xeográficas Augardente de CVE-DOG: 8ibhyco6-6s09-j2s7-nlk6-c2xzlnnlz7n7

Galicia, Augardente de Herbas de Galicia, Licor de Herbas de Galicia e Licor Café de Galicia, e do seu consello regulador común, o Consello Regulador das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia. Apróbase o regulamento das indicacións xeográficas Augardente de Galicia, Augardente de Herbas de Galicia, Licor de Herbas de Galicia e Licor Café de Galicia, e do seu consello regulador común, o Consello Regulador das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, que figura como anexo desta orde. Disposición transitoria única. Control e certificación polo Ingacal. Non obstante o establecido no regulamento que figura como anexo desta orde, mentres o Consello Regulador das indicacións xeográficas das augardentes e licores tradicio-

ISSN1130-9229

Depósito legal C.494-1998

http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 10

Luns, 16 de xaneiro de 2012

Páx. 2518

nais de Galicia e o Instituto Galego de Calidade Alimentaria non asinen o correspondente acordo, o control e a certificación das bebidas espirituosas amparadas polas indicacións xeográficas a que se refire esta orde seguirán a ser realizados polo dito consello regulador. Disposición derrogatoria única. Derrogación da Orde do 15 de febreiro de 1999. Queda derrogada a Orde do 15 de febreiro de 1999 da Consellería de Agricultura, Gandaría e Política Agroalimentaria, pola que se aprobou o regulamento da denominación específica «Orujo de Galicia» e do seu consello regulador. Disposición derradeira única. Entrada en vigor. Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2012. Samuel Jesús Juárez Casado Conselleiro do Medio Rural ANEXO Regulamento das indicacións xeográficas Augardente de Galicia, Augardente de Herbas de Galicia, Licor de Herbas de Galicia e Licor Café de Galicia, e do seu consello regulador común, o Consello Regulador das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia

CVE-DOG: 8ibhyco6-6s09-j2s7-nlk6-c2xzlnnlz7n7

CAPÍTULO I Disposicións xerais Artigo 1. Base legal da protección. De acordo co disposto no Regulamento (CE) n.º 110/2008 do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de xaneiro de 2008, relativo á definición, designación, presentación, etiquetaxe e protección da indicación xeográfica de bebidas espirituosas e polo que se derroga o Regulamento (CEE) n.º 1576/1989 do Consello; na Lei 2/2005, do 18 de febreiro, de promoción e defensa da calidade alimentaria galega; no Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro, polo que se regulan as denominacións xeográficas de calidade do sector alimentario e os seus consellos reguladores, quedan amparadas coas indicacións xeográficas «Orujo de Galicia» ou Augardente de Galicia, «Aguardiente de Hierbas de Galicia» ou Augardente de Herbas de Galicia, «Licor de Hierbas de Galicia» ou Licor de Herbas de Galicia e Licor

ISSN1130-9229

Depósito legal C.494-1998

http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 10

Luns, 16 de xaneiro de 2012

Páx. 2519

Café de Galicia, as bebidas espirituosas producidas en Galicia que teñan as características definidas neste regulamento e cumpran na súa produción, elaboración e comercialización todos os requisitos exixidos por este e pola lexislación vixente. Artigo 2. Extensión da protección. As indicacións xeográficas Orujo de Galicia ou «Augardente de Galicia», Aguardiente de Hierbas de Galicia ou «Augardente de Herbas de Galicia», Licor de Hierbas de Galicia ou «Licor de Herbas de Galicia» e Licor Café de Galicia quedan protexidas fronte a un uso distinto ao regulado na Lei 2/2005, do 18 de febreiro, de promoción e defensa da calidade alimentaria galega; no Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro, polo que se regulan as denominacións xeográficas de calidade do sector alimentario e os seus consellos reguladores; neste regulamento e demais normativa concordante. De acordo co anterior, queda prohibida a utilización noutras bebidas espirituosas de nomes, marcas, termos, expresións ou signos que, pola súa similitude fonética, gráfica ou semántica cos protexidos, poida inducir á confusión dos consumidores, aínda nos casos en que vaian precedidos polas expresións «tipo», «estilo», «gusto», «producido en», «envasado en», «orixe» ou outras análogas. Artigo 3. Órganos compentes.

CVE-DOG: 8ibhyco6-6s09-j2s7-nlk6-c2xzlnnlz7n7

1. A defensa das indicacións xeográficas a que se refire este regulamento, a aplicación deste, a vixilancia do seu cumprimento, así como o fomento e control da calidade dos produtos amparados, quedan encomendados ao Consello Regulador das Indicacións Xeográficas das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, á Xunta de Galicia, ao Instituto Galego da Calidade Alimentaria, ao Goberno de España e á Comisión Europea, no ámbito das súas respectivas competencias. 2. O órgano competente para o control e certificación das indicacións xeográficas a que se refire este regulamento será o Instituto Galego da Calidade Alimentaria (Ingacal), de acordo co disposto no artigo 15.1.c) da Lei 2/2005, do 18 de febreiro, de promoción e defensa da calidade alimentaria galega, así como no artigo 66 do Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro, polo que se regulan as denominacións xeográficas de calidade do sector alimentario e os seus consellos reguladores. Artigo 4. Manual de calidade. A consellería competente en materia de agricultura aprobará, despois da proposta do Pleno do Consello Regulador, o programa de control, as instrucións técnicas e os formatos relativos ao proceso de control e certificación das indicacións xeográficas a que se refire este regulamento, que serán integrados no manual de calidade, procedementos operativos e instrucións técnicas, en diante manual de calidade.

ISSN1130-9229

Depósito legal C.494-1998

http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 10

Luns, 16 de xaneiro de 2012

Páx. 2520

CAPÍTULO II Produtos protexidos Artigo 5. Indicacións xeográficas protexidas. 1. Os produtos protexidos a que se refire este regulamento son as seguintes indicacións xeográficas, recollidas no anexo III do R(CE) 110/2008, do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de xaneiro de 2008, relativo á definición, designación, presentación, etiquetaxe e protección da indicación xeográficas de bebidas espirituosas e polo que se derroga o R(CEE) 1576/1989, do Consello: – Indicación xeográfica Augardente de Galicia ou «Orujo de Galicia». – Indicación xeográfica Augardente de Herbas de Galicia ou «Aguardiente de Hierbas de Galicia». – Indicación xeográfica Licor de Herbas de Galicia ou «Licor de Hierbas de Galicia». – Indicación xeográfica Licor Café de Galicia.o2. Os produtos protexidos serán elaborados e embotellados en Galicia de acordo cos métodos que se describen neste capítulo. Sección 1.ª Augardente de Galicia Artigo 6. Descrición da augardente de Galicia.

CVE-DOG: 8ibhyco6-6s09-j2s7-nlk6-c2xzlnnlz7n7

1. A augardente de Galicia é unha bebida espirituosa encadrada na categoría 6 do anexo II do Regulamento (CE) n.º 110/2008, do 15 de xaneiro de 2008, elaborada mediante fermentación e destilación de bagazos e lías obtidos a partir de uvas colleitadas no ámbito xeográfico da Comunidade Autónoma de Galicia. 2. A augardente de Galicia pode ser comercializada ben no ano da súa obtención, inmediatamente ou despois dun período de repouso, ou ben logo de ser sometido a un proceso de envellecemento, conforme o que se recolle no artigo 8. Artigo 7. Elaboración da augardente de Galicia. 1. A augardente de Galicia elaborarase e embotellarase en instalacións inscritas nos rexistros do Consello Regulador das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia.

ISSN1130-9229

Depósito legal C.494-1998

http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 10

Luns, 16 de xaneiro de 2012

Páx. 2521

2. A augardente de Galicia obterase mediante a destilación por quentamento, con lume directo ou vapor acuoso, da masa de bagazo e lías engadida previamente ao aparello de destilación. O bagazo deberá estar en condicións hixiénico-sanitarias axeitadas. Para iso, o seu almacenamento e conservación farase en condicións anaeróbicas. A proporción de lías será como máximo de 25 kg por cada 100 kg de bagazo e a cantidade de alcohol procedente das lías non superará o 35 % da cantidade total de alcohol do produto acabado. 3. Os aparellos utilizados na destilación poderán ser os tradicionais alambique ou alquitara, ou calquera outro de quentamento por vapor de auga que permita obter destilados de calidade, conservando as características específicas das augardentes de bagazo. 4. A destilación terá lugar en presenza dos bagazos, deberá de facerse en sistemas descontinuos e efectuarse a menos do 86% en volume. Dentro deste límite está consentida a redestilación e desmetilización do destilado inicial. 5. En calquera dos procesos de elaboración do produto queda expresamente prohibido engadirlle outro alcohol de orixe vínico ou agrícola ao destilado obtido segundo o especificado anteriormente. A realización desta práctica produciría a perda do dereito ao uso da indicación xeográfica na partida afectada, sen prexuízo doutras accións contra quen fose o responsable desta actuación. 6. Na elaboración da augardente de Galicia non está consentida a aromatización con aditivos de calquera orixe (natural ou químico) nin no aparello de destilación nin no posterior proceso de elaboración.

CVE-DOG: 8ibhyco6-6s09-j2s7-nlk6-c2xzlnnlz7n7

7. En xeral, cumprirase o establecido no punto 6 do anexo II do Regulamento (CE) 110/2008, do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de xaneiro de 2008, no cal se recollen as condicións que deben reunir as augardentes de bagazo. Artigo 8. Elaboración da augardente de Galicia envellecida. 1. As augardentes de bagazo poderán envellecerse mediante o sistema de vendimas ou colleitas, que consiste na permanencia das augardentes de bagazo en envases de madeira, de xeito estático, sen mesturas ou combinacións con outras augardentes durante todo o tempo de envellecemento, que en ningún caso será inferior a un ano. Unicamente se autorizan os recheos necesarios para cubrir as minguas que se produzan. As minguas permitidas serán, como máximo, dun 1,5% trimestral, de acordo co establecido no artigo 90 do Real decreto 1165/1995, do 7 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de impostos

ISSN1130-9229

Depósito legal C.494-1998

http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 10

Luns, 16 de xaneiro de 2012

Páx. 2522

especiais. Os recheos deberán facerse con augardentes de bagazo que teñan o mesmo tempo de envellecemento. 2. Para o envellecemento soamente poderán ser utilizados envases de madeira de carballo ou doutras especies que se recollan no manual de calidade logo da proposta de inclusión aprobada polo Pleno do Consello Regulador. A madeira non poderá estar envernizada nin revestida, e poderá estar estufada ou non. Están autorizados os tratamentos habituais de conservación da madeira e da barrica. A capacidade dos envases será igual ou inferior a 1.000 litros. 3. Para a elaboración do produto final queda autorizada a mestura de diferentes destilados envellecidos, os cales previamente deben estar cualificados como tales de acordo co establecido no artigo 24. A dita operación será realizada baixo a supervisión do órgano de control e de acordo coas normas que se recollan no manual de calidade. 4. Así mesmo, ademais da coloración natural proveniente da madeira, queda autorizada a coloración con caramelo. 5. O órgano de control levará o control documental das augardentes de bagazo en proceso de envellecemento e das instalacións con existencias de augardentes de bagazo en proceso de envellecemento ou envellecidos, así como dos graos absolutos de alcohol.

CVE-DOG: 8ibhyco6-6s09-j2s7-nlk6-c2xzlnnlz7n7

Artigo 9. Características analíticas da augardente de Galicia. A composición analítica da Augardente de Galicia deberá cumprir os seguintes parámetros: Parámetros

Augardente de bagazo

Augardente de bagazo envellecida

Máximo

Mínimo

Máximo

Mínimo

Grao alcohólico (%)

50

37,5

50

37,5

Metanol, g/hl a.a.

950

200

950

200

Acidez total en ácido acético, g/hl a.a.

150

-

250

-

Acetaldehido (etanal), g/hl a.a.

150

-

150

-

Acetato de etilo, g/hl a.a.

250

-

250

-

Suma alcohois superiores g/hl a.a.

600

225

600

225

9

-

9

-

Cobre, mg/l de mostra

(g/hl a.a.= gramos/100 litros de alcohol absoluto)

ISSN1130-9229

Depósito legal C.494-1998

http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 10

Luns, 16 de xaneiro de 2012

Páx. 2523

Artigo 10. Características organolépticas da augardente de Galicia. 1. As augardentes amparadas pola indicación xeográfica Augardente de Galicia presentarán na fase visual un aspecto transparente e limpo e serán incoloras. O seu aroma será intenso, fino, delicado, con presenzas de notas florais e/ou froiteiras, e ausencia de olor a humidade, a queimado, a sucidade e de notas acéticas. O seu sabor será o propio da materia prima de que procede, exento de elementos estraños e con recordos ás características percibidas na fase olfactiva. 2. As augardentes envellecidas amparadas pola indicación xeográfica Augardente de Galicia, á vista se mostrarán limpas e translúcidas, con cor ambarina-tostada. O seu aroma será intenso, fino, delicado, e poderá presentar recordos a vainilla, especias e froitos secos e con ausencia de humidade, de sensación a queimado, de sucidade e de notas acéticas. Polo que respecta ao seu sabor, este lembra á materia prima de orixe, con presenza das características percibidas na fase olfactiva e as do envellecemento natural, e estará exento de elementos estraños. Artigo 11. Indicación de áreas xeográficas e variedades de uva na etiquetaxe. 1. Atendendo ao renome e á tradición de certas comarcas de Galicia na elaboración de augardentes de bagazo con peculiaridades específicas, na etiquetaxe das augardentes acollidas á indicación xeográfica Augardente de Galicia poderá indicarse o nome xeográfico dunha denominación de orixe ou indicación xeográfica vitivinícola das recoñecidas na Comunidade Autónoma de Galicia. Para iso, a uva debe proceder integramente de viñedos inscritos no rexistro da correspondente denominación de orixe ou estar acollidos á indicaCVE-DOG: 8ibhyco6-6s09-j2s7-nlk6-c2xzlnnlz7n7

ción xeográfica e a elaboración, embotellado e, de ser o caso, o envellecemento, debe ser realizado no dito territorio. 2. O establecido no número anterior é de aplicación tamén para o nome das subzonas, no caso daquelas denominacións de orixe vitivinícolas que as reconocesen no seu respectivo regulamento. 3. Na etiquetaxe das augardentes acollidas á indicación xeográfica Augardente de Galicia poderá indicarse unha variedade de uva se se cumpren as seguintes condicións: a) Que as uvas pertenzan a viñedos inscritos nos rexistros dalgunha denominación de orixe ou estean inscritos no rexistro vitivinícola de Galicia como viñedos acollidos a unha indicación xeográfica protexida.

ISSN1130-9229

Depósito legal C.494-1998

http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 10

Luns, 16 de xaneiro de 2012

Páx. 2524

b) Que a variedade estea recollida no respectivo regulamento como preferente. c) Que a variedade que se menciona supoña, polo menos, o 85% en peso da uva de que procede o bagazo utilizado na destilación. Sección 2.ª Augardente de herbas de Galicia Artigo 12. Descrición da augardente de herbas de Galicia. Augardente de herbas de Galicia é a bebida espirituosa tradicional elaborada en Galicia, obtida a partir de augardente amparada pola indicación xeográfica Augardente de Galicia, mediante maceración e/ou destilación do alcohol en presenza das herbas que o caracterizan. O seu contido en azucres deberá ser inferior a 100 gramos por litro e o grao alcohólico volumétrico estará comprendido entre 37,5 % e 50 % vol. Artigo 13. Elaboración da augardente de herbas de Galicia. 1. A elaboración e embotellado da augardente de herbas de Galicia realizarase en instalacións inscritas nos rexistros do Consello Regulador das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia.

CVE-DOG: 8ibhyco6-6s09-j2s7-nlk6-c2xzlnnlz7n7

2. A augardente de herbas de Galicia obterase por maceración das herbas en augardente de Galicia ou por destilación de bagazo conforme os requisitos e procedementos recollidos no artigo 7 en presenza das herbas. Tamén poderá elaborarse mediante unha combinación de ambos os procedementos. 3. Na elaboración da augardente de herbas de Galicia empregaranse un mínimo de tres especies de plantas. Permítese o uso de calquera especie apta para uso alimentario, entre as cales se citan, por seren de uso máis tradicional, as seguintes: menta, macela, herba luísa, romeo, ourego, tomiño, coandro, azar, fiúncho, regalicia, noz moscada e canela. 4. Para a edulcoración utilizaranse un ou varios dos produtos autorizados polo Regulamento (CE) n.º 110/2008, do 15 de xaneiro de 2008. 5. A coloración, que dependerá da fórmula do elaborador, poderá completarse con corantes alimentarios autorizados. 6. No proceso de elaboración empregaranse exclusivamente substancias aromatizantes naturais, e queda prohibida expresamente a adición de aromas e/ou preparacións aromatizantes, extractos ou esencias de calquera tipo.

ISSN1130-9229

Depósito legal C.494-1998

http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 10

Luns, 16 de xaneiro de 2012

Páx. 2525

Artigo 14. Características analíticas da augardente de herbas de Galicia. As bebidas espirituosas que pretendan ser protexidas coa indicación xeográfica Augardente de Herbas de Galicia deberán cumprir os seguintes parámetros analíticos: Máximo

Mínimo

Grao alcohólico (%)

50

37,5

Metanol, g/hl a.a.

950

200

Acidez total en ácido acético, g/hl a.a.

150

-

Acetaldehido (etanal), g/hl a.a.

150

-

Acetato de etilo, g/hl a.a.

250

-

Suma alcohois superiores g/hl a.a.

600

225

9

-

Cobre, mg/l de mostra

(g/hl a.a.= gramos/100 litros de alcohol absoluto) Artigo 15. Características organolépticas da augardente de herbas de Galicia. As augardentes que se pretendan comercializar baixo a indicación xeográfica Augardente de Herbas de Galicia terán un aspecto translúcido e limpo e a súa cor irá desde amarela pallosa a amarela verdosa. O seu aroma será intenso, fino, delicado, saboroso, amplo, con notas notas florais, cun marcado carácter da augardente de bagazo da cal procede complementada coas herbas que a caracterizan e con ausencia de olor a humidade, a queimado, a sucidade e ausencia de notas acéticas. Polo que se refire á fase gustativa, o seu sabor é persistente, predominando o equilibrio entre o alcohol do destilado e as notas a herbas aromáticas e especias, e con recordos ás características percibidas na fase CVE-DOG: 8ibhyco6-6s09-j2s7-nlk6-c2xzlnnlz7n7

olfactiva. Sección 3.ª Licor de herbas de Galicia Artigo 16. Descrición do licor de herbas de Galicia. O licor de herbas de Galicia é a bebida espirituosa tradicional encadrada na categoría 32 do anexo II do Regulamento (CE) n.º 110/2008, do 15 de xaneiro de 2008, elaborada en Galicia a partir de augardente amparada pola indicación xeográfica Augardente de Galicia e alcohol etílico de orixe agrícola, mediante a maceración das herbas que o caracterizan en alcohol e/ou destilación do bagazo en presenza das herbas. O seu contido en azucres será como mínimo de 100 gramos por litro e o grao alcohólico volumétrico estará comprendido entre 20% e 40% vol.

ISSN1130-9229

Depósito legal C.494-1998

http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 10

Luns, 16 de xaneiro de 2012

Páx. 2526

Artigo 17. Elaboración do licor de herbas de Galicia. 1. O licor de herbas de Galicia elaborarase e embotellarase en instalacións inscritas nos rexistros do Consello Regulador das Augardentes e Licores tradicionais de Galicia. 2. O licor de herbas de Galicia elaborase a partir de augardente acollido á indicación xeográfica Augardente de Galicia e alcohol etílico de orixe agrícola. Na mestura de alcohois, o contido mínimo de augardente acollida á indicación xeográfica Augardente de Galicia será do 25% do total do alcohol absoluto. O alcohol etílico de orixe agrícola cumprirá as especificacións do punto 1 do anexo I do Regulamento (CE) n.º 110/2008, do 15 de xaneiro de 2008. 3. Na elaboración do licor de herbas de Galicia empregaranse un mínimo de tres especies de plantas. Permítese o uso de calquera especie apta para uso alimentario, entre as cales se citan, por seren de uso máis tradicional, as seguintes: menta, macela, herba luísa, romeo, ourego, tomiño, coandro, azar, fiúncho, regalicia, noz moscada e canela 4. A elaboración poderá ser por maceración das herbas, por destilación en presenza das herbas ou por unha combinación de ambos os dous métodos. No caso da elaboración mediante maceración, esta farase engadindo as herbas ao augardente de Galicia, ao alcohol etílico de orixe agrícola ou á mestura de ambos. No caso da elaboración por destilación en presenza das herbas, farase a destilación de bagazo conforme os requisitos e procedementos recollidos no artigo 7 engadindo ao aparello de destilación as herbas. 5. O establecido nos puntos 4, 5 e 6 do artigo 13 relativo ás prácticas de edulcoración, coloración e aromatización na elaboración da augardente de herbas de Galicia é tamén aplicable respecto do licor de herbas de Galicia.

CVE-DOG: 8ibhyco6-6s09-j2s7-nlk6-c2xzlnnlz7n7

Artigo 18. Características analíticas do licor de herbas de Galicia. Os licores que pretendan ser protexidos pola indicación xeográfica licor de herbas de Galicia respectarán os seguintes parámetros analíticos: Máximo

Mínimo

Grao alcohólico (%)

40

20

Metanol, g/hl a.a.

950

50

Acidez total en ácido acético, g/hl a.a.

150

-

Acetaldehido (etanal), g/hl a.a.

150

-

Acetato de etilo, g/hl a.a.

250

-

Suma alcohois superiores g/hl a.a.

600

60

Cobre, mg/l de mostra

9

-

Contido en azucres g/l

-

100

(g/hl a.a.= gramos/100 litros de alcohol absoluto)

ISSN1130-9229

Depósito legal C.494-1998

http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 10

Luns, 16 de xaneiro de 2012

Páx. 2527

Artigo 19. Características organolépticas do licor de herbas de Galicia. Os licores que pretendan comercializarse como Licor de Herbas de Galicia deberán ter un aspecto translúcido e limpo cunha cor desde amarela pallosa a amarela verdosa. O seu aroma será intenso, fino, delicado, saboroso e amplo, con notas florais, balsámico, con lembranzas da augardente de bagazo da cal procede complementada coas herbas que o caracterizan, e con ausencia de olores a humidade, a queimado, a sucidade e de notas acéticas. Polo que respecta ao sabor, pode ter distintos grados de dozura que van marcar a intensidade da augardente con amplitude de matices a herbas e notas balsámicas. Sección 4.ª Licor café de Galicia Artigo 20. Descrición do licor café de Galicia. O licor café de Galicia é a bebida espirituosa tradicional encadrada na categoría 32 do anexo II do Regulamento (CE) n.º 110/2008, do 15 de xaneiro de 2008, elaborada en Galicia a partir de augardente amparada pola indicación xeográfica Augardente de Galicia e alcohol etílico de orixe agrícola, mediante maceración de café de tostadura natural no alcohol e/ou destilación do bagazo en presenza de café de tostadura natural. O seu contido en azucres mínimo será de 100 gramos por litro e o grao alcohólico volumétrico estará entre 20 % e 40 % vol. Artigo 21. Elaboración do licor café de Galicia. 1. A elaboración e embotellado do licor café de Galicia realizarase en instalacións inscriCVE-DOG: 8ibhyco6-6s09-j2s7-nlk6-c2xzlnnlz7n7

tas nos rexistros do Consello Regulador das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia. 2. O licor café de Galicia elaborase a partir de augardente acollida á indicación xeográfica Augardente de Galicia e alcohol etílico de orixe agrícola. Na mestura de alcohois, o contido mínimo de augardente acollida á indicación xeográfica Augardente de Galicia será do 25% do total do alcohol absoluto. O alcohol etílico de orixe agrícola cumprirá as especificacións do punto 1 do anexo I do Regulamento (CE) n.º 110/2008, do 15 de xaneiro de 2008. 3. A elaboración poderá ser por maceración do café, por destilación en presenza do café ou por unha combinación de ambos os métodos. No caso da elaboración mediante maceración, esta farase engadindo o café ao augardente de Galicia, ao alcohol etílico de orixe agrícola ou á mestura de ambos.

ISSN1130-9229

Depósito legal C.494-1998

http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 10

Luns, 16 de xaneiro de 2012

Páx. 2528

No caso da elaboración por destilación en presenza do café, farase a destilación de bagazo conforme os requisitos e procedementos recollidos no artigo 7 engadindo ao aparello de destilación o café. 4. Para a elaboración do licor café de Galicia non se poderá empregar, en ningún caso, café torrefacto, e queda expresamente prohibida a adición de calquera extracto ou concentrado ou calquera outro produto substitutivo do café de tostadura natural. 5. Autorízase a adición doutros compostos naturais (herbas, especias, froitas) sempre que o produto final cumpra os parámetros analíticos e organolépticos que se especifican neste regulamento. 6. O establecido nos puntos 4, 5 e 6 do artigo 13 relativo ás prácticas de edulcoración, coloración e aromatización na elaboración da augardente de herbas de Galicia, é tamén aplicable respecto do licor café de Galicia. Artigo 22. Características analíticas do licor café de Galicia.

CVE-DOG: 8ibhyco6-6s09-j2s7-nlk6-c2xzlnnlz7n7

O licor café de Galicia respectará na súa composición analítica os seguintes valores: Máximo

Mínimo

Grao alcohólico (%)

40

20

Metanol, g/hl a.a.

950

50

Acetaldehido (etanal), g/hl a.a.

150

-

Acetato de etilo, g/hl a.a.

250

-

Suma alcohois superiores g/hl a.a.

600

60

Cobre, mg/l de mostra

9

-

Contido en azucres g/l

-

100

(g/hl a.a.= gramos/100 litros de alcohol absoluto) Artigo 23. Características organolépticas do licor café de Galicia. O licor café de Galicia presentará un aspecto limpo e unha cor desde tostada ámbar a tostada caoba. O seu aroma será intenso, fino, delicado, saboroso, amplo, con recordos a café recentemente tostado, cacao e chocolate nun fondo dun destilado de augardente de bagazo fino e elegante. O sabor será doce, con recordos do destilado, denso, envolvente, cremoso, persistente, con predominio das notas a café e a caramelo e recordos a chocolate ou cacao. Pode presentar tamén algún matiz amargo pero elegante.

ISSN1130-9229

Depósito legal C.494-1998

http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 10

Luns, 16 de xaneiro de 2012

Páx. 2529

CAPÍTULO III Control e certificación Artigo 24. Autocontrol. 1. Os controis de calidade e a rastrexabilidade do produto serán responsabilidade dos distintos operadores inscritos nos correspondentes rexistros do Consello Regulador. Estes operadores deberán contar no seu proceso produtivo con sistemas de traballo que permitan asegurar, en calquera etapa deste, tanto a rastrexabilidade do produto como o cumprimento das especificacións deste regulamento e do manual de calidade. 2. Nas instalacións inscritas nos distintos rexistros que se recollen no capítulo IV deste regulamento a manipulación ou almacenamento de bagazos e lías, así como a destilación, o envellecemento, a elaboración e o embotellado dos produtos destinados a ser protexidos polas distintas indicacións xeográficas, deberán efectuarse de forma claramente separada daqueloutros subprodutos ou produtos que non sexan protexidos. Tanto os silos ou depósitos de almacenamento de bagazos en que o destino sexa a destilación para a elaboración de produtos protexidos, como os depósitos que conteñan estes produtos protexidos polas distintas denominacións, deberán estar perfectamente identificados. 3. O proceso de autocontrol incluirá a cualificación de cada partida, de acordo co establecido no manual de calidade. Para estes efectos enténdese como partida o contido dun depósito ou envase. Segundo o anterior, os operadores deberán contar con evidencias de que cada partida que pretendan comercializar cumpre as características analíticas e organolépticas que se recollen no capítulo II deste regulamento. 4. Para a realización da análise organoléptica a que se refire o parágrafo anterior, os CVE-DOG: 8ibhyco6-6s09-j2s7-nlk6-c2xzlnnlz7n7

operadores contarán co panel de cata do Consello Regulador, cuxo funcionamento será establecido no manual de calidade. Artigo 25. Control e certificación polo Ingacal. 1. O Ingacal realizará o control e a certificación dos operadores a que se refire este regulamento. 2. Todas as persoas físicas ou xurídicas titulares de bens inscritos nos rexistros establecidos no capítulo IV deste regulamento, as instalacións, as materias primas e os produtos elaborados estarán sometidos ao control levado a cabo polo Ingacal co obxecto de verificar que os produtos que posúan calquera das indicacións xeográficas a que se refire este regulamento cumpren os requisitos establecidos nel e na demais normativa de aplicación.

ISSN1130-9229

Depósito legal C.494-1998

http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 10

Luns, 16 de xaneiro de 2012

Páx. 2530

3. O órgano de control vixiará a procedencia e características das materias primas e dos produtos elaborados que vaian ser protexidos por algunha das indicacións xeográficas a que se refire este regulamento, para garantir a súa calidade e o efectivo cumprimento do previsto nel. Para estes efectos, o órgano de control poderá establecer acordos cos consellos reguladores das denominacións de orixe de viños existentes en Galicia, para poder empregar a información obtida por cada un deles no control da uva procesada polas distintas empresas na súa respectiva área xeográfica. 4. Os controis basearanse en auditorías das instalacións, revisión de documentación e a comprobación do cumprimento dos parámetros analíticos e organolépticos descritos neste regulamento. 5. No manual de calidade recolleranse as normas que permitan o control das augardentes e licores, garantindo a orixe e calidade do produto amparado polas indicacións xeográficas a que se refire este regulamento. Artigo 26. Produtos non conformes. 1. No caso de que se detectase algún tipo de incumprimento nas características das augardentes e licores amparados, ou que na súa produción, acondicionamento ou conservación non se cumprisen os preceptos deste regulamento, do manual de calidade e das demais disposicións legais que lles afecten, os produtos non poderán ser comercializados baixo ningunha das indicacións xeográficas a que se refire este regulamento. Neste caso, o órgano de control poderá levantar unha non conformidade, que será comunicada ao interesado para que a corrixa no prazo que se estableza. Antes da finalización dese prazo, o interesado CVE-DOG: 8ibhyco6-6s09-j2s7-nlk6-c2xzlnnlz7n7

deberá comunicar ao órgano de control as medidas correctoras adoptadas. Sen prexuízo do anterior, cando as irregularidades detectadas así o aconsellen, o órgano de control poderá suspender temporalmente a certificación ao operador ata que a empresa adopte as medidas correctoras necesarias, sen que esta suspensión teña carácter de sanción. 2. Cando as irregularidades detectadas polo órgano de control poidan ser constitutivas de infracción, este dará conta dos feitos á consellería competente en materia de agricultura para a incoación, se procede, do correspondente expediente sancionador. Artigo 27. Control dos volumes de produción. O órgano de control vixiará en cada campaña as cantidades de produto amparado polas distintas indicacións xeográficas que poderán ser expedidas por cada envasador inscrito

ISSN1130-9229

Depósito legal C.494-1998

http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 10

Luns, 16 de xaneiro de 2012

Páx. 2531

nos rexistros, de acordo coa produción propia de bagazos, as adquisicións de bagazos e de produtos elaborados por outras firmas inscritas e as existencias de campañas anteriores dos distintos produtos. Artigo 28. Declaracións para o control. 1. Co obxecto de poder controlar os procesos de produción, elaboración, envellecemento e embotellado, así como os volumes de existencias e canto sexa necesario para poder acreditar a orixe e a calidade dos produtos amparados polas indicacións xeográficas a que se refire este regulamento, as persoas físicas ou xurídicas titulares de instalacións inscritas nos distintos rexistros están obrigadas a presentar as seguintes declaracións ao Consello Regulador, que as porá á disposición do órgano de control: a) Produtores de bagazo. Os inscritos no rexistro de produtores de subprodutos da vinificación (bagazos e lías), unha vez finalizada a campaña de elaboración de viño e, en todo caso, antes do 15 de decembro, enviarán a seguinte documentación: – Cantidade de subprodutos obtidos, con especificación das variedades de uva, se se vai facer mención a elas na etiquetaxe. No caso de proceder de uvas mercadas procedentes de viñedos non inscritos nalgunha denominación de orixe ou indicación xeográfica, indicarase tamén o produtor ao cal se lle mercaron, o lugar de orixe e a cantidade e xuntarase a copia da declaración de produción presentada ante o Fondo Galego de Garantía Agraria.

CVE-DOG: 8ibhyco6-6s09-j2s7-nlk6-c2xzlnnlz7n7

– Saídas de subprodutos: cantidades e destinos. –  Existencia de subprodutos na data da declaración. No caso de ter existencias de subprodutos ao facer a declaración, enviarán ao finalizar as existencias, e en todo caso antes do 31 de marzo, relación de saídas con cantidades e destinos. b) Destiladores. Os inscritos no rexistro de destiladores enviarán as seguintes declaracións: – Declaración de existencias dos distintos destilados en 30 de xuño. – Declaración trimestral de entradas de subprodutos, con indicación de procedencias, e de variedades, no caso de que se pretendan utilizar referencias a variedades de uva na etiquetaxe, segundo o recollido no artigo 11. – Declaración trimestral de saídas de augardentes de bagazo.

ISSN1130-9229

Depósito legal C.494-1998

http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 10

Luns, 16 de xaneiro de 2012

Páx. 2532

A declaración de existencias presentarase dentro dos 15 primeiros días do mes de xullo do ano a que se refira e as restantes declaracións presentaranse dentro dos 15 primeiros días do trimestre natural inmediatamente posterior a que se refira a declaración. c) Elaboradores e envasadores. Os inscritos no rexistro de elaboradores e envasadores farán as seguintes declaracións: – Declaración de existencias en 30 de xuño por tipo de produto. – Declaración trimestral de entrada de augardente de bagazo. – Declaración trimestral de saídas de augardente de bagazo e demais produtos amparados por este regulamento, por tipo e variedade, con especificación das porcentaxes de utilización de augardente de Galicia na elaboración dos licores. A primeira destas declaracións farase antes do 15 de xullo do ano a que se refira e as dúas restantes declaracións presentaranse dentro dos 15 primeiros días do trimestre natural inmediatamente posterior a que se refira a declaración. 2. Para un axeitado control dos produtos amparados, no manual de calidade poderase prever a presentación doutras declaracións complementarias por parte dos operadores inscritos.

CVE-DOG: 8ibhyco6-6s09-j2s7-nlk6-c2xzlnnlz7n7

Artigo 29. Identificación do produto amparado. Todos os envases en que se expidan as bebidas amparadas por este regulamento con destino ao consumidor final irán provistos de precintas ou contraetiquetas numeradas, expedidas polo Consello Regulador baixo a supervisión do órgano de control, que deberán ser colocadas na instalación de envasado de acordo coas normas que se establezan e sempre de forma que non permita unha segunda utilización. CAPÍTULO IV Rexistros Artigo 30. Rexistros do Consello Regulador. O Consello Regulador levará os seguintes rexistros: a) Rexistro de produtores de subprodutos da vinificación (produtores de bagazo e lías). b) Rexistro de destiladores c) Rexistro de elaboradores e envasadores.

ISSN1130-9229

Depósito legal C.494-1998

http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 10

Luns, 16 de xaneiro de 2012

Páx. 2533

Artigo 31. Rexistro de produtores de subprodutos da vinificación. 1. No rexistro de produtores de subprodutos da vinificación deberán inscribirse as persoas físicas ou xurídicas titulares de adegas de elaboración de viños que transformen uvas producidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e queiran destinar os bagazos á produción de augardentes e licores susceptibles de seren amparados por algunha das indicacións xeográficas a que se refire este regulamento. 2. Con carácter xeral, e sen prexuízo do establecido no punto 4 deste artigo, para a inscrición achegaranse os seguintes datos e documentos, comúns para a inscrición en todos os rexistros: – O nome ou razón social da persoa física ou xurídica titular das instalacións. – O enderezo ou domicilio social. – Plano ou bosquexo a escala axeitada, no que se reflictan os detalles da construción e localización das instalacións. Deste requisito quedan eximidas as adegas inscritas nalgunha das denominacións de orixe vitivinícolas existentes na Comunidade Autónoma, cuestión que acreditarán achegando o certificado de inscrición no seu rexistro de elaboradores. – No caso de que o empresario non sexa propietario dos locais, farase constar no momento da inscrición, achegando acreditación documental desta circunstancia e do título de

CVE-DOG: 8ibhyco6-6s09-j2s7-nlk6-c2xzlnnlz7n7

uso, así como a identidade do propietario. – Calquera outro dato ou documento que se recolla no manual de calidade e que fose necesario para unha axeitada identificación e control do operador. 3. Ademais, sen prexuízo do establecido no punto 4 seguinte, para a inscrición neste rexistro tamén se achegará a documentación seguinte: – As características dos sistemas para a almacenaxe e conservación de subprodutos de vinificación e cantos datos sexan necesarios para a perfecta identificación e catalogación da adega. – Se a adega non está inscrita en ningunha denominación de orixe e dispón de viñedos propios, solicitaráselle relación de parcelas, con superficie e localización. Se se tratase de

ISSN1130-9229

Depósito legal C.494-1998

http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 10

Luns, 16 de xaneiro de 2012

Páx. 2534

adegas cooperativas ou sociedades agrarias de transformación, xuntarán relación de asociados coa superficie que cada un achega. Se a adega está inscrita nalgunha denominación de orixe, certificado de inscrición expedido polo consello regulador correspondente. 4. No caso de colleiteiros que desexen vender o seu bagazo a destiladores de augardente de bagazo, para a súa inscrición será suficiente a solicitude de inscrición, acompañada dunha declaración asinada en que figure unha relación de parcelas coa superficie e localización. Para os efectos deste artigo, considérase colleiteiro aquel vitivinicultor cuxa produción de bagazo non supere en máis dun 20 por 100 a produción permitida para que o destilado sexa considerado como destinado ao consumo propio, de acordo co establecido nos artigos 20.5 e 41 da Lei 38/1992, do 28 de decembro, sobre impostos especiais. Artigo 32. Rexistro de destiladores. 1. No rexistro de destiladores deberanse inscribir as persoas físicas ou xurídicas titulares de instalacións situadas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia que pretendan dedicarse á destilación de bagazos para a obtención de augardentes que poidan ser amparados ou que poidan ser utilizados na elaboración dalgunha das bebidas espirituosas a que se refire este regulamento. 2. Para a inscrición achegaranse, ademais dos datos e documentos citados no punto 2

CVE-DOG: 8ibhyco6-6s09-j2s7-nlk6-c2xzlnnlz7n7

do artigo 31 deste regulamento, os datos relativos ao sistema de destilación e á maquinaria e equipamentos empregados, á capacidade de destilación e de almacenamento de augardente, así como ás instalacións para recepción, conservación e manexo dos subprodutos de vinificación. Ademais, achegarase copia do código de actividade do establecemento da Axencia Estatal da Administración Tributaria, así como a documentación acreditativa da inscrición en todos aqueles rexistros públicos en que tivese a obriga de estar por motivo da súa actividade. Artigo 33. Rexistro de elaboradores e envasadores. 1. No rexistro de elaboradores e envasadores deberán inscribirse todas aquelas persoas físicas ou xurídicas titulares de instalacións situadas dentro do territorio da Comunidade

ISSN1130-9229

Depósito legal C.494-1998

http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 10

Luns, 16 de xaneiro de 2012

Páx. 2535

Autónoma de Galicia que pretendan elaborar ou envasar algunha das bebidas espirituosas con indicación xeográfica a que se refire este regulamento. 2. Para a inscrición achegaranse, ademais dos datos e documentos citados no punto 2 do artigo 31 deste regulamento, os relativos ao número de depósitos e á capacidade para o almacenamento de augardentes e licores, os relativos ao número, capacidade e características das barricas empregadas no envellecemento da augardente e os referentes á maquinaria e equipamentos de elaboración e envasado. Achegarase ademais a copia do código de actividade do establecemento da Axencia Estatal da Administración Tributaria, así como a documentación acreditativa da inscrición en todos aqueles rexistros públicos en que tivese a obriga de estar por motivo da súa actividade. Artigo 34. Procedemento para a inscrición nos rexistros. 1. As solicitudes de inscrición nos rexistros dirixiranse ao Consello Regulador utilizando o modelo de impreso que este dispoña, acompañadas dos datos, documentos e comprobantes que, en cada caso, sexan requiridos por este regulamento e polas disposicións e normas vixentes. 2. Formulada a solicitude e logo do seu traslado ao órgano de control, as instalacións serán auditadas por este co fin de comprobar as súas características e se se reúnen as condicións e requisitos exixidos neste regulamento. 3. De ser o caso, tras o informe favorable do órgano de control, o Consello Regulador CVE-DOG: 8ibhyco6-6s09-j2s7-nlk6-c2xzlnnlz7n7

entregará ao interesado un certificado acreditativo da inscrición, indicando a actividade ou actividades para as cales queda inscrito. Ademais, aos operadores inscritos no rexistro de elaboradores e envasadores entregaráselles o certificado de conformidade, que os faculta para o uso das indicacións xeográficas que correspondan co alcance da dita certificación de conformidade. 4. De acordo co establecido na alínea 5 do artigo 8 do Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro, o órgano de control denegará, de xeito motivado, a inscrición daqueles solicitantes que non cumprisen os requisitos establecidos, o cal será comunicado ao interesado polo Consello Regulador. 5. Os operadores que realicen máis dunha fase dos distintos procesos de produción e elaboración deberán ter inscritas as súas instalacións nos rexistros correspondentes.

ISSN1130-9229

Depósito legal C.494-1998

http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 10

Luns, 16 de xaneiro de 2012

Páx. 2536

6. A inscrición nestes rexistros non exime os interesados da obriga de inscribirse naqueloutros que, con carácter xeral, estean establecidos pola lexislación vixente, e deberán acreditalo no momento da inscrición nos rexistros do Consello Regulador. Artigo 35. Vixencia e renovación das inscricións. 1. Para a vixencia das inscricións nos rexistros correspondentes será indispensable cumprir en todo momento co disposto neste regulamento e na normativa concorrente. Calquera variación que afecte os datos subministrados na inscrición deberá ser comunicada ao Consello Regulador no prazo que se estableza no manual de calidade. O Consello Regulador poderá suspender provisional ou definitivamente as inscricións cando os seus titulares non se ativesen a tales prescricións, logo da instrución e resolución do correspondente procedemento. 2. Todas as inscricións nos rexistros serán renovadas cada catro anos. O órgano de control fará as comprobacións oportunas para verificar que se seguen a cumprir os requisitos necesarios. Artigo 36. Baixa nos rexistros. 1. A baixa nos rexistros pode ser motivada polas seguintes causas:

CVE-DOG: 8ibhyco6-6s09-j2s7-nlk6-c2xzlnnlz7n7

a) Por vontade propia, tras a solicitude do interesado. b) Por inactividade, logo de dous anos consecutivos sen actividade. c) Por falta de pagamento, de acordo co establecido nos artigos 38 e 49.5. d) Por sanción, logo da incoación e resolución do correspondente expediente. 2. No caso de baixas que se produzan por vontade propia, por falta de pagamento de cotas ou por inactividade non procederá unha nova alta ata que transcorra un ano. Esta limitación non será aplicable no caso de cambio de titularidade. 3. Quen sexa dado de baixa dun rexistro deberá cumprir as obrigas pendentes co Consello Regulador.

ISSN1130-9229

Depósito legal C.494-1998

http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 10

Luns, 16 de xaneiro de 2012

Páx. 2537

CAPÍTULO V Dereitos e obrigas dos inscritos Artigo 37. Dereito ao uso da denominación. 1. Só as persoas físicas ou xurídicas inscritas nos rexistros do Consello Regulador poderán producir, elaborar, envasar ou comercializar, segundo corresponda, bebidas espirituosas que opten a ser amparadas polas indicacións xeográficas Augardente de Galicia, Augardente de Herbas de Galicia, Licor de Herbas de Galicia e Licor Café de Galicia. 2. Soamente poderán aplicarse as indicacións xeográficas a que se refire este regulamento ás augardentes e licores que, procedentes de instalacións inscritas, fosen producidas e elaboradas de acordo coas normas recollidas neste e no manual de calidade. 3. O dereito ao uso dos nomes das indicacións xeográficas a que se refire este regulamento e dos seus símbolos, anagramas e logotipos en propaganda, publicidade, documentación e etiquetaxe é exclusivo das firmas inscritas nos correspondentes rexistros do Consello Regulador, sen prexuízo do establecido nos números 3 e 4 do artigo 41. Artigo 38. Obrigas xerais.

CVE-DOG: 8ibhyco6-6s09-j2s7-nlk6-c2xzlnnlz7n7

1. Polo mero feito da inscrición nos rexistros do Consello Regulador, as persoas inscritas quedan obrigadas ao cumprimento do disposto neste regulamento así como no manual de calidade. Tamén estarán sometidos aos acordos que, dentro das súas competencias, adopten a Consellería do Medio Rural e o Consello Regulador. 2. Para o exercicio de calquera dereito que lles poida corresponder ou para poderen beneficiarse dos servizos que preste o Consello Regulador, as persoas inscritas deberán estar ao día no pagamento das súas cotas e ter actualizadas as inscricións. 3. As persoas físicas e quen represente as persoas xurídicas inscritas nos rexistros do Consello Regulador están obrigadas a colaborar na realización dos procesos electorais para a renovación dos seus órganos de goberno, participando como membros das mesas ou outros órganos electorais nas ocasións en que fosen nomeados. 4. Sen prexuízo do establecido no artigo 49, o incumprimento do indicado nos números 1 a 3 anteriores poderá comportar a suspensión por un período de ata un ano nos dereitos do inscrito, tras a decisión do Pleno do Consello Regulador, logo da instrución do correspondente expediente. A reiteración na mesma falta poderá ocasionar a baixa definitiva. A resolución de suspensión ou baixa poderá ser impugnada ante a consellería competente en materia de agricultura.

ISSN1130-9229

Depósito legal C.494-1998

http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 10

Luns, 16 de xaneiro de 2012

Páx. 2538

Artigo 39. Marcas, nomes comerciais e razóns sociais. As marcas, símbolos, emblemas, lendas publicitarias ou calquera outro tipo de propaganda que se utilice, aplicados a algún produto amparado por algunha das indicacións xeográficas a que se refire este regulamento, non poderán ser empregados, nin sequera polos seus titulares, na comercialización doutras bebidas espirituosas de similar especie non amparadas polas ditas indicacións xeográficas. Artigo 40. Etiquetaxe. 1. Na etiquetaxe dos envases figurará obrigatoriamente e de forma destacada o nome da indicación xeográfica que corresponda, na súa versión en galego e/ou en castelán e, optativamente, o seu logotipo, ademais dos datos obrigatorios que se determinan na lexislación xeral aplicable. 2. As referencias na etiquetaxe relativas a zonas de procedencia e variedades de vide das que proceden as augardentes de bagazo, envellecemento e demais mencións facultativas axustaranse ao disposto neste regulamento e na demais lexislación que as afecte. 3. Antes da súa utilización, as etiquetas deberán ser autorizadas polo Consello Regulador, para os efectos da comprobación do cumprimento da normativa específica aplicable. Non serán autorizadas aquelas etiquetas que, por calquera causa, poidan dar lugar a confusión do consumidor ou que desmerezan o bo nome das indicacións xeográficas a que se refire este regulamento. Poderá ser revogada calquera autorización concedida CVE-DOG: 8ibhyco6-6s09-j2s7-nlk6-c2xzlnnlz7n7

anteriormente cando variasen as circunstancias da firma titular, logo da instrución do correspondente expediente de acordo coas normas que se recollan no manual de calidade. Artigo 41. Logotipo. 1. O Consello Regulador das Indicacións Xeográficas das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia adoptará como logotipo o que figura como anexo I deste regulamento. Ademais, utilizará como logotipos particulares para cada unha das catro indicacións xeográficas a que se refire este regulamento os que figuran no anexo II. 2. No exterior dos locais das empresas inscritas nos rexistros de destilarías e de elaboradores e envasadores, nun lugar destacado, poderá figurar unha placa onde se reproduza o logotipo do Consello Regulador, de acordo co que se estableza no manual de calidade.

ISSN1130-9229

Depósito legal C.494-1998

http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 10

Luns, 16 de xaneiro de 2012

Páx. 2539

3. Os establecementos de venda retallista e os da restauración que comercialicen produto das indicacións xeográficas a que se refire este regulamento poderán utilizar os seus correspondentes logotipos, ou o xenérico do Consello Regulador, para identificar os produtos protexidos, facéndoo sempre de xeito que non dea lugar á confusión do consumidor. 4. O logotipo do Consello Regulador e os das indicacións xeográficas por el amparadas poderán ser utilizados por terceiros para usos sen ánimo de lucro e que non afecten negativamente, de acordo coa valoración do Consello regulador, a imaxe dos seus produtos. CAPÍTULO VI O Consello Regulador Artigo 42. Natureza e ámbito competencial. 1. O Consello Regulador das Indicacións Xeográficas das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia é unha corporación de dereito público á cal se atribúe a xestión das indicacións xeográficas a que se refire este regulamento, coas funcións que determina a Lei 2/2005, do 18 de febreiro, de promoción e defensa da calidade alimentaria galega; o Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro, polo que se regulan as denominacións xeográficas de calidade do sector alimentario e os seus consellos reguladores; e demais normativa que lle sexa de aplicación. Ten personalidade xurídica propia, autonomía económica e plena capacidade de obrar para o cumprimento dos seus fins.

CVE-DOG: 8ibhyco6-6s09-j2s7-nlk6-c2xzlnnlz7n7

2. O ámbito competencial do Consello Regulador está limitado aos produtos protexidos polas indicacións xeográficas a que se refire este regulamento, en calquera das súas fases de produción, acondicionamento, almacenaxe, envasado, circulación e comercialización e ás persoas inscritas nos diferentes rexistros. 3. O Consello Regulador actuará en réxime de dereito privado, exercendo toda clase de actos de administración e xestión, agás nas actuacións que impliquen o exercicio de potestades ou funcións públicas, nas cales se deberá suxeitar ao dereito administrativo. Para estes efectos, de acordo co artigo 32.5 do Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro, enténdese que están suxeitas a dereito administrativo as actuacións do Consello Regulador en materia de xestión de rexistros, de xestión e réxime de cotas, a aprobación de etiquetas e a autorización de marcas, o réxime electoral e o réxime disciplinario, así como a responsabilidade patrimonial que derive das súas actuacións suxeitas a dereito administrativo.

ISSN1130-9229

Depósito legal C.494-1998

http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 10

Luns, 16 de xaneiro de 2012

Páx. 2540

4. A tutela administrativa sobre o Consello Regulador exerceraa a consellería competente en materia de agricultura. De acordo co anterior, a actividade do Consello Regulador está sometida ás exixencias, requisitos e controis que se recollen nos artigos 18 a 21 da Lei 2/2005, do 18 de febreiro, e nos artigos 30 a 33 do Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro. 5. Consonte os parágrafos 3 e 4 anteriores, as decisións que adopten os órganos de goberno do Consello Regulador cando exerzan potestades administrativas poderán ser impugnadas ante a persoa titular de consellería competente en materia de agricultura na forma e prazos establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Artigo 43. Órganos de goberno do Consello Regulador. Os órganos de goberno do Consello regulador son: o Pleno, a Presidencia, a Vicepresidencia e a Comisión permanente. Ademais, o Pleno poderá crear comisións para tratar ou resolver asuntos específicos. Artigo 44. O Pleno: composición e funcións. 1. O Pleno é o órgano superior de goberno do Consello Regulador das Augardentes e Licores tradicionais de Galicia.

CVE-DOG: 8ibhyco6-6s09-j2s7-nlk6-c2xzlnnlz7n7

2. O Pleno está constituído, ademais do presidente ou presidenta, por: – Cinco vogais elixidos por e entre os produtores de subprodutos da vinificación e destiladores inscritos nos rexistros recollidos nas letras a) e b) do artigo 30 deste regulamento. Destes cinco vogais, dous serán elixidos por e entre os inscritos no rexistro de produtores de subprodutos da vinificación e os tres restantes por e entre os inscritos no rexistro de destiladores. – Cinco vogais elixidos por e entre os titulares de locais de elaboración e envasado inscritos no rexistro a que se refire a letra c) do artigo 30 deste regulamento. 3. O Pleno actuará baixo a dirección da persoa que exerza a Presidencia e contará coa asistencia, con voz pero sen voto, do secretario ou secretaria do Consello Regulador.

ISSN1130-9229

Depósito legal C.494-1998

http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 10

Luns, 16 de xaneiro de 2012

Páx. 2541

4. A consellería competente en materia de agricultura poderá designar ata dous delegados, con coñecementos do sector dos alcohois e da lexislación en materia de denominacións de calidade, que asistirán ás reunións do Pleno con voz pero sen voto. 5. O réxime de funcionamento e as funcións do Pleno así como os dereitos e deberes dos seus membros serán os contidos no capítulo IV do Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro. Artigo 45. A Presidencia. 1. A Presidencia do Consello regulador será exercida pola persoa que elixa o Pleno, co voto favorable da maioría dos seus membros. 2. O presidente ou presidenta non ten por que ter a condición previa de vogal. No caso de que así fose, deixará a súa vogalía, que será ocupada polo seu substituto legal, de acordo co establecido no Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro. 3. As funcións da Presidencia así como as causas de cesamento do seu titular e demais cuestións relativas a este órgano serán as recollidas no citado Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro. Artigo 46. A Vicepresidencia. 1. O Consello Regulador terá unha Vicepresidencia, que será exercida pola persoa elixida por e entre os seus vogais.

CVE-DOG: 8ibhyco6-6s09-j2s7-nlk6-c2xzlnnlz7n7

2. A persoa que exerza a Vicepresidencia substituirá o presidente ou presidenta nos casos de ausencia, enfermidade ou vacante. 3. A Vicepresidencia exercerá, ademais, aquelas funcións que lle sexan delegadas pola Presidencia. Artigo 47. A Comisión Permanente. 1. Para resolver cuestións de trámite ou aquelas que especificamente se lle encomenden, constituirase a Comisión Permanente, que estará formada polas persoas que teñan a Presidencia e a Vicepresidencia e, polo menos, dous vogais designados polo Pleno do Consello Regulador, un elixido por e entre os vogais representantes dos produtores de subprodutos da vinificación e dos destiladores e o outro elixido por e entre os vogais representantes das instalacións de elaboración e envasado.

ISSN1130-9229

Depósito legal C.494-1998

http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 10

Luns, 16 de xaneiro de 2012

Páx. 2542

2. Na sesión en que se constitúa a Comisión Permanente aprobaranse tamén as misións específicas que lle competen e as funcións que realice. 3. Todas as resolucións que tome a Comisión Permanente seranlle comunicadas ao Pleno do Consello Regulador na primeira reunión que este celebre. Artigo 48. Persoal do Consello Regulador. 1. Para o cumprimento dos seus fins, o Consello Regulador contará co persoal necesario, contratado en réxime de dereito laboral, de acordo co establecido no artigo 27 do Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro. Na contratación de persoal adaptará a súa actuación á Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia. Tamén poderá asinar convenios de colaboración co Ingacal para que este lle preste os servizos que libremente acorden en relación coas funcións e actividades do Consello Regulador. 2. O Consello Regulador terá un secretario ou secretaria, designado polo Pleno, que terá como funcións específicas as sinaladas no número 2 do artigo 28 do citado Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro. CAPÍTULO VII Réxime económico e contable do Consello Regulador Artigo 49. Recursos económicos do Consello Regulador.

CVE-DOG: 8ibhyco6-6s09-j2s7-nlk6-c2xzlnnlz7n7

1. Para o cumprimento dos seus fins, o Consello Regulador poderá contar cos recursos económicos establecidos na Lei 2/2005, do 18 de febreiro, de promoción e defensa da calidade alimentaria galega, así como no seu regulamento de desenvolvemento, o Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro. 2. Conforme coa normativa citada no parágrafo anterior, establécense as cotas que deberán aboar os inscritos: – Cota de inscrición: satisfarase no momento de realizar a alta en cada rexistro do Consello Regulador. – Cota de renovación da inscrición: satisfarase coa periodicidade que se determina no artigo 35.2 desta norma, coincidindo coa renovación de datos do rexistro e a correspondente visita de inspección.

ISSN1130-9229

Depósito legal C.494-1998

http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 10

Luns, 16 de xaneiro de 2012

Páx. 2543

– Cota en función da actividade do inscrito nas indicacións xeográficas, que será proporcional ao valor potencial dos produtos elaborados polos inscritos nos rexistros de destiladores e de elaboradores e envasadores. Esta cota será unha porcentaxe do valor do produto, calculado en función do prezo medio en orixe do dito produto. – Cota polo servizo de expedición de contraetiquetas: será satisfeita polos inscritos no rexistro de elaboradores e envasadores que soliciten contraetiquetas e o seu importe será ata o dobre do valor material de produción e distribución delas. – Cota polo servizo de análise sensorial: aboaranas as empresas inscritas no rexistro de elaboradores e envasadores polo servizo de análise sensorial das augardentes ou licores para a súa cualificación previa á comercialización con algunha das indicacións xeográficas a que se refire este regulamento, e equivalerá a unha porcentaxe do seu valor medio, calculado en función do volume de cada partida e do seu prezo medio unitario estimado. 3. O Pleno do Consello Regulador, de acordo cos datos de mercado, fixará para cada ano o prezo en orixe dos destilados e dos distintos produtos elaborados así como o das contraetiquetas, para o cálculo das cotas correspondentes. Tamén aprobará o valor das cotas de carácter fixo e as porcentaxes que serven de base para o cálculo das variables, dentro dos límites establecidos no artigo 29 do Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro. Estas cotas e porcentaxes poderán ser distintas en función do rexistro de que se trate. 4. O Consello Regulador poderá fixar tarifas por outros servizos que poida prestar, de

CVE-DOG: 8ibhyco6-6s09-j2s7-nlk6-c2xzlnnlz7n7

acordo co que aprobe o Pleno. 5. O Pleno do Consello Regulador fixará o prazo para o pagamento de cada unha das cotas. No caso de que no dito prazo non se realizase o pagamento, a persoa inscrita poderá ser suspendida nos seus dereitos ata que liquide a débeda co Consello Regulador. Se no prazo dun ano o inscrito non liquidase esa débeda, poderá ser dado de baixa definitivamente, logo da instrución do correspondente expediente, sen prexuízo da obrigatoriedade do seu pagamento de acordo cos artigos 36 e 38. Artigo 50. Réxime contable. O réxime contable do Consello Regulador é o que se determina no artigo 19 da Lei 2/2005, do 18 de febreiro, e mais no artigo 31 do Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro.

ISSN1130-9229

Depósito legal C.494-1998

http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 10

Luns, 16 de xaneiro de 2012

Páx. 2544

CAPÍTULO VIII Réxime electoral Artigo 51. Réxime electoral do Consello Regulador. O réxime electoral do Consello Regulador das Indicacións Xeográficas das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia é o contido no capítulo VI do Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro, polo que se regulan as denominacións xeográficas de calidade do sector alimentario e os seus consellos reguladores. CAPÍTULO IX Infraccións, sancións e procedemento Artigo 52. Base legal. 1. O réxime sancionador aplicable ás indicacións xeográficas recollidas neste regulamento é o establecido no capítulo II do título III da Lei estatal 24/2003, do 10 de xullo, da viña e do viño.

CVE-DOG: 8ibhyco6-6s09-j2s7-nlk6-c2xzlnnlz7n7

2. Complementa a disposición legal mencionada o Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, que regula as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da produción agroalimentaria, polo que se refire á toma de mostras e análises; a Lei 2/2005, de promoción e defensa da calidade alimentaria galega, no relativo á inspección e medidas cautelares; a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; o Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, e cantas disposicións xerais estean vixentes no seu momento sobre a materia. ANEXO I Logotipo do Consello Regulador das Indicacións Xeográficas Protexidas das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia

ISSN1130-9229

Depósito legal C.494-1998

http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 10

Luns, 16 de xaneiro de 2012

Páx. 2545

ANEXO II

Logotipos da indicación xeográfica Augardente de Galicia ou ‹‹Orujo de Galicia››

Logotipos da indicación xeográfica Augardente de Herbas de Galicia ou ‹‹Aguardiente de Hierbas de Galicia››

Logotipos da indicación xeográfica Licor de Herbas de Galicia ou

CVE-DOG: 8ibhyco6-6s09-j2s7-nlk6-c2xzlnnlz7n7

‹‹Licor de Hierbas de Galicia››

Logotipos da indicación xeográfica Licor Café de Galicia

ISSN1130-9229

Depósito legal C.494-1998

http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

Regulamento augardentes e licores tradicionais de galicia 16 01 2012  

Regulamento actualizado do Consello Regulador das Indicacións Xeográficas Protexidas Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia

Advertisement