RETALLOS nº1 Decembro 2009

Page 34

A NOSA MASCOTA Bos días a todos e todas. chamo, amo, o problema é que non volo O normal sería que antes de comezar me presentase e vos dixera cómo me ch podo dicir porque aínda non teño nome! Levo moitos anos esperando a que alguén mo poña pero aínda ninguén se atreveu (e iso que non teño mal xenio...); que non te podan chamar pólo nome non é nada divertido. Por iso decidín esconderme e non saír máis que cando non hai nin nenos nin nenas no cole (ainda que unha vez creo que me viu un rapaz amigo voso...) Iso si, escondinme no meu lugar preferido: na biblioteca. Sabedes onde está? A verdade é que me gusta moito ler e aquí teño teño todo o que necesito para pasalo ben: libros de aventuras, de misterio, de medo do que da medo de verdade..., outros que falan do lle pasa a rapazas e rapaces coma vós, etc... Pero xa estou un pouco farta de que ninguén me coñeza, por iso vos propoño un un xogo: Tedes que imaxinarvos como son eu, e poñerme un nome! Que boa falta me fai... Para iso debedes facer un debuxo de min, de cómo credes que son. Non vos digo mais. Eu elixirei os 3 debuxos que máis me gusten, e logo xá vos mandarei mensaxes através dos vosos profes. Acordadevos de poñer o voso nome ós debuxos, e o voso titor ou titora xá mos deixará onde eu lle diga, que non me fio... Pero o mércores 2 de decembro como moi tarde! mirade que é moi triste estar sen nome, e non parar de escoitar “óes “óes ti!!!”

Moitas grazas pola vosa atención. Fdo. A mascota da biblioteca.

P.d: xa me esquecía! o debuxo que máis me guste e os 2 finalistas recibirán un premio cada un!!!!

34


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.