RETALLOS nº1 Decembro 2009

Page 1

C.P.I. Tomรกs de Lemos- Ribadavia

nยบ1 Decembro 2009

ร NGELA CANITR CANITROT MERUENDANO

NEREA 1ยบ B 1


EDITORIAL Benquerida familia: Mestr@s,nais/pais,alumn@s e amig@s todos. Un ano máis, e mergullados no ambiente do Nadal, un novo número de “RETALLOS” sae do prelo e lémbranos que xa pasou un trimestre deste novo curso que comezou con novos cambios. Novos alumn@s e novos mestr@s que se incorporan á tarefa educativa. Nun colexio a xente vai e vén, pero permanece a luz tenue que alumea a escuridade do noso camiñar e medrar no estilo educativo de obxectivos propostos na Programación Xeral do curso. “RETALLOS” quere facer de lazo que nos manteña unidos como familia, onde TOD@S somos importantes, TOD@S somos necesarios, e non podemos prescindir uns dos outros. Gustaríanos ver reflectidos nela as nosas inquedanzas, os vosos desexos, os vosos soños.... as vosas propostas, a tenrura dos debuxos e contos dos máis cativos, a creatividade, imaxinación e vea poética dos non tan cativos... É así como iremos construíndo e deixando constancia da historia desta nosa familia educativa. É así como iremos creando un ámbito de encontro e de comunicación cheo de valores humanos que todos sentimos como noso. Rematamos desexándovos a todos un feliz e pracenteiro descanso do Nadal e un Aninovo cheo de Paz e Ben, porque NADAL é crer na vida. NADAL é apostar polo futuro, sementando valores que xa non se levan: SEMENTANDO esperanza, xustiza e paz; SEMENTANDO amizade, ledicia e perdón; SEMENTANDO o valor do tempo compartido; SEMENTANDO o aprecio do regalo dun mesmo dando o que somos e o que temos. Un saúdo afectuoso do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística.

2


Remate do curso pasado

4

Recibimos o outono

5

O Samaín

10

O Magosto

15

Investigando

19

O club da lectura “Tomás de Lemos”

23

Saídas

24

Intercambios

29

Biblioteca

33

Pasatempos

35

3


VISITA Á COSTA DA VELA O alumnado de 1º da ESO do CPI “Tomas de Lemos”, acompañados polos profesores

Guillermo,

Hortensia

e

Marcos, despediron o curso 2008/09 no Parque Nacional das Illas Atlánticas. Visitaron o miradoiro do Parque, un castro e o santuario do Deus Berobreo no monte Facho da Costa da Vela.

Tamén fixeron unha andaina ata a praia da Areabraba na ría de Aldán do concello de Cangas.

Olor a vacacións.!

4


De novo chega o outono e, na Alameda, os rapaces e rapazas de Educaci贸n infantil sa铆ron 贸 patio a xogar coas follas ca铆das.

5


Os nenos e nenas de E. Infantil fixeron outras actividades para celebrar a chegada do outono, leron contos e fixeron debuxos, recolleron froitos e fixeron unha exposición. Nos seguintes debuxos podemos ver estes traballiños. traballiños. Lucas (4 anos A) que se divertiu moito coas follas

María (4 anos A) pasouno moi ben facendo voar as follas

Noa (4 anos A) tamén se divertiu moito na Alameda coas folliñas de outono

6


Así recorda Anxo (4 anos A) o conto conto da castaña

Así é a estación do outono para Hilary

Así se divirte Iván (5 anos A) durante o outono

7


No mes de outubro os alumnos de 3 anos B debuxaron a súa mestra. Así é como eles ven a Marga.

JULIO ROCÍO

8

MARA


Na Concentración tamén recibimos o outono, decoramos o centro con bonitos murais que nós mesmos elaboramos

Acompañados das nosas profesoras saímos ó campo e tamén degustamos os ricos froitos desta época do ano. Recollemos follas, castañas, noces, setas e uvas

Merendamos os froitos típicos do outono

9


O Samaín, como ben sabedes, é unha tradición de orixe celta e que

foi

exportada

a

Estados

Unidos polos emigrantes europeos, principalmente irlandeses. A noite do 31 de outubro comeza o ano novo celta e a súa festa en honor dos defuntos, marcando a transición do outono ó inverno. Era esta a noite máis perigosa do ano; as portas do outro mundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e os seus moradores

para

render

contas inacabadas. Segundo a tradición, para afastar dos

seus castros as perigosas ánimas defuntas e errantes, adoitaban poñer no alto das murallas, encastradas nas paredes ou nas portas das casas, as caveiras iluminadas dos inimigos derrotados para deste xeito afastar os malos espíritos. 10


Durante a última semana de outubro, os rapaces e rapazas xuntamente co profesorado do CPI “Tomas de Lemos” celebramos esta festa. Entre as actividades levadas a cabo, destacan a decoración de cabazas e murais.

Os rapaces e rapazas de 3º ESO-B confeccionan un bonito mural na entrada do edificio da concentración

Os nenos e nenas de 4º B tamén participaron na elaboración do mural 11


Os nenos e nenas de 5º de primaria decoramos moitas cabazas e fixemos una bonita exposición.

E. Infantil tamén celebra o Samaín

12


Despois de traballar o conto “Corre, corre cabaciña” para a introdución a festa do Samaín, os nenos e nenas de E. Infantil, fixeron os seguintes seguintes debuxos.

Ainoha (5 anos A)

Alba (5 anos A)

Lucía (5 anos B)

O 13


Unidade didáctica do Samaín. Edgar 5ºC

14


magosto Con novembro chega unha das festas máis antigas e queridas de Galicia: Os magostos que enchen o aire dun delicioso aroma a castañas asadas. A súa orixe pérdese no tempo. Dende que este froito era a base da alimentación do pobo galego, cada ano celébrase en cada recuncho do noso país e, como non, o noso centro uniuse a esta celebración. Dende Educación Infantil ata o último curso de ESO, degustamos as castañas asadas, os chourizos e, como non, gozamos dunha xornada de convivencia cos compañeiros e profesores. Para o alumnado de Educación Infantil e Primaria, esta xornada foi o día 13 de novembro. O patio do edificio da Alameda albergou ós nenos e nenas de Educación Infantil que deste xeito viron eles esta celebración

Alba (5 anos A)

Samantha (5 anos B)

Samuel (5 anos B)

15


No parque da Veronza os rapaces e rapazas de primeiro e segundo ciclo de Educación Primaria, e xuntamente cos seus mestres e mestaras pasaron un bonito día.

Asamos castañas, comemos e, como non…todos rem,atamos pintados

16


Os nenos e nenas de 5ยบ e 6ยบ de Primaria fixemos o noso magosto en San Cristovo.

17


O 18 de novembro, foi o día escollido para que os rapaces e rapazas de ESO fixésemos o magosto,

así,

despois

do

segundo

recreo, acompañados por moitos dos nosos profesores e profesoras, fomos ó parque

da

Veronza

para

castañas.

Representantes de Protección Civil que participaron para controlar a fogata 18

asar

as


Na materia “Técnicas de Investigación Científica” os rapaces e rapazas do “Tomás de Lemos” indagan no noso contorno. Os resultados destes traballos decoran as paredes do centro. En Ribadavia, capital do Ribeiro, non podía faltar a investigación sobre os diferentes tipos de uva.

Mencía

garnache

Jerez

Treixadura

Godello 19


Asímesmo, indagaron sobre animais en perigo de extinción…. Agachadiza Común

Margaritifera auricularia (ameixa de auga doce)

Oso

Tartaruga laúd

Galápago europeo

20


….e sobre os usos medicinais de plantas comúns; ortiga, toxo, loureiro, cebola…toda unha botica ao noso redor

Ortiga

Toxo

Loureiro

Figueira

Cebola

Herba Luisa

Malva 21


Pi単eiro

Maceira

Oliveira

Aloe Vera

O NOSO HERBARIO

Morango

22


Novamente, este ano arranca o club da lectura “Tomás de Lemos”. Entre as propostas para este curso, está a actividade “Poeta do mes”, que consiste en repartir polas aulas poemas dun autor. Este trimestre,

o poeta escollido foi

Mario Benedetti.

Tamén bota a andar o sistema de préstamo entre particulares

“Como me presta” . Esta actividade consiste no depósito de un ou máis libros por parte de cada un dos membros do club coa finalidade de ilos intercambiando entre eles. Os membros do club están a ler O señor Ibrahim e as flores do

Corán. Antes das vacacións do Nadal farase unha tertulia literaria sobre el e visionarase a película co mesmo título. 23


Ángela 1º A

O pasado día 26 de novembro os alumnos e alumnas do 1º Ciclo de E. Primaria fixeron unha saída ao auditorio de Ourense, enmarcada dentro das actividades para escolares de Caixanova. Alí viron unha obra de teatro “Historias “Historias de un árbol milenario”. Xa de volta volta os alumnos e alumnas de 1º fixeron un traballo de aula que queda recollido nestas imaxes.

Abraham 1º A

Teo 1º A

24


Brais 1º A

Clara 1º B

Nerea 1º B

Ivan 1º B

Fayna 1º B

25

Helena 1º A


Na vila de Ribadavia celebrouse celebrouse unha carreira de carrilanas ĂĄ que asistiron os nenos e nenas de E. Infantil. Infantil. Os rapaces e rapazas de 4 anosanos-A vĂ­ronas deste xeito.

DEREK

26

UXIA


O 13 de novembro, o alumnado de 1º ciclo da ESO asistiron, na casa da cultura de Ribadavia á obra de teatro Actuaciencia.

De volta na aula, fixeron traballos alusivos ó tema dos que amosamos algúns exemplos. Pablo 1º ESO-A

Fran 1º ESO-A

27


Laura, Noelia, Gloria, Jonathan e MÂŞ Carmen de 1Âş ESO-B resumiron deste xeito a obra de teatro.

28


Ó longo do presente curso o CPI Tomás de Lemos inicia un programa de intercambios con outros centros escolares coa finalidade de fomentar o uso da lingua, desenvolver a expresión escrita e, como non, tamén o coñecemento de costumes típicos doutras zonas xeográficas diferentes da nosa. Así, o alumnado de 3º da ESO, coa supervisión das profesoras de galego, Clara e Susana, inician a toma de contacto intercambiando cartas cos compañeiros do mesmo nivel educativo do IES Xohán

Carballeira de Bueu (Pontevedra), contacto que manterán ó longo do curso, para culminar con dúas xornadas de convivencia, unha en Bueu e outra en Ribadavia. O día que recibimos as cartas dos nosos compañeiros de Bueu

29


Os nenos e nenas de 5º de Educación Primaria baixo a guía dos seus respectivos titores e titoras Arturo, Livia e Mae inician unha toma de contacto co CEIP Lope de Vega de Ceuta. Debido á distancia física, a posibilidade dun coñecemento persoal é bastante difícil, polo que inicialmente, proxectámolo unicamente de xeito virtual. Na primeira toma de contacto enviamos ós nosos compañeiros ceutís, un power point de presentación do noso centro e a nosa vila, engadindo tamén unhas fotos de grupo cos nosos respectivos titores/as. Todo isto cunha pequena carta de presentación. 30


Somos os nenos e nenas de 5º A coa nosa profesora Mae

Arturo é o noso profesor, somos os nenos e nenas de 5ºB e estamos celebrando o magosto.

Os nenos e nenas de 5ºC, xunto coa nose profesora Livia queremos mostrarvos a nosa clase

31


A nosa carta de presentaci贸n

32


Bota a andar o curso 2009-2010, e con el o Equipo de Dinamización de Biblioteca que, co obxectivo de fomentar a lectura entre toda a comunidade escolar, porá en marcha numerosas e diversas actividades. Neste primeiro trimestre, arrancaron algunhas delas: Visita á Biblioteca Municipal de Ribadavia, confección do carné da biblioteca para o alumnado de E. Infantil e Primaria e tamén o deseño dunha “mascota da biblioteca”. Este personaxe, a partir de agora, terá unha relevancia especial na vida do centro ademais de figurar no carné de usuario. Para o seu deseño, convócase un concurso no que participan os nenos e nenas de E.Infantil e Primaria. A convocatoria deste concurso faise mediante unha carta da propia mascota dirixida a todos os rapaces e rapazas.

A nosa biblioteca

33


A NOSA MASCOTA Bos días a todos e todas. chamo, amo, o problema é que non volo O normal sería que antes de comezar me presentase e vos dixera cómo me ch podo dicir porque aínda non teño nome! Levo moitos anos esperando a que alguén mo poña pero aínda ninguén se atreveu (e iso que non teño mal xenio...); que non te podan chamar pólo nome non é nada divertido. Por iso decidín esconderme e non saír máis que cando non hai nin nenos nin nenas no cole (ainda que unha vez creo que me viu un rapaz amigo voso...) Iso si, escondinme no meu lugar preferido: na biblioteca. Sabedes onde está? A verdade é que me gusta moito ler e aquí teño teño todo o que necesito para pasalo ben: libros de aventuras, de misterio, de medo do que da medo de verdade..., outros que falan do lle pasa a rapazas e rapaces coma vós, etc... Pero xa estou un pouco farta de que ninguén me coñeza, por iso vos propoño un un xogo: Tedes que imaxinarvos como son eu, e poñerme un nome! Que boa falta me fai... Para iso debedes facer un debuxo de min, de cómo credes que son. Non vos digo mais. Eu elixirei os 3 debuxos que máis me gusten, e logo xá vos mandarei mensaxes através dos vosos profes. Acordadevos de poñer o voso nome ós debuxos, e o voso titor ou titora xá mos deixará onde eu lle diga, que non me fio... Pero o mércores 2 de decembro como moi tarde! mirade que é moi triste estar sen nome, e non parar de escoitar “óes “óes ti!!!”

Moitas grazas pola vosa atención. Fdo. A mascota da biblioteca.

P.d: xa me esquecía! o debuxo que máis me guste e os 2 finalistas recibirán un premio cada un!!!!

34


CRUZADA 19

3

2 1 4 18

12

13

6 7 5 11

15 14

17

16

8

9

10

1.-Teoría que considera o sol como centro do universo. 2.- Conxunto de augas da superficie terrestre. 3.- Aparato para determinar a intensidade do vento. 4.- Elemento do aire 5.- Paso do estado sólido ó estado líquido. 6.- Aparato para medir a presión atmosférica. 7.- Cambio de estado líquido a estado sólido. 8.- Proceso polo cal as plantas absorben dióxido de carbono do ambiente e desprenden osíxeno. 9.- Paso do estado gasoso ó estado líquido. 10.- Tipo de enerxía liberada en procesos de fisión e fusión nuclear. 35


11.- Manto branco que produce o efecto dunha lixeira nevada. 12.- Substancias que transmiten con moita facilidade a enerxía. 13.- Elemento químico do aire imprescindible para a vida. 14.- Movemento da terra ó redor de si mesma. 15.- Concentracións de gas, principalmente hidróxeno e helio, e po interestelar. 16.- O maior dos planetas do noso sistema solar. 17.- Planeta do sistema solar máis próximo ó sol. 18.- Instrumento que serve para ver a dirección do vento. 19.- Tipo de enerxía que fai uso das masas de augas que se producen nas subidas e baixadas das mareas.

Atopa as 10 diferenzas entre os debuxos

36


CADRADO MÁXICO Coloca no taboleiro os seguintes números enteiros: -6,-3,-2,0,1,2,4,5,8, de xeito que ó sumares os números de cada ringleira, cada columna e cada diagonal do cadrado obteñas o mesmo resultado. Unha pequena axuda: o resultado da suma da 3

TABOLEIROS MATEMÁTICOS Pon números entre o 1 e o 9 de xeito que, aritmeticamente, apareza a solución. -

× +

+ +

6

=3

-

× :

+

=3 + =3

=6

+ -

:

=2

×

5

=2

=4

+ ÷

÷ ÷

=8

=4 -

=6

=4 =6

Adiviña que palabras se corresponden con cada unha das seguintes definicións: 1.- Electrodoméstico que contén imaxe e son: 2.- Moble entre catro e dúas prazas, normalmente tapizado e que se emprega para sentar: 3.- Parte da casa que nos permite a conexión co exterior e que nos proporciona luz: 4.- Aquel aparello empregado para establecer unha conversa con outra persoa que está lonxe: 37


SOPA DE LETRAS Busca os meses do ano. X

A N E

I

E D T T E O P P

U

P

R U

I

O P

F

I G I

P A C A

U O T W T A E Z E Z G

E T T Y

O R M I

R O O M M O P

B

B U

B M A B Z L A O

I

A M A R Z O Z S

B

R O A M X Z R

C

A

I

E Z X A T

P O T

P

E

I S A L O

M I O A U M M R

P

T

R X E U L

E

V S O Ñ A X

L

L O A I O L

V

E O U U

B M I

P

U

I

U

U A Q R

Y Y K A E

O O T V

L Q N Q X U Ñ O K L R

N U

R A R

P

I

O A R X Q D E V

B A Z T

A R S A

I

Z O R C

R

I

I

P B

E M B R O R T

C A N

E

I

I

R

B M E T E S

L

O

R O D D E

As solucións… NO PRÓXIMO NÚMERO

38

Coloreamos o Nadal


ADIVIÑAS 1.- Na horta fun criada, atada con verdes

5.- Adiviña adivinanza, ¿qué cousiña é? que

lazos, aquel que chora por min estame

canto máis lle quitas, máis grande é.

partindo en pedazos. 6.- Estou pensando, pensando; de pensar 2.- Na horta do meu amo, hai un galiño

vólvome tola. Coa sogra da muller de meu

francés. Ten dentes e non ten boca, ten

irmán, ¿que parentesco me toca?

cabeza e non ten pés. 7.- Anda e non ten pés; come, e non ten

3.- Adiviña adivinanza, cal é o bicho que

boca, e sen embargo, toda a comida lle é

máis pica na panza?

pouca

4.- O que o fai non o quere, o que o

8.- De que encherías un barril para que

compra non o usa e o que o usa non o ve.

pesase menos?

¿Que é?

Colorea

39


DEREK 4 anos A

MARA 3 anos B

AINOHA 5 anos A

ALBA 5 anos A 40


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.