Retallos nº3

Page 1

CPI Tomás de Lemos (Ribadavia) nº3 Xuño 2010


Un ano máis chegamos ao remate do curso; un curso que comezamos cheos de expectativas, de ilusións, de soños...quizais tamén de certos medos e dunha lixeira preguiza pola volta ao traballo co remate das vacacións. Tiñamos por diante nove meses de tarefa e esforzo, de encontros e ledicias, de convivencia e deportividade... tamén de tropezos e dificultades. Agora temos nas mans os froitos dos esforzos que fixemos e polos que nos sentimos orgullosos. Estes froitos seguirán medrando no seguinte curso, ciclo, etapa, instituto...Pero, coido que hai aspectos, se cadra máis importantes no noso futuro cás notas, nos que temos medrado moito: solidariedade, tolerancia, convivencia pacífica, saber estar,... Por todo o positivo Parabéns! Felicidades! E polo que non foi tan bo, ou polo que a pesar dos esforzos, quedou por debaixo da meta proposta. Ánimo e Esperanza! Estamos aínda a tempo, mañá volverá saír o sol ante unha nova oportunidade. Se volvemos a vista atrás vemos que emprendemos algunhas actividades novas coma as levadas a cabo polo Equipo da Biblioteca xunto coa súa mascota Tomasa, as do Equipo de Convivencia, o Equipo de Novas Tecnoloxías, que lle deron un pulo importante ó noso Centro xunto coa súa Comunidade Educativa para que sexa un lugar onde se constrúa e se forme para o futuro. E outras moitas de éxito que permanecen ano tras ano: o Magosto, o Festival de Nadal, o día da Paz, o Desfile de Entroido, o día do Libro, o Día das Letras, as saídas ao Museo, granxas escola, deporte escolar, Excursión á neve, Camiño de Santiago,… E que nos deparará o vindeiro curso? Pois....xa chegará o momento de sabelo, agora chega o momento de relaxarse e gozar do tempo de lecer, da familia, da compañía dos amigos, das viaxes, a praia...e en setembro, coas baterías ben cargadas, retomar a nosa tarefa académica; até entón, desexámosvos unhas merecidas e pracenteiras vacacións.

UN SAÚDO E FELIZ DESCANSO!!! 2


Letras Galegas

4

Biblioteca

6

Educación Física

11

Xogos Populares

11

Remo na Escola

13

Camiño de Santiago

14

Competición deportiva

17

Intercambios

24

Conto infantil premiado

26

Excursión hípica

28

Excursión primeiro ciclo

30

Excursión ó acuario

31

Excursión do terceiro ciclo

33

Consumo responsable

38

3


Uxío Novoneyra naceu en Parada de Moreda, na serra luguesa do Courel, en 1930, dentro dunha familia labrega acomodada. Realizou estudos en Lugo e Madrid, na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade Complutense. Iniciouse no galeguismo da man de Manuel María, Carlos Maside, Otero Pedraio e Ramón Piñeiro. Reside algún tempo en Madrid traballando na radio e na televisión converténdose nun gran divulgador da poesía galega. Retorna ao Courel no ano 1966 e no ano 1983 vai vivir definitivamente a Santiago de Compostela, pero seguirá pasando os veráns no Courel. Foi presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega.

4


É un dos máis destacados autores da poesía galega de todos os tempos. Morreu en Santiago de Compostela o 30 de outubro de 1999.

“Certamente a responsabilidade da Lingua é de todos, non só dos escritores en Lingua Galega nin dos nacionalistas defensivos ou críticos. A todo galego, sexa do partido que sexa, incumbe a responsabilidade da supervivencia da Lingua e a reivindicación da dignidade nacional de Galicia e o dereito da autodeterminación, recoñecido nominalmente para tódolos pobos” Uxío Novoneyra

5


6


23 DE ABRIL “DÍA DO LIBRO” O Día Internacional do Libro e dos Dereitos de Autor é unha conmemoración internacional instituída pola UNESCO en 1995, na que hoxe participan máis de cen países de todo o mundo. O seu obxectivo é fomentar a lectura e a industria editorial, así como protexer a propiedade intelectual por medio dos dereitos de autor. Celébrase o 23 de abril, porque en tal día do ano 1616 faleceron Miguel de Cervantes, William Shakespeare e o inca Garcilaso de la Vega. O “inventor” desta festa foi o editor e escritor valenciano Vicente Clavel Andrés que propuxo ós editores de Barcelona a celebración da Festa do Libro en 1930, coincidindo co Día de San Xurxo, patrón de Cataluña, unha festividade na que dende a Idade Media os homes regalaban unha rosa ás súas amantes, e que dende 1925 se completaba co regalo dun libro por parte das mulleres. A celebración ten variantes nalgúns países de fala castelá. Por exemplo, en Cuba celébrase o Día do Idioma. O 23 de abril de 2009 a capital libanesa Beirut foi elixida Capital Mundial do Libro, sendo sucedida no 2010 pola capital eslovena Ljubljana.

7


Para conmemorar o Día Internacional do Libro, entre o 26 e 30 de abril do 2010, na Biblioteca do CPI Tomás de Lemos tivo lugar unha exposición de “Material Escolar Antigo e Curioso”. Os materiais expostos foron aportados por profesores e alumnos do centro. Colaboraron na súa preparación algúns profesores, así como alumnos de 2º e 4º da ESO, que tamén fixeron de guías ós visitantes. A exposición non foi só unha mostra de material escolar antigo e curioso, senón tamén un percorrido polos sistemas educativos españois dende o século XIX ata a actualidade (Lei Moyano de 1857, inicios do século XX coa Editorial Calleja, II República, réxime franquista, Lei Villar Palasí de 1970 e a LOGSE de 1990). O material exposto foi moi diverso: libros dos séculos XVII, XVIII e XIX, libros de texto, enciclopedias e monografías dos séculos XIX e XX, pizarras, cadernos escolares antigos, cartillas de lectura e escritura para os máis pequenos, libros en letra manuscrita, lecturas complementarias e novelas xuvenís, álbums de cromos, edicións de peto, máquinas de escribir e calculadoras, etc. 8


Os materiais expostos estiveron acompañados de fichas explicativas e de murais sobre a Orixe da Escritura e os diversos soportes da mesma, as Misións Pedagóxicas durante a II República, a Censura das publicacións durante o Franquismo, o emprego de libros en Letra Manuscrita, as Enciclopedias como manuais escolares, a orixe e evolución dos Aparellos de Cálculo matemático e das Máquinas de Escribir, así como os Métodos de Mecanografía, a recreación dunha Aula Antiga, as Testemuñas sobre a Experiencia Escolar de pais e avós de alumnos de cuarto da ESO, etc. A exposición foi visitada polos diferentes grupos de Infantil, Primaria e Secundaria do centro, acompañados polos seus profesores, e durante os recreos permaneceu aberta actuando como guías oito alumnos de 4ª da ESO. Así mesmo, durante dúas tardes, de 5 a 8, permaneceu aberta para poder ser visitada polos pais dos alumnos. O balance da actividade parece positivo, sobre todo polo interese suscitado entre os alumnos do centro que tiveron contacto directo con libros e materiais escolares que descoñecían. Foi este interese dos alumnos e o desexo de contribuír á súa formación o que nos incentivou, e nos seguirá estimulando no futuro, a levar a cabo actividades deste tipo. 9


Xa para rematar e, de novo, queremos agradecer a colaboración ós profesores e alumnos que aportaron materiais e axudaron na preparación da exposición. Este apoio compensa e xustifica o inxente traballo dedicado á súa organización. A vós, moitas grazas.

10


XOGOS POPULARES Os xogos populares, como outros elementos culturais, conteñen diferentes concepcións que forman parte da sociedade, teñen unha dimensión lúdica e educativa, e son parte importante da convivencia e cooperación en grupo. Posúen un gran valor socio-cultural que sobrepasa os aspectos lúdicos, pois cada xogo presenta diferentes características dependendo da zona na que se practica. Dende a área de Educación Física, e co ánimo de fomentar entre o alumnado tradicións e costumes propias da zona, traballáronse os xogos populares máis característicos do contorno. Os nenos e nenas de 1º ciclo de ESO encargáronse de recoller, nos seus respectivos aldeas, diferentes xogos que posteriormente se desenvolveron na clase.

2º ESO A

A pita cega

Os nenos e nenas de 1º ESO ESOSO-B saltan á corda.

11


Petanca, billarda, trompo, saltar á corda, os zancos…. Moitos foron os xogos que practicamos Xogando á petanca

Xogando á billarda

1º ESO-A

Enrolando o trompo para o seu lanzamento

Camiñando sobre zancos 2º ESO-B

Xogando co diábolo

12


REMO NA ESCOLA Este curso achegámonos tamén á actividade de “Remo Indoor”, incluída dentro do programa “Vogar na Escola” do Club Náutico de Castrelo de Miño. Monitores do Club trasladáronse ó noso colexio para darnos a coñecer este deporte ós nenos e nenas de 5ºe 6º de Primaria e de 1º e 2º de ESO. Trala primeira fase da competición celebrada no noso centro, os que nos clasificamos puidemos participar na final do “I Campionato de Remo Indoor do Ribeiro” que se celebrou no Club Náutico de Castrelo o día 1 de xuño.

Entrega de trofeos

Victor e Xacobo, Ouro e Bronce na categoría Infantil Masculino

Prata na categoría Alevín Feminino

Laura e Ángela, Prata e Bronce na categoría Infantil Feminino

CAMPIÓNS DO RIBEIRO Por equipos En ambas categorías

13


Camiño de Santiago Na primeira semana de maio, os nenos e nenas de 1º e 2º de ESO, acompañados José Antonio, o director do centro, e dos profesores Guillermo, Nélida e Milagros, fixemos o Camiño de Santiago. Ás 8 da mañá do luns día 3 de maio saïamos en autocar de Ribadavia rumbo a Sarria, lugar este dende o que iniciariamos a nosa andadura. A choiva e o frío non minguaron nin por un momento a nosa ilusión. Coas nosas mochilas ó lombo, e parapetados cos chuvasqueiros iniciamos a primeira etapa do camiño: SarriaPortomarín. Chegada e saída de Sarria

De camiño a Portomarín

14


Chegada a Portomarín

A pesar do cansazo, aínda nos quedaban forzas para darlle algunha que outra patada a un balón, así cando chegabamos ós pavillóns, que os concellos nos habilitaron para durmir, xogabamos algún partidiño de fútbol. O martes amañeceu un día gris, chovendo e con máis fresco do esperado, así enfundados nos nosos polares e chuvasqueiros emprendemos o que sería o día máis frío do noso percorrido cara Compostela.

Mentres comiamos

15


O CAMIÑO DE SANTIAGO Esta é a historia dun grupo de rapaces que querían facer o camiño de Santiago porque aínda que chegaron a Sarria en bus o resto, fixérono andando. Moitos de nós dubidabamos do noso aguante, pero de opinión mudamos cando tivemos o primeiro pavillón diante. A primeira noite fixo un frío que “pela” E, por riba, o pavillón estaba sucio e vello, máis mereceu a pena e eu volvería a facelo. Como acabo de dicir, eu alí volvería, pois unha experiencia coma esta, hai que vivila máis dunha vez na vida. Xa que ademais de aprender valores como o compañeirismo e a forza de vontade, aprendín que aos meus pés hai que tratalos con amabilidade. Eu non sei que é o que ten este camiño, o único que sei, é que o pasei coma un ananiño. Se con algún momento me tivese que quedar, coas actuacións do director me quedaría, xa que a súa forma de cantar, unha estrofa merecía. Pero como todo nesta vida, o bo tamén acaba, e foi entón cando chegou o día de volver para a casa. Máis non sen antes visitar a Catedral este Ano Santo tan coñecida e famosa, e teño que admitir, que cando a vin ó chegar pareceume máis fermosa. Díxonos cando chegamos a profe Milagros, mestra de Educación Física, que sobre os valores aprendidos escribiramos, pero todos non collen nunha poesía Xa nada máis me queda por dicir, e deste xeito o poema chega ao seu fin tan só quixera pedir que o ano que vén nos deixen repetir. Abraham Carrera Groba 2º ESO-A

16


COMPETICIÓN DEPORTIVA DO CPI TOMÁS DE LEMOS NO PROGRAMA “XOGADE” CURSO 20092009-2010 O CPI Tomás de Lemos tivo este ano unha boa participación deportiva no programa XOGADE (Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar). O colexio inscribiuse en campo a través e bádminton. Presentamos a continuación os datos máis destacados: NÚMERO DE PARTICIPANTES POR CATEGORÍA NAS DISTINTAS FASES

MODALIDADE DEPORTIVA

CAMPO A TRAVÉS

CATEGORÍA

Nº DE PARTICIPANTES NA FASE COMARCAL

Nº DE PARTICIPANTES NO CAMPIONATO PROVINCIAL

BENXAMÍN

4

1

FEMININO CAMPO A TRAVÉS

BENXAMÍN MASCULINO

9

6

CAMPO A TRAVÉS

ALEVÍN

9

1

FEMININO CAMPO A TRAVÉS

ALEVÍN MASCULINO

23

12

CAMPO A TRAVÉS

INFANTIL

2

2

FEMININO CAMPO A TRAVÉS

INFANTIL MASCULINO

10

6

CAMPO A TRAVÉS

TODAS

56

28

17


CLASIFICACIÓNS POR CATEGORÍAS NAS DISTINTAS FASES CLASIFICACIÓN DA FASE COMARCAL CELEBRADA O 20 DE XANEIRO POSTO

BENXAMÍN BENXAMÍN ALEVÍN ALEVÍN INFANTIL INFANTIL FEMININO MASCULINO MASCULINO FEMININO FEMININO MASCULINO 1º

Tomás Lemos A

Carballeda

Quins

Cortegada

Cortegada

Carballeda

Tomás Lemos A Tomás Lemos B

Carballeda IES

Tomás Lemos A IES

Ribeiro A 3º

Tomás Lemos B

Tomás Lemos

Cortegada

Tomás Lemos C

-----

Ribeiro A Cortegada

FOTOS DALGÚNS PARTICIPANTES NA FASE COMARCAL PARTICIPANTES NO CAMPIONATO PROVINCIAL CELEBRADO O 6 DE FEBREIRO DE 2010 en Monterrei, Ourense. Destacou o equipo Infantil Masculino que acadou o 3º posto.

BENXAMÍN MASCULINO

BENXAMIN FEMININO Eva García Martínez

ALEVÍN MASCULINO

ALEVÍN FEMININO Alba Gzlez Cortés

INFANTIL MASCULINO

INFANTIL FEMININO Lara Martínez . e Claudia Casas

18


BADMINTON COMPETICIÓN COMARCAL, PROVINCIAL E GALEGA. NÚMERO DE PARTICIPANTES POR CATEGORÍA NAS DISTINTAS FASES MODALIDADE CATEGORÍA Nº DE Nº DE DEPORTIVA PARTICIPANTES NA PARTICIPANTES NA FASE FASE PROVINCIAL ZONAL (EQUIPOS) (INDIVIDUAL) BÁDMINTON BENXAMÍN 14 6 MIXTO BÁDMINTON ALEVÍN 7 6 FEMININO BÁDMINTON ALEVÍN 16 12 MASCULINO BÁDMINTON

TODAS

37

24

Nº DE PARTICIPANTES NA FASE PROVINCIAL ( INDIVIDUAL) 4

Nº DE PARTICIPANTES NA FASE GALEGA ( INDIVIDUAL)

4

1

4

2

12

3

COMPETICIÓN COMARCAL Neste fase a competición de bádminton foi individual. RESULTADOS DA COMPETICIÓN COMARCAL POSTO

1

BENXAMÍN MIXTO

ALEVÍN FEMININO

ALEVÍN MASCULINO

Alfonso Quinteiro

Claudia Casas Tomás de Lemos

Luís Perdiz

Tomás de Lemos

Sandra Hermida Tomás de Lemos

Abel Álvarez Tomás de Lemos

Martín Neira

Lourdes Villar

Tomás de Lemos

Tomás de Lemos

Álvaro Conde Tomás de Lemos

Tomás Marchena

Mª Rocío Torres Tomás

Francisco Blas

Tomás de Lemos

de Lemos

Tomás de Lemos

Tomás de Lemos

3º 4º

Iago Soto

Tomás de Lemos

Alumnos participantes na fase comarcal en Ribadavia.

19


COMPETICIÓN PROVINCIAL Participouse nas modalidades de individual e por equipos na Universidade Laboral de Ourense o sábado 10 de abril. Na modalidade de equipos cada equipo tiña que estar composto por un mínimo de 5 participantes e un máximo de 6. A competición era ao mellor equipo de cinco partidos, colocándose os xogadores por nivel de forza. Participamos con dous equipos en Alevín Masculino, un equipo en Alevín Feminino e un equipo en Benxamín mixto. Na modalidade individual podían acudir os catro primeiros deportistas clasificados na fase zonal ou intercomarcal. RESULTADOS DA COMPETICIÓN PROVINCIAL POR EQUIPOS CATEGORÍA

CLASIFICACIÓN POR EQUIPOS 3º TOMÁS DE LEMOS ( Alfonso, Iago, Martin, Tomás, Pablo e Saul)

BENXAMÍN MIXTO ALEVÍN MASCULINO

3º TOMÁS DE LEMOS A,( Luís , Abel , Daniel, Pedro, Pablo e Miguel Ángel) 5º TOMÁS DE LEMOS B (Xabier., Pedro , Edgar, Francisco, Víctor)

ALEVÍN FEMININO 2º TOMÁS DE LEMOS A (Claudia , Samantha, Sandra, Lourdes, Rocío e Andrea)

Equipo benxamín.

Equipo alevín F.

20


Equipo alevín M.

Todos os participantes no Campionato Provincial

RESULTADOS DA COMPETICIÓN PROVINCIAL EN INDIVIDUAL POSTO

BENXAMÍN

ALEVÍN FEMININO

ALEVÍN MASCULINO

SERGIO VIDAL

MARIA EZQUERRO FERNANDEZ

LUIS PERDIZ DE OLIVEIRA

(ATHLOS)

(ATHLOS)

(CPI TOMAS DE LEMOS)

MARTÍN BARBADO

HELENA ALVAREZ VELON

(ATHLOS)

(COLEXIO DIVINO MAESTRO)

MIGUEL BARBADO FERNANDEZ (ATHLOS)

3º ALFONSO QUINTEIRO

MARINHA PARADELO VEIGA

ABEL ALVAREZ GONZALEZ

(CPI TOMAS DE LEMOS)

(ATHLOS)

(CPI TOMAS DE LEMOS)

AARÓN MOREIRAS

CLAUDIA CASAS FERNANDEZ

MANUEL GARCIA ROSENDO (COLEXIO

(LUINTRA)

(CPI TOMAS DE LEMOS)

4º DIVINO MAESTRO)

21


Alfonso. 3º clasificado e medalla de bronce

Categoría Benxamín

Luis, medalla de ouro e Campión Provincial

Abel, medalla de bronce.

Categoría Alevín M.

Claudia. 4ª clasificada e medalla de bronce.

Categoría Alevín F:

Todos os medallistas polo noso cole.

COMPETICIÓN GALEGA O 8 e 9 de maio, celebrouse en Baiona o Campionato Galego Escolar de Bádminton individual e por equipos, nas categorías Alevín, Infantil e Cadete. Preto de 300 deportistas e delegados representando a trinta e tres entidades de toda Galicia coincidiron nesta final galega.

Participaron polo noso centro Claudia Casas, Abel Álvarez e Luís Perdiz. Luís acadou a 3ª posición, e polo tanto medalla de bronce, Abel rematou xogando pola 9ª posición e Claudia polo posto trece. Os tres fixérono moi ben. ¡Parabéns!

22


Luis, 3º de Galicia.

Luis no podio de campións para recibir a medalla de bronce.

Claudia, Abel e Luis durante o campionato.

Os mellores xogadores galegos de Bádminton.

Gañadores na competición individual ¡PARABÉNS RAPACES/AS E GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!

¡DEPORTIVAS VACACIÓNS! VACACIÓNS! 23


Acércase o remate do curso, e como non, chegou o momento de coñecer fisicamente ós compañeiros e compañeiras de 3º de ESO cos que ó longo de todo o curso e grazas ás novas tecnoloxías (correo electrónico, faceboock, tuenti, mesenger…) mantivemos contacto. Para unha primeira toma de contacto, o alumnado e profesorado do IES Xohán Carballeira de Bueu invitáronnos a pasar un día na súa zona. Así, o día 4 de maio, ás 9 da mañá, saímos de Ribadavia. Unha vez en Bueu, agasalláronnos cunha visita ó museo Massó, ó estaleiro de Purro, ó Concello e despois fomos en barco ata a Illa de Ons.

Illa de Ons

24


O venres 21 de maio, devolvémoslles a invitación, e ese día foron eles os que viñeron visitarnos a Ribadavia. Cando chegaron, no comedor do centro, tiñamos preparado un pequeno cátering. Levámolos a ver a Cooperativa e despois fomos visitar o Parque Ridimoas, polo que fixemos unha pequena ruta a pé. Para comer, escollemos a Veronza para despois ir amosarlles a nosa vila.

Na cooperativa

Na Veronza

En Ridimoas

No Barrio Xudeu

Todos xuntos antes da despedida

25


COMO FIXEMOS O NOSO CONTO GAÑADOR!!! “UNHA EXCURSioN INESQUECIBLE” INESQUECIBLE” Un día a teacher Mónica chegou á clase de 5 años A e B cunha noticia sensacional: “ IAMOS FACER UN CONTO ENTRE TODOS OS PEQUES DE 5 ANOS” para un concurso!!!. O do concurso, non nos importaba moito, o mellor era que o iamos pasar xenial, e así foi. Sacou un papeliño onde foi apuntando os temas que máis lle gustaban aos nenos: De princesas, dicía Lucía De dinosauros, dicía David De Jesús, dixo Isma De animaliños dixo Alba…

Pero…. nas dúas clases dous nenos, Gabriel e Ismael, propuxeron un tema que a todos nos gustou moitísimo…de MONSTRUOS e PANTASMAS!! Fixemos una votación conxunta a man alzada, algún quería facer trampa e votar dúas veces, pero a teacher contou os votos con moito coidado e gañou o noso tema favorito….Agora quedaba o peor, o traballo, que nos levou máis de dúas semanas, con horas extra e todo, pois a teacher Mónica íanos chamando un por un para que todos participaramos na súa creación. Puxemos mans á obra, uns debuxaban, outros pintaban, pegaban, botaban purpurina, pegaban gomets, outros escribían… isto era bastante difícil, porque algunhas letras aprendémolas hai pouquiño!! 26


Empregamos moitas técnicas artísticas que traballamos durante o curso, collage, pintura de dedos, recortar, rotus, ceras de cores, dobrado de papel de seda, e un longo etc, o máis difícil, como recortar con tesoiras de formas ou pegar folios e plastificar axudounos a teacher Mónica, que non paraba de dicir o marabilloso que estaba quedando a nosa obra de arte e de darnos bicos e apertas polo ben que o faciamos!!! Jajajajaja está un pouco “chiflada”, sería o atafegamento, é que tiñamos moi pouco tempo, pero ao final logramos rematalo!! Vímolo terminado, e contóunolo tantas veces que xa o sabemos todos de memoria, ata llelo contou aos nenos máis pequeniños do cole e gustoulles moito!!! Despois duns días chegou a marabillosa noticia de que gañaramos o primeiro premio!!! Vaia festa que fixemos, déronnos un diploma de honor a cada un, un montón de contos para a biblioteca e aplaudimos polo ben que o fixemos e o moito que traballamos!!! Pero aí non quedou todo, fixeron un sorteo e tres peques, Adrián, e os dous Ismas, foron á radio contar como fixemos o noso conto, e agora transformouse nun libro viaxeiro que cada día vai visitando as nosas casas e os papis e mamis poidan gozar del tanto como o fixemos nós!!! “Unha excursión inesquecible” resultou ser unha actividade máis que INESQUECIBLE!!! GRAZAS A TODOS/AS . 27


De camiño

O día 2 de xuño os alumnos e alumnas de E. Infantil levaron a cabo a súa excursión de fin de curso á Escola Hípica de Vilamarín.

Chegamos!! !

Alí realizaron distintas actividades: Cepillaron os cabalos e déronlles de comer Pasearon en carruaxe co cabalo “Azabache” Visitaron o Pazo de Vilamarín e a exposición de pintura e escultura de Xaime Quesada. Debuxaron e pintaron unha ferradura Coñeceron as cores dos cabalos, o que comen e o que non lles vai ben. Foi un día moi especial!!!!

28


29


30


O 25 de maio os alumnos e alumnas do 2º Ciclo de E. Primaria foron de excursión ao Acuario de Coruña. Saíron ás nove da mañá, chegaron arredor das doce, onde os recibiron dous monitores, dividíndoos en dous grupos para facer a correspondente visita guiada. Ao remate, arredor das dúas da tarde, foron comer ao parque de Santa Margarida, para despois de comer emprender viaxe de regreso, chegando sen novidade arredor das seis e media da tarde.

31


Que ben o pasamos!!! E canto aprendemos!!!

32


33


34


35


36


VIAXE A SANTIAGO

37


Os alumnos e alumnas de 5Âş de Primaria asistiron a una conferencia celebrada en Vigo sobre consumo responsable da que viĂąeron moi contentos e motivados

38


39


Espérovos en setembro, con ilusión e ganas de aprender cousas novas, mentres tanto… gozade gozade do verán. ¡que pasedes unhas boas vacacións !

40


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.