Os cruceiros da nosa contorna

Page 1

O CRUCEIRO DE SAN ROQUE No monte de A Tomada , xunto a ermida de San Roque, o día 16 de agosto , celébrase a romería anual en honor ao Santo, á que acuden numerosas persoas, que realizan unha comida campestre e disfrutan toda a xornada coa maravillosa visión da illa de Cortegada aos seus pés e a ría de Arousa como fondo. Un pouco máis abaixo desta ermida, nunha encrucixada do camiño que vai da igrexa Parroquial a esta capela existe un cruceiro do que falan Xoán Ramón Marín Marínez e Clodio González Pérez, e copio case literalmente as súas palabras: a Virxe está orientada cara ao Leste e o Cristo cara ao Oeste. A base está asentada sobre unha pena lisa natural e está constituída por tres escalóns, sobre os que vai o pedestal, cúbico, coas arestas superiores moi rebaixadas. Nun destes chafláns hai esculpida unha cruz latina. O fuse de sección octogonal, e desde o comezo, é totalmente liso até o capitel, co que forma unha única peza, ambos dous separados polo colariño, tamén octogonal. O capitel é moi sinxelo e de pouco tamaño, non contando con máis motivos ornamentais que unhas espirais na parte superior de cada lado, e entre cada dúas forman unha voluta angular. A unión de ambas co conxunto está reforzada por unha abrazadeira de ferro. A parte superior e de gran beleza: a Cruz, de sección cadrada, ten arestas matadas e un motivo ornamental nun extremo dos brazos. O pano de pureza do Cristo carece de lazo. Alén está a Virxe baixo a advocación da Piedade de Cristo morto no colo pero, neste caso, coa cabeza cara ao seu lado esquerdo, que é realmente raro. O conxunto mide 4,94m. (Xoán Ramón Marín Martínez e Clodio González Pérez “ Cruces e Cruceiros antigos de Vilagarcía de Arousa”). No que se refire á historia e tradicións, pensan que é de mediados do século XVII, gardando certas semellanzas estilísticas cos cruceiros de Fonte Carme e Soutelo, o primeiro deles labrado en 1659. Nos chanzos pódense ler letras, que testemuñan o costume de enterrar ao seu carón os fetos e mailos nenos mortos sen bautizar.

Este traballo fixérono: Diana Ojea e Laura Aguilar. 1º ESO C


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.